O mercado de turismos arranca o ano con 84.515 unidades matriculadas

21/02/2017 10:19:40
O mercado de turismos arranca o ano con 84.515 unidades matriculadas

Tendencia ao estancamento na canle de particulares

O mes de xaneiro pechouse cunhas matriculacións de 84.515 turismos e todo-terreo, o que supuxo un incremento do 10,7% respecto ao mesmo mes do ano. Hai que ter en conta que estas cifras alcanzáronse con dous días laborables máis no pasado xaneiro fronte ao mesmo mes de 2016, o que sumou unha boa cantidade de rexistros.

Se comparamos a media de matriculacións por día alcanzada en xaneiro de 2017 e de 2016, o incremento é menos, quedándose nun 0,2%. Na canle de particulares detectouse un retroceso medio diario do 1,7%. Ademais, baixou neste mes de xaneiro n 1% o seu peso sobre o total do mercado, quedándose nun 53,5%. Estes datos corroboran a retardación detectada nas matriculacións nesta canle dese o pasado mes de outubro de 2016, cando se acabaron os fondos do plan de axudas PIVE para o rexuvenecemento do parque.  A pesar do peche en positivo do mes de xaneiro, o sector móstrase vixiante con esta tendencia que, de continuar en meses vindeiros, pode resultar un descendos das vendas e dificultar  o necesario rexuvenecemento do parque de turismos, cuxa idade media ao peche de 2016, lembramos, é de 12 anos.

Ademais, hai que poñer en contexto o dato positivo de xaneiro de 2017. As 84.515 matriculacións logradas o pasado mes aínda quedan hoxe lonxe das do mesmo mes do ano 2008, ano en que se iniciou a crise. Entón rexistráronse 101.630 matriculacións, un 16,8% máis que no pasado mes.


MATRICULACIÓNS POR CANLES

As matriculacións por canles obteñen, no xoncunto do mes de xaneiro, un balance positivo. A canle de particulares é o que menos crece, cun total de 45.183 rexistros e un incremento do 8,7%. Pola súa banda, o de empresa alcanza as 26.248 unidades matricualdas, cun crecemento do 13,6%. Pola súa banda, os alquiladores de coches matricularon un total de 13.084 unidades o que supón un 12,3% máis que en xaneiro do ano pasado.

Compartir en Facebook
Valoración
  • 2,6666666666667
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí