Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión ...
Foto de Segredo no fondo do mar () na TVG
Segredo no fondo do mar
Miniserie francesa de suspense
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
television á carta
TIPO:

Culturais

MADE IN GALICIA
Serie documental que mostra o reto que supón para os inmigrantes a aprendizaxe dun oficio vinculado á tradición galega.
O programa "Made in Galicia" despídese esta noite da programación da Televisión de Galicia coa historia de Antón e Abdoulaye, un senegalés que aprenderá nun pequeno obradoiro de Ferrol a fabricar unha gaita de xeito artesanal.

Nesta última entrega especial o son da gaita galega fusionarase cos ritmos máis tradicionais do Senegal. Para iso, o espectador viaxará ata Ferrol, onde Antón ten o seu obradoiro de instrumentos musicais que recibirá a visita de Abdoulaye, un senegalés que dirixe un locutorio na localidade pontevedresa de Vilanova.

Pola súa parte, Antón leva moito tempo fabricando e tocando a gaita e Abdoulaye tocaba no Senegal o jembé. A pesar das diferenzas entre ambos os dous instrumentos e co bo facer dos dous convidados, esta noite os espectadores da TVG comprobarán que a música galega e a senegalesa poden ir da man.
O programa "Made in Galicia" despídese esta noite da programación da Televisión de Galicia coa historia de Antón e Abdoulaye, un senegalés que aprenderá nun pequeno obradoiro de...
 07/12/2009 - 21:34 h. 
Sedas e liños mestúranse nunha historia de sensibilidade e de paixón polo bo facer de dúas mulleres, unha procedente do Xapón e outra de Galicia, onde se atopan. O país do afastado Oriente aprecia os tecidos como os que se utilizan para elaborar os fermosos quimonos, mentres que en Galicia non temos a tradición da seda pero si a do liño, unha fibra da que somos un dos primeiros produtores mundiais, xa que quedan moi poucos teares tradicionais que continúen a traballar e aínda menos que se atopen nun enclave tan espectacular como o Castelo de Vimianzo.

Precisamente desde este castelo Carmen vai abrir as portas do seu taller a Minako, que imparte clases de xaponés na Coruña. Así, a nova aprendiz vai descubrir outro tacto moi distinto ao da seda e que supón un proceso completo do fiado e tecido do liño, e recordarase como antigamente se facía esta tarefa coa colaboración de toda a vila...
Sedas e liños mestúranse nunha historia de sensibilidade e de paixón polo bo facer de dúas mulleres, unha procedente do Xapón e outra de Galicia, onde se atopan. O país do afastado Oriente aprecia os tecidos ...
 30/11/2009 - 21:40 h. 
Na historia nova que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que ven como se cruzan as súas vidas e se produce un encontro máxico de intercambio cultural son Antonio e Lidiko, el un cesteiro galego disposto a aprenderlle a unha violinista húngara como se traballa coas mans e como é outro son, o das cordas. Pero no oficio de cesteiro, como ben lle indicará o seu mestre Antonio, tamén hai que estar pendente da trama e de que o vimbio non seque.

Pola súa parte, Lidiko vai poder valorar un oficio que conta coa súa propia rúa en Vigo, un lugar onde podemos atopar algunhas das poucas tendas especializadas que aínda quedan. Unha actividade tan cotiá como asistir ao mercado sería impensable tempo atrás sen unha boa cesta, uns elementos que están tan presentes na vida doméstica que poucas veces reparamos neles e que hoxe o artesán lle vai poder transmitir con toda a súa sabedoría á sensibilidade dunha violinista.
Na historia nova que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que ven como se cruzan as súas vidas e se produce un encontro máxico de intercambio cultural son Antonio e Lidiko, el un cesteiro galego dis...
 23/11/2009 - 21:43 h. 
Na nova historia que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que ven como se cruzan as súas vidas e se produce un encontro máxico de intercambio cultural son Tomás e Paula. Cando Paula vivía no Uruguai era ceramista, pero dende que reside na Coruña dirixe unha escola de masaxes. Agora o programa ofrécelle a oportunidade de coñecer o oficio de oleiro, que ten elementos comúns coa súa antiga profesión e mesmo coa actual. No seu camiño vaise cruzar Tomás, oleiro de Sober, quen lle explicará cales son as diferenzas formais das súas pezas con respecto ás que podemos ver noutros puntos do país.

Aínda que modelar pode parecer un oficio sinxelo, o certo é que a aprendiz Paula vai ter que estar moi atenta ás explicacións do seu mestre, porque o torno non deixa de xirar e xirar...

No programa, inmigrantes de todo o mundo, asentados en Galicia, aprenden dun artesán un oficio tradicional galego, nun intercambio cultural en que o mestre ofrece ao emigrante, no só as claves do seu oficio, senón tamén unha mostra das raíces galegas. O inmigrante, a cambio, achégalle a súa perspectiva sobre Galicia e sobre os galegos; as peripecias para chegar ata a nosa comunidade e para integrarse nela, así como os recordos do seu país de orixe.
Na nova historia que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que ven como se cruzan as súas vidas e se produce un encontro máxico de intercambio cultural son Tomás e Paula. Cando Paula viv&iacut...
 16/11/2009 - 21:39 h. 
Javier e Efrat
Na nova historia que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que verán como se cruzan as súas vidas son Javier e Efrat, que no punto de encontro que terán hoxe conectarán os seus respectivos saberes. Así, Efrat, unha israelí que vive no Burgo, quedará sorprendida cando aprenda de Javier o proceso de elaboración da sella galega, que, aínda que perdeu a súa utilidade orixinaria, na actualidade converteuse nun elemento decorativo propio das casas rurais.

Efrat vai descubrir a vida da madeira mentres observa de preto a forma cónica destes contedores de auga que agocha fórmulas matemáticas que aínda sorprenden a moitos enxeñeiros; e mentres isto ocorre, o seu mestre, Javier, un verdadeiro defensor dos oficios tradicionais, afondará na cultura israelí.
Javier e Efrat
Na nova historia que presenta "Made in Galicia" os protagonistas que verán como se cruzan as súas vidas son Javier e Efrat, que no punto de encontro que terán hoxe conectarán os seus respectivos...
 09/11/2009 - 21:37 h. 
Xulio e Eduardo
O programa "Made in Galicia" cambia de día de emisión e pasa a emitirse os luns á noite, ás 21.30 horas. Nesta entrega amosaralles aos espectadores da TVG como era a vida dos afiadores; un oficio estreitamente unido ao folclore de Galicia. Hoxe, o aprendiz procede de Venezuela; e o mestre dunha pequena vila de Ourense, Esgos.

Eduardo, un venezolano que traballa como xastre en Ourense, terá a oportunidade de coñecer moi de preto o oficio de afiador; un traballo moi unido ao folclore galego e, en particular, ás terras ourensás.

Aínda hoxe, é doado escoitar polas nosas rúas o asubío dos afiadores, na busca de fíos que restaurar. Coitelos, tesoiras... séguenas afiando como antes, aínda que a maioría cambiou os antigos carros e bicicletas por motos ou furgonetas.

Xulio é un dos últimos afiadores tradicionais que quedan no noso país. Para coñecelo, Eduardo, o aprendiz desta semana, desprazarase ata a localidade de Esgos. Para o xastre venezolano a tesoira é unha ferramenta básica; Xulio aprenderalle o afiado máis correcto, propio só dos afiadores artesáns.
Xulio e Eduardo
O programa "Made in Galicia" cambia de día de emisión e pasa a emitirse os luns á noite, ás 21.30 horas. Nesta entrega amosaralles aos espectadores da TVG como era a vida dos afiadores; un ofi...
 02/11/2009 - 21:36 h. 
Manolo e Vadzim

Unha nova historia feita "Made in Galicia" amósalle esta noite ao espectador como é posible que se poidan cruzar vidas tan distintas, como son as que hoxe se presentan, da man de Manolo e Vadzim. Vadzim é un acordeonista da Bielorrusia que vive na cidade de Lugo dende hai seis anos, e que, grazas a Manolo De Riotorto, ao norte da provincia, vai aprender o oficio de ferreiro.
O máis abraiante deste impacto cultural é a sutileza coa que se produce, pois as mans do noso aprendiz están acostumadas ao tacto suave do seu acordeón, pero, en contraste, deberá adaptarse, aínda que sexa por unhas horas, á dureza dun traballo ben distinto como é o do ferreiro.
O programa supón un intercambio cultural en que inmigrantes asentados en Galicia aprenden dun artesán un oficio tradicional galego, ao mesmo tempo que achegan a súa perspectiva sobre como ven eles esta terra de acollida e os galegos.
Manolo e Vadzim

Unha nova historia feita "Made in Galicia" amósalle esta noite ao espectador como é posible que se poidan cruzar vidas tan distintas, como son as que hoxe se presentan, da man de Manolo e Vadzim. Vadzim ...
 27/10/2009 - 21:37 h. 
Daniel e Mohamed
Unha nova historia feita "Made In Galicia" amósalle esta noite ao espectador como se poden cruzar vidas tan distintas, como son a dun inmigrante asentado en Galicia e a dun galego que amosa as súas raíces a través dun oficio tradicional. A partir de aquí, o intercambio de culturas é un feito natural. Tal é o caso da historia que se conta hoxe, entre Daniel e Mohamed. Na Guarda (Pontevedra), Daniel Alonso ensínalle todo o que sabe de cantería a Mohamed, un marroquí de Tánxer que vive en Compostela, é fotógrafo e ten un bar.

No intercambio cultural que se produce entre os dous, Mohamed vai levar moitas sorpresas respecto a como se imaxina o traballo de canteiro, que cre unha tarefa propia dun home forte, maior e rudo; pero neste encontro con Daniel, o marroquí rachará con algúns tópicos ao descubrir que se trata dun mozo pero con moita preparación e que a cantería segue a ser un oficio vivo.
Daniel e Mohamed
Unha nova historia feita "Made In Galicia" amósalle esta noite ao espectador como se poden cruzar vidas tan distintas, como son a dun inmigrante asentado en Galicia e a dun galego que amosa as súas ra&iacut...
 20/10/2009 - 21:39 h. 
Mª José e Pamela
"Made in Galicia", o programa documental que achega a realidade galega a inmigrantes residentes na nosa comunidade, contará esta noite a relación de María José e Pamela. Nesta ocasión, María José, unha mariscadora de Cambados, será a encargada de aprenderlle a Pamela, unha muller canadense que leva un ano residindo en Malpica, como se extrae o marisco.

