
MIRAXES
As novidades no teatro, literatura, cine, etc. Miguel Fernández presenta o programa.
|
O programa "Miraxes" acudirá esta tarde á súa última cita cos espectadores da TVG acompañando a Orquestra Sinfónica de Galicia ao mellor teatro de concertos do mundo, o Musikverein, en Viena. A formación ten demostrada a súa solvencia todas as semanas no seu país pero asumiu o gran reto de enfrontarse a un público acostumado aos mellores directores, ás grandes orquestras e ás interpretacións máis exquisitas.
Por outro lado o espazo da Galega falará hoxe da obra mestra da banda deseñada contemporánea, Epiléptico, co seu autor, David B, que influenciou a toda unha xeración do cómic francés e deixa a súa experiencia máis íntima sobre a dor, a enfermidade e a vida nunha sorte de autobiografía onde conta a historia de seu irmán maior, que fixo que a familia emprendese unha procura incansable da solución a unha enfermidade pouco coñecida nos anos 60.
Sen deixar de lado a banda deseñada, "Miraxes" achegarase ao título que mereceu este ano o premio Castelao que concede a Deputación da Coruña. Sen mirar atrás é unha historia de Dani Montero que fala de como comezar outra vez cando poñemos a cero o contaquilómetros da nosa vida.
A fotografía tamén será protagonista esta tarde no programa, xa que "Miraxes" botaralles unha ollada ás imaxes que quedaron fixadas na cámara do fotógrafo Miguel Riopa en xuño deste ano, cando a folga do metal deixou en Vigo instantáneas contundentes dos enfrontamentos entre a policía e os obreiros. O correspondente de France Press mereceu por esta reportaxe o premio Galicia en Foco 2009.
 |
O programa "Miraxes" acudirá esta tarde á súa última cita cos espectadores da TVG acompañando a Orquestra Sinfónica de Galicia ao mellor teatro de concertos do mundo, o Musikverein, en... |
|
20/12/2009 - 15:23 h.
|
O programa "Miraxes" abordará esta tarde a chegada dunha novidade editorial para este Nadal: o libro electrónico, xa que as dúas grandes editoriais galegas, Xerais e Galaxia, xa anunciaron as súas novidades na rede. O espazo da TVG falará de como se enfrontan ao difícil mercado electrónico, un ámbito novo en que a industria cultural intenta sobrevivir ante a marea de contidos de balde que ofrece a Internet.
Outro creador que non se resiste a empregar a Internet, a gran fonte de coñecementos do século XXI, é o fotógrafo especializado en arquitectura Héctor Santos-Díez, que acaba de montar un portal dixital onde amosa a súa obra. "Miraxes" acompáñao hoxe nunha das súas sesións de traballo.
Ademais, o programa da Galega entrevistará hoxe a unha das grandes figuras da escena galega, Dorotea Bárcena, que leva actuando uns 60 anos, xa que o teatro é a súa gran paixón desde nena. "Miraxes" conversará coa actriz sobre a súa extensa carreira, unha traxectoria que corre paralela á historia do teatro galego, e sobre os seus últimos traballos.
No tempo dedicado ás artes escénicas, o programa tamén falará da última proposta de Sapristi, "Vaia tormenta!", inspirada en "A tempestade" de Shakespeare. A montaxe achégase ao poder, o amor, a vinganza, a liberdade, a reconciliación, o perdón, a manipulación e a utopía, enfocados desde o punto de vista de dous excéntricos que se toman a vida un pouco á lixeira e navegan sen flotadores no medio da tempestade.
Tamén haberá tempo para a música hoxe en "Miraxes", que falará de Proxecto Orquestral, unha formación de música clásica de Cangas do Morrazo, que xurdiu en 2006 como unha actividade dos alumnos e profesores do Conservatorio Profesional e da Escola de Música e que está formado na súa gran maioría por rapaces de entre 15 e 16 anos. Ademais, o programa achegaralles aos espectadores os ritmos mestizos de Duplo Son, un grupo novo na procura do seu primeiro disco.
 |
O programa "Miraxes" abordará esta tarde a chegada dunha novidade editorial para este Nadal: o libro electrónico, xa que as dúas grandes editoriais galegas, Xerais e Galaxia, xa anunciaron as súas n... |
|
13/12/2009 - 15:20 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe con Roxelio Groba, que vai celebrar o seu 80 aniversario o vindeiro ano cunha serie de concertos que espallarán a obra dun dos compositores máis importantes da historia da música galega. O programa achegarase esta tarde á figura de Shakespeare a través dun espectáculo de Mofa e Befa dirixido por Quico Cadaval. Shakespeare para principiantes leva ao primeiro plano as escenas do gran dramaturgo británico máis ignoradas polo público actual.
Ademais, o programa presentado por Miguel Fernández visitará no Centro Torrente Ballester de Ferrol un proxecto de Susana Cendán, Carmencita. A estatua dunha nena no cemiterio de Ortigueira, falecida en 1938, é o punto de partida dun relato que convida a imaxinar. A fotógrafa Victoria Dielh fai realidade este conto achegando o traballo que xa está afeita a facer, revivir esculturas.
No apartado musical, Miraxes coñecerá hoxe as propostas de Cró!, unha banda viguesa de rock experimental que anda a presentar o seu disco de debut, e estreará un vídeo musical The Dirty Stocks, catro amigos que se xuntaron para formar unha banda e que andan a pensar no seu primeiro disco.
 |
O programa Miraxes falará hoxe con Roxelio Groba, que vai celebrar o seu 80 aniversario o vindeiro ano cunha serie de concertos que espallarán a obra dun dos compositores máis importantes da historia da músic... |
|
06/12/2009 - 15:20 h.
|
O programa "Miraxes" sae hoxe ao Camiño de Santiago para emprender unha ruta de cultura. e realizar un adianto do que dará de si Xacobeo 2010. O ano próximo terá lugar tamén a estrea mundial de "O Apóstolo", a primeira película española de animación feita en plastilina coa técnica stop-motion. O filme está dirixido por Fernando Cortizo e presenta unha historia de misterio e terror ambientada no Camiño de Santiago. A animadora canadense Peggy Areal abriralle a "Miraxes" os estudos Artefacto Producións, en Santiago, para explicar como se rodou a película. "Miraxes" viaxará a través da galaxia cun fotógrafo de estrelas, Daniel López, que ten aparecido en revistas como National Geographic ou a española "Astronomía". No apartado dedicado á arquitectura falarase dun albergue, en concreto da Casa da Torre, un edificio renacentista situado no centro de Redondela que pertencía ao prego de Montaos e que desde o século XVI tivo moi diversos usos. A rehabilitación do arquitecto Antonio Amado acadou premios importantes. A música tamén será protagonista hoxe en "Miraxes". O programa falará de Micah P. Hinson, un músico xurdido das cinzas dunha persoa que viviu demasiado axiña. Hoxe é un compositor alternativo que fala de sentimentos atormentados. El é unha das novas voces do country-folk.
 |
O programa "Miraxes" sae hoxe ao Camiño de Santiago para emprender unha ruta de cultura. e realizar un adianto do que dará de si Xacobeo 2010. O ano próximo terá lugar tamén a estrea mundial de "O ... |
|
29/11/2009 - 15:18 h.
|
En plena crise do ladrillo, o programa "Miraxes" propón hoxe unha reflexión sobre novos tipos de vivenda. Esta tarde o espazo da TVG falará de arquitectura modular, de como construír casas en serie, que medran ou encollen segundo as necesidades dos seus habitantes; e buscará exemplos no contorno galego. Pero o deseño modular pode aplicarse a moitos outros campos. "Miraxes" falará co arquitecto Fermín Blanco, que deseñou un xoguete baseado en sete pezas base de polisterino, chamado sistema Lupo. Blanco propúxolles aos nenos do poboado xitano de Penamoa que eles mesmos construísen o seu barrio ideal. O documental sobre esta experiencia colectiva foi exhibido na última Bienal de Arquitectura de Venecia. O programa presentado por Miguel Fernández formularalles unha pregunta aos espectadores da Galega: "onde van os personaxes cando remata a novela?". É unha interrogación que a artista Dora García propón no Centro Galego de Arte Contemporánea para xogar cos límites da realidade e da ficción. A exposición é un conxunto de 11 obras onde o espectador se converte en actor.
Ademais, "Miraxes" invitará hoxe os espectadores a ver a Joaquín Sabina en Vigo. As entradas do concerto están xa esgotadas pero o programa aínda ten algunhas, que sorteará entre os telespectadores. "Miraxes" tamén ten entradas para ver á que fora a voz de Morcheeba, Skye Edwards.
 |
En plena crise do ladrillo, o programa "Miraxes" propón hoxe unha reflexión sobre novos tipos de vivenda. Esta tarde o espazo da TVG falará de arquitectura modular, de como construír casas en serie, que medran ou... |
|
22/11/2009 - 15:20 h.
|
N/A
 |
|
|
15/11/2009 - 15:18 h.
|
"Miraxes" subirá hoxe ao Pórtico da Gloria e acompañará pola estada a Concha Cirujano, directora dun proxecto multidisciplinar que implica a xeólogos, arquitectos, enxeñeiros, historiadores e restauradores. O programa da Galega falará esta tarde da fotógrafa norteamericana Ruth Mathilda Anderson, unha expedicionaria que percorreu Galicia entre 1924 e 1926 na busca das tradicións máis castizas e realizou máis de 5.000 imaxes, algunhas das cales se amosan na Fundación Caixa Galicia da Coruña. "Miraxes" tamén visitará hoxe na Casa da Parra de Santiago a exposición "O espectáculo da periferia 2", resultado de dous anos de traballo intenso de Eduardo Valiña. Ademais, o programa sumarase á celebración do sétimo aniversario do Museo Marco de Vigo, que presenta a vixésima edición de Art Futura, e falará co pianista e compositor belga Win Mertens, o mestre da música da nova era, que cumpre 25 anos de traxectoria musical. "Miraxes" rematará hoxe o programa con outro mestre da música que chega de Oriente: o compositor, pianista e actor xaponés Ryuichi Sakamoto, que abre o vindeiro domingo o ciclo "Sons da diversidade" no Auditorio de Galicia, en Santiago.
 |
"Miraxes" subirá hoxe ao Pórtico da Gloria e acompañará pola estada a Concha Cirujano, directora dun proxecto multidisciplinar que implica a xeólogos, arquitectos, enxeñeiros, historia... |
|
08/11/2009 - 15:18 h.
|
O programa "Miraxes" paseará hoxe con Jorge Barbi, un artista pouco dado á aparición nos medios de comunicación, pola retrospectiva que reúne no Marco de Vigo os itinerarios deste artista da Guarda, que encarna unha das traxectorias máis interesantes da escena artística nos últimos 25 anos. Barbi, que desenvolve o seu traballo fundamentalmente na liña costeira que vai da Guarda a Cabo Silleiro, posúe unha capacidade extraordinaria para converter os seus achados en obras artísticas. Por outra parte o espazo cultural da TVG entrará nunha cova para viaxar no tempo, concepto en que pensaron os arquitectos do estudio RVR á hora de levantar o Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, un edificio de grandes dimensións soterrado parcialmente. Ademais, "Miraxes" reflexionará esta tarde sobre as intervencións humanas na natureza a través da fotografía do artista brasileiro Caio Reisewitz, protagonista en Pontevedra e Vigo da exposición máis completa realizada ata a data sobre un dos fotógrafos máis laureados e recoñecidos no mundo. A mostra "Maracutaia" transmite unha mensaxe de denuncia e alerta do deterioro ambiental, non só no Brasil senón tamén en Galicia.
 |
O programa "Miraxes" paseará hoxe con Jorge Barbi, un artista pouco dado á aparición nos medios de comunicación, pola retrospectiva que reúne no Marco de Vigo os itinerarios deste artista da Guarda,... |
|
01/11/2009 - 15:18 h.
|
A Feira Galega de Artes Escénicas, que se desenvolveu estes días en Santiago, será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que se achegará a un espazo de mercado dinámico e eficiente, onde se amosa unha parte importante da nova produción escénica galega e dos países de lingua portuguesa.
O espazo da TVG falará de dúas da estreas desta XVII edición da Feira: o espectáculo "Tres", de Pisando Ovos; e "O Castelo da Rocha Vella", unha produción dos Monicreques de Kukas en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, un espectáculo musical que se representa nun ano moi especial, cando a compañía pioneira no teatro de monicreques en galego cumpre 30 anos.
"Miraxes" tamén se achegará esta tarde á música da alemá Ute Lemper, que, con motivo do vixésimo aniversario do Auditorio de Galicia, fusionará o seu repertorio de cabaré de entre guerras coa Real Filharmonía de Galicia. O programa sorteará entradas para este concerto, que terá lugar o vindeiro xoves.
Doutra banda, o programa presentado por Miguel Fernández visitará no Marco de Vigo unha exposición que xira en torno ao espello como elemento de repetición e reflexo das imaxes, pero tamén como metáfora dun universo paralelo á realidade. Esta mostra colectiva foi a idea gañadora do concurso para novos comisarios do museo.
Ademais, os espectadores da Televisión de Galicia poderán coñecer hoxe o proxecto musical de Agoraphobia, grupo formado por catro rapazas de Boiro. O programa despedirase cun paseo pola Mariña coas letras e as melodías da Safari Orquestra.
 |
A Feira Galega de Artes Escénicas, que se desenvolveu estes días en Santiago, será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que se achegará a un espazo de mercado dinámico e eficiente, onde se amosa... |
|
25/10/2009 - 15:18 h.
|
O programa "Miraxes" fará esta tarde unha viaxe no tempo para situarse no ano 1958, cando A Coruña se convertía durante uns días en capital do Estado. Teatro do Noroeste recrea estes días no musical Glass City o que acontecía durante o réxime franquista nas rúas da cidade de cristal cando o Xeneralísimo e a súa dona veraneaban en Meirás. Dirixida por Eduardo Alonso e con Luma Gómez no papel de Carmen Polo, trátase dunha obra de gran formato, con música en directo e interpretada por 14 actores e músicos.
Da Coruña de hai máis de 50 anos á da actualidade. A arte instálase durante este mes nas rúas e nas salas de arte da cidade de cristal coa feira de arte contemporánea Outonarte, que presenta unha gran variedade de actividades musicais, culturais e artísticas co obxectivo de facer visibles os novos artistas galegos e facilitar a súa proxección.
Por outra parte o espazo cultural da TVG amosará hoxe a obra dun fotógrafo coruñés especializado nos confíns máis remotos do ser humano. Luís López Gabú introduce o espectador nos herméticos mundos das madrassas, as escolas coránicas do Islam africano.
Tamén na Coruña, "Miraxes" visitará no Kiosko Alfonso a mostra Rodin e a mitoloxía simbolista, que presenta unha visión renovada da obra do escultor a partir de 85 pezas, entre esculturas e debuxos. Rodin, pioneiro da modernidade e un dos artistas máis influentes da súa época, coincidiu no tempo e no espazo co auxe da corrente simbolista.
Na sección dedicada á arquitectura, o programa visitará a vivenda persoal do arquitecto Plácido Lizancos. "Miraxes" despedirase hoxe cunha novidade: o último vídeo musical do grupo Igloo, que anda a presentar o seu segundo traballo discográfico, "La transición de fase".
 |
O programa "Miraxes" fará esta tarde unha viaxe no tempo para situarse no ano 1958, cando A Coruña se convertía durante uns días en capital do Estado. Teatro do Noroeste recrea estes días no musical... |
|
18/10/2009 - 15:18 h.
|
O programa "Miraxes" estará hoxe dedicado a Ourense, unha cidade que está a vivir unha auténtica semana de cultura. Unha das citas clásicas de outono na cidade das Burgas son as Xornadas de Banda Deseñada, que este ano chegan á súa 21ª edición. O espazo da Galega entrará tamén no Auditorio Municipal de Ourense para atoparse cos protagonistas da que xa é considerada como a gran novela da literatura galega contemporánea: "A Esmorga". Con este espectáculo, Sarabela Teatro conmemora o 50 aniversario da publicación da novela e as tres décadas do falecemento de Blanco Amor. "Miraxes" non podía faltar ao Festival de Cine, en cuxa sección oficial máis de 100 produtos audiovisuais competirán polas calpurnias e outras moitas distincións. Ademais, o programa presentado por Miguel Fernández visitará na cidade das Burgas unha das grandes exposicións da temporada: a dedicada a Man Ray, unha mostra que ofrece unha coidada selección de obras, ata agora dispersas por EUA e Europa, deste grande artista americano, que revolucionou a historia da arte no século pasado. Tamén será protagonista esta tarde en "Miraxes" a Coral de Ruada, que cumpre 90 anos e que lle puxo a banda sonora ao esplendor cultural que vivía naquel momento Ourense. Por este motivo, organizan unha mostra e editan un disco, que contén a primeira gravación que fixeron.
 |
O programa "Miraxes" estará hoxe dedicado a Ourense, unha cidade que está a vivir unha auténtica semana de cultura. Unha das citas clásicas de outono na cidade das Burgas son as Xornadas de Banda Dese&n... |
|
11/10/2009 - 15:18 h.
|
A arquitectura será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que presentará a nova sede do Colexio de Arquitectos de Vigo, un dos exemplos máis orixinais da nova arquitectura galega. Os seus autores, Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera, explicarán como concibiron este edificio, baseado no urbanismo sostible, na investigación con novos materiais e en entender a arquitectura como un feito cultural.
O espazo da TVG visitará esta tarde no CGAC a exposición "Familiar Feelings", que reúne unha ampla mostra dos fotógrafos da escola da Boston, un grupo de artistas da costa leste dos Estados Unidos que a finais dos anos 70 desafiaron as convencións e retrataron con crueza unha sociedade en proceso de mudanza.
Ademais, "Miraxes" falará de "Palabras encadeadas", a nova proposta de Talía Teatro, un inquietante enredo dramático onde un psicópata e unha muller se enlean nun xogo de mentiras, verdades e violencia. A través do xogo das palabras encadeadas, os personaxes definen un thriller psicolóxico onde se pon a súa vida nunha balanza, cos seus medos e rancores.
No apartado musical, "Miraxes" entrevistará a Miguel Costas, membro fundador de Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz e La Banda Turca, que agora camiña en solitario. Costas é un músico con estilo propio que realiza un traballo coherente sen malgastar esforzos en seguir as tendencias comerciais e con ilusión renovada. O seu último traballo, "Condenados a Costas", é un disco fiel ao seu espírito. A música de Peret, o gran patriarca da rumba catalá, unha das estrelas convidadas do San Froilán, poralle o broche final ao programa desta tarde.
 |
A arquitectura será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que presentará a nova sede do Colexio de Arquitectos de Vigo, un dos exemplos máis orixinais da nova arquitectura galega. Os seus autores, Jes&uacut... |
|
04/10/2009 - 15:18 h.
|
"Miraxes", que saudará hoxe os seus espectadores desde os montes da serra do Suído, proporá unha viaxe cultural polos montes de Pontevedra. Na aldea de Gataxe, o programa da TVG achará mostras da mellor arquitectura mestiza: as mansións dos indianos, cheas de personalidade e testemuñas dunha época de prodixios. O espazo falará doutras das mostras máis significativas da arquitectura popular galega, o hórreo, a construción máis simbólica do país. En Galicia hai máis de 35.000, segundo os cálculos de Fernando Rodríguez e Beatriz de la Torre, unha parella empeñada en catalogar estas pequenas xoias da paisaxe galega. Doutra banda, "Miraxes" achegarase a "Xénese", o último proxecto do fotógrafo Xosé Manuel Albán, un proceso creativo que ten como protagonistas a luz e a auga dos ríos Oitabén e Barragán. No tempo dedicado a espectáculos, o programa falará esta tarde de "Nove espellos e unha caixa de música", proposta coa que a compañía Bruma quere rachar as fronteiras mesturando teatro, danza e circo. No capítulo musical, os protagonistas serán Os Trasnos de Moscoso, uns dos mellores rapeiros de Galicia, que fan hip hop en galego. "Miraxes" despedirase esta tarde con outra suxestión musical: Deolinda, a última revelación da música popular portuguesa.
 |
"Miraxes", que saudará hoxe os seus espectadores desde os montes da serra do Suído, proporá unha viaxe cultural polos montes de Pontevedra. Na aldea de Gataxe, o programa da TVG achará mostras da mellor arquitect... |
|
27/09/2009 - 15:18 h.
|
Despois de catro temporadas en antena e preto de 300 programas emitidos, o espazo Miraxes regresa hoxe á Televisión de Galicia con novo horario pero con idéntica vontade de continuar achegándose á realidade cultural galega e á súa prolífica oferta.
Na primeira edición desta nova temporada, Miraxes trazará o retrato dunha gran pintora, Maruja Mallo, cuxa obra transita polas vangardas cunha personalidade única. O programa achegarase ata a exposición de Vigo que percorre o itinerario artístico desta creadora singular, unha muller de espírito libre.
Por outra parte o espazo cultural da Galega entrevistará a Scott McCloud, un dos nomes fundamentais da banda deseñada, non só como autor senón tamén como teórico e experimentador. Prolífico conferenciante, autor de varios ensaios sobre a arte secuencial e un dos primeiros americanos en reparar no manga xaponés, McCloud falará esta tarde en Miraxes das súas achegas e reflexións.
A poesía tamén será protagonista hoxe no programa, que falará dun ouveo, o de Allen Ginsberg, que sacudiu América e marcou un dos grupos máis interesantes da literatura estadounidense, a xeración "beat". O compositor noiés Borja Costa acaba de estrear a súa versión particular deste texto nun espectáculo escénico a medio camiño entre a música contemporánea, a formación de cámara tradicional, a improvisación libre e a performance.
Ademais, Miraxes falará de Magritte, un grupo de música que aposta por un directo teatral. O programa viaxará á Ribeira Sacra para que os compoñentes desta formación (Josito Porto, José Lameiras e Nate Borrajo) desvelen os segredos deste novo xénero. O programa despedirase cunha das grandes voces da música galega, Wöyza, que combina a liña melódica do soul clásico coas rimas e denuncias do hip hop.
 |
Despois de catro temporadas en antena e preto de 300 programas emitidos, o espazo Miraxes regresa hoxe á Televisión de Galicia con novo horario pero con idéntica vontade de continuar achegándose á realidade c... |
|
20/09/2009 - 15:18 h.
|
Miraxes" falará hoxe do Salón do Cómic de Barcelona, unha das grandes citas europeas da banda deseñada. Este ano tivo por vez primeira a Galicia como comunidade convidada. Alí atopamos a Hellboy, o personaxe ficticio creado polo debuxante estadounidense Mike Mignolla en 1994 para o selo "Legends" da editorial de cómic estadounidense Dark Horse. "Miraxes" falará co seu creador. Tamén visitaremos na Casa da Parra de Santiago a exposición "Derradeira sesión", proxecto artístico de Manuel e Olaia Sendón. Pai e filla percorreron cines abandonados de toda Galicia para intentar capturar a través de vídeo e fotografías a memoria do que foron estes espazos. Ademais, "Miraxes" dará a coñecer a proposta escénica coa que Teatro do Morcego celebra o seu 20º aniversario: "Kvetech, o rosmón", unha comedia americana sobre a ansiedade, baixo a dirección escénica de Álvaro Lavín e con Celso Parada, Dorotea Bárcena e Mónica Caamaño como protagonistas.
 |
Miraxes" falará hoxe do Salón do Cómic de Barcelona, unha das grandes citas europeas da banda deseñada. Este ano tivo por vez primeira a Galicia como comunidade convidada. Alí atopamos a Hellboy
|
|
22/08/2009 - 14:15 h.
|
Esta tarde o programa vai de vacacións pero non sen antes deixar as mellores suxestións para este verán. O equipo do programa cultural da Televisión de Galicia despide a temporada desde un dos lugares máis emblemáticos de Galicia e desde hai un mes Patrimonio da Humanidade: a Torre de Hércules.
A primeira das recomendacións é a exposición da Fundación Caixa Galicia de Lugo Unha mirada de antano, fotografías da norteamericana Ruth Mathilda Anderson; unha muller que veu a Galicia dúas veces nos anos vinte para retratar a sociedade e cultura galega para a Hispanic Society de Nova York.
Na Fundación Luís Seoane da Coruña, o programa visita a exposición que percorre 60 anos da historia dos debuxos animados nos Estados Unidos. O historiador de cine e coleccionista Luciano Berriatúa recompilou en tres anos unha inxente cantidade de material de traballo mediante o que se realizan os filmes de animación.
Continuando na Coruña, a Fundación Barrié de la Maza acolle as ideas do deseñador George Nelson, un repaso polo traballo deste creador norteamericano e da súa visión integral do deseño.
Xa en Santiago de Compostela, a primeira planta do CGAC acolle A vontade das cousas, unha revisión do traballo artístico de Sebastián Romo, un creador para o que a arte está non tanto na obra rematada coma no proceso de creación.
Por último, Miraxes subliña algunhas das citas imprescindibles para un verán de cultura como a Mostra de Teatro de Ribadavia, Viñetas do Atlántico da Coruña ou O Marisquiño, Festival de Cultura Urbana de Vigo.
No eido musical o programa presenta a fusión dun grupo de cubanos e galegos que reinterpretan melodías compostas en Cuba e popularizadas en Galicia. Moitas delas coñecidas como a Alborada galega. Ademais realizará un repaso polos festivais que animarán os meses de xullo e agosto como o de Paredes de Coura, en Portugal; o Festival Noroeste Pop Rock, na praia de Riazor; Felipop, en Fene; Castelo Rock, en Muros; o Festival Brincadeira, en Ordes; Vibrasons, na praza da Ferrería de Pontevedra ou o Festival Son de Meiga, no Barco de Valdeorras.
O programa de hoxe pechará coa música do que vai a ser a actuación do ano: o concerto de Bruce Springsteen, que tocará o 2 de agosto no Monte do Gozo de Santiago de Compostela.
 |
Esta tarde o programa vai de vacacións pero non sen antes deixar as mellores suxestións para este verán. O equipo do programa cultural da Televisión de Galicia despide a temporada desde un dos lugares máis emblem&aa... |
|
18/07/2009 - 15:41 h.
|
Miraxes falará esta tarde dun dos grandes concertos do verán en Galicia, o que ofrecerán na Praza do Obradoiro Lou Reed e Laurie Anderson, un recital solidario a prol dos transplantes de órganos. O programa fará un repaso pola traxectoria de dous artistas independentes que agora xuntan a súa experiencia nun espectáculo único, The yellow pony and other songs, un espectáculo con improvisacións e interpretacións en solitario e en dúo de temas en que o amor é protagonista.
Doutra banda, o espazo cultural da Galega repasará as iniciativas culturais que tentan recuperar a voz vangardista do escritor monfortino Lois Pereiro, desaparecido hai trece anos. O poeta, un dos grandes esquecidos da literatura galega, impregnou a súa obra cunha aura de "malditismo" que aínda hoxe seduce os lectores.
Ademais, Miraxes visitará na Fundación Luís Seoane da Coruña a exposición Hipnotopía, que recolle unha ampla selección da obra orixinal de Max, un dos ilustradores españois máis importantes. A mostra amosa desde ilustracións para prensa ata carteis, pasando polos traballos editoriais e polo cómic.
Outra exposición que visitará esta tarde o programa da TVG é Mulleres en plural. A mostra do Auditorio de Galicia, en Santiago, reconstrúe a través de grandes mestres a imaxe da muller do século XX con retratos que reflicten como foi cambiando a súa posición e seu talante ante a sociedade ao longo destes anos. Case un cento de retratos de 70 artistas que constitúen todo un percorrido estético pola historia da fotografía do século pasado.
A actuación do grupo de teatro performativo La Fura dels Baus na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o novo vídeo musical de Keane, un grupo que vén precedido de grandes éxitos internacionais, son outras das propostas que hoxe lles fará Miraxes aos telespectadores galegos.
 |
Miraxes falará esta tarde dun dos grandes concertos do verán en Galicia, o que ofrecerán na Praza do Obradoiro Lou Reed e Laurie Anderson, un recital solidario a prol dos transplantes de órganos. O programa far&aacu... |
|
11/07/2009 - 15:25 h.
|
Esta tarde as Miraxes da Televisión de Galicia serán dixitais, xa que o programa falará do festival Mundos dixitais, unha das citas máis importantes da animación a nivel internacional, que cada mes de xullo converte a cidade da Coruña no grande escaparate da tecnoloxía dixital. O programa pasará do píxel á pincelada, xa que se achegará á exposición El bodegón español en el Prado, unha mostra de grande importancia, tanto pola extraordinaria calidade das obras que a compoñen, coma pola categoría dos mestres que a realizaron e o amplo abano cronolóxico que abarca: os séculos XVII, XVIII e parte do XIX. A exposición da Fundación Caixa Galicia na Coruña, formada por 60 pinturas pertencentes aos fondos da primeira pinacoteca nacional, inclúe obras de Van der Hamen, Arellano, Meléndez e Goya. Doutra banda, Miraxes falará esta tarde con Xosé Teiga, un artista que precisaba venderse a si mesmo como deseñador e que creou unha autocampaña que resultou ser un éxito, xa que gañou unha morea de premios internacionais e ademais conseguiu traballo. No capítulo musical do programa, serán protagonistas hoxe os membros do grupo Yoplay, unha formación de Cesures que acaba de facer unha ano de vida e que está a preparar xa o seu segundo disco. Ademais, o espazo da Galega non perderá de vista na súa axenda dúas citas imprescindibles da vindeira semana, cando comeza o Festival de Ortigueira, o grande encontro do mundo folk, e abre tamén as súas portas en Caldas de Reis o festival Cultura quente.
 |
Esta tarde as Miraxes da Televisión de Galicia serán dixitais, xa que o programa falará do festival Mundos dixitais, unha das citas máis importantes da animación a nivel internacional, que cada mes de xullo c... |
|
04/07/2009 - 15:33 h.
|
Miraxes comezará hoxe o seu programa, de marcado acento musical, na Coruña do romanticismo, onde a familia del Adalid reuniu no século XIX milleiros de partituras dos compositores máis destacados de toda Europa. Os espectadores da TVG poderán coñecer hoxe este legado valioso, custodiado pola Real Academia Galega, que contén tamén as partituras orixinais do compositor da familia: Marcial del Adalid, un músico coruñés no cumio do Romanticismo musical español.
A música será tamén protagonista no Festival Via Stellae, que, despois de tres edicións de grande éxito, chega un ano máis disposto a espallar partituras polos camiños de Santiago. O certame, convertido xa en referencia no ámbito estatal e europeo, é unha oportunidade única de escoitar artistas de renome nacional e internacional.
Ademais, Miraxes achegarase hoxe no Centro Torrente Ballester de Ferrol á exposición Teleprompter. Novas camuflaxes do pictórico, que amosa e indaga nas especulacións pictóricas dun grupo de creadores galegos que andan ás voltas coa pintura e a súa evolución ou desaparición na modernidade do século XXI. A exposición intenta demostrar que as novas tecnoloxías poden axudar (ou competir) coa arte tradicional.
Outra exposición que esta tarde visitará o espazo cultural da Televisión de Galicia é Os pintores de Artal. Pintura española do Museo da Habana, unha das mostras de artes plásticas máis singulares da temporada. O Café Moderno Caixa Galicia de Pontevedra descobre a arte española da burguesía crioula americana e constrúese arredor dun curioso e orixinal legado atesourado polo museo de Belas Artes da Habana.
Outro dos pratos fortes do programa de hoxe será a presentación do primeiro traballo en solitario de Guadi Galego, unha das voces máis persoais do país. En Benzón, disco en que colaboraron moitos dos músicos que enchen o panorama folk, Guadi ofrece 13 cancións onde mestura melodías da música tradicional con composicións propias que se caracterizan pola mestizaxe de estilos, como o folk, o jazz ou a música pop.
 |
Miraxes comezará hoxe o seu programa, de marcado acento musical, na Coruña do romanticismo, onde a familia del Adalid reuniu no século XIX milleiros de partituras dos compositores máis destacados de toda Europa. Os ... |
|
27/06/2009 - 15:27 h.
|
O programa "Miraxes" estará hoxe en En todas partes, unha mostra do Centro Galego de Arte Contemporánea que analiza as políticas da diversidade sexual na arte. A exposición, que consta de 150 obras de 79 autores diferentes, pretende afondar na produción de ideas en torno a este tema xurdidas nas prácticas artísticas, principalmente desde 1969, ano en que naceu o movemento polos dereitos de homosexuais, lesbianas ou transexuais.
No tempo que dedica habitualmente ás mostras arquitectónicas máis innovadoras de Galicia, o programa entrará no oratorio das misioneiras do Divino Maestro de Lugo, unha obra do arquitecto Óscar Abal e a artista Marta Prieto. O espazo cultural da Televisión de Galicia falará dos bailaríns David Loira e Ruth Balbís, que nos últimos anos desenvolveron un dos mellores proxectos da danza contemporánea do país, Pisando Ovos. Ademais, "Miraxes" ofrecerá esta tarde unha pequena sesión do novo jazz galego co trío Sumrrá, que está a preparar o seu cuarto disco, unha nova experiencia de calculada improvisación, e sortea entradas de balde para os concertos de pago do festival Imaxina Sons de Vigo.
 |
O programa "Miraxes" estará hoxe en En todas partes, unha mostra do Centro Galego de Arte Contemporánea que analiza as políticas da diversidade sexual na arte. A exposición, que consta de 150 obras de 79 a... |
|
20/06/2009 - 15:28 h.
|
Un dos grandes da danza tradicional galega, Quique Peón, será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que falará de "Ovay", o primeiro solo da nosa danza, unha coprodución do Centro Coreográfico Galego que combina a música, o canto, o baile, a percusión e o teatro. Tamén ocuparase do futuro da pintura e da exposición no Museo Macuf da Coruña, que presenta a obra de máis de 60 artistas. No tempo que habitualmente dedica á arquitectura, "Miraxes" analizará o edificio da estación de Cornes, en Santiago, que viu partir o primeiro tren en Galicia, rumbo a Carril. 136 anos despois, o arquitecto Alfredo Varela devolveulle a vida para convertelo nun centro para as asociacións de veciños. O comentarista de espectáculos do programa, Antón Lopo, analizará a nova montaxe da compañía Animalario, que fai subir outra vez ao cuadrilátero a Urtain. Na música, falará de Noise Project, un grupo que naceu nun teleclub de Valga e que xa está a rematar o seu primeiro disco en estudio. O novo vídeo de Som do Galpón, un dos grupos con máis pegada da música galega e en galego, despedirá o programa.
 |
Un dos grandes da danza tradicional galega, Quique Peón, será hoxe protagonista no programa "Miraxes", que falará de "Ovay", o primeiro solo da nosa danza, unha coprodución do Centro Coreogr&aacu... |
|
13/06/2009 - 15:28 h.
|
"Miraxes" falará hoxe do Salón do Cómic de Barcelona, unha das grandes citas europeas da banda deseñada. Este ano tivo por vez primeira a Galicia como comunidade convidada. Unha tropa de debuxantes galegos de banda deseñada desembarcou a semana pasada na cidade condal para dar a coñecer a súa creatividade e os seus últimos álbums. A exposición "Viñetas descubertas" realizou unha panorámica da obra realizada polos autores gañadores dos galardóns máis importantes destes últimos anos en Galicia, mentres que "Miña terra galega" revisou os tópicos relacionados con Galicia.
En Barcelona o programa da Galega atopou a Hellboy, o personaxe ficticio creado polo debuxante estadounidense Mike Mignolla en 1994 para o selo "Legends" da editorial de cómic estadounidense Dark Horse. "Miraxes" falará co seu creador.
Por outra parte "Miraxes" visitará na Casa da Parra de Santiago a exposición "Derradeira sesión", proxecto artístico de Manuel e Olaia Sendón. Pai e filla percorreron cines abandonados de toda Galicia para intentar capturar a través de vídeo e fotografías a memoria do que foron estes espazos, dos filmes proxectados, das vivencias transcorridas nos patios de butacas, que evocan un vello esplendor.
Ademais, "Miraxes" dará a coñecer a proposta escénica coa que Teatro do Morcego celebra o seu 20º aniversario: "Kvetech, o rosmón", unha comedia americana sobre a ansiedade. Baixo a dirección escénica de Álvaro Lavín e con Celso Parada, Dorotea Bárcena e Mónica Caamaño como protagonistas, esta aceda peza do dramaturgo Steven Berkkof fala sobre os medos, frustracións e tensións diarios do home contemporáneo.
Tamén terá esta tarde un oco no programa a música de Aló Django, que revisa o estilo de dous clásicos: Django Reinhardt e Stephane Grappelli. Esta formación parte do jazz e do swing acústico, especialmente do gipsy swing. "Miraxes" despedirase hoxe co último vídeo musical de Niño y Pistola, un dos grupos bandeira do indie pop galego.
 |
"Miraxes" falará hoxe do Salón do Cómic de Barcelona, unha das grandes citas europeas da banda deseñada. Este ano tivo por vez primeira a Galicia como comunidade convidada. Unha tropa de debuxantes galegos de ban... |
|
06/06/2009 - 15:28 h.
|
O programa "Miraxes" achegarase hoxe ás propostas do ciclo Espazos sonoros, que leva estes meses a música clásica contemporánea e experimental a igrexas, museos, mosteiros e pazos do patrimonio cultural galego. Na segunda edición deste programa teñen cabida un amplo abano de propostas musicais que van desde a música vocal, antiga e de cámara ata á música electrónica, pasando polo jazz, o folk e a danza.
O espazo da Galega visitará o vello cárcere de Vigo, que serve como reflexión sobre o traballo a un artista singular, Santiago Sierra, que é o protagonista da nova proposta do Museo de Arte Contemporánea. Sierra é un dos artistas máis interesantes da escena artística internacional e o seu traballo, vinculado a estruturas sociais ou políticas, pretende cuestionar as relacións de poder establecidas, tanto no ámbito artístico coma no social.
Ademais, "Miraxes" falará da nova produción de Teatro Ensalle, La última fila, dirixida por Pedro Fresneda. Un reencontro de vellos amigos serve de escusa para reflexionar sobre o sentido da vida e sobre o auténtico valor do momento presente.
O comentarista de espectáculos do programa, Antón Lopo, analizará esta tarde a obra Delimvois, a cargo do grupo portugués Teatro Oficina en coprodución co Centro Dramático Galego. Dirixida por Marcos Barbosa, conta a fuxida eterna de tres seres que acreditan que son libres fóra do tempo e dispostos a inventar un mundo novo.
A música chegará hoxe a "Miraxes" da man de Guru Deva, grupo formado por músicos que estiveron en bandas que xa fixeron historia no noso país. Os espectadores da TVG poderán escoitar fragmentos do seu segundo disco, Vago, que versa sobre o cotián, os problemas e vivencias persoais.
 |
O programa "Miraxes" achegarase hoxe ás propostas do ciclo Espazos sonoros, que leva estes meses a música clásica contemporánea e experimental a igrexas, museos, mosteiros e pazos do patrimonio cultural ga... |
|
30/05/2009 - 15:30 h.
|
O espazo da Televisión de Galicia "Miraxes" chega hoxe á súa edición número 275, unha cifra difícil de acadar no complicado panorama televisivo actual. Por iso "Miraxes" explicaralles hoxe aos seus espectadores como se fai o programa de cultura máis visto porcentualmente das canles de televisión que emiten en España.
Ademais, o programa 275 de "Miraxes" falará da brasileira Tarsila do Amaral, unha das mellores pintoras do século XX, que amosa na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago unha obra vangardista e antropofáxica. A exposición é unha das mostras máis completas xamais realizadas de Do Amaral e céntrase na etapa máis característica da obra da pintora, os anos 20, cando se contaxiou das principais vangardas europeas.
O programa cultural da Galega lembrará esta tarde a outro pintor: Alberto Datas, homenaxeado nunha exposición da Fundación Luís Seoane da Coruña. Considerado un dos artistas galegos máis importantes da segunda metade do século XX, a súa obra discorre paralela ás correntes artísticas máis destacadas da época.
Ademais, "Miraxes" avanzará o que vai dar de si a duodécima edición do Festival Mozart, a gran cita da ópera en Galicia, que está dedicada ao inglés Graham Vick, un dos máis importantes directores de escena en activo. O programa estivo nos ensaios de "Mitridate Re di Ponto", a ópera prima de Mozart, coa que levanta o pano o certame.
No "Miraxes" desta tarde tamén se falará de arquitectura. O programa visitará a Casa do Alemán de Camelle, un espazo para as actividades culturais que se ergue no medio desta vila mariñeira da Costa da Morte. A Casa do Alemán, un volume poliédrico irregular construído en formigón gris, é unha homenaxe e un proxecto para un espazo de convivencia.
Este "Miraxes" "festivo" despedirase hoxe con música, a do "cantador" do momento, Miguel Poveda, que chega a Galicia co ciclo "Sons de diversidade"; e a de Damien Jurado, un cantante de Seattle coñecido polas súas emocionantes letras e interpretacións.
 |
O espazo da Televisión de Galicia "Miraxes" chega hoxe á súa edición número 275, unha cifra difícil de acadar no complicado panorama televisivo actual. Por iso "Miraxes" explicaralles hoxe... |
|
23/05/2009 - 15:29 h.
|
Na véspera do Día das Letras Galegas, o programa "Miraxes" coñecerá como a Real Academia Galega prepara o seu novo dicionario. Por outra parte o espazo cultural da TVG ofrecerá hoxe un exemplo do excelente momento da banda deseñada en galego: o debuxante Jacobo Fernández. Outra das propostas do "Miraxes" desta tarde será un éxito do teatro galego: a obra "Bicos con lingua", unha produción de Talía Teatro que leva seis anos representándose por auditorios e institutos de toda Galicia, pero cuxa temática segue a ser moi actual, xa que repasa con humor algúns dos conflitos que xorden en torno ao galego. No tempo dedicado á música, o programa falará de Galicia XXI, un dúo de frauta e piano de Luís Soto e Diego García. Ademais, "Miraxes" destacará un evento marcada no seu calendario: o Festival de Cans, unha cita ineludible para auscultar o presente dos nosos creadores audiovisuais, que a semana que vén encara a súa sexta edición.
 |
Na véspera do Día das Letras Galegas, o programa "Miraxes" coñecerá como a Real Academia Galega prepara o seu novo dicionario. Por outra parte o espazo cultural da TVG ofrecerá hoxe un exemplo do excelente momento da banda deseñada en galego: o d... |
|
16/05/2009 - 15:28 h.
|
O programa "Miraxes" falará esta tarde da nova montaxe da compañía Animalario, que fai subir outra vez ao cuadrilátero a Urtain, o campión de Europa dos pesos pesados. A obra, dirixida por Andrés Lima, é un repaso pola vida do famoso púxil. Pero sobre todo Animalario utiliza o salto ao baleiro do púxil no seu suicido para introducir o espectador nunha viaxe pola España franquista, onde saen a relucir o sangue, a política, o destino, a mentira, a inocencia e a fugacidade do éxito. O espazo da Galega achegarase tamén hoxe ao espectáculo Nearly Ninety, a última proposta do bailarín e coreógrafo Merce Cunninghan, unha lenda viva da danza que acaba de cumprir 90 anos. Ademais, "Miraxes" achegarase á Fundación Luís Seoane, na Coruña, que reúne o legado fotográfico feito polo cineasta ruso Andrei Tarkovski coa súa polaroid antes da rodaxe dun dos seus últimos filmes, Nostalxia. "Miraxes" tamén falará coa raíña do cabaré denuncia, Vanexxa, unha diva con conciencia de xénero.
 |
O programa "Miraxes" falará esta tarde da nova montaxe da compañía Animalario, que fai subir outra vez ao cuadrilátero a Urtain, o campión de Europa dos pesos pesados. A obra, dirixida por Andrés Lima, é un repaso pola vida do fa... |
|
09/05/2009 - 15:28 h.
|
O programa "Miraxes" falará hoxe de grupos de artistas, creadores e veciños que se unen para levar adiante os seus proxectos. Trátase de colectivos que nacen sen subvención, apoio nin dono e que fabrican música, arte e ideas sen outro interese que o traballo cultural.
Un destes colectivos que poderán coñecer os espectadores da TVG é a orquestra de música espontánea de Galicia, Omega, formada por 22 músicos que chegaron á improvisación desde esferas tan distintas como a música clásica, a electrónica ou o jazz. Parte deles acaban de facer versións co cantante Germán Coppini dos grandes éxitos do grupo Golpes Bajos.
Outra das propostas das que hoxe falará "Miraxes" é o parkour, unha nova modalidade de cultura que atopa o seu escenario nas rúas, os muros, as escaleiras e as barreiras arquitectónicas. Coñecido como a arte do desprazamento, o parkour apareceu en Francia nos anos 80 e foi estendendo os seus tentáculos ata caer tamén en Galicia. O programa falará cos "trazadores" vigueses para coñecer a súa filosofía de superación.
O colectivo Alga tamén se asomará esta tarde á fiestra do espazo cultural da Galega. Trátase dunha comunidade artística que naceu para sortear os problemas da emigración e manter os artistas en contacto grazas a Internet. Ademais, "Miraxes" dará a coñecer unha iniciativa recoñecida polas Nacións Unidas: a dos veciños de Esmelle, que están a dar un exemplo de recuperación do patrimonio co seu traballo nos muíños desta parroquia ferrolá.
Na súa busca por toda Galicia, o programa tamén atopará no interior un colectivo de pincha discos. A movida de Verín está animada por Usmiko e a súa Casa dos Soños. Como non había onde actuar, esta agrupación decidiu organizar os seus propios festivais e mesmo abrir un local de concertos.
 |
O programa "Miraxes" falará hoxe de grupos de artistas, creadores e veciños que se unen para levar adiante os seus proxectos. Trátase de colectivos que nacen sen subvención, apoio nin dono e que fabrican mú... |
|
02/05/2009 - 15:31 h.
|
O programa "Miraxes" falará hoxe dos superheroes, eses personaxes que volven sobrevoar a imaxinación colectiva nestes tempos de crise e que, nalgúns casos, son creacións de debuxantes galegos. Nomes como Das Pastoras, David Rubín ou Xurxo Penalta dan vida nas grandes factorías americanas a estes novos mitos do home contemporáneo.
Unha desas debuxantes galegas que desembarcou nunha das grandes factorías de cómic estadounidenses é Emma Ríos, que se criou no colectivo Polaqia e que agora é a primeira galega que debuxa para Marvel, editorial de cómics coñecida popularmente como "A casa das ideas" pola creación de numerosos personaxes emblemáticos do xénero dos superheroes.
Na sección que o programa dedica habitualmente á arquitectura, esta tarde analizarase o traballo do arquitecto Juan Pinto na rehabilitación dunha pequena casa na zona vella compostelá.
En "Miraxes" tamén haberá hoxe tempo para a crítica de espectáculos, a cargo, coma sempre, de Antón Lopo, que comentará a última produción do Centro Dramático Galego, "As Dunas", un texto de Manuel Lourenzo que reflexiona sobre asuntos como a especulación urbanística, a corrupción, o amor ou o sexo.
Tampouco faltará esta tarde a música. O programa falará con Gonzalo Alonso e Beni Gago, compoñentes de Alfeizar, que se autodenominan como un grupo de lírica comarcal. "Miraxes" dará conta tamén do comezo da temporada de festivais, xa que en Vilagarcía non están dispostos a agardar ao verán. A fin de semana que vén celébrase o Festival do Norte, o máis destacado festival pop de Galicia, que volve sorprender cun cartel interesante e atrevido.
 |
O programa "Miraxes" falará hoxe dos superheroes, eses personaxes que volven sobrevoar a imaxinación colectiva nestes tempos de crise e que, nalgúns casos, son creacións de debuxantes galegos. Nomes como Das P... |
|
25/04/2009 - 15:28 h.
|
O programa "Miraxes" visitará hoxe a lonxa de Fisterra, un edificio de Juan Creus e Covadonga Carrasco que é un exemplo de como conxugar o traballo do mar cos usos turísticos. Esta experiencia pioneira mereceu o Premio Enor Galicia e estivo incluída nunha selección de obras de novos arquitectos realizada polo Ministerio de Vivenda.
O espazo cultural da Galega tamén se achegará no Centro Torrente Ballester de Ferrol á exposición Rebelión dos xéneros, un lugar onde se pode explorar o mundo da arte e dos xéneros artísticos clásicos interrelacionando a obra de artistas do pasado e do presente.
"Miraxes" ten esta tarde outra cita no Centro Galego de Arte Contemporánea, onde se pode visitar a exposición A mancha humana, que trata de presentarlle ao público, desde unha perspectiva diferente, un dos movementos artísticos máis importantes da segunda metade do século XX, a corrente conceptual.
A última montaxe de Iván Marcos, un artista inclasificable formado entre Galicia e o Reino Unido, tamén terá hoxe un oco no programa. En Eco, Marcos investiga o momento en que unha figura, un son ou ente se liberan dunha superficie e alcanzan a súa propia independencia.
Ademais, "Miraxes" falará da quinta edición do Festival Isto Ferve, que sobe a temperatura teatral de Vigo. Este certame, organizado por Teatro Ensalle, pretende amosar a actividade contemporánea tanto do teatro coma da danza e inaugura esta edición con "La última fila", unha reflexión sobre o sentido da vida.
No apartado musical, será protagonista Zora Gabbara, un dúo de Ribadeo que achega unha música moi persoal que lembra a delicadeza do novo folk americano.
 |
O programa "Miraxes" visitará hoxe a lonxa de Fisterra, un edificio de Juan Creus e Covadonga Carrasco que é un exemplo de como conxugar o traballo do mar cos usos turísticos. Esta experiencia pioneira mereceu o Premio ... |
|
18/04/2009 - 15:28 h.
|
A nova creatividade galega asómase hoxe a "Miraxes", que fará un repaso pola mellor publicidade de 2008. "Miraxes" falará co presidente de BAP & Conde, Miguel Conde, que conseguiu un fito co traballo que leva como slogan "Vivamos como galegos", un anuncio que acadou este ano o AMPE de prata, converténdose así na primeira empresa e campaña galega en conseguir este prezado galardón.
Tamén serán protagonistas un grupo de alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo que deseñou unha campaña solidaria para o Banco de Alimentos.
Non podía faltar unha referencia ao fenómeno publicitario de máis éxito do século XX: a Coca-Cola, cuxos anuncios son sempre éxitos asegurados.
Ademais, "Miraxes" visitará un estudio de arquitectura que utiliza o seu espazo como tarxeta de presentación, como a súa mellor publicidade. Novan & Vesson abriu na Coruña o seu estudio ao público cunha exposición temporal que calquera pode visitar e mesmo mercar unha peza.
O comentario de Antón Lopo sobre o espectáculo As Vingadoras, a primeira aposta como compañía teatral das actrices Marián Bañobre e Isabel Risco; e a música de The wave pictures, os nenos prodixio do pop británico, completarán as para este sábado.
 |
A nova creatividade galega asómase hoxe a "Miraxes", que fará un repaso pola mellor publicidade de 2008. "Miraxes" falará co presidente de BAP & Conde, Miguel Conde, que conseguiu un fito co traballo que leva como slogan "Vivamos como g... |
|
11/04/2009 - 15:32 h.
|
Unha das coleccións máis importantes do país abrirá hoxe as portas para o programa “Miraxes”, que contará como os fondos da Fundación Caixa Galicia se converten en Miradas, catro exposicións que este ano van percorrer Galicia co obxectivo de amosarlle á cidadanía obras que conforman o fondo de arte dunha institución que este ano celebra o 20 aniversario da súa creación. Neste gran proxecto expositivo figuran obras fundamentais de Chillida, Millares, Tápies, Laxeiro, Maside, Colmeiro, Castelao ou Maruja Mallo.
Dos fondos doutra institución, neste caso o Centro Galego de Arte Contemporánea, saíu a exposición Pequena historia da fotografía. O espazo cultural da TVG visitará unha mostra que xira en torno á posibilidade de retratar a realidade e que afonda na diversidade de lecturas e interpretacións que unha imaxe é capaz de acadar.
“Miraxes” tamén se fará hoxe eco do percorrido que a Santa Compaña está a facer polos escenarios galegos. Trátase do novo espectáculo do Mago Teto, unha obra innovadora que conxuga ilusionismo, teatro, música e danza e que bebe das fontes do realizador Tim Burton e das lendas e tradicións de Galicia.
Ademais, “Miraxes” contará coa intervención do crítico de espectáculos Antón Lopo para falar do Festival Internacional de Teatro Universitario da Universidade de Santiago, que chega á súa XV edición. No festival participan un total de 8 compañías universitarias de Brasil, Alemaña, Bélxica e España, que poñen en escena representacións de autores como Fernando Arrabal, Frank Kafka ou Federico García Lorca.
Por outra parte, o programa presentará esta tarde a Maryland, unha banda de Vigo que chega disposta a recuperar o power pop galego. Levan máis dun ano achegando o seu directo a salas e festivais de toda Galicia e agora o seu primeiro disco, Surprise, está a punto de saír á venda.
 |
Unha das coleccións máis importantes do país abrirá hoxe as portas para o programa “Miraxes”, que contará como os fondos da Fundación Caixa Galicia se converten en Miradas, catro exposicións que este ano van percorrer Galicia co obxectivo de amosarll... |
|
04/04/2009 - 15:27 h.
|
N/B
 |
|
|
28/03/2009 - 15:31 h.
|
“Miraxes”, que hoxe falará de música, pintura, fotografía e paisaxe, comezará o seu programa, presentado desde o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, coas notas dun dos grandes músicos galegos, Andrés Gao, virtuoso violinista e notable compositor que escribiu algunhas das melodías máis inspiradas da música clásica galega. Este ano cúmprense 50 anos do seu pasamento e o espazo da Galega repasará os momentos máis destacados da súa vida e obra.
O programa revisará no Centro Social Caixanova de Vigo a pintura da Escola da Haia, un grupo de artistas que renovaron a arte holandesa da segunda metade do século XIX e que recibiron a inspiración das paisaxes e da vida do campo en Holanda.
A fotografía da que falará “Miraxes” esta tarde tamén ten relación coa paisaxe. O fotógrafo Xosé Caruncho realizou unha serie de retratos e estampas de homes e mulleres da Serra do Courel que, baixo o título de Olladas do silencio, amósanse na Casa da Parra de Santiago. O autor retrata as olladas serenas, humildes e cheas de dignidade das montañas máis fermosas de Galicia.
Por outra parte, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, falará hoxe da mostra retrospectiva sobre Antón Mouzo que se pode visitar no Auditorio de Galicia, en Santiago. A exposición presenta un percorrido polas obras realizadas desde comezos dos anos 80 ata as súas últimas producións.
“Miraxes” continuará o seu itinerario polas paisaxes de Galicia achegándose a unha das mellores panorámicas do país, a do fin do mundo. En Fisterra o estudio de arquitectura RVR acaba de recibir un premio pola súa intervención no contorno do Faro.
O programa despedirase hoxe como empezou: con música, a do portugués Rodrigo Leão, un compositor que conxuga coma ninguén a nova música coa tradición clásica e que no seu último disco bota unha ollada retrospectiva a 20 anos de traballo.
 |
“Miraxes”, que hoxe falará de música, pintura, fotografía e paisaxe, comezará o seu programa, presentado desde o pazo de Santa Cruz de Ribadulla, coas notas dun dos grandes músicos galegos, Andrés Gao, virtuoso violinista e notable compositor ... |
|
21/03/2009 - 15:29 h.
|
O programa "Miraxes" falará hoxe da última produción do Centro Dramático Galego, As Dunas, un texto do dramaturgo Manuel Lourenzo que reflexiona sobre asuntos como a especulación urbanística, a corrupción, o amor ou o sexo. Dirixida por Quico Cadaval e con Evaristo Calvo e Susana Dans como protagonistas, recrea a viaxe estrafalaria dun grupo de músicos pola Mariña luguesa para realizar os preparativos da inauguración dun spa ilegal. A quinta edición do festival de documentais de Tui, o Play Doc tamén será protagonista esta tarde no espazo da TVG. Ademais, "Miraxes" visitará na Fundación Luís Seoane da Coruña a exposición "Jean Dubbuffet o el idioma de los muros", un dos artistas máis importantes do século pasado en Francia, precursor do art brut. Tamén coñeceremos a música de Stereotipos, unha banda de pop-rock coruñesa que fai dos ritmos pegadizos un valor. Guitarristas empedernidos e románticos encubertos, tocaron con Iván Ferreiro e Pereza. O programa despedirase hoxe cunha estrea, a do novo vídeo musical da cantante Uxía, A Lira, unha canción tradicional das Illas Azores que traduce en imaxes o realizador Mario Iglesias, un nostálxico traballo cheo de sensibilidade.
 |
O programa "Miraxes" falará hoxe da última produción do Centro Dramático Galego, As Dunas, un texto do dramaturgo Manuel Lourenzo que reflexiona sobre asuntos como a especulación urbanística, a corrupción, o amor ou o sexo. Dirixida por Quico Cadaval... |
|
14/03/2009 - 15:43 h.
|
Nas vésperas do 8 de marzo, o programa “Miraxes” chega esta tarde cargado de nomes de muller destacados na danza, o teatro, a fotografía e a música. O programa falará de Giseliña, a nova produción do Centro Coreográfico Galego, unha versión persoal do coreógrafo Cisco Aznar inspirada no clásico da danza “Giselle”. A función engloba ideais do romanticismo coa actual época de snobismo en que vivimos.
O espazo da Galega farase eco do debut como compañía escénica galega de Maquinaria Pesada, composta por Marián Bañobre e Isabel Risco, que reinterpretan na obra “As vingadoras” unha serie de culto da televisión británica. Coa dirección do inglés John Wright, ofrecen un espectáculo de clown cheo de humor e optimismo.
Tamén chegará hoxe a “Miraxes” o Festival Alternativo de Teatro e Danza Alt 09, que alcanza a súa oitava edición coa mesma intención orixinal: amosar o traballo que realizan os creadores contemporáneos de diversos países no campo das artes escénicas. Ata o 15 de marzo, diversos espazos da cidade de Vigo servirán de escenario aos 20 espectáculos seleccionados pola organización do festival.
Por unha banda o comentario de arte de Susana Cendán versará esta tarde sobre a exposición da fotógrafa italiana Luisa Lambri na Fundación RAC de Pontevedra. Lambri desenvolveu un proxecto baseado na arquitectura de Álvaro Siza en Galicia e no norte de Portugal. Por outra parte, Antón Lopo falará de “Testosterona”, a última produción teatral do grupo Chévere, coas actrices Patricia Lorenzo e Natalia Outeiro mudando de sexo e facéndoo por diversión. A montaxe, dirixida por Xesús Ron, cuestiona a división da sociedade e reivindica un xénero de código aberto.
Ademais, o programa falará hoxe coa última revelación do hip hop en España, a viguesa Aid, que no seu primeiro disco, “Jugando”, inclúe varios temas en galego.
 |
Nas vésperas do 8 de marzo, o programa “Miraxes” chega esta tarde cargado de nomes de muller destacados na danza, o teatro, a fotografía e a música. O programa falará de Giseliña, a nova produción do Centro Coreográfico Galego, unha versión pe... |
|
07/03/2009 - 15:31 h.
|
“Miraxes” achégase hoxe á paisaxe urbana das cidades galegas desde Vigo, escenario elixido para presentar un programa en que se falará de vivendas colectivas e de casas baratas, cando se van cumprir cen anos da construción dos primeiros barrios pensados para os obreiros. O espazo da Galega repasará a súa historia e escoitará algunhas experiencias artísticas que xorden destas zonas urbanas, do seu esplendor, da súa decadencia e da súa rexeneración.
Un destes barrios emblemáticos do que esta tarde falará “Miraxes” é o poboado mineiro de Fontao, que foi construído no Deza, no corazón de Galicia, ao abeiro dunha mina de wolframio case esgotada na actualidade pola cantidade de persoas que acudiron na busca dun material que precisaba urxentemente o exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial. Esta pequena vila industrial foi nos anos 50 un proxecto sorprendente para a época e o lugar.
Por outra parte, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, visitará no Museo de Pontevedra a exposición do recoñecido fotógrafo arxentino Horacio Coppola, a maior retrospectiva realizada ata o momento, que amosa 125 instantáneas e catro curtametraxes que, cunha linguaxe artística autónoma e vangardista, amosan unha mirada propia do Bos Aires moderno.
Ademais, “Miraxes” falará de danza e dará conta da coprodución da compañía Paulo Ribeiro e do Centro Coreográfico Galego, “Feminine”, que ofrece a posibilidade de coñecer o traballo dun dos colectivos artísticos de maior relevancia na danza contemporánea popular. A compañía portuguesa pescuda en “Feminine” o universo do poeta Fernando Pessoa a través da ollada de cinco mulleres.
E, coma sempre, haberá tempo tamén para a música. O programa falará cos compoñentes de Samesugas, grupo galego formado en Compostela no ano 1999, que practica rock and roll en inglés e galego. As notas finais do “Miraxes” de hoxe correrán a cargo de Def con dos, que no seu novo disco, “Hipotécate tú”, ofrecen unha ácida visión da crise inmobiliaria.
 |
“Miraxes” achégase hoxe á paisaxe urbana das cidades galegas desde Vigo, escenario elixido para presentar un programa en que se falará de vivendas colectivas e de casas baratas, cando se van cumprir cen anos da construción dos primeiros barrios pensa... |
|
28/02/2009 - 15:28 h.
|
As vangardas rusas serán hoxe protagonistas no programa "Miraxes", que visitará en Ferrol unha exposición da Fundación Caixa Galicia, en que figuran obras de destacados persoeiros que marcaron as transformacións da arte do século XX. A mostra inclúe 45 obras dun feixe de artistas que racharon coas convencións nos últimos anos da tiranía zarista, entre os que se encontran pintores como Vasili Kandinsky, Kazemir Malévich e Natalia Goncharova. O programa tamén se achegará en Santiago á exposición "A sage femme", que amosa a obra gráfica de Louise Bourgeois, unha das artistas máis influentes do mundo. No apartado de espectáculos, "Miraxes" falará esta tarde de "Testosterona", a última produción teatral do grupo Chévere, coas actrices Patricia Lorenzo e Natalia Outeiro. A montaxe, dirixida por Xesús Ron, cuestiona a división da sociedade e reivindica un xénero de código aberto, ademais de chamar a unha reflexión crítica sobre a identidade e a construción do xénero. O comentarista Antón Lopo dedicará a súa crítica de espectáculos a "Contigo", a cargo da compañía portuguesa O Último Momento, unha proposta nacida do encontro entre dous artistas lusos: o acróbata João P. Pereira dos Santos e o coreógrafo Luís Horta. O programa despedirase, coma sempre, con música, a de Adanovski, fillo de Alejandro Jodorovski, o gurú da psicomaxia, que presenta un proxecto musical singular.
 |
As vangardas rusas serán hoxe protagonistas no programa "Miraxes", que visitará en Ferrol unha exposición da Fundación Caixa Galicia, en que figuran obras de destacados persoeiros que marcaron as transformacións da arte do século XX. A mostra inclúe ... |
|
21/02/2009 - 15:28 h.
|
O programa “Miraxes” viaxará hoxe a Madrid na busca da presenza galega en ARCO, a Feira Internacional de Arte Contemporánea, que chega á súa 28º edición. Tres galerías galegas están presentes na gran cita da arte moderna, que este ano está a desenvolverse baixo a sombra da crise económica. Ante un panorama tan sombrío, os organizadores propoñen o horizonte colorista da India, país convidado nesta edición, en que participan máis de 250 galerías de 30 países.
