O custe do Parlamento vasco por escano duplica o de Galicia tendo o mesmo número de deputados

11/10/2017 10:53:24

O custe do Parlamento vasco por escano duplica o de Galicia tendo o mesmo número de deputados

Os deputados rasos cobran case 5.000 euros mensuais, case dez veces mais que os rioxanos, que perciben 586,66

Os parlamentarios autonómicos vascos, cataláns e castelán-leoneses son os mellor pagados de todo o Estado, con cantidades que oscilan entre os 4.700 e os 5.000 euros mensuais, aínda que as cifras varían sensiblemente debido en parte aos conceptos polos que se abonan algunhas cantidades.  Os deputados con responsabilidades nas respectivas mesas cobran cantidades sensiblemente máis altas. No caso de Galicia o soldo componse de 1.942 euros de asignación fixa mensual; 2.587 euros para gastos de aloxamento e manutención e 280 para gastos de representación. No caso dos integrantes da Mesa, hai que engadir 1.765 euros destinados a representación no caso do presidente e 1.095 para o resto dos seus integrantes (vicepresidentes e secretarios). ler máis

124 presidentes dirixiron o Estado autonómico dende a súa posta en marcha

03/10/2017 11:36:50

124 presidentes dirixiron o Estado autonómico dende a súa posta en marcha

A comunidade con maior número de dirixentes é Aragón, con 10, seguida de Navarra con 9 e Castela-A Mancha Murcia, Canarias e Melilla, con 8

Os territorios históricos de Galicia, País Vasco, Cataluña e Andalucía, estiveron dirixidos por cinco presidentes en cada caso

O Estado Autonómico español ten estado liderado nas súas máis altas responsabilidades por 124 presidentes, contando os que hoxe están no exercicio do poder. A comunidade con maior inestabilidade política é a de Aragón, onde sempre se deu unha acusada fragmentación da oferta política, con un importante papel xogado por formacións rexionalistas, que mediatizaron o papel dos partidos tradicionais de ámbito estatal. Iso explica que dende 1983 pasaran pola súa máis alta maxistratura en 34 anos nada menos que 10 presidentes. A situación de partida xa avisaba do que podía ocorrer, posto que na etapa pre-autonómica pasaron tres dirixentes ao fronte do ente que daría lugar á Comunidade Autónoma. ler máis

Ourense acolle as dúas maiores concentracións populares galegas, coa romaría dos Milagros, en Molgas, e a Festa do Polbo do Carballiño

13/09/2017 10:51:59

Ourense acolle as dúas maiores concentracións populares galegas, coa romaría dos Milagros, en Molgas, e a Festa do Polbo do Carballiño

A provincia de Ourense conta cos dous puntos nos que se rexistran as maiores concentracións de xente no contexto galego das festas populares con máis de cen mil participantes en cada unha delas. Unha é a romaría adicada á Virxe dos Milagros do Monte Medo, no concello ourensán de Baños de Molgas, que conta con milleiros de devotos, que cada ano participan na novena e nas misas que se ofrecen no santuario dende finais de agosto ata o día 8 de setembro. A pesares do respectable tamaño do templo relixioso, faise insuficiente para albergar aos asistentes nas horas punta, por iso os oficios relixiosos máis concorridos teñen lugar na explanada exterior do recinto para poder acoller a máis xente. ler máis

As mulleres peregrinas están a punto de igualar ó número de homes que fan o Camiño de Santiago

21/08/2017 15:03:06

As mulleres peregrinas están a punto de igualar ó número de homes que fan o Camiño de Santiago

No mes de xullo pasado frisaron o 50%, con só 292 camiñantes menos, mentres que haiunha década representaban só o 44%

As mulleres están adiantando postos nas estatísticas dos peregrinos a Santiago, xa que segundo os datos oficiais, estarían frisando o 50% do total de camiñantes que se achegaron a Compostela por algunha das rutas recoñecidas, a pé, bicicleta, a cabalo ou en cadeira de rodas. O número total de peregrinos rexistrados o último mes de xullo foi de 47.470 persoas, das cales 23.588 foron mulleres (49,69%) e 23.882, homes (50,31%) ler máis

A falta de choiva acende as alarmas pola diminución da auga embalsada en Galicia

07/07/2017 14:58:48

A cantidade almacenada ascende a 1.989 hectómetros cúbicos, un 61% da capacidade total, 20 puntos menos que o ano pasado na mesma data

Galicia ve con preocupación como cada día merma a auga embalsada, anormalmente baixa en comparación con outros anos, como demostra o Pradera,  colocando en risco o abastecemento domiciliario a moitas poboacións, que xa sufren recortes debido á falla de choiva. Os últimos datos rexistrados reflicten que as existencias do líquido elemento ascenden a 1.989 hectómetros cúbicos, un 62 por cento da capacidade total das presas galegas, o que significa 20 puntos por baixo das rexistradas o ano pasado polas mesmas datas, e máis de once puntos por baixo da media ponderada da última década en idéntica data. No resto de España tamén pintan bastos, pois os embalses atópanse nestes momentos ó 47,93%, dez puntos por enriba da media galega e dezaseis menos que doce meses atrás. ler máis

O incendio de Pedrogão Grande queimou nunha semana dúas veces e media a superficie afectada polo lume en Galicia durante todo o ano 2016

  • 3
29/06/2017 10:22:01

O incendio de Pedrogão Grande queimou nunha semana dúas veces e media a superficie afectada polo lume en Galicia durante todo o ano 2016

O lume arrasou un territorio equivalente á suma dos concellos de A Coruña, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ribeira, Mondariz-Balneario, Arnoia e Burela

O incendio iniciado en Pedrógão Grande o pasado 17 de xuño queimou arredor de 53.000 hectáreas durante os sete días que permaneceu activo, segundo as institucións forestais portuguesas. No suceso perderon a vida 64 persoas e mais de 350 resultaron feridas. Tales magnitudes convirten o episodio nunha das mais sinaladas traxedias da historia dos lumes forestais en Europa. ler máis

Cando non cobre o seguro de Auto

14/06/2017 10:27:00

Cando non cobre o seguro de Auto

Hai situacións nas que os seguros de Auto non se fan cargo dun sinistro aínda que estea nas súas coberturas


Imprudencias, descoidos e algunhas circunstancias fortuitas son as causas máis  habituais

Cando chega o momento de protexer un coche, as coberturas veñen determinadas polo tipo de seguro elixido: terceiros, todo risco? Con todo, hai sinistros que a póliza posiblemente non cubrirá. ler máis

Os mozos galegos fumadores son os máis reacios a apearse do tabaco

02/06/2017 12:46:45

Os mozos galegos fumadores son os máis reacios a apearse do tabaco

Os galegos son os cidadáns que máis lles custa deixar de fumar habitualmente, segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, elaborados conforme aos patróns utilizados pola Organización Mundial da Saúde. Así, en torno a 7.000 cidadáns residentes en Galicia perden a vida cada ano por culpa de enfermidades vencelladas directa ou indirectamente co tabaco. De esa cantidade, arredor do dez por cento corresponde a fumadores pasivos. O estudo rexistra un leve descenso de mortes por enfermidades asociadas ó tabaco, pero increméntase o número de falecidos por culpa do alcohol, que os últimos cálculos achegan a case dous mil por ano. Sendo indubidables os efectos nocivos do consumo do tabaco sobre a saúde, á contabilización de afectados dende o ámbito sanitario varían moito en función dos parámetros utilizados para elaborar estatísticas, polo que hai que invitar sempre á prudencia á hora de barallar traballos de distinta orixe. ler máis

A pesares da crise demográfica as Universidades galegas collen pulo dende hai tres anos

03/05/2017 15:12:19

A pesares da crise demográfica as Universidades galegas collen pulo dende hai tres anos

A principios de século había máis de 100.000 matrículas universitarias e hoxe non chegan a 76.000


En 2014, o número de estudantes universitarios en Galicia caeu ata preto dos 60.000

A matrícula nas universidades galegas está collendo pulo nos últimos tres anos, xa que de algo mais de 60.000 alumnos que había en 2014 nas tres universidades galegas, pasouse a superar lixeiramente os 76.000 no curso actual. De todos os xeitos, as cifras quedan lonxanas das épocas douradas que viviu a universidade galega coincidindo co cambio de século. No ano 2000, o número de estudantes matriculados nos sete campus galegos pasaba dos 100.000. ler máis

A galega Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta en exercer a profesión por libre en España

18/04/2017 15:16:36

A galega Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta en exercer a profesión por libre en España

Naceu en 1911 en A Cañiza, criouse en Ourense e fixo a carreira en Madrid, onde empezou traballar, seguindo logo en Murcia e Barcelona


Un estudo da Universidade de A Coruña dirixidopola doctora María Carreiro, rescatou a traxectoria das nove arquitectas consideradas mais relevantes en Galicia

A galega Rita Fernández Queimadelos, orixinaria de A Cañiza, foi a primeira muller galega en estudar a carreira de arquitectura e tamén a primeira en exercer a profesión de forma libre e autónoma, sen depender de ningún estudo dirixido por colegas varóns. Un estudo da Universidade de A Coruña elaborado polos arquitectos investigadores Cándido López, Xosé Lois Martínez, Inés Pernas, Eduardo Caridad, Paula Fernández-Gago e Mónica Mesejo, e dirixido pola tamén arquitecta María Carreiro Otero, rescatou a traxectoria profesional de nove arquitectas pola súa influencia na profesión en Galicia e polo seu papel de pioneiras nunha profesión ata hai poucos anos eminentemente masculina. ler máis

As comarcas de Vigo e A Coruña son as máis poboadas de Galicia, con case un tercio dos residentes na Comunidade

  • 3
05/04/2017 10:23:23

As comarcas de Vigo e A Coruña son as máis poboadas de Galicia, con case un tercio dos residentes na Comunidade

Entre as dúas superan os 800.000 habitantes, en tanto que a comarca de Terra de Caldelas, integrada polos concellos de  Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira, só suma 3.223

As comarcas máis poboadas de Galicia, que son as de Vigo e A Coruña, superan lixeiramente os 820.000 habitantes, co que rozan o 29% do total de censo de residentes en Galicia ou, o que é o mesmo, case un de cada tres galegos está empadroados nalgún dos 20 concellos que as integran (9 en A Coruña e  11 en Vigo). A de maior poboación é a nucleada en torno ao concello de Vigo, con máis de 423.000 habitantes, seguida da de A Coruña, con 398.000. En terceiro lugar sitúase a comarca de Santiago de Compostela, con 165.083 habitantes residentes nos sete concellos que a integran. No cuarto está a comarca de Ferrol, con 159.422 habitantes, pertencentes a once concellos. ler máis

O Entroido golea no calendario festeiro galego: 192 dos 313 concellos adícanlle unha xornada festiva

  • 3
27/03/2017 11:26:01

O Entroido golea no calendario festeiro galego:  192 dos 313 concellos adícanlle unha xornada festiva

A segunda festa con máis festivos municipais espallados por Galicia é a do San Roque, celebrado oficialmente por 38 concellos

O Entroido é a festa máis estendida no calendario oficial dos festivos locais de Galicia. Nada menos que 192 concellos dos 313 existentes (o 60%) teñen asignada unha das dúas xornadas inhábiles que poden decretar as administracións locais dentro das súas competencias.  Por provincias, A Coruña e Ourense,  son as que contan con máis concellos que poñen como festivo unha das xornadas do entroido (moi maioritariamente o martes, se ben hai algún que ten fixado o luns e outros poucos o mércores de cinsa, que se corresponde no calendario entroideiro co enterro da sardiña); na provincia coruñesa fan festa nestas datas 65 dos 93 municipios que a integran, en tanto que en Ourense son 63 de 92 concellos os que gardan festa un dos días do entroido. Porén, é a provincia de Lugo a que ten a maior porcentaxe de días inhábiles, con 51 dos seus 67 concellos, o que significa un 75% do total. Polo contrario, os concellos de Pontevedra son os que menos inclinados se senten a ceder un dos seus dous festivos ó entroido, pois tan só o fan 13 dos 62 concellos que a forman, o que se traduce en algo menos do 20%. ler máis

Galicia encabeza a evolución positiva no ranking estatal de accidentes de tráfico mortais no que vai de ano, cun 32% menos

15/03/2017 11:01:09

Galicia encabeza a evolución positiva no ranking estatal de accidentes de tráfico mortais no que vai de ano, cun 32% menos

O número de persoas falecidas nas estradas galegas dende xaneiro é de 17, un 35% menos que nas mesmas datas de 2016

A sinistralidade mortal nas estradas galegas vive un importante retroceso (un 32% menos) no que vai do ano 2017, pois ata o de agora téñense rexistrado 15 sinistros graves con perda de vidas humanas, fronte aos 22 que se produciron nos primeiros dous meses e medio do 2016. O número de vítimas mortais tamén descendeu de xeito considerable, xa que o ano pasado a estas alturas tíñanse producido 23 mortos no momento do accidente ou ben dentro das vintecatro horas seguintes, mentres que dende xaneiro, os falecidos debido a sinistros nas estradas da rede galega foron 17, seis menos, o que significa un 35% por baixo. ler máis

O mercado de turismos arranca o ano con 84.515 unidades matriculadas

  • 2,6666666666667
21/02/2017 10:19:40

O mercado de turismos arranca o ano con 84.515 unidades matriculadas

Tendencia ao estancamento na canle de particulares

O mes de xaneiro pechouse cunhas matriculacións de 84.515 turismos e todo-terreo, o que supuxo un incremento do 10,7% respecto ao mesmo mes do ano. Hai que ter en conta que estas cifras alcanzáronse con dous días laborables máis no pasado xaneiro fronte ao mesmo mes de 2016, o que sumou unha boa cantidade de rexistros.

Se comparamos a media de matriculacións por día alcanzada en xaneiro de 2017 e de 2016, o incremento é menos, quedándose nun 0,2%. Na canle de particulares detectouse un retroceso medio diario do 1,7%. Ademais, baixou neste mes de xaneiro n 1% o seu peso sobre o total do mercado, quedándose nun 53,5%. Estes datos corroboran a retardación detectada nas matriculacións nesta canle dese o pasado mes de outubro de 2016, cando se acabaron os fondos do plan de axudas PIVE para o rexuvenecemento do parque.  A pesar do peche en positivo do mes de xaneiro, o sector móstrase vixiante con esta tendencia que, de continuar en meses vindeiros, pode resultar un descendos das vendas e dificultar  o necesario rexuvenecemento do parque de turismos, cuxa idade media ao peche de 2016, lembramos, é de 12 anos.

Ademais, hai que poñer en contexto o dato positivo de xaneiro de 2017. As 84.515 matriculacións logradas o pasado mes aínda quedan hoxe lonxe das do mesmo mes do ano 2008, ano en que se iniciou a crise. Entón rexistráronse 101.630 matriculacións, un 16,8% máis que no pasado mes.


MATRICULACIÓNS POR CANLES

As matriculacións por canles obteñen, no xoncunto do mes de xaneiro, un balance positivo. A canle de particulares é o que menos crece, cun total de 45.183 rexistros e un incremento do 8,7%. Pola súa banda, o de empresa alcanza as 26.248 unidades matricualdas, cun crecemento do 13,6%. Pola súa banda, os alquiladores de coches matricularon un total de 13.084 unidades o que supón un 12,3% máis que en xaneiro do ano pasado.

ler máis

O copago sanitario, unha práctica estendida en Europa

  • 3
08/02/2017 13:27:33

O copago sanitario, unha práctica estendida en Europa

España, Dinamarca e Reino Unido son os únicos países que dispoñen de atención médica e hospitalaria universal e gratuíta

O debate sobre o copago sanitario aparece en España cada certo tempo. A última en polo sobre a mesa foi a actual ministra de Sanidade, baseándose no alto custe dos servizos e as dificultades de financiamento. Como sempre, o rexeitamento foi xeral, inmediato e contundente, tanto que a propia ministra se desdixo ás poucas horas da súa reflexión en voz alta. ler máis

A execución de hipotecas sobre vivendas e os desafiuzamentos por impago comezan a retroceder

  • 3
17/01/2017 13:26:44

A execución de hipotecas sobre vivendas e os desafiuzamentos por impago comezan a retroceder

No último ano leváronse a cabo en galicia 2.200 desafiuzamentos, un 10% menos que no exercicio anterior. 

