Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Divulgativos

CAZADOR DE PALABRAS
Docushow divulgativo que tratará de transmitir a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso e os aspectos máis divertidos da lingua.
Os topónimos, isto é, os nomes propios de lugar, teñen en ocasións a súa orixe en apelidos ou nomes propios de persoas aínda que, habitualmente, a súa orixe está nalgún aspecto físico ou material do lugar que designan. En Galicia contamos con máis de 30.000 nomes de lugar, pero... De onde nos veñen eses nomes? E temos todos tan claro de onde somos? "Cazador de Palabras", o docushow da Galega que busca o lado curioso e entretido do léxico, tratará de descubrilo hoxe á noite.
Para conseguir un avance nas súas investigacións, o espazo que presenta Matías Tarrío percorrerá diferentes lugares e vilas de Galicia co fin de conversar cos seus habitantes: como de costume, desas conversas extraerá aquelas verbas que, ben pola súa orixe etimolóxica ou polo seu descoñecemento, chamen máis a atención.
Os topónimos, isto é, os nomes propios de lugar, teñen en ocasións a súa orixe en apelidos ou nomes propios de persoas aínda que, habitualmente, a súa orixe está nalgún aspecto físico ou material do lugar que designan. En Galicia contamos con máis de...
 09/04/2009 - 21:40 h. 
O mundo está cheo de palabras e os libros conteñen a maior parte delas. Por iso, neste capítulo "Cazador de Palabras" somérxese no apaixonante mundo da literatura coa intención de buscar que palabras conteñen os libros antes e agora e, como de costume, destacar aquelas que sexan máis rechamantes pola súa orixe etimolóxica, repetición, desaparición ou ben porque conteñen algunha curiosidade.

Nesta ocasión, "Cazador de Palabras" converterase nun rato de biblioteca para descubrir como se facían e clasificaban os libros na antigüidade e, ademais, o método que segue un escritor para conseguir encher un exemplar de palabras. Como cada xoves, o programa presentado por Matías Tarrío percorrerá Galicia na busca de testemuñas que lle permitan coñecer ao espectador a emoción das palabras, o seu lado entretido e curioso ou os aspectos máis divertidos que, en xeral, contén a lingua galega.
O mundo está cheo de palabras e os libros conteñen a maior parte delas. Por iso, neste capítulo "Cazador de Palabras" somérxese no apaixonante mundo da literatura coa intención de buscar que palabras conteñen os libros antes e agora e, como de costum...
 02/04/2009 - 21:40 h. 
Ás veces, cando as palabras non se utilizan con boas intencións, máis vale estar calado. Polo menos, iso é o que din moitos refráns. Porén, en situacións límite, é moi difícil manter a boca pechada e mesmo algunhas verbas indesexables pero recoñecidas popularmente pasaron a formar parte do dicionario, son: os insultos, as burlas, as palabras que cuspimos cunha certa carga agresiva e coas que facemos inimigos.
Ben é certo que, ao igual que todos os estratos sociais fan uso delas, todas as rexións crearon palabras específicas que acabaron por introducirse nun "dicionario" particular do insulto.
Precisamente o "Cazador de Palabras" sae como cada xoves á rúa na procura das palabras que os galegos soltamos pola boca cada vez que queremos ofender a alguén. Pero ademais, a través das entrevistas realizadas, o presentador Matías Tarrío detectará aqueles termos que, como os castelanismos, os entrevistados empregan dun xeito incorrecto nas súas conversas diarias.
Ás veces, cando as palabras non se utilizan con boas intencións, máis vale estar calado. Polo menos, iso é o que din moitos refráns. Porén, en situacións límite, é moi difícil manter a boca pechada e mesmo algunhas verbas indesexables pero recoñecida...
 26/03/2009 - 21:43 h. 
O "Cazador de Palabras" sae á rúa este xoves, novamente coa complicidade do presentador Matías Tarrío, para seguir escribindo o seu dicionario particular de verbas a partir de novas conversas. Neste caso, o programa viaxará arredor dos nomes e apelidos máis curiosos e menos coñecidos dos seus entrevistados, así como por aqueles que máis identifican os galegos.
A historia, a etimoloxía ou a heráldica das designacións das persoas serán obxecto de reflexión e, como sempre, os vocábulos e expresións erróneas que os falantes empregan nas conversas serán "cazadas" polo corrector de palabras.
O "Cazador de Palabras" sae á rúa este xoves, novamente coa complicidade do presentador Matías Tarrío, para seguir escribindo o seu dicionario particular de verbas a partir de novas conversas. Neste caso, o programa viaxará arredor dos nomes e...
 19/03/2009 - 21:56 h. 
"Cazador de Palabras", o programa divulgativo da Galega que presenta Matías Tarrío, sairá esta noite na procura de novas palabras coa intención de engadilas ao seu dicionario particular. Neste caso, o cazador está moi preocupado pola saúde e, por iso, investigará as palabras máis curiosas relativas ao corpo e aos seus coidados e doenzas.

Así, este espazo familiar viaxará arredor da saúde coa intención de recoller verbas moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas dialectais e curiosas pola súa historia e evolución. Ademais, como de costume, o programa contará coa complicidade dos propios falantes así como de especialistas, xa que serán eles os que exemplifiquen o uso que fan de determinadas palabras a través das súas prácticas cotiás.
"Cazador de Palabras", o programa divulgativo da Galega que presenta Matías Tarrío, sairá esta noite na procura de novas palabras coa intención de engadilas ao seu dicionario particular. Neste caso, o cazador está moi preocupado pola saúde e, por iso...
 12/03/2009 - 21:58 h. 
O docushow da Galega que presenta Matías Tarrío, "Cazador de Palabras", volve este xoves á Galega cun capítulo cheo de sentimento e no que o fundamental será escoitar o amor. Así, coa intención de namorar a todos os galegos, o cazador busca hoxe o lado máis romántico das palabras, a maneira de como as usamos para namorar, hoxe e antes.
Buscar a emoción das palabras do amor, o seu lado entretido e curioso, volverá ser o obxectivo deste programa divulgativo semanal destinado a todos os membros da familia. E, como sempre, o cazador contará coa complicidade dos propios falantes e de especialistas, xa que serán eles os que exemplifiquen o uso que fan de determinadas palabras a través das súas prácticas cotiás.
O docushow da Galega que presenta Matías Tarrío, "Cazador de Palabras", volve este xoves á Galega cun capítulo cheo de sentimento e no que o fundamental será escoitar o amor. Así, coa intención de namorar a todos os galegos, o cazador busca ho...
 05/03/2009 - 21:57 h. 
A matanza do cocho non só supuña o sustento de moitas familias galegas senón que, ademais, servía para medir a súa categoría social e o seu benestar económico segundo a cantidade de animais que matara. Aínda, na actualidade, é unha tradición que se mantén nalgunhas zonas de Galicia e, por iso, o "Cazador de Palabras" sairá este xoves na busca de xente que sabe moitas palabras sobre o mundo do porco e sobre como o aproveitamos os galegos.
O programa familiar presentado por Matías Tarrío viaxará, deste xeito, por diferentes puntos da xeografía galega para introducirse nunha das nosas tradicións máis características, a da matanza e, ademais, falará con outras persoas que coñecen palabras e expresións curiosas ou descoñecidas sobre o que é un dos alimentos fundamentais da nosa dieta.
A matanza do cocho non só supuña o sustento de moitas familias galegas senón que, ademais, servía para medir a súa categoría social e o seu benestar económico segundo a cantidade de animais que matara. Aínda, na actualidade, é unha tradición que se m...
 26/02/2009 - 22:03 h. 
O "Cazador de Palabras" continúa co propósito de transmitir aos espectadores da Galega o lado máis entretido e curioso das palabras e da lingua. Así, nesta entrega o cazador sairá á rúa de compras para encher a cesta de palabras relacionadas co léxico do comercio.
Neste labor, o programa presentado por Matías Tarrío recollerá palabras moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas dialectais e curiosas pola súa historia e evolución. Para que a intención desta tarefa quede reflectida, o programa acode por igual ás tendas máis tradicionais e ás máis modernas, para que os tendeiros exemplifiquen o uso que fan de determinadas verbas a partir da súa práctica cotiá.
O "Cazador de Palabras" continúa co propósito de transmitir aos espectadores da Galega o lado máis entretido e curioso das palabras e da lingua. Así, nesta entrega o cazador sairá á rúa de compras para encher a cesta de palabras relacionadas co léxic...
 19/02/2009 - 21:58 h. 
Galicia é unha rexión que se diferencia pola calidade das distintas variedades de uva. De feito, esta riqueza ratifícase no estupendo sabor duns viños e nas cinco denominacións de orixe vitícola que a nosa comunidade posúe (Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrey). Por iso, no programa desta noite, o 'Cazador de Noticia' beberá das fontes para coñecer o léxico que rodea o mundo do viño. Así, como de costume, o programa presentado por Matías Tarrío sairá na procura de viticultores, enólogos e bebedores de a pé coa intención de que exemplifiquen o uso que fan de determinadas palabras a través das súas prácticas cotiás.
Galicia é unha rexión que se diferencia pola calidade das distintas variedades de uva. De feito, esta riqueza ratifícase no estupendo sabor duns viños e nas cinco denominacións de orixe vitícola que a nosa comunidade posúe (Ribeiro, Rías Baixas, Vald...
 12/02/2009 - 21:57 h. 
Hoxe, o cazador mergúllase noutro eido para establecer novas pontes co mundo das palabras, das imaxes, das ideas... un mundo sonorizado polo ritmo da natureza, da música... 'Ven bailar Carmiña', un título emblemático do cancioneiro galego, vén representar un percorrido pola música que se fai en Galicia, dende a máis tradicional aos ritmos máis modernos...palabras que formarán un capítulo propio da colección do cazador deste espazo lingüístico.
Hoxe, o cazador mergúllase noutro eido para establecer novas pontes co mundo das palabras, das imaxes, das ideas... un mundo sonorizado polo ritmo da natureza, da música... 'Ven bailar Carmiña', un título emblemático do cancioneiro galego, vén repres...
 05/02/2009 - 21:57 h. 
O tema escollido para o 'Cazador de palabras' de hoxe é o mar, un dos grandes tesouros de Galicia, non só pola beleza das paisaxes que nos proporciona, senón tamén por constituír unha importante fonte de alimentos, de traballo... Dada a importancia que o contorno marítimo ten para a nosa comunidade, o capítulo de 'Cazador de Palabras' que a Televisión de Galicia emite esta noite vai dedicado ao léxico do mar: tipos de embarcacións, artes de pesca, nomes de peixes... Deste xeito, o cazador de hoxe converterase en pescador de termos curiosos coa axuda das conversas que manterá cun mariñeiro, unha mariscadora e unha peixeira. Despois de analizar as palabras máis identificadoras da súa xerga, o programa rematará coa preparación dunha receita tradicional nun restaurante moi moderno.
O tema escollido para o 'Cazador de palabras' de hoxe é o mar, un dos grandes tesouros de Galicia, non só pola beleza das paisaxes que nos proporciona, senón tamén por constituír unha importante fonte de alimentos, de traballo... Dada a importancia q...
 29/01/2009 - 21:56 h. 
Neste segundo capítulo, o programa divulgativo e familiar que presenta Matías Tarrío sairá á “caza” do léxico relacionado co mundo do traballo coa intención de recoller palabras moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas dialectais e curiosas pola súa historia e evolución. Ademais disto, procurará atopar palabras de oficios tradicionais para logo contrapoñelos a outros máis modernos e, desta maneira, recoller tamén o seu léxico.
Neste segundo capítulo, o programa divulgativo e familiar que presenta Matías Tarrío sairá á “caza” do léxico relacionado co mundo do traballo coa intención de recoller palabras moi usuais ou pouco coñecidas, diferentes segundo as zonas diale...
 22/01/2009 - 21:56 h. 
A carreiriña dun can
O Cazador de palabras sairá esta noite por primeira vez na busca dos termos máis rechamantes da lingua galega. Nesta primeira emisión, o programa introducirase na linguaxe empregada no deporte rei, o fútbol, para recoller as palabras e expresións máis técnicas e populares. Pero non todo o tempo estará dedicado ao fútbol, senón que a 'caza' tamén consistirá en atopar pezas curiosas naqueles deportes como as traíñas en que, na actualidade, triunfan galegos. O capítulo rematará cun repaso polo léxico dos deportes tradicionais. Nesta primeira edición dedicada ao léxico do deporte participan o ex deportivista Fran e Arsenio Iglesias.
A carreiriña dun can
O Cazador de palabras sairá esta noite por primeira vez na busca dos termos máis rechamantes da lingua galega. Nesta primeira emisión, o programa introducirase na linguaxe empregada no deporte rei, o fútbol, para rec...
 15/01/2009 - 21:56 h.