Ademais de extraer marisco, Pamela poderá comprobar a dureza da vida das mariscadoras, un traballo que ela non coñecía, xa que exerce como profesora de inglés e nunca antes vira de cerca esta actividade. A canadense poderá comprobar que se trata dunha profesión que non ten días libres, nin tan sequera cando vai frío e hai temporal.
Mª José e Pamela
"Made in Galicia", o programa documental que achega a realidade galega a inmigrantes residentes na nosa comunidade, contará esta noite a relación de María José e Pamela. Nesta oc...
 13/10/2009 - 21:38 h. 
Clemente e Anil
"Made in Galicia", contará esta noite a historia de Clemente e Anil que entrecruzan as súas vidas compartindo tarefas e intercambiando pareceres. Anil é un indio que vive na Coruña hai trece anos, onde traballa como cociñeiro nun restaurante da súa propiedade, pero agora ten a oportunidade tamén de coñecer outro oficio, o de muiñeiro, da man de Clemente, nun muíño de Cangas.
No programa, inmigrantes de todo o mundo, asentados en Galicia, aprenden dun artesán un oficio tradicional galego, nun intercambio cultural en que o mestre ofrece ao emigrante, non só as claves do seu oficio, senón tamén unha mostra das raíces galegas. O inmigrante, a cambio, achégalle a súa perspectiva sobre Galicia e sobre os galegos; as peripecias para chegar ata a nosa comunidade e para integrarse nela, así como os recordos do seu país de orixe.
Clemente e Anil
"Made in Galicia", contará esta noite a historia de Clemente e Anil que entrecruzan as súas vidas compartindo tarefas e intercambiando pareceres. Anil é un indio que vive na Coruña hai trece an...
 06/10/2009 - 21:37 h. 
Abel e Ion
Esta semana, o programa "Made in Galicia" achégalle ao espectador o oficio de zoqueiro, unha arte galega tradicional que, a diferenza doutros traballos antigos, parece gozar dun futuro prometedor. Porque aínda que as zocas caeron en desuso nas últimas décadas, son uns dos obxectos preferidos polos turistas, para levarse como recordo da nosa terra.

Abel e Ion é o título desta terceira entrega de Made in Galicia. Nesta capítulo coñeceremos a Abel Losada un zoqueiro que ten o seu obradoiro en Guitiriz (Lugo), e que recibirá a visita dun orixinal aprendiz: Ion Stan, un economista romanés metido a taxista e residente en Santiago.

Na familia de Abel houbo moitos zoqueiros; el representa xa a sexta xeración dun oficio herdado de pais a fillos. O artesán leva traballando a madeira desde os 12 anos e tamén exerceu de taxista e muiñeiro. Pola súa parte, Ion leva seis anos en Galicia e séntese moi cómodo na nosa terra, da que coñece xa ata o idioma. Sen embargo, o seu paso por "Made in Galicia" serviralle, entre outras cousas, para ampliar o seu vocabulario. Entre outros termos do argot, Ion aprenderá ata tres maneiras de nomear en galego o bidueiro, árbore da que se fan as zocas máis tradicionais.
Abel e Ion
Esta semana, o programa "Made in Galicia" achégalle ao espectador o oficio de zoqueiro, unha arte galega tradicional que, a diferenza doutros traballos antigos, parece gozar dun futuro prometedor. Porque aínda qu...
 29/09/2009 - 21:39 h. 
O trinta e Andrés
Andrés, como a historia de moitos retornados, é un brasileiro descendente de galegos que volveu a Galicia para buscar a vida e que logrou montar, grazas a un pequeno crédito, un negocio de paellas a domicilio que ten en Vigo e tamén logrou patentar o invento "tortipizza". Hoxe, grazas ao espazo "Made in Galicia", na súa vida crúzase a doutro galego, de alcume O Trinta do Rosal , que compartirá con el os segredos mellor gardados do vello oficio artesanal de facer tellas.
No programa, inmigrantes de todo o mundo, asentados en Galicia, aprenden dun artesán un oficio tradicional galego, nun intercambio cultural en que o mestre ofrece ao emigrante, non só as claves do seu oficio, senón tamén unha mostra das raíces galegas. O inmigrante, a cambio, achégalle a súa perspectiva sobre Galicia e sobre os galegos; as peripecias para chegar ata a nosa comunidade e para integrarse nela, así como os recordos do seu país de orixe.
O trinta e Andrés
Andrés, como a historia de moitos retornados, é un brasileiro descendente de galegos que volveu a Galicia para buscar a vida e que logrou montar, grazas a un pequeno crédito, un negocio de paellas a do...
 22/09/2009 - 21:41 h. 
Lupe e Antonina
 15/09/2009 - 21:39 h.