Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Divulgativos

VIVIR AQUÍ
O programa que escoita aos cidadáns. Isabel Durán e Xosé Luís Bernal conducen este espazo en que é imprescindible a súa participación.
O equipo de "Vivir Aquí" rastreará hoxe un fenómeno recente, o dos "neorurais", que cada vez conta con máis seguidores e que sobre todo elixen Galicia como destino final para cambiar as súas vidas, froito dunha decisión vital. Eles marcan un novo tipo de éxodo de xente que foxe do estrés das cidades e que atopa en Galicia o paraíso perdido... pero para quedar nel.

As historias desta xente, unha boa parte chegada desde fóra de Galicia, é a historia do retorno ao rural, como un matrimonio rioxano que mercou unha aldea enteira, en Sarreaus (Ourense) para dedicala ao turismo rural; uns alemáns que ao coñecer Sober decidiron quedar a restaurar unha casa; un filólogo de Riós que marchou a Vigo e volveu ás orixes da terra para facerse gandeiro e ten unha granxa cooperativa; un catalán viaxeiro neto de galegos, que decidiu parar a súa aventura en Pobra de Brollón (Salcedo), e unha rapaza que herdou unha explotación gandeira que decorou con música, cadros, fotografías e cores e onde produce galletas "As maruxas" de nata.

En Ferreira de Pantón (Lugo), o equipo de programa atopou dous casos curiosos, unha historia de dous xubilados ingleses que elixiron este sitio para facer a súa casa definitiva, e tamén uns alemáns que transformaron o lugar nunha "ecoaldea", para cultivar a terra seguindo as formas tradicionais e practicando unha economía de subsistencia.
O equipo de "Vivir Aquí" rastreará hoxe un fenómeno recente, o dos "neorurais", que cada vez conta con máis seguidores e que sobre todo elixen Galicia como destino final para cambiar as súas vida...
 07/02/2010 - 21:28 h. 
Como chegar a fin de mes
O equipo do programa, con Farruco, Isabel Durán, Pablo Garaloces e Nico Campos, contactará coas distintas experiencias e maneiras de sobrevivir que teñen as familias e a xente con dificultades para cubrir as súas necesidades mensuais.


Os reporteiros repasarán os distintos trucos domésticos que fan posible un certo aforro nas facturas da luz e da auga; contactarán cunha familia numerosa de 8 fillos, de Ferrol, que explicará como se organiza para chegar a fin de mes; compararán a xente que compra sempre no mesmo súper coa que anda a buscar as ofertas onde as haxa; as vendas de ouro e as casas de empeño para obter liquidez; o aforro que supoñen as academias de perruquería; analizarán o mercado das tendas de segunda man e que tipo de usuario compra e vende, e seguirán os traballadores que practican a filosofía do "tupper ware", aqueles que se reúnen para comer nunha sala do traballo e quentan a comida que traen da casa no microondas.
Como chegar a fin de mes
O equipo do programa, con Farruco, Isabel Durán, Pablo Garaloces e Nico Campos, contactará coas distintas experiencias e maneiras de sobrevivir que teñen as familias e a xente con dificultades para cub...
 31/01/2010 - 21:29 h. 
O equipo do programa, con Farruco, Isabel Durán, Pablo Garaloces e Nico Campos, vai ser máis reporteiro que nunca achegándose ás rúas para contactar cos problemas que sente a xente.

Este formato novo de "Vivir Aquí" arranca este domingo precisamente respondendo a ese perfil máis social, máis dinámico e de máxima actualidade, que o levará a tratar a situación actual da indixencia e da pobreza en Galicia, moito máis acusada coa crise económica, pero desde o punto de vista máis positivo valorando o traballo, ás veces descoñecido, que se está a realizar en toda Galicia por distintos colectivos, voluntariado, ONGs e institucións.

Os reporteiros do programa achegaranse e convivirán con eses mecanismos da realidade cotiá que traballan por combater a indixencia en Galicia como apoio dos máis necesitados e con menos recursos, realizando un seguimento xunto aos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, de Teis (Vigo); a ONG Zebra, na Coruña, que ten un economato con produtos por valor dun 1 euro e unha tenda de oportunidades por menos de 5 euros; os almacéns centrais, en Vilagarcía, da "Fundación Amigos de Galicia", que reparte a domicilio caixas e roupa adaptadas ás necesidades de cada familia; en Baiona "Axuda ao mundo necesitado"; a Cociña Económica, de Cáritas, estendida por toda Galicia; "Centro Cedro", na cidade de Vigo, máis centrada nos drogodependentes, e en Ourense a empresa "Sercoga", dedicada á inserción laboral por distintos motivos.
O equipo do programa, con Farruco, Isabel Durán, Pablo Garaloces e Nico Campos, vai ser máis reporteiro que nunca achegándose ás rúas para contactar cos problemas que sente a xente.

Este formato novo de "...
 24/01/2010 - 21:34 h. 
O programa "Vivir Aquí" visitará os mercados de abastos de Vilagarcía e Cambados para exemplificar o problema destas áreas, que cada vez van indo a menos polo influxo dos grandes centros comerciais. Farruco falará cos responsables dos postos nestes mercados, que cada vez teñen menos xente, pero que aproveitarán para reivindicar a calidade da súa oferta.

O espazo da Televisión de Galicia tamén se desprazará a Betanzos, onde coñecerá a un grupo de rapaces afeccionados ao skate, que reclaman unha nave para poder practicar o seu deporte favorito.

Ademais, os espectadores da Galega coñecerán hoxe a problemática duns veciños dunha urbanización de Valdoviño que levan 30 anos solicitando o asfaltado e acondicionamento das súas rúas.

Tamén agardan esta noite a visita de "Vivir aquí" senllos grupos de rapaces de dous clubes de fútbol infantil de Pontedeume e Pontevedra, que piden un campo de herba sintética para adestrar. Na parroquia de Tomeza, en Pontevedra, os veciños reclamarán un parque infantil en condicións, xa que o teñen non cumpre as condicións homologadas para estas áreas recreativas.

O programa "Vivir Aquí" visitará os mercados de abastos de Vilagarcía e Cambados para exemplificar o problema destas áreas, que cada vez van indo a menos polo influxo dos grandes centros comerciais. Farruco falar...
 06/01/2010 - 22:07 h. 
O programa que acode ás protestas veciñais e que lles pon voz ás historias anónimas envía esta noite a Farruco ata Pontedeume para coñecer a pé de estrada, nunca mellor dito, as reclamacións dun grupo de afectados porque unha liña continua na N-651 ao seu paso por esta localidade ferrolá lles crea unha grande incomodidade cotiá para poder acceder aos garaxes das súa casas e, aínda por riba, tendo en conta que hai falta de aparcadoiros, polo que esixen unha solución.
Outro tipo de demandas levan o reporteiro do programa Pablo Garaloces ata Negreira, onde reivindican a creación dun conservatorio municipal de música e unha sección da Escola Oficial de Idiomas, para non ter que ir estudar estas dúas disciplinas ás capitais de provincia.
Noutra localidade, en Oleiros, o reporteiro coñecerá de preto as preocupacións dos veciños das zonas de Lorbé e Bastiagueiro, que reclaman atención ante a falta de pasos de peóns, sobre todo nas paradas do bus escolar.
O programa que acode ás protestas veciñais e que lles pon voz ás historias anónimas envía esta noite a Farruco ata Pontedeume para coñecer a pé de estrada, nunca mellor dito, as reclamació...
 16/12/2009 - 22:14 h. 
(Cap. 79)
O programa que atende as protestas veciñais e que lle pon voz ás historias anónimas acode hoxe á cidade de Pontevedra, onde Farruco coñecerá a preocupación dos vendedores ambulantes pola situación precaria que atravesa unha das feiras máis importantes de Galicia e que entenden que vai á deriva. Farruco achegarase ás reivindicacións deste colectivo, que reclama o apoio das administracións públicas para revitalizar e potenciar a feira, captando máis comerciantes e clientela.

Noutro tipo de reclamacións, o programa tamén coñecerá os problemas dos veciños da popular rúa de Santo Andrés, na Coruña, obrigados a convivir cun terreo abandonado que provoca filtracións de humidade e acumulación de lixo e onde estaba prevista unha construción que non dan feito, polo que demandan unha solución urxente para as deficiencias que están a sufrir as súas casas.

Outra das historias que hoxe atende o programa lévano ata Pontevedra, onde un grupo de veciños do lugar de Curro, afectado pola estrada PO-531, que une a cidade con Vilagarcía de Arousa, e que rexistra unha alta sinistralidade, protesta porque, como a Xunta non dá feitas as obras proxectadas para mellorar a seguridade viaria, atrásanse as expropiacións e provoca unha incerteza entre os veciños ao non saber que facer coas súas casas.
(Cap. 79)
O programa que atende as protestas veciñais e que lle pon voz ás historias anónimas acode hoxe á cidade de Pontevedra, onde Farruco coñecerá a preocupación dos vendedores ambulantes...
 09/12/2009 - 22:50 h. 
O programa que atende as reclamacións da xente e que pon voz ás historias anónimas vaise hoxe a Vigo para escoitar as reivindicacións veciñais para que non se derrube o edificio da panificadora, unha fábrica de pan de principios do século XX que forma parte da arquitectura industrial de Vigo. Farruco estará con dúas plataformas que levan adiante esta reclamación, Outro Vigo é posible e Entremos na panificadora, que reivindican o uso cultural e público deste patrimonio.

Na súa saída para recoller outro tipo de protestas veciñais, o reporteiro Pablo Garaloces coñecerá os problemas de lixo e de abandono da praia de Rodeira, en Cangas, onde os afectados piden un mantemento continuado, tamén en inverno, deste areal urbano. Noutra fronte reivindicativa, o programa estará no concello de Crecente (Pontevedra) para coñecer de preto os problemas dos veciños desta zona dende que hai un ano, a consecuencia dun temporal e das pedras que desprendeu, teñen que convivir a cotío cun camiño de paso atrancado que lles impide a circulación normal polo seu territorio.
O programa que atende as reclamacións da xente e que pon voz ás historias anónimas vaise hoxe a Vigo para escoitar as reivindicacións veciñais para que non se derrube o edificio da panificadora, unha fábrica ...
 02/12/2009 - 22:14 h. 
O programa que atende as protestas veciñais e que recolle as historias anónimas da xente achégase esta noite á problemática das persoas sen teito, en concreto en Vigo, onde un grupo de indixentes lle contará a Farruco como despois de ter o compromiso da Xunta para destinar un local a albergue público, agora, pasado un ano, ese local terá outro destino, o dunha gardería, e a eles non lles dan solución ningunha, mentres ven con preocupación como se está achegando o inverno.

Outras caras da problemática veciñal levarán o programa ata O Pino, un barrio de Ourense onde hai un grupo de afectados porque a estrada N-120 cruza moi preto das súas vivendas e a eles non lles queda espazo para aparcar os seus coches; e non atopan solución ata que se dirima a competencia entre a Policía Local e a Garda Civil. Doutro lado, en Caldas de Reis (Pontevedra) un grupo de veciños que viron estragados os seus cultivos cando uns 20 cabalos salvaxes invadiron as súas terras tomaron a decisión de concentralos e levalos á poxa pública, habida conta de que ninguén se fixo responsable destes cabalos.

Nunha edición máis de "Historias Peregrinas", o reporteiro do programa Pablo Garaloces achegaranos a singularidade dun albergue situado no camiño de Fisterra (concello de Dumbría), que está formado por unha aldea enteira e cun hórreo habilitado para o repouso dos peregrinos. Deste feito dá fe Alberto Mancebo, xornalista da TVG, que lembrará como foi a súa experiencia no albergue "Olveiroa".
O programa que atende as protestas veciñais e que recolle as historias anónimas da xente achégase esta noite á problemática das persoas sen teito, en concreto en Vigo, onde un grupo de indixentes lle contará ...
 25/11/2009 - 22:48 h. 
O programa que atende as protestas cidadás e que dá voz ás historias anónimas achégase hoxe (21.30h) aos afectados por unha presunta estafa inmobiliaria cometida en Galicia pola construtora "Seiseme". Farruco escoitará a problemática destes afectados, que están organizados nunha plataforma, para coñecer de preto a última hora dun conflito que está nos xulgados. A novidade é que, por primeira vez, o xerente da construtora fala para un medio de comunicación, neste caso o programa "Vivir aquí", a través dun comunicado que se dará a coñecer.

En orde a outro tipo de problemas, o programa tamén atenderá a inquietude dos veciños da parroquia de Atios, no Porriño, porque a zona está cruzada por torretas de alta tensión e, amais de vivir con este perigo, sofren deficiencias na subministración eléctrica.

Dentro das historias peregrinas que cada semana nos trae o reporteiro Pablo Garaloces, hoxe escoitará o tema que compuxo Gustavo Almeida coa pretensión de convertelo en himno do Xacobeo 2010. Percorrendo o camiño dos cogomelos, o programa dará a coñecer os seus segredos, pero alertando sobre os perigos pola asociación "Os Cogordos", de Ourense.
O programa que atende as protestas cidadás e que dá voz ás historias anónimas achégase hoxe (21.30h) aos afectados por unha presunta estafa inmobiliaria cometida en Galicia pola construtora "Seiseme". Farr...
 18/11/2009 - 21:51 h. 
O programa que recolle as denuncias e protestas da cidadanía rescatando as súas historias anónimas cambia para hoxe, o mércores pola noite, o seu día de emisión, para atender unha nova denuncia, esta vez procedente de Curtis. Farruco estará a pé de campo para escoitar as queixas dos veciños porque lles quitaron tres pasos a nivel perigosos pero ao mesmo tempo non lles deron ningunha das vías alternativas que lles prometera o ministerio de Fomento (pasos elevados e soterrados), polo que a zona parece dividida en dúas partes.

En pleno centro de Vigo, o programa escoita as protestas veciñais provocadas por ter que convivir cun inmoble abandonado que está a converterse nun vertedoiro descontrolado amais dun foco de posibles infeccións.

"Vivir Aquí" insistirá nunha das reivindicacións históricas dun dos barrios do concello de Ames que máis medrou nos últimos tempos, como é O Milladoiro, e que consiste na demanda dun instituto, xa que conta con máis de 4.000 rapaces menores en idade escolar.
O programa que recolle as denuncias e protestas da cidadanía rescatando as súas historias anónimas cambia para hoxe, o mércores pola noite, o seu día de emisión, para atender unha nova denuncia, esta vez proc...
 11/11/2009 - 00:00 h. 
"Vivir Aquí" envía a Farruco nesta ocasión para escoitar as queixas da Coral Alvedosa, de Redondela, pois os seus membros están en pé de guerra coa directora do centro social onde ensaian porque xa non o poden facer por mor dunhas obras, pero non lles dá unha alternativa para seguir cantando, motivo polo cal pensan que quere darlle carpetazo á coral.
No estudio do programa, o avogado José Manuel RoibásMetidos nas "Historias peregrinas" que guía cada semana Pablo Garaloces para despexar de problemas do camiño cara ao Xacobeo 2010, hoxe lévanos ata o tramo de Samos (Lugo), onde sobre o terreo se observan unha serie de indicacións contraditorias que provocan a conseguinte protesta dos hostaleiros da zona.
"Vivir Aquí" envía a Farruco nesta ocasión para escoitar as queixas da Coral Alvedosa, de Redondela, pois os seus membros están en pé de guerra coa directora do centro social onde ensa...
 05/11/2009 - 23:58 h. 
O programa que recolle as historias anónimas e que atende aos conflitos veciñais envía hoxe a Farruco ao encoro das Cunchas, en Bande (Ourense) a pescar carpas e percasoles, peixes foráneos que eliminan a fauna autóctona, como son as troitas. Pero Farruco irá máis aló no seu afán de protector do medio natural, xa que vai animar tamén a cociñar as carpas para así contribuír á desaparición das especies "estranxeiras".
Noutro apartado o programa farase eco da loita cidadá que hai 36 anos libraron os veciños de Xove (Lugo) contra o proxecto dunha central nuclear e grazas ao cal lograron parar. Amais, na sección de "Historias peregrinas", Pablo Garaloces amosaranos un dispositivo novo de GPS, ideado por unha empresa viguesa, destinado especialmente para peregrinos.
O programa que recolle as historias anónimas e que atende aos conflitos veciñais envía hoxe a Farruco ao encoro das Cunchas, en Bande (Ourense) a pescar carpas e percasoles, peixes foráneos que eliminan a fauna aut&...
 29/10/2009 - 22:50 h. 
Na edición desta noite do programa "Vivir aquí", Farruco desprazarase para coñecer as reivindicacións da plataforma "Salva o tren", que esixe que non se supriman as paradas que fan os trens rexionais cando se instaure a alta velocidade en Galicia. As asociacións que conforman esta plataforma denuncian que coa chegada do AVE se eliminarán as liñas férreas de proximidade. Farruco falará cos seus representantes na localidade pontevedresa de Portas, que acaba de perder o seu servizo ferroviario.

Ademais, o reporteiro do programa, Pablo Garaloces, falou cunha muller da Baña, que lles ensinará aos espectadores da TVG o estado de abandono en que se atopan os muíños desta localidade, que noutra época, cando ela era máis nova, coñeceron momentos de esplendor.

"Vivir aquí" tamén se achegará esta noite á aldea de Soutoperros, onde un veciño denunciará o lamentable estado en que se atopa o tramo do Camiño de Santiago que transcorre por esta zona, onde mesmo se poden atopar mostras que rachan coa estética da paisaxe.

Haberá máis protestas hoxe no programa presentado por Isabel Durán e Xosé Luís Bernal "Farruco", xa que os veciños de Cabreira, no Concello de Salvaterra do Miño, queren amosar a contaminación do río Caselas, que desprende malos olores e acumula residuos e verteduras de augas fecais procedentes dunha depuradora que se creou para abastecer a 1.000 habitantes e actualmente está a servir a 3.000.
Na edición desta noite do programa "Vivir aquí", Farruco desprazarase para coñecer as reivindicacións da plataforma "Salva o tren", que esixe que non se supriman as paradas que fan os trens rexion...
 22/10/2009 - 22:48 h. 
Novas protestas cidadás asómanse esta noite ao Vivir Aquí, onde Farruco intentará botar unha man aos veciños de Pazos de Borbén, concello pontevedrés que para o ano que vén contará co seu primeiro tanatorio, pero cuxo emprazamento escollido polo goberno local, á porta mesmo das vivendas privadas, sementou a polémica entre a xente do lugar.
O programa atenderá tamén a reclamación dos pais dos alumnos con trastorno do espectro autista (TEA) do CEIP A Lomba, en Vilagarcía de Arousa, que o curso pasado, en colaboración coa Administración, lograron poñer en marcha unha aula de apoio atendida por membros da Asociación BATA, unha entidade especializada na atención ao autismo. Pero hai uns meses cambiou a situación e agora os pais protestan pola decisión da Consellería de Educación de substituír os responsables que atendían a aula por persoal da Administración.
Por primeira vez unha cámara de televisión conseguiu gravar na mina de Fontao, que ten a particularidade de que durante a II Guerra Mundial e a Guerra de Corea a mina de Vila de Cruces se converteu nunha das explotacións de volframio máis importantes de Galicia (dise que chegou a empregar a 2000 homes). Ao carón dela instalouse o poboado de Fontao, unha pequena cidade que chegou a ter cine, tendas, escola, igrexa... e que quedou completamente abandonada na década dos 70. Pablo Garaloces descubriranos as súas historias esta noite.
Novas protestas cidadás asómanse esta noite ao Vivir Aquí, onde Farruco intentará botar unha man aos veciños de Pazos de Borbén, concello pontevedrés que para o ano que vén contará...
 15/10/2009 - 23:18 h. 
O "Vivir aquí" desta noite achega ao espectador un problema moi global. Cada cidadán utiliza ao redor de 238 bolsas de plástico dun só uso ao ano e cada unha tarda aproximadamente 400 anos en descompoñerse. Na procura dunha actitude máis respectuosa do cidadán co medio natural, a Asociación de Amas de Casa de Boiro está a realizar unha campaña informativa en que reparten de xeito gratuíto bolsas de fécula de pataca 100% biodegradables.
Dende as rúas, Farruco transmítenos unha nova reclamación veciñal na súa visita ao barrio coruñés de San Cristovo das Viñas, onde os seus residentes teñen diversas deficiencias que reclaman que os responsables políticos lles solucionen, pero o seu cabalo de batalla é, ante todo, o asunto da intensa densidade de tráfico rodado.
No estudio de gravación de "Vivir Aquí" tamén se tratará outro tema polémico, a intención do Ministerio de Sanidade de ampliar a Lei Antitabaco. Un hostaleiro compostelán e un membro da asociación Nofumadores.org discutirán sobre este asunto.
O programa elevará á Secretaría Xeral de Familia e Benestar a denuncia dun grupo de mulleres de Marín, cuxos fillos utilizan o servizo de transporte adaptado, dedicado aos traslados de persoas dependentes aos seus centros de día, pero segundo aseguran as nais as prestacións deste servizo son moi poucas, por iso reclaman máis compromiso por parte da Administración.
O "Vivir aquí" desta noite achega ao espectador un problema moi global. Cada cidadán utiliza ao redor de 238 bolsas de plástico dun só uso ao ano e cada unha tarda aproximadamente 400 anos en descompo&ntil...
 08/10/2009 - 23:24 h. 
Este domingo hai cambio de cura na Gudiña e os veciños ameazan con non asistir á misa co novo párroco. A este conflito vai asistir o "Vivir Aquí" de hoxe, que manda a Farruco a percorrer as parroquias onde oficiaba don Antonio para escoitar as queixas dos veciños e que lle conten por que non queren que lles cambien o párroco. Amais, ao bispado de Ourense acumúlanselle as protestas dos fregueses, pois tamén noutra localidade, en Muíños, os veciños están molestos porque lles cambian a don Isaac e aseguran estar "cansos de estar a chorar seguido polos curas".

Para analizar esta serie de casos nas parroquias galegas, o programa contará con dous convidados en estudio, un ex sacerdote e o presidente dunha asociación que promove a volta á misa en latín, para preguntarlles a que pensan que se debe este cambio de sacerdotes cando a parroquia está contenta con eles. O equipo do programa tamén sairá á rúa para pulsar a opinión da xente sobre se a igrexa e a sociedade camiñan ao mesmo ritmo.

Noutros puntos de interese, Pablo Garaloces descóbrenos a existencia dun horto en pleno centro de Lugo, e doutro lado os rapaces dun colexio de Queiruga, en Porto do Son, alertan do perigo ao que se expoñen a diario para asistir a clase.
Este domingo hai cambio de cura na Gudiña e os veciños ameazan con non asistir á misa co novo párroco. A este conflito vai asistir o "Vivir Aquí" de hoxe, que manda a Farruco a percorrer as parroquias onde...
 01/10/2009 - 23:11 h. 
O concello coruñés de Malpica será un dos focos de atención do Vivir Aquí desta noite, onde Farruco escoitará uns veciños que expresan a súa desconformidade co proxecto de rexeneración dunha das súas fermosas praias, pois, segundo contan, para rexenerar Area Maior, no paseo marítimo da vila, terán que extraer area doutra, a de Seiruga, fronte ás illas Sisargas.
Doutro lado, o programa que pon voz ás historias da xente anónima faralle unha homenaxe á maquinaria que liberou o home, a muller e os animais da escravitude do traballo directo da terra e converteuse en clave decisiva na cadea de produción de alimentos. Así, a asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica quere axudar a aumentar a autoestima do traballador do medio rural e por iso reivindica a auténtica calidade de vida neste mundo cada vez máis tenso.
Na procura de historias peregrinas, o programa achega hoxe unha sobre rodas, as dos patíns de Andrés Villar, de Ribeira. Historias anónimas que chegan a través do teléfono 902905260.
O concello coruñés de Malpica será un dos focos de atención do Vivir Aquí desta noite, onde Farruco escoitará uns veciños que expresan a súa desconformidade co proxecto de rexeneración du...
 24/09/2009 - 23:32 h. 
Outro programa da noite, "Vivir Aquí", afronta desde hoxe unha etapa nova, cambia de imaxe e de día de emisión pero non de fondo, xa que seguirá a poñer voz ás historias anónimas dos telespectadores, recibindo as súas queixas e problemas. Nesta ocasión, Farruco estará en Ponte Mazaira para contarnos como unha pequena ponte que cruza o río Furelos é obxecto da maior atención e preocupación dos veciños de Melide e Toques.
Outro tema que atenderá o programa está de máxima actualidade, dende que Sogama anunciou que deixará de recoller os residuos voluminosos, unha medida que afecta a moitos concellos e que podería facer aumentar o número de vertedoiros ilegais. Doutro lado Pablo Garaloces estará en Cervo aplaudindo a actitude veciñal diante dunhas obras, que queren que se paralicen porque se atoparon alí restos arqueolóxicos dun castro. "Vivir Aquí" irá amais ata o municipio coruñés de Mañón a descubrir outro recanto con encanto, Grañas do Sor.
Outro programa da noite, "Vivir Aquí", afronta desde hoxe unha etapa nova, cambia de imaxe e de día de emisión pero non de fondo, xa que seguirá a poñer voz ás historias anónimas dos telespec...
 17/09/2009 - 23:32 h. 
A volta aos colexios convértese no punto de atención principal dun novo Vivir Aquí, que a semana que vén estrea nova imaxe e cabeceiras de presentación. A volta á escola do alumnado de infantil e primaria leva ao programa a estar hoxe no MUPEGA, no museo pedagóxico de Galicia, onde Farruco e Isabel Durán traerán á nosa memoria a evolución da escola en Galicia, pero en calquera caso sen deixar de abordar as historias cotiás que chegan á redacción.

No tocante a outras problemáticas chegadas á redacción do programa, hoxe falarase dos problemas que hai no rural co reparto do correo, xa que os veciños de Gaxate, no concello pontevedrés da Lama, denuncian deficiencias no servizo de reparto por mor dos continuos cambios de carteiro.

Doutro lado, Pablo Garaloces tráenos unha nova historia peregrina: que os que chegan a cabalo a Compostela non teñen onde deixar as bestas. Amais, o programa estará cos veciños de Roma, no concello coruñés de Zas, para constatar os problemas de vivir no rural e de comunicarse co mundo sen tele, sen cobertura de móbil e sen a Internet.
A volta aos colexios convértese no punto de atención principal dun novo Vivir Aquí, que a semana que vén estrea nova imaxe e cabeceiras de presentación. A volta á escola do alumnado de infantil e prima...
 10/09/2009 - 23:09 h. 
"Vivir Aquí" despide a súa temporada de verán dende as Rías Baixas, para deseguido, a partir da semana que vén, continuar con novos temas da temporada que entra. Farruco viaxa hoxe á parroquia de Paraños, no concello pontevedrés de Covelo, onde os veciños están enfrontados co cura por mor dunha casa reitoral que o sacerdote vendeu sen consultar e sen informar a súa freguesía. Segundo o explican, os veciños están moi alporizados e aseguran que non pararán ata conseguir que lles devolvan a casa reitoral.

Algo enfadados tamén andan os que viven en Pontemaceira, porque as obras que están a realizar nesta localidade dificultan o tránsito polo Camiño de Santiago. Con esta queixa desde Pontemaceira, Pablo Garaloces inaugura unha nova sección no programa, "Historias Peregrinas". Nesta sección contaremos o que nos gusta e o que non nos gusta das rotas xacobeas, así como os atrancos e as satisfaccións que atopamos polo camiño. No programa de hoxe non faltará un novo sitio para descubrir do territorio galego, un recanto con encanto: Pablo mostraranos a aldea de Riobóo, no concello ourensán de Cenlle, un sitio marabilloso pero ben lonxe das rotas turísticas.
"Vivir Aquí" despide a súa temporada de verán dende as Rías Baixas, para deseguido, a partir da semana que vén, continuar con novos temas da temporada que entra. Farruco viaxa hoxe á parroquia de Pa...
 02/09/2009 - 23:11 h. 
(Cap. 64)
"Vivir Aquí" trasládase esta noite a un escenario fantástico, o Parque de Pasatempo, construído polos irmáns García Naveira. Estes filántropos betanceiros deixaron voar a súa imaxinación no parque creando un sitio incrible. Nós precisamente lembraremos historias incribles que pasaron polo programa. Por exemplo, a dos vellos de Abavides que tiñan que xogar ás cartas nun caseto diminuto ou a historia do can marabilla que, como o seu nome indica, facía cousas fóra do normal para satisfacción do seu dono.

Dentro da nosa sección especial de Lugares con Encanto esta noite Pablo Garaloces viaxa a Pradorramisquedo, un sitio entrañable do concello ourensán de Viana do Bolo.
(Cap. 64)
"Vivir Aquí" trasládase esta noite a un escenario fantástico, o Parque de Pasatempo, construído polos irmáns García Naveira. Estes filántropos betanceiros deixaron voar a s&uacut...
 26/08/2009 - 22:39 h. 
Dende a Torre de Hércules, recentemente nomeada Patrimonio da Humanidade, presentan hoxe o programa de "Vivir Aquí" Isabel Durán e Farruco. Iso daralles pé para lembrar aqueles momentos do programa en que falamos e tratamos da defensa do noso rico e variado patrimonio. Por exemplo, revisaremos casos coma o do cruceiro de Meaño en Morouzos ou como o do Castelo de Pambre cuxo propietario se negaba a abrir o monumento ao público, a pesar de que estaba obrigado a facelo por ser declarado o castelo Ben de Interese Cultural.
Tamén volveremos retomar o asunto dos muíños de Currás, en Vilagarcía de Arousa, que seguen a recibir verteduras contaminantes. Na nosa sección de "Recantos con encanto" esta semana Pablo Garaloces viaxa ata a Chamadoira, un lugar único para perderse, por exemplo, nestes días de agosto.
Dende a Torre de Hércules, recentemente nomeada Patrimonio da Humanidade, presentan hoxe o programa de "Vivir Aquí" Isabel Durán e Farruco. Iso daralles pé para lembrar aqueles momentos do pr...
 19/08/2009 - 23:17 h. 
Todo son verbenas en Galicia nestas datas. Por iso "Vivir Aquí" vai facer un divertido percorrido polas historias veciñais en que tratamos problemas referidos ás festas. Moitas veces non se poden separar as celebracións das cousas da igrexa, así que tamén se lembrarán neste programa algúns asuntos que enfrontaron a fieis e a párrocos.
Isabel Durán e Farruco abandonan o estudio de gravación para presentar dende o Hostal dos Reis Católicos. Xa pasaron as celebracións do Apóstolo pero Santiago segue a ser unha festa para peregrinos e turistas que non cesan de chegar á capital galega. Os turistas quizais nunca descubrirán os lugares con encanto que nos mostra Pablo Garaloces. Esta semana Pablo viaxa ata Xoibán, unha parroquia de Vilalba que como todas as parroquias de Galicia tamén ten historias que contar.
Todo son verbenas en Galicia nestas datas. Por iso "Vivir Aquí" vai facer un divertido percorrido polas historias veciñais en que tratamos problemas referidos ás festas. Moitas veces non se poden separar as celebraci&o...
 12/08/2009 - 23:13 h. 
O equipo de "Vivir Aquí" que anda á procura de historias anónimas e que atende ás reclamacións veciñais non colle vacacións en agosto. Esta noite volve con Isabel Durán e Farruco á fronte, para realizar unha viaxe no tempo. E como?, pois presentando no estudio onde se grava a serie de éxito galega "Libro de familia", dende onde lembrarán algúns dos mellores momentos do programa, coma os que pasou Farruco visitando as tendas taberna de Forcarei, eses lugares que xa para algúns son só recordos de infancia daqueles anos 60 que trouxeron tantos cambios.

O programa prosegue a súa andaina polos lugares insólitos por onde a calquera lle gustaría perderse no verán, lonxe da vida urbana. A opción deste mércores dentro de "Recantos con encanto" vén da man de Pablo Garaloces, que nos amosará A Graña, unha aldea situada na agreste Serra do Suído, onde falará coas súas xentes.
O equipo de "Vivir Aquí" que anda á procura de historias anónimas e que atende ás reclamacións veciñais non colle vacacións en agosto. Esta noite volve con Isabel Durán e Farruco &aacu...
 05/08/2009 - 23:15 h. 
Entre as historias anónimas e reclamacións veciñais que volve atender o Vivir aquí desta noite, hoxe estará nun dos puntos negros da rede ferroviaria galega, concretamente no Paso 40, situado no municipio pontevedrés das Neves, onde os veciños da parroquia de Setados van transmitirlle a Farruco o malestar que reina neste concello dende que lles suprimiron un paso a nivel que era o único acceso para poder ir ás súas leiras. Actualmente, a estes veciños non lles queda outra que cruzar a pelo pola vía do tren, polo que reivindican a Adif a realización dun trazado alternativo, xa que, ademais dos 45 propietarios que teñen leiras ao outro lado da vía, son moitos os pescadores de lamprea afectados, así como os usuarios dunha senda fluvial que o concello está trazando á beira do río Miño.
Noutro tipo de historias, Pablo Garaloces vainos levar hoxe ao cárcere de Teixeiro para coñecer un proxecto pioneiro en España que prepara os presos para a liberdade. Amais, o programa realiza un seguimento doutros temas xa tratados, o bosque de Cascaxide e a loita da súa propietaria por convertelo nun ENIL (espazo natural de interese local), e dise que unha empresa de estudos ambientais acaba de elaborar un informe da fauna e a vexetación deste sotobosque, ultimo requisito para que a Xunta lle dea luz verde ao proxecto.
Na sección Recantos con encanto, Pablo Garaloces realiza un percorrido pola comarca de Allariz.
Entre as historias anónimas e reclamacións veciñais que volve atender o Vivir aquí desta noite, hoxe estará nun dos puntos negros da rede ferroviaria galega, concretamente no Paso 40, situado no municipio pon...
 29/07/2009 - 23:22 h. 
Un dos retos que se proporá hoxe o programa Vivir aquí ten como protagonista o seu presentador Farruco e consiste en dirixir unha banda de música, pero non unha calquera senón unha que fai xa 130 anos, a de Lobios en Ourense. O problema é que a banda conta con moita experiencia detrás, a pesar da xuventude dos seus actuais integrantes, pero ten unha serie de atrancos basicamente financeiros para poder continuar coa súa andaina. Iso si, entusiasmo non lles falta aos músicos.

E por suposto neste programa non faltarán as reportaxes de Pablo Garaloces, que hoxe falará coas integrantes do Club Deportivo Sampaio de Vigo, un club de fútbol feminino e de elite que loita por manterse nas máximas categorías, unha tarefa que semella complicada.
Doutro lado, o programa segue amosándolle ao público eses lugares insólitos e singulares de Galicia, zonas ideais para fuxir da rutina urbana no verán. No anterior programa foi o Courel e, visto o visto nestes lugares, hoxe continúa a súa estadía, en concreto na aldea de Soldón de Seara.
Un dos retos que se proporá hoxe o programa Vivir aquí ten como protagonista o seu presentador Farruco e consiste en dirixir unha banda de música, pero non unha calquera senón unha que fai xa 130 anos, a de L...
 22/07/2009 - 23:21 h. 
Sen deixar de ocuparse das denuncias da xente anónima, o Vivir aquí de hoxe percorrerá os Camiños de Santiago na procura de novas historias relacionadas coas rutas xacobeas, e por iso Farruco ofrécenos un adianto dos asuntos dos que van tratar as Historias Peregrinas de Vivir aquí, unha nova sección na que a participación cidadá é fundamental e que pretende despexar o Camiño de problemas e de atrancos. Para convencer os telespectadores de que a súa axuda é importante, Farruco fixo unha etapa do Camiño, e veremos que se atopou nela.
Doutro lado, Pablo Garaloces estivo co cociñeiro Benigno Campos, o mestre larpeiro do programa do mesmo nome, que quere denunciar a falta de responsabilidade e de limpeza coa praia de Arealonga, no municipio pontevedrés de Redondela. Benigno ensinoulle ao reporteiro do programa o estado no que se atopa o areal, no que se poden apañar dende puntas oxidadas a pezas de coches.
Por outros camiños, o programa continúa á procura dos lugares insólitos de Galicia viaxando desta volta a Seara, no Courel, un exemplo de recuperación do mundo rural no que a natureza ten un protagonismo especial.
Vivir aquí tamén lles contará aos telespectadores as reclamacións da comunidade musulmá en Galicia e unha nova protesta dende o barrio vigués de Coia.
Sen deixar de ocuparse das denuncias da xente anónima, o Vivir aquí de hoxe percorrerá os Camiños de Santiago na procura de novas historias relacionadas coas rutas xacobeas, e por iso Farruco ofrécenos un adianto do...
 15/07/2009 - 23:19 h. 
Unha nova historia de vidas anónimas convértese no obxectivo do programa Vivir aquí, que se achega hoxe á problemática dos maiores de Abavides, no concello ourensán de Trasmiras, que non teñen un lugar onde reunirse e botar a partida, así que o teñen que facer nun caseto de escasas dimensións no que establecen unha quenda para poder entrar porque son moitos os que se xuntan alí cada día. Farruco, unha vez máis, fará de mediador do programa e desprazarase ata o lugar para falar con todos eles.

Desde outras perspectivas, Pablo Garaloces descóbrenos os furanchos, lugares de reunión onde amais se vende o excedente de viño da casa, e dos que se queixan ultimamente os hostaleiros porque algúns destes fanlles a competencia desleal por vender racións de comida, sen ter licenza para poder facelo. Noutro tipo de temáticas, tamén poderemos coñecer un espazo protexido escondido entre as naves dun polígono industrial xigante, as Gándaras de Budiño, no Porriño.

O programa tamén atenderá outras problemáticas da xente, esta vez en Ribeira e Tui.
Unha nova historia de vidas anónimas convértese no obxectivo do programa Vivir aquí, que se achega hoxe á problemática dos maiores de Abavides, no concello ourensán de Trasmiras, que non teñen u...
 08/07/2009 - 23:12 h. 
Nunha nova noite de historias anónimas para contar, "Vivir Aquí" aborda a indefensión de moitos propietarios de vivendas de protección oficial a través da historia dunha comunidade de veciños de Pontedeume. "Teñen oito anos e parece que teñen cincuenta" aseguráronlle varios propietarios a Farruco ante o acelerado estado de deterioro dos seus pisos. Persianas que nin soben nin baixan, azulexos que se despegan das paredes e pingueiras nos cuartos son algunhas das deficiencias que veñen padecendo dende que estrearon os seus pisos. Os veciños responsabilizan o construtor desta situación e aseguran que nunca cumpriu coa súa palabra de arranxar as desfeitas.

Amais, o programa conta esta noite coa presenza no estudio do avogado Xosé Manuel Roibás para falar das posibilidades dos propietarios de Pontedeume de resolver o seu problema. Comentarios que de seguro servirán de orientación para outras persoas que actualmente teñen en propiedade unha vivenda protexida.

Pablo Garaloces segue na busca dos lugares con máis encanto de Galicia. Desta volta o reporteiro de Vivir Aquí estivo en Pradorramisquedo, unha pequena aldea do concello ourensán de Viana do Bolo. Dende este lugar afastado de Galicia que linda con Zamora, os habitantes que quedan reclaman máis atención. Ademais, outras historias da xente anónima dende Ribeira, Marín, Rianxo e Cangas.
Nunha nova noite de historias anónimas para contar, "Vivir Aquí" aborda a indefensión de moitos propietarios de vivendas de protección oficial a través da historia dunha comunidade de veciños...
 01/07/2009 - 23:17 h. 
Nunha nova ponte de conciliación entre as historias anónimas das xentes e os seus problemas, o programa "Vivir Aquí" envía hoxe a Farruco ás Pontes de García Rodríguez para comprobar o estado do Río Chamoselo, que desde hai un ano sofre a contaminación derivada das obras da autovía Ferrol-Vilalba. O "mediador" estará cos pescadores recollendo as súas recomendacións para recuperar a saúde deste afluente do Eume.
Ata outra fonte de problemas viaxará o reporteiro Pablo Garaloces, que estará cun grupo de xubilados de Cotobade, en Pontevedra, que piden que se lle amplíe o local social onde se xuntan para pasar o tempo porque no que teñen agora están como sardiñas. O programa estará tamén en Verín, no lugar de Vilamaior, onde un veciño chama á conciencia colectiva e pide que non se guinde lixo no lugar onde antes se facía a romaría: nese agora convertido en vertedoiro ilegal abundan lavadoras, televisores e toda clase de residuos que deberían ir parar a un punto limpo.
Desde outro lado, en Noia, unha muller non pode ver a televisión porque o veciño de arriba non llo permite.
Nunha nova ponte de conciliación entre as historias anónimas das xentes e os seus problemas, o programa "Vivir Aquí" envía hoxe a Farruco ás Pontes de García Rodríguez para comprobar o estado...
 24/06/2009 - 23:17 h. 
Dende o programa "Vivir Aquí", Farruco tráenos esta noite unha historia chegada do municipio pontevedrés de Moaña, onde o Club de Remo de Tirán necesita dun patrocinador para poder seguir competindo na máxima categoría, a ACT, unha liga de traíñas en que participan equipos de Asturias, Cantabria e o País Vasco. Hai que saber que para manterse na división de honra deste deporte non depende tan só dos méritos deportivos, e por iso o Club de Remo de Tirán necesita con urxencia máis orzamento para manter a categoría.
Buscando outras historias anónimas, o reporteiro Pablo Garaloces estivo na praia de Nemiña, en Muxía (A Coruña), compartindo unha xornada de surf cun grupo de afeccionados que reclaman a concienciación de todos coa conservación do noso litoral, e por iso non só van á praia practicar o seu deporte favorito, senón tamén recoller o lixo que outros deixan guindado na area.
En "Vivir Aquí" tamén escoitaremos á ANPA do CEIP de Aguiño, indignada coa falta de limpeza do centro: unha representante da asociación contará e ensinará esta noite todas as deficiencias das instalacións onde estudan os seus fillos.
O programa tamén traerá novas historias dende o concello ourensán de Ramirás, dende o pontevedrés da Estrada e dende o barrio vigués de Coia, onde seguro que Farruco terá que volver facer de intermediario.
Dende o programa "Vivir Aquí", Farruco tráenos esta noite unha historia chegada do municipio pontevedrés de Moaña, onde o Club de Remo de Tirán necesita dun patrocinador para poder seguir competindo na m&a...
 17/06/2009 - 23:20 h. 
A liberalización do mercado das eléctricas, que se empezará a aplicar a partir do 1 de xullo, esperta moitas incertezas en todos os usuarios e cidadáns, así que para resolver algunhas dúbidas ao respecto o estudio de "Vivir Aquí" contará coa presenza de Miguel López Crespo, da Unión de consumidores de Galicia. Pero amais Farruco estará esta noite cos veciños do lugar de Exipto - Abanqueiro, de Boiro, que levan 20 anos co palco da festa embargado, quéreno tirar para que as orquestras poidan meter no campo da festa os seus tráileres, cousa que non poden porque o caso está no xulgado.
Ao fío das preguntas sobre a facturación da luz, o programa exporá que temos que facer se queremos cambiar de compañía eléctrica? Imos aforrar cartos coa liberalización do mercado? Que pasa se non nos cambiamos de compañía antes do 1 de xullo, poderemos facelo despois desa data? O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia responderá preguntas como estas, feitas por espectadores do programa, que interesan a quen pagamos o recibo da luz.
Pablo Garaloces entrevista a unha muller que quere manter limpa a praia do Naval, en Oleiros - A Coruña, pero non de calquera maneira. Estrella, que así se chama esta veciña comprometida, asegura que os tractores de limpeza do concello estragan os areais.
A liberalización do mercado das eléctricas, que se empezará a aplicar a partir do 1 de xullo, esperta moitas incertezas en todos os usuarios e cidadáns, así que para resolver algunhas dúbidas ao respecto o estudio de "Vivir Aquí" contará coa presenza...
 10/06/2009 - 23:17 h. 
O programa que eleva a titulares as historias anónimas do día a día viaxa nesta ocasión á Coruña, onde os repartidores de paquetería aseguran non poder desenvolver o seu traballo con normalidade, pois o carril bus é un dos atrancos cos que se atopan cada día, así como o incivismo dalgúns condutores que non respectan as zonas de carga e descarga. Farruco pasou unha xornada de traballo con eles e comprobou que entregar un paquete a tempo na Coruña é unha odisea.
Doutro lado, Pablo Garaloces estará cuns veciños de Ortigueira que viron arrasadas as súas leiras pola reaparición do xabaril. O porco bravo estase a converter no maior dos pesadelos para os labregos, que se ven indefensos tanto na prevención dos ataques coma na compensación polos males ocasionados polo animal. No estudo, un cazador e un agricultor intercambiarán opinións e comentarán a postura da Xunta e dos sindicatos agrarios ao respecto.
O programa que eleva a titulares as historias anónimas do día a día viaxa nesta ocasión á Coruña, onde os repartidores de paquetería aseguran non poder desenvolver o seu traballo con normalidade, pois o carril bus é un dos atrancos cos que se atopan ...
 03/06/2009 - 23:20 h. 
Esta semana, Farruco e "Vivir Aquí" viaxan ata o concello coruñés de Carral para atender a protesta dos veciños da parroquia de Santo Estevo de Paleo, lugar onde Unión Fenosa adquiriu recentemente un terreo coa idea de instalar unha subestación eléctrica, unha infraestrutura que permite reducir a voltaxe das liñas de alta tensión. Os de Santo Estevo de Paleo temen que a proximidade da estación traia consigo a aparición de enfermidades coma o cancro e a leucemia infantil.
Onde tamén teñen medo é en Oseiro (Arteixo), pois alí estendeuse a crenza de que varias enfermidades que sofren os veciños poderían estar relacionadas coa proximidade das súas vivendas a tendidos eléctricos de alta tensión.
Precisamente para comentar os casos de Santo Estevo de Paleo e de Oseiro, o programa terá no estudio a un especialista en medicina preventiva e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Miguel, que contestará acerca de se é perigoso para a saúde vivir ao lado de instalacións deste tipo.
Esta semana, Farruco e "Vivir Aquí" viaxan ata o concello coruñés de Carral para atender a protesta dos veciños da parroquia de Santo Estevo de Paleo, lugar onde Unión Fenosa adquiriu recentemente un terreo coa idea de instalar unha subestació...
 27/05/2009 - 23:19 h. 
Despois dun ano percorrendo as catro provincias galegas para palpar o “sen vivir” da xente anónima, ás súas inquedanzas e protestas, o espazo da Galega Vivir Aquí vai cumprir esta noite o seu programa 50 na procura destas historias. A participación dos telespectadores a través do teléfono 902 90 52 60 e de Internet foi imprescindible para que o programa se consolidase os mércores polas noites na Galega.
Esta noite o programa presenta novos casos e reclamacións veciñais. Os veciños do municipio lugués de Castro Rei están decididos a que non marche da capital a única entidade financeira que hai. A indignación da xente con “Banesto” chega ata tal punto que os clientes ameazan con retirar todos os seus depósitos se o banco converte a oficina bancaria nun axente colaborador. Os veciños de Castro Rei contáronlle a Farruco a súa preocupación ante a intención da entidade de realizar este cambio, pois están convencidos de que non poderán seguir facendo as mesmas operacións e contratacións que ata o momento. Farruco mantivo un encontro cun representante da entidade financeira en Galicia para investigar como repercutirá este cambio anunciado.
Doutro lado, Pablo Garaloces estivo no Caurel para constatar unha vez máis as dificultades de vivir neste contorno privilexiado pero onde a falta dalgúns servizos brilla pola súa ausencia. Así o aseguran os veciños dos municipios de Seoane e Folgoso respecto á atención sanitaria, que reclaman máis horas de consulta médica, sen ter que compartir ocasionalmente o facultativo entre os centros médicos dos dous municipios, e piden poder dispor de urxencias sen ter que ir a Quiroga, que dende algunhas aldeas do Caurel queda a máis dunha hora de camiño.
O programa das historias anónimas tamén vai estar esta noite en Ourense, Cangas e Negreira atendendo máis protestas.
Despois dun ano percorrendo as catro provincias galegas para palpar o “sen vivir” da xente anónima, ás súas inquedanzas e protestas, o espazo da Galega Vivir Aquí vai cumprir esta noite o seu programa 50 na procura destas historias. A participación d...
 20/05/2009 - 23:15 h. 
Farruco levará esta noite ao estudio de "Vivir Aquí" as queixas procedentes de Cesantes, no concello de Redondela, onde os veciños e os mariñeiros de baixura teñen medo de que o embarcadoiro que hai na praia acabe provocando unha desgraza, xa que a estrutura é de madeira e ten xa uns cantos anos. Daquela fixérase como algo provisional para dar servizo aos obreiros que estaban facendo traballos de rehabilitación dos edificios da illa de San Simón; pero tamén foi aproveitado pola procesión do Carme, que o utilizaba para que a Santa desembarcase, e os mariñeiros para amarrar os seus barcos.
O programa que dá voz ás historias anónimas estará ademais cuns veciños dos Ancares, que viven incomunicados desde o corte dunha estrada no mes de xaneiro: os pais teñen que levar os rapaces a un punto de encontro co autobús escolar, ao outro lado do tramo cortado, e os maiores teñen medo de enfermar porque a ambulancia non lles chegaría ata a casa.
Coñeceremos ademais un veciño de Santiago moi farto de que o guindastre municipal lle leve o coche dun sitio onde non hai sinal de prohibido aparcar.
Farruco levará esta noite ao estudio de "Vivir Aquí" as queixas procedentes de Cesantes, no concello de Redondela, onde os veciños e os mariñeiros de baixura teñen medo de que o embarcadoiro que hai na praia acabe provocando unha desgraza, xa que a e...
 13/05/2009 - 23:12 h. 
Os máis novos do Arousa CF, os pais dos rapaces e a directiva recibirán no "Vivir Aquí" desta noite a atención e o apoio do programa ás súas reivindicacións para participar no torneo internacional de fútbol 7 que organiza a vila. Tradicionalmente a entidade local sempre xogou o campionato como anfitrioa pero este ano a asociación organizadora négalles a participación aludindo a "razóns económicas e deportivas". Farruco, de parte do programa, fará como adoita ser habitual as veces de mediador.
Doutro lado, o reporteiro Pablo Garaloces compartiu unha xornada de garda cos veciños de Maside, no municipio lugués de Sada, que se negan en rotundo a que unha nova estrada atravese as súas leiras.
No programa das historias anónimas da Galega os espectadores tamén poderán ver como os veciños de Samos (Lugo) sacan dun apuro a orquestra Panorama.
Os máis novos do Arousa CF, os pais dos rapaces e a directiva recibirán no "Vivir Aquí" desta noite a atención e o apoio do programa ás súas reivindicacións para participar no torneo internacional de fútbol 7 que organiza a vila. Tradicionalmente a e...
 06/05/2009 - 23:12 h. 
O programa que ten por vocación escoitar os cidadáns, "Vivir Aquí", viaxa esta noite ata o barrio ferrolán de Ultramar - Bertón para atender a petición dun grupo de veciños que reclama unha piscina para o seu barrio. Por recomendación médica precisan nadar e aseguran que as dúas piscinas que hai en Ferrol están ateigadas de xente e quédanlles demasiado lonxe. Unha vez máis, Farruco fará as funcións de mediador entre os veciños e as autoridades locais.

Doutro lado, o reporteiro Pablo Garaloces estará cos veciños de Ribadeo que están enfadados con "Google Maps" porque a Praia das Catedrais non aparece nesa aplicación da Internet, pero ademais, cambiáronlle o nome á ría de Ribadeo pola de río Rimbambo e á parroquia de Ove pola de Obeso.

Tamén unha familia holandesa lle pide axuda ao programa para poder seguir andando polo mundo en dous carromatos. O problema que teñen é que un dos cabalos, mercado en Melide, saíulles bravo de máis para tirar polo carro e queren que alguén lles faga un troco por un cabalo máis dócil.

O público poderá ver esta e outras historias, no programa que ten por vocación escoitar os cidadáns. O teléfono de queixas é o 902 905 260.
O programa que ten por vocación escoitar os cidadáns, "Vivir Aquí", viaxa esta noite ata o barrio ferrolán de Ultramar - Bertón para atender a petición dun grupo de veciños que reclama unha piscina para o seu barrio. Por recomendación médica precisan...
 29/04/2009 - 23:22 h. 
A maioría de mariscadoras de Rianxo está en pé de guerra e quere que dimita toda a directiva da agrupación de marisqueo a pé, incluída a súa presidenta e o patrón maior. Non queren volver traballar cun sistema que se chama Monte Maior e que segundo elas as prexudica. Por iso, o programa "Vivir Aquí" envía esta noite a Farruco ao epicentro do conflito para falar con elas e co patrón maior, a quen van dirixidas a maioría das críticas.
Doutro lado, Pablo Garaloces estará cun grupo de pais e nais do concello lugués de Begonte, que levan moito tempo reclamando un pediatra para os seus pequenos e unhas instalacións médicas axeitadas.
O programa tamén estará en Marín e na comarca do Deza para atender outras historias da xente anónima que chama ao teléfono do programa, o 902 905 260.
A maioría de mariscadoras de Rianxo está en pé de guerra e quere que dimita toda a directiva da agrupación de marisqueo a pé, incluída a súa presidenta e o patrón maior. Non queren volver traballar cun sistema que se chama Monte Maior e que segundo e...
 22/04/2009 - 23:56 h. 
Santa Comba agarda a visita do mediador de "Vivir Aquí", Farruco, que viaxa a esta localidade para coñecer a problemática duns veciños que levan esperando oito anos a que rematen as obras do cemiterio. Farruco logra congregar a cen veciños que apareceron vestidos con camisetas en que se poden ler as súas reivindicacións: "Por mor duns lambóns, oito anos sen panteóns".

Doutro lado, tamén en Catoira os lindes dun cemiterio son motivo de conflito entre veciños, xa que uns non poden limpar os nichos porque outros se apoderaron dun anaco de terreo necesario para o acceso ás lápidas. Amais, Pablo Garaloces estará no barrio de Cabral de Vigo atendendo uns veciños que se queixan de que non lles remataron as obras do campo de fútbol e mentres tanto máis de corenta rapaces están sen poder constituírse en equipo.
Santa Comba agarda a visita do mediador de "Vivir Aquí", Farruco, que viaxa a esta localidade para coñecer a problemática duns veciños que levan esperando oito anos a que rematen as obras do cemiterio. Farruco logra congregar a cen veciños que aparec...
 15/04/2009 - 00:21 h. 
Máis de 1000 mozos galegos perderon a vida nas estradas en 8 anos, con esta repetitiva realidade atópase o "Vivir Aquí" desta noite, e para explicala citará á presidenta de "Stop Accidentes", Jeanne Picard, e ao xornalista deportivo especializado en motor, Carlos García Verdugo, que abordarán esta grave lacra da nosa sociedade. Amais, Pablo Garaloces estará cun mozo que reclama un circuíto de velocidade en Galicia para non poñer en perigo as vidas dos demais e as súas propias.
Farruco, cos maiores de Oleiros
Nesta ocasión, Farruco viaxa a Oleiros, porque un grupo de maiores da parroquia de Perillo chamaron ao programa para que mediase entre eles e o alcalde, que seica lles prometeu unha casa para poder pasar o tempo, para reunirse, e leva dous anos rehabilitada e aínda non llela deixa usar.
Máis de 1000 mozos galegos perderon a vida nas estradas en 8 anos, con esta repetitiva realidade atópase o "Vivir Aquí" desta noite, e para explicala citará á presidenta de "Stop Accidentes", Jeanne Picard, e ao xornalista deportivo especializ...
 08/04/2009 - 23:18 h. 
Farruco, unha noite máis convertido no intermediario de "Vivir Aquí" para facer chegar as queixas e denuncias da xente, estará hoxe cun grupo de veciños de Esteiro, que reclaman que a Illa da Creba, situada na ría de Muros e Noia e propiedade dun coñecido empresario, volva ser do pobo. O movemento veciñal para recuperar a illa comezou nos anos 80 e nesa loita seguen os da Plataforma en Defensa da Creba.
Doutro lado, a partir da chamada de denuncia dunha veciña, o programa achégase a Arbo para comprobar un posible atentado contra o noso patrimonio, xa que un propietario ergueu a súa vivenda sobre unha antiga capela. Amais, Pablo Garaloces foi atender a chamada dun veciño de Ponteareas que lle pide axuda ao programa porque, tras a morte de súa avoa, non atopa canceira para que lle quede co seu can, Morito.
Farruco, unha noite máis convertido no intermediario de "Vivir Aquí" para facer chegar as queixas e denuncias da xente, estará hoxe cun grupo de veciños de Esteiro, que reclaman que a Illa da Creba, situada na ría de Muros e Noia e propiedade ...
 01/04/2009 - 23:21 h. 
"Vivir Aquí", viaxa esta noite ao concello pontevedrés de Silleda para coñecer a Lucía Espinosa, propietaria do bosque de Cascaxide, na parroquia de Escuadro, que é protagonista dunha situación case insólita en Galicia, xa que está disposta a entregar á administración o seu bosque, unha propiedade de sete hectáreas cunha masa forestal composta por piñeiros, carballos e acivros, un terreo que require unha protección especial. Lucía contoulle a Farruco que pretende que a súa propiedade se converta nun Espazo Natural de Interese Local (ENIL).
Outro tipo de temática leva ao programa ata o polideportivo do colexio Cernadas de Castro, que necesita arranxar un bo número de deficiencias con urxencia, e Pablo Garaloces estivo no concello coruñés de Lousame para velas. Os mestres de educación física e a dirección do centro pídenlles ás autoridades educativas que tomen nota e actúen antes de que haxa que lamentar desgrazas.
Esta noite, volverá chamar a atención sobre a necesidade de conservar o noso patrimonio arquitectónico: un veciño de Cesuras reclama poder restaurar un muíño de auga do século XVIII, pero asegura que a administración local está poñendo demasiadas trabas.
"Vivir Aquí", viaxa esta noite ao concello pontevedrés de Silleda para coñecer a Lucía Espinosa, propietaria do bosque de Cascaxide, na parroquia de Escuadro, que é protagonista dunha situación case insólita en Galicia, xa que está disposta a ...
 25/03/2009 - 23:21 h. 
O espazo “Vivir Aquí” envía esta noite a Farruco a Baiona porque no plan Xeral dese concello pontevedrés está previsto que se reserve espazo suficiente para a construción de dous campos de golf, e un deles situaríase no espazo natural Serra da Groba, polo que xa hai oposición firme a este proxecto.
Noutro tipo de cuestións e conflitos, o programa vaise ata a parroquia de Areas, en Ponteareas, onde un rapaz de tan só 11 anos converterase no líder veciñal contra unha empresa que non os deixa durmir. Amais, Pablo Garaloces estará en Oleiros, cunha muller que asegura ter un retrete nos lindes que separan a súa casa da do veciño... E veremos a loita dunha veciña de Cercedo para salvar unha maceira centenaria senlleira para a súa aldea.
Estas e outras historias reais contaranse hoxe, a partir das 23.15 horas, polo equipo de "Vivir Aquí", un espazo televisivo que atende as preocupacións cotiás de xente anónima que non atopa un oco nos titulares informativos principais e que quere ser escoitada.
O espazo “Vivir Aquí” envía esta noite a Farruco a Baiona porque no plan Xeral dese concello pontevedrés está previsto que se reserve espazo suficiente para a construción de dous campos de golf, e un deles situaríase no espazo natural Serra...
 18/03/2009 - 23:25 h. 
Entre outras frontes abertas por distintos problemas, Farruco estará esta noite cos rapaces do Club de Fútbol Alondras, de Cangas, que queren un campo de herba sintética para poder adestrar en boas condicións. Pero outro tipo de queixas levarán o reporteiro Pablo Garaloces á residencia de anciáns "As Gándaras", en Lugo, onde os residentes se queixan de que o timbre que os comunica co persoal do centro non funciona desde hai meses, e que non se senten seguros.

O programa que dá cabida ás historias anónimas da xente con problemas atenderá tamén varias reclamacións de usuarios da compañía eléctrica Fenosa. Así, o secretario da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, estará no estudio de "Vivir Aquí" para explicarnos como debemos actuar diante das facturas abusivas que moitos cidadáns recibiron desde principio de ano, pero tamén un responsable de Fenosa atenderá as preguntas que lle formularán Isabel Durán e Farruco.
Entre outras frontes abertas por distintos problemas, Farruco estará esta noite cos rapaces do Club de Fútbol Alondras, de Cangas, que queren un campo de herba sintética para poder adestrar en boas condicións. Pero outro tipo de queixas...
 11/03/2009 - 23:20 h. 
Farruco viaxa esta noite a Bergantiños para reivindicar que a expresión artística das regueifas non se perda, a partir da iniciativa dunha asociación que reclama que haxa onde aprender este tipo de tradición oral do noso país. Doutro lado, o reporteiro Pablo Garaloces estará en Marín, onde unha liña divide esta localidade do Morrazo coa cidade de Pontevedra, causando confusión entre os veciños, especialmente nos días de feira.
E no Informe que habitualmente presenta no programa María Solar, investígase onde van parar todos os obxectos que se rouban nas Igrexas galegas e que chegan a acadar uns prezos astronómicos nos mercados mesmo internacionais.
Farruco viaxa esta noite a Bergantiños para reivindicar que a expresión artística das regueifas non se perda, a partir da iniciativa dunha asociación que reclama que haxa onde aprender este tipo de tradición oral do noso país. Doutro la...
 04/03/2009 - 23:17 h. 
Esta noite, en "Vivir Aquí", Farruco comproba como é a vida diaria en Présaras, Vilasantar, unha aldea dividida por unha estrada que ameaza a seguridade dos seus veciños: xogan a vida cada vez que cruzan, hai un cambio de rasante moi pronunciado e os coches non van precisamente ao xeito, sobre todo os camións.
Noutras frontes de conflitos, o reporteiro Pablo Garaloces vai ata Monforte de Lemos atendendo a chamada dun técnico instalador de semáforos a quen multaron por non soprar: el asegura que a multa é inxusta posto que, se non soprou, é porque ten problemas de saúde e non porque estivese tomándolle o pelo á Garda Civil.
O programa viaxa tamén ata Xermade, Lugo, onde un paisano de está farto de traballar na súa explotación de gando e véndea ou alúgaa porque os fillos non queren quedar con ela.
Esta noite, en "Vivir Aquí", Farruco comproba como é a vida diaria en Présaras, Vilasantar, unha aldea dividida por unha estrada que ameaza a seguridade dos seus veciños: xogan a vida cada vez que cruzan, hai un cambio de rasante moi pronunciado e os...
 25/02/2009 - 23:11 h. 
"Vivir Aquí" quere renderlles esta noite unha homenaxe ás poucas tendas taberna que aínda sobreviven no rural, e para facelo posible Farruco visitará Forcarei realizando un percorrido por este tipo de locais co fin de reivindicar que non desaparezan.
Desde outra perspectiva, Pablo Garaloces visitará Cariño para atender a petición dun paisano desa vila coruñesa que tivo que emigrar a Asturias pero que reivindica que a súa vila natal saia na televisión. Mentres que en Vilanova de Arousa, un grupo de veciños protesta para salvar do abandono e da contaminación os vellos muíños de Currás, uns muíños moi singulares porque lles chega a auga do mar e son de río.
Tamén coñeceremos dúas mozas de Brión que aseguran pasar moito medo cada vez que van coller o autobús e que estarían máis tranquilas se o camiño polo que pasan a diario estivese iluminado.
"Vivir Aquí" quere renderlles esta noite unha homenaxe ás poucas tendas taberna que aínda sobreviven no rural, e para facelo posible Farruco visitará Forcarei realizando un percorrido por este tipo de locais co fin de reivindicar que non desaparezan....
 18/02/2009 - 23:15 h. 
'Vivir Aquí' atende esta noite novas preocupacións veciñais e, da man de Farruco, visita Viveiro, para intentar poñer de acordo dous barrios enfrontados por un xardín e por unha comisaría de Policía, pois os veciños de Pénjamo e San Lázaro non se poñen de acordo nin na propiedade nin no uso que hai que darlles a estes dous lugares. Doutro lado, o programa lanza a pregunta de se pode haber no noso contorno algo que produza cancro e se son as antenas, os transformadores e os cables eléctricos culpables de concentracións desta enfermidade. Para contestar a esta cuestión, no informe de 'Vivir Aquí' María Solar falará cos veciños de dúas vilas galegas, Ponteareas e Vilaboa, que están atemorizados polo número de casos de cancro que padecen. Pablo Garaloces estará en Chapela, Redondela, cunhas veciñas que teñen medo de que calquera día a selva que teñen diante das súas casas sexa motivo dalgunha desgraza. O espazo estará ademais no concello coruñés de Aranga, onde uns veciños queren salvar unha ponte do esquecemento. E tamén viaxa ata Xinzo de Limia, á parroquia de Lamas, onde, vinte anos despois de ter pagados os nichos, por un preito cun veciño, non os poden usar.
'Vivir Aquí' atende esta noite novas preocupacións veciñais e, da man de Farruco, visita Viveiro, para intentar poñer de acordo dous barrios enfrontados por un xardín e por unha comisaría de Policía, pois os veciños de Pénjamo e San Lázaro non...
 11/02/2009 - 23:33 h. 
Na terra de Reveriano Soutullo, autor do Pasodobre de Ponteareas, un grupo de baile tradicional vese na obriga de ensaiar nunha granxa de polos abandonada. Para coñecer cal é a situación, Farruco estará esta noite cos integrantes da agrupación 'Pedra da Garza', que reclaman un centro sociocultural para poder bailar en condicións. No seguimento doutros casos que reclaman a atención do programa, o reporteiro Pablo Garaloces estará cos veciños do concello pontevedrés de Barro que reclaman máis seguridade viaria para os seus fillos; e na localidade pontevedresa da Estrada, un emigrante retornado de Suíza asegura sentirse estranxeiro na súa terra, pois di que se atopa con moitos atrancos para arranxar os papeis que lle permitan seguir exercendo o seu oficio.
Na terra de Reveriano Soutullo, autor do Pasodobre de Ponteareas, un grupo de baile tradicional vese na obriga de ensaiar nunha granxa de polos abandonada. Para coñecer cal é a situación, Farruco estará esta noite cos integrantes da agrupación...
 04/02/2009 - 23:15 h. 
Farruco, o copresentador de 'Vivir Aquí', estará en Perlío, no concello de Fene, onde uns veciños queren que lles arranxen un camiño que lles serve para dúas cousas fundamentais para eles: dar os paseos con seguridade e acceder a unha fonte moi popular e cunha auga moi apreciada en toda a comarca. No Informe de 'Vivir Aquí', María Solar vai presentar tres historias insólitas. Os seus protagonistas están a perder moito tempo das súas vidas intentando arranxar un erro cometido pola administración. DNIs duplicados, recibos do catastro que non son dun, ou problemas cos límites dos concellos. No programa de hoxe tamén se coñecerá a unhas mulleres de Padrón que se queixan de que a piscina á que van ten a auga demasiado fría para a súa reuma. Tamén saberemos da loita dun home que se empeña en demostrar que O Milladoiro existe. Esta localidade próxima a Santiago está moi poboada pero os indicadores da estrada non dan conta da súa existencia. O reporteiro Pablo Garaloces superou as inclemencias do tempo e despois de quedar atrapado pola neve na AP9 chegou ata Vimianzo para escoitar as queixas dos veciños de Baíñas. Queren un campo da festa en condicións.
Farruco, o copresentador de 'Vivir Aquí', estará en Perlío, no concello de Fene, onde uns veciños queren que lles arranxen un camiño que lles serve para dúas cousas fundamentais para eles: dar os paseos con seguridade e acceder a unha fonte mo...
 28/01/2009 - 23:20 h. 
Farruco coñecerá esta noite de xeito directo os motivos polos que un grupo de veciños dunha parroquia de Ames, na Coruña, amotinouse dentro dun autobús, veciños que levan dez anos pedindo que o transporte público pase pola aldea de Tarrío. Noutro extremo, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel J. Fernández Iglesias, estará no estudio do programa para resolver todas as dúbidas ao redor da Televisión Dixital Terrestre (TDT). Así, coñeceremos a historia duns veciños de Ronfe, en Láncara, que non ven ben a televisión porque, segundo eles, teñen un parque eólico ao lado da casa. Solucionaralle a TDT este problema? Seguindo a senda doutras historias anónimas, esta noite tamén coñeceremos o relato dun home que ve perigar o seu restaurante por culpa dunha liña continua: na estrada que vai de Santiago a Padrón, á altura da Escravitude, non hai maneira de poder apartar para o restaurante de Amado Rodríguez sen perder puntos do carné...
Farruco coñecerá esta noite de xeito directo os motivos polos que un grupo de veciños dunha parroquia de Ames, na Coruña, amotinouse dentro dun autobús, veciños que levan dez anos pedindo que o transporte público pase pola aldea de Tarrío. No...
 21/01/2009 - 23:23 h. 
Farruco viaxa esta noite, non sen aventura de por medio, ao concello ourensán de Cea, viaxe en que, nun primeiro intento, o equipo do programa 'Vivir Aquí' queda atrancado a causa da forte nevada caída estes días na zona. Finalmente puido chegar ata a parroquia de Oseira, onde os veciños reclaman un camiño en condicións para que os camións das orquestras poidan chegar ata o campo da festa sen quedar atrancados. Doutro lado, coñecerase como pasan os galegos o primeiro inverno sen Tarifa nocturna e saberase que modificacións hai que facer na instalación doméstica para adaptarse ás novas tarifas. María Solar falará con afectados e expertos no Informe de 'Vivir Aquí'. E en pleno inverno como estamos, non sen ir moi lonxe, saberase como fai unha familia de Arteixo para vivir sen auga corrente.
Farruco viaxa esta noite, non sen aventura de por medio, ao concello ourensán de Cea, viaxe en que, nun primeiro intento, o equipo do programa 'Vivir Aquí' queda atrancado a causa da forte nevada caída estes días na zona. Finalmente puido cheg...
 14/01/2009 - 23:18 h. 
É tempo de frío e de moita neve. E no Courel gozan da neve pero tamén a padecen. Para falar deste asunto Farruco viaxa esta noite ata a serra do Courel. Ao redor do lume os veciños daquela zona cóntanlle a Farruco os seus problemas coas estradas, coa luz, co teléfono, cos médicos. En fin, quéixanse do seu illamento. Ademais hoxe en 'Vivir Aquí' faise un repaso polos mellores momentos do programa no 2008. Veremos as situacións máis simpáticas de Farruco, de Isabel e, por suposto, de Pablo. Ao mesmo tempo repasaremos algunhas reivindicacións veciñais e comprobaremos se as promesas de solucionar problemas se cumpriron.
É tempo de frío e de moita neve. E no Courel gozan da neve pero tamén a padecen. Para falar deste asunto Farruco viaxa esta noite ata a serra do Courel. Ao redor do lume os veciños daquela zona cóntanlle a Farruco os seus problemas coas estrad...
 07/01/2009 - 22:55 h. 
Farruco viaxa esta noite a Barbadás, en Ourense, onde falará cuns veciños que levan dous anos esperando a que lles poñan os servizos básicos, pois eles xa teñen o material de obra comprado, como lles recomendara o concello, pero os traballos aínda non comezaron. Farruco confía en que o alcalde dea as súas explicacións no programa.
Farruco viaxa esta noite a Barbadás, en Ourense, onde falará cuns veciños que levan dous anos esperando a que lles poñan os servizos básicos, pois eles xa teñen o material de obra comprado, como lles recomendara o concello, pero os traballos a...
 17/12/2008 - 23:20 h. 
Acostumados como estamos a velo falando cos galegos de todos os puntos da comunidade, esta noite Farruco apoia a reivindicación dos maiores de Pontevedra bailando pasodobre, bachata e demais estilos musicais, pois os da terceira idade na cidade do Lérez van ao baile todos os xoves nunha discoteca subvencionada pola Xunta de Galicia. Pero este local ten moitas escaleiras e por iso reclaman outro lugar sen barreiras arquitectónicas para 'facer o sarao', como eles din; e non só iso, queren que o baile se estenda tamén aos domingos. Farruco estivo no Concello de Pontevedra e veremos se foi quen de arrincarlle un compromiso ao edil de Festas, Anxos Ribeiro, para que o baile se poida facer noutro lugar que lles guste aos maiores. O programa tamén atende ao problema dos usuarios dos servizos do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), que se desprazan ata alí no seu coche e que xa coñecen cal é a deficiencia principal das instalacións: atopar onde aparcar. Coa súa forma particular de amosar os problemas, o reporteiro Pablo Garaloces estivo un día calquera no aparcadoiro do CHUS para comprobar 'in situ' as dificultades de aparcar sen que o estrés e a impaciencia se apoderen dun. Doutro lado, o espazo escoitará as preocupacións que teñen os veciños de Lugo co aparcadoiro e co tráfico. A Federación de Asociacións veciñais pediralles aos responsables políticos garantías para solucionar as situacións caóticas que diariamente se producen nas rúas lucenses. 'Vivir Aquí' segue a buscar os testemuños dos afectados pola supresión da Tarifa Nocturna, e a reporteira María Solar presentaranos proximamente as consecuencias da súa desaparición a través das historias particulares de xente que no seu día se apuntou a esta tarifa.
Acostumados como estamos a velo falando cos galegos de todos os puntos da comunidade, esta noite Farruco apoia a reivindicación dos maiores de Pontevedra bailando pasodobre, bachata e demais estilos musicais, pois os da terceira idade na cidad...
 10/12/2008 - 23:04 h. 
Baiona está no punto de mira do "Vivir Aquí" desta noite, que viaxa ata esta localidade pontevedresa para comprobar a preocupación dos vendedores de peixe pola competencia ilegal dos que venden mercancía na rúa ou van en furgonetas polas aldeas sen pagar impostos, ata o punto de que xa son moitos os que falan de pechar o negocio despois do Nadal.
Ante a chegada de datas de moito consumo a xente está preocupada por saber como debe actuar, no sentido de se hai que gastar como recomenda o goberno para que a economía se volva reactivar ou hai que aforrar pensando en que poden vir tempos peores. Dous especialistas, un economista e un defensor do consumidor intentarán resolver estas dúbidas para todos os espectadores.
Doutro lado, haberá boas noticias no programa para os veciños de Morouzos en Meaño... xa que por fin apareceu o cruceiro que buscaban e xa loce con todo o seu esplendor no centro do lugar.
Estas e outras historias reais de xente anónima, esta noite, a partir das 23.10 horas en "Vivir Aquí".
Baiona está no punto de mira do "Vivir Aquí" desta noite, que viaxa ata esta localidade pontevedresa para comprobar a preocupación dos vendedores de peixe pola competencia ilegal dos que venden mercancía na rúa ou van en furgonetas polas al...
 03/12/2008 - 23:16 h. 
Como queira que os veciños de Ribadulla, no concello coruñés de Santiso, quedaron sen misa e sen cura; que os veciños andan medio pelexados co bispado de Lugo e o bispado cos veciños, e que todo é polo campo da festa, do que ambas as dúas partes aseguran ser propietarios, no "Vivir Aquí" desta noite Farruco removerá ceo e terra para desenmarañar esta trama.
Desde outro lado, Pontevedra, chega ao programa a historia dunha muller dedicada enteiramente ao seu home, pois un accidente deixouno en cadeira de rodas e nunha difícil situación económica. Lucía Loira, que así se chama esta abnegada muller, non pide moito, só que non os discriminen.
Esta noite o público poderá ver tamén o informe completo que fixo María Solar na Coruña, onde estudantes da Universidade están a vivir en pendellos que non cumpren as condicións de habitabilidade. Entre outras historias cotiás de xente anónima, o programa contará co reporteiro Pablo Garaloces, que estivo no concello pontevedrés de Meaño porque uns veciños queren recuperar un cruceiro: onde estará e por que llelo ían levar da parroquia?
Como queira que os veciños de Ribadulla, no concello coruñés de Santiso, quedaron sen misa e sen cura; que os veciños andan medio pelexados co bispado de Lugo e o bispado cos veciños, e que todo é polo campo da festa, do que ambas as dúas partes aseg...
 26/11/2008 - 23:14 h. 
Farruco estará esta noite cos veciños do concello coruñés de Lousame, que non viven tranquilos polas molestias dunha canteira próxima ás súas vivendas e abren as súas casas para ensinar os estragos que lles causan os traballos nesa canteira. Pero a quen tamén lles quita o sono unha canteira é aos veciños do concello ourensán de Toén, e para comprobalo Pablo Garaloces entra nas súas casas de noite con un sonómetro para medir a cantidade de decibelios á que estes veciños se expoñen cada noite.
O equipo do programa tamén coñecerá a situación desesperada de unha familia que non é capaz de botar un inquilino que leva meses sen pagarlle o alugueiro. No estudio de 'Vivir Aquí' unha administradora de terreos daranos algúns consellos para evitar esta clase de situacións á hora de alugar un piso, ben sexa como propietario ou como inquilino, unha consulta que pode sacar o espectador de moitas dúbidas.
Farruco estará esta noite cos veciños do concello coruñés de Lousame, que non viven tranquilos polas molestias dunha canteira próxima ás súas vivendas e abren as súas casas para ensinar os estragos que lles causan os traballos nesa canteira. ...
 19/11/2008 - 23:14 h. 
"Vivir Aquí" viaxará esta noite ata Viveiro para coñecer o drama que están a vivir as 21 familias do Celeiriño, que tiveron que ser desaloxadas das súas casas e que a día de hoxe, non saben que vai ser delas. Pero o programa contará tamén a historia peculiar de un veciño de Pontevedra que asegura que o seu can é un animal fóra de serie, case tanto coma Mula, a xabaril que un veciño de Carballo criou coma unha mascota.
E para celebrar o tempo do San Martiño, o programa abrirá un debate interesante sobre a matanza e a polémica suscitada arredor do famoso porco de Dumbría, Quinín, para o que moitas asociacións están a pedir un indulto. Para debater sobre este tema, o programa contará coa presenza do xornalista Nacho Mirás, que creou unha plataforma en internet pedindo o indulto para Quinín, e o presentador de diferentes espazos gastronómicos, Xacobe Pérez Paz, que ten clarísimo que a todo porco, chámese Quinín ou non, débelle chegar o seu San Martiño.
"Vivir Aquí" viaxará esta noite ata Viveiro para coñecer o drama que están a vivir as 21 familias do Celeiriño, que tiveron que ser desaloxadas das súas casas e que a día de hoxe, non saben que vai ser delas. Pero o programa contará tamén a historia ...
 12/11/2008 - 23:01 h. 
'Vivir Aquí' estará hoxe cun veciño de Culleredo que se manifesta diante da casa do alcalde, en Xinzo da Limia, para intentar salvar unha árbore centenaria que ameaza a seguridade das casas dos veciños, e en Carballo, onde un mozo pide patrocinio para poder ser o único galego en competir coa súa moto no París - Dakar deste ano.
Amais, esta noite Farruco fará unha viaxe ás súas orixes, ás terras que inspiraron a maioría dos seus personaxes, para coñecer os problemas que están a ocasionar un cento de vacas que andan soltas polos montes de Fornelos e Pazos de Borbén
'Vivir Aquí' estará hoxe cun veciño de Culleredo que se manifesta diante da casa do alcalde, en Xinzo da Limia, para intentar salvar unha árbore centenaria que ameaza a seguridade das casas dos veciños, e en Carballo, onde un mozo pide patrocinio par...
 05/11/2008 - 22:58 h. 
Farruco visitará os barrios coruñeses de Eirís e O Castrillón para falar cos veciños, que desde hai meses veñen manifestando o seu malestar pola concesión de vivendas de protección oficial nun edificio do barrio a 22 familias xitanas. A decisión ten moi preocupados a algúns veciños, que temen que no canto de integración, a medida leve á creación de guetos e focos de delincuencia.
Pero o programa, na súa vontade de escoitar a todas as partes implicadas, falará tamén con varias familias xitanas e co director do Plan Especial de Penamoa, ao tempo que intentará coñecer o pulso da rúa sobre este problema, cun debate entre dous xornalistas lugueses, Grial Parga e Juan Soto, que falarán de como está a ser o proceso de integración do pobo xitano na súa cidade.
“Vivir Aquí” estará tamén en Bueu e en Vigo, contando historias cotiás de xente anónima.
Farruco visitará os barrios coruñeses de Eirís e O Castrillón para falar cos veciños, que desde hai meses veñen manifestando o seu malestar pola concesión de vivendas de protección oficial nun edificio do barrio a 22 familias xitanas. A decisi...
 29/10/2008 - 23:00 h. 
'Vivir aquí' esta noite contará coa presenza no estudio do antropólogo Manuel Mandianes e do presidente da Federación Galega de Servizos Funerarios, Xosé Becerra, para falar polo miúdo de todo o relacionado co sector funerario. Aínda que os verdadeiros protagonistas do programa serán os veciños de Dorrón, no municipio de Sanxenxo, que por mor da construción dunha urbanización a menos de cincuenta metros dos nichos non poden facer uso do cemiterio parroquial, o que os deixa sen sitio onde enterrarse.
Pero a falta de nichos non é o único problema veciñal do que falarán Farruco e Isabel Durán. Un equipo do programa desprazouse ata o concello de Barreiros para descubrir por que a celebración dos funerais lle ocasiona graves prexuízos a un empresario da vila.
'Vivir aquí' esta noite contará coa presenza no estudio do antropólogo Manuel Mandianes e do presidente da Federación Galega de Servizos Funerarios, Xosé Becerra, para falar polo miúdo de todo o relacionado co sector funerario. Aínda qu...
 22/10/2008 - 22:59 h. 
O "Vivir Aquí" desta noite viaxará ata o encoro das Conchas, no concello ourensán de Bande, para escoitar os veciños que reivindican a revalorización dun enclave privilexiado, onde xunto aos restos do campamento militar de Porto Quintela manan unhas pozas de augas termais ás que os veciños do municipio lles custa moito acceder.
O problema é que algúns son xa maiores, e resúltalles imposible gozar dunhas augas ás que se lles atribúen propiedades medicinais. As trabas comezan porque, pese a estar en terreos do concello, o lugar está baixo a vixilancia de Patrimonio e tamén da Confederación Hidrográfica do Norte. Así que antes de coller unha pa hai que pedir permiso en tres instancias distintas.
Pero "Vivir Aquí" farase eco tamén da situación de abandono á que se enfronta a aldea dos Castros, en Sandiás, onde vivir sen luz nin auga corrente en pleno século XXI non acaba co sorriso dos veciños, que agardan como auga de maio a chegada dalgún visitante.
O "Vivir Aquí" desta noite viaxará ata o encoro das Conchas, no concello ourensán de Bande, para escoitar os veciños que reivindican a revalorización dun enclave privilexiado, onde xunto aos restos do campamento militar de Porto Quintela manan unhas ...
 15/10/2008 - 23:01 h. 
Vivir nun quinto sen ascensor pode converterse nun verdadeiro pesadelo e máis cando o feito significa quedar pechado en vida, e o mellor exemplo diso é o que lles ocorre aos veciños da rúa Pascual Veiga, da Coruña, que chamaron ao programa Vivir Aquí para contalo e esta semana recibirán a visita de Farruco. A negativa do propietario do baixo comercial a ceder espazo para instalar o ascensor e a imposibilidade da administración local a obrigarlle a facelo trae de cabeza a unha ducia de veciños, que se senten gravemente prexudicados pola lei de propiedade horizontal.
Pero ademais deste problema, Vivir Aquí falará tamén dos dereitos dos consumidores e sobre todo das fraudes ás que nos expoñemos acotío: queixas polo mal funcionamento da telefonía móbil, facturas erróneas das empresas subministradoras de gas natural ou os prexuízos morais e económicos que supón comprar unha vivenda e descubrir que non ten luz, serán algunhas das demandas que os espectadores do programa lle fagan saber a Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, que estará esta noite no estudio de gravación.
Vivir nun quinto sen ascensor pode converterse nun verdadeiro pesadelo e máis cando o feito significa quedar pechado en vida, e o mellor exemplo diso é o que lles ocorre aos veciños da rúa Pascual Veiga, da Coruña, que chamaron ao programa Vivir A...
 08/10/2008 - 22:54 h. 
O asunto principal de hoxe é a reclamación dos veciños de Palas de Rei, que queren que se abra ao público o Castelo de Pambre, un castelo privado pero que está catalogado como "ben de interese cultural", polo que o propietario actual ten uns dereitos e tamén unhas obrigas que cumprir, como son telo en bo estado e deixar que calquera que queira visitalo poida facelo. Farruco estivo tamén coa conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, que lles explicará aos veciños todas as claves deste asunto.
Doutro lado, co curso universitario e o desembarco de milleiros de estudantes nas principais cidades galegas, volve o temor de moitos veciños a un fenómeno imparable e difícil de atallar: o botellón. No estudio de gravación estarán hoxe dous xornalistas que coñecen ben o fenómeno pero que con ideas moi contrapostas responderán a cuestións como se prohibir beber na rúa, como fixeron xa algúns concellos como Pontevedra ou A Coruña, é a solución para rematar co botellón ou como se vai conciliar o dereito dos mozos a esta nova forma de ocio co dereito ao descanso de quen vive nas zonas onde se practica botellón.
Pablo Garaloces cumpriralle un soño a un amigo do programa que chamou porque a súa ilusión é ser reporteiro. Pasará a proba de Pablo?
O asunto principal de hoxe é a reclamación dos veciños de Palas de Rei, que queren que se abra ao público o Castelo de Pambre, un castelo privado pero que está catalogado como "ben de interese cultural", polo que o propietario actual ten uns dereitos...
 01/10/2008 - 23:10 h. 
Esta noite, en Vivir aquí, Farruco viaxa ata o municipio de Ponteareas para investigar a estraña orixe duns cheiros que ten aos veciños da aldea de Pontacóns en pé de guerra. Quen alí vive asegura que desde hai un ano xa non se pode abrir unha fiestra ou estar no xardín e bótanlle a culpa a unha planta de fertilizantes orgánicos próxima ás súas vivendas. O sempre decidido Farruco non só escoitou o difícil día a día destes veciños, tamén conseguiu falar cun dos propietarios desta empresa.
Ademais da protesta dos de Ponteareas, Vivir aquí estivo en Mos, para escoitar os veciños que preguntan onde están os cartos comprometidos para a recuperación da ruta dos muíños. O reporteiro do programa Pablo Garaloces percorreu con eles a pé o sendeiro de Pereiras, de gran valor para a xente do lugar. Doutro lado, tamén fala con veciños do municipio coruñés de Oleiros, onde hai vivendas que están a quedar cubertas polo bambú que hai uns meses decidiu plantar o Concello.
Facéndose eco da actualidade, o programa conta este noite co organizador da capea que tivo lugar en Negreira o domingo pasado e cun membro do colectivo pola defensa dos animais "Libera", que se verán as caras para debater arredor do toureo, novilladas e outros espectáculos que teñen como protagonistas a becerras e touros e que se celebran en Galicia.
Esta noite, en Vivir aquí, Farruco viaxa ata o municipio de Ponteareas para investigar a estraña orixe duns cheiros que ten aos veciños da aldea de Pontacóns en pé de guerra. Quen alí vive asegura que desde hai un ano xa non se pode abrir unha...
 24/09/2008 - 00:01 h. 
No Vivir aquí de hoxe, Farruco viaxa ao concello ourensán de Lobios para investigar a morte de cinco cans de raza mastín, a partir da chamada ao programa dun pastor do Xurés, que ten a certeza de que foron envelenados. De ser certo, quen podería facer unha cousa así?
O programa estará tamén en Ponteareas, onde unha urbanización enteira vive coa incerteza de quedar sen luz. Un reporteiro do programa estará con estes veciños o día que lles cortarán a subministración. E, como di o dito, menos mal que lles queda Portugal, porque os veciños dunha aldea do sur de Ourense, en Frieira, que así se chama o lugar, teñen que visitar o país veciño cada vez que se queren ir bañar, pescar ou se simplemente queren pasear pola beira do Miño.
E no estudio de gravación de Vivir aquí estará o pai de Samuel, un neno que terá que seguir percorrendo cerca de catro quilómetros ao día para coller o autobús escolar. Mañá empeza a escola e o seu problema segue sen amañarse.
No Vivir aquí de hoxe, Farruco viaxa ao concello ourensán de Lobios para investigar a morte de cinco cans de raza mastín, a partir da chamada ao programa dun pastor do Xurés, que ten a certeza de que foron envelenados. De ser certo, quen poder...
 17/09/2008 - 23:12 h. 
Vivir aquí, o programa da Galega que converte as pequenas historias anónimas en grandes titulares, volve esta noite con novas denuncias. Farruco viaxará hoxe a Rianxo para escoitar os propietarios de tres casas mariñeiras de máis de cen anos que están ameazadas de derruba por un proxecto que Portos de Galicia ten previsto executar na zona. Pero, ademais, o programa presentado por Isabel Durán e Xosé Luís Bernal "Farruco" vivirá en primeira persoa a tremenda historia que tivo que pasar unha veciña de Arcos da Condesa: un mal día, a súa casa ardeu, deixándoa a ela e a seus fillos na rúa. Os veciños axudárona a facer outra casa e, cando parecía que a vida lle daba outra oportunidade de volver vivir con dignidade, unha inundación volveu cebarse coa súa vivenda.
Quen tamén dará a cara contestando máis queixas e preguntas dos telespectadores é o presidente da empresa de transportes Monbus, con quen o programa falou hai unhas semanas para pedirlle explicacións polo cesamento do servizo de autobús aos veciños verineses de Feces de Cima e Mandín. O programa tamén comprobará por que no concello de Ponteareas uns veciños que piden poder ler, non o poden facer.
Ademais, visitará o estudio de gravación de Vivir aquí Marisol Sanmartín Amorín, unha muller de Lourenzá de quen ata agora os espectadores só coñecían a súa voz, que tantas veces deixou no contestador do programa. Pero esta noite, o programa coñecerá tamén a súa historia.
Vivir aquí, o programa da Galega que converte as pequenas historias anónimas en grandes titulares, volve esta noite con novas denuncias. Farruco viaxará hoxe a Rianxo para escoitar os propietarios de tres casas mariñeiras de máis de cen anos q...
 10/09/2008 - 23:10 h. 
O programa que presentan Isabel Durán e Xosé Luís Bernal, Farruco repasará esta noite o estado dalgún dos temas que xa pasaron polo programa. Moitas historias tiveron final feliz pero outras aínda están pendentes de solución. O programa volverá falar cos protagonistas e cos responsables de amañar os problemas, para que non os esquezan e para intentar buscarlles unha solución.
Saberase como lles vai aos irmáns Cesáreo, Manuel e Alfonso, do concello pontevedrés de Arbo. Eles tiñan unha casa pero unha desgraza deixounos na rúa e agora viven desde hai cinco anos nun cortello prestado. Pois hai novidades para estes irmáns.
Tamén se terán noticias daqueles veciños de Gondomar a quen a policía autonómica lles precintou un bingo que facían para entreterse e para recadar fondos para as festas parroquiais. Estará no estudio de gravación unha representación dos veciños que contará se ao final tivo que pagar a multa millonaria que lle fora imposta.
Verase como están as cousas co párroco de Bamio, quen ameazou con deixar os veciños desta parroquia vilagarciá sen a procesión de San Roque, que nesta vila se celebra o 29, 30 e 31 de agosto.
Presentarase a un heroe, que co seu empeño e despois de pasar varias noites durmindo á intemperie, conseguiu paralizar a instalación dunha antena de telefonía móbil en Rodeiro. Xa visitaron esta localidade pontevedresa varios afectados polo mesmo caso e Jesús Eulogio cóntalles o segredo para conseguilo. Estas e outras historias reais, esta noite, en Vivir Aquí.
O programa que presentan Isabel Durán e Xosé Luís Bernal, Farruco repasará esta noite o estado dalgún dos temas que xa pasaron polo programa. Moitas historias tiveron final feliz pero outras aínda están pendentes de solución. O programa volverá falar...
 03/09/2008 - 23:16 h. 
Veciños enfrontados a unha pirotecnia, ese será o núcleo central do programa Vivir aquí, que nas últimas semanas se está a afianzar no horario principal da Galega. Despois do éxito de audiencia da semana pasada, onde preto de 200.000 galegos seguiron a historia de dúas parroquias de Verín afectadas pola supresión do transporte rural, o programa porá rumbo esta semana cara a Tui, onde o debate tamén está servido.
Que é primeiro, o dereito das familias a sentírense seguras nas súas propias casas ou a necesidade dun empresario a velar polo ben da súa compañía? Aínda que os dous son dereitos lexítimos, a súa convivencia parece difícil de manterse, polo menos para os veciños que viven próximos a unha das empresas pirotécnicas máis antigas de Galicia.
Pero ademais de coñecer polo miúdo este tema, Farruco e Isabel Durán abordarán a historia dunha moza ferrolá que non consegue que a Seguridade Social lle conceda unha cadeira de rodas motorizada, ao non recoñecérenlle o seu labor de ama de casa coma un traballo. E na lonxa de Portonovo, o incombustible reporteiro Pablo Garaloces, falará con mariñeiros e peixeiras para descubrir por que os turistas lles complican máis da conta o seu traballo.
Veciños enfrontados a unha pirotecnia, ese será o núcleo central do programa Vivir aquí, que nas últimas semanas se está a afianzar no horario principal da Galega. Despois do éxito de audiencia da semana pasada, onde preto de 200.000 galegos s...
 13/08/2008 - 23:46 h. 
Os problemas do transporte público no rural será o eixe central do programa Vivir aquí, que se emite esta noite na Galega, e que levará a Farruco e Isabel Durán a visitar Feces de Cima e Mandín. En ambas as dúas aldeas verineses levan máis dun ano sen servizo de transporte público e, por iso, os veciños iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas, que lle fixeron chegar á Dirección Xeral de Transportes.
O Concello de Verín, pola súa parte, xa solicitara o servizo de Tes-Bus para estas dúas parroquias, pero a proposta foilles rexeitada por existir unha concesión de transporte público para ambas as dúas parroquias. Así que aos veciños non lles queda outra que tratar de que a empresa restableza novamente o servizo ou que a Dirección Xeral de Transportes tome cartas no asunto e lle retire a concesión, para así permitir que poidan compartir o bus escolar cos rapaces do colexio. "Aínda que non é a mellor solución, esta sería -segundo os veciños- polo menos unha solución".
Pero o problema do transporte non é exclusivo de Verín e son moitos os galegos que se queixan da situación de abandono pola que atravesan as súas aldeas. Na parroquia de Grou, en Lobios, a necesidade de contar con comunicación diaria coa capital do municipio fixo que unha veciña decidira sacar o carné aos 71 anos. A iniciativa, aínda que lle deu máis dunha dor de cabeza, permítelle a María Sanz acabar coa situación de abandono da súa aldea e, o máis importante, poder levar o home ao médico sempre que o necesite.
Os problemas do transporte público no rural será o eixe central do programa Vivir aquí, que se emite esta noite na Galega, e que levará a Farruco e Isabel Durán a visitar Feces de Cima e Mandín. En ambas as dúas aldeas verineses levan máis dun...
 06/08/2008 - 23:05 h. 
Os problemas polo peche dun camiño en Sanxenxo levará a Farruco a desprazarse ata este concello pontevedrés coa fin de coñecer polo miúdo este conflito de lindes: os veciños de Noalla están en desacordo con que o propietario do terreo lles peche un sendeiro que eles veñen empregando desde hai anos, mentres que o dono sostén que o camiño está dentro da súa propiedade e que non vai cometer ningunha irregularidade.
Pero o programa Vivir Aquí irá un paso máis aló, falando cun experto en Dereito Civil galego, que explicará os dereitos de servidume e, sobre todo, o que poden facer os usuarios dos camiños de paso para que se lles recoñezan os seus dereitos.
En canto ao reporteiro do programa, esta semana viaxará ata o concello ourensán do Bolo, para ser testemuña dun acontecemento histórico: o Instituto Xeral de Estatística subscribiu a independencia de Outar de Pregos da parroquia de Lentellais, á que estaba anexionada desde facía séculos, un feito que non se repetía no noso país desde facía 30 anos.
Os problemas polo peche dun camiño en Sanxenxo levará a Farruco a desprazarse ata este concello pontevedrés coa fin de coñecer polo miúdo este conflito de lindes: os veciños de Noalla están en desacordo con que o propietario do terreo lles peche un s...
 30/07/2008 - 22:58 h. 
Como é posible que, nos nosos días, nas principais cidades galegas haxa xente vivindo entre ruínas? Esta será unha das cuestións que aborden Farruco e Isabel Durán, os presentadores de Vivir aquí, e que lle farán chegar esta noite á conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, convidada no plató. Como está recente a nova Lei de vivenda, o programa tratará de coñecer polo miúdo os puntos dunha normativa que pretende acabar coa situación de abandono dos barrios históricos e tamén de moitas aldeas de Galicia.
A degradación das zonas vellas é un problema con nomes e apelidos, e por iso Farruco falará en Ferrol con dúas mulleres que foron testemuñas de como o edificio do lado se lles caía enriba. Afortunadamente, elas saíron ilesas, pero os seus fogares seguen a sufrir danos irreparables.
Máis dramática aínda é a situación de varias familias da zona vella da Coruña, que compartirán plató coa conselleira de Vivenda, pois estas persoas levan cinco anos reclamando que lles devolvan o que perderon cando os pisos, nos que vivían de alugueiro, se derrubaron por mor das obras de rehabilitación do edificio do lado.
Como é posible que, nos nosos días, nas principais cidades galegas haxa xente vivindo entre ruínas? Esta será unha das cuestións que aborden Farruco e Isabel Durán, os presentadores de Vivir aquí, e que lle farán chegar esta noite á conselleir...
 23/07/2008 - 22:54 h. 
Os ataques dos xabarís a diferentes explotacións agrarias da parroquia de Cardama, no concello de Oroso, centra o programa desta noite de Vivir aquí, onde os seus presentadores Farruco e Isabel Durán falarán con algúns destes labregos, que desde hai unhas semanas se viron na obriga de facer quendas de vixilancia pola noite coa fin de evitar que os porcos bravos acaben coas súas colleitas.
Os afectados aseguran que os xabarís poñen en perigo a continuidade das súas explotacións agrarias, xa que dentro duns meses non terán millo co que manter o gando, e por iso reclaman que a Consellería de Medio Ambiente tome cartas no asunto. Unhas demandas que Farruco, no seu papel de valedor veciñal, tratará de facerlle chegar ao director xeral de Conservación da Natureza.
Así mesmo, Vivir aquí falará tamén cos veciños de Bueu, que aseguran que contra o xabaril o único que vale é a imaxinación e neste senso a asociación cultural de Meiro leva anos dándolles aos miolos para sorprender os porcos bravos, antes de que estes acaben coa festa de millo corvo.
O programa falará da supresión dun certame, o de Miss Terceira Idade de Melide, que desatou moita polémica na vila, e tamén coñecerá unha familia venezolana, instalada no concello de Carnota, que denuncia vivir ameazada polos seus veciños.
Os ataques dos xabarís a diferentes explotacións agrarias da parroquia de Cardama, no concello de Oroso, centra o programa desta noite de Vivir aquí, onde os seus presentadores Farruco e Isabel Durán falarán con algúns destes labregos, que des...
 16/07/2008 - 23:00 h. 
"Ata hai dous anos, nos meses de xullo e de agosto había un posto da Cruz Vermella que, aínda que funcionaba só de día, dábanos certa tranquilidade, pero agora non temos nin iso", din veciños da illa de Ons, lugar ata onde se despraza esta semana o programa Vivir aquí para coñecer de cerca as demandas daqueles paisanos, que, entre outras cousas, reclaman un médico.
Na illa, adscrita ao concello de Bueu, viven habitualmente oito familias, pero nos meses de verán, entre campistas, colonos e turistas, poden chegar a xuntarse 1500 persoas. Así é que, respondendo á invitación dos paisanos da illa, Farruco e Isabel Durán, os presentadores do programa, decidiron desprazarse ata Ons e escoitar as queixas dos veciños, que aseguran ir de mal en peor.
No seguimento do caso, o programa intentará falar co alcalde de Bueu, Félix Juncal, para saber que se pode facer desde o Concello, e tamén cos responsables da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais para que expliquen de que medios dispoñen para superar o atranco, que supón dotar de cobertura médica aos habitantes dunha illa.
Pero ademais de visitar Ons, o programa viaxará ata Noia, onde piden máis vixilancia policial, posto que, segundo os veciños da zona de Barro, as medidas de seguridade cidadá contra as conducións temerarias que se producen nas fins de semana son insuficientes e demandan o emprego de coches camuflados para sorprender aos infractores e acabar co problema dunha vez por todas.
"Ata hai dous anos, nos meses de xullo e de agosto había un posto da Cruz Vermella que, aínda que funcionaba só de día, dábanos certa tranquilidade, pero agora non temos nin iso", din veciños da illa de Ons, lugar ata onde se despraza esta semana o p...
 09/07/2008 - 23:03 h. 
As diferenzas entre os veciños de Bamio e o párroco da localidade centrarán o programa da Galega, Vivir aquí que, desde hoxe, pasa a emitirse os mércores pola noite. O enfrontamento por mor da celebración das festas do San Xoán puxo en evidencia a mala relación do cura cos fregueses desta parroquia vilagarciá, que decidiron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas pedindo o traslado do cura da súa parroquia. Por iso, os presentadores Farruco e Isabel Durán desprazaranse ata alí, para intentar falar co párroco de Bamio e tamén cos veciños, que aseguran sentirse moi doídos pola actitude do sacerdote, que se negou a sacar os santos en procesión.
Pero ademais deste conflito veciñal, o programa recollerá tamén as queixas dunha nena coruñesa á que non quixeron facerlle un seguro médico por ser celíaca, así como as reclamacións dunha familia de Ordes, que teme quedar sepultada por mor das obras dun polígono industrial próximo ao seu fogar.
No seu afán de denuncia, o reporteiro do programa, Pablo Garaloces, dará un paseo polo concello de Oleiros, onde a fin de semana pasada se inaugurou a estatua da discordia: un monumento ao Che que conseguiu revolucionar a toda a vila.
As diferenzas entre os veciños de Bamio e o párroco da localidade centrarán o programa da Galega, Vivir aquí que, desde hoxe, pasa a emitirse os mércores pola noite. O enfrontamento por mor da celebración das festas do San Xoán puxo en evidenc...
 02/07/2008 - 23:01 h. 
Arte ou vandalismo? Esta cuestión, que dalgún xeito afecta a todas as cidades galegas, será o eixe central do programa desta semana de Vivir aquí, onde os presentadores do espazo, Farruco e Isabel Durán, desprázanse ata Pontevedra para coñecer o sentir dun grupo de veciños que leva varios meses loitando por conseguir que o concello asuma os labores de limpeza das pintadas coas que un grupo de vándalos manchou as fachadas dos seus edificios e comercios.
Logo de coñecer a opinión do concello de Pontevedra, que está a emprender unha campaña anti-graffiti, Farruco intentará falar tamén con algúns dos graffiteiros desta cidade. Para estes artistas é fundamental que a xente entenda a diferenza que hai entre un graffiti e unha pintada.
Pero ademais do problema do vandalismo, Vivir aquí farase eco das reclamacións dos veciños dunha parroquia de Verín que loitan con todos os medios ao seu alcance para intentar pechar unha granxa de porcos, que, ao seu entender, está a funcionar sen as licenzas necesarias. Ademais, o equipo do programa viaxará ata o albergue de Gondán, en San Cosme de Barreiros, que hoxe por hoxe, non aparece recoñecido con esta categoría nos folletos do Camiño de Santiago.
E finalmente coñeceremos a historia de Samuel, un rapaz de 13 anos, que durante todo este curso veuse na obriga de saír da casa ás 7 da mañá e camiñar case dous quilómetros, por pistas con escasa iluminación, para poder utilizar o bus escolar.
Arte ou vandalismo? Esta cuestión, que dalgún xeito afecta a todas as cidades galegas, será o eixe central do programa desta semana de Vivir aquí, onde os presentadores do espazo, Farruco e Isabel Durán, desprázanse ata Pontevedra para coñecer...
 26/06/2008 - 23:58 h. 
O Vivir aquí deste xoves, espazo que presentan na Galega Farruco e Isabel Durán, viaxará ata o concello de Arbo, concretamente á parroquia de Cabeiras, onde viven Manuel, Cesáreo e Alfonso Pérez Vázquez, que perderon a súa casa por mor dun incendio en abril de 2003. Dende aquela, os tres irmáns viven, grazas á boa vontade dun veciño, nun pequeno alpendre, sen baño nin auga corrente.
Tras coñecer de cerca este drama familiar, o programa intentará falar tamén cos responsables municipais de Arbo e saber que xestións se están a facer dende o propio concello para procurarlles unha vivenda digna a estes irmáns. A rapidez e o bo entendemento entre os órganos competentes vai ser primordial para conseguir que estes irmáns consigan unha vivenda digna.
Á parte deste problema familiar, o programa intentará darlle continuidade a un tema que está a provocar serios enfrontamentos entre os veciños de Cervantes e Navia de Suarna. E por iso, aproveitando a visita do director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, Farruco e Isabel Durán intentarán coñecer polo miúdo o proxecto de creación do parque natural dos Ancares.
Pero ademais do seu fin reivindicativo, o programa Vivir aquí nace co afán de coñecer historias curiosas de personaxes anónimos, que por unha ou outra razón deciden darse a coñecer. É o caso dunha moi especial miss España 2007, Rosalía James, a vaca máis guapa do país e con residencia en San Cosme de Barreiros.
O Vivir aquí deste xoves, espazo que presentan na Galega Farruco e Isabel Durán, viaxará ata o concello de Arbo, concretamente á parroquia de Cabeiras, onde viven Manuel, Cesáreo e Alfonso Pérez Vázquez, que perderon a súa casa por mor dun inc...
 19/06/2008 - 23:33 h. 
Os Ancares, Rábade e Ribadeo, serán algúns dos concellos que visite esta semana o programa Vivir aquí, presentado por Farruco e Isabel Durán, que a TVG acaba de estrear para as noites dos xoves e que se despraza ata os Ancares co fin de coñecer de preto as inquedanzas e os temores dos veciños ante o proxecto do parque natural.
De feito, só no concello de Cervantes, reuníronse preto de 1.000 sinaturas en contra da iniciativa da Consellería de Medio Ambiente de converter esta zona luguesa no maior parque natural de Galicia. Por iso é que Farruco, metido de cheo no papel de mediador veciñal, falará coa xente dos Ancares para coñecer "in situ" os motivos que os levan ao rexeitamento do proxecto.
Son tamén moitas as voces que se alzan a favor desta iniciativa, entre elas, a do propio delegado de Medio Ambiente, que considera que esta pode ser a única alternativa para o desenvolvemento deste territorio. Ademais de coñecer máis polo miúdo o proxecto, Farruco intentará transmitirlle ao delegado as inquedanzas dos veciños de Cervantes.
No seu afán de converter os telespectadores en protagonistas das súas historias, o programa achégase ata Ribadeo, onde un grupo de rapaces se enfrontan a preto dunha ducia de sancións por mor de se bañar con Gaspar, o golfiño máis famoso de Galicia. E para completar a súa viaxe, Vivir aquí fará unha parada no concello de Rábade para coñecer a letra pequena dunha normativa municipal que trae de cabeza a varias comisións de festas da provincia.
Os Ancares, Rábade e Ribadeo, serán algúns dos concellos que visite esta semana o programa Vivir aquí, presentado por Farruco e Isabel Durán, que a TVG acaba de estrear para as noites dos xoves e que se despraza ata os Ancares co fin de coñece...
 12/06/2008 - 23:44 h. 
Vivir Aquí desprázase hoxe ata a provincia de Lugo, a Mondoñedo, onde o inefable Farruco volverá ás súas particulares terras máxicas de Miranda. Pero, desta vez será o perseverante, inquedo e sempre preocupado Xosé Luís Bernal quen amose a historia duns veciños de Mondoñedo que intentan paralizar a obra dunha minicentral máis que lles queren poñer no salto do río Tronceda, o río das súas infancias.
Ademais, no estudio de gravación, coñecerase de primeira man, o testemuño do audaz e persistente Xosé Antón González que, xunto cos seus infatigables veciños, lograron nin máis nin menos que impedir a obra doutra central en Ferramulín, en Folgoso do Caurel. Saberase como o lograron.
Pero, en Vivir Aquí haberá máis historias. Coñecerase un home que presume de ser o gandeiro que posúe o maior número de cabezas de gando ovino de toda Galicia. Máis dun milleiro. Que se di pronto. E, como no programa non se desaproveita nada, Vivir Aquí conversará con Xosefa Casal, unha fiadora de San Sadurniño que é capaz de aproveitar e sacarlle partido absolutamente a todo das ovellas: rapar, lavar a la, fiar, tecer...
Tamén se recollerán as propostas, ideas e queixas dos telespectadores.
Vivir Aquí desprázase hoxe ata a provincia de Lugo, a Mondoñedo, onde o inefable Farruco volverá ás súas particulares terras máxicas de Miranda. Pero, desta vez será o perseverante, inquedo e sempre preocupado Xosé Luís Bernal quen amose a his...
 05/06/2008 - 23:39 h. 
Os veciños de Peitieiros, no concello de Gondomar, levan anos a financiar a contratación de orquestras para as festas veciñais por medio do xogo do bingo, pero agora enfróntanse a unha multa mínima de 18.000 euros, despois de que a Policía Autonómica se presentase no local social da parroquia para deter as sesións de xogo. Ademais das reportaxes de Farruco, que visitou os veciños e o alcalde de Gondomar, Vivir Aquí recibirá a visita de Rosa Colmeiro, oficial do Grupo de Xogo da Policía Autonómica, que explicará a actuación policial e os pormenores da lei que impide a posta en práctica de xogos de azar por particulares.
Doutro lado, os reporteiros de Vivir Aquí pasaron tamén unha noite na Praza do Humor, na Coruña, un dos lugares máis frecuentados de Galicia polos amantes do botellón: un reporteiro pasou a noite cos veciños e outro fíxoo cos mozos que se divertían na praza. O debate continuará no plató, onde o xornalista Nacho Mirás e a estudante e campiona de oratoria na I Liga Galega de Debate, Silvia Fernández, discutirán sobre se os concellos deben habilitar zonas específicas para ser utilizadas como botellódromos.
Os veciños de Peitieiros, no concello de Gondomar, levan anos a financiar a contratación de orquestras para as festas veciñais por medio do xogo do bingo, pero agora enfróntanse a unha multa mínima de 18.000 euros, despois de que a Policía Autonómica...
 29/05/2008 - 23:37 h. 
A historia de María Suárez, unha muller que espera a que calquera día lle derruben a casa onde vive desde hai vinte e cinco anos, será o tema central do programa Vivir Aquí, o espazo que cada xoves presentan na Galega Isabel Durán e Xosé Luís Bernal, "Farruco".
Entre os casos que hoxe atende o programa está o relato de María Suárez, viúva que vive con súa nai e seu fillo na praia de Calcoba, no concello de Fisterra: hai dous anos, a súa casa foi condenada ao derrubamento polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia despois da denuncia dun veciño.
Como programa preocupado por sacar á luz as pequenas historias de xente anónima que non chegan aos titulares dos informativos, hoxe tamén terá cabida un caso feliz, e así Isabel Durán e Farruco contarán a historia de Digna Estévez, unha muller de Carcacía, en Padrón, que levaba oito anos a vivir nunha caravana e que viu coma os seus veciños se organizaban para construírlle e regalarlle unha casa. Ademais destas dúas historias, Vivir Aquí incluirá un debate sobre a derruba de vivendas ilegais entre o xornalista Nacho Mirás e a recente campiona de oratoria na primeira Liga Galega de Debate Universitario, Silvia Fernández.
O programa tratará tamén dous casos de alarma veciñal ante a proliferación de antenas de telefonía na proximidade de vivendas. Para aclarar o presunto perigo destes aparellos, estará no estudio o profesor e divulgador científico Jorge Mira.
A historia de María Suárez, unha muller que espera a que calquera día lle derruben a casa onde vive desde hai vinte e cinco anos, será o tema central do programa Vivir Aquí, o espazo que cada xoves presentan na Galega Isabel Durán e Xosé Luís ...
 22/05/2008 - 23:37 h. 
Con directa vocación polo cidadán e as súas pequenas historias cotiás, así é como nace o espazo para converter en grandes titulares eses relatos anónimos que pasan desapercibidos, xentes anónimas pero que todos os días viven historias que merecen ser contadas. Dirixido por Andrés Mahía e por Mónica Ares, e presentado por Isabel Durán e por Xosé Luís Bernal "Farruco", o espazo arranca esta noite pedindo a participación de todos, para o cal pon á súa disposición un contestador automático as 24 horas do día: 902 90 52 60.
O programa pretende como obxectivo máximo escoitar o cidadán e para iso busca a súa participación facilitándolle unha dirección web onde poder colgar fotos e vídeos que considere oportunos para explicar as súas historias: www.crtvg.es/viviraqui, partindo de que ás veces unha imaxe vale máis ca mil palabras.
Os presentadores contarán tamén coa colaboración de dous reporteiros, Pablo Garaloces e Noa García como apoio para achegar a voz dos cidadáns.
Con directa vocación polo cidadán e as súas pequenas historias cotiás, así é como nace o espazo para converter en grandes titulares eses relatos anónimos que pasan desapercibidos, xentes anónimas pero que todos os días viven historias que merecen ser...
 15/05/2008 - 23:41 h.