As comarcas de Vigo e A Coruña son as máis poboadas de Galicia, con case un tercio dos residentes na Comunidade

05/04/2017 10:23:23
As comarcas de Vigo e A Coruña son as máis poboadas de Galicia, con case un tercio dos residentes na Comunidade

Entre as dúas superan os 800.000 habitantes, en tanto que a comarca de Terra de Caldelas, integrada polos concellos de  Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira, só suma 3.223

As comarcas máis poboadas de Galicia, que son as de Vigo e A Coruña, superan lixeiramente os 820.000 habitantes, co que rozan o 29% do total de censo de residentes en Galicia ou, o que é o mesmo, case un de cada tres galegos está empadroados nalgún dos 20 concellos que as integran (9 en A Coruña e  11 en Vigo). A de maior poboación é a nucleada en torno ao concello de Vigo, con máis de 423.000 habitantes, seguida da de A Coruña, con 398.000. En terceiro lugar sitúase a comarca de Santiago de Compostela, con 165.083 habitantes residentes nos sete concellos que a integran. No cuarto está a comarca de Ferrol, con 159.422 habitantes, pertencentes a once concellos.

No quinto lugar do ranking de comarcas con máis poboación sitúase a comarca de Ourense, conformada por doce concellos e que conta con 145.563 residentes. Nos postos seis e sete están as de Pontevedra e Lugo, con 124.094 e 120.320 habitantes, respectivamente, integradas polo mesmo número de concellos, oito en cada caso.

Síguelles, no octavo posto, a comarca do Salnés, con 110.435 habitantes de nove concellos, en tanto que no noveno está a do Morrazo, con 83.613 habitantes pertencentes a catro concellos. Décima é a comarca de Bergantiños, con case 70.000 habitantes de sete concellos. Pecha o ranking de áreas máis poboadas a tamén coruñesa comarca do Barbanza, con 67.776 residentes. A partires de aí sitúase a do Baixo Miño, pero xa con 50.402 habitantes.

Pecha a clasificación das comarcas polo número de habitantes a menos poboada de Galicia é a ourensá das Terras de Caldelas, que conta con 3.223 habitantes, empadroados nos concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira. Síguelle a comarca das Terras de Trives, que é a segunda menos habitada de Galicia, con 4.430 habitantes, dos concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Na provincia de Lugo, a área con menos poboación é a de Meira, con 5.447 residentes incardinados en catroconcellos: Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto. A comarca con menos habitantes na provincia de A Coruña é a da Barcala, con 10.623; na de Pontevedra, o último lugar provincial correspóndelle A Paradanta, con 13.326 habitantes pertencentesósconcellos de Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente.

A comarca de Ourense é a que está formada por máisconcellos (12), seguida de A Limia, con 11, mentras que as de menor tamaño son as de Viana, Terra de Trives e Terra de Caldelas, con so catro cada unha. En A Coruña, a comarca con maisconcellos é a de Ferrol (11), seguida da de Betanzos, con 10. En Pontevedra, a comarca de Vigo conta con once concellos, seguida do Salnés, con 9. En Lugo, en cambio, a comarca mais numerosa é a da Terra Chá, con 9 concellos; síguelle a de Lugo, con 8.

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí