A festa dos magostos fai dos arredores de Ourense unha gran fogata

14/11/2017 10:00:54
A festa dos magostos fai dos arredores de Ourense unha gran fogata

Os expertos calculan que a popular festa reúne máis de mil celebracións cunha asistencia por riba das oito mil persoas.

A chegada do mes de novembro fai proliferar na provincia de Ourense a celebración de magostos, nos que se xuntan familiares, amigos ou compañeiros en torno a unha fogata para xantar, merendar ou cear en boa compañía ánimo de diversión. Despois do entroido é a festa que acada maior mobilización popular, aínda que a diferencia daquel, aquí non adoitan producirse grandes congregacións de xente, agás o oficial organizado polo concello de Ourense e algún promovidos por colectivos veciñais y sociais, senón que se celebra a partires de pequenas reunións que poden ir de catro ou cinco integrantes ata unha vintena. O ciclo dura practicamente todo o mes de novembro, aínda que prodúcese unha maior concentración na primeira quincena e, nomeadamente, arredor da data do San Martiño, o 11 de novembro, sobre todo no concello de Ourense e os seus arredores.


Os ingredientes indispensables para que o magosto sexa xenuino son  as castañas e o viño, aínda que seguramente se poidan contar dos dedos dunha man os que se celebran actualmente baixo tal signo de austeridade. Polo contrario, a festa foise facendo máis suculenta, coa incorporación de chourizos e carne para asar nas brasas, ó tempo que se foron sofisticando os métodos, pois o normal é que a tradicional fogaza se faga para animar o ambiente e para asar as castañas. O resto das viandas que precisan lume, cocíñanse en parrillas e aparellos máis cómodos e limpos, xa que se evita o contacto dos alimentos coa borralla.


Aínda conscientes da dificultade de dar cifras sobre unha festa tan dispersa e allea a reglas e normas, algúns expertos do sector alimentario apuntan a que arredor do San Martiño se poderían contabilizar máis de mil magostos, cunha asistencia que podería rebasar as oito mil persoas. Moitos establecementos adicados á venda de produtos típicos do entroido agotaron existencias no último fin de semana, a pesares de que habían incrementado as provisións de material.


A maior concentración popular arredor do lume purificador do San Martiño, prodúcese no magosto organizado polo concello de Ourense, que na última edición repartiu duas mil racións de racións de pan, chourizos e viño, así como unha tonelada de castañas, polo módico prezo dun euro cada unha. A tradicional macroconcentración gastronómica e festeira é posible grazas ás deceas de voluntarios que se suman ó servizo disposto pola organización. En Parada de Sil, concello castañeiro, pero con poucos habitantes, pasaron dos 200 kilos de castañas no magosto oficial, que se repite ó longo do mes en pobos e parroquias do concello. O mesmo sucede no resto dos concellos de montaña nos que existen soutos.


Atendendo á tradición, nos últimos días, os arredores de Ourense convertéronse por momentos –maioritariamente arredor do mediodía- nunha gran fogata. O lugar que concita o maior número de festas ubícase nas ladeiras do Montealegre, no norte da cidade, aínda que todos os montes do rural acollen fogatas, que están principalmente montadas por xente xoven, pois os adultos prefiren organizar xuntanzas dotadas de maior comodidade e aínda que non faltan quenes acuden ó monte, a maioría confórmanse cunha pequena fogata doméstica e despois xuntarse arredor dunha mesa chea de viandas e bebidas para cumprir coa tradición.

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí