O deportivo é o único galego entre os 45 clubs centenarios do fútbol español

16/09/2016 16:40:00
O deportivo é o único galego entre os 45 clubs centenarios do fútbol español

O equipo herculino figura no número 16 na clasificación por antigüidade seguido polo Rácing de Ferrol fundado no 1919.

O Real Club Deportivo de A Coruña é o único equipo galego que figura na selecta nómina de clubs centenarios en España e que ascende aos 45 conxuntos. Os próximos en chegar aos cen anos en activo serán catro equipos modestos, dous asturianos, o Pumarín e a Piloñesa, e dous vascos, o Elgoibar e o Barakaldo, que farán o seu centésimo aniversario o vindeiro ano.

O equipo deportivista foi fundado no 1906 e o seu primeiro presidente foi Luis Cornide. O conxunto branquiazul figura no número dezaséis no ranking de antigüidade, tendo por diante e por orde cronolóxica ao Recreativo de Huelvado 1889, e o Athlétic Club e Fútbol Club Barcelona, fundados no 1898 e 1899, respectivamente. Co novo século, pola súa banda, naceron o Real Madrid e o Espanyol. Despois chegaron o Sabadell, o Badalona e o Atlético de Madrid como sucursal do equipo bilbaíno. Avilés, Xixón, Beasain, Sant Feliú de Llobregat, Badaxoz, Sevilla, e Carabanchel foron no 1903 e, xa por detrás do Dépor, xurdiron o Europa de Barcelona, o Betis e o Torrelavega, que botaron a andar no1907.

A lista continúa co Murcia, a Real Sociedade, o Portugalete, o Levante, o Reus, o Getxo, o Cádiz, o Luarca, o Titánico e moitos outros que pechan co Mallorca a lista de clubs centenarios, é dicirnacidos no 1916.

En canto aos galegos, o segundo club que se convertirá en centenario, o segundo máis veterano de Galicia é o Rácing de Ferrol, fundado no ano 1919, que tivo a Constantino Teijo Rey como primeiro presidente e como principal impulsor a Manuel Cancela.

No terceiro lugar por orden de antigüidade sitúase o Real Club Celta de Vigo, tradicional rival do Deportivo por seren as entidades máis potentes de Galicia. O Celta naceu no 1923 no campo de Coia, pasando a Balaídos no ano 1928. O seu primeiro presidente foi Manuel Bárcena de Andrés, conde de Torrecedeira.

En cuarto lugar aparece o o Lemos e no quinto o Compostela, que foi fundado no 1928 e tivo como primeiro presidente ao empresario Ramón Castromil. O sexto equipo de fútbol máis antigo de Galicia é o Coruxo, que naceu no1930, presidido por Eduardo Costas. Despois chegou o Porriño Industrial, fundado no 33 e que tivo como primeiro presidente a Leocadio Lourido. No número oito aparece o Arosa S.C., que se constituíu nos 40, se ben ata cinco anos máis tarde non se formalizou a acta fundacional debido a problemas para cumprir os requisitos esixidos no campo de fútbol. O primeiro presidente foi Manuel Porto González.

O noveno é o Pontevedra, que naceu no 1941, con Fernando Ponte Conde coma o seu primeiro presidente. Ségueo na décima praza o Club Deportivo Ourense, fundado no 1952 con Jesús Díaz Varela á fronte. Un ano despois aparecía o Club Deportivo Lugo, presidido por Emilio Núñez Torrón. O número doce correspóndelle ao Clube Juventud de Cambados que empezou a funcionar en 1963 baixo a presidencia de Evaristo Daporta, aínda que tivo un fugaz mandato, pois no ano seguinte foi sustituido por Ramón Vieites.

A S.D. Compostela desapareceu por culpa das débedas en 2006, mais o seu ronsel colleuno o Campus Stellae, que se fixocargo dos dereitos deportivos con motivo da liquidación do equipo histórico. O equipo volveu ser nomeado como S.D. Compostela no ano 2011. Algo moi semellante ocorreo co C.D. Ourense, que foi liquidado en xullo do 2014 e rexurdiu das súas cinzas un ano despois co nome de Unión Deportiva Ourense recuperando de novo o seu lugar, o Estadio Municipal do Couto. 

 

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí