A execución de hipotecas sobre vivendas e os desafiuzamentos por impago comezan a retroceder

17/01/2017 13:26:44
A execución de hipotecas sobre vivendas e os desafiuzamentos por impago comezan a retroceder

No último ano leváronse a cabo en galicia 2.200 desafiuzamentos, un 10% menos que no exercicio anterior. 

Despois dunha década de importantes incrementos por culpa da crise, a execución de hipotecas sobre vivendas polo impago das cuotas ás entidades de crédito e os desafiuzamentos están iniciando un descenso, xa que por segundo ano consecutivo baixaron lixeiramente. Con todo, en España siguen estando en niveis que case triplican os números anteriores aos que se rexistraban ata os inicios da crise económica.

De acordo coas últimas estatísticas dispoñibles, os desafiuzamentos descenderon nos tres primeiros trimestres do ano arredor dun 10 %, con respecto ao mesmo periodo do ano anterior, situándose lixeiramente por riba dos 50.000. Segundo o Poder Xudicial, os lanzamentos, desaloxos por execución hipotecaria, baixaron en todas as comunidades autónomas, especialmente en Cantabria, País Vasco e Madrid. Máis da metade das accións levadas a cabo corresponderon a procedementos derivados da Ley de Arrendamentos Urbanos (LAU). Esta norma recolle que os lanzamentos afectaron a distintos tipos de inmobles, non só vivendas, e no caso destas, non únicamente ás habituais, senón tamén segundas residencias.

Aínda que as cifras varían segundo as fontes consultadas, os cálculos mais conservadores indican que na última década arredor de 400.000 familias perderon a súa vivenda por vía da execución hipotecaria. As estatísticas do Banco de España reflicten unha progresiva reducción destas cantidades, se ben aínda se superan os 38 desafiuzamentos diarios por vía xudicial, mentres que no periodo comprendido entre 2012 e 2015, case 178.000 familias tiveron que entregar a súa casa ou piso ás entidades bancarias coas que tiñan firmada unha hipoteca, tanto pororden xudicial como de xeito voluntario. Delas, 143.000 eran vivendas habituais dos hipotecados, segundo a mesma fonte.

Con todo, os valores actuais están aínda moi lonxe dos que se rexistraban antes do 2007, cando o número de execucións hipotecarias se situaba arredor das 25.000 anuais no conxunto do Estado, en tanto que entre 2008 e 2012, leváronse a cabo 244.278 desafiuzamentos de familias, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial. Aínda que neste caso, admiten que non conteñen distinción entre os provocados por impagos hipotecarios ou de aluguer, nin entre execucións dunha vivenda habitual ou segundas residencias, nin tampouco se son instalacións comerciais.

Se o baile de números era pouco, Amnistía Internacional ou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca informan doutros números ben distintos. No caso da institución non gubernamental, en España teríanse producido dende 2008 unhas 600.000 execucións hipotecarias, cifra que se considera irreal dende ámbitos bancarios.

Nestes momentos hai no sistema bancario que opera en España algo máis de 6,3 millóns de hipotecas firmadas polas familias, destinadas á adquisición de vivenda, o cual supón un descenso do 1% con respecto ao ano anterior. Delas, boa parte das contratadas antes de 2013 están afectadas pola sentencia sobre as cláusulas chan feita pública hai unhas semanas pola xustiza europea, que lle dá dereito a recuperar cantidades excesivas pagadas por xuros, debido a esas cláusulas limitadoras.

Os últimos datos revelan que a mellora tamén afecta a Galicia, pois no último ano leváronse acabo 2.200 lanzamentos, un 10% menos que no exercicio anterior, nos que foron executados 2.432 desafiuzamentos, a maioría deles debidos a impago de alugueres.

 

Compartir en Facebook
Valoración
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí