Compañía de Radio-Televisió de Galicia
21:46 h.
Hoxe na TVG
Foto de Land Róber (21:46 h.) na TVG
Land Róber
Roberto Vilar presenta este espazo de humor onde fai unha revisión semanal dos principais temas de actualidade da TVG e da Internet.
Roberto Vilar sentará esta noite no sofá de "Land Róber" o cantante e sobre todo home de espectáculo, moi coñecido pola audiencia galega, King África. O artista someterase ás preguntas do presentador e colaboradores e participará nas probas e retos que lle propoñan. O escenario encherase de enxeño e ilusión coa participación do monologuista e actor, Luís Piedrahita coñecido pola súa participación en programas de televisión doutras canles nacionais.

Tampouco se esquecerá esta noite da música que virá da man de Sés, unha nova banda galega de rock da produtora AiraPro que elixiu "Land Róber" para presentar o seu novo proxecto musical. Nesta estrea, o grupo estará acompañado polos seus padriños Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán.

Ricardo tamén virá esta noite para contar as experiencia e aventuras que lle ocorreron durante a semana e unha nova historia sucederá no apartamento peculiar de "Land Róber". ...
Publicidade
00:08 h.
Hoxe na TVG
Foto de Cine noite fin de semana (00:08 h.) na TVG
Cine noite fin de semana
Desafío finall, de Ted Kotcheff
Desafío final
09:05 h.
Hoxe na RG
Somos quen (09:05 h.) na Radio Galega
Somos quen
Actualidade, recordo, diversión, ensimesmamento, desvergoña e seriedade son os ingredientes do programa que dirixe M. X. Rodríguez.
Somos quen é unha declaración de intencións. Os sábados e domingos, o equipo comandado por María Xosé Rodríguez manteranos polo menos cun pé no chan en contacto coa actualidade. Todo isto sen esquecer o bo humor e que na fin de semana estamos en tempo de relax, onde é posible calquera sorpresa. No programa teñen cabida a actualidade, o recordo, a diversión, o ensimesmamento, a desvergoña, a seriedade... Un equipo plural e desinhibido capaz de reflectir as mil caras da realidade. Somos quen, e vai quedar demostrado, palabra.
television á carta
TIPO:

PROGRAMAS DESTACADOS

Humor
LAND RÓBER
Roberto Vilar presenta este espazo de humor onde fai unha revisión semanal dos principais temas de actualidade da TVG e da Internet.
(Cap. 20)
Esta noite "Land Róber" contará coa visita da actriz Mariana Carballal, a presentadora Patricia Pérez, un rostro coñecido pola audiencia galega, por ter participado en varios programas e galas da Televisión de Galicia. Na actualidade presenta o espazo de corazón da fin de semana "Vuélveme loca", en Telecinco. Ademais Roberto Vilar tamén será quen de sentar no seu sofá a cantante Annie B. Sweet, unha moza cantautora de Málaga que escribe as súas letras principalmente en inglés e ofrece un estilo suave e melancólico, empapándose de influencias da música acústica, folk e indie pop.

Como cada semana unha nova entrega da comedia de situación, onde seguro os espectadores escacharán coa risa, a visita ao estudio de gravación de Ricardo e moita diversión e entretemento para toda a familia durante o tempo de "Land Róber".
(Cap. 20)
Esta noite "Land Róber" contará coa visita da actriz Mariana Carballal, a presentadora Patricia Pérez, un rostro coñecido pola audiencia galega, por ter participado en varios programas e galas da Tel...
 06/03/2010 - 21:51 h. 

Ver máis vídeos


Musicais
LUAR
Programa musical que presenta X. Ramón Gayoso onde a música galega é protagonista, ademais de contar ca-da semana con convidados de fóra.
Esta noite o programa "Luar" recibe a un dos presentadores máis destacados cando a Televisión de Galicia comezaba a súa andaina, Pepe Domingo Castaño. O presentador e locutor radiofónico regresa por unhas semanas á TVG para compartir escenario e tarefas de presentador con Xosé Ramón Gayoso. Para festexar e compartir este regreso, o programa musical da Galega ofrecerá coma sempre a mellor música e moito humor.

No apartado musical "Luar" contará coas actuacións de Francisco, o cantante valenciano regresa a Galicia cun novo traballo discográfico "Grandes canciones italianas", un disco en que fai versións actualizadas de grandes artistas italianos como Jimmy Fontana, Domenico Modugno, Nicola di Bari ou Emilio Pericoli, entre outros. O cantautor Emilio José tamén compartirá esta noite, cos espectadores da Televisión de Galicia, algúns dos seus temas de sempre.

Un venres máis, os espectadores da TVG poderán gozar da música galega que nesta ocasión virá da man de A Roda, Luar na Lubre que cantará o tema que gravou xunto á cantante malagueña, Diana Navarro e a Banda de música de Vilatuxe. Tamén poderán participar no concurso da adiviña do programa, que esta semana conta cun bote de 10.000 euros.
Esta noite o programa "Luar" recibe a un dos presentadores máis destacados cando a Televisión de Galicia comezaba a súa andaina, Pepe Domingo Castaño. O presentador e locutor radiofónico regresa por unhas ...
 05/03/2010 - 21:50 h. 

Ver máis vídeos


Series
MATALOBOS
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
(Cap. 32)
Empurrado polas circunstancias adversas, e despois de que os homes de Adriana queimasen as súas planadoras, o clan dos Matalobos ten que apostar pola renovación se quere sobrevivir, o cal supón tomar decisións arriscadas. Así, Carmelo vese na obriga de entrar no negocio do haxix, pero non como antes como simple transportista, senón que agora, aliado a Xulio Barreiro como novo provedor, pretende facerse cun negocio de compravenda e mercar a carga antes de transportala para despois revenderlla ao dono orixinal, xa no lugar do destino. Pero Barreiro pon como condición un aval e o único ben dos Matalobos capaz de facerlle fronte é a conserveira da familia. Coa garda civil pisándolle os talóns, o xefe dos Matalobos terá que atopar un método de transporte que pase inadvertido.

Noutros escenarios, os cambios non se limitan aos negocios de Carmelo, xa que as últimas traxedias relacionadas co consumo de droga axitan os cimentos da Sardiñeira, onde algúns veciños, asesorados pola avogada Sara Campos, constitúen unha asociación , "Nais da Sardiñeira contra a droga", disposta a enfrontarse aos todopoderosos narcotraficantes.

Pero os problemas máis serios dos Matalobos proveñen da súa casa, xa que a reaparición de Bárbara na vida de Carmelo se converte nunha declaración de guerra porque está decidida a pelexar no divorcio por todas e cada unha das posesións da súa antiga familia.

(Cap. 32)
Empurrado polas circunstancias adversas, e despois de que os homes de Adriana queimasen as súas planadoras, o clan dos Matalobos ten que apostar pola renovación se quere sobrevivir, o cal supón tomar decisi&oacut...
 09/03/2010 - 22:39 h. 

Ver máis vídeos