Despois dunha década de importantes incrementos por culpa da crise, a execución de hipotecas sobre vivendas polo impago das cuotas ás entidades de crédito e os desafiuzamentos están iniciando un descenso, xa que por segundo ano consecutivo baixaron lixeiramente. Con todo, en España siguen estando en niveis que case triplican os números anteriores aos que se rexistraban ata os inicios da crise económica. ler máis

Aínda que chova, vota. 35 anos do Estatuto

  • 3
02/01/2017 12:33:13

Aínda que chova, vota. 35 anos do Estatuto

O estatuto aprobado recoñecía Galicia como comunidade autónoma histórica, xunto co País Vasco e Cataluña, que eran as que xa tiveran texto estatutario aprobado durante a República

O día 21 de decembro fixo 35 anos do referendo para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Era domingo, véspera do tradicional sorteo da lotería de Nadal na semana que daba entrada ás datas máis entrañables do ano. A elaboración do Estatuto fora un parto longo e complexo, que tivera os seus primeiros precedentes nos tempos da Segunda República, aprobándose nas Cortes poucos días antes da sublevación do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil. Deste xeito, quedou sepultado coa legalidade constitucional vixente naquel momento durante 40 anos. Despois de que a Constitución do 1978 consagrara o Estado de Autonomía, a histórica cita suscitou escaso entusiasmo entre o electorado galego. ler máis

O AVE chegará a Galicia 30 anos despois da inauguración da primeira liña en España

  • 2,625
14/12/2016 12:29:00

O AVE chegará a Galicia 30 anos despois da inauguración da primeira liña en España

Nestes momentos o proxecto do AVE galego ten o seu maior reto nos 17 quilómetros mais próximos á cidade de Ourense, incluído o acceso ata a estación do barrio de A Ponte, e o subtramo entre Taboadela e Seixalbo, localidade situada xa ás portas da capital ourensá, aída está pendente da Declaración de Impacto Ambiental

Segundo as últimas previsións avanzadas polo ministro de Fomento para a chegada do AVE a Galicia, que fixou entre os anos 2021 ou 2022, o tren de alta velocidade funcionaría a pleno rendemento entre Madrid e a Comunidade Autónoma Galega 30 anos despois da liña Madrid e Sevilla, que entrou en funcionamento na primavera de 1992, con ocasión da Exposición Universal que tivo lugar nesa cidade andaluza. A iniciativa tivo un custe de 450.000.000.000 pesetas, que en valor real actual se multiplicaría por catro e acadaría uns 10.000 millóns de euros. ler máis

Xose Lois Campo Rodicio, o galego que participou no proceso de paz en Colombia

  • 3,3333333333333
12/12/2016 14:32:16

Xose Lois Campo Rodicio, o galego que participou no proceso de paz en Colombia

O ourensán é o responsable de Benposta-Ciudad de los Muchachos en Colombia, onde se encarga da recuperación e atención de nenos vinculados coa guerrilla.

Xosé Lois Campo Rodicio, un galego natural de Parada de Sil, na Ribeira Sacra ourensá, é un dos poucos privilexiados que tomou parte nas negociacións do proceso de paz firmado en Colombia entre o Goberno e a guerrilla. Campo Rodicio estivo presente mesmo no acto formal da firma celebrado en Cartaxena de Indias, invitado polo Executivo que preside Juan Manuel Santos. Isto, en atención ao papel xogado polo galego no proceso e tamén á súa traxectoria de dende hai moitos anos na atención a nenos militarizados pola guerrilla. ler máis

Pablo Iglesias e Felipe González lideraron o PSOE a metade dos seus 138 anos de vida

  • 2,8571428571429
22/11/2016 11:45:02

Pablo Iglesias e Felipe González lideraron o PSOE a metade dos seus 138 anos de vida

Entre os dous suman 69 anos á fronte da organización socialista, oito máis que 16 dos 18 secretarios restantes. 

Pablo Iglesias e Felipe González gobernaron o Partido Socialista Obrero Español durante 69 anos: 46 o primeiro (1879-1925) e 23 o segundo (1974-1997). Ambos abranguen, aínda que en épocas distintas, a metade xusta dos 138 anos de historia do PSOE, que naceu en maio do ano 1879, cando en España reinaba Alfonso XII e presidía o Goberno Arsenio Martínez Campos. Martínez Campos gañara as eleccións un par de meses antes e dous anos despois, noutros novos comicios, foi derrotado por Práxedes Mateo Sagasta. ler máis