| Superficie: |
241,6 km² |
| Población: |
1.732 habitantes |
| Parroquias: |
Barcia (San Miguel)
,
Cabanela (Santa María)
,
Castañedo (Santiago)
,
Folgueiras (Santa Eufemia)
,
Freixís(San Pedro)
,
Galegos (Santiago)
,
Moia (Santiago)
,
Mosteiro (San Salvador)
,
Muñís (San Xosé)
,
Penamil (Santiago)
,
Pin (Santa María)
,
Proba de Navia, A (Santa María Madanela)
,
Queizán (Santiago)
,
Rao (Santa María)
,
Ribeira, A (Santo Estevo)
,
Ribón (Santa Mariña)
,
Son (Santa María)
,
Vallo (Santa Mariña)
,
Vilarpandín (Santo Estevo)
|
O municipio de Navia de Suarna está situado na parte setentrional da Serra dos Ancares. A parte noroccidental do concello limita coas provincias de Asturias e León.
Nesta paisaxe de montaña, as terrras de Navia forman un precioso val regado polo río Navia e circundado por montañas. As máximas alturas localízanse nas estribacións da Serra dos Ancares, onde destacan: o porto dos Ancares (1374m) e o Monte Tesón (1239m).
O clima encádrase no dominio oceánico de montaña, con baixas temperaturas (9 graos de temperatura media anual) e abundantes precipitacións (1800 mm).