As avespas asiáticas fan perigar o futuro da castaña e do mel galegos, os máis cotizados do mercado

08/11/2016 10:17:32
As avespas asiáticas fan perigar o futuro da castaña e do mel galegos, os máis cotizados do mercado

Os cálculos dos experto apuntan que se puido perder un terzo da produción apícola nos últimos tres anos. A avespiña do castiñeiro provocou unha boa diminución da produción de Castaña nalgúns soutos. 

As abellas e os castaños galegos están en perigo debido á acción de dúas clases de insectos de orixe asiática, a Vespa velutina e a Dryocosmus kuriphilus, coñecida como avespiña do castiñeiro. Os primeiros exemplares destes insectos entraron en Europa por Francia, no 2004, e por Italia, no 2002, respectivamente.

Os expertos cren que a Vespa velutina chegou á cidade gala de Burdeos no interior dun barco de procedencia asiática. A súa expansión foi espectacular, xa que nun prazo relativamente curto detectouse a súa presenza en 31 departamentos franceses. No 2012 apareceu en Guipúzcoa e un ano despois no norte de Galicia. No 2014, houbo constancia da súa presenza no sur de Ourense e de Pontevedra, de xeito que hoxe afecta prácticamente a todas as zonas de tradición apícola da comunidade autónoma.

A avespilña do castiñeiro, pola súa banda, chegou a Italia, aínda que tamén hai quen apunta a que entrou por extensión natural a través do norte de Europa, probablemente en castiñeiros importados para mellorar a calidade dos autóctonos dese país. Deste xeito, estendeuse tamén rapidamente polo resto do territorio italiano, sobre todo cara ao norte e os países fronteirizos.

Tense constancia da súa presenza en España no 2014, e o único método coñecido para loitar contra esta especie é a introdució nde Torimussinensis, un tipo de parásitos que comen os ovos da avespiña para pór os seus no mesmo sitio, reducindo así a sua propagación.

Os dous insectos están causando graves danos en Galicia, xa que se estima que a avespiña pode acabar ata co 80 % da produción dos castiñeiros afectados, e mesmo pór en perigo a árbore. A velutina estraga as colmeas devorando as abellas que a integran e menguando, así, en gran medida a produción de mel.

A coincidencia de ambos insectos no entorno dos soutos galegos xera outro dano engadido, xa que os castiñeiros afectados por este insecto diminúen significativamente a produción de castañas, ou mesmo quedan sen ela, co cal privan ás abellas da candea, a flor do castiñeiro, apreciada polas abellas e que fai que elaboren mel de gran calidade moi valorada polos mercados.

Así mesmo, a mingua da cabana apícola pola acción da velutina, lastra ou elimina o labor de polinización que levan a cabo as abellas, deixando parte do pole que recollen nas flores noutras árbores durante o carrexo á colmea. Estímase que arredor do 30% da alimentación humana depende da polinización silvestre que levan a cabo os insectos voadores, na súa inmensa maioría, as abellas melíferas, polo que a súa perda ou eliminación producirá efectos negativos de grande alcance para a especie humana.

Traducido a termos económicos, iso produce importantes perdas en Galicia, xa que os cálculos do expertos apuntan que  se ten perdido máis dun terzo da poboación apícola nos últimos tres anos. Se a istose une o exceso de choiva na última primavera, a colleita non chegou á metade da rexistrada no 2015, que rondou polas 30.000 toneladas en España, das cales Galicia é un dos principales produtores, ademais de contar con mel da maior calidade.

En canto á castaña, o problema pode ser similar, aínda que os efectos tardarán algún tempo máis en ser significativos. A produción anual en Galicia pode chegar ata os 25.000 toneladas, e a aparición desta avespiña causou a redución significativa de castaña nalgúns soutos, xa que a acción do insecto afecta sobre todo á produción de froito. Do mesmo xeito que o mel, a castaña galega é de grande calidade. Parte da produción é consumida en fresco e outra parte importante está destinada á transformación en doces e produtos coñecidos como gourmet.

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí