A seca pon á vista os dous núcleos de Aceredona presa de Lindoso na raia portuguesa

07/12/2017 10:56:00
A seca pon á vista os dous núcleos de Aceredona presa de Lindoso na raia portuguesa

O enclave orixinal foi asolagado pola auga hai un cuarto de século, agás a igrexa que foi trasladada para o novo

A seca que afecta á Comunidade Autónoma Galega e ó norte de Portugal dende hai máis dun ano está provocando imaxes curiosas, como a de deixar ao descuberto núcleos de poboación que no seu día –maioritariamente no franquismo- foron anegados polos embalses hidroeléctricos, nos últimos meses están voltando á superficie debido ao descenso do nivel das augas. Tal está a acontecer na presa de Lindoso, que recolle as augas do río Limia e o Lima e os seus afluentes na zona zona do Xurés e a sua irmán do Gerês.


Hai 25 anos quedaron baixo a auga os restos do pobo de Aceredi despois de que fose abandonado polos seus veciños xusto cando a auga embalsada empezara a entrar nas súas casas. A visión espectral do vello enclave deixa ao descuberto a historia do lugar e as vivencias de moitos dos que foron seus veciños, que refixeron o pobo apenas unhos centos de metros mais arriba. Levaron as pertenencias que puideron ser trasladadas e tamén as lembranzas e quedáronse as leiras e as edificacións onde moraron as xeneracións anteriores cos seus animais e as terras. Foi indultada a igrexa parroquial, que foi desmontada pedra a pedra e volta a reconstruír no novo pobo de Aceredo.


Porén antes disso ocurriron moitas cousas. Todo comezou polos anos sesenta, cando os responsables de EDP, Electricidade de Portugal, a empresa responsable do subministro de enerxía no veciño país, consideraron que o avance dos tempos facía preciso maior capacidade de embalsamento de auga para a produción hidroeléctrica. O proxecto máis acaido era a construcción dun encoro en Lindoso, que tería a maior parte da auga encorada en augas españolas.


O pantano sitúase entre as freguesías de Lindoso e Soajo, entre Ponte da Barca e Arcos de Valdevez, dentro do parque nacional Peneda-Gerês e a súa construción foi posible grazas ao convenio firmado polos estados de Portugal e España da man dos ditadores Salazar e Franco, respectivamente. A iniciativa permaneceu aparcada durante anos, pois non comezaron as obras ata 1983 e duraron ata o ano 1992, que foi cando a empresa responsable comezou a encher a conca. Un ano despois acadouse pobos ubicados na cola e con elo o desaloxo do lugar.


Durante a década na que se desenvolveron as obras, os veciños semellaba que non acreditaban na realidade que se lles botaba enriba e apenas deron pasos para asumila. Con todo, a última fase do proceso desenvolveuse no medio de grande tensión, dada a forte oposición que empezaron a facer os veciños, que dificultaba os traballos O conflito social ameazaba os prazos e os proxectos da compañía hidroeléctrica que decidiu afrontar a negociación polo camiño máis curto a base de incrementar notablemente os prezos de indemnización polos terreos e bens ocupados. Esa xenerosidade interesada foi rompendo a firmeza dos afectados, que ían entendendo que valía máis coller substanciosas sumas de diñeiro, nunca soñadas nunha terra na que as condicións de vida foran sempre duras ó longo da historia, que exporse a ser desaloxados pola forza e con compensacións moi inferiores.


A entrada de diñeiro fresco e en cantidades xenerosas foi dando lugar a aparición de casas de nova construción e dudoso gusto, pero con tódalas comodidades da época, e coches de alta gama amontonados ás portas desas vivendas recén construídas. Ata cinco vehículos de marca alemana e considerados de luxo, aparcaban diante dunha vivenda de Aceredo-Novo. O dono, que poucos meses antes non deixaba por nada a súa vella vivenda no pobo antigo, sacáballe partido agora á fortuna conseguida pola expropiación das terras asolagadas. “Sempre soñei con ter un Mercedes”, dicía, para engadir que “en canto cobrei foi a primeira decisión que tomei. Tamén lle compre un coche a cada fillo, noras e xenros”.


Mentres iso sucedía, o val do río Lindo so íase enchendo de auga, deixando enterrada a historia milenaria dunha terra marcada pola fronteira e polo peculiar sistema de vida a ambos lados da raia.


O embalse do Alto-Lindoso, que é o nome oficial da presa, sisutúase na súa orixe entre as freguesías de Lindoso e Soajo (en Ponte da Barca e Arcos de Valdevez) e ubícase dentro do parque nacional da Peneda-Gerês. Foi proxectado en 1983, aínda que o protocolo para a súa construción foi firmado moitos anos antes, e os traballos concluiron en 1992, sendo inaugurado un ano despois. Trátase do maior produtor hidroeléctrico de Portugal, cunha potencia instalada de 630 MW e 948 GWh. Anuais. Constitúe unha das estruturas máis altas de Portugal (110 m.). Recibe augas de varios ríos da conca do Limia. Preto da presa unen as súas augas o Limia e o Laboreiro.

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí