O copago sanitario, unha práctica estendida en Europa

08/02/2017 13:27:33
O copago sanitario, unha práctica estendida en Europa

España, Dinamarca e Reino Unido son os únicos países que dispoñen de atención médica e hospitalaria universal e gratuíta

O debate sobre o copago sanitario aparece en España cada certo tempo. A última en polo sobre a mesa foi a actual ministra de Sanidade, baseándose no alto custe dos servizos e as dificultades de financiamento. Como sempre, o rexeitamento foi xeral, inmediato e contundente, tanto que a propia ministra se desdixo ás poucas horas da súa reflexión en voz alta.

Certamente, a española é unha posición de privilexio no contexto mundial. Na Unión Europea, territorio onde se concentra o maior número de países desenvolvidos e con maiores niveis de renda per cápita, a maioría aplican copago nas consultas e tamén na factura farmacéutica. No caso de España, é gratuíta a atención médica, pero existe copago nas receitas, do que os pensionistas estaban exentos, pero que dende 2012 pagan unha pequena porcentaxe de acordo ao seu nivel de ingresos.

A atención xeral gratuíta médica ambulatoria e hospitalaria é totalmente de balde, dentro da comunidade europea, só en España, Dinamarca e Alemaña. O copago farmacéutico, en cambio, está implantado nos anteriores ademais de Finlandia, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Suecia, Austria, Bélxica, Francia, Grecia, Luxemburgo e Países Baixos.

Na atención primaria aplícase o copago nas consultas en Finlandia, Irlanda, Portugal, Suecia, Austria, Bélxica, Francia, Luxemburgo e Países Baixos. A atención especializada ambulatoria ten copago en Finlandia, Irlanda, Italia, Portugal, Suecia, Austria, Bélxica, Francia, Grecia, Luxemburgo e Países Baixos. Os ingresos hospitalarios, en Finlandia, Irlanda, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Grecia, Luxemburgo e Países Baixos. Nas urxencias págase en Finlandia, Irlanda Italia, Portugal, Suecia, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Grecia e Países Baixos. Bélxica e Luxemburgo teñen establecida unha tarifa adicional para as visitas a domicilio.

Un dos sistemas para probar a calidade de vida dos cidadáns e a da atención socio-sanitaria reside na esperanza de vida, que en España, xunto con Italia, se atopa á cabeza da UE, con 82,5 anos de media (79,4 en homes e 85,5 en mulleres), cun incremento de 2,7 anos na primeira década do século XXI. En Italia acada os 82,7 anos. No lado contrario, Lituania está situada no último lugar da lista, con 73,6 anos de media de vida.

En canto ás cantidades aportadas no sistema de copago, Portugal subiu as tarifas en 2012 debido aos efectos da forte crise que sufriu o país, pasando as urxencias de atención primaria de 3,80 a 10 euros; as urxencias hospitalarias de 9,60 a 20 euros. Exceptúanse do copago aos pacientes con ingresos escasos, discapacitados e pacientes con enfermidades crónicas. No Reino Unido págase 7,4 euros por receita; Alemaña aplica un máximo de 10 euros mensuais, en tanto que Italia impón o 50% dos medicamentos con prescrición médica. En Austria págase 5 euros por receita, cun abono do 10% en prótese e lentes, mínimo de 24,20 euros e un máximo de 72,6 euros.

Segundo os datos oficiais, os 28 países que integran a Unión Europea suman uns 500 millóns de habitantes. España, con 46,4 aporta o 9,2% do gasto total ao sistema sanitario, ocupando a quinta posición, por detrás de Alemaña (15,9%), Francia (13%), Reino Unido (12,6%) e Italia (11,8%). O país con poboación máis nova é Irlanda, co 21%, e o que conta coa poboación máis avellentada é Alemaña, 13,3%. Na poboación de 65 e máis anos, España está na parte media, cun 17,2%, sendo tamén a máis alta Alemaña (20,65%) e a máis baixa Irlanda (11,1%). Con todo, o montante do gasto dedicado á atención sanitaria é importante pero non definitivo, posto que o sistema español, con menor aportación  que algúns outros países, pasa por ser mais eficaz na xestión.

Ampliando o espectro, a comparativa ofrece cifras ben dispares, como por exemplo Estados Unidos, que é o país que mais gasta do mundo proporcionalmente en sanidade: 8.189 euros por habitante e ano (un 18% do PIB), mentres que en España está en torno a o 6,5%, cunhos1.500 euros por habitante. Dinamarca inviste 4.105 euros por habitante e ano, en tanto que Eritrea baixa a 10 euros, que acadan o 1,55% do PIB do país.

 

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí