O incendio de Pedrogão Grande queimou nunha semana dúas veces e media a superficie afectada polo lume en Galicia durante todo o ano 2016

29/06/2017 10:22:01
O incendio de Pedrogão Grande queimou nunha semana dúas veces e media a superficie afectada polo lume en Galicia durante todo o ano 2016

O lume arrasou un territorio equivalente á suma dos concellos de A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ribeira, Mondariz-Balneario, Arnoia e Burela

O incendio iniciado en Pedrógão Grande o pasado 17 de xuño queimou arredor de 53.000 hectáreas durante os sete días que permaneceu activo, segundo as institucións forestais portuguesas. No suceso perderon a vida 64 persoas e mais de 350 resultaron feridas. Tales magnitudes convirten o episodio nunha das mais sinaladas traxedias da historia dos lumes forestais en Europa.


Para facerse unha idea da extensión afectada, podemos decir que as lapas arrasaron unha superficie equivalente ó territorio dos concellos de A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Ribeiraxuntos, aos que ainda poderíamos engadir Arnoia, Mondariz Balneario e Burela. O lume declarouse en Pedrogão Grande, no distrito de Leiría, pero as lapas irían avanzando ata afectar terras pertencentes aos distritos de Coimbra e Castelo Branco. Seguindo coas comparacións, no lume que asolou Portugal hai un par de semanas, ardeu dúas veces e media a superficie queimada en Galicia durante todo o ano pasado.


O alto número de vidas humanas perdidas, xunto cos feridos e as perdas materiais sufridas, rescataron á primeira línea de actualidade o vello problema dos incendios forestais, que cada verán –tamén en primaveira e outono, ainda que en menor proporción- queiman os montes lusos, sen que as autoridades sexan capaces de dar coa solución a esta preocupante ameaza.


Galicia tamén ten a sua cruz particular cos incendios forestais, ainda que en xeral con cifras menos aparatosas –tamén cunha superficie menor que o veciño país-, pero suficientes para provocar conmoción en momentos determinados en enclaves nos que se producen graves danos ouperda de vidas humanas. Dende o ano 1961, cando comezaron os rexistros estatísticos, lévanse rexistrados máis dun cuarto de millón de incendios forestais, que afectaron unha superficie próxima aos dous millóns de hectáreas, dous tercios do territorio galego.


As cifras máis espectaculares déronse no ano 1989, con cerca de 200.000 hectáreas queimadas. Tal circunstancia deu como resultado a posta en marcha dun dispositivo especial cun importante incremento de orzamento para loitar contra os incendios, baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Defensa contra incendios Forestais, baseada nunha estructura comarcal para gañar tempo na resposta fronte ao lume.


Segundo a comparativa, dende 1961 só catro anos fueron peores en superficie total queimada que no ano 2006, cando arderon 95.000 hectáreas no territorio galego, convertíndose no terceiro peor rexistro anual dende que hai datos de superficie queimada dende que hai rexistros. Pese a elo, a acumulación de anos similares a 2006 é espectacular, xa que en só 15 anos houbo cinco de igual ou peor magnitude.


A nova estratexia deu os seus froitos, e ainda que se teñen anos adversos para a integridade do monte galego, a loita da Comunidade Autónoma contra os incendios forestais tén aportado resultados espectaculares, convertíndose nunha das organización máis rápidas á hora de intervir para axudar a combatir o lume e das máis eficaces na extinción, o cal se traduce nun descenso de superficie queimada, pero sen poder deter o número de focos de lume. O éxito dos servicios de loita contra os incendios tamén se incrementa dado que a situación do monte é hoxe moito peor que hai medio século, debido á despoboación do rural e o conseguinte abandono do sector agrario. Nos últimos corenta anos, a superficie forestal aumentou en Galicia máis dun 30 por cento.


No ámbito estatal o número de incendios por ano vai subindo dende mediados dos anos sesenta do pasado século. En 1961, por exemplo, arderon en España  46.700 hectáreas, que chegaron a 434.867 no ano 1978, a 271.718 en 1979 ou a 265.954 ao ano seguinte.


Para facer frente aos lumes, Galicia contará este ano con 5.800 persoas en terra, ás que hai que sumar outras 1.200 entre policías, gardas civís e militares, máis o apoio de 25 h helicópteros e hidroavións do Estado e 360 motobombas, palas ou cisternas. O custe do dispositivo ascenderá a 175 millóns de euros na presente campaña. Unha parte importante desa cantidade vaise na contratación dos helicópteros, que custan entre 3.000 e 6.000 euros por hora operativa.

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí