Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Conta a lenda que unha princesa soñou construír a cidade máis fermosa do mundo. Así comeza a orixe de Praga, que visita hoxe o equipo de "Galegos no mundo". Chámana a cidade das 100 torres pola cantidade de cúpulas e miradoiros que destacan sobre os seus tellados. Para moitos é unha das capitais máis fermosas de Europa Central, despois de todo, ten o maior conxunto declarado Patrimonio da Humanidade. Nada máis e nada menos que 900 hectáreas de rúas, prazas e xardíns que parecen escenarios dun conto, pero onde a vida é real, o ambiente animado e a xente cordial.

O equipo do programa visitará a cidade acompañado de seis galegos que se estableceron en Praga, internándose nas súas vidas e motivacións, como o caso de Anxo, un estudante de Erasmus de Vilaboa, que amosará o lugar onde se inventou un dos tipos de cervexa máis consumidos na actualidade, Pilsen; e David, natural de Vilagarcía de Arousa, que non ten présa por abandonar a cidade porque é onde coñeceu a súa ...
23:15 h.
Hoxe na TVG
Foto de Vai pola sombra (23:15 h.) na TVG
Vai pola sombra
Programa de humor
O humor próximo, chegado das rúas para presentarse en vivo, da man do grupo de artistas de Novo Circo "Pista Catro", axudará unha semana máis aos espectadores da Televisión de Galicia a "ir pola sombra". Na edición desta noite, os artistas cambian de papel para disfrazarse de médicos e aterrar en Vigo, onde porán a proba o sentido do humor dos viandantes.

Entre as escenas cómicas que achegará hoxe o programa "Vai pola sombra", os telespectadores tamén poderán gozar cos momentos e cámaras ocultas máis divertidas da historia da TVG e con actuacións en que o humor e a música se dan a man.
Como cada xoves, o espazo contará tamén cunha mestura de seccións humorísticas para ofrecer maior dinamismo e diversión, entre as que se encontra "Vai pola sombra en Ardebullo", unha divertida escolma dos sketchs en que son protagonistas as personaxes desta aldea ficticia, nada do humor da parella "Mucha e Nucha".

Ademais, na sección "O teu ...
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
Cámaras web de Galicia
Verín
Cámara web con movemento de 360º situada no Parador Nacional. Ofrece imaxes do Val de Monterrei e da vila de Verín.