Sonny, Lambert i el cas de la cua de Guineu
Título orixinal: Solan, Ludvig og Gurin med reverompa
Nacionalidade: Noruega.
Ano de produción: 1998.
Xénero: animación.
Dirección: John M. Jacobsen e Nille Tystad.
Produción: John M. Jacobsen.
Guión: John M. Jacobsen e Nille Tystad.
Música: Kjetil Bjerkestrand.
Reparto:  
Sinopse: Garí é un trasno simpático que vive nun pobo frío e xeado do norte de Noruega. Como castigo por comer sen permiso os biscoitos do Nadal que preparaba a cociñeira da granxa, médralle un enorme rabo de raposo. A nova espallouse axiña e Garí convertiuse no centro das falcatrúas de todo o mundo. Triste e preocupado, o trasno intenta quitala, pero non o consegue de ningún xeito.
Na cidade un grupo de mulleres compiten tódolos anos por ver quén ten a bufanda de rabo de raposo máis grande. É entón cando unha delas, a viúva de Nansen-Cansen, se entera da existencia deste pequeno trasno. Decide contrata-los servicios de Sonni para que atope o trasno do rabo de raposo e llo leve ó carniceiro. En lugar de acepta-lo encargo, Sonny e Lambert, o seu axudante, saen na súa procura para salvalo das gadoupas crueis da viúva e do seu administrador, o maxistrado Miram-Bell.

Clasificada: todos os públicos.
www.nfi.no/nf99/gurin.htm
Cines onde se proxecta

  Pechar