Superficie: 119,6 km²
Población: 2.274 habitantes
Parroquias: Aranga (San Paio)Cambás (San Pedro)Feás (San Pedro)Muniferral (San Cristovo)San Vicente de Fervenzas (San Vicente)Vilarraso (San Lourenzo)

O concello de Aranga está situado no extremo oriental da provincia da Coruña; ten unha extensión de 119,6 quilómetros cadrados e está dividido en seis parroquias. Limita ao norte co municipio de Monfero, dividido pola Serra do Raño; ao noroeste co concello de Irixoa e ao oeste cos municipios de Coirós e Oza dos Ríos; ao leste o Cordel de Montouto sepárao do concello de Guitiriz, mentres que polo sur limita con Curtis. Aranga presenta numerosos accidentes xeográficos entre os que destacan os montes de Corda, Pena Ferreira, Raño, Gato, Salgueiro e Pico de Vales, de 693 metros de altura. O val que lle serve de cunca ao río Mandeo cruza o municipio de norte a sur.