Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión ...
Foto de Segredo no fondo do mar () na TVG
Segredo no fondo do mar
Miniserie francesa de suspense
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
television á carta
TIPO:

Musicais

BANDA CURTA
Banda Curta é un espazo no que teñen cabida a música pop e rock galega, así como os grupos e bandas nacidas arredor dos locais de ensaio.
(Cap. 24)

A TVG emite este sábado unha nova entrega de Banda curta. Cando faltan menos de quince días para que Bruce Springsteen chegue co seu macroconcerto a Santiago, no programa estará Suso Fuentes, un dos organizadores deste grandioso concerto. O presentador do programa, Luís Pardo, falará con Fuentes das últimas novidades do concerto, desde as peticións e caprichos de Springsteen ata as grandes necesidades de produción dun concerto destas características. Fuentes tamén fará algunhas revelacións sorprendentes arredor do artista americano.

Ademais de conversar sobre o concerto de Springsteen, no programa deste sábado tamén se poderá ver unha reportaxe sobre Pablo Novoa, un dos grandes músicos e produtores galegos. Novoa deuse a coñecer en Golpes bajos e, desde aquela, tocou e achegoulles o seu son característico a grandes artistas como Nacho Mastretta, Josele Santiago, Iván Ferreiro, Los Ronaldos ou ultimamente Bebe. Todos devecen por ter a Novoa na súa banda e este sábado coñeceremos o porque. Ademais, é desde hai anos o músico encargado de achegarlle personalidade musical ao Xabarín Club.

Ademais de Nova, o programa recuperará o ADN musical do actor e monologuista Rober Bodegas, unha persoa cunha grande bagaxe musical, e que incluso traballa ocasionalmente como picadiscos.

Nesta ocasión, Banda curta rescatará temas inéditos, aínda non emitidos no programa, dalgunhas das mellores bandas galegas do momento: desde temas do último disco de Iván Ferreiro, ata algúns dos grupos que habitualmente están presentes nos carteis dos mellores festivais este verán: desde Ruxe-Ruxe a The Blows, pasando por Ragdog.

(Cap. 24)

A TVG emite este sábado unha nova entrega de Banda curta. Cando faltan menos de quince días para que Bruce Springsteen chegue co seu macroconcerto a Santiago, no programa estará Suso Fuentes, un dos organi...
 18/07/2009 - 16:13 h. 
(Cap. 23)

Banda curta afronta o verán cunha serie de programas nos que recupera as mellores actuacións e as reportaxes máis interesantes da temporada. Pero tamén haberá un oco para novos contidos e temas inéditos de moitas das bandas que nos visitaron.

Lori Meyers encabeza o cartel musical do programa. O grupo granadino non para de dar concertos por toda España convencendo a crítica e o público. O seu disco Cronolánea foi considerado por moitos como un dos mellores do 2008.

Catpeople é outra das bandas do momento. Estes vigueses establecidos en Barcelona tamén son moi eloxiados e os seus directos son dos máis seguidos. A terceira proposta que se poderá ver é The Homens; os composteláns presentaron no programa as súas novas cancións e o seu último vídeo musical.

Na entrevista estará Nonito Pereira Jr, que falará da produción de vídeos musicais en Galicia, que é cada vez maior e de máis calidade. Ademais, a través dunha reportaxe, descubriremos que son as bandas residentes, eses grupos que fan a continuidade nas salas, que cobren os ocos cando non hai programación.

E, como sempre, ofrecerase a axenda, na que se inclúe toda a información sobre os concertos de máis interese que hai esta semana en Galicia e o norte de Portugal.
(Cap. 23)

Banda curta afronta o verán cunha serie de programas nos que recupera as mellores actuacións e as reportaxes máis interesantes da temporada. Pero tamén haberá un oco para novos contidos e temas in&e...
 11/07/2009 - 16:06 h. 
(Cap. 22)
O ex-líder de Los Enemigos, Josele Santiago, un dos grandes do rock español, estará este sábado coa súa nova banda Las menudencias, para presentar en Banda curta o seu último disco Loco encontrao.
O programa de música en directo tamén contará cunha das bandas máis potentes do panorama galego actual e que máis dará que falar nos próximos tempos: a Moon Cresta, orixinaria de Val Miñor, que adiantarán algúns temas do seu novo disco que veñen de gravar recentemente en California, nos Estados Unidos.
Parte dos contidos deste sábado estarán dedicados á relacion entre o rock e o cómic e o deseño gráfico, e contaremos coa visita de Moisés Pérez, o maior coleccionista de Galicia de "gigposters", e falaremos con Fernando Tanxencias, propietario dunha famosa tenda de cómics na Coruña.
Nesta ocasión, un equipo do programa fixo un seguimento a un grupo de rock diferente, a banda Xerock, da Guarda, formada por discapacitados psíquicos.
Tamén viaxaremos ata Lalín, onde descubriremos a segunda camada da gran tribo punk que hai nesta vila, e que suceden aos xa célebres punk de don Ramiro, que abriron o camiño ás novas xeracións e que foron promotores de moitos destes novos grupos.
As esmendrellantes pandeireteiras de Ardebullo, Mucha e Nucha, achégannos ao programa os seus gustos musicais na sección do Adn, e demostrarán que para elas o rock and roll ten vida mais alá da pandeireta.
(Cap. 22)
O ex-líder de Los Enemigos, Josele Santiago, un dos grandes do rock español, estará este sábado coa súa nova banda Las menudencias, para presentar en Banda curta o seu último...
 04/07/2009 - 16:01 h. 
(Cap. 21)

O programa de música en directo "Banda Curta" traerá esta tarde a actuación de Igloo, chegados desde Caldas de Reis, que presentarán nova formación e novo disco, "La transición de fase", un traballo cargado de melodías cañeiras e letras profundas. Outra das artistas convidadas do programa será a malagueña, Annie B. Sweet, unha das artistas revelación deste ano, din dela que é o último fenómeno emerxente do novo movemento que está a xurdir, á par doutras artistas como Russian Red ou Alondra Bentley, o que algúns definen como a " onda folk".

Amais de prestarlles unha atención especial ás mulleres contando coa presenza de Anni e o novo fenómeno emerxente de girl-guitar que representa, o programa estará tamén cun grupo de mulleres que cantaban en solitario ou liderando bandas e que decidiron xuntarse para facer algo colectivo, o único coro de Galicia que canta música negra, gospel, soul... Elas son as Sisters in the house e representan unha proposta moi orixinal dentro do panorama musical actual.

O programa viaxará tamén ata a zona de Calo, en Teo, onde tras emitir hai uns días unha reportaxe en que se facía referencia a que na comarca de Ordes e Cerceda era onde había máis bandas que facían rock por metro cadrado, esixíronlles o seu dereito a réplica, xa que din que en Calo hai tantas bandas, ou incluso máis, que fan rock en galego. O espazo estará con eles para comprobalo.

O espazo tamén acompañará a Los Secretos no seu espectacular inicio de xira na Coruña, onde estiveron acompañados de moitos convidados galegos, como Iván Ferreiro, Rosa Cedrón, Julián Hernández ou Manuel Manquiña.

Na sección de "ADN musical", descubriremos os gustos e preferencias musicais do polifacético presentador Gonzo, que traballou en Caiga Quien Caiga, e que na actualidade está á fronte da "Caixa Negra".
(Cap. 21)

O programa de música en directo "Banda Curta" traerá esta tarde a actuación de Igloo, chegados desde Caldas de Reis, que presentarán nova formación e novo disco, "La transici&o...
 27/06/2009 - 15:58 h. 
(Cap. 20)

O programa de música en directo traeranos a actuación de Cooper, sobrenome co que se coñece a Alex Díez, o que fora líder dos Flechazos, un dos grupos míticos de pop dos 80, que nos presentará algúns temas do seu novo traballo en solitario Aeropuerto. Pero non estará só, senón acompañado dos pontevedreses Sugar Mountain, que se están a converter nunha das bandas galegas con mellor son en directo na actualidade e que nos fará adianto en exclusiva dos temas do seu novo álbum Love Unique, gravado entre O Porto e Nova York.

Na nosa sección de ADN musical, indagaremos nos gustos musicais da actriz Camila Bossa, que na actualidade está a arrasar co seu papel de Adriana na serie da galega "Matabolos". Doutro lado, achegarémonos de preto ao fenómeno fan, visitando en Vigo o bar de Modes, todo un auténtico fanático de U2, que nos desvelará algunha que outra anécdota sobre a súa paixón, e visitando tamén un dos únicos dous clubs oficiais que hai en todo o mundo de "Deep Purple". Para introducirnos máis no fenómeno fan, contaremos coa presenza de José Argibay, o maior coleccionista de set-lists de Galicia, para descubrir da súa man outras formas diferentes de engancharse aos grupos a través doutras afeccións.

Estaremos tamén cunha das presentadoras máis coñecidas en Galicia, Teté Delgado, acompañándoa durante o debut do seu novo grupo de rockabilly, Teté y los Ciclones, ao que ela lle pon a voz e que dará moito que falar.

Visitaremos tamén Ribeira, para coñecer unha historia interesante que está a pasar: a proliferación de moitas bandas, que se dividen en dúas camadas, os máis novos e os máis veteranos, que serven á súa vez como guía aos primeiros, e que lles van mostrando as claves da industria discográfica.
(Cap. 20)

O programa de música en directo traeranos a actuación de Cooper, sobrenome co que se coñece a Alex Díez, o que fora líder dos Flechazos, un dos grupos míticos de pop dos 80, que nos presentar...
 20/06/2009 - 15:57 h. 
(Cap. 19)
O programa de música en directo traeranos hoxe unha das bandas máis veteranas do rock galego, Zenzar, que leva xa máis de 20 anos na escena musical e que vén para presentar o seu novo traballo A Tribu. Amais, os compoñentes da banda estarán acompañados de Paulo Furtado, máis coñecido como The Legendary Tiger Man, todo un auténtico home orquestra que chega desde Portugal e que armado soamente de guitarra e batería é quen de arrasar en festivais de rock de todo o mundo.
O ADN musical do coñecido actor galego Antonio Durán “Morris”, onde descubrirá moitos dos seus gustos musicais, e un seguimento ao idolatrado roqueiro Rosendo Mercado, que prepara novo disco e que falou para “Banda Curta” no seu último concerto en Galicia, serán outros dos contidos de interese do programa.
Achegarémonos de preto ao fenómeno da música na rede, das posibilidades, das descargas e doutras historias que teñen que ver cos contidos dixitais. Da man de María Duro, unha das redactoras do programa, descubriremos cales son os últimos movementos que está a haber, cales son as novas plataformas que empregan os grupos galegos para promover os seus traballos e cara a onde camiñan estas novas vías emerxentes. Traeranos tamén toda a información sobre os selos virtuais, e veremos o exemplo do que está a pasar con dous grupos tras ser fichados para lanzar a súa música a través destes, como son o caso de Cornelius, fichados por Blusens, e Ragdog, que asinaron un contrato con Movistar.
Outra perspectiva da música na rede daránola o xornalista Xavier Valiño, para falarnos de discos roubados na rede, discos que se filtraron antes de que saísen, un fenómeno máis común do que parece na actualidade.
“Banda Curta” tamén viaxará ata Cangas do Morrazo, onde descubriremos o que se agocha tras a rede “Son de Cangas”, unha iniciativa da que xa forman parte 20 grupos da localidade, que van dende o pop, ata o funk, e que xa gravaron unha recompilación, e programan actuacións todos os venres.
(Cap. 19)
O programa de música en directo traeranos hoxe unha das bandas máis veteranas do rock galego, Zenzar, que leva xa máis de 20 anos na escena musical e que vén para presentar o seu novo traballo A Tribu. Amais, os compoñent...
 13/06/2009 - 15:57 h. 
(Cap. 18)
A música en directo de The Attacks unha das bandas máis prometedoras do garaxe mundial que chega dende Dinamarca e que é a primeira vez que pasa por Galicia dentro da súa viaxe europea, será un dos acontecementos do programa de hoxe, xunto aos vigueses Ectoplasma, liderados polo veterano músico Nicolás Pastoriza, que presentarán en exclusiva algúns temas do seu novo disco, Ectoplasma en Villa Angelina, que en breve sairá ao mercado.
Nun programa dedicado tamén á denominada cultura "mod", "Banda Curta" contará coa presenza de Isabel Risco, actriz e presentadora, que nos desvelará o seu lado máis Mod e nos traerá algúns dos seus mellores vinilos do xénero que poderemos escoitar en directo.
Descubriremos tamén o lado máis musical de Mucha e Nucha, o dúo humorístico que actualmente traballa en "Luar", falando con elas para coñecer como é a súa vida cando non están en escena e amosando o seu bar, onde pasan boa parte do tempo, e o cal incluso prestan como local de ensaio.
Por último, acompañaremos a Kiko Veneno antes dun concerto e indagaremos nos gustos musicais da poetisa e presentadora Yolanda Castaño.
(Cap. 18)
A música en directo de The Attacks unha das bandas máis prometedoras do garaxe mundial que chega dende Dinamarca e que é a primeira vez que pasa por Galicia dentro da súa viaxe europea, será un dos acontecementos do programa de ho...
 06/06/2009 - 15:58 h. 
(Cap. 17)
Coque Malla tocará en directo en "Banda Curta", para presentarnos o seu novo e aclamado traballo La hora de los gigantes, o terceiro da súa carreira discográfica en solitario. Coque Malla estará acompañado por Nadadora, a banda galega do Grove que foi unha das primeiras representantes do fenómeno "indie" en Galicia.

O programa de música en directo prestará especial atención ao movemento rockabillie. Para darnos todas as claves deste fenómeno contaremos coa visita de Marcos Tellería que, ademais de ser o dono dun bar de rockabilly en Santiago, tamén é todo un intérprete do xénero.

Tamén estaremos con Russian Red nun día de concerto para descubrir o porque do seu éxito e como chegou a converterse en todo un referente na escena indie actual. Doutro lado, verase unha reportaxe de Germán Coppini, o que fora compoñente nos 80 de grupos como Golpes Bajos ou Siniestro Total, e que, tras pasar unha etapa complicada, contaranos os novos proxectos en que anda inmerso e que se esconde tras a súa volta aos escenarios.

E no noso ADN musical, analizaremos os gustos musicais dunha das presentadoras máis polifacéticas de Galicia, Belén Regueira, que nos confesará cales son as súas preferencias musicais, e tamén aqueles temas que nunca levaría no seu iPod.
(Cap. 17)
Coque Malla tocará en directo en "Banda Curta", para presentarnos o seu novo e aclamado traballo La hora de los gigantes, o terceiro da súa carreira discográfica en solitario. Coque Malla estará acompañado por Nadadora...
 30/05/2009 - 15:57 h. 
(Cap. 16)
Wraygunn, a banda de Coimbra que conta cun dos directos máis intensos e potentes do panorama do rock na actualidade, tocará en directo para "Banda Curta", ademais de falar sobre os seus proxectos de futuro. No escenario, estarán acompañados por unha das bandas pop máis surrealistas e estridentes do pop nacional, Manos de Topo, formada por vigueses e por cataláns, que veñen presentar o seu segundo traballo El primero era mejor.
Como homenaxe a Antonio Vega, o programa recupera a entrevista que o cantante concedeu hai dous meses a Banda Curta.
Nesta ocasión o programa prestará unha especial atención ao Metal e tratará de descubrir que se agocha tras "Metalicia", unha rede que xurdiu hai pouco e baixo a que se agrupa xa case un cento de bandas. Estarán connosco Jackye, dono dun dos bares máis metaleiros do momento, o "TNT", e Mon, guitarrista do grupo Moita Leria.
Visitaremos tamén A Guarda, onde todas as bandas do lugar se uniron para reivindicar un lugar de ensaio baixo a plataforma "Local de ensaio xa.
(Cap. 16)
Wraygunn, a banda de Coimbra que conta cun dos directos máis intensos e potentes do panorama do rock na actualidade, tocará en directo para "Banda Curta", ademais de falar sobre os seus proxectos de futuro. No escenario, estarán ...
 23/05/2009 - 15:59 h. 
(Cap. 15)
"Banda Curta" estará marcado pola actuación de dous artistas, como son Cornelius, acompañados por Los Secretos.
Para falar de funk, contaremos coa presenza de Chema, o responsable do programa "Modus Vivendi" na Radio Galega música.
Viaxaremos ata Vigo, para descubrir que o funk é un xénero que cada vez ten máis adeptos en Galicia. Nesta cidade estivemos con grupos como Phantom Club, Bronxson Project, Hangover Child ou SoundShepard.
Achegarémonos ata Ordes e Cerceda, dúas das localidades onde se concentran máis grupos facendo rock en galego. Estaremos con Kastomá que nos falará do seu novo traballo "almas da noite" que saíu a principios de ano; con Machina e o seu "Pos- bravú", un disco cargado de metal contundente, e con Zenzar e o seu traballo "A tribu", que acaba de saír do forno.
Na nosa sección "Xabarín" saberemos que foi do grupo Chouteira, que cantaban o coñecido tema o "Jai- jai, e sobre todo coa que fora a cantante do grupo, Uxía Pedreira.
Tamén estaremos con Vanexxa, nun día de concerto, para coñecer o espectáculo particular dunha das artistas emerxentes dos últimos tempos.
Suso Cortegoso, un dos nosos actores máis relevantes, descubriranos cales son os seus gustos musicais, aqueles estilos e artistas que o apaixonan e os que non tanto.
(Cap. 15)
"Banda Curta" estará marcado pola actuación de dous artistas, como son Cornelius, acompañados por Los Secretos.
Para falar de funk, contaremos coa presenza de Chema, o responsable do programa "Modus Vivendi" n...
 16/05/2009 - 16:01 h. 
(Cap. 14)
"Banda Curta" estará dedicado ao blues e, nesta ocasión, contará coa música en directo de Víctor Aneiros e a súa banda, e os madrileños Le Punk. O excepcional guitarrista ferrolán tocará, entre outros, o tema "Miña bala perdida", co que foi candidato como mellor tema en galego nos recentes Premios da Música. Pola súa parte, Le Punk presenta no programa o seu último disco Mátame, co que participará nalgúns dos festivais mais potentes do Estado durante este verán. Nacidos do grupo Buenas noches Rose,o mesmo do que saíron os Pereza, Le Punk é unha das mellores bandas de directo do país, e ten un son peculiar que mestura tango, ritmos balcánicos e rock.
A escena do blues na Coruña terá presenza no programa con músicos como Miki Nervio, Carlos Childe ou Moondog Blues Party. Ademais, o presentador Luís Pardo entrevistará a Joe Barnara, un singular músico vigués considerado o único na península que fai blues con acordeón.
Outro dos puntos fortes de "Banda Curta" será a entrevista que Raimundo Amador concedeu ao programa, deixando pasar as cámaras ata o seu camerino nun día de actuación, cos seus músicos e coa súa inseparable guitarra "Gerundina".
(Cap. 14)
"Banda Curta" estará dedicado ao blues e, nesta ocasión, contará coa música en directo de Víctor Aneiros e a súa banda, e os madrileños Le Punk. O excepcional guitarrista ferrolán tocará, entre outros, o tema "Miñ...
 09/05/2009 - 15:59 h. 
(Cap. 10)
“Banda Curta” contará coa actuación dos ourensáns Lamatumbá, que tocarán no programa unha sorprendente versión inédita de AC/DC, e con David Fonseca, o artista portugués de pop-rock máis internacional nestes momentos e un dos músicos portugueses máis reclamados nos festivais de todo o mundo. Fonseca, que foi elixido o ano pasado como o artista con mellor directo de Portugal, actúa por primeira vez en Galicia e vén presentar o seu magnífico disco Dreams in colour.
O programa tamén falou nesta ocasión co novo “rapaz” Almodóvar, Tamar Novas, o actor galego de moda, para coñecer os seus gustos musicais, e na sección “Xeración Xabarín”, cun clásico deste programa, o actor Josito Porto, que dará a coñecer o seu novo proxecto musical.
Un dos temas centrais da nova entrega do programa será o novo movemento de grupos galegos “bizarros”, agrupados baixo a marca de orixe Galician Bizarre, grupos como Novidades Carminha, Sr. Anido, Telephones Rouges ou Los Santos, que teñen en común a irreverencia e a provocación e que están a preparar un disco colectivo. Precisamente un dos grupos integrados inicialmente neste movemento, a banda de Carballo Francés, visitará o estudio do programa para mostrarnos toda a súa gama de instrumentos “bizarros” que usan nas actuacións: desde latas cobre cociñas, pasando por megáfonos electrónicos ou, sobre todo, o inclasificable theremin, un instrumento estraño que se activa por ondas eléctricas só con pasarlle a man por enriba.
No programa deste sábado tamén se poderá ver a Pink-Tones, unha das grandes bandas tributo a Pink-Floyd que hai no mundo e que precisamente usa o theremin nas súas actuacións.
(Cap. 10)
“Banda Curta” contará coa actuación dos ourensáns Lamatumbá, que tocarán no programa unha sorprendente versión inédita de AC/DC, e con David Fonseca, o artista portugués de pop-rock máis internacional nestes momentos e un...
 02/05/2009 - 16:01 h. 
(Cap. 13) Especial aniversario do Xabarín
Aínda que sexa unha criatura intemporal... chegaron as 15 primaveras do Xabarín e o programa de música en directo "Banda Curta" celebra hoxe por todo o alto o 15 aniversario do club audiovisual infantil da Galega. Para conmemoralo, o programa terá unha banda fixa tocando en directo, A Banda dos Catro, formada por experimentados músicos como Pablo Novoa, Pancho Álvarez, Marcos Viascón e Julián Hernández.

Xunto a eles irán desfilando polo escenario algúns dos músicos e cantantes que desenvolveron un papel relevante na historia musical do Xabarín, como Silvia Superstar, Fernando Abreu, o guitarrista de "Siniestro Total" Javier Soto, o ex-membro dos Diplomáticos Rómulo Sanjurjo, os cantantes Víctor Coyote e Nicolás Pastoriza ou os rapeiros El Puto Coke e Wöyza.

Todos os seguidores do programa poderán lembrar algunhas das cancións mais célebres deste xa mítico programa de televisión, como Quero Xamón, Estou na lavadora, Satélite Xabarín, Somos do clube da galega ou Oda ó futbolín. O presentador Luís Pardo, irá falando ao longo do programa con moitos dos protagonistas da historia do Xabarín, desde Miguelanxo Prado, o debuxante que creou o Xabarín; ata Carlos Portela o douctor TNT; Xavier Viana, o Inspector Tomé, ou Juanillo Esteban, o actor que ten levado ao lombo o boneco centos de veces, e que tamén achegará algunha sorpresa ao espectáculo.
(Cap. 13) Especial aniversario do Xabarín
Aínda que sexa unha criatura intemporal... chegaron as 15 primaveras do Xabarín e o programa de música en directo "Banda Curta" celebra hoxe por todo o alto o 15 aniversario do club audiov...
 25/04/2009 - 15:58 h. 
(Cap. 12)
A cidade de Vigo como epicentro de promotores de grandes concertos; Vetusta Morla, un dos grupos revelación do ano; o hip-hop árabe e o ADN musical da actriz Isabel Risco, serán os outros protagonistas do programa.

A música en directo de Meu, un dos grupos que máis están a soar, e que veñen de facer unha frenética xira polas principais salas de todo o estado co seu último traballo What´s ups?, e Nacho Vegas, unha das voces máis representativas e singulares do momento co seu Manifiesto Desastre, estarán hoxe no estudio de "Banda Curta".

Contaremos tamén coa presenza de David Lago, coñecido como "Tibe", que chegado desde Vigo, un dos epicentros dos grandes promotores de concertos, desvelará todos as claves e secretos que se agochan tras os grandes concertos e os estrenxos do día a día dun promotor musical: como e o proceso para contratar un grande artista, canto custa... e incluso algunhas das esixencias e caprichos máis estrambóticos que algúns artistas poñen para actuar.
(Cap. 12)
A cidade de Vigo como epicentro de promotores de grandes concertos; Vetusta Morla, un dos grupos revelación do ano; o hip-hop árabe e o ADN musical da actriz Isabel Risco, serán os outros protagonistas do programa.
 18/04/2009 - 16:00 h. 
(Cap. 11)
O "Banda Curta" deste sábado contará coa música en directo de Iván Ferreiro, un dos grandes talentos da música galega, que interpretará algúns dos temas máis coñecidos do seu último traballo, Mentiroso Mentiroso co que leva feito a viaxe musical con máis éxito da súa carreira. Estará acompañado de seu irmán Amaro, que decidiu dar o salto en solitario co disco La Ciudad de las Agujas, do cal tocará algúns temas en directo no escenario do programa. Os dous irmáns serán entrevistados polo presentador Luís Pardo, e avanzarán algúns dos seus últimos proxectos.

Noutra sección, analizarase o "ADN" musical do actor Manuel Manquiña, que fará un repaso a moitos dos concertos que fixo na súa vida e revelará algúns gustos sorprendentes; e coñecerase que se atopa tras o selo da Velvet Cave, unha curiosa iniciativa de apoio ao rock and roll auténtico xurdida en Pontevedra.

O programa viaxará tamén ata Ribadeo, onde coñecerá o gran fervedoiro de grupos que están a congregarse ao carón dun local de ensaio como poden ser Beettle Judge, Mallory, Escala Drinker ou Zora Gabbara.

Por último, achegarase ata Santiago para visitar a Lou Reyes, un rockabilly dos de raza, que ten un bar en Santiago onde todos os días da semana tanto pon copas como actúa en directo coa súa guitarra acústica. Desvelarase como é unha noite no Rock a Hullas.
(Cap. 11)
O "Banda Curta" deste sábado contará coa música en directo de Iván Ferreiro, un dos grandes talentos da música galega, que interpretará algúns dos temas máis coñecidos do seu último traballo, Mentiroso Mentiroso co que le...
 11/04/2009 - 16:02 h. 
(Cap. 10)
A música en directo de Silvia Superstar, unha clara representación da estética pin-up galega, soará no “Banda Curta” deste sábado, para interpretar algúns temas do seu primeiro disco en solitario. A que fora compoñente no seu día das Killer Barbies, preséntanos agora un novo traballo cargado de ritmo e cunha estética moi rompedora e transgresora, tal e como nos ten habituados. Ademais de falarnos do seu novo traballo, Silvia, daranos moitas das claves do movemento pin-up, e desvelaranos algúns segredos para converterse nunha auténtica pin-up. Da súa man faremos un repaso pola historia daquelas mulleres que marcaron un punto de inflexión dentro deste movemento. Tamén estará acompañada dos Samesugas, un grupo de rock auténtico que chega dende o barrio do Castiñeiriño de Santiago, pero que xa tocou dende Finlandia ata Portugal e que nos ofrecerá unha descarga de rock potente. O programa tamén acompaña a Santiago Auserón durante a súa participación nun novo e interesante proxecto musical que acaba de celebrarse, o Coruña Son, unha iniciativa que se convoca por internet para autores en lingua galega. De todos eles escóllense por votación dez cancións, que son estudadas na súa harmonía, melodía e letra, baixo a supervisión do propio Auserón, e que acabarán nun concerto e nun cd. Indagaremos nos gustos musicais do actor Pedro Alonso (o Padre Casares para moitos de nós), que nos fará un radiograma das súas preferencias musicais e que tamén nos desvelará aqueles estilos ou artistas que máis lle desgustan. Na nosa sección de seguimento, tivemos ocasión de coñecer o por que do grande éxito do que xa se deu en chamar entre os seu seguidores como o movemento chinarrista. Acompañaremos a que sen dúbida é un dos personaxes máis aclamados e coas letras máis singulares do pop español, o Señor Chinarro, sobrenome tras o que se esconde o introvertido Antonio Luque. Nesta ocasión, o programa tampouco quixo deixar pasar a oportunidade de achegarse ao que case se podería considerar como un xénero, a proliferación de bandas de rock de irmáns, con dous grupos de aquí de Galicia, formados por cadansúa parella de irmáns, que están a preparar disco: son El Cubo, do Porriño, e Maryland de Nigrán. Ambas as dúas contarannos como é esa experiencia entre irmáns. Carlos Portela, guionista que no seu día foi o célebre doutor TNT do Xabarín, amosará a que dedica hoxe en día o seu tempo e en que anda a traballar.
(Cap. 10)
A música en directo de Silvia Superstar, unha clara representación da estética pin-up galega, soará no “Banda Curta” deste sábado, para interpretar algúns temas do seu primeiro disco en solitario. A que fora compoñente no seu dí...
 04/04/2009 - 16:01 h. 
(Cap. 9)
Nesta ocasión, os Holywater, unha das bandas cunha traxectoria máis sólida do panorama galego, chegados desde Lugo, presentarannos o seu terceiro disco Tranquility e falarannos da recente viaxe musical que acaban de realizar por Europa. Estarán acompañados por Christina Rosenvinge, unha das voces femininas máis singulares do pop español, que tamén presenta novo disco Tu labio superior. O programa musical achegarase nesta edición ao forte emerxer das bandas tributo en Galicia, e para iso, acompañarannos no programa os Highlights, unha banda que acaba de ser finalista no concurso mundial de bandas tributo de Bob Dylan, en que participaron 45 bandas, e eles conseguiron quedar entre os tres finalistas. Para seguir esta tendencia musical, “Banda Curta” visita Ferrol, sen dúbida unha das cidades onde parece que se está a sentir máis forte esta febre, e onde atopamos ata 7 bandas, como por exemplo Rif Raf, que fai versións de AC/DC; a McKuin, que fai o mesmo con Queen, ou os Maidenslave, que tributan a Iron Maiden... Grazas a estes grupos descubriremos moitas cousas sobre as bandas tributo. Da man de Ricardo Alonso, colaborador habitual do programa, repasaremos a cota dos 5 artistas máis tributados, os que máis bandas teñen polo mundo adiante.
Música na fronteira
Por outra parte o programa estará presente en Tui, onde coñeceremos de preto algunha das interesantes propostas que están a xurdir na zona, resultado do intercambio musical entre os dous lados da fronteira, como son dúas bandas que están empezando e que nos contarán as experiencias interesantes deste transvasamento fronteirizo: Devil Crys e Uno Provisional. Na sección de seguimento, haberá ocasión de acompañar a Los Reyes del K.O, grupo galego chegado de Berlín cos seus blues, nun concerto moi especial que conseguiu encher a Sala Capitol de Santiago. Durante o concerto, tivo lugar a preestrea dun documental sobre a banda. Dentro do noso “ADN musical”, achegarémonos aos gustos e preferencias musicais da alpinista Chus Lago: daranos de primeira man información do que prefire escoitar “nas alturas” e tamén nos contará aqueles estilos ou artistas que menos lle gustan.
(Cap. 9)
Nesta ocasión, os Holywater, unha das bandas cunha traxectoria máis sólida do panorama galego, chegados desde Lugo, presentarannos o seu terceiro disco Tranquility e falarannos da recente viaxe musical que acaban de realiz...
 28/03/2009 - 16:01 h. 
(Cap. 8)
"Banda Curta" achégase a dous dos grupos máis novos da escena punk de Santiago, Pito de Pikasso e Labazada; descubrirá o "ADN musical" do actor Xosé Barato; falará coa banda lendaria The Wailers e amosará que anda a argallar na actualidade Arroz Hacker.

As actuacións en directo de dous grupos imprescindibles do panorama actual será o atractivo principal que ofreza o "Banda Curta" desta tarde, por un lado con Dr. Explosion, que tras cinco anos sen sacar disco presentaranos en directo o seu novo traballo Chupa aquí, a esencia dunha banda de rock and roll auténtico que conta xa con cerca de vinte anos de carreira ás súas costas. Doutro, a actuación da banda Som Do Galpom, que acaba de ser premiada nalgúns dos mellores festivais do país e que nos ofrecerá a estrea mundial do seu novo disco En terra de ninguén.

O programa musical non quere deixar de lado o gran boom que está a ter o reggae en Galicia, un movemento que nos últimos tempos está a medrar sen parar. Para ofrecer todas as claves deste impacto musical nesta terra e para estar ao día de todo o que se está a mover no panorama reggae de Galicia estará no estudio Óscar Méndez, un músico rastafari, fundador dos Bush Doctors (pioneiros do reggae en Galicia) e grande especialista do movemento na nosa terra. Tamén nos falará dalgúns dos seus proxectos, como o programa "Radio One" que ten en Radio Culleredo (sobre reggae) ou o festival "Reggae Foundation" que organiza nesta mesma localidade.
(Cap. 8)
"Banda Curta" achégase a dous dos grupos máis novos da escena punk de Santiago, Pito de Pikasso e Labazada; descubrirá o "ADN musical" do actor Xosé Barato; falará coa banda lendaria The Wailers e amosará que...
 21/03/2009 - 16:02 h. 
(Cap. 7)
Con música en directo dos controvertidos Def con Dos, que nos presentan algúns temas do seu último disco "Hipotécate tú", e con Elodio y los Seres Queridos, que xa andan a argallar o seu seguinte traballo, o programa musical da Galega préstalles amais especial atención aos experimentos musicais e a todas aquelas iniciativas orixinais e diferentes que están a xurdir.
Así, o programa acompaña a dous grupos que se están a introducir nesta tendencia e que mostrarán as súas orixinais propostas, como son Ultraquans e Projecto Trepia, gañadores dalgúns dos concursos celebrados nos últimos meses no país.
Tamén visitaremos a Skandalo Gz e Bretxacada, uns punkis de Ponteareas, que non dubidaron en construírse eles mesmos o seu propio local para ensaiar, a partir dun galiñeiro. Pero tamén estará , o home orquestra que chega desde O Freixo (Vigo) e que ten unha forma peculiar de interpretar os ritmos punk.
Coñeceremos que se agocha detrás do Proxecto Azou, un proxecto de "boyband" galego apoiado por tres reputadas empresas galegas.
Na coñecida sección Xabarín, intentaremos saber que foi da vida dos Diplomáticos de Monte Alto, autores da coñecida banda de Xabarín "A Tralla Brava", e veremos a que se dedican hoxe. Finalmente, na sección do "ADN musical", a actriz e cabareteira Iria Pinheiro desvelaranos as súas inquedanzas musicais.
(Cap. 7)
Con música en directo dos controvertidos Def con Dos, que nos presentan algúns temas do seu último disco "Hipotécate tú", e con Elodio y los Seres Queridos, que xa andan a argallar o seu seguinte traballo, o programa music...
 14/03/2009 - 16:14 h. 
(Cap. 6)
A sexta entrega de “Banda Curta” estará dedicada á música que se fai en Portugal. O programa de música contará coa actuación en directo dos X-Wife, e tamén actuarán os galegos Ruxe-Ruxe, que avanzarán en exclusiva temas do seu novo disco que sairá despois do verán. Prestaráselles unha atención especial ás músicas máis recentes que están a emerxer en Portugal, a través do estudoso Pedro Mesquita, autor dunha curiosa árbore xenealóxica do rock portugués; e tamén se falará das novidades dos grandes concertos do verán no país veciño, da man de Ricardo Alonso. Faráselle un seguimento á cantante e actriz María de Medeiros, nas horas previas a un concerto. Teté Delgado, descubrirá na sección do “ADN musical” os seus gustos de grupos e concertos. O programa estará no Grove para coñecer a fecunda actividade musical desta localidade, onde hai ata unha ducia de grupos de diferentes estilos musicais, como o pop de Alto Volta ou Nadadora; o garaxe de Phantom Keys; os punks de Punks and Company ou un dos grupos novos mais puxantes: os Telephones Rouges. Ademais dos estilos musicais do Grove, tamén se analizará o Momento Coruñento, un movemento emerxente novo que está a xurdir na Coruña, onde hai ata tres grupos que buscan os camiños da fusión, cantan en galego e están liderados por mulleres. Na sección dedicada á “Xeración Xabarín”, saberemos que foi dos Blood Filloas, autores do célebre tema “Superheroe”, e a que se dedica agora o seu líder Dani Filloa.
(Cap. 6)
A sexta entrega de “Banda Curta” estará dedicada á música que se fai en Portugal. O programa de música contará coa actuación en directo dos X-Wife, e tamén actuarán os galegos Ruxe-Ruxe, que avanzarán en exclusiva temas do...
 07/03/2009 - 15:58 h. 
(Cap. 5)
"Banda Curta"fará un seguimento a Tote King, o rapeiro español do momento, no transcurso dun concerto. Tamén contará coa actuación en directo de Wöyza, unha viguesa chamada a ser a revelación do ano dentro do hip-hop. Estará acompañada polo grupo Niño y Pistola, coñecido popularmente como os Beatles de Baiona, que está a presentar o seu segundo disco chamado Culebra.
O programa non quere deixar de estar con Aid, a figura actual deste estilo en Vigo máis destacada do país, que nos porá ao día de todo o que pasa na escena hip-hop de Vigo.
Dentro da cultura urbana, é tamén cita obrigada falar de bailes de rúa ou "street-dance" e para elo contarase coa presenza de Black Shadowns, un dos grupos máis veteranos de Galicia.
Dentro deste movemento, o programa non pode esquecer a cultura do graffiti e por iso amosará as moitas caras que poder ter ademais da pintura na rúa. En concreto, acompañará a Paco Quintas, un artista que conseguiu que algunhas camisetas que el mesmo customizou pasearan por Cibeles.
Na sección dedicada a rastrexar que foi dos compoñentes da Xeración Xabarín, estivemos cos Yellow Pixoliñas para ver que rumbo tomaron as vidas deles. E seguindo cos locais de ensaio, visitaremos os de Boiro e Noia, onde están dous grupos que darán moito que falar, Sínefres e Moita Leria.

(Cap. 5)
"Banda Curta"fará un seguimento a Tote King, o rapeiro español do momento, no transcurso dun concerto. Tamén contará coa actuación en directo de Wöyza, unha viguesa chamada a ser a revelación do ano dentro do hip-hop. Est...
 28/02/2009 - 15:57 h. 
(Cap. 4)
O cuarto programa de “Banda Curta” contará coa actuación en directo de dous grupos de excepción, un vén dende o País Vasco, We are Standard, que na actualidade está a presentar o seu último disco que leva o mesmo nome; doutro lado, e chegado desde Nigrán, está Ragdog, que, apoiado polo selo online de Movistar, faranos vibrar cos seus sons en directo e co seu sinxelo “Nada Más”, que acadou xa máis de 40.000 escoitas na rede, todas de pago, e co que preparan o salto a América. Dedicado ao rexurdido mundo do vinilo, o programa conta tamén coa presenza do DJ Constan Chao, que só traballa con sinxelos orixinais, e o crítico musical Nonito Pereira, un auténtico experto no tema do vinilo. Na sección dedicada a rastrexar que foi dos compoñentes da Xeración Xabarín, estivemos cunha cantante con quen moitos rapaces soñaban no seus anos mozos, a espectacular Silvia Superstar, que contará que anda a argallar na actualidade. O espazo musical tamén acompaña a The Ellas, o grupo musical de Luís Tosar, nun día moi especial para eles, xa que se estrea a súa mánager, Cristina Pazos. Ademais visitará o local de ensaio de Santiago, onde estará cos grupos Dirty Socks, Sinestesia e Som do Galpón, gañadores de varios premios. Ao final, saberase algo máis do ADN musical de Víctor Fábregas, ex compoñente do dúo artístico “Os Tonechos”, a quen se lle fará un radiograma para coñecer o seu universo musical. Quen queira asistir a unha gravación do programa, enviar información de festivais, actuacións, discos ou maquetas, pode contactar co programa no correo electrónico bandacurta@crtvg.es.
(Cap. 4)
O cuarto programa de “Banda Curta” contará coa actuación en directo de dous grupos de excepción, un vén dende o País Vasco, We are Standard, que na actualidade está a presentar o seu último disco que leva o mesmo nome; doutro lad...
 21/02/2009 - 15:59 h. 
(Cap. 3)
As actuacións en directo de The Hommens, que adiantará as novidades do novo disco , e de Cat People, un grupo que está considerado pola crítica especializada como a banda revelación de 2008, serán este sábado os maiores atractivos de 'Banda Curta'. Pero, ademais, completarán este cartel de luxo de presentación do programa Rober Bodegas, antigo DJ, guionista e humorista de éxito e Krakovia, que coa súa cantante Vinila von Bismark, está a revolucionar o panorama musical.
E tamén: O Caimán do Río Tea, autores do popular tema 'Estou na lavadora'; Xavier Valiño, xornalista musical, falará do seu libro 'Retratos pop', en que conseguiu entrevista inéditas con Björk, The Cure, ou Manu Chao e os xornalistas musicais Belén Regueira, Nonito Pereira, Xurxo Souto e Noel Feáns.
(Cap. 3)
As actuacións en directo de The Hommens, que adiantará as novidades do novo disco , e de Cat People, un grupo que está considerado pola crítica especializada como a banda revelación de 2008, serán este sábado os maiores a...
 14/02/2009 - 15:59 h. 
(Cap. 2)
Para o seu segundo programa, Banda Curta trae a actuación en directo de dous grupos tan diferentes como xeniais, o dúo Najwajean formado pola actriz Najwa Nimrri e o produtor musical Carlos Jean, que nos presentarán o seu segundo e último traballo 'Till it breaks', e doutro lado actuará a banda do Barbanza Triángulo de Amor Bizarro, que nos presentarán o seu disco 'El hombre del siglo V'. 'Banda Curta' tamén visitará esta semana Redondela para dar conta da afección de Redondela polo heavy, acompañando a varios grupos seguidores deste estilo, entre os que están Nocheni, The Silence e Agónica. Na sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada 'Xeración Xabarín', falarase dos Rastreros de Chantada que se fixeron famosos coa 'Tractorada'; e na sección chamada 'Adn', Luís Tosar dará a coñecer os seus gustos musicais. Por se todo isto non fose dabondo, realizouse un seguimento nas horas previas a un concerto, a Antonio Vega. Contarase tamén cun convidado moi especial, Rubén Cores, un rapaz de Ribeira, que a pesar da súa xuventude podería ser considerado como o digno sucesor do mesmísimo August Young. Xa para rematar, Ricardo Alonso, director de "Estudio 3" da Radio Galega, informará sobre toda a actualidade do panorama musical.
(Cap. 2)
Para o seu segundo programa, Banda Curta trae a actuación en directo de dous grupos tan diferentes como xeniais, o dúo Najwajean formado pola actriz Najwa Nimrri e o produtor musical Carlos Jean, que nos pre...
 07/02/2009 - 16:03 h. 
(Cap. 1)
Para o primeiro programa está prevista a actuación en directo de dúas das bandas que están a revolucionar o panorama musical nos últimos meses, dunha banda os granadinos Lori Meyers, considerados pola prensa especializada como os autores do disco do ano ('Cronolánea'), e The Blows, o grupo vigués que está a ser unha das grandes revelacións nos festivais musicais do estado. Cada semana pasarán polo estudio de gravación do programa, xente relacionada co mundo da música, como o fotógrafo compostelán Janite, fotógrafo de estrelas do rock en festivais tan importantes coma o de Benicàssim, que mostrará fotos que lles fixo a estrelas como Leonar Cohen, Jonhny Rotten ou Iggy Pop. 'BANDA CURTA' tamén dará a coñecer no primeiro programa as peculiaridades de Don Ramiro, unha aldea de Lalín onde hai ata catro grupos punkis, ou o grupo Agoraphobia, xurdido no local de ensaio de Boiro, formado por catro rapazas moi novas que están a espertar unha grande expectación. No programa tamén haberá unha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada 'Xeración Xabarín', como o caso dos Heredeiros da Crus, con quen se está a especular moito nos últimos meses co seu regreso aos escenarios, ou unha sección chamada Adn, onde personaxes populares darán a coñecer os seus gustos musicais. No primeiro programa foi o monologuista e mago Luis Piedrahita quen se prestou a descubrir os seus gustos para 'BANDA CURTA'.
(Cap. 1)
Para o primeiro programa está prevista a actuación en directo de dúas das bandas que están a revolucionar o panorama musical nos últimos meses, dunha banda os granadinos Lori Meyers, considerados pola prensa especializada como o...
 31/01/2009 - 15:53 h.