Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Divulgativos

SALITRE
Espazo monográfico que reflicte a realidade dos portos galegos baixo a óptica dos homes e mulleres que desenvolven o seu traballo neles.
O Grove
A tripulación de Salitre visitará un último porto por esta temporada, para coñecer como son e como viven as xentes do Grove, outro espazo portuario galego cheo de historias humanas anónimas que o director e presentador da serie Rivadulla H. Corcón nos vai descubrir dende a terra coa plena influencia do mar. Así, O Grove é a única peixería de Galicia creada por unha confraría, que está en activo nestes momentos e que vende directamente o produto ao público unha vez que este chega da lonxa.
Desta vila, que estivo marcada por importantes migracións dos seus habitantes a diversos lugares de Europa, algo que marcou o carácter das súas xentes que amosan unha gran familiaridade e apertura ás persoas de fóra, recóllese o relato de José Vicente, un dos moitos mecos que viviron esta experiencia de emigrar, mentres que outros fixeron o camiño contrario... polo amor dunha muller. Como non podería ser doutro xeito, o marisco preside a vida do Grove, xa que conta con dúas festas importantes, a Festa do Marisco e a da Exaltación da Centola.
Salitre navegará na compaña dalgúns membros da Asociación de amigos da dorna meca, típica desta vila, que se preocupa da recuperación de embarcacións antigas e de dornas coas cales acoden a regatas que se celebran en diferentes lugares da ría de Arousa. Outra característica deste porto e vila son as súas colareiras, un oficio herdado dende a época das súas bisavoas, mulleres como Isaura que levan este traballo no sangue e que empregan como materia prima das súas pezas cunchiñas e peciñas de orixe mariña que atopan polas praias do Grove.
O Grove
A tripulación de Salitre visitará un último porto por esta temporada, para coñecer como son e como viven as xentes do Grove, outro espazo portuario galego cheo de historias humanas anónimas que o d...
 20/07/2009 - 21:41 h. 
Cariño
Salitre explora hoxe é nin máis nin menos que o porto con maior tradición no cantábrico galego, cuxa captura máis importante era a pescada e que agora son o xurelo, a sardiña e a xarda, sen esquecer o percebe. A este respecto, unha das testemuñas coas que contacta a serie documental, Suso Vizoso, falará dos elementos e características máis importantes desta institución pesqueira que é Cariño para a costa galega.

Outras voces que lle transmitirán ao espectador as peculiaridades propias de Cariño forman parte da súa realidade cotiá, como Guillermo Canosa, un percebeiro que traballa sempre nos perigosos aguillóns do Cabo Ortegal; Luis Hevia, que nos ensinará o mar e as diferentes pedras que conforman esta costa; Inés, que agora traballa nunha conserveira pero que antes estivo embarcada nunha draga; Ubaldo, un dos vellos mariñeiros de Cariño que estivo embarcado toda a vida, ou tamén o relato de Lolita, muller de mariñeiro que sabe moi ben como todas as mulleres dos mariñeiros teñen que facer de pais e nais ao tempo.

