Compañía de Radio-Televisió de Galicia
21:44 h.
Hoxe na TVG
Foto de Na punta do pé (21:44 h.) na TVG
Na punta do pé
Espazo que achega aos espectadores toda a realidade do ambiente festeiro característico do verán galego
22:21 h.
Hoxe na TVG
Foto de Padre Casares (22:21 h.) na TVG
Padre Casares
A vida dun cura moderno en Louredo.
A parroquia de Santo Antonio de Louredo prepárase para festexar ao grande esta festa. Porén a mostra de disfraces nesta vila costeira causará máis que un motivo de diversión, un novo sobresalto para algún dos seus habitantes: Don Crisanto, o "vello pastor" da igrexa, sofre un ataque de ansiedade por culpa da comparsa que o Concello, con Delmiro á cabeza, preparou para o Entroido deste ano. Pero, á marxe desta circunstancia e mentres Don Horacio coida dun Don Crisanto que non deixa de recibir sustos debido á súa relixiosidade extrema, emerxen os problemas sentimentais: Maite pensa que Iria renunciou ao amor tras o seu fracaso sentimental con Ernesto.
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
Cámaras web de Galicia
Pontevedra
Cámara web fixa situada no monte Tomba. Ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Lérez. Albiscamos a Ponte do Burgo e a Ponte Nova, que permiten a conexión entre as dúas beiras do río. A imaxe anóvase cada trinta segundos.