Accede á Enciclopedia Galega Universal desde este enlace e rexístrate. Terás acceso LIBRE e GRATUÍTO durante un mes a todos os recursos da EGU, poderás navegar en toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá s buscar partindo de entradas en portugués, castelán ou inglés.
O Atlas mundial Galego Online é un proxecto do Servizo de Normalización Lingüistica que se desenvolve a través dun convenio entre a consellería de Innovación e Industria e a Compañía da Radio-Televisión de Galicia. O seu obxectivo fundamental é a estandarización dos nomes xeográficos en galego a través dunha proposta de formas únicas útiles para os medios de comunicación, o ensino e a sociedade en xeral. Para contactar cos autores para calquera dúbida ou suxestión pode escribir a: atlas@crtvg.es
Deep Blue sea Coa intención de conseguir melloras para os enfermos de alzhéimer, a doutora Susan McAlester altera a capacidade cerebral dunhas quenllas, que se volven violentas.
Tras a presenza continuada de quenllas (ou orcos, pirañas, etc.) durante a década dos 80 e a excepción dalgunha película que aproveitou o éxito de "The Abyss", para meter o espectador no fondo do mar con algún mostro dun ou doutro tipo, xa pasaban varios anos sen que chegase ás pantallas "unha de quenllas". Renny Harlin, director finés que conta na súa carreira con éxitos como a segunda parte de "A xungla de cristal", volve retomar o asunto das quenllas asasinas que, insufladas dun novo e sumo intelecto, vingaranse con feroz e encarnizada violencia dos seus atemorizados coidadores, presentándoos con incontables efectos que ornamentan as numerosas e arrepiantes secuencias de acción. A animación por ordenador permitiu que os animais puidesen realizar accións que hai uns anos eran imposibles de amosar. Este remuíño é narrado con moi bo pulso por parte de Harlin, especialista neste tipo de produtos. O resultado final é un enérxico, claustrofóbico e efectivo thriller de ciencia-ficción, cheo de ...
Zona Champions
A Champions, na TVG e en www.crtvg.es
A "Zona Champions" volve deixar hoxe na Galega unha nova e definitiva rolda do mellor fútbol da Liga de Champions, coa celebración dos partidos de volta que completan os oitavos de final da Champions League, dos que a Galega ofrecerá en directo o Barcelona - Stuttgart (20.45h); namentres que pola noite (00.45h) o programa da "Zona Champions" será dunha hora para ofrecer un resumo amplo doutro encontro da xornada, Girondins de Bordeos Olympiacos, amais das xogadas máis espectaculares do partido do Barcelona vivido en directo.
O encontro que ofrece en exclusiva a Galega, coas narracións de Gustavo Varela, Luís Timiraos e do adestrador Fernando Vázquez, será decisivo para saber se o Barcelona pode seguir aspirando a renovar o título de campión, despois do axustado resultado do partido de ida, e baixo a mirada atenta do seu rival máis próximo na Liga española, o Real Madrid, que vén de quitarlle o liderado. Aínda así, o Barcelona segue a ter en Messi, o "pichichi" da Liga, con 108 remates e 1.776 minutos xogados, ...
Revista de información e entretemento que aborda asuntos da sociedade e da actualidade galega, con participación activa dos oíntes.
A Tarde é un programa revista de información e entretemento en que se abordan asuntos de sociedade vinculados á actualidade galega e en que se propicia a participación activa dos oíntes. O espazo conta cun destacado grupo de colaboradores entre os que se encontran, entre outros, Uxía Blanco, Iago Tabarés, Víctor Vázquez Portomeñe, Luís González Tosar, Nacho Mirás, Perfecto Conde, Xabier Macías, Amelia González, María Xosé Porteiro, Ana Miranda, Miguel Anxo Bastos, Maite Cancelo, Xulia Guntín e Guadi Galego.
O equipo do programa, dirixido por Miguel Túñez, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, está integrado por Victoria Rodríguez, Sevi Martínez, Cristina García e Rocío Pereira. Da produción encárgase Maca Reimúndez e do control técnico Chus Silva.