Da man de José Miguel coñeceremos en que consiste a Aula do Mar de Cariño, que organiza visitas ornitolóxicas e turísticas por esta zona da costa e da que é o seu guía; pero tamén sairá á luz a tradición máis fermosa da localidade que é a danza de arcos, e saberemos de historias de gran dignidade que magnifica a algunhas das súas xentes, como é o caso de Cariño López, un heroe que participou activamente na liberación de Europa contra o fascismo, e de quen o seu neto Andrés de Modesto nos contará como foi a súa vida.
Cariño
Salitre explora hoxe é nin máis nin menos que o porto con maior tradición no cantábrico galego, cuxa captura máis importante era a pescada e que agora son o xurelo, a sardiña e a xarda...
 13/07/2009 - 21:40 h. 
Cambados
Nunha nova andaina portuaria, a serie documental Salitre percorre o porto mariñeiro de Cambados, que naceu da unificación de tres antigas e pequenas vilas, Cambados, Fefiñáns e San Tomé, un porto cheo de historias, lendas e de mariñeiros pioneiros como os que crearon as primeiras asociacións mariñeiras; xentes preocupadas por manter o seu pan de cada día que procede das augas mariñas da ría, como é o caso das mariscadoras desta zona, que co fin de conservar os produtos levaron a cabo medidas para recuperar a produción de berberechos e ameixas nas zonas onde realizan o seu traballo. Unha das mariscadoras convértese en testemuña para os telespectadores, para contar como se collen as miñocas na seca que posteriormente se venden para cebo. Outra testemuña deste relato portuario é Damián, un rapaz novo que traballa na gasolineira que atopamos no porto, onde acoden diversas embarcacións para abastecerse.
As mañanciñas, na ría, obsérvanse grupos de mariñeiros nas súas lanchas, traballando ao raño, mentres que outros mariñeiros de baixura van chegando ca súa mercadoría ao porto, lugar onde despois de clasificar a pesca do día traballan no seu barco, deixando todo listo para a seguinte saída, como é o caso de Samuel Vázquez, que pasa bastantes horas no porto limpando o aparello de algas que son moi abundantes na ría en certas temporadas do ano. Da reparación destes aparellos e da elaboración de voitiróns encárgase Charo, unha atadeira de Cambados que se dedica a esta profesión dende moi pequeniña.
Cambados
Nunha nova andaina portuaria, a serie documental Salitre percorre o porto mariñeiro de Cambados, que naceu da unificación de tres antigas e pequenas vilas, Cambados, Fefiñáns e San Tomé, un porto cheo de...
 06/07/2009 - 21:56 h. 
Malpica
Din que o Atlántico está namorado dos mariñeiros de Malpica e do seu refuxiado porto - porta da Costa da Morte, ao que hoxe está dedicada a serie documental "Salitre", que reflectirá a vida e costumes das súas xentes e onde hai unha frota formada por 68 barcos destinados a maioría deles á pesca coa arte do cerco, coa que capturan sardiña, xarda, xurelo e polbo.

Entre as testemuñas que guiarán o relato do porto de Malpica está unha rapaza, Belén, que vai contar a importancia que para ela ten vivir aquí; Alfredo Gundín e o último boteiro de Galicia, que segue a dar servizo aos barcos que fondean neste porto; Paco de Corme, un vello percebeiro pioneiro na extracción do percebe do norte da Costa da Morte; José Antonio, que leva 20 anos traballando na Cruz Vermella do Mar; e María Ángeles, presidenta da asociación "O fieital", para falar do traballo de armar palangres realizado por mulleres.

Pero hai máis aspectos que envolven o mundo do mar, como o caso da gastronomía, e neste sentido Dulcinea, de 87 anos, amosaranos os segredos para preparar a caldeirada. Doutro lado, o rock galego é case veneración en Malpica, por iso Roque e Balseiro contarán as actividades que se fan desde a asociación "A Tralla" que vincula o mar e o rock galego. Antes de deixar este horizonte da Costa da Morte, o programa ofrecerá unha entrevista que ninguén pode perder: Mario, o último fareiro que viviu nas Sisargas e que xa ten 92 anos, ábrenos as portas da súa casa para lembrar como foi a súa vida no faro da Illa.
Malpica
Din que o Atlántico está namorado dos mariñeiros de Malpica e do seu refuxiado porto - porta da Costa da Morte, ao que hoxe está dedicada a serie documental "Salitre", que reflectirá a vida e co...
 29/06/2009 - 21:53 h. 
Celeiro
Para descubrir a súa vida interior, o "Salitre" desta noite recala no porto pesqueiro de Celeiro, onde no ano 94 se introduciron criterios empresariais á súa xestión creando "Porto de Celeiro S.A.". Daquela melloráronse as instalacións e a frota, formada por 19 barcos dedicados á pesca artesanal, 13 ao arrastre, 4 ao cerco, 2 as volantas e 10 á baixura, ademais de 42 buques do Gran Sol e 6 espadeiros de grande altura, barcos todos eles en que traballan 935 mariñeiros. Desde a sabedoría que outorga a experiencia da vida dun home de 82 anos, coñeceremos como foi a evolución do porto de Celeiro.
O Gran Sol marca moito a vida dos mariñeiros de Celeiro, cos que conversará escoitando os seus contos o director e presentador do documental, Rivadulla Corcón. Como a comida a bordo é unha cuestión moi importante, coñeceremos ao subministrador dos produtos e ao cociñeiro que os elabora, mentres que na Aula Tecnolóxica Mariña encárganse da formación dos mariñeiros. Achegarémonos ao varadoiro onde se reparan as embarcacións e xunto mulleres que realizan diversos oficios.
Celeiro
Para descubrir a súa vida interior, o "Salitre" desta noite recala no porto pesqueiro de Celeiro, onde no ano 94 se introduciron criterios empresariais á súa xestión creando "Porto de Celeiro S.A....
 22/06/2009 - 21:54 h. 
Vigo

Quen diría que o antigo porto do Berbés, ao ir medrando, chegase a converterse hoxe nun dos portos pesqueiros máis importante do mundo, onde poden chegar a traballar 10.000 persoas ao mesmo tempo e dende onde o patrón maior da Confraría de Vigo, José Antonio, contará como foi o proceso deste auxe. A serie documental, con Rivadulla Corcón á fronte, tomará o pulso a distintos protagonistas do día a día, como Carlos, un mariñeiro de Cangas que sempre traballa só e vén cada noite vender os seus congros á lonxa de baixura de Vigo; Antonio e Iván, pai e fillo, traballan na lonxa de altura e deles aprenderemos que é un escabicheiro, e José, que poxa o peixe na lonxa de altura para os milleiros de persoas que veñen mercar cada noite.
Doutro lado, están os relatos de Iria, unha policía portuaria e unha das encargadas de que todo o traballo deste gran porto se desenvolva como debe ser. A frota do cerco en Galicia é moi importante e Javier, un mariñeiro que leva moitos anos nela, explicaranos en que consiste, mentres que Santos é un dos encargados de preparar os espadas e as quenllas para a súa venda. O documental remata a súa estancia no Porto de Vigo entrando no Berbés máis tradicional: Loli , unha cantareira do Berbés, será a nosa guía.
Vigo

Quen diría que o antigo porto do Berbés, ao ir medrando, chegase a converterse hoxe nun dos portos pesqueiros máis importante do mundo, onde poden chegar a traballar 10.000 persoas ao mesmo tempo e dende onde o patr&o...
 15/06/2009 - 21:55 h. 
Sada
A serie documental “Salitre”, que amosa as historias e as xentes que conviven nos portos de Galicia e que levan o salitre no sangue, visita esta noite a vila coruñesa de Sada, en concreto, tanto o seu porto náutico, un dos máis importantes de toda Galicia (689 amarres), coma o mariñeiro, coñecido polas grandes cantidades de pesca da sardiña, xurelos e xardas, polos 23 barcos que saen diariamente de aquí á pesca de baixura.
Os telespectadores coñecerán as diferentes experiencias vitais dos traballadores destes mares e desta vila, da man do patrón maior Andrés García, o seu maior valedor como herdeiro deste oficio de sucesivas xeracións, pero atendendo tamén a outras tarefas que se desenvolven nun barco, como é a preparación do aparello, introducir as caixas para a captura, víveres e outras tarefas que contará a través da súa experiencia Antón Pérez, o patrón do Cruceiro de Pazos.
Doutro lado, aprenderemos sobre as velas da man de Ana Suero; a restauración de barcos tradicionais con Miguel da asociación “Os Pataxeiros”; a reparación de embarcacións náuticas da man de Juan García e as experiencias de Simon e Jo mentres viviron a bordo do veleiro danés “Tina Husted”, atracado nos mares de Sada, onde veu ao mundo seu fillo Uca. Pero se hai un lugar emblemático nesta vila é a taberna “O Canalla”, onde o salitre está presente nos obxectos que a decoran, todos eles procedentes do mar.
Sada
A serie documental “Salitre”, que amosa as historias e as xentes que conviven nos portos de Galicia e que levan o salitre no sangue, visita esta noite a vila coruñesa de Sada, en concreto, tanto o seu porto náutico, un dos máis importantes ...
 08/06/2009 - 21:53 h. 
Ribadeo
A frota de Ribadeo está constituída por pequenas embarcacións onde traballan habitualmente dous ou tres mariñeiros, o que converte a este porto nun dos lugares da Galicia mariñeira máis romántica, o que non quita para que a actividade comercial sexa moi importante e se atope nun proceso de expansión. Nesta parte do porto destacan as descargas de máis de 300.000 toneladas de mercadorías, como a celulosa, area de mina e a magnesita. As mercadorías que entran e saen de Ribadeo cada vez son máis, pero a esencia deste porto está nos seus mariñeiros.

