Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión ...
Foto de Segredo no fondo do mar () na TVG
Segredo no fondo do mar
Miniserie francesa de suspense
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
television á carta
TIPO:

Series

MATALOBOS
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
(Cap. 48 e último)
Carmelo Matalobos vai conseguindo desfacerse dos seus inimigos e impón unha orde nova na Sardiñeira, feita á súa medida, antes de despedirse. A serie que emite a Galega os martes á noite, que conseguiu no penúltimo capítulo un novo récord de audiencia desta temporada (21,8% e 226.000 espectadores de media), ofrece hoxe o seu último capítulo.

Despois do asasinato de Bardanca e Malpica, xefes cos clans rivais, Carmelo logrou eliminar a case toda a competencia, aínda que debe render contas ante Adriana Calderón e os seus. Esta xogada converte a Matalobos na única organización coa infraestrutura necesaria para dar continuidade ao negocio e por tal motivo Adriana acepta volver poñer en marcha as descargas de cocaína, pero esixindo novas garantías. Aínda que no cuartel sufriron un golpe duro coa excarceración de Carmelo e a fuga de Diego, a garda civil non está disposta a permitir que os Matalobos volvan facer o que queiran e Marcos quere facer pagar á súa familia polo asasinato do pai.
(Cap. 48 e último)
Carmelo Matalobos vai conseguindo desfacerse dos seus inimigos e impón unha orde nova na Sardiñeira, feita á súa medida, antes de despedirse. A serie que emite a Galega os martes á noite...
 29/06/2010 - 22:55 h. 
(Cap. 47)
Na Sardiñeira, o atentado contra Diego Dourado colle por sorpresa a Garda Civil, xa que despois de que a súa declaración permitise a absolución de Carmelo, as contas do sicario co seu antigo xefe parecían saldadas. A liberación sorprendente de Carmelo vai facer que os medios de comunicación sinalen a xuíza Olaia Mosteiro como a responsable da absolución do narcotraficante máis importante da zona. Pero Marcos, o pequeno dos Matalobos, non está disposto a renderse e a súa disposición a abrir liñas novas de investigación lévano a seguir un dos segredos mellor gardados da familia: o pai, Álvaro Matalobos, era un confidente da fiscalía.

Namentres, liberado de todos os cargos que pesaban contra el, Carmelo volve á casa para agardar xunto a Bárbara o nacemento de seu fillo e, aínda que prometeu manterse á marxe dos vellos negocios, non pode deixalo sen antes liquidar algúns asuntos pendentes. Amais, a volta á Sardiñeira de Adriana Calderón ameaza con abrir feridas vellas e outras novas...
(Cap. 47)
Na Sardiñeira, o atentado contra Diego Dourado colle por sorpresa a Garda Civil, xa que despois de que a súa declaración permitise a absolución de Carmelo, as contas do sicario co seu antigo xefe parecí...
 22/06/2010 - 22:35 h. 
(Cap. 46)
Despois de pasar varios meses en prisión preventiva, quen ata agora era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñeira está a piques de sentar no banco dos acusados para que ocorra o que todos agardan, que caia todo o peso da lei sobre el. Pero a familia de Carmelo Matalobos únese para facer fronte a esta situación, tan crítica, que a avogada Belén non é capaz de comprender os motivos que levaron a xuíza Mosterio e a fiscalía a pechar un sumario con poucas probas, polo que sospeita que gardan algún ás na manga. Namentres, a Garda Civil intenta asegurarse de que as influencias dos Matalobos non torpedeen o proceso contra o xefe.

Pero o negocio da droga non ten por costume facer descansos, e a última xogada de Carmelo antes de ser prendido, secuestrar o irmán de don Manuel, desequilibrou a balanza de poder, así que os colombianos, inquedos pola situación, envían a Bastida, o seu representante en España, para negociar con quen manexa o destino dos Matalobos en ausencia de Carmelo, nin máis nin menos que a matriarca do clan, dona Carme.
(Cap. 46)
Despois de pasar varios meses en prisión preventiva, quen ata agora era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñeira está a piques de sentar no banco dos acusados para que ocorra o que todos agardan, que caia...
 15/06/2010 - 22:15 h. 
(Cap. 45)
Descubrir a verdadeira historia de Álvaro Matalobos, este é o temor do xefe dos Matalobos, que ve como a investigación de Sara e Marcos sobre a morte do patriarca segue achegándose aos verdadeiros culpables e obriga a que Carmelo se poña tamén a investigar á súa maneira. Namentres, a elección de Diego como chibo expiatorio das culpas dos Matalobos comeza a ter consecuencias pois a xuíza Mosteiro só estaría disposta a negociar unha presa, Carmelo Matalobos; o xefe do clan atópase nunha posición complicada para a súa organización, pois o colombiano Héctor Macías estaría disposto a deixalo volver ao negocio da coca, a cambio dun prezo ben alto: a cabeza de Adriana Calderón.
(Cap. 45)
Descubrir a verdadeira historia de Álvaro Matalobos, este é o temor do xefe dos Matalobos, que ve como a investigación de Sara e Marcos sobre a morte do patriarca segue achegándose aos verdadeiros culpables e ...
 09/06/2010 - 22:30 h. 
(Cap. 44)
O pasado turbulento dos Matalobos volve baixo a ameaza de destrución, a partir da investigación sobre o asasinato de D. Álvaro, o patriarca do clan, que Marcos e Sara están a realizar e que é seguida moi preto por Carmelo, a través dos micros instalados na casa da avogada. Enfrontado como está ao pasado máis escuro da súa familia, Carmelo tamén ten que lidar co futuro e coidar de Bárbara forma parte do prezo que o narcotraficante está disposto a pagar por estar ao carón do seu herdeiro. Amais, o maior problema ao que se enfronta o clan dirixido por Carmelo é a detención dos seus homes máis importantes, Diego Dourado e Zico Gonçalves, polo que a avogada nova dos Matalobos, Belén, ten claro que a única salvación posible pasa polo sacrificio dun deles para asumir todos os cargos e librar o outro.

Pero tampouco o presente sorrí aos Matalobos, xa que o acoso da garda civil obriga a Carmelo a tomar certas precaucións, como trasladar a Xibraltar unha boa parte do seu capital.
(Cap. 44)
O pasado turbulento dos Matalobos volve baixo a ameaza de destrución, a partir da investigación sobre o asasinato de D. Álvaro, o patriarca do clan, que Marcos e Sara están a realizar e que é seguida mo...
 01/06/2010 - 22:40 h. 
O clan dos Matalobos encóntrase nun momento comprometido do que agardan saír con un encargo de primeira orde para a súa avogada, Belén: unha acusación de asasinato pende sobre as cabezas dos homes máis importantes de Carmelo, Zico e Diego, así que terá que lidar, amais de coas probas que está a reunir a garda civil, co temor dos sicarios a ser elixidos para pagar a maragota no nome de toda a familia. Doutro lado, aínda que Sara quere pasar páxina e esquecer a Carmelo, o pasado faise notar outra vez cando un mensaxeiro se presenta no despacho con unha carta desconcertante, xa que o remitente é o defunto pai, Arturo Campos, e o seu contido porá a Sara Campos e a Marcos Matalobos tras as pegadas dalgúns dos segredos mellor gardados das súa familias.

Respecto da outra familia da Sardiñeira, a pesar dos esforzos dos Viaño para saír adiante, a vida na casa familiar resulta cada vez máis complicada, pois, aos problemas das drogas de Vanesa, engádense os derivados do novo emprego de Pepe como operario de limpeza.
O clan dos Matalobos encóntrase nun momento comprometido do que agardan saír con un encargo de primeira orde para a súa avogada, Belén: unha acusación de asasinato pende sobre as cabezas dos homes máis import...
 25/05/2010 - 22:41 h. 
(Cap. 42)
Como fichas de dominó dispostas nun gran taboleiro, así é a posición que ocupan os clans do narcotráfico na vila da Sardiñeira, nun xogo complicado de efectos en cadea, motivo polo cal non pode ser máis inoportuna a investigación de asuntos internos sobre os métodos pouco ortodoxos da cabo Seijas, agora que a garda civil sabe onde e cando ten que golpear os Matalobos, un traballo que podería non servir de nada se queda invalidada toda a información obtida pola axente. Aínda así, as primeiras detencións realizadas fan saltar as alarmas entre os Matalobos, pois algúns dos camelos poderían identificalos para recibir un trato favorable da Xustiza.

Namentres, na casa dos Matalobos a vida transcorre con aparente normalidade, e o regreso de Bárbara para recibir os coidados necesarios durante o embarazo fai que Dona Carme reviva vellos fantasmas ao descubrir que a nora mantén algún dos seus costumes antigos. Por outra parte, a relación entre Claudia e Lois chegou a un punto morto, despois das ameazas de Carmelo, pero Claudia decidirá que, por fin, xa é hora de tomar decisións pola súa conta.
(Cap. 42)
Como fichas de dominó dispostas nun gran taboleiro, así é a posición que ocupan os clans do narcotráfico na vila da Sardiñeira, nun xogo complicado de efectos en cadea, motivo ...
 18/05/2010 - 22:39 h. 
(Cap. 41)
Sempre hai unha luz ao final do túnel e Carmelo sempre está disposto a perseguila, porque por moitas dificultades que teña, a capacidade do xefe dos Matalobos para saír adiante parece non ter fin. Un dos asuntos máis complicados para o clan é saber protexer os seus segredos e non deixar cabos soltos, como sucede con Xabi Valiño, vello coñecido tanto da garda civil coma dos Matalobos, desesperado por conseguir diñeiro para a súa próxima dose, que está disposto a pasar información sobre o clan á cabo Seijas. Perseguido polos narcotraficantes e ignorado polas autoridades, Xabi Valiño deposita todas as súas esperanzas na cabo e ignora que a credibilidade de Seijas non pasa polo seu mellor momento, xa que asuntos internos, por recomendación do capitán Matalobos, comeza unha investigación sobre ela, así que o futuro da axente no corpo é cada vez máis incerto.

Pero para Carmelo o máis importante neste momento é manter a seguridade do clan, grazas a que cos micrófonos instalados na casa de Sara Campos pode adiantarse aos pasos da garda civil e dálle tempo a desmontar a súa rede de tráfico de haxix sen consecuencias graves. En canto ao persoal, o divorcio dos Matalobos está a punto de deixar de ser un problema, con Belén, a avogada de Bárbara, xogando ao seu favor.

(Cap. 41)
Sempre hai unha luz ao final do túnel e Carmelo sempre está disposto a perseguila, porque por moitas dificultades que teña, a capacidade do xefe dos Matalobos para saír adiante parece non ter fin. Un dos asunt...
 11/05/2010 - 22:41 h. 
(Cap. 40)

O pazo dos Matalobos é unha polvoreira a piques de estalar, xa que namentres a matriarca dona Carme insiste en manter as confesións indiscretas con don Gabriel, o párroco confesor, lonxe dos oídos do fillo Carmelo, Claudia desafiará a autoridade familiar ao empeñarse en seguir avanzando na súa relación con Lois. Para Marcos Matalobos tamén aparecerán no interior do cuartel desafíos novos, xa que a cabo Seijas non está disposta a acatar a súa orde directa para apartarse de todos os asuntos relacionados co narcotráfico e volverá poñer a garda civil sobre os pasos do clan Matalobos para desmantelar as descargas de haxix na Sardiñeira. Para a xuíza Mosteiro esta é unha acción prioritaria e non está disposta a desaproveitar a oportunidade tan só porque Marcos sospeite que Seijas poida estar sendo manipulada polos seus confidentes.

Pero a peor parte desta historia levaraa a familia Viaño, xa que Pepe e Lola enviaron a filla a Ourense para intentar apartala do mundo da droga, sen imaxinar que Vanesa ten os seus propios plans.
(Cap. 40)

O pazo dos Matalobos é unha polvoreira a piques de estalar, xa que namentres a matriarca dona Carme insiste en manter as confesións indiscretas con don Gabriel, o párroco confesor, lonxe dos oídos do f...
 04/05/2010 - 22:40 h. 
(Cap. 39)
Non todo o que ocorre na Sardiñeira é o que parece, para empezar por Carmelo e o seu divorcio, que está a alongar máis do agardado e ante isto a primeira sorprendida polo cambio de estratexia do seu defendido é Sara: o que ata ese momento eran trabas constantes e asuntos innegociables, de súpeto convértese en concesións e mostras de cariño cara a Bárbara, a dona. Pero onde tamén andan con suspicacias é no cuartel da garda civil, pois a probada efectividade de Eva Seijas, que acumula unha cantidade sospeitosa de incautacións de cocaína, fai desconfiar o capitán Matalobos, que fará todo o posible para forzar a Seijas a revelar a identidade do seu confidente. Amais, como a culpa e a fe adoitan ir ligadas e pesa máis a conciencia dos que queren salvarse, dona Carme desexa facelo e acudirá a don Gabriel, o seu párroco, para purgar a súa alma e limpar os pecados, aínda que hai crimes que nin os confesores están dispostos a perdoar.

Noutras escenas da Sardiñeira, Vanesa, a filla dos Viaño, segue a camiñar cara ao abismo, ou, o que é o mesmo, cara aos Matalobos, a pesar dos esforzos dos pais para axudala a superar as súas adicións, levándoa ao Proxecto Home.
(Cap. 39)
Non todo o que ocorre na Sardiñeira é o que parece, para empezar por Carmelo e o seu divorcio, que está a alongar máis do agardado e ante isto a primeira sorprendida polo cambio de estratexia do seu defendido ...
 27/04/2010 - 22:43 h. 
(Cap. 38) Segredo de confesión
Carmelo volve triunfar. Con Rafael morto e a súa familia voando cara a Guatemala, os problemas do narcotraficante parecen quedar resoltos, aínda que para a garda civil seguir as pegadas daquela familia é unha prioridade; pero o xefe dos Matalobos ten abertas outras frontes e agora vai ser a propia nai a encargada de complicarlle a vida ao fillo, a partir dun segredo de confesión ao que se verá sometido o párroco da Sardiñeira, Don Gabriel, que comprobará que a relixiosidade da matriarca do clan non ten nada que ver coa crueldade da que é capaz e que os pecados de dona Carme son tamén os do fillo. Pero a confianza de Carmelo e da nai respecto a que don Gabriel manteña o segredo de confesión é moi distinta.

Doutro lado, na casa dos Viaño chegou o momento de abrir os ollos e de enfrontar os problemas, pois o descubrimento de que Vanesa lle roubou cartos a Tino para comprar cocaína obriga a Pepe e a Lola a recoñecer que a filla é unha adicta e que teñen que axudala, aínda que parece unha tarefa difícil para unha persoa que se nega a aceptar os seus problemas. Doutro lado, ser avogada dos Matalobos podería ser considerada unha profesión de risco, pois o último que podería esperar Sara era converterse en vítima dun roubo por parte dun drogadicto desesperado por conseguir cartos...
(Cap. 38) Segredo de confesión
Carmelo volve triunfar. Con Rafael morto e a súa familia voando cara a Guatemala, os problemas do narcotraficante parecen quedar resoltos, aínda que para a garda civil seguir as pegadas daquela f...
 20/04/2010 - 22:38 h. 
(Cap. 37)
Rafael converteuse nun problema para Carmelo Matalobos e por iso, despois do seu intento de suicidio, o ex garda civil ten que escapar do hospital para evitar que os sicarios do narcotraficante acaben con el. Cos homes dos Matalobos e a garda civil pisándolle os talóns, o antigo sarxento sabe que a súa única opción é volverse invisible; pero Carmelo sabe como premelo tendo no seu poder a Paula, a muller. En canto aos seus asuntos persoais, o divorcio de Carmelo pon á familia patas enriba, pois o xefe dos Matalobos sorprende a todos incluíndo no acordo unha cláusula de última hora: o fillo que espera deberá criarse na Sardiñeira.

Doutra parte, desde que vendeu o taller a un conglomerado empresarial, Pedro vese obrigado a encargarse de algúns traballos que noutro tempo tivera rexeitado, así que cando ve a potencia e a gran cantidade de motores que entran pola porta do seu taller fai que o home de Sara comece a sospeitar que cometeu un grande erro. Namentres, de portas cara á fóra, a familia Viaño, grazas á valentía de Lola á fronte da asociación, converteuse no símbolo da loita social e implacable contra a droga, pero no interior da casa veranse na obriga de librar unha batalla moito máis íntima e persoal para salvar a filla.
(Cap. 37)
Rafael converteuse nun problema para Carmelo Matalobos e por iso, despois do seu intento de suicidio, o ex garda civil ten que escapar do hospital para evitar que os sicarios do narcotraficante acaben con el. Cos homes dos Matalobos e a ...
 13/04/2010 - 22:39 h. 
A presión de dona Carme sobre o seu fillo Carmelo en proceso de divorcio e a cada vez maior forza das nais da Sardiñeira para combater o narcotráfico asfixia a vida do clan dos Matalobos, máis triunfante que nunca ao ver como o xefe dos Veloso podería ter que humillarse fronte a Carmelo para entrar no negocio do haxix. As constantes intromisións de dona Carme na vida do fillo obrigan a Carmelo a confesarlle que Bárbara está embarazada e a concluír que a prioridade da familia é conseguir que esa criatura medre baixo o seu coidado. Pero para Carmelo Matalobos hai outra preocupación importante, xa que a nova asociación das nais da Sardiñeira contra a droga, formada na súa maioría por empregadas da conserveira, comeza a ter máis repercusión da que os seus negocios poden permitirse; sendo como é unha Matalobos, Claudia verase obrigada a elixir entre os intereses das súas traballadoras e os da súa familia.

Coa garda civil controlando cada movemento dos Matalobos e coa unidade vixiando a casa de Rafael as vinte e catro horas do día, o plan para sacar o antigo sarxento e a súa familia de España pode resultar demasiado complexo...
A presión de dona Carme sobre o seu fillo Carmelo en proceso de divorcio e a cada vez maior forza das nais da Sardiñeira para combater o narcotráfico asfixia a vida do clan dos Matalobos, máis triunfante que nunca ao ver c...
 06/04/2010 - 22:39 h. 
(Cap. 35)
A situación para os mafiosos da Sardiñeira complícase polo crecente rebumbio das protestas veciñais contra a droga. As incautacións sucesivas sufridas polos homes de Adriana debilitan a posición da colombiana, que amais se ve ameazada pola chegada do home de confianza de don Manuel. Pola contra, a caída da colombiana coincide co recoñecemento que obtén Carmelo dos empresarios da vila; pero este vento en popa para os negocios dos Matalobos pode verse frustrado pola posible declaración de Rafael, o antigo garda civil, en contra de Carmelo, cando é trasladado a un cárcere fóra de Galicia, polo que Carmelo intentará impedir un posible pacto de Rafael coa xuíza Olaia Mosteiro confiándolle este asunto tan delicado a Zico Gonçalves.

Namentres, Lola, unida a outras nais da Sardiñeira, e coa axuda de Pedro, o home de Sara Campos, comeza a súa guerra particular contra o narcotráfico...
(Cap. 35)
A situación para os mafiosos da Sardiñeira complícase polo crecente rebumbio das protestas veciñais contra a droga. As incautacións sucesivas sufridas polos homes de Adriana debilitan a posición ...
 30/03/2010 - 22:42 h. 
(Cap. 34)
N/A
 23/03/2010 - 22:38 h. 
(Cap. 33)
Despois de transcorrer tres meses, os "aires de cambios" son máis que evidentes na vida da Sardiñeira, onde os Matalobos conseguen crear unha estrutura sólida e fiable dedicada ao tráfico de haxix, cun novo sistema de transporte que facilita pasar inadvertido para a garda civil; namentres que a benemérita consegue éxitos noutro campo, polo acoso constante aos clans dedicados ao tráfico de cocaína, que están a pasar o seu peor momento. Precisamente as gabanzas e o recoñecemento para o cuartel coinciden coa chegada do novo tenente ao posto da Sardiñeira, Rubén Carbia, que quere colgar esta medalla.

Ao mesmo tempo, a prexudicada principal polos éxitos da garda civil é Adriana Calderón, que comeza a pensar que hai un infiltrado entre os seus homes e arríscase a pedirlle axuda a Diego, a man dereita de Carmelo.

Pero cando máis se reforza a posición de Carmelo, ve como os focos volven apuntar ao clan cando se fai pública a noticia da liberación de Zico Gonçalves, antigo número 2 do clan, feito que volve provocar un clamor entre a poboación, máis disposta ca nunca a alzar a súa voz contra a droga.
(Cap. 33)
Despois de transcorrer tres meses, os "aires de cambios" son máis que evidentes na vida da Sardiñeira, onde os Matalobos conseguen crear unha estrutura sólida e fiable dedicada ao tráfico de haxix, c...
 16/03/2010 - 22:38 h. 
(Cap. 32)
Empurrado polas circunstancias adversas, e despois de que os homes de Adriana queimasen as súas planadoras, o clan dos Matalobos ten que apostar pola renovación se quere sobrevivir, o cal supón tomar decisións arriscadas. Así, Carmelo vese na obriga de entrar no negocio do haxix, pero non como antes como simple transportista, senón que agora, aliado a Xulio Barreiro como novo provedor, pretende facerse cun negocio de compravenda e mercar a carga antes de transportala para despois revenderlla ao dono orixinal, xa no lugar do destino. Pero Barreiro pon como condición un aval e o único ben dos Matalobos capaz de facerlle fronte é a conserveira da familia. Coa garda civil pisándolle os talóns, o xefe dos Matalobos terá que atopar un método de transporte que pase inadvertido.

Noutros escenarios, os cambios non se limitan aos negocios de Carmelo, xa que as últimas traxedias relacionadas co consumo de droga axitan os cimentos da Sardiñeira, onde algúns veciños, asesorados pola avogada Sara Campos, constitúen unha asociación , "Nais da Sardiñeira contra a droga", disposta a enfrontarse aos todopoderosos narcotraficantes.

Pero os problemas máis serios dos Matalobos proveñen da súa casa, xa que a reaparición de Bárbara na vida de Carmelo se converte nunha declaración de guerra porque está decidida a pelexar no divorcio por todas e cada unha das posesións da súa antiga familia.

(Cap. 32)
Empurrado polas circunstancias adversas, e despois de que os homes de Adriana queimasen as súas planadoras, o clan dos Matalobos ten que apostar pola renovación se quere sobrevivir, o cal supón tomar decisi&oacut...
 09/03/2010 - 22:39 h. 
(Cap. 31)
A crise pola que atravesa o clan dos Matalobos, despois da morte do fillo Iván e da ruptura definitiva co clan colombiano liderado por Adriana, leva a quen ata hai pouco era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñeira a unha situación moi complicada, sen cartos e sen poder contar coa fidelidade dos seus homes. Esta situación desesperada leva a Carmelo a buscar unha alternativa ao negocio, reuníndose co representante en España do cártel dos Balboa, unha organización colombiana que rivaliza coa de Adriana Calderón e que se converte nunha prioridade para el. Namentres, Diego Dourado, o seu lugartenente, moito máis realista que o xefe, proponlle outra alternativa: entrar no negocio do haxix.

Pero mentres isto sucede, a Sardiñeira esperta con sabor a traxedia, xa que unha partida de cocaína adulterada fai estragos entre os máis novos e a benemérita ponse en marcha para buscar os responsables da súa distribución; sen embargo, os gardas civís non son os únicos que andan detrás dos seus pasos, xa que os homes de Carmelo tamén lles seguen as pegadas...
(Cap. 31)
A crise pola que atravesa o clan dos Matalobos, despois da morte do fillo Iván e da ruptura definitiva co clan colombiano liderado por Adriana, leva a quen ata hai pouco era o narcotraficante máis poderoso da Sardiñe...
 02/03/2010 - 22:35 h. 
(Cap. 30)
Novos horizontes, pero ao mesmo tempo novas preocupacións caen sobre a familia máis poderosa da Sardiñeira, os Matalobos, que ven como se debilita a súa forza interna. A tráxica morte do fillo de Carmelo, Iván, provoca a ruptura de todo tipo de tratos entre este e a xefa do clan colombiano, Adriana. O clan dos Matalobos está illado e necesita de novos provedores para poder saír adiante, se ben Carmelo pensa que antes de abrir novas vías de negocio hai que afianzar a posición da familia, que ve como se rompen os seus vínculos e vai ser a matriarca, dona Carme, quen saiba como restablecer a orde, actuando con dureza e castigando os traidores.

Amais, Santiago Táboas é un home marcado en toda a Sardiñeira, que sabe que o tenente é o autor do disparo que terminou coa vida de Iván Matalobos, o que o fai estar no punto de mira dos mafiosos; pero non soamente existe esta ameaza, senón que dentro da propia fiscalía hai quen quere anotarse un tanto para acabar coa carreira do axente da Benemérita e a investigación interna podería materializarse nunha acusación de homicidio imprudente...
(Cap. 30)
Novos horizontes, pero ao mesmo tempo novas preocupacións caen sobre a familia máis poderosa da Sardiñeira, os Matalobos, que ven como se debilita a súa forza interna. A tráxica morte do fillo de Carmel...
 23/02/2010 - 22:41 h. 
(Cap. 29)
A consternación inunda a familia do clan dos Matalobos, pois despois dun longo secuestro, unha bala perdida procedente da pistola do tenente Táboas acaba coa vida de Iván, o fillo de Carmelo. Este capítulo deixará ver o lado máis humano dun Carmelo Matalobos posto ao límite e para o cal a dor, o odio e a desesperación se converterán no motor das súas accións, facendo que a Garda Civil se vexa obrigada a estremar as precaucións. Namentres, a vinganza do narcotraficante non se deixa esperar e é cuestión de tempo que se faga público quen foi o autor do disparo. Agora é a vida do tenente a que corre perigo e, aínda que Marcos e Olaia están dispostos a facer todo o posible para protexelo, a actitude de Táboas non fai máis que poñelo en perigo.

Doutro lado, as relacións entre os socios do consorcio fan que sexa imposible seguir adiante cos seus negocios, e, despois de non ter recibido o apoio de ningún doutros clans, Carmelo está decidido a rachar con todo.
(Cap. 29)
A consternación inunda a familia do clan dos Matalobos, pois despois dun longo secuestro, unha bala perdida procedente da pistola do tenente Táboas acaba coa vida de Iván, o fillo de Carmelo. Este capítulo dei...
 16/02/2010 - 22:37 h. 
(Cap. 28)
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
(Cap. 28)
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén q...
 09/02/2010 - 22:30 h. 
(Cap. 27)
O escenario para o clan dos Matalobos parece ir mellorando e vese unha luz ao final do túnel, xa que o xefe Carmelo está convencido de que a mellor maneira de axudar a seu fillo é contraatacar, xa que o diñeiro conseguido tras eliminar a Xosé Louro, o confidente da Fiscalía, é insuficiente para cubrir a débeda con Adriana. Pero non todos os membros da familia están de acordo co novo escenario nin opinan igual, e a mesma Dona Carme está decidida a encargarse persoalmente de algúns asuntos que afectan á súa familia porque ninguén quere unha guerra aberta contra os colombianos. Amais, a evolución do secuestro de Iván abriu varias gretas entre os membros do que era o clan máis poderoso da Sardiñeira: Claudia, a irmá de Carmelo, comeza a dubidar da capacidade da familia para solucionar a crise, e a súa cuñada Bárbara Juve, superada polos acontecementos, intentará atopar solucións alternativas ás que propón o seu home.

Pola súa parte, na casa dos Viaño xa a penas se agochan segredos, xa que, levados polos acontecementos, pai e filla confésanse unha parte importante das súas respectivas relacións cos Matalobos, aínda que quedan algunhas historias por contar. Namentres, agora que Pepe por fin se recuperou das súas lesións, Carmelo non deixará pasar a oportunidade de interesarse polo antigo empregado do pai.
(Cap. 27)
O escenario para o clan dos Matalobos parece ir mellorando e vese unha luz ao final do túnel, xa que o xefe Carmelo está convencido de que a mellor maneira de axudar a seu fillo é contraatacar, xa que o diñeir...
 02/02/2010 - 22:27 h. 
(Cap. 26)
Os asuntos dos Matalobos non van demasiado ben pois os esforzos de Carmelo para reunir o diñeiro do rescate de Iván debilitaron a posición do clan e xa se correu o rumor pola Sardiñeira de que non teñen un "can" nin futuro; amais, a fidelidade dos homes de Carmelo está en dúbida, xa que Pincho decatouse de que algúns dos seus decidiron pasarse ao clan dos Veloso. Todo isto vén porque o secuestro de Iván Matalobos está alongándose máis do previsto, convertido agora nunha carreira de fondo, coa Garda Civil estreitando o cerco sobre os secuestradores, polo que Adriana Calderón e os seus homes veranse obrigados a ter máis cautela se queren manter o fillo de Carmelo no seu poder.

Pola súa parte, Sara Campos deberá buscar unha solución á súa situación sentimental en medio de todos os problemas derivados da desaparición do pai. O seu home, alleo ás dúbidas da súa muller e canso de que Carmelo se meta nas súas vidas, ofrecerá ao Matalobos unha maneira de saldar a débeda que herdaron de Arturo....
(Cap. 26)
Os asuntos dos Matalobos non van demasiado ben pois os esforzos de Carmelo para reunir o diñeiro do rescate de Iván debilitaron a posición do clan e xa se correu o rumor pola Sardiñeira de que non teñen...
 26/01/2010 - 22:40 h. 
(Cap. 25)
Na ficción televisiva que se desenvolve na Sardiñeira, a investigación sobre o paradoiro de Arturo Campos avanza, xa que por fin aparece o seu coche e a Garda Civil busca nel pegadas que expliquen o sucedido. Namentres, Adriana e os clans da vila proxectan unha nova operación, aínda que esta vez deixando a un lado o clan de Carmelo, que ve como o futuro de seu fillo, Iván, e con el o de toda a familia, pende dun fío. Así, Bárbara, a nai, perde os nervios e busca consolo no alcol e na cocaína; amais, a conta atrás imposta por Adriana Calderón obriga a Carmelo a mover ceo e terra para intentar reunir o millón de euros que necesita para salvar a vida do fillo. As dificultades chegan ao extremo de ter que recorrer a un vello socio que se dedica ao préstamo de diñeiro.

Pero o pagamento do rescate non é o único problema ao que ten que ter facer fronte o narcotraficante, xa que a xuíza Olaia Mosteiro está á espera do máis mínimo erro do xefe dos Matalobos para acabar co seu negocio....
(Cap. 25)
Na ficción televisiva que se desenvolve na Sardiñeira, a investigación sobre o paradoiro de Arturo Campos avanza, xa que por fin aparece o seu coche e a Garda Civil busca nel pegadas que expliquen o sucedido. Namentr...
 19/01/2010 - 22:29 h. 
(Cap. 24) Que foi de Arturo Campos e do diñeiro? Ninguén na Sardiñeira sospeita que Diego Dourado asasinou o avogado. Carmelo Matalobos e Adriana Calderón son inimigos mortais, pero ambos os dous atópanse, sen sabelo, subidos no mesmo barco. Os dous buscan o traidor nunha historia nada clara; e de quen resolva o misterio antes dependerá a vida de Iván, o benxamín do clan máis famoso da Sardiñeira. Ninguén se fía de ninguén estes días na cidade máis perigosa da TVG, nesta nova entrega da segunda temporada de "Matalobos".

Pepe Viaño, unha das fichas clave nesta historia, segue hospitalizado e a súa vida corre perigo. A Garda Civil observa ao seu redor, á espera de calquera pista sobre o acontecido. Mentres tanto, a situación de Iván é cada vez máis precaria. Golpeado e sen apenas moral, o mozo atópase á mercé dos seus raptores. O seu futuro é cada vez máis incerto e esgótase a conta atrás iniciada por Adriana Calderón.

Ademais, o clan dos Matalobos empeza a cambalearse: Bárbara confía máis na Garda Civil que en seu home para recuperar a seu fillo; e Claudia empeza a sentir máis simpatía polas que ela considera vítimas de seu irmán, que polo seu propio sangue.
(Cap. 24) Que foi de Arturo Campos e do diñeiro? Ninguén na Sardiñeira sospeita que Diego Dourado asasinou o avogado. Carmelo Matalobos e Adriana Calderón son inimigos mortais, pero ambos os dous atópanse, sen sabel...
 12/01/2010 - 22:25 h. 
(Cap. 23) As novas historias da segunda temporada da serie policial "Matalobos", moi agardadas polo público, chegan á TVG este noite, cando se poderá coñecer por fin o desenlace do secuestro de Iván Matalobos, o fillo de Carmelo, o home máis poderoso e perigoso da Sardiñeira. Desde o remate da primeira temporada, o 29 de xuño pasado, moitas son as historias que quedaron no aire nesta vila de ficción en que se desenvolve esta serie policial: unha pistola apuntando a cabeza de Adriana Calderón, a xefa dos narcotraficantes colombianos; outra á de Iván Matalobos; unha chamada telefónica, o son dun disparo e un fundido en negro....aí remataba o capítulo 22, que foi seguido por 364.000 galegos, 215.000 deles case sen pestanexar.

Algunhas das incógnitas que o público poderá ir desvelando na segunda temporada que arranca esta noite xiran arredor de Marcos Matalobos, capitán da U.C.O. e irmán de Carmelo, que está decidido a abandonar a Sardiñeira; unha Claudia Matalobos máis disposta que nunca a facerlles fronte aos negocios nada lícitos da súa familia; unha Bárbara Juve que se debate entre o amor e o odio máis visceral por seu home; saber se entre Sara e Marcos existe aínda algo e ata onde chega a ambición da xuíza Olaia Mosteiro.
Como punto de partida desta segunda temporada, no capítulo 23 de hoxe coñeceremos a magnitude da traizón de Diego Dourado, o home de confianza de Carmelo Matalobos, pero que agora está frustrado, por amor e por ambición, e é capaz de pactar con quen sexa necesario con tal de salvar a súa vida e poder obter o que el considera xusto.

A primeira temporada da serie saldouse cunha media de audiencia por riba do 21% e un récord por capítulo do 31,4% de share.
(Cap. 23) As novas historias da segunda temporada da serie policial "Matalobos", moi agardadas polo público, chegan á TVG este noite, cando se poderá coñecer por fin o desenlace do secuestro de Iván...
 05/01/2010 - 22:21 h. 
(Cap. 22) Último capítulo da temporada
Carmelo Matalobos terá tan só 24 horas para salvar a vida de seu fillo.

A semana pasada, Carmelo sorprendía os incondicionais de Matalobos ao pactar coa xuíza Olaia Mosteiro. O plan parecía bo e a xefa dos colombianos, Adriana Calderón, chegou a perder os nervios tras a xogada do seu contrincante. Pero a colombiana é moi lista e, sobre todo cruel. Recorreu a Diego Dourado, home de confianza dos Matalobos, e ambos os dous fraguaron a vinganza máis sutil.

Os colombianos presentáronse no almacén onde o clan da Sardiñeira gardaba a cocaína e deixaron os Matalobos ao bordo do precipicio. Agora, será Adriana Calderón a seguinte en mover ficha: a vida de Iván, fillo de Carmelo Matalobos, está en xogo. 24 horas serán suficientes para saber quen manda agora na Sardiñeira.
(Cap. 22) Último capítulo da temporada
Carmelo Matalobos terá tan só 24 horas para salvar a vida de seu fillo.

A semana pasada, Carmelo sorprendía os incondicionais de Matalobos ao pactar coa xuíza...
 29/06/2009 - 22:21 h. 
Resumo da 1ª temporada
A primeira temporada da serie "Matalobos" está chegando á súa fin. O vindeiro luns, 29 de xuño, a Televisión de Galicia emitirá o último capítulo da temporada, titulado Todo en orde. Pero antes da emisión desta entrega e, por se algún espectador perdeu algún dos capítulos, a Galega ofrece esta noite un resumo especial de todo o emitido ata o momento.

Hoxe á noite en Sumario Matalobos, os seguidores desta serie de ficción poderán recordar todo o que aconteceu na vila da Sardiñeira e na vida do clan dos Matalobos así como tamén lembrar algunhas das tramas claves da serie.

"Matalobos" despedirase a semana vindeira sendo o programa máis visto en Galicia, os luns e os martes á noite.
Resumo da 1ª temporada
A primeira temporada da serie "Matalobos" está chegando á súa fin. O vindeiro luns, 29 de xuño, a Televisión de Galicia emitirá o último capítulo da te...
 23/06/2009 - 22:26 h. 
(Cap. 21)
Unha vez resolto o asunto espiñento de Iván Matalobos, o fillo do xefe, Carmelo volve ao seu ritmo de negocios habitual, pero coa súa posición debilitada tras a perda da presidencia do consorcio, o prexudicado principal esta vez será Diego, o seu sicario e brazo executor máis fiel.
Mentres tanto, a maior descarga da historia da Sardiñeira está en marcha, e Carmelo, para recuperar o poder, está disposto a recorrer a quen faga falta.
(Cap. 21)
Unha vez resolto o asunto espiñento de Iván Matalobos, o fillo do xefe, Carmelo volve ao seu ritmo de negocios habitual, pero coa súa posición debilitada tras a perda da presidencia do consorcio, o prexudicado...
 22/06/2009 - 22:22 h. 
(Cap. 20)

Nesta nova entrega, os "Matalobos" enfróntanse ao momento máis complicado das súas vidas. Carmelo debe tomar unha decisión: salvar a súa familia ou poñer a salvo o seu negocio.

O accidente de Iván Matalobos, o fillo adolescente do xefe, carismático e mal estudante, pon a Carmelo contra as cordas. O tenente Táboas písalle os talóns e non pensa parar ata velo entre reixas, así que agora manter a salvo a familia é a prioridade dos Matalobos.

A familia enteira mobilizarase para superar a situación: O xefe do clan está disposto incluso a pagar polos delitos de seu fillo. Mentres, dona Carme, a matriarca, comeza actuar ás súas costas para intentar salvar a conserveira.
(Cap. 20)

Nesta nova entrega, os "Matalobos" enfróntanse ao momento máis complicado das súas vidas. Carmelo debe tomar unha decisión: salvar a súa familia ou poñer a salvo o seu negocio.
...
 16/06/2009 - 22:39 h. 
(Cap. 19)

Reza un dito que onde pisan os Matalobos non volve medrar a herba e, para recuperar a orde, puxeron patas arriba a vida de todos os que os envolven, e parece que finalmente o lograron. Porque co avogado Campos fóra da cadea, as ameazas de Sara Campos xa non supoñen un problema para Carmelo. De todos os xeitos é unha mágoa que cando todo parecía ir ben os problemas xurdan dende o máis próximo da familia...
(Cap. 19)

Reza un dito que onde pisan os Matalobos non volve medrar a herba e, para recuperar a orde, puxeron patas arriba a vida de todos os que os envolven, e parece que finalmente o lograron. Porque co avogado Campos fóra da cadea, a...
 15/06/2009 - 22:21 h. 
(Cap. 18)
Na entrega desta noite da serie de ficción da TVG "Matalabos" os problemas medran ao redor da familia Matalobos, pois agora tamén o pasado ameaza con salpicar a dona Carme, a matriarca do clan. Pola súa parte, Arturo Campos está cada vez máis desesperado pola súa situación no cárcere, séntese abandonado pola familia e por unha vez parece disposto a escoitar a súa filla. Respecto ao sarxento Rafael, a toupa de Carmelo na Garda Civil, empeza a ter problemas no cuartel e isto podería acabar cun dos contactos máis frutíferos dos Matalobos. Ademais, a conserveira, o negocio familiar que durante anos serviu de tapadeira para as actividades ilícitas do clan, podería acabar en mans do consorcio. Carmelo debe encontrar outra solución sen perder a calma... se pode.
(Cap. 18)
Na entrega desta noite da serie de ficción da TVG "Matalabos" os problemas medran ao redor da familia Matalobos, pois agora tamén o pasado ameaza con salpicar a dona Carme, a matriarca do clan. Pola súa parte, Arturo Campos está cada vez...
 09/06/2009 - 22:36 h. 
(Cap. 17)
Na Sardiñeira todo o mundo ten algo que agochar. O taboleiro de estratexias de Carmelo Matalobos dá a impresión de certa inestabilidade, primeiro porque as sospeitas medran ao redor do sarxento Rafael e porque o caso de Olaia contra Arturo Campos e o clan dos Matalobos sofre un revés pola intervención de Bárbara, a muller de Carmelo. Amais, Sara, filla de Campos, tamén lle fixo fronte ao xefe do clan; mentres, os actos de Vanesa, moza fascinada polo luxo e o poder dos Matalobos, non teñen marcha atrás.
(Cap. 17)
Na Sardiñeira todo o mundo ten algo que agochar. O taboleiro de estratexias de Carmelo Matalobos dá a impresión de certa inestabilidade, primeiro porque as sospeitas medran ao redor do sarxento Rafael e porque o caso de Olaia contra Artu...
 08/06/2009 - 22:19 h. 
(Cap. 16)
Nesta nova entrega de "Matalobos" o líder do clan, Carmelo, demostra que non lle faltan recursos amosando que os pode atopar onde ninguén sospeitaría... pois agora tamén o sarxento Rafael resultou ser un asalariado seu.
Mentres tanto, nos xulgados, Campos queda pampo ao atoparse co Matalobos nos baños: a declaración de Bárbara é inminente e polo que parece todos os implicados son pezas nun taboleiro dirixido por Carmelo.
(Cap. 16)
Nesta nova entrega de "Matalobos" o líder do clan, Carmelo, demostra que non lle faltan recursos amosando que os pode atopar onde ninguén sospeitaría... pois agora tamén o sarxento Rafael resultou ser un asalariado seu.
Mentres tanto...
 02/06/2009 - 22:24 h. 
(Cap. 15)
Bárbara vai ir declarar no caso contra Arturo Campos, o avogado culto e afable a quen lle gustan o poder e a posición que dan os cartos. Pola súa parte, Adriana Caldeón, a xefa do clan dos colombianos, consegue entrar no consorcio por mediación de Dona Carme, mentres que Sara, a decidida e honesta avogada, non lle teme facerlles fronte aos Matalobos.

Pero o que ninguén deles sabe é que Carmelo garda varios ases na manga... xa que parte da base de que a súa dona, Bárbara, vai xogar finalmente a favor del.
(Cap. 15)
Bárbara vai ir declarar no caso contra Arturo Campos, o avogado culto e afable a quen lle gustan o poder e a posición que dan os cartos. Pola súa parte, Adriana Caldeón, a xefa do clan dos colombianos, consegue entrar no consorcio por me...
 01/06/2009 - 21:31 h. 
(Cap. 14)
Carmelo non sabe que facer ante o feito de que a súa dona Bárbara o vendeu pero logo tamén lle salvou a vida: el, que nunca comprendeu a súa muller pero a quen esta nova situación o ten completamente desconcertado, así que ve o momento de aclarar as súas ideas, sobre todo agora que está a piques de entrar en guerra co clan dos colombianos.
Entre tanto, Marcos e os seus homes buscan o sicario nas rúas de Sardiñeira antes de que as tensións entre Matalobos e os colombianos acaben nun regueiro de sangue.
(Cap. 14)
Carmelo non sabe que facer ante o feito de que a súa dona Bárbara o vendeu pero logo tamén lle salvou a vida: el, que nunca comprendeu a súa muller pero a quen esta nova situación o ten completamente desconcertado, así que ve o momento d...
 26/05/2009 - 22:23 h. 
(Cap. 13)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", Carmelo, nunha situación en que cada vez está máis acurralado, intenta pensar en novos movementos para acometer sobre o taboleiro; por un lado, a banda dos colombianos que desexa acabar con el, e por outro está a vixilancia permanente da Garda Civil, co seu irmán Marcos á fronte.

O home máis poderoso de Sardiñeira saíu airoso da operación de descarga para os colombianos, pero grazas á intervención de Diego Dourado, a súa man dereita. A paciencia de Adriana Calderón tocou fin e un sicario viaxa desde Colombia rumbo á Sardiñeira para acabar coa vida do xefe do clan dos Matalobos.

Carmelo sabe que as cousas non van ben, pero quizais o maior problema de Carmelo está na súa propia casa: Bárbara, da que o narcotraficante nin se imaxina que se fixo confidente da Garda Civil. A tensión aumenta ao saber que Adriana ordenou a execución do xefe dos Matalobos.
(Cap. 13)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", Carmelo, nunha situación en que cada vez está máis acurralado, intenta pensar en novos movementos para acometer sobre o taboleiro; por un lado, a banda dos colombianos que desexa acabar con el, e ...
 25/05/2009 - 22:19 h. 
(Cap. 12)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", a situación parece moi crítica fronte ao principal competidor polo monopolio da droga na Sardiñeira, o clan dos colombianos, que ten como líder da banda a Adriana Calderón.

"A do marisco" está a piques de fracasar e os Matalobos non poden permitirse cometer un novo erro. Con Carmelo pendente da saúde de Bárbara e a Garda Civil estreitando a súa vixilancia sobre eles, alguén terá que tomar o control da operación se non queren volver fracasar...
(Cap. 12)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", a situación parece moi crítica fronte ao principal competidor polo monopolio da droga na Sardiñeira, o clan dos colombianos, que ten como líder da banda a Adriana Calderón.

"A do marisc...
 19/05/2009 - 22:25 h. 
(Cap. 11)
A do marisco é o título desta nova entrega da serie "Matalobos" en que se asistirá á saída de Bárbara Juve da casa dos Matalobos. O martes pasado os espectadores da TVG presenciaron como Bárbara lle daba a noticia a seu marido, Carmelo. Decidiu abandonar a casa familiar e quere levarse a seu fillo Iván. Que fará o xefe do clan máis poderoso de Sardiñeira para evitar a ruptura? Para os Matalobos a familia é o primeiro, pero parece que as ameazas de Carmelo a fixeron reaccionar. Ademais desde hai tempo colabora en secreto coa Garda Civil.
Mentres tanto o tenente Táboas e seus homes seguen con certo escepticismo o ronsel do buque Cartagena. A persecución da Garda Civil parece espertar o enxeño de Carmelo, que prepara algo moi especial para a descarga inminente da droga.
(Cap. 11)
A do marisco é o título desta nova entrega da serie "Matalobos" en que se asistirá á saída de Bárbara Juve da casa dos Matalobos. O martes pasado os espectadores da TVG presenciaron como Bárbara lle daba a noticia a seu marido, ...
 18/05/2009 - 22:16 h. 
(Cap. 10)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", as operacións policiais para deter a descarga da droga non están a saír segundo o previsto. O seguimento do Cartagena, o buque que transporta 3.500 quilos de cocaína, está a ser máis complicado do que esperaban no cuartel da Garda Civil: o tenente Táboas e os seus homes andan na busca do barco.
A presión da xuíza Olaia Mosteiro obriga a Marcos Matalobos, xefe de todas as operacións contra o narcotráfico, a recorrer á súa confidente, Bárbara. A muller de Carmelo, que leva demasiado tempo sobre o fío da navalla, tomará unha decisión complicada que non contentará a ninguén.
(Cap. 10)
Nesta nova entrega da serie "Matalobos", as operacións policiais para deter a descarga da droga non están a saír segundo o previsto. O seguimento do Cartagena, o buque que transporta 3.500 quilos de cocaína, está a ser máis complicado ...
 12/05/2009 - 22:21 h. 
(Cap. 9)
Despois de intentar unir os clans da Sardiñeira Carmelo, o xefe dos "Matalobos", centra agora a súa atención nunha nova descarga: O Cartagena, un mercante que leva a bordo 3.500 quilos de cocaína, está en camiño. As constantes presións de Adriana e a débeda que teñen cos colombianos obrigaraos a traballar de balde.
Mentres, as forzas da orde continúan as súas investigacións: a garda civil, con Marcos Matalobos á cabeza, está cada vez máis preto do barco que pretende introducir a droga no país. Todo isto ocorrerá nun día moi especial para a familia Matalobos: dona Carme, a matriarca do clan da Sardiñeira, está de aniversario.
(Cap. 9)
Despois de intentar unir os clans da Sardiñeira Carmelo, o xefe dos "Matalobos", centra agora a súa atención nunha nova descarga: O Cartagena, un mercante que leva a bordo 3.500 quilos de cocaína, está en camiño. As constantes presións ...
 11/05/2009 - 22:17 h. 
(Cap. 8)
As cousas pintan cada vez peor para o principal clan de narcotraficantes da Sardiñeira, os Matalobos. Á presión continua dos colombianos, que non lle perdoan a Carmelo os erros que cometeu e que desembocaron na incautación da droga por parte da policía, engádese agora unha nova preocupación: Pincho informa o xefe dos Matalobos de que na radio acaban de dar conta dunha nova operación contra o narcotráfico na zona.

Co resto dos clans virándolle as costas, Carmelo non ten outra opción que buscar o sempre inestimable apoio de súa nai, a matriarca dos Matalobos: Dona Carme aconséllalle que se centre en unir os clans da Sardiñeira e en sacar o avogado Arturo Campos do cárcere. Para cumprir a segunda das premisas verase obrigado a contar coa axuda de Sara, que agora exerce a defensa de seu pai, e a quen lle acaban de retirar a bolsa da universidade.
(Cap. 8)
As cousas pintan cada vez peor para o principal clan de narcotraficantes da Sardiñeira, os Matalobos. Á presión continua dos colombianos, que non lle perdoan a Carmelo os erros que cometeu e que desembocaron na incaut...
 05/05/2009 - 22:07 h. 
(Cap. 7)
Neste sétimo capítulo de “Matalobos”, tras o intento falido de sacar a Arturo Campos do cárcere, o cerco da Garda Civil péchase aínda máis sobre o clan dos Matalobos. Carmelo está a perder poder fronte aos colombianos. O resultado da operación Canario foi un erro imperdoable. Carmelo Matalobos tiña a solución aos seus problemas entre mans, pero escapóuselle. Agora a situación complicouse e Adriana ten cada vez máis poder na Sardiñeira. No capítulo de hoxe o negocio do narcotráfico que se está a desenvolver na Sardiñeira mestúrase co da prostitución: Carmelo, o xefe do clan, recibe a visita de Luís, un home con varias prostitutas a cargo, unha das cales ten como cliente habitual a un dos sicarios de Adriana. Sen embargo, Carmelo está decidido a recuperar o control sobre o negocio. Unha acertada intervención de Sara dará aos Matalobos a oportunidade: un golpe certeiro ao sistema de financiamento dos colombianos. Por outra parte, os negocios dos Matalobos seguen a salpicar a outros veciños da Sardiñeira. Agora Vanesa, a filla de Pepe Viaño, vai entrar no negocio do narcotráfico: Salva explicaralle como ten que facer para vender.
(Cap. 7)
Neste sétimo capítulo de “Matalobos”, tras o intento falido de sacar a Arturo Campos do cárcere, o cerco da Garda Civil péchase aínda máis sobre o clan dos Matalobos. Carmelo está a perder poder fronte aos colombianos. O resultado da ...
 04/05/2009 - 22:03 h. 
(Cap. 6)
Nesta nova entrega de "Matalobos" dúas cousas parecen quitarlle o sono a Carmelo Matalobos: a investigación sobre o asasinato de Veloso e o encarceramento do seu avogado, Arturo Campos. Un golpe de sorte é o que necesita o xefe dos Matalobos para acabar coas súas preocupacións.
Carmelo Matalobos sabe que o seu avogado non resistirá moito tempo dentro do cárcere. Podería pasar que a xuíza o intentara convencer cun pacto substancioso ou que alguén o quitase de diante. Ningunha das dúas opcións lle valen ao narcotraficante; os Matalobos non admiten traizóns, pero tampouco abandonan a súa xente.
Por outra parte, as sospeitas sobre a autoría do asasinato de Sindo Veloso parecen encamiñarse cara ao clan dos Matalobos. Carmelo sábeo e é consciente de que a investigación á que o está a someter a Garda Civil non axuda ao bo desenvolvemento dos seus negocios. O narcotraficante necesita urxentemente unha cabeza de turco á que lle cargar o asasinato. O plan non é desatinado; na Sardiñeira hai moita xente que lle debe favores a Carmelo Matalobos...
Sara, a filla de Arturo Campos está a descoidar o seu traballo na Universidade para ocuparse dos asuntos dos Matalobos. O "pendrive" oculto no marco de fotos do despacho de seu pai tena intrigada, pero non sabe como acceder á información que contén. A avogada vive obsesionada con sacar a seu pai do cárcere.
(Cap. 6)
Nesta nova entrega de "Matalobos" dúas cousas parecen quitarlle o sono a Carmelo Matalobos: a investigación sobre o asasinato de Veloso e o encarceramento do seu avogado, Arturo Campos. Un golpe de sorte é o que necesita o xefe dos Mata...
 28/04/2009 - 22:14 h. 
(Cap. 5)
A detención de Campos alcanza unha dimensión pública no novo capítulo de "Matalobos", a xuíza Olaia Mosteiro é asediada polos xornalistas, interesados polo estraño asasinato de Veloso e polo proceso de Arturo Campos.

As palabras da xuíza á prensa sobre as investigacións policiais chegan, por suposto, aos oídos dos Matalobos: Carmelo e súa nai escoitan as súas declaracións na televisión e, ante o perigo que corre o clan tras a detención do avogado, a matriarca destaca a importancia de sacar a Campos do cárcere. Por último, Sara visitará a seu pai na cadea.
(Cap. 5)
A detención de Campos alcanza unha dimensión pública no novo capítulo de "Matalobos", a xuíza Olaia Mosteiro é asediada polos xornalistas, interesados polo estraño asasinato de Veloso e polo proceso de Arturo Campos.

As palabras...
 27/04/2009 - 22:04 h. 
(Cap. 4)
Na nova entrega desta noite da serie "Matalobos", a detención do avogado Arturo Campos e o seu ingreso na cadea estase a converter nun auténtico quebracabezas para Carmelo. Por iso, o xefe dos Matalobos ordénalle a Diego, o sicario do clan e brazo executor do líder, organizar unha reunión cos xefes dos clans de Sardiñeira, tendo en conta que as investigacións xudiciais comezan a sinalar co dedo o xefe dos Matalobos: Marcos, totalmente entregado na investigación policial, acusa a Carmelo do asasinato de Veloso.
Por outra parte, mentres as noticias que chegan desde Colombia aumentan as preocupacións dos Matalobos, uns pais de Sardiñeira amósanse preocupados polas leas amorosas de súa filla: Lola e Pepe comentan os galanteos de Vanesa, unha moza fascinada pola aura de luxo e poder dos Matalobos, con Salva, un rapaz que traballa nun taller de tunning pero que ten as argalladas de Diego como maior fonte de ingresos.
(Cap. 4)
Na nova entrega desta noite da serie "Matalobos", a detención do avogado Arturo Campos e o seu ingreso na cadea estase a converter nun auténtico quebracabezas para Carmelo. Por iso, o xefe dos Matalobos ordénalle a Diego, o sicario do c...
 21/04/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 3)
Marcos, xefe da operación policial antidroga posta en marcha pola xuíz Olaia Mosteiro, está seguro de que Campos non vai traizoar aos Matalobos. Mentres, seu irmán Carmelo, logo da detención de Campos, reúnese cos outros xefes para calmalos e convencelos para adoptar unha postura conxunta fronte aos narcotraficantes colombianos.

Carmelo, que está moi nervioso e inquedo coa detención do avogado, recriminará a Dona Carme que defenda a Marcos logo de regresar para apuñalalos polas costas: está claro que para a matriarca a familia é o primeiro.
(Cap. 3)
Marcos, xefe da operación policial antidroga posta en marcha pola xuíz Olaia Mosteiro, está seguro de que Campos non vai traizoar aos Matalobos. Mentres, seu irmán Carmelo, logo da detención de Campos, reúnese cos outros xefes para calm...
 20/04/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 2) O negocio familiar
A chegada de Marcos provoca unha sensación de incomodidade no cuartel que o tenente Táboas intenta atallar falando ás claras: Marcos pode ser un Matalobos, pero por riba diso é un deles.
Doutro lado, no bautizo do neto de Campos, Adriana faise ver para coaccionar a Carmelo, que segue a agardar pola súa droga.
(Cap. 2) O negocio familiar
A chegada de Marcos provoca unha sensación de incomodidade no cuartel que o tenente Táboas intenta atallar falando ás claras: Marcos pode ser un Matalobos, pero por riba diso é un deles.
Doutro lado, no bautizo do...
 14/04/2009 - 22:08 h. 
(Cap. 1) Un vencello para toda a vida
Os homes de Carmelo, o xefe da familia de narcotraficantes, agardarán nas praias con prudencia a aparición das planadoiras de Veloso. Mentres, no cuartel da Garda Civil, a xuíza Olaia Mosteiro e o tenente Táboas queren anotarse un punto interceptando o cargamento: a xuíza pon ao mando da operación a un capitán da UCO, Marcos Matalobos, o irmán de Carmelo, para sorpresa de Táboas e doutros gardas.
(Cap. 1) Un vencello para toda a vida
Os homes de Carmelo, o xefe da familia de narcotraficantes, agardarán nas praias con prudencia a aparición das planadoiras de Veloso. Mentres, no cuartel da Garda Civil, a xuíza Olaia Mosteiro e o tenente Tá...
 13/04/2009 - 21:34 h.