Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión ...
Foto de Segredo no fondo do mar () na TVG
Segredo no fondo do mar
Miniserie francesa de suspense
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
television á carta
TIPO:

Series

PADRE CASARES
Serie que amosa a vida nunha vila costeira galega, a través da ollada dun cura novo e urbano que se fai cargo da súa igrexa e do seu rabaño.
 20/07/2010 - 00:00 h. 
O mellor da sexta temporada
Esta noite os seguidores da serie de ficción "Padre Casares" poderán ver as claves e os mellores momentos deste párroco peculiar de Santo Antonio de Louredo nesta última temporada.

O luns pasado a TVG ofreceu o último capítulo desta temporada co que a canle pública galega acadou un 25% de cota de audiencia e 259.000 espectadores. Desde a súa estrea, en xaneiro de 2008, "Padre Casares" converteuse nunha das series de ficción preferidas polo público da Televisión de Galicia, outorgándolle á canle autonómica o liderado no prime time dos luns pola noite.
O mellor da sexta temporada
Esta noite os seguidores da serie de ficción "Padre Casares" poderán ver as claves e os mellores momentos deste párroco peculiar de Santo Antonio de Louredo nesta última temporada....
 19/04/2010 - 22:31 h. 
(Cap. 84)

Esta noite os espectadores da TVG e seguidores da serie "Padre Casares" poderán ver o último capítulo da temporada co que se sorprenderán. O último baile é o título da entrega coa que a serie de ficción se despide ata despois do verán.

Iria regresou a Louredo. Diante dunha botella de licor, repasará con Horacio os momentos máis divertidos vividos na vila. Pero Don Crisanto non tardará moito en romper o encanto do momento, movido pola desconfianza.

Risas frouxas, confidencias.... a velada pasará moi rápido para os mozos e a despedida será máis difícil do previsto. O vello Don Crisanto decátase nun momento: a química entre a parella non desapareceu coa distancia e co tempo. Horacio e Iria parecen máis achegados que nunca e dispostos a gozar ao máximo o reencontro.

Os contos na vila non tardarán en xurdir. Cal é o motivo que trouxo á mestra de volta a Louredo? Por que agora, cando Horacio Casares vive a súa peculiar excedencia sacerdotal? Maite, amiga íntima de Iria, intentará tirarlle da lingua á moza sobre os seus sentimentos. Chegou o momento de que a parella fale, dunha vez por todas, dos seus sentimentos e o seu futuro, xa sexa xuntos ou por separado. O corazón de Horacio está patas arriba, o caos apoderouse da súa alma....
(Cap. 84)

Esta noite os espectadores da TVG e seguidores da serie "Padre Casares" poderán ver o último capítulo da temporada co que se sorprenderán. O último baile é o título da entreg...
 12/04/2010 - 22:30 h. 
(Cap. 83)
Delmiro parece alporizado pola traizón de Josito, que aceptou a oferta de traballo en Ferráns. Sufocado pola situación, o alcalde iniciou unha terapia particular, consistente en berrar aos catro ventos improperios contra o irmán de súa muller. Os veciños de Louredo aturan como poden os arrebatos de ira do seu alcalde. Don Crisanto intentará facer calar o primeiro edil aínda que, dada a súa mala relación, é pouco probable que triunfe nos seus propósitos.

O intento de achegamento por parte do sacerdote acabará, tras o habitual cruzamento de insultos, nunha aposta entre o primeiro edil e o relixioso. O orgullo de ambos os dous está en xogo. Nin Delmiro dirá tacos, nin Crisanto usará a súa boina contra ninguén. O primeiro que incumpra o pacto, perderá a aposta. Se perde Delmiro, acudirá á misa do terceiro centenario da parroquia. Se o derrotado é don Crisanto, terá que buscar outro cura que oficie no día máis sinalado da historia da parroquia de Santo Antonio de Louredo.

Pero, de onde vén o enfrontamento entre Delmiro e Crisanto? A historia remóntase varias décadas atrás. Unha historia da que, por fin, coñeceremos todos os detalles desde o inicio. Coñeceremos a un alcalde aínda neno, que acode á misa, moi ao seu pesar, obrigado polo seu padre falanxista e súa nai beata. O pequeno Delmiro desafía xa a un recentemente ordenado Crisanto, encargado de darlle a comuñón. Pasarán os años e coñeceremos o Delmiro de vinte anos máis reivindicativo, e a súa relación cos irmáns Raña: O seu fiel amigo Josito, e a nova e recatada Moncha.


(Cap. 83)
Delmiro parece alporizado pola traizón de Josito, que aceptou a oferta de traballo en Ferráns. Sufocado pola situación, o alcalde iniciou unha terapia particular, consistente en berrar aos catro ventos improperios co...
 05/04/2010 - 22:38 h. 
(Cap. 82)
Josito segue visitando a casa da súa moza ás agachadas, aínda que lle resulta difícil escapar ao control da sogra con máis perigo de Louredo: Puri. Coma se dun auténtico calvario se tratase, a perruqueira non fai máis que fustrigar a seu xenro. Este ano, o eterno candidato a funcionario non parece que teña intención de participar nas procesións de Semana Santa, xa que está vivindo a súa paixón particular.

Un ano máis, o concello de Louredo prepárase para a cea tradicional de funcionarios, e Josito é o encargado de organizala. Ademais, por primeira vez, o interino foi formalmente convidado. Mentres tanto, con Horacio exercendo de ermitán lonxe da parroquia, don Crisanto promete unha Semana Santa do máis tradicional. O penitente deste ano será Marquiños de Tapeirán, nun intento de redimirse polo roubo do Santo Antonio, o entroido pasado.

Pero, aínda que non vaia na comitiva oficial, a Josito a procesión iralle por dentro. O cuñado de Delmiro recibirá unha oferta de traballo tentadora do alcalde de Ferráns. Unha desas ofertas imposibles de rexeitar. Será capaz Josito de negar a seu alcalde? Traizoará a seu cuñado e mentor? Será esta a súa derradeira cea ao carón de Delmiro?
(Cap. 82)
Josito segue visitando a casa da súa moza ás agachadas, aínda que lle resulta difícil escapar ao control da sogra con máis perigo de Louredo: Puri. Coma se dun auténtico calvario se tratase, a pe...
 29/03/2010 - 22:43 h. 
(Cap. 81)
Horacio decidiu abandonar Louredo. Enviará o bispo un substituto á parroquia? Esta é unha das preocupacións dos veciños, aínda que o alcalde ten outra maior: Se Horacio decide non regresar e se borra do padrón, Louredo perderá a súa condición de concello e terá que anexionarse a Ferráns, vila rival e orixe, en opinión dos louredáns, de todas as súas desgrazas.

Ademais, as clases de Maite convertéronse nun foco de insubordinación. As mulleres de Santo Antonio están moi desgustadas pola marcha de Horacio e culpan do sucedido a Delmiro. Moncha, nun ataque de orgullo familiar, protagonizará unha encarnizada pelexa con Puri.

Mentres, Horacio prepara a súa partida cara a unha apartada ermida, en busca da paz que necesita. Pero saír de Louredo non lle será tarefa sinxela pois, entre despedidas e homenaxes de última hora, a cousa pódese dilatar... O máis sorprendente será a homenaxe que lle preparará o alcalde; unha manobra para recuperar o favor dos seus votantes e que causará un verdadeiro impacto no delicado ánimo do sacerdote.
(Cap. 81)
Horacio decidiu abandonar Louredo. Enviará o bispo un substituto á parroquia? Esta é unha das preocupacións dos veciños, aínda que o alcalde ten outra maior: Se Horacio decide non regresar e se b...
 22/03/2010 - 22:35 h. 
(Cap. 80)
Horacio Casares e a súa ex moza, Laura, teñen un accidente na curva do inglés. É a estrada que une Louredo con Ferráns e que, ultimamente, tiña moi preocupado a Josito, o cuñado do alcalde. A propiedade da vía é motivo de enfrontamento entre ambos os dous concellos desde tempos inmemoriais. Recentemente, Delmiro optara por solucionar a cuestión, movendo o cartel que dá a benvida a Santo Antonio de Louredo. Declarada así a soberanía sobre o asfalto, só Josito podía agardar algún contratempo. O que descoñecía o alcalde era que as novas coordenadas situaban o sinal no medio da calzada.

Toda a localidade se volverá en contra do alcalde cando descubra que, pola súa culpa, Horacio e Laura están no hospital. Tampouco axudará moito a Delmiro, o seguir coa teima de denunciar a parroquia ante a Axencia de Protección de Datos, por colgar as amoestacións matrimoniais de Laura á porta da igrexa. O alcalde sumará detractores, ata que a situación se volva insostible.

Tampouco haberá tranquilidade na casa parroquial. Con Don Crisanto e Horacio de baixa, a Amelia xúntaselle o traballo, e, aínda que o padre Casares é moi paciente, ese non é o caso de Don Crisanto. Na súa convalecencia, Casares intentará dilucidar se debe ou non acceder á petición de Laura e ser el quen oficie a voda da súa ex moza.
(Cap. 80)
Horacio Casares e a súa ex moza, Laura, teñen un accidente na curva do inglés. É a estrada que une Louredo con Ferráns e que, ultimamente, tiña moi preocupado a Josito, o cuñado do alcalde...
 15/03/2010 - 22:41 h. 
(Cap. 79)
Xa queda pouco para a celebración do terceiro centenario da parroquia de Santo Antonio de Louredo. O padre Casares afánase na posta a punto do templo parroquial. Que mellor ocasión para proceder á restauración das sedes presidenciais? Maite será a encargada da posta a punto dos rexios asentos, e Miñato farase cargo do transporte das tallas ata o centro social.

Pero o chapuzas oficial de Louredo será sorprendido na súa tarefa por don Crisanto, que o tomará por un ladrón. A liorta saldarase cunha escordadura para don Crisanto e a rotura dunha das tallas. O arranxo dos estragos propiciará un descubrimento inquietante por parte de Maite: As sedes presidenciais proceden dun roubo, probablemente perpetrado polo pai de Delmiro, actual alcalde de Louredo. O escándalo está servido.

Para rematar a semana, todo isto coincidirá coa chegada a Louredo de Laura, a ex moza de don Horacio. Unha fermosa moza con quen saíu sendo moi novo, antes de descubrir a súa vocación sacerdotal. Laura garda un sorprendente parecido con Iria, a profesora de Louredo. O motivo da súa visita dará tanto de que falar como o seu aspecto: Quere que Horacio oficie a súa voda. Seu mozo é un médico cooperante, que acaba de regresar de Ruanda. Demasiadas coincidencias...
(Cap. 79)
Xa queda pouco para a celebración do terceiro centenario da parroquia de Santo Antonio de Louredo. O padre Casares afánase na posta a punto do templo parroquial. Que mellor ocasión para proceder á restauraci&o...
 08/03/2010 - 22:42 h. 
(Cap. 78)
Hoxe, "Padre Casares" emite un capítulo moi especial. Don Crisanto, o párroco emérito de Louredo, deixará por uns días a vila para gozar dunhas merecidas vacacións en Ourense. Pero o agasallo non será só para o ancián; tamén o padre Casares gozará dun necesario descanso, co seu compañeiro de batallas afastado, por un tempo, dos ataques de Delmiro.

A escusa non pode ser mellor: O doutor prescribiulle a Don Crisanto moito descanso, relaxación e boa alimentación. E onde mellor que en Ourense, capital do turismo termal de Galicia? Á cidade das Burgas acompañarao Amelia, para asegurarse de que o sacerdote non se salta o seu réxime. Tamén se unirá á expedición Puri, a agricultora metida a perruqueira, tola por visitar as mellores tendas da cidade.

Mentres tanto, todo promete ser paz en Santo Antonio de Louredo, aínda que Sindo, o ata agora home tranquilo da parroquia, será esta vez o encargado de enleala. Que o tendeiro é un incomprendido, xa o sabiamos, pero quen ía imaxinar que se vingaría da súa muller pechándoa no bar?
(Cap. 78)
Hoxe, "Padre Casares" emite un capítulo moi especial. Don Crisanto, o párroco emérito de Louredo, deixará por uns días a vila para gozar dunhas merecidas vacacións en Ourense. Pe...
 01/03/2010 - 22:43 h. 
(Cap. 77)
Os homes de Louredo marcáronse un novo reto: descubrir cal é o mellor traseiro da vila. Miñato está empeñado en que as de Maite son as mellores pousadeiras de Louredo, Buña, Ferráns e Ares; pero Delmiro, influído polo seu amor a Moncha, difire do seu veciño e asegura que, nisto dos pompis, hai matices; Porque o alcalde sabe que un bo par de pousadeiras teñen máis mérito a certa idade e que non só o tamaño é importante, pois certos detalles e imperfeccións só se detectan tras unha observación exhaustiva.

Para facilitar o seu estudio, ao primeiro edil non se lle ocorrerá nada mellor que regalarlles unhas barras de exercicios ás usuarias do centro social. O uso destes aparellos ximnásticos propiciará entre as femias a práctica de certas posturas, que lle permitirán unha mellor observación das súas partes traseiras. Aos poucos, as clases de Maite atraerán a máis público masculino que, con ollos larpeiros, debaterán sobre tan espiñento asunto. A cousa complicarase cando as mulleres descubran o plan de Delmiro e lle monten a maior revolución feminina vivida xamais na vila.

Pola súa parte, Santi, alleo á nova diversión dos seus veciños, reflexiona sobre a posibilidade de ingresar no Seminario Maior. Para que o mozo conte con todo o apoio posible, Horacio decidiu compartir o seu segredo con Amelia e don Crisanto, a cambio dun pouco de discreción. O que parece ter esquecido o sacerdote é que a discreción non é unha virtude que abonde en Louredo. Pero Santi, antes de tomar a decisión, deberá estar "de prácticas" con Horacio. Para empezar, toca visita a la eterna, unha veciña enferma da parroquia que leva toda a vida anunciando a súa morte próxima... aínda que nunca acaba de morrer.

(Cap. 77)
Os homes de Louredo marcáronse un novo reto: descubrir cal é o mellor traseiro da vila. Miñato está empeñado en que as de Maite son as mellores pousadeiras de Louredo, Buña, Ferráns e Ares...
 22/02/2010 - 22:19 h. 
(Cap. 76)
Chega o tempo de Coresma a Santo Antonio de Louredo e as beatas prepáranse para o xaxún, pois a tradición cristiá aconsella privarse do consumo de carne os venres de Coresma e o Mércores de Cinza. Pero despois dos excesos do Nadal e do Entroido, as mulleres da vila deciden ser máis papistas que o Papa e pactan unha vixilia total: nada máis e nada menos que corenta días sen probar carne... A pregunta é, serán capaces de soportalo os homes de Louredo? Os principais prexudicados desta historia van ser Delmiro e Josito, que sufrirán nas súas carnes o exceso de devoción de Moncha, pero que ante esta falta de carne vermella o alcalde acumulará a ira necesaria para tramar a mellor das vinganzas, como organizar unha lacoada popular. Inamovible na súa decisión de amolar os católicos da vila, Delmiro recorrerá aos carneiros de Elsa, a maior defensora dos animais en Louredo, que vai caer na trampa do alcalde, convencida de que van vivir nunha especie de zoo, como unha exposición sobre o modo de vida da Galicia rural.

Pola súa parte, Santi, o sancristán, está a vivir un momento de reflexión, pois ao lado de don Horacio fíxose maior e chegou o momento de pensar no seu futuro e en que quere ser na vida. De momento, o mozo observará con atención os oficios dalgúns do seus veciños....
(Cap. 76)
Chega o tempo de Coresma a Santo Antonio de Louredo e as beatas prepáranse para o xaxún, pois a tradición cristiá aconsella privarse do consumo de carne os venres de Coresma e o Mércores de Cinza. Pero ...
 15/02/2010 - 22:30 h. 
(Cap. 75)
A vida tranquila de Santo Antonio de Louredo verase alterada esta semana por un fenómeno estraño que lle acontece ao alcalde, Delmiro, quizais a raíz da dor que lle ocasionou a perda do retrato de Mao, e que consiste na visión de quen para o edil máis ateo é o máis semellante a un Deus: Fidel Castro. Como se vivise preso dun delirio, o político atopará o seu ídolo nos lugares máis insospeitados que lle suscitará unha serie de preguntas de resposta difícil, como, que fai en terras louredanas o Comandante? é posible que tamén o vexan outros veciños? ou acaso veu para encargarlle unha misión?

Por unha vez, Delmiro será o veciño con máis fe da vila e non vai ter reparos en relatarlles aos veciños as súas experiencias co líder caribeño, tendo que aturar mofas e burlas daqueles. Pero as tornas van cambiar cando se decate de que detrás da súa admirada figura de Fidel Castro se agochan algunhas mans malintencionadas...

Namentres, e con motivo da chegada do Entroido, os veciños de Louredo e do contorno sacarán ás rúas os seus mellores disfraces, nun escenario perfecto para vingar pequenas rifas sen que se note demasiado...
(Cap. 75)
A vida tranquila de Santo Antonio de Louredo verase alterada esta semana por un fenómeno estraño que lle acontece ao alcalde, Delmiro, quizais a raíz da dor que lle ocasionou a perda do retrato de Mao, e que consiste...
 08/02/2010 - 22:26 h. 
(Cap. 74)
Purificación, a veciña máis guerrilleira de Louredo, está en pé de guerra. A perruquería vai vento en popa e as clientas non lle faltan, pero a muller máis emprendedora da vila atopouse coa burocracia. A cuestión é que Delmiro, o alcalde, non lle quere dar a licenza para o seu negocio, porque non dispón da formación necesaria. A louredana utilizará todos os medios para lograr os seus obxectivos.

Puri crea tendencia e as súas clientas non van a permitir que o seu salón de beleza sexa clausurado. Ademais, os seus peiteados son un símbolo de status en Louredo: a máis laca, máis relevancia social e a que leva os topetes máis elevados é, por suposto, a muller do alcalde.

Así que, se Moncha non quere perder o seu sinal de identidade, deberá empregarse a fondo co home e conseguir a licenza para a perruquería. A alcaldesa consorte planea xa varias ofensivas: seducir a seu home cos mellores manxares e pór orde no despacho da alcaldía. Pero un descoido e a inoportuna axuda de seu irmán Josito farán que perda un dos máis prezados tesouros de Delmiro.... e Moncha terá que pagar por un erro tan terrible.

Doutro lado, a parroquia celebra a festa da Candelaria, a freguesía disponse a comprar as velas que ofrecerán na igrexa. Unha broma de Puri fará que Elsa sufra o indicible por conseguir velas de cor laranxa, necesarias para asegurar a protección das ovellas. Horacio e Crisanto vivirán sorprendidos a proliferación de supersticións das velas de cores. Tradición foránea ou engano?
(Cap. 74)
Purificación, a veciña máis guerrilleira de Louredo, está en pé de guerra. A perruquería vai vento en popa e as clientas non lle faltan, pero a muller máis emprendedora da vila atopouse co...
 01/02/2010 - 22:21 h. 
(Cap. 73)
Chegou o gran día á parroquia de Santo Antonio de Louredo: Miñato casa por fin. A vila prepárase para celebrar o acontecemento máis emocionante dos últimos anos. Pero son moitos os que non lle auguran un final feliz a esta unión.
O que descoñecen os veciños son os motivos que propiciaron esta inesperada voda. Unha cuantiosa herdanza animou a solteira máis caduca de Ferráns a dar o paso cara ao altar do brazo de Miñato. Rodolfo é o encargado de facerse cargo do vídeo nupcial.... se a cousa se pon interesante, sempre se pode colgar no Youtube.

Mentres, a relación entre Fina e Josito transformouse nun sen vivir. Ela está enfadada co cuñado do alcalde polo malentendido extravío dunha carta. Moncha e Rodolfo, os irmáns dos namorados, decidirán dar un empurrón ben intencionado á relación, pero en Louredo os empurróns son perigosos, e as boas intencións aínda máis.
(Cap. 73)
Chegou o gran día á parroquia de Santo Antonio de Louredo: Miñato casa por fin. A vila prepárase para celebrar o acontecemento máis emocionante dos últimos anos. Pero son moitos os que non lle au...
 25/01/2010 - 22:24 h. 
(Cap. 72)
Hai unha gran noticia en Santo Antonio de Louredo que trae a todos os veciños polo aire porque van perder o seu solteiro máis famoso, o casamento de Miñato. O chapuceiro atopou o amor nos brazos de Milucha, coñecida en toda a parroquia como "a derradeira", e pode que non sexa a máis fermosa, pero para Miñato si que o é, sobre todo tendo en conta que, unha vez casados, Milucha herdará unha importante cantidade de cartos.

Como marca a tradición, toca despedida de solteiro e os louredanos prepáranse para unha celebración ao grande e sen mulleres...ou polo menos sen as femias oficiais. Así xorden rumores para todos os gustos sobre se será unha despedida ao uso tradicional, un striptease ou hai quen pensa que podería ser nun "puticlub". Pero con Delmiro, o alcalde, organizando a festa, todo pode chegar a pasar, namentres que ao Padre Casares e a D.Crisanto non lles fai demasiada graza.

(Cap. 72)
Hai unha gran noticia en Santo Antonio de Louredo que trae a todos os veciños polo aire porque van perder o seu solteiro máis famoso, o casamento de Miñato. O chapuceiro atopou o amor nos brazos de Milucha, coñ...
 18/01/2010 - 22:16 h. 
(Cap. 71)
A un día do comezo das festas patronais, a celebración do tradicional "salto do porco" segue no aire, xa que Delmiro non atopou a forma de desfacerse do Padre Casares. A solución chega en forma dun providencial catarro: ao saber que o cura está arrefriado, Delmiro fai correr a voz de que podería tratarse dun caso de gripe A.

A noticia propágase rapidamente por todo o lugar. A xente, atemorizada, escapa correndo da misa, como se o cura fose un apestado. Horacio non dá creto e insiste en que non ten a gripe A, pero Delmiro conta coa complicidade de don Crisanto e de Camilo. O médico de Tapeirán recoméndalle a Horacio que se peche na reitoral mentres non chegan os resultados da análise de sangue.

Co cura fóra de combate, os habitantes de Louredo afánanse en celebrar o "salto do porco". Pero as présas e o medo á gripe A fan que non se presente ninguén na igrexa.

Doutra banda, a relación de Miñato con Milucha segue o seu curso. El quere tomar as cousas con calma, pero "a última de Ferráns" está impaciente por contraer matrimonio. Explícalle a Miñato que súa nai anciá está enferma do corazón e ela só poderá herdar a súa fortuna se está casada. Ao principio, Miñato amósase reticente ao compromiso, pero finalmente fai un anuncio que deixa de pedra aos veciños.
(Cap. 71)
A un día do comezo das festas patronais, a celebración do tradicional "salto do porco" segue no aire, xa que Delmiro non atopou a forma de desfacerse do Padre Casares. A solución chega en forma dun providen...
 11/01/2010 - 22:14 h. 
(Cap. 70)
"Os anxos de Crisanto". O Padre Casares e don Crisanto prepáranse para oficiar a misa do Aninovo, pero Santi non acaba de chegar e, cando por fin fai acto de presencia, aínda lle dura a borracheira do día anterior, así que o vello e o novo sacerdote temen que este sexa un presaxio do que lles agardará en 2010, cando a igrexa cumpre nada menos que 300 anos. Coa entrada do novo ano, os louredáns agardan o inminente anuncio doutra edición do xa tradicional concurso de roscóns de Reis, aínda que o alcalde prepara plans novos; amais, non quere que este ano lle estraguen o tradicional salto do porco das festas patronais, polo que vai inventar algo para manter distraído o Padre Casares.

Quen parece que non vai ter moita paciencia co que lle depara o ano novo é o párroco emérito de Louredo, pois don Crisanto, ante as prohibicións do réxime que lle impuxo o doutor, non está disposto a sufrir máis da conta para seguir vivo, e vaise pegar unhas enchentes ás agachadas que enfadan o Padre Casares, quen lles mandará ás mulleres da vila que se organicen para vixiar o párroco, como se dos seus anxos se tratase.

O único paisano que parece ter entrado con bo pé en 2010 é Miñato, de quen se rumorea que anda cunha muller e que foron vistos nunha discoteca pola zona de Ferrol, motivo polo que o chapuzas anda medio desaparecido e ten moito traballo pendente.
(Cap. 70)
"Os anxos de Crisanto". O Padre Casares e don Crisanto prepáranse para oficiar a misa do Aninovo, pero Santi non acaba de chegar e, cando por fin fai acto de presencia, aínda lle dura a borracheira do día a...
 04/01/2010 - 22:04 h. 
(Cap. 69)
Un Nadal Vermello.

O "Padre Casares" está moi contrariado porque non tivo máis remedio que botar a seu tío Suso da casa reitoral, na véspera de Noiteboa e, levado polo enfado, o sacerdote novo opta por entregarlle a súa moto, en pago pola que o tío lle regalou cando chegou á vila. De momento, Suso amence na casa do alcalde, Delmiro, e na compaña do can Titán Segundo, para desgraza de Moncha, pois a primeira dama de Louredo sabe a amizade perigosa que se está forxando entre Suso e seu home, que ata Josito se escandaliza cando sabe dos plans dos dous, que pretenden facer dubidar en tempos de Nadal as crenzas máis firmes dos católicos. Nin tan sequera o Belén do concello se librará das maquinacións de Suso, empeñado en darlle un estilo novo.

Pola contra, quen está moi contento é Miñato, pois se fixo cun lote de roupa dunha mercería de Buña, que está a piques de pechar, un negocio que non é moi honrado pero ao que o "maniñas" de Louredo agarda sacarlle moitos cartos, a pesar de que as consecuencias son moi difíciles de calcular.
(Cap. 69)
Un Nadal Vermello.

O "Padre Casares" está moi contrariado porque non tivo máis remedio que botar a seu tío Suso da casa reitoral, na véspera de Noiteboa e, levado polo enfado, o sacerdote nov...
 28/12/2009 - 22:05 h. 
(Cap. 68)
Suso non sempre é Xesús
Chega a Louredo o singular tío de Horacio Casares, un ateo que se alía co alcalde para facer dubidar da fe no Nadal.

"Suso non sempre é Xesús", así se chama a nova aventura que acontecerá hoxe en Santo Antón de Louredo, a onde chega o singular tío de Horacio Casares, Suso, famoso por terlle regalado ao seu sobriño a famosa moto que cando chegou á vila lle serviu para desprazarse de capela en capela. Pero, nada máis chegar, Suso deixa moi claro que as súas intencións non son nada boas e que, pese a tratarse dunha visita natalicia, para el estes non son tempos de paz pois é un ateo convencido. Con esta vocación, Suso deseguido fará moi bo caldo co alcalde Delmiro, para desgraza de Moncha, a súa beata muller, aliándose con el para matinar todo tipo de argucias co obxectivo de provocar os católicos e de, se é posible, facerlles dubidar da súa fe, precisamente no tempo de Nadal.

Pero a visita de Suso non só alterará a vida do seu sobriño, sorprendéndoo cando o atopa nas portas da igrexa, senón que será Amelia a primeira en sufrir o particular sentido do humor do tío do Padre Casares e non lle fará ningunha graza a súa presencia na casa reitoral.
(Cap. 68)
Suso non sempre é Xesús
Chega a Louredo o singular tío de Horacio Casares, un ateo que se alía co alcalde para facer dubidar da fe no Nadal.

"Suso non sempre é Xesús", ...
 21/12/2009 - 22:10 h. 
(Cap. 67)
A gran noticia desta semana en Santo Antón de Louredo é a chegada da nai do Padre Horacio, que se presenta como a dama máis divina e abraiante pero que ninguén sabe os motivos reais desta visita inesperada. No capítulo Mater misericordiae, a nai de Padre Casares vai exercer a súa hexemonía na reitoral, e de que maneira, xa que tratará o fillo coma se fose un neno de 10 anos, quen vai sufrir esta demostración de autoritarismo porque agora xa serían dúas as mulleres que gobernan a casa parroquial; amais o sacerdote novo séntese incómodo ante a posibilidade de que certos comentarios sobre a súa vida na vila cheguen a oídos da nai.

Pola súa parte, o Padre Crisanto tampouco está moi contento coa visita de D.ª Divina, pois non lle gusta demasiado como a matriarca intenta impoñer as súas ideas e expectativas a Horacio. Namentres, os veciños prepáranse para unha nova edición do concurso de Beléns pois o Nadal se achega con todos os seus adornos, aínda que as mulleres de Louredo só teñen ollos para Divina, a dama máis elegante que xamais pisou a vila e por iso todas queren coñecela e inventan as escusas máis peregrinas para deixarse caer pola casa dos curas. A máis lanzada de todas será Moncha, que convidará a Horacio e a nai a unha cea elegante na casa do alcalde. Outros con máis vista comercial, como Miñato, verán en D.ª Divina unha creadora de tendencias.
(Cap. 67)
A gran noticia desta semana en Santo Antón de Louredo é a chegada da nai do Padre Horacio, que se presenta como a dama máis divina e abraiante pero que ninguén sabe os motivos reais desta visita inesperada. No...
 14/12/2009 - 22:05 h. 
(Cap. 66)
Santo Antonio de Louredo amence conmocionado. A señora Carmucha, a persoa máis lonxeva da vila, e que por iso os veciños adoitan chamar "a avoa de Louredo", non garda un segredo concreto sobre as razóns da súa lonxevidade, pero o certo é que non se privou xamais de ningún capricho sendo os pasteis a súa maior devoción. Tanto cariño lle profesan os seus paisanos que a van nomear filla predilecta da vila, organizándolle unha homenaxe en secreto, pero que non van poder cumprir porque a morte sorprenderá á pobre Carmucha de maneira moi plácida e na compaña dalgún dos seus mellores amigos.

O concello promete un funeral multitudinario, pero algo moi serio vai estragar o tránsito de dona Carmucha ao máis alá, pois os operarios municipais van atopar no nicho os restos dun descoñecido, producíndose un escándalo que chega mesmo ata o bispado. Pero o máis intrigante é que ao descoñecido lle falta un dedo. Aínda así, este non vai ser o único chisme da vila, pois coa proximidade das festas do Nadal vai chegar unha visita inesperada, Dona Divina, a nai de Horacio Casares e a muller máis elegante e con mellor arrecendo que xamais coñeceron os habitantes de Louredo.

(Cap. 66)
Santo Antonio de Louredo amence conmocionado. A señora Carmucha, a persoa máis lonxeva da vila, e que por iso os veciños adoitan chamar "a avoa de Louredo", non garda un segredo concreto sobre as razó...
 07/12/2009 - 21:58 h. 
(Cap. 65)
Contra todo prognóstico, a vila de Santo Antón de Louredo vai ser testemuña dunha situación para moitos insólita, xa que Fina e Josito deciden compartir teito e, para sorpresa do alcalde de Louredo, todo parece apuntar que tamén comparten cama. Pero Moncha, a muller do primeiro edil, vai vivir esta situación moi preocupada polo porvir de seu irmán, xa que é case funcionario e, na súa opinión, é todo un partido para a "pendanga" de Fina. Namentres, prodúcese overbooking na parroquia de Santo Antón de Louredo por mor das obras que se están a acometer na capela de Castro, así que o Padre Casares suxírelles aos afectados que vaian á misa a Rialto; pero o malo é que como Louredo parece ter máis "caché", os veciños visitantes son moi madrugadores e chegan para ocupar os mellores asentos da igrexa, algo que as beatas de Louredo non poden consentir...

Consciente da situación, o Padre Horacio intentará axilizar as reformas e buscará novas fórmulas de financiamento, como sacar á venda unha serie de estampas do santo patrón; amais, todo Louredo participará nun concurso literario para elixir a oración máis bonita a Santo Antón, aínda que Horacio terá que estar moi atento aos poemas dos veciños, pois ás veces non é o Espírito Santo a súa fonte de inspiración.
(Cap. 65)
Contra todo prognóstico, a vila de Santo Antón de Louredo vai ser testemuña dunha situación para moitos insólita, xa que Fina e Josito deciden compartir teito e, para sorpresa do alcalde de Louredo, tod...
 30/11/2009 - 22:09 h. 
Delmiro, o alcalde de Santo Antonio de Louredo, está empeñado en levar a transparencia informativa ao concello mediante a creación dun consultorio que chama "Delmiro responde", un espazo informativo retransmitido a través da rede que o primeiro edil pretende utilizar como medio de comunicación cos seus votantes e para que os seus veciños estean ben informados, on line, de todo o que está a ocorrer na vila. Pero se algo caracteriza os louredanos é a súa capacidade natural para os chismes e se ese espírito de transparencia se estendese pola vila moitos segredos poderían acabar saíndo á luz.

Os primeiros afectados por esta obsesión de transparencia informativa será a incipiente parella formada por Fina e Josito, pois unha foto inocente, chegada ás mans menos axeitadas, fará pública a relación e os noivos pasarán a vivir o acoso e a curiosidade dos veciños, que tamén cren ter dereito a opinar...O feito fai que o propio alcalde ofreza cartos ao seu cuñado a cambio da información máis exclusiva. A paciencia da parella esgótase cando se converte en protagonista dunha "cornetada", unha polémica tradición que vai máis alá da liberdade de expresión...

Pola súa parte, o Padre Casares, alleo a estes chismes, quedará sorprendido cando coñeza o desexo de Maite de bautizar a pequena Iria e indagará nos verdadeiros motivos da funcionaria, que se declara agnóstica.

Delmiro, o alcalde de Santo Antonio de Louredo, está empeñado en levar a transparencia informativa ao concello mediante a creación dun consultorio que chama "Delmiro responde", un espazo informativo retransmitido a trav...
 23/11/2009 - 22:11 h. 
Este luns, a Televisión de Galicia emitirá un novo capítulo de "Padre Casares", unha das series de ficción favorita dos galegos. "Alcalde, fascista, o porco é ecoloxista!" será o título da emisión desta semana, en a que a parroquia de Santo Antonio de Louredo sufrirá unha curiosa invasión. A historia comezará cando un grupo de ecoloxistas, alertado pola mensaxe televisiva de Miñato, acode en masa ao rescate de Cochinín, o porco vietnamita.

Mentres tanto, Miñato, o que era o chapuzas oficial da vila, tivo que deixar temporalmente os seus labores habituais para facerse cargo do "merchandising" da súa mascota porcina.

Pero quen sairá peor parado desta historia será Delmiro, que verá como a súa popularidade cae nos medios de comunicación. E por se fose pouco, o alcalde terá que aturar o que nunca imaxinou: un grupo de "hippies", como el lles chama, que se atreverán a chamarlle fascista. Poucas cousas poderían facer tanto dano ao alcalde como ese insulto.

Por se isto fose pouco, aquí non acaba a historia, porque os ecoloxistas tomaron a súa vila pero a Igrexa tomará a súa casa...
Este luns, a Televisión de Galicia emitirá un novo capítulo de "Padre Casares", unha das series de ficción favorita dos galegos. "Alcalde, fascista, o porco é ecoloxista!" ser&aacut...
 16/11/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 62)
Esta noite, a vila de Santo Antón de Louredo sufrirá unha estraña histeria colectiva e verá como as mulleres converten a praza da vila nun auténtico campo de batalla debido ás patacas que vende Puri, que parece que están moito máis ricas que as que vendía Lidia.
O certo é que a polémica veciña comercia con patacas correntes que mete en sacos da denominación de orixe "Pataca de Galicia" para que parezan de primeira calidade. A guerra comeza cando Lidia, alarmada pola caída das vendas das súas patacas, descobre a verdadeira orixe do produto que vende Puri. Mentres tanto, Delmiro, farto coma tantos outros homes da vila de comer as patacas que as súas mulleres se empeñan en mercar, atende outras preocupacións, xa que parece que Titán Segundo se impuxo a Cochinín no corazón de Moncha, a dona do alcalde, aínda que o primeiro edil non se resigna á derrota do seu candidato a mascota.
De momento, Titán Segundo, o lulú pomerania ao que Delmiro chama "chihuahua de palleiro", vive na residencia do alcalde como un auténtico capitalista...
(Cap. 62)
Esta noite, a vila de Santo Antón de Louredo sufrirá unha estraña histeria colectiva e verá como as mulleres converten a praza da vila nun auténtico campo de batalla debido ás patacas que vende P...
 09/11/2009 - 22:04 h. 
(Cap. 61)
Santo Antón, que me toque o cupón", así van predicar os veciños nun novo capítulo de "Padre Casares", en que hoxe a avaricia e a superstición se van apoderar dos habitantes de Santo Antón de Louredo. A vila máis famosa da Galega vai librar esta noite máis dunha batalla, unha delas relacionada coa casa do alcalde, porque parece que o primeiro edil de Louredo, Delmiro, mete a pata cando lle regala á súa dona, que aínda segue de duelo pola morte do can "Titán", un porco vietnamita. Así as cousas, o político deberá establecer unha orde de prioridades, ou satisfacer os desexos de súa muller desfacéndose da súa nova mascota ou satisfacer as necesidades de acollemento e amor do seu novo amigo e resignarse a compartir con el o sofá nas longas noites de inverno.

O outro punto da batalla dirímese na propia parroquia, pois o Padre Casares necesita recadar fondos de xeito urxente e, tras varias iniciativas frustradas, o párroco novo terá unha idea brillante: restaurar o que foi no seu momento un popular bingo parroquial; pero o sacerdote atopará con dúas trabas no seu camiño, dun lado unha estraña superstición dos veciños e doutro a avaricia dalgúns parroquianos.
(Cap. 61)
Santo Antón, que me toque o cupón", así van predicar os veciños nun novo capítulo de "Padre Casares", en que hoxe a avaricia e a superstición se van apoderar dos habitantes de Sant...
 02/11/2009 - 22:02 h. 
(Cap. 60)
A sospeita sobrevoa a vila imaxinaria de Santo Antón de Louredo onde o can Titán, o camarada máis leal de Delmiro, falece en circunstancias estrañas que lle dan á vila un ton de misterio. Á espera dos resultados da necropsia, o alcalde e o seu axudante, Josito, iniciarán unha investigación a conciencia, pois a morte do can non pode quedar impune e, amais, porque a vida matrimonial de Delmiro depende do resultados das súas pescudas. Pero non só o primeiro edil teme a reacción de Moncha... Quen será o valente que se atreva a comunicarlle a fatídica noticia á primeira dama de Louredo?
(Cap. 60)
A sospeita sobrevoa a vila imaxinaria de Santo Antón de Louredo onde o can Titán, o camarada máis leal de Delmiro, falece en circunstancias estrañas que lle dan á vila un ton de misterio. Á esper...
 26/10/2009 - 22:03 h. 
(Cap. 59)
Coa crise económica, que trae como consecuencia a suba do cereal, a práctica do catolicismo púxose polas nubes, e nisto Santo Antón de Louredo, a vila ficticia onde transcorre a acción de "Padre Casares", non ía ser unha excepción. Unha das máis sorprendidas por este feito é Amelia, que queda abraiada coa suba do prezo das obleas.

Ante esta situación, os fregueses da vila aventuran distintas e posibles actuacións, algunhas máis ocorrentes ca outras, coma a suxestión de intentar facer que a xente acumule máis pecados e comungue menos ou admitir que hai que modificar a forma das obleas. O que está claro é que ningún veciño vai quedar sen opinar sobre un tema que lles afecta a todos... aínda que de distinta maneira.
(Cap. 59)
Coa crise económica, que trae como consecuencia a suba do cereal, a práctica do catolicismo púxose polas nubes, e nisto Santo Antón de Louredo, a vila ficticia onde transcorre a acción de "Padre Ca...
 19/10/2009 - 22:04 h. 
(Cap. 58)
No capítulo desta semana de "Padre Casares", os veciños da parroquia de Santo Antonio de Louredo teranse que enfrontar co seu alcalde por un problema de lindes. O asunto acabará dun xeito ben gracioso xa que o alcume que escollen, "o bosteiro" faralles rir a gargalladas.
O alcalde, afectado por esta situación, intentará desfacerse deste novo alcume, pero xa se sabe que cando a un lle poñen un sobrenome, é moi difícil desfacerse del, así que teremos que ver se o alcalde Delmiro o consegue o non.
(Cap. 58)
No capítulo desta semana de "Padre Casares", os veciños da parroquia de Santo Antonio de Louredo teranse que enfrontar co seu alcalde por un problema de lindes. O asunto acabará dun xeito ben gracioso xa qu...
 12/10/2009 - 21:56 h. 
(Cap. 57)

Unha onda de calor está a alterar a vida en Santo Antón de Louredo, tanto que as altas temperaturas están influíndo no comportamento das mulleres no sentido de que se amosan máis sensuais e se lanzan á compra de lencería fina para seducir a seus homes. Este efecto "calor" faise tan evidente que incluso Moncha, a muller do alcalde, tras décadas de matrimonio, parece que está a descubrir agora a erótica do poder, pois nunca é tarde para ninguén....A situación chega a uns límites tan insostibles que os homes da vila se senten acosados ou, doutro xeito, pouco acostumados a tal sensualidade; así que alguén terá que parar esta epidemia de sensibilidade a flor de pel, que tan ben define Elsa, a pastora de Louredo: compórtanse todas ao estilo de Brigitte Bardot.
(Cap. 57)

Unha onda de calor está a alterar a vida en Santo Antón de Louredo, tanto que as altas temperaturas están influíndo no comportamento das mulleres no sentido de que se amosan máis sensuais e se lanza...
 05/10/2009 - 22:03 h. 
(Cap. 56)
Coincidindo coa celebración do segundo centenario do nacemento de Charles Darwin, creador da Teoría Evolucionista, os colexios de medio mundo achéganlles aos alumnos a figura do científico. O mesmo ocorre no colexio de Santo Antonio de Louredo, onde os nenos estudan con aplicacións os seus libros de Coñecemento do Medio.

Pero a teoría evolucionista chocará de cheo coas ensinanzas de Preciosa, sobriña de don Crisanto e profesora de relixión. A monxa porá en dúbida os postulados de Darwin e os alumnos, contrariados, farán que os veciños da vila tomen cartas no asunto. A polémica tomará a vila de Louredo: Descende o home do mono ou creouno Deus? É posible que uns fregueses descendan do mono e outros non?
(Cap. 56)
Coincidindo coa celebración do segundo centenario do nacemento de Charles Darwin, creador da Teoría Evolucionista, os colexios de medio mundo achéganlles aos alumnos a figura do científico. O mesmo ocorre no ...
 28/09/2009 - 22:07 h. 
Moitas cousas cambiaron en Santo Antón de Louredo dende que a serie botou o peche por vacacións, e mentres transcorreu o verán programouse con éxito a reemisión de anteriores entregas que a fixeron ser, unha vez máis, a ficción líder da canle autonómica. Agora, o público galego e os incondicionais da serie contarán con novos capítulos, pois, como na vida real, en Santo Antón de Louredo tamén pasaron cinco meses e os veciños teñen moitas e moi divertidas historias que contar.
Algunhas destas innovadoras tramas sorprenderán os seguidores do "PADRE CASARES", como é o caso de Maite, guapa oficial de Louredo e embarazada, alá polo mes de abril; así por fin teremos a oportunidade de coñecer o bebé da funcionaria, aínda que a identidade do pai segue a ser, polo de agora, todo un misterio. Pero, para cousas misteriosas, o futuro de Miñato, porque, malia que pareza incrible, o chapuzas de Louredo atopará a súa media laranxa na nova temporada. Quen, como e cando... xa se saberá.
Moitas cousas cambiaron en Santo Antón de Louredo dende que a serie botou o peche por vacacións, e mentres transcorreu o verán programouse con éxito a reemisión de anteriores entregas que a fixeron ser, unha vez m&a...
 21/09/2009 - 22:05 h. 
A volta de Padre Casares (especial)
Esta noite a parroquia de Santo Antonio de Louredo abre outra vez as súas portas para achegar un programa especial dedicado a "Padre Casares". Os seguidores do párroco terán a oportunidade de coñecer, de boca dos protagonistas da serie, os segredos mellor gardados de Santo Antonio de Louredo. Este especial será a antesala das novas tramas da quinta temporada da serie, que comezarán o próximo luns 21 de setembro.
Neste espazo os espectadores poderán coñecer os habitantes de Santo Antonio de Louredo, o elenco de actores e actrices que dan vida, capítulo a capítulo, aos personaxes que habitan nesta popular parroquia. Todos eles sentáronse fronte ás cámaras da TVG para achegar a súa visión persoal dos personaxes e da serie en xeral, e botar a vista atrás para analizar a evolución dos seus personaxes, recordar os momentos máis significativos e ata para avanzar algo do que lles depara o futuro nesta nova etapa.
Pero como Santo Antonio de Louredo son moitas máis persoas das que, semana tras semana, poden verse na pequena pantalla. Guionistas, produtores, directores e equipo técnico... todos fan posible a vida nesta localidade de ficción e por iso tamén terán o seu oco neste especial.
A volta de Padre Casares (especial)
Esta noite a parroquia de Santo Antonio de Louredo abre outra vez as súas portas para achegar un programa especial dedicado a "Padre Casares". Os seguidores do párroco terán a opo...
 14/09/2009 - 22:05 h. 
(Cap. 54)
Último capítulo da cuarta tempada. A resaca dos actos celebrados durante a Semana Santa golpearán de forma inesperada a Don Horacio e a Delmiro: por unha banda, o bispo Nogueira chamará a capítulo ao sacerdote e, por outra, a directiva do partido intenta contactar de forma urxente co alcalde de Louredo. Un novo conflito avecíñase entre o clero e o poder do rexedor: Delmiro non dubidará en declararlles a guerra aos curas da vila coa intención de recuperar o favor do seu partido.
(Cap. 54)
Último capítulo da cuarta tempada. A resaca dos actos celebrados durante a Semana Santa golpearán de forma inesperada a Don Horacio e a Delmiro: por unha banda, o bispo Nogueira chamará a capítulo ao sacerdote e, por outra, a directiva...
 13/04/2009 - 22:20 h. 
(Cap. 53)
Os sacerdotes da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo, Don Horacio Casares e Don Crisanto, prepáranse para a celebración da Semana Santa con intensas actividades litúrxicas entre as que, como vén sendo tradición na vila, un penitente encárgase de levar a cruz durante a procesión que partirá da igrexa o Venres Santo.

Como non podía ser doutro xeito, a elección do penitente ocasionará todo tipo de comentarios entre a freguesía da localidade. Porque o alcalde comunista da vila, Delmiro, négase a que o seu cuñado Josito participe nesa procesión, a pesar de que se trata dunha promesa feita pola muller do rexedor, Moncha.
(Cap. 53)
Os sacerdotes da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo, Don Horacio Casares e Don Crisanto, prepáranse para a celebración da Semana Santa con intensas actividades litúrxicas entre as que, como vén sendo tradición na vila, un pen...
 06/04/2009 - 22:05 h. 
(Cap. 52)
O eterno aspirante a funcionario no concello de Louredo e man dereita de Delmiro, Josito, verase envolto nunha complicada situación no capítulo de "Padre Casares" que esta noite emite a Televisión de Galicia. Esta será unha das últimas entregas da cuarta temporada, xa que está previsto que o cura máis famoso da televisión goce, a partir de abril, duns meses de merecido descanso.
Desde logo, a Semana Santa non será un tempo de relaxación para o sacerdote de Santo Antón de Louredo, xa que se verá obrigado a lidar un ano máis nun conflito que enfrontará a Elsa e Puri. Porque ás portas desta celebración relixiosa, ambas as dúas pretenden celebrar unha misa en memoria dos seus respectivos pais: a inimizade entre as dúas mulleres terá consecuencias desastrosas para o sempre comprensivo Josito aínda que, nestes momentos difíciles, toda a vila apoiará sen condicións o cuñado do alcalde.
(Cap. 52)
O eterno aspirante a funcionario no concello de Louredo e man dereita de Delmiro, Josito, verase envolto nunha complicada situación no capítulo de "Padre Casares" que esta noite emite a Televisión de Galicia. Esta será unha das últimas...
 30/03/2009 - 22:05 h. 
(Cap. 51)
Sen tempo para superar a marcha de Iria, a don Horacio acumúlanselle os problemas, pois no capítulo que esta noite ofrece a TVG o párroco vese obrigado a sacar o seu carácter para protexer os fillos de Conchita de Tapeirán de seu pai Tomás. A veciña de Santo Antón de Louredo regresa á parroquia coa nova de que seu home, que leva unha nova vida na Coruña, pretende obter a custodia dos fillos.
Coa intención de evitar a marcha dos nenos á cidade e en defensa de Conchita, o Padre Horacio Casares enfrontarase a Tomás, mentres que os habitantes de Louredo, conscientes do acontecido, veranse sorprendidos cunha faceta, ata agora descoñecida, da personalidade do párroco.
(Cap. 51)
Sen tempo para superar a marcha de Iria, a don Horacio acumúlanselle os problemas, pois no capítulo que esta noite ofrece a TVG o párroco vese obrigado a sacar o seu carácter para protexer os fillos de Conchita de Tapeirán de seu pai T...
 23/03/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 50)
Tras as achegas da entrega pasada, a relación entre Iria e Don Horacio atópase agora no fío da navalla. Porque despois de bicar o sacerdote máis famoso da televisión no capítulo anterior, a mestra atopa por fin o valor necesario para confesarlle os seus sentimentos. Ante a gravidade do asunto, a reacción do padre Casares provocará un antes e un despois en Santo Antón de Louredo.

Ademais, mentres o párroco se enfronta a esta complicada situación, un filántropo emigrado na Arxentina provoca unha unión circunstancial entre a Igrexa e o Concello: nun alarde de solidariedade, o home pretende deixar unha cuantiosa herdanza aos pobres da vila e Delmiro vese obrigado a colaborar cos curas para poder xestionar os bens.
(Cap. 50)
Tras as achegas da entrega pasada, a relación entre Iria e Don Horacio atópase agora no fío da navalla. Porque despois de bicar o sacerdote máis famoso da televisión no capítulo anterior, a mestra atopa por fin o valor necesario para c...
 16/03/2009 - 22:08 h. 
(Cap. 49)
Conchita de Tapeirán decide marchar de Santo Antonio de Louredo na procura de Tomás, o home, e deixa os fillos temporalmente a cargo do "Padre Casares". Nesta nova experiencia da súa vida, Horacio comprobará de primeira man o difícil que resulta exercer como "pai" aínda que, afortunadamente, contará coa axuda incondicional de Iria, a mestra da vila, que renunciou ao amor tras o seu fracaso sentimental con Ernesto.

Porén a Don Crisanto, que xa se recuperou do ataque de ansiedade do Entroido, xa lle xurdiu unha nova preocupación, pois non está conforme co rol que está a asumir a mestra dentro da casa que comparte con Don Horacio: os acontecementos acabarán por darlle a razón ao vello sacerdote...
(Cap. 49)
Conchita de Tapeirán decide marchar de Santo Antonio de Louredo na procura de Tomás, o home, e deixa os fillos temporalmente a cargo do "Padre Casares". Nesta nova experiencia da súa vida, Horacio comprobará de primeira man o difícil...
 09/03/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 48)
A parroquia de Santo Antón de Louredo prepárase para festexar por todo o alto o Entroido, unha das festas populares máis importantes de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense. Porén a mostra de disfraces nesta vila costeira causará máis que un motivo de diversión, un novo sobresalto para algún dos seus habitantes: Don Crisanto, o "vello pastor" da igrexa, sofre un ataque de ansiedade por culpa da comparsa que o Concello, con Delmiro á cabeza, preparou para o Entroido deste ano.
Pero, á marxe desta circunstancia e mentres Don Horacio coida dun Don Crisanto que non deixa de recibir sustos debido a súa relixiosidade extrema, emerxen os problemas sentimentais: Maite pensa que Iria renunciou ao amor tralo seu fracaso sentimental con Ernesto. Por iso intenta buscarlle parella, malia que a mestra non deixa de repetir que non precisa dun home para ser feliz.
(Cap. 48)
A parroquia de Santo Antón de Louredo prepárase para festexar por todo o alto o Entroido, unha das festas populares máis importantes de Galicia, sobre todo na provincia de Ourense. Porén a mostra de disfraces nesta vila costeira causar...
 02/03/2009 - 22:05 h. 
A calor do diñeiro (Cap. 47)
Santo Antonio de Louredo converterase na entrega que esta noite ofrece a Televisión de Galicia nun concello pioneiro na loita a favor do medio natural. Seguindo o exemplo do Parlamento de Galicia, o alcalde "roxo" Delmiro pretende instalar na vila un innovador sistema de calefacción xeotérmica. Unha representación do concello viaxará ao Parlamento para coñecer os pormenores da aplicación desta enerxía renovable.

Ademais dos problemas habituais aos que se enfronta o home de Moncha nas súas funcións de rexedor municipal, neste capítulo o párroco máis querido da televisión, Don Horacio Casares, enfrontarase a un serio dilema económico para poder axudar a súa freguesía.
A calor do diñeiro (Cap. 47)
Santo Antonio de Louredo converterase na entrega que esta noite ofrece a Televisión de Galicia nun concello pioneiro na loita a favor do medio natural. Seguindo o exemplo do Parlamento de Galicia, o alcalde "roxo" De...
 23/02/2009 - 21:40 h. 
(Cap. 46)
O bautizo do fillo de Ana e David provocará unha nova situación de tensión entre os veciños de Santo Antón de Louredo na nova entrega de "Padre Casares", a serie dos luns que conseguiu atraer a máis dun terzo dos espectadores galegos en capítulos pasados.
Esta noite, o alcalde "roxo" da vila, Delmiro, négase a que o seu neto sexa bautizado polo rito católico e organiza unha cerimonia civil no concello. Fronte a el, as faccións católicas, comandadas por Don Crisanto e secundadas pola freguesía que asiste habitualmente ás misas de Don Horacio, farán todo o posible por boicotear este acto e intentarán que teña un bautizo "como Deus manda". Pero Delmiro garda un ás na manga: está disposto a presentarlle ao bispado a súa petición de apostasía.
(Cap. 46)
O bautizo do fillo de Ana e David provocará unha nova situación de tensión entre os veciños de Santo Antón de Louredo na nova entrega de "Padre Casares", a serie dos luns que conseguiu atraer a máis dun terzo dos espectadores galegos e...
 16/02/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 45)
O clero volverá estar envolto na polémica no capítulo de Padre Casares que a Televisión de Galicia emite este luns. Unha lectura durante a misa será desta volta a que cause a controversia entre as mulleres da parroquia de Santo Antón de Louredo. Ao tanto do acontecido, o cura 'roxo' Delmiro encabeza unha protesta que ameaza mesmo con chegar á Santa Sede, aos oídos do papa: algúns dos veciños da vila esixen que a Igrexa Católica pida dunha vez por todas perdón polo trato discriminatorio dispensado á muller. Ademais de aturar as revoltas da freguesía, don Horacio intentará axudar a resolver os problemas de parella de Ana, a sobriña de Amelia, e David, o fillo de Moncha e Delmiro: o neno que esperan está a punto de chegar ao mundo e aínda andan enfadados.
(Cap. 45)
O clero volverá estar envolto na polémica no capítulo de Padre Casares que a Televisión de Galicia emite este luns. Unha lectura durante a misa será desta volta a que cause a controversia entre as mulleres da parroquia de Santo...
 09/02/2009 - 22:07 h. 
(Cap. 44)
Unha discusión de parella alterará o día a día dos veciños da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo na entrega de 'Padre Casares', a serie de ficción de mais éxito do momento, que emite a TVG esta noite. O problema comeza cando Ana, a sobriña embarazada de Amelia, decide abandonar a casa que comparte co fillo de Delmiro, David. No medio da noite, sen un lugar onde durmir e descansar, Ana pídelle aloxamento a don Horacio. Mentres a futura nai busca desesperadamente a axuda do párroco, na casa do alcalde, David amósase moi preocupado pola desaparición da muller, que está a punto de dar a luz. Ademais, coa axuda dos problemas entre os rapaces, Moncha e Amelia aproveitarán para botarse en cara feitos do pasado.
(Cap. 44)
Unha discusión de parella alterará o día a día dos veciños da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo na entrega de 'Padre Casares', a serie de ficción de mais éxito do momento, que emite a TVG esta noite. O problema comeza cando...
 02/02/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 43)
Don Crisanto será o protagonista no capítulo de 'Padre Casares', a serie de ficción que lidera en Galicia a noite dos luns -mesmo por riba das series nacionais-, que hoxe ofrece a Galega. O 'vello pastor' da igrexa de Santo Antón de Louredo celebra as súas vodas de ouro, pois cumpre cincuenta anos como sacerdote da vila. A intención de don Horacio e do resto dos fregueses da parroquia é a de festexar por todo o alto este acontecemento, pero cura pensa que todo o que se está a organizar non deixa de ser unha manobra máis para xubilalo antes de tempo. Doutro lado, durante a preparación dos actos festivos, o 'Padre Casares' descubrirá o segredo mellor gardado de Amelia, a muller que lle axuda nos quefaceres da súa casa.
(Cap. 43)
Don Crisanto será o protagonista no capítulo de 'Padre Casares', a serie de ficción que lidera en Galicia a noite dos luns -mesmo por riba das series nacionais-, que hoxe ofrece a Galega. O 'vello pastor' da igrexa de Santo Antón de L...
 26/01/2009 - 22:06 h. 
(Cap. 42)
'Padre Casares', a serie número un da Galega que no primeiro capítulo de 2009 (o 5 de xaneiro) bateu outra vez a súa propia marca de audiencia ao acadar un 36,4% de cota de pantalla, emite esta noite un novo capítulo cheo de humor e no que as inquedanzas espirituais dunha das veciñas de Louredo provocarán a chegada de novas preocupacións á vila. Desta volta será a Santísima Trindade, un dos maiores misterios da fe católica, o que convulsione a vida de Elsa, unha das veciñas máis relixiosas da parroquia costeira de Santo Antón de Louredo. Estas inquedanzas espirituais da eterna namorada de Sindo, sumaranse así ás de teólogos, eruditos e grandes pensadores que intentaron comprender a natureza das Tres Persoas: Santo Tomás, San Xerónimo... Este desacougo de Elsa provocará a preocupación do Padre Casares e Don Crisanto, que temen a perda dunha das súas beatas máis fieis.
(Cap. 42)
'Padre Casares', a serie número un da Galega que no primeiro capítulo de 2009 (o 5 de xaneiro) bateu outra vez a súa propia marca de audiencia ao acadar un 36,4% de cota de pantalla, emite esta noite un novo capítulo cheo de humor e n...
 19/01/2009 - 22:04 h. 
(Cap. 41)
A organización das festas patronais da parroquia de Santo Antón de Louredo volve traer a polémica na nova entrega que a ficción da Galega emite este luns. Búscase presidente para a comisión de festas e Miñato, o mañoso da vila, ofrécese voluntario, pero Delmiro decide darlle o cargo a seu cuñado e man dereita no concello, Josito, quen acepta malia a Despois da insistencia do alcalde e coa axuda de Don Crisanto, parece que finalmente se celebrará o ritual tradicional do 'salto do porco' na vila: o Padre Casares está fóra, de vacacións en Cuba, e o bispado envía un novo sacerdote a Louredo para substituílo temporalmente... pero Amelia, Iria e Maite non se renden e buscarán nel un aliado para deter o salto do porco deste ano.
(Cap. 41)
A organización das festas patronais da parroquia de Santo Antón de Louredo volve traer a polémica na nova entrega que a ficción da Galega emite este luns. Búscase presidente para a comisión de festas e Miñato, o mañoso da vila, ofréce...
 12/01/2009 - 22:07 h. 
(Cap. 40)
Na entrega deste luns, ambientada na véspera de Reis, a sobriña monxa de Don Crisanto, Preciosa, chega á parroquia costeira de Santo Antón de Louredo para sementar a discordia entre os veciños. Doutro lado, o alcalde 'roxo' da vila, Delmiro, está decidido a que este ano se celebre o popular ritual de 'o salto do porco' e pídelle axuda a Crisanto para botar fóra da vila ao Padre Casares durante as festas patronais. Ademais, ten lugar un concurso para saber quen fai o mellor roscón de Reis en Louredo e, como era de esperar, non tarda en declararse a guerra entre as mulleres.
(Cap. 40)
Na entrega deste luns, ambientada na véspera de Reis, a sobriña monxa de Don Crisanto, Preciosa, chega á parroquia costeira de Santo Antón de Louredo para sementar a discordia entre os veciños. Doutro lado, o alcalde 'roxo' da vila, D...
 05/01/2009 - 22:08 h. 
Míster xaneiro (Cap. 39)
Un novo ano comeza para os protagonistas de 'Padre Casares', a serie da Galega que amosa a vida nunha vila costeira galega. Despois de que Don Horacio fose obxecto das burlas da freguesía da vila pola construción dun Belén 'realista' durante as festas do Nadal, o ano novo volve situar o Padre Casares no punto de mira de todas as críticas dos veciños: a sorpresa salta en Louredo ao descubrir que, no calendario que o Bispado envía todos os anos ás parroquias da diocese, aparece unha fotografía do cura progresista ilustrando o mes de xaneiro. Como era de esperar, esta iniciativa de Don Horacio por converterse en 'míster xaneiro' causará todo tipo de reaccións en Louredo e mesmo nos arredores.
Míster xaneiro (Cap. 39)
Un novo ano comeza para os protagonistas de 'Padre Casares', a serie da Galega que amosa a vida nunha vila costeira galega. Despois de que Don Horacio fose obxecto das burlas da freguesía da vila pola construción dun Be...
 29/12/2008 - 22:11 h. 
(Cap. 38)
A serie galega de ficción máis querida polo público galego, 'Padre Casares', emite esta noite un capítulo especial con motivo da celebración do Nadal. Nesta ocasión, a parroquia costeira de Santo Antón de Louredo, xa engalanada con motivos natalicios, celebra a Noiteboa e, como é natural nestas datas, o Padre Casares pretende representar o nacemento do Neno Xesús a través dun belén 'realista' que non fará outra cousa que espertar as burlas da freguesía. O 'vello pastor' de Louredo, Don Crisanto, non se dedicará desta volta a amolar o inimigo natural da igrexa, o alcalde Delmiro, senón que verterá toda a súa ira contra Don Horacio pola construción deste orixinal nacemento. Pero este non será o único tema que irrite os veciños da vila xa que, ademais, andan doentes porque a Conchita de Tapeirán lle tocou a Lotaría de Nadal.
(Cap. 38)
A serie galega de ficción máis querida polo público galego, 'Padre Casares', emite esta noite un capítulo especial con motivo da celebración do Nadal. Nesta ocasión, a parroquia costeira de Santo Antón de Louredo, xa engalanada con mo...
 22/12/2008 - 22:11 h. 
Falar da caza e mercala na praza (Cap. 37)
No capítulo de hoxe, a parroquia de Santo Antón de Louredo prepárase para a chegada da temporada de caza. Mentres Delmiro, o alcalde 'roxo' da vila, pretende 'cazar' o delegado de Patrimonio, Crisanto quere amolar a Delmiro. Doutro lado, as mulleres da vila xa teñen un novo tema de conversa: desta volta Maite, a secretaria do concello, será a protagonista de todas as miradas e parolas na tenda da Lidia, xa que os veciños desexan saber quen é o pai do fillo que espera e, para conseguir esa información, inician unha manobra de acoso. Todas as miradas diríxense desta volta cara a Miñato, o 'manitas' da vila.
Falar da caza e mercala na praza (Cap. 37)
No capítulo de hoxe, a parroquia de Santo Antón de Louredo prepárase para a chegada da temporada de caza. Mentres Delmiro, o alcalde 'roxo' da vila, pretende 'cazar' o delegado de Patrimonio, Crisanto ...
 15/12/2008 - 22:12 h. 
A vida entre as mans (Cap. 36)
A traxedia visitará a parroquia costeira de Santo Antón de Louredo nesta nova entrega de "Padre Casares", a serie de ficción máis seguida polo público galego. Desta volta será Santi, o aproveitado sancristán da igrexa da vila, quen viva unha experiencia que sacudirá a súa vida e que provocará nel unha profunda crise de fe.
As mulleres de Louredo, habituais da igrexa, coñecedoras de todos os detalles da vida dos demais e abonadas ao "díxome díxome", non farán esperar a súa reacción: todos os veciños da vila, especialmente as mulleres máis beatas, uniranse para axudar ao sancristán nestes momentos difíciles.
A vida entre as mans (Cap. 36)
A traxedia visitará a parroquia costeira de Santo Antón de Louredo nesta nova entrega de "Padre Casares", a serie de ficción máis seguida polo público galego. Desta volta será Santi, o aproveitado sancristán da ig...
 08/12/2008 - 22:11 h. 
(Cap. 35)
Esta noite chega á TVG unha nova entrega de "Padre Casares". Nesta ocasión a vila costeira de Santo Antón de Louredo celebra unha das festas máis típicas do calendario gastronómico galego, o San Martiño, e o cocho de Puri converterase sen querelo en protagonista: o animal, tremendo co seu destino, non está disposto a cumprir coa tradición.
Doutra parte, o Padre Horacio Casares descubrirá na celebración das primeiras comuñóns dun grupo de nenos da vila que non todos eles están igual de preparados para recibir o Santo Sacramento.
(Cap. 35)
Esta noite chega á TVG unha nova entrega de "Padre Casares". Nesta ocasión a vila costeira de Santo Antón de Louredo celebra unha das festas máis típicas do calendario gastronómico galego, o San Martiño, e o cocho de Puri converterase...
 01/12/2008 - 22:11 h. 
(Cap. 34)
As mulleres de Santo Antón de Louredo xa teñen un novo tema de conversa: o alcalde 'roxo', que volve ser o Delmiro de sempre, aproveita que Moncha non está na casa para organizar unha festa á que asistirán só os homes da vila.
Na reunión de homes, Sindo descobre que o manitas da vila, Miñato, e a súa muller Lidia, foron mozos hai tempo, e mesmo chega a crer que Lidia aínda pode sentir algo por el. Sumido nun mar de dúbidas, Sindo recorre á amiga inseparable da súa Lidia, Elsa, sen pensar que a muller segue namorada del.
(Cap. 34)
As mulleres de Santo Antón de Louredo xa teñen un novo tema de conversa: o alcalde 'roxo', que volve ser o Delmiro de sempre, aproveita que Moncha non está na casa para organizar unha festa á que asistirán só os homes da vila.
Na r...
 24/11/2008 - 22:06 h. 
(Cap. 33)
A Galega ofrece esta noite unha nova entrega de "Padre Casares", serie que cada luns acada excelentes resultados de seguimento e que na emisión da semana pasada foi líder absoluta de audiencia, cun 29% de cota de pantalla. Neste capítulo, que leva por título O testamento e o embarazo, dúas noticias completamente opostas van revolucionar a vila de Santo Antón de Louredo.
Por unha parte, a señora Jesusa, á que Puri leva anos coidando, decide no leito de morte deixarlle todos os seus bens á igrexa, algo que nin Puri nin o concello consideran moi xusto; e, pola outra, Maite, obrigada a deixar as clases, convértese no centro de todos os dixomedíxomes e, aínda máis, cando se coñece que está embarazada pero non se sabe de quen é a criatura.
(Cap. 33)
A Galega ofrece esta noite unha nova entrega de "Padre Casares", serie que cada luns acada excelentes resultados de seguimento e que na emisión da semana pasada foi líder absoluta de audiencia, cun 29% de cota de pantalla. Neste capít...
 17/11/2008 - 22:11 h. 
(Cap. 32)
O Día de Defuntos é unha data que se celebra acorde a uns hábitos moi tradicionais. Isto ocorre en Santo Antonio de Louredo, localización ficticia de 'Padre Casares', onde amais se dá a circunstancia de que van concorrer as cerimonias dos católicos coas dos ateos, que teñen unha maneira moi distinta de entender a efeméride: o que para uns é un día de recollemento e de recordo de seres queridos para outros representa unha celebración máis pagá como é a chegada do inverno. Delmiro, o máximo defensor dunha vila laica, será a promotor da Festa do Samaín (que equivale ao Halloween galego) e non atopará mellor sitio para esta celebración pagá que diante da igrexa de Louredo... está por saber se entrarán en confrontación tan distintas celebracións.
(Cap. 32)
O Día de Defuntos é unha data que se celebra acorde a uns hábitos moi tradicionais. Isto ocorre en Santo Antonio de Louredo, localización ficticia de 'Padre Casares', onde amais se dá a circunstancia de que van concorrer as cerimonias do...
 10/11/2008 - 22:12 h. 
(Cap. 31)
En espera de novas negociacións entre o alcalde -párroco e o anterior rexedor, Delmiro, para retirarse da política, outras situacións reais e dramáticas reclaman a atención da freguesía, como por exemplo a situación de Fina, nai solteira, que precisa dunha solución, e quen mellor que súa nai Puri para buscala: Josito, solteiro, e case funcionario, preséntase como o mellor candidato para facer de pai.
Pero nin Moncha nin, o que é máis importante, Fina nin Josito, están polo labor de que lles amañen a vida... Doutro lado, as clases de Educación para a Cidadanía volven dividir a vila e Iria, como mestra, está, unha vez máis, no centro dun novo conflito en Santo Antón de Louredo
(Cap. 31)
En espera de novas negociacións entre o alcalde -párroco e o anterior rexedor, Delmiro, para retirarse da política, outras situacións reais e dramáticas reclaman a atención da freguesía, como por exemplo a situación de Fina, nai sol...
 03/11/2008 - 22:03 h. 
Ama o teu próximo ... pero non tanto (Cap. 30)
Algunhas das medidas que está a realizar o flamante novo alcalde de Louredo causan cando menos expectación na vila, e así unha das primeiras decisións de D. Crisanto é a prohibición de todo tipo de aloumiños e conduta considerada indecente en público. Cando Rodolfo manifesta querer casar co seu mozo, o ex párroco non o pode admitir por moito alcalde que sexa agora.
Pero as protestas non se fan esperar e os veciños, con Lidia á cabeza, expresan o seu desacordo coa última decisión do alcalde: D. Crisanto non ve doada unha saída ao conflito e vaise ver na obriga de negociar con Delmiro unha retirada da política para retornar ao lado espiritual da vida....
Ama o teu próximo ... pero non tanto (Cap. 30)
Algunhas das medidas que está a realizar o flamante novo alcalde de Louredo causan cando menos expectación na vila, e así unha das primeiras decisións de D. Crisanto é a prohibición de todo tipo de al...
 27/10/2008 - 22:00 h. 
(Cap. 29)
As eleccións municipais celebradas recentemente en Santo Antón de Louredo e que trouxeron o cambio de alcalde están a ter diversas consecuencias, a primeira delas que un ex alcalde, como xa é Delmiro, non pode ser un taxista calquera, así que Moncha decide tunear o taxi do home para facer máis leve as aparencias do cambio de vida, e tamén lle busca outro traballo para que lle dea clases de conducir a Puri.
(Cap. 29)
As eleccións municipais celebradas recentemente en Santo Antón de Louredo e que trouxeron o cambio de alcalde están a ter diversas consecuencias, a primeira delas que un ex alcalde, como xa é Delmiro, non pode ser un taxista calquer...
 20/10/2008 - 21:48 h. 
Sen tele non hai paraíso (Cap. 28)
Os últimos capítulos da telenovela teñen enganchadas ás beatas da vila, ata tal punto que nin van a misa, e D. Crisanto non o pode crer, así que toma mans no asunto porque o Concello do que xa é alcalde non pode pasar por unha crise moral de tan elevado calado. Obrigado polo novo alcalde -cura, Miñato cumpre as súas ordes e corta os cables do repetidor deixando sen sinal a toda a vila. Pero Lidia idea instalar unha parabólica no bar, o que vai provocar unha nova disputa, pois fai que a vila se divida entre os partidarios da telenovela e os do fútbol.
Sen tele non hai paraíso (Cap. 28)
Os últimos capítulos da telenovela teñen enganchadas ás beatas da vila, ata tal punto que nin van a misa, e D. Crisanto non o pode crer, así que toma mans no asunto porque o Concello do que xa é alcalde non ...
 13/10/2008 - 21:49 h. 
(Cap. 27)
Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe á súa toma de mando. Este feito provocará a ledicia dos veciños e o enfado de Delmiro, que non contaba con perder o cargo; amais, as primeiras decisións do cura traen polémica...
Así as cousas, o ex alcalde vese na obriga de volver ao seu traballo anterior como taxista, non sen ter problemas con Moncha. Doutro lado, Iria regresa á vila con Ernesto, mentres que Gregorio, o mestre de relixión, estase a divorciar, algo que non lles gusta nada nin ás beatas nin a D. Crisanto, que tratará de impedilo.
Ante a presión, Gregorio dimite e Horacio búscalle substituto sen saber que está máis cerca do que pode pensar...
(Cap. 27)
Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe á súa toma de mando. Este feito provocará a ledicia...
 06/10/2008 - 21:51 h. 
(Cap. 26)
En plena campaña electoral, a batalla continúa na súa intensidade máis alta en Santo Antón de Louredo e o primeiro en non perder a iniciativa vai ser D. Crisanto, quen trata de descubrir no confesionario o voto dos veciños, mentres que pola súa parte o alcalde en funcións, Delmiro, persegue engaiolar coas súas promesas, sobre todo no que respecta a Sindo, que vai ser o vogal na mesa.
Pero cando chega o domingo, Urbano, ordenado polo alcalde, detén a Crisanto por facer propaganda política en xornada de reflexión... Cando comeza o reconto prodúcese un empate entre os dous candidatos, polo que a falta dun voto por contar, os veciños de Louredo agardan impacientes o nome do futuro alcalde da vila...
(Cap. 26)
En plena campaña electoral, a batalla continúa na súa intensidade máis alta en Santo Antón de Louredo e o primeiro en non perder a iniciativa vai ser D. Crisanto, quen trata de descubrir no confesionario o voto dos veciños, mentres que p...
 29/09/2008 - 21:56 h. 
Vota don Crisanto (Cap. 25)
A serie Padre Casares, que a semana pasada comezou unha nova temporada na Televisión de Galicia, ofrecerá esta noite un novo episodio onde as protagonistas serán as argalladas pola proximidade das eleccións.
En Santo Antonio de Louredo comeza a campaña electoral máis agardada en moito tempo, cando o actual alcalde, Delmiro, parece atopar a solución para que don Crisanto abandone a súa candidatura: un inspector avaliará se o cura está en condicións ou non de presentarse ás eleccións. De momento, os candidatos celebran mitins e mesmo acordan un debate entre eles, pero Horacio insiste na idea de que don Crisanto non se presente ás eleccións e pídelle axuda ao bispo, quen visitará Louredo cun inesperado acompañante.
Doutro lado, Conchita, unha freguesa de Tapeirán, comeza a frecuentar a compaña de Horacio Casares e os rumores dispáranse na vila porque todos cren que están amigados, mesmo o home de Conchita.
Vota don Crisanto (Cap. 25)
A serie Padre Casares, que a semana pasada comezou unha nova temporada na Televisión de Galicia, ofrecerá esta noite un novo episodio onde as protagonistas serán as argalladas pola proximidade das eleccións.
 22/09/2008 - 21:58 h. 
Polas ánimas do purgatorio (Cap. 24)
Os novos capítulos da serie Padre Casares chegan á Galega. Se o 16 de xuño a serie se despedía coa visita oficial do bispo a Santo Antonio de Louredo, en setembro os fans do cura máis moderno da Televisión de Galicia gozarán de novas historias e personaxes. A celebración de eleccións municipais servirá como punto de partida para a que promete ser a temporada máis delirante da coñecida produción galega.
No episodio desta noite, titulado "Polas ánimas do purgatorio!", o día da inauguración do polideportivo de Louredo, don Crisanto cae enriba do peto de ánimas e rómpeo. As eleccións achéganse e a vila está cada vez máis dividida. Lidia anima os veciños a presentarse como oposición a Delmiro. Ante a súa negativa, é ela quen se presenta. Sindo visita a Horacio porque se sente só. Delmiro contraataca a candidatura de Lidia subornando a Santi para que a abandone e entre na súa.
Ante os problemas con Sindo, Lidia abandona a campaña. Todo lle sorrí a Delmiro, mais cando Moncha sabe das súas trapalladas, cóntallo a don Crisanto, que será quen finalmente compita con Delmiro pola alcaldía de Louredo.
Polas ánimas do purgatorio (Cap. 24)
Os novos capítulos da serie Padre Casares chegan á Galega. Se o 16 de xuño a serie se despedía coa visita oficial do bispo a Santo Antonio de Louredo, en setembro os fans do cura máis moderno da Televisi...
 15/09/2008 - 21:56 h. 
Que vén o bispo! (Cap. 23)
A serie Padre Casares marcha de vacacións. Esta noite, a Galega emitirá o último capítulo da temporada. Por fin, Santo Antonio de Louredo recibirá o bispo en visita oficial. O xefe de Horacio Casares e de don Crisanto recibirá unha benvida ao máis puro estilo da afamada localidade.
Os veciños prepáranse para o evento. Uns a favor e outros en contra da visita, todos se empregan a fondo para facer deste día "unha data inesquecible". A visita do prelado prodúcese nun momento clave para a vida política do municipio. Aproxímanse as eleccións e Josito decátase de que Delmiro non cumpriu con ningunha das propostas feitas na campaña anterior, polo que a tensión no Concello pódese cortar cun coitelo... pero ao alcalde ocórreselle unha solución para cumprir polo menos cunha das súas promesas: construír un polideportivo.
Mentres, Delmiro e Josito elaboran polo miúdo unha campaña particular e descobren a necesidade de pactar coa igrexa.
Que vén o bispo! (Cap. 23)
A serie Padre Casares marcha de vacacións. Esta noite, a Galega emitirá o último capítulo da temporada. Por fin, Santo Antonio de Louredo recibirá o bispo en visita oficial. O xefe de Horacio Casares e de don Cris...
 16/06/2008 - 22:07 h. 
Deixade que os vellos se achegen a min (Cap. 22)
Os despistes de don Crisanto seguen a provocar inquedanza na vila tranquila de Santo Antonio de Louredo, onde ao comezo dunha misa vai haber un accidente. Ao cura préndeselle a cabeza cun misto co que estaba a acender os cirios, polo que a misa queda posposta e vense na obriga de pechar a igrexa...
Pero a cousa non para aí, pois decátanse de que unha das freguesas non quere marchar: trátase de Asunción, unha anciá que acode á igrexa como refuxio pola soidade que sente na súa casa. O feito dá pé para que o cura e a mestra lle falen a Delmiro de intentar crear un servizo de atención e compaña para persoas maiores.
Deixade que os vellos se achegen a min (Cap. 22)
Os despistes de don Crisanto seguen a provocar inquedanza na vila tranquila de Santo Antonio de Louredo, onde ao comezo dunha misa vai haber un accidente. Ao cura préndeselle a cabeza cun misto co...
 09/06/2008 - 22:08 h. 
(Cap. 21)
Nesta nova entrega de Padre Casares, os veciños de Louredo enfróntanse a unha epidemia de gripe. A vida da pequena vila mariñeira verase moi alterada pola enfermidade. Os veciños terán que organizarse para evitar o caos.
Un brote de gripe ameaza a vida tranquila de Santo Antonio de Louredo. Os veciños caen como moscas co virus. O problema chegará cando o funcionamento correcto de certas institucións perigue a causa das baixas, porque hai cousas imprescindibles para a vida de Louredo: a parroquia, o Concello e, por suposto e por diante de todas, o bar.
(Cap. 21)
Nesta nova entrega de Padre Casares, os veciños de Louredo enfróntanse a unha epidemia de gripe. A vida da pequena vila mariñeira verase moi alterada pola enfermidade. Os veciños terán que organizarse para evitar o caos.
U...
 02/06/2008 - 22:12 h. 
A OVELLA PERDIDA E ATOPADA EN LOUREDO (Cap. 20)
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución?
Os espectadores da Televisión de Galicia vivirán en directo unha traxedia nova na vida de Elsa: a fuxida, monte arriba, de Blanquiña, a súa ovella favorita; suceso que provocará a mobilización das forzas vivas de Louredo para buscar o animal extraviado. Unha grande historia de tenrura e solidariedade pero ao estilo de Santo Antonio de Louredo...
O novo Crisanto
O luns pasado os seguidores de Padre Casares asistiron á presentación do actor Gonzalo Rey Chao no papel de don Crisanto, para substituír temporalmente a Tuto Vázquez, actor que encarnou o sacerdote ancián dende o principio da serie.
Ademais, a serie presentará un novo personaxe: Urbano, o axente máis puntilloso da policía local, para sorte ou desgraza de Delmiro, o alcalde da vila.
A OVELLA PERDIDA E ATOPADA EN LOUREDO (Cap. 20)
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de re...
 26/05/2008 - 22:11 h. 
(Cap. 19)
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o "play" van levar máis dunha sorpresa...
Amais, intentando axudar aos máis necesitados da vila, Amelia e Horacio decátanse de que os petos do santo foron forzados e están baleiros, chegando á conclusión de que hai un ladrón en Louredo. Doutro lado, a doazón dos libros que D. Crisanto tiña no faiado fará que este se enfronte a Delmiro poñendo á vila e á muller do alcalde en contra de Delmiro.
(Cap. 19)
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de...
 19/05/2008 - 22:12 h. 
O SANCRISTÁN DE LOUREDO (Cap. 18)
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual declarado da localidade. Unha vez máis, Horacio Casares exercía de mediador. Nesta ocasión, o conflito saldábase con varios lesionados. Horacio, Iria e Maite eran vítimas colaterais das labazadas perdidas. Pola súa parte, don Crisanto decidiu poñer punto final á suposta crise moral da vila. Cecilia, a sancristá moza, ante os reproches do sacerdote decidía abandonar o seu posto de traballo. Esta semana en Padre Casares, oferta de emprego para sancristáns.
Búscase sancristán para pequena vila mariñeira, con freguesías singulares. Cecilia despediuse e a parroquia necesita, de maneira urxente, unha persoa que se encargue de axudar o párroco nos seus labores. A sorpresa chegará cando Josito, despedido polo seu cuñado -o alcalde- nun arrebato dos seus, cambie o concello pola igrexa. Para uns, unha traizón; para outros, un auténtico perigo.
Mentres tanto Louredo sóbese, unha vez máis, ao carro da modernidade. O centro social planea un curso sobre planificación familiar. Dirixido pola encantadora Maite, o curso resulta especialmente atractivo para algúns veciños; non así para o sector máis tradicional da vila.
O SANCRISTÁN DE LOUREDO (Cap. 18)
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual declarado da localidade. Unha vez...
 12/05/2008 - 22:14 h. 
(Cap. 17)
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da vila. A vida na parroquia adáptase á actualidade a marchas forzadas. Novas demais para os veciños máis tradicionais, e temas de conversación para os máis cotillas da localidade.
Santo Antonio de Louredo aínda non se repuxo da sorpresa que supuxo o achádego dun bebé ás portas da casa do cura. O rapaz, aínda que moitos non o saben, chamarase Antonio. Agora o padre Casares intenta convencer a Fina para que confese, sen ningún temor, que ela é a nai do neno. Difícil tarefa, sobre todo, se se ten en conta que Fina é a filla de Puri, a veciña máis cotilla e intransixente de Louredo.
A pobre Puri, aferrada as súas tradicións e regras morais, non pode imaxinar a que se lle ven enriba. Se non quería unha cunca de caldo, agora tomará dúas. Á historia da maternidade da súa filla súmase agora outra nova familiar: o descubrimento accidental da homosexualidade de seu fillo; outro tema máis para a polémica en Louredo.
(Cap. 17)
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da vila. A vida na parroquia adáptase á actualidade a marcha...
 05/05/2008 - 22:17 h. 
(Cap. 16)
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai teorías para todos os gustos, aínda que moitos son os que xa botaron a lingua a pacer e adxudicáronlle a paternidade ao "Pater" máis famoso da TVG.
O tempo corre rápido estes días en Louredo, un bebé, de pais descoñecidos, vaga entre entre dous limbos; o legal e o teologal. Delmiro aboga por rescatalo do primeiro e Crisanto do segundo; establecer prioridades xa é outro cantar.
Mentres o concello e a parroquia pelexan pola tutela do neno, Horacio Casares investiga a orixe do pequeno;alleo aos comentarios que sobre el corren como a pólvora pola vila.
(Cap. 16)
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai teorías para todos os gustos, aínda que moitos son os q...
 28/04/2008 - 22:14 h. 
(Cap. 15)
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda máis; non debemos esquecer que a vila xa ten novo párroco.
Por outra banda, o oficiosamente ex concello de Louredo ten un importante asunto pendente: necesita un novo nome no padrón.
(Cap. 15)
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda máis; non debemos esquecer que a vila xa ten novo ...
 21/04/2008 - 22:14 h. 
(Cap. 14)
Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles expoña a súa decisión sobre marchar ou non da vila, para poñerse a dispor do que é a súa verdadeira vocación, ser misioneiro. Pero finalmente algo sucederá...
(Cap. 14)
Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles expoña a súa decisión sobre marchar ou non da vila, pa...
 15/04/2008 - 22:14 h. 
(Cap. 13)
Difícil decisión a que ten na súa mente o Padre Casares. Horacio reflexiona moito sobre a súa vida desde que chegou a San Antón de Louredo e todo son dúbidas e máis dúbidas. Decídese a escribir unha carta ao bispo, quizais a máis difícil da súa vida porque non sabe como expresar o que sente, as súas contradicións, e tampouco quere desvelar as verdadeiras causas que o levan a tomar unha decisión sobre a súa vontade de marchar de Louredo. Aínda por riba, mentres redacta a carta é constantemente interrompido polas queixas de Elsa, que ten problemas cunha veciña. E o Padre segue perdido nun mar de dúbidas, reflexionando sobre as súas vivencias en Louredo, que non pode aturar máis aos veciños pero aos que tamén lles colleu un cariño especial... e tamén a Iria. Mentres tanto, volve a Louredo o tempo da matanza e por tanto a hora de matar ao porco, pero desta vez os veciños xa saben que non poden recorrer ao método tradicional.
(Cap. 13)
Difícil decisión a que ten na súa mente o Padre Casares. Horacio reflexiona moito sobre a súa vida desde que chegou a San Antón de Louredo e todo son dúbidas e máis dúbidas. Decídese a escribir unha carta ao bispo, quizais a máis difíc...
 08/04/2008 - 22:16 h. 
(Cap. 12)
A aparentemente tranquila vila de Santo Antón de Louredo non para de ofrecer distintas arestas dun mundo que parece alleo ás influencias externas pero que vai cambiar moito coa presenza do novo cura, o Padre Casares. Aínda que pareza mentira, as vidas dalgúns veciños atravesan importantes convulsións, así como a do propio Horacio Casares, que comeza a sentir algo que o leva incluso a dubidar sobre algúns principios que rexen a súa vida, e o motivo ten nome de muller...a mestra da escola.
Doutro lado, está o caso de Delmiro, que está desesperado por regresar coa súa muller, pero Moncha porá como única condición que ten que converterse e ir á misa, como todo fregués que se preste. A idea non lle fai moita graza a Delmiro, aínda que pola súa muller estaría disposto a facer case calquera cousa...
(Cap. 12)
A aparentemente tranquila vila de Santo Antón de Louredo non para de ofrecer distintas arestas dun mundo que parece alleo ás influencias externas pero que vai cambiar moito coa presenza do novo cura, o Padre Casares. Aínda que pareza m...
 01/04/2008 - 22:07 h. 
DELMIRO CONTRA TODOS (Cap. 11)
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a parede.
Por iso cando Moncha -a súa dona- quere botar a Delmiro da casa, unha vez máis, faise necesaria a mediación do Padre Casares. Doutro lado, parece que Iria, a profesora do colexio, ten un admirador que resultaría ser Paulo, o profesor da academia de baile, con quen vai aceptar quedar para tomar un café despois de clase; pero, para sorpresa de Paulo, a moza aparecerá acompañada pola súa amiga Maite.
DELMIRO CONTRA TODOS (Cap. 11)
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a p...
 25/03/2008 - 22:13 h. 
(Cap. 10)
Chega o momento de cumprir con unha das tradicións de Louredo, como é a colecta anual para os máis desfavorecidos, pero a tradición terá diante coma sempre as propostas do novo cura, Horacio Casares, que decidirá introducir algunhas innovacións no sistema de recollida dos cartos. Iso si, a exquisita sensibilidade do Padre Casares terá en conta non facer de menos a D. Crisanto e ten previsto darlle ao vello unha responsabilidade especial.
Desde outro ángulo da vila mariñeira, Elsa, a beata, devece definitivamente por Sindo, o home de Lidia, e a paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día chegando incluso a acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro. A situación acabará complicándose cando, por mor dunha nota escrita pola muller, chega a mans da persoa menos indicada.
(Cap. 10)
Chega o momento de cumprir con unha das tradicións de Louredo, como é a colecta anual para os máis desfavorecidos, pero a tradición terá diante coma sempre as propostas do novo cura, Horacio Casares, que decidirá introducir algunhas in...
 18/03/2008 - 22:15 h. 
(Cap. 9)
Unha serie de feitos encadeados e coincidentes no tempo propicia que na vila de Santo Antonio de Louredo medre a psicose na súa versión máis supersticiosa e que, unha vez máis, o Padre Casares, un cura afeito aos novos tempos, teña que tomar cartas no asunto apelando á razón da súa freguesía; aínda que, iso si, sen desprenderse da súa encantadora compresión polos medos e temores dos veciños, que andan perplexos ante a cadea de accidentes que irán acontecendo a uns e a outros...
Doutro lado, parece que entre Elsa, unha das beatas da vila, e Sindo, o dono do bar e da tenda -e home de Lidia- está a nacer algo máis ca unha relación de colegas entre as dúas mellores voces de Louredo...
(Cap. 9)
Unha serie de feitos encadeados e coincidentes no tempo propicia que na vila de Santo Antonio de Louredo medre a psicose na súa versión máis supersticiosa e que, unha vez máis, o Padre Casares, un cura afeito aos novos tempos, teña que ...
 11/03/2008 - 22:15 h. 
AMADOR, O APÓSTATA (Cap. 8)
Na vila de Louredo ninguén renuncia á sorpresa, por obra e graza, desas conversións que aparecen cando ninguén as agarda... así ocorre cando morre dun infarto Amador, o pai de Maite -a guapa da vila-, mentres está a xogar a partida no bar de Lidia e Sindo.
Da tristura, os veciños de Santo Antón de Louredo pasan á sorpresa, xa que Amador, un suposto ateo convencido, deixa escrita a súa última vontade: quere unha misa pola súa alma. Conmovidos, os veciños deciden crear un coro na vila para que cante na misa do defunto.
Pero o coro precisa dun local e Delmiro, o alcalde "roxo", enfadado pola traizón ideolóxica de Amador, non está disposto a ceder o uso do local social e monta un coro laico pola súa conta...
AMADOR, O APÓSTATA (Cap. 8)
Na vila de Louredo ninguén renuncia á sorpresa, por obra e graza, desas conversións que aparecen cando ninguén as agarda... así ocorre cando morre dun infarto Amador, o pai de Maite -a guapa da vila-, mentres está a x...
 04/03/2008 - 22:13 h. 
CONFIANZA (Cap. 7)
Neste novo episodio a xente da vila vai descubrir que o cura moderno e acabado de chegar, Horacio Casares, leva un tempo asistindo a clases de baile, nunha academia onde coincide coa profesora do colexio. Pero dada a condición relixiosa de Horacio os dous amigos levan en secreto a súa afección compartida, aínda que non poderán impedir que salten os rumores que corren como a pólvora por toda a vila.
Doutro lado, Josito pretende ser funcionario do concello, pero o cuñado do alcalde cre que a simple relación familiar xa é dabondo... e por se acaso está disposto a pechar o acordo subornando o seu cuñado con un xamón.
CONFIANZA (Cap. 7)
Neste novo episodio a xente da vila vai descubrir que o cura moderno e acabado de chegar, Horacio Casares, leva un tempo asistindo a clases de baile, nunha academia onde coincide coa profesora do colexio. Pero dada a condición...
 26/02/2008 - 22:16 h. 
A VODA DO ANO (Cap. 6)
O fillo de Delmiro e a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa, e todo sería moi doado se non fora pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que seu fillo faga unha voda relixiosa...
Doutro lado, vaise ver un novo capítulo nas polémicas que envolven ao párroco Horacio, recentemente chegado á vila de Louredo, xa que, despois do despedimento de Santi, Horacio Casares contratará a unha muller chamada Cecilia, unha decisión que lle custará ao párroco as críticas de máis dun veciño...
A VODA DO ANO (Cap. 6)
O fillo de Delmiro e a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa, e todo sería moi doado se non fora pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que seu fillo faga unha voda relixiosa...
Doutro lado, vai...
 19/02/2008 - 22:12 h. 
(Cap. 5)
San Antonio de Louredo, localidade onde transcorre a acción da serie Padre Casares, vive unha nova xornada de aventuras e desventuras desde que o seu cura, novo e moderno, chegou á vila mariñeira sen deixar a ninguén indiferente. Nesta vila, como en moitas outras pequenas localidades de Galicia, é tradición custodiar as imaxes dos santos nas casas dos veciños. Pero, ás veces, a devoción tórnase ambición...
Neste particular, as obras da igrexa farán necesario que alguén coide da imaxe do Santo Antonio, dun xeito especial. Trátase dunha gran responsabilidade e nin Amelia nin Lidia queren ser menos ca outra... Á marxe destes enfrontamentos, o Padre Casares tomará unha decisión: o despedimento de Santi. Desde outro lado, alleos a estes temas, os homes da vila acudirán a un curso de repostería no centro social, pero non precisamente porque teñan vocación de pasteleiros.
(Cap. 5)
San Antonio de Louredo, localidade onde transcorre a acción da serie Padre Casares, vive unha nova xornada de aventuras e desventuras desde que o seu cura, novo e moderno, chegou á vila mariñeira sen deixar a ninguén indiferente....
 12/02/2008 - 22:17 h. 
O SEGREDO ESTÁ NAS FORMAS (Cap. 4)
Abofé que os tempos cambian e coa modernidade chega o libre mercado que, como a todo o demais, aféctalles tamén aos proveedores da igrexa da que o Padre Casares é o novo párroco. Un incidente acaecido na parroquia de Louredo levará o novo párroco -que está a revolucionar os hábitos da vila- a pensar que tal vez sexa o momento de cambiar o provedor das obleas. O problema vai chegar porque a provedora de toda a vida, Lidia, é tamén a dona do bar e do ultramarinos da vila...
Doutro lado, o alcalde comunista da vila, Delmiro, sorprenderá os veciños con unha iniciativa que levará ao enfrontamento dos cidadáns: movido por un espírito laico, o rexedor pretende cambiar o nome da vila de Santo Antón de Louredo, a Louredo sen máis...
O SEGREDO ESTÁ NAS FORMAS (Cap. 4)
Abofé que os tempos cambian e coa modernidade chega o libre mercado que, como a todo o demais, aféctalles tamén aos proveedores da igrexa da que o Padre Casares é o novo párroco. Un incidente acaecido na...
 05/02/2008 - 22:17 h. 
(Cap. 3)
Costumismo, sentimento pero, sobre todo, moito humor, danse a man nesta nova cita coa ficción galega de Padre Casares, que aquí lle dá distintos matices a unha crónica dunha vila mariñeira (Redes, na ficción San Antón de Louredo), onde a chegada dun cura novo e moi peculiar vai desencadear moitos acontecementos e escribir unha nova páxina na historia da vila. Horacio Casares, o novo cura de Louredo, é un home de gustos refinados e espírito ávido de novos coñecementos, así que se vai deixar tentar para participar nunhas clases de baile de salón, algo moi pouco visto nun sacerdote e menos nunha vila pequena. Doutro lado, chegada a hora de pintar a igrexa, a polémica está servida, xa que Miñato, o encargado das tarefas de reparación do templo, elixe para a ocasión unha cor verde que, segundo o parecer de moitos fregueses, non sería a máis axeitada.
(Cap. 3)
Costumismo, sentimento pero, sobre todo, moito humor, danse a man nesta nova cita coa ficción galega de Padre Casares, que aquí lle dá distintos matices a unha crónica dunha vila mariñeira (Redes, na ficción San Antón de Louredo)...
 29/01/2008 - 22:13 h. 
Hoxe á noite na segunda entrega de Padre Casares, veremos como a igrexa de Louredo está chea de goteiras e a parroquia non dispón de medios económicos para facerlle fronte á reparación, polo que será necesario sacar cartos de onde sexa.
Outros conflitos derívanse destas tarefas de reparación, xa que Horacio Casares verase na obriga de levar a misa fóra da igrexa e terá que enfrontar a negativa de don Delmiro, o alcalde ateo da vila...
Hoxe á noite na segunda entrega de Padre Casares, veremos como a igrexa de Louredo está chea de goteiras e a parroquia non dispón de medios económicos para facerlle fronte á reparación, polo que será necesario sacar cartos de onde sexa.
O...
 22/01/2008 - 22:17 h. 
O acabado de ordear sacerdote Horacio Casares chega á parroquia de Louredo. A súa misión, substituír a don Crisanto, home xa maior ao que lle empezan a afectar os problemas da idade. A súa chegada a Louredo coincidirá coa festa patronal de Santo Antón Abade, unha celebración ancestral que remata co lanzamento dun porco desde o alto do campanario.
O acabado de ordear sacerdote Horacio Casares chega á parroquia de Louredo. A súa misión, substituír a don Crisanto, home xa maior ao que lle empezan a afectar os problemas da idade. A súa chegada a Louredo coincidirá coa festa patronal de Santo Antó...
 15/01/2008 - 22:18 h.