Cando chega o verán, os protagonistas son os 504 amarres do porto náutico. O mar nas rías altas é totalmente distinto do resto de Galicia, o que fai que mozos como Ramiro e Rafa non queiran deixar de traballar nel e prefiran volver do Gran Sol para pescar en Ribadeo. Da man do guía do espazo, o seu director e presentador Rivadulla Corcón, imos coñecer a arte da pesca con lupa ao tempo que desgustaremos uns ourizos acabados de coller. Doutro lado os paisanos contan que, como a ría ten un equilibrio moi delicado, hai que coidala, igual que César coida da ponte que garda a ría.
Ribadeo
A frota de Ribadeo está constituída por pequenas embarcacións onde traballan habitualmente dous ou tres mariñeiros, o que converte a este porto nun dos lugares da Galicia mariñeira máis romántica, o que non quita para que a activida...
 25/05/2009 - 21:52 h. 
Ribeira
Estamos no porto de baixura máis importante de Europa. Rivadulla Corcón, o fío condutor deste documental, volverá hoxe a fondear, e a sondar, nun novo porto de Galicia, en que homes e mulleres mariñeiras moveron no ano 2008 preto de 38 millóns de euros na venda das 102 especies diferentes, entre as que predominan a pescada, o lirio e o xurelo. Fronte á súa beleza porteña, Ribeira destaca polos seus contrastes, pois entre os 288 barcos que teñen base alí atopamos enormes atuneiros, dornas, lanchas, palangreiros e arrastreiros que converten a lonxa deste porto nunha das máis espectaculares de Galicia.
Pero Ribeira tamén destaca pola súa industria conserveira de gran nivel, que contrasta coa imaxe das embarcacións máis tradicionais, como a dorna. O director e presentador do documental, en contacto coa xente do lugar, falará con Domingo, un dos últimos carpinteiros que aínda constrúe dornas e hai mariñeiros, como Juan, que seguen pescando nelas. Tamén as mulleres deste porto saben de saír ao mar, como Gloria, que navegou polo mundo enteiro, e perduran labores artesanais que gardan a tradición, como os redeiros, de quen nos falará o Padre Cipriano.
Ribeira
Estamos no porto de baixura máis importante de Europa. Rivadulla Corcón, o fío condutor deste documental, volverá hoxe a fondear, e a sondar, nun novo porto de Galicia, en que homes e mulleres mariñeiras moveron no ano 2008 preto ...
 18/05/2009 - 21:51 h. 
Vilagarcía
Moitos anos antes eran as dornas as que competían e Manolo lembra como el formaba parte da tripulación, como tiñan que ir sorteando as bateas que se fondearon por primeira vez en 1945 e de onde se extraía o mexillón que hoxe xa ten a máxima marca de calidade, a "Denominación de Orixe Protexida". Outra testemuña con quen falará o director e presentador Rivadulla Corcón é Belarmina, que tamén cruzaba a ría, pero dende Rianxo, para vender peixe. Se algo chama a atención son os guindastres que forman equipo cos estibadores para mover todo tipo de mercadorías, na terminal nova situada no peirao do Ferrazo.
Vilagarcía
Moitos anos antes eran as dornas as que competían e Manolo lembra como el formaba parte da tripulación, como tiñan que ir sorteando as bateas que se fondearon por primeira vez en 1945 e de onde se extraía o mexillón que hoxe xa ten a ...
 11/05/2009 - 21:50 h. 
En Burela, o capítulo de hoxe, atopamos aroma a pesca tradicional, xa que as 98 embarcacións que teñen base neste porto dedícanse tanto á pesca de altura coma de baixura; así, son importantes as capturas de bonito, do que o ano pasado se capturaron case millón e medio de quilos, aínda que é a xarda a máis abondosa con máis de cinco millóns de quilos. Toda esta actividade pesqueira dá traballo no porto a máis de catro mil homes e mulleres. Amais de coñecer elocuentes historias anónimas, Rivadulla Corcón -director e presentador do espazo- amosa cales son as partes dun barco boniteiro e como a importancia da pesca para o concello se concreta na creación da concellaría do Mar. Amais dos tesouros da memoria mariña, hai mulleres novas que traballan o mar e fareiros que coidan da seguridade dos mariñeiros, naturais de Cabo Verde, que trouxeron hai máis de 30 anos os seus corazóns para amar esta terra.
En Burela, o capítulo de hoxe, atopamos aroma a pesca tradicional, xa que as 98 embarcacións que teñen base neste porto dedícanse tanto á pesca de altura coma de baixura; así, son importantes as capturas de bonito, do que o ano pasado se capturaron c...
 04/05/2009 - 21:36 h. 
Cangas
Hoxe Cangas. Alí Rivadulla Corcón -director e presentador- falará con Evangelina, unha redeira que coñeceu o porto en tempos moi distintos, ou Plácido, un vello lobo de mar que andou á captura das baleas. Así mesmo, coñeceremos como se trata o marisco antes de que chegue ao prato; o traballo dos mariñeiros que coidan o porto deportivo e da aventura dun matrimonio que comparte horas de mar.
Cangas
Hoxe Cangas. Alí Rivadulla Corcón -director e presentador- falará con Evangelina, unha redeira que coñeceu o porto en tempos moi distintos, ou Plácido, un vello lobo de mar que andou á captura das baleas. Así mesmo, c...
 27/04/2009 - 21:39 h. 
Fisterra
Fisterra é un dos concellos galegos onde existe unha maior dependencia do mar: no seu porto traballan 220 mariñeiros en 84 embarcacións, e sendo tan importante a actividade pesqueira, non estraña que os 5.025 habitantes, homes e mulleres, se sintan orgullos do seu Museo da Pesca, emprazado no que chaman "A Casa de Gherra". Os fisterráns son pioneiros na pesca do longueirón, coa técnica do mergullo, coa que tamén se pescan os ourizos, un xeito respectuoso co medio mariño. Pero tamén existe unha realidade tráxica, pois o nome de Fisterra está asociado a numerosos naufraxios.

Rivadulla Corcón, director e presentador do espazo, falará con xente tan particular como José López "Olegario", un patrón retirado que ten rexistrados todos os naufraxios da costa galega, e Tinito, que sabe moi ben o que é naufragar. E como en todos os portos, a súa actividade conflúe na lonxa, pero a de Fisterra é distinta, xa que se trata dunha lonxa turística. O que lle resultou especialmente entrañable a Rivadulla Corcón foi falar con Pepita, unha muller con noventa anos que traballou no mar. Pero... como é a vida das xentes do mar de Fisterra? Imos preguntarllo ao mariñeiro Moncho Senra.
Fisterra
Fisterra é un dos concellos galegos onde existe unha maior dependencia do mar: no seu porto traballan 220 mariñeiros en 84 embarcacións, e sendo tan importante a actividade pesqueira, non estraña que os 5.025 habitantes, homes e mullere...
 20/04/2009 - 21:39 h.