Máis da metade dos venezolanos que emigran do país buscan Estados Unidos e España como destino

11/02/2019 12:59:27

Máis da metade dos venezolanos que emigran do país buscan Estados Unidos e España como destino

No que atinxe a Galicia, máis de tres mil cidadáns venezolanos, chegaron durante o ano 2017  a esta Comunidade, que é o 50% máis que os que viñeron no ano anterior.

A gravísima crise política e institucional que vive Venezuela está acelerando o éxodo de cidadáns venezolanos cara outros países. A principal vía de saída é a fronteira con Colombia, onde se estima que están asentadas máis de 600.000 persoas que fuxiron do réxime de Maduro. Pero todos os expertos alertan de que os datos son inexactos por conservadores e que as cifras reais superarían os 1,2 millóns. Porén, as cifras son de asentamento provisional, posto que a maioría dos que chegan a ese país, continúan logo a súa aventura migratoria buscando outro destino definitivo, con Estados Unidos e España como principal preferencia.

No que atinxe a Galicia, máis de tres mil cidadáns venezolanos (a metade galegos ou descendentes), chegaron durante o ano 2017 (último exercicio con estatísticas completas pechadas) a esta Comunidade, que é o 50% máis que os que viñeron no ano anterior. Na mesma data estaban asentadas aquí máis de 6.000 procedentes do país caribeño. A eles, tanto en Galicia como en España hai que sumar os que teñen nacionalidade española ou de outros países comunitarios, que son un colectivo moi numeroso, así como quen está en situación irregular despois de chegar como turistas, e dos que non constan cifras fiables.

Ó longo da súa historia como país, Venezuela careceu de emigrantes e foi tradicional receptor de inmigrantes, na maioría deles españois (canarios, andaluces e galegos sobre todo). O éxodo venezolano comezou hai sete lustros, en 1983, como consecuencia do colapso nos prezos do petróleo, que deu lugar ó venres negro no que o Goberno decidiu pechar os bancos para desvalorizar o bolívar por enriba do 40%. O país viviu episodios similares sucesivos cada poucos anos, destacando o tamén chamado “caracazo”, rexistrado en 1989, que provocou graves desordes de orde público e custou oficialmente 276 vítimas mortais, aínda que outras fontes apuntan a que en realidade foron máis de tres mil.

O acontecido en 1983 foi unha sacudida difícil de acreditar polos venezolanos, acostumados á época de vacas cheas grazas ás inxentes cantidades de dólares que o país ingresaba pola venda de petróleo, que multiplicou os gastos sen control e unha corrupción rampante. Lémbrao ben, Manuel Fernández, celanovés (o concello con máis persoas que marcharon para aquel país) emigrado de adolescente que empezou a traballar nunha granxa, pero que seis anos despois xa era propietario dun pequeno almacén de produtos agrícolas que fornecía ás facendas da contorna. Asentado e con ingresos, levou para alá á súa moza María, coa que previamente se casou por poderes, para comezar xuntos o seu proxecto de vida.

No devandito 1983, cunha fortuna considerable e dous fillos, nena e neno, de doce e dez anos, entendeu que era o momento de dar un cambio de rumbo e retornar a Galicia para consolidar o arraigo dos rapaces á terra que viu nacer ós pais. Empezou a desfacerse de propiedades e compartir negocios cedendo a xestión, ó tempo que trasladaba capital a España. Aquel venres 18 de febreiro, pechou a venda dunha explotación agrícola un millón de bolívares, que viñan a ser uns 29 millóns de pesetas ou 250 mil dólares. A operación formalizaríase o luns seguinte. No medio pasou o que pasou, e cando abriron os bancos a moeda sufrirá unha depreciación demoledora e 29 millóns de pesetas que valía apareceron convertidos en algo máis de 15. “A miña muller e máis eu pensamos tolear; parecía incrible que a metade do valor no que tasáramos a venda esvaéusenos entre as mans nun par de días, sen que nós tiveramos nada que ver”, di Manolo –como o coñecen os que o tratan- con xesto de incredulidade a pesares do tempo transcorrido.

A raíz daquilo “deixei de acreditar en Venezuela e todas as operacións que fixen en adiante leveinas a cabo en dólares. Iso salvoume de perder o pouco que me quedaba alí en 1989 co “caracazo” no que a moeda se volveu a depreciar de xeito considerable”. Hoxe, xubilado, hai anos que non recibe un bolívar da parte de pensión que lle corresponde. “Xa me da igual, porque as cantidades carecen de valor, pero sinto moita pena polo gran país que coñecín e por moita xente que tiña boa posición económica e tivo que escapar ou por algúns que aínda están alá e pasan verdadeira necesidade”, di.

O éxodo non deixou de aumentar nas últimas tres décadas, pero nos últimos catro anos produciuse unha progresión xeométrica. So no bienio 2015-2017, o fluxo cara Colombia incrementouse un 1.132%, país que ten a saída natural máis doada dende Venezuela. A porcentaxe é menor que a rexistrada en Chile, onde aumentaron o número de venezolanos un 1.388%, pero con valores absolutos moito máis modestos. Perú rexistra un incremento do 1.016%, Brasil, que tamén ten fronteira con Venezuela, houbo un aumento do 922%; en Ecuador e Arxentina un 344%. En Panamá un 268%, en Uruguai un 225%, en México un 104% e en España un 26%. ler máis

A enerxía eólica, alternativa para relevar a produción da central de Meirama

23/01/2019 13:41:45

A enerxía eólica, alternativa para relevar a produción da central de Meirama

Galicia é a terceira Comunidade Autónoma en potencia instalada con 3.354 MW en 159 parques eólicos

Santiago, 23.01.2018.- O anuncio de Naturgy – a antiga Gas Natural- da súa intención de pechar a central térmica de Meirama a mediados de 2020, vai impulsar o mercado produtor na Comunidade Autónoma a través das enerxías renovables, sobre todo a eólica, que está incrementando a súa capacidade coa instalación de novos aeroxeneradores. Gas Natural sucedera a Unión Eléctrica Fenosa no negocio eléctrico galego, herdeira da primixenia Fenosa, fabricante e distribuidora de electricidade en Galicia cunha posición de case monopolio no mercado. ler máis

As últimas xeadas en Galicia equiparan os valores térmicos cos do norte de Europa

09/01/2019 14:07:29

As últimas xeadas en Galicia equiparan os valores térmicos cos do norte de Europa

A vaga de frío máis importante do século na Comunidade Autónoma tivo lugar en decembro de 2001, con temperaturas de -4,7ºC en Alvedro e -8,6ºC no centro de Ourense

A Comunidade Autónoma galega está vivindo unha vaga de frío e xeadas que fixeron baixar  as temperaturas en todo o territorio, con valores por enriba dos -5ºC nos puntos altos e nos tradicionalmente máis fríos, como o sur da provincia de Lugo e o leste e sur de Ourense, onde marcaron as máximas as estacións de Calvos de Randín, na fronteira con Portugal, superando os -9ºC nos últimos cinco días, valores seguidos de cerca por Verín, no val de Monterrei, ou Xinzo, na comarca da Limia. ler máis

O secesionismo non ten oco nas constitucións das democracias máis consolidadas

28/12/2018 11:41:34

O secesionismo non ten oco nas constitucións das democracias máis consolidadas

Acudindo á comparación cos textos constitucionais de países que gozan de democracias consolidadas, o soporte da modificación amparada no tempo transcorrido dende a súa aprobación resulta extremadamente feble

As aspiracións do independentismo catalán non caben na Constitución española, como tampouco cabía o Plan Ibarretxe (proposta artellada polo Goberno vasco presidida polo lehendakari que lle deu nome, aprobada logo polo Parlamento de Vitoria por maioría absoluta e rexeitada no Congreso dos Deputados tamén por amplísima maioría, que consistía na conversión do País Vasco nun estado libre asociado, con dereito autodeterminación e con prerrogativas practicamente de estado soberano). ler máis

1978: o referendo que non puideron votar todos os españois que o desexaban

11/12/2018 13:31:12

1978: o referendo que non puideron votar todos os españois que o desexaban

Os mozos en  servizo militar foron os que tiveron máis  problemas  para exercer o seu dereito a voto

Con motivo do 40 aniversario da Constitución española, nas últimas datas estanse sucedendo gran número de referencias á España daquela época e tamén ós cambios rexistrados na sociedade dende entón, xunto coas diferencias na vida política que existía á saída do franquismo e a que rexe os destinos dos cidadáns actualmente. En 1978, cun censo de potenciais votantes fixado en 26.632.180 persoas, exerceron o seu dereito a sufraxio 17.873.271 (o 67%). Foron válidos 17.739.485 (o 99,25%), en tanto que 133.786 foron considerados nulos. ler máis

Os temporais de vento e chuvia, vellos coñecidos de Galicia nos tempos de outono e inverno

14/11/2018 14:38:55

Os temporais de vento e chuvia, vellos coñecidos de Galicia nos tempos de outono e inverno

Beatriz non chegou á categoría dos considerados fitos meteorolóxicos no último medio século



Acaba de irse o temporal Beatriz, despois de cruzar Galicia de oeste a leste en dúas fases, deixando tras de si un regueiro de incidencias, rexistradas maioritariamente nas provincias da Coruña e Pontevedra, con 182 e 148, respectivamente; seguidas de Lugo, con 51, e, por último, Ourense, con 21 sucesos. Árbores caídas polo efecto do vento, estradas cortadas, caída da subministración eléctrica nalgunhas zonas e pequenas inundacións, consecuencia das importantes cantidades de auga caída, constitúen o balance da acción deste “fenómeno meteorolóxico adverso” dos primeiros de novembro. Con todo, non pasará á historia na categoría dos considerados fitos meteorolóxicos no último medio século no territorio galego. ler máis

Menos de 1.800 curas atenden 3.850 parroquias galegas

05/11/2018 10:19:03

Menos de 1.800 curas atenden 3.850 parroquias galegas

A situación agrávase co feito de que a metade teñen 65 anos ou máis e a terceira parte non están adscritos a comunidades parroquiais

A situación da Igrexa galega sofre un grave problema para atender a comunidade católica debido ao descenso constante de vocacións ao longo das últimas catro décadas, que está causando un acusado descenso no número de sacerdotes, así como a conseguinte elevación da idade media, que xera un considerable avellentamento do clero. ler máis

O asociacionismo galego da emigración esmorece por falta de remuda

  • 3
15/10/2018 10:46:58

O asociacionismo galego da emigración esmorece por falta de remuda

O Centro Galego de Bos Aires chegou a contar con 120.000 socios e os da Habana, México ou a Irmandade Galega de Caracas sumaban decenas de miles cada un nos tempos de esplendor a mediados do pasado século

A tradición emigrante española e nomeadamente a galega a América e Europa fixo xurdir colectividades de paisanos na diáspora cos máis variados motivos. O éxodo maioritario tivo lugar entre o último cuarto do século XIX e o último do XX. Ata finais dos anos cincuenta pasados o destino practicamente único era América Latina: Cuba, A Arxentina, Uruguai e Chile, nos primeiros tempos, para ir virando cara o Brasil, Venezuela e México a partir dos últimos anos trinta. Nesa época e xa en números máis humildes, tamén recibiron emigrantes países como os Estados Unidos ou Panamá. De xeito anecdótico houbo presenza da inmigración española na práctica totalidade dos países de América. ler máis

Galicia ten encorados 1.952 hmᶟ de auga, case un 40% máis ca hai un ano por estas datas, a pesar de dous meses sen chuvia

28/09/2018 14:37:53

Galicia ten encorados 1.952 hmᶟ de auga, case un 40% máis ca hai un ano por estas datas, a pesar de dous meses sen chuvia

O Bao e Belesar están entre as dez presas españolas que perderon maior cantidade de líquido almacenado na última semana

A comunidade autónoma de Galicia ten almacenados nestes momentos 1.952 hmᶟ de auga nos 35 encoros de maior capacidade espallados polo seu territorio. Iso significa un 60,62% do total posible, situado en 3.220 hmᶟ, cota respectable por si mesma, pero aínda máis importante comparada ca existente o ano pasado pola mesma data en 1.522 hmᶟ, cincocentos hmᶟ menos e algo máis de trece puntos porcentuais. As cifras actuais a nivel autonómico compadécense moito máis coa media da última década nesta mesma semana, situada en 29.852 hmᶟ e un 53,54% da capacidade total. ler máis

Manuela Soto, a aspirante a pianista e violinista que triunfou como cantante

24/09/2018 12:25:23

Manuela Soto, a aspirante a pianista e violinista que triunfou como cantante

A pesar de levar tantos anos fóra, Manuela Soto sigue vencellada a Galicia persoal e profesionalmente

Manuela Soto Nicolás é profesora da prestixiosa Escola Superior de Música de Stuttgart, denominada oficialmente Staatliche Hochschule für Musik und Darstellende Kunst, na que ela mesma se formou anos antes. Conta tamén cunha exitosa carreira como soprano especializada en lied, na que foi recoñecida en numerosos certames internacionais, entre os que destaca o Concurso Internacional de Canto Alfredo Kraus, instituído e financiado polo irrepetible tenor canario, do que a propia Soto recibiu ensinanzas. ler máis

Eslovenia, espello para a apicultura galega

10/09/2018 13:46:01

Eslovenia, espello para a apicultura galega

O país eslavo é un perfecto espello para a apicultura galega, xa que ten un alto nivel de desenvolvemento e explotación que vai máis alá da colleita de mel, nalgunhas explotacións  constitúe a principal achega económica

Eslovenia é un pequeno país eslavo, integrante da antiga Iugoslavia, da que se separou en 1991, despois dun breve e incruento enfrontamento de dez días coas forzas dominantes serbias. Pertence á Unión Europea, á moeda única e á OCDE. A súa superficie é de pouco máis de 21 mil quilómetros cadrados que está habitada por unha poboación de dous millóns de persoas. Rodeada de Austria polo norte, por Hungría polo nordeste, Italia e o Adriático polo oeste e por Croacia polo sur e o leste, asómase ao Adriático con apenas 40 quilómetros de costa. ler máis

Vinte e seis anos despois da visita de Fidel, a casa natal de seu pai en Láncara converterase no segundo museo da emigración galega

12/07/2018 13:47:46

Vinte e seis anos despois da visita de Fidel, a casa natal de seu pai en Láncara converterase no segundo museo da emigración galega

Ao abeiro daquela visita e a notoriedade adquirida pola casa natal do líder cubano, construirase o anunciado museo da diáspora

Vinte e seis anos despois da visita do presidente cubano Fidel Castro a Láncara, a casa natal do seu pai será destinada a museo da emigración galega. Será o segundo centro destas características dedicado a recoller e plasmar o mundo da diáspora, despois do que está promovendo a Deputación de Ourense no pazo de Vilamarín, baixo a coordinación do historiador escritor e avogado Manuel Carrete, catalán de nacemento, pero descendente de galegos e moi vencellado a Galicia. Moi implicado na defensa do galego e da cultura galega en Cataluña, foi presidente do Centro Galego de Barcelona. ler máis

Galicia encara o verán cos encoros por enriba do 86,5% da súa capacidade

12/07/2018 13:21:14

Galicia encara o verán cos encoros por enriba do 86,5% da súa capacidade

A pesar das elevadas temperaturas da última semana, a cantidade de auga encorada aumentou en 18 hm³ e situouse en 2.791 hm³

Aínda que os termómetros deron un estirón considerable na comunidade autónoma de Galicia nos últimos dez días, facendo honra da época do ano na que estamos e para entrar no verán con temperaturas acordes, os encoros galegos seguen incrementando os seus niveis de auga encorada. Os últimos datos oficiais recollidos indican que a auga almacenada ascende a 2.791 hm³, 18 máis ca unha semana antes, co cal acadan o 86,68% da súa capacidade, situada en 3.220 hm³. ler máis

Rajoy, sexto presidente da democracia contemporánea e cuarto por tempo de permanencia no cargo

  • 3
11/06/2018 12:52:37

Rajoy, sexto presidente da democracia contemporánea e cuarto por tempo de permanencia no cargo

Ocupou a presidencia durante seis anos, seis meses e dez días. O que máis tempo gobernou foi Felipe González, con 13 anos e medio; o que menos, Calvo Sotelo, que só gobernou durante 21 meses

Mariano Rajoy foi o sexto presidente do Goberno na España democrática dende a liquidación do franquismo, ocupando o cargo durante seis anos, seis meses e dez días, dende o 21 de decembro de 2011 ata o 1 de xuño pasado, despois de que trunfara a moción de censura presentada polo PSOE contra el, sendo a primeira que desaloxa a un presidente de Goberno, xa que as tres anteriores fracasaron. ler máis

O Deportivo disputará na próxima campaña a súa cuadraxésima temporada na segunda división

  • 2,6666666666667
28/05/2018 12:25:11

O Deportivo disputará na próxima campaña a súa cuadraxésima temporada na segunda división

Militou 45 temporadas en primeira, fronte ás 52 do Celta, o eterno rival, aínda que conta cun palmarés máis brillante ca o club vigués

Despois do descenso consumado oficialmente a pasada semana, o Real Club Deportivo da Coruña disputará a próxima temporada na segunda división do fútbol español, que fará a número cuarenta do club coruñés nesta categoría dende o ano 1929, cando se iniciou a competición ligueira oficial tal como se coñece agora. A perda do dereito a xogar na división de honra é un duro golpe para a entidade e tamén para os seus afeccionados, que han de asumir a perda da condición de equipo da elite no que acadou épocas de gloria no seu pasado recente. Máis, cando o eterno rival, o Celta de Vigo, permanece na primeira división, ainda que tampoco fixera a sua temporada máis brillante. ler máis

Só catro mulleres tiveron dedicado un Día das Letras Galegas en 56 edicións

  • 3
18/05/2018 12:32:59

Só catro mulleres tiveron dedicado un Día das Letras Galegas en 56 edicións

A última en ter un ano propio foi María Mariño, escritora noiesa asentada no Courel na súa madurez,   homenaxeada en 2007

Do total dos distinguidos, 16 naceron na provincia da Coruña, 14 en Lugo, 12 en Pontevedra e 11 en Ourense

En 2018 celébrase a 56 edición do Día das Letras, dende que en 1963 a Real Academia decidiu honrar cada ano a memoria dunha persoa que se distinguise pola súa aportación ao universo literario galego e a súa fala. O primeiro nome foi o da gran Rosalía de Castro, aproveitando que naquel ano se conmemoraba o centenario da edición de 'Cantares galegos'. A idea callou a partir dunha proposta levada ante a xunta xeral da institución polos académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. Entendían que a feliz efeméride da saída á luz do primeiro exemplar de 'Cantares galegos' constituía un fito o suficientemente relevante para ser conmemorado, dado que “veu darlle prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”. Por tal razón, entendían que a Real Academia “debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data dunha celebración anual”. Engadían que o mellor xeito de conseguir o obxectivo desexado sería acordar que se declarase “Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano a partir do presente”. ler máis

A irregularidade atmosférica ameaza por segundo ano consecutivo a colleita de mel galego

  • 3
03/05/2018 13:37:52

A irregularidade atmosférica ameaza por segundo ano consecutivo a colleita de mel galego

O frío e a chuvia atrasan e reducen a floración e as posibilidades de recollida de pole

As irregularidades atmosféricas durante o final do inverno e o principio da primavera están poñendo en risco a próxima colleita de mel en Galicia, posibilidade que, se se confirma, resultaría catastrófica para a apicultura galega, segundo os produtores, pois sumaríase á tamén deficitaria do ano pasado. A campaña do 2017 viuse moi afectada pola forte seca que sufriu todo o país dende os meses de inverno, as altas temperaturas de marzo e abril e as xeadas que se rexistraron nos últimos días dese mesmo mes, que acabaron coa flor que quedaba no monte e nas terras de labor. ler máis

García Palmés, un heroe anónimo na historia dos galegos da emigración a ultramar

  • 3
30/04/2018 13:41:13

García Palmés, un heroe anónimo na  historia dos galegos da emigración a ultramar

Setenta e cinco anos de intensa vida no Brasil

Hai unhas semanas transcendeu a nova do pasamento de Antonio Garcia Palmés na súa casa de Manaos, capital do Estado do Amazonas. Tiña 90 anos e levaba no Brasil tres cuartos de século, dende que partira de Vigo cando apenas fixera os 15 anos. Nas últimas décadas apenas se deixou ver pola súa terra natal, aínda que viaxou varias veces a outras localidades do mediterráneo español. A razón do aparente desapego da Costa da Morte, onde nacera, era, segundo propia confesión, a ausencia de argumentos de peso para desprazarse ata alí. Os seus pais faleceran e tamén os seus tíos, mentres que os seus dous irmáns viviron ao seu carón no Brasil ata a súa morte. Polo demais, a súa vida foi o suficientemente dura, dicía, como para non sentir nostalxia do pasado. ler máis

Os ríos galegos rexistraron nos anos 1696, 1844 e 2000 as maiores subidas pola chuvia

  • 3
13/04/2018 12:54:00

Os ríos galegos rexistraron nos anos 1696, 1844 e 2000 as maiores subidas pola chuvia

En 1959 os veciños da zona baixa do barrio ourensán do Couto, á beira do Miño, subiron ao alto do Seminario pola psicose derivada da catástrofe de Ribadelago

A forte cantidade de chuvia caída dende os primeiros do presente ano sobre o territorio galego acabou coa grave seca que sufría a comunidade autónoma e mesmo empeza a pesar a idea de que sobra  auga, aínda que non é a peor das situacións históricas sufridas, se ben destaca polo forte contraste rexistrado nun corto período de tempo. Os encoros están a día de hoxe ao 82,42 hm³, quince puntos porcentuais por enriba da cantidade acumulada na mesma data do pasado ano. O tres de decembro último, o caudal do Miño estaba un 90% por baixo da súa media. ler máis

Ourense ten o 43,5% das reservas de auga encorada en toda Galicia

  • 3
02/04/2018 13:15:59

Ourense ten o 43,5% das reservas de auga encorada en toda Galicia

Cuadriplica as existencias da provincia da Coruña e triplica as de Pontevedra a pesar de estar ao 70% da súa capacidade de almacenamento

A provincia de Ourense conta co 43,5% da auga encorada en toda a comunidade galega despois da última chuvia. Esta cantidade case cuadriplica as existencias rexistradas na provincia da Coruña e triplica as de Pontevedra. Con todo, a capacidade de almacenamento dos encoros da provincia de Ourense están aínda por baixo do 71% do seu aforo potencial máximo. ler máis