Outra das propostas culturais que esta tarde lles fará “Miraxes” aos telespectadores da Galega é a exposición A sombra da historia, os contextos que veñen, unha mostra que completa a triloxía do Proxecto Edición, organizado conxuntamente polo CGAC, o Marco e a Fundación Seoane. A exposición recolle algúns dos traballos desenvoltos nos últimos catro anos sobre o papel dos arquivos na sociedade contemporánea.
Ademais, da man de Susana Cendán, o programa visitará unha mostra en Lugo de Artemenudo, un proxecto que nace como un espazo alternativo con diversas actividades, un punto de encontro das distintas disciplinas artísticas. A exposición amosa miniaturas, arte de pequeno formato, custo baixo e accesible a todo tipo de público, coa intención de fomentar as coleccións artísticas.
“Miraxes” tamén falará hoxe de Lares Finisterrae, un proxecto experimental e colectivo que nace na Escola de Deseño Industrial de Ferrol e que busca os referentes para o deseño de novos conceptos de mobiliario nos espazos bioclimáticos do futuro. Baixo a dirección de Xosé Ramón Méndez, os alumnos participantes no proxecto renegan dos modernismos baratos e recuperan os mellores recordos das casas dos seus avós.
E, coma sempre, en “Miraxes” tamén haberá música. O programa falará de Venueconnection, un trío español cuxa música é unha fusión persoal e sorprendente de acid jazz e sons electrónicos.
 |
O programa “Miraxes” viaxará hoxe a Madrid na busca da presenza galega en ARCO, a Feira Internacional de Arte Contemporánea, que chega á súa 28º edición. Tres galerías galegas están presentes na gran cita da arte moderna, que este ano está a d... |
|
14/02/2009 - 15:28 h.
|
"Miraxes" traspasará hoxe "As Portas da Luz", unha exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea que se achega aos acontecementos culturais e especificamente artísticos que tiveron lugar en Galicia na década dos 70. O CGAC revisa uns anos complexos, de cambio, famentos de novos compases que abordaban como máxima o afastamento da pesada cadencia de 40 anos de ditadura.
"Miraxes" tamén visitará no Marco de Vigo a mostra "En calquera lugar, en ningún lugar", que analiza as relacións entre artes visuais, cine e literatura. Cunha estrutura de novela, a mostra ten cinco capítulos e cada un contén unha emoción procurada mediante estas disciplinas.
Por outra parte a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, achegarase ata o Museo de Castrelos, en Vigo, para analizar a exposición "Viaxe ao mundo de Ulyses Fingal", un exercicio de reflexión sobra a obra do pintor Urbano Lugrís, sobre o valor dos obxectos como portadores de memoria e, en última instancia, sobre a pintura como recurso mnemotécnico presente ao longo da historia.
O espazo cultural da TVG tamén descubrirá como son as aventuras do cabaleiro Tirant lo Blanc, un clásico europeo do valenciano Joannot Martorell, debuxadas en cómic polo galego Miguel Porto. Por último "Miraxes" falará cun heterodoxo da música galega, o Señor Anido.
 |
"Miraxes" traspasará hoxe "As Portas da Luz", unha exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea que se achega aos acontecementos culturais e especificamente artísticos que tiveron lugar en Galicia na década dos 70. O CGAC revisa uns anos ... |
|
07/02/2009 - 15:30 h.
|
"Miraxes" ofrecerase hoxe desde a Cidade da Cultura, un dos proxectos máis controvertidos e ambiciosos da historia de Galicia.
As posibilidades de futuro deste complexo cultural debatéronse a fin de semana pasada en Santiago no congreso Lugares da Cultura, que reuniu máis de 200 especialistas que compartiron experiencias, proxectos e reflexións. O tema central do congreso foi o papel das infraestruturas culturais como dinamizadores dos procesos de desenvolvemento dos territorios e os seus habitantes.
Por outra parte "Miraxes" visitará no Macuf da Coruña a exposición dun dos mellores escenógrafos de España, José Luis Raymond. En "A sombra habitada", este artista que traballa coas sombras deseña unha exposición sobre a luz, onde cohabitan e se mesturan distintos soportes artísticos, como pintura, fotografía, formas escultóricas e vídeo.
Outra exposición á que hoxe se achegará o programa é a de Juan Muñoz no Museo Serralves do Porto, unha das mostras máis visitadas da súa historia.
No apartado de espectáculos, "Miraxes" presentará esta tarde "Concerto desconcerto", unha coprodución do Centro Coreográfico Galego coa compañía Entremans que investiga o son dos xestos cotiáns para crear unha peza en que o espazo sonoro é o eixe fundamental.
Ademais o programa falará cos compoñentes da Orquestra Baobab, unha das formacións africanas máis emblemáticas, que naceu en 1970 e foi tomando como base as estruturas rítmicas do seu país e fusionándoas con outros ritmos latinos ata conseguir unha sonoridade afrocubana característica.
 |
"Miraxes" ofrecerase hoxe desde a Cidade da Cultura, un dos proxectos máis controvertidos e ambiciosos da historia de Galicia.
As posibilidades de futuro deste complexo cultural debatéronse a fin de semana pasada en Santiago no congreso Lugare... |
|
31/01/2009 - 15:28 h.
|
A Orquestra Sinfónica de Galicia abriralle hoxe as súas portas ao programa "Miraxes", que ofrecerá un repaso pola historia da orquestra galega máis internacional. A Sinfónica estivo candidata a un Premio Grammy por un dos seus discos e este ano volve tocar en Austria, nun dos grandes templos da música, o Wiener Musikverein.
Ademais, o espazo cultural da TVG entrevistará a soprano vilagarciá Laura Alonso, unha das últimas voces que cantou en Galicia coa Sinfónica. Leva anos afincada en Alemaña, pero a súa voz segue comprometida coa música galega.
Doutra banda, "Miraxes" falará de Pura Arte, un feira de Vigo que quere plantarlle cara á crise con grandes nomes da pintura. Máis de 900 artistas plásticos expuxeron unha colección enorme de vangarda artística. Ademais, o pintor Luís Caruncho celebrou alí o seu 80 aniversario.
Pola súa parte, Susana Cendán falará das pinturas de nenos que hai na colección do Museo de Belas Artes da Coruña. Mentres, Antón Lopo comentará a obra "Queremos bailar", o cuarto espectáculo da compañía compostelá D2, que une diversas disciplinas, como o teatro, a danza, a música e outros elementos como a maxia.
Tamén se falará de arquitectura, da proposta de clínica futurista e a homenaxe e ao ouvido que o deseñador de interiores Juan Morandeira preparou para unha tenda de audífonos da Coruña.
 |
A Orquestra Sinfónica de Galicia abriralle hoxe as súas portas ao programa "Miraxes", que ofrecerá un repaso pola historia da orquestra galega máis internacional. A Sinfónica estivo candidata a un Premio Grammy por un dos seus discos e este an... |
|
24/01/2009 - 15:34 h.
|
O programa "Miraxes" unirá hoxe arte e reciclaxe. Canto máis rica é a sociedade, máis refugallos se producen e a arte pode darlles unha segunda vida a esas cousas que deixan de ser útiles. Músicos, cineastas e creadores contaranlles aos espectadores como converten o lixo en material artístico.
Ademais, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, viaxou a Nova York para falar dunha exposición no Museum of Arts and Design que mostra a segunda vida dos vellos obxectos. "Second Lives" é unha mostra temática con 51 artistas contemporáneos que transforman en obras de arte os obxectos comúns descartados.
"Miraxes" tamén falará esta tarde de novos libros que xiran en novos deseños. O programa visitará "Entorno da Baskerville", a nova exposición do CGAC, resultado dunha investigación da Asociación de Deseñadores Galegos. Pártese da idea de transformar un elemento icónico, como é o libro, nunha obra diferente.
Pero non só se poden reciclar materiais, senón tamén espazos. Arquitecturas que nalgún tempo tiveron unha función agora poden servir para outros usos. Iso foi o que pensaron Xosé Luís Ducid e mailo arquitecto Alfonso Doval para idear un proxecto que transforma un túnel da coruñesa rúa Troncoso, nas inmediacións de María Pita, nunha galería de arte.
E, coma sempre, no "Miraxes" desta tarde non podía faltar a música, neste caso a de Elliott Murphy, unha das figuras máis importantes do rock-folk norteamericano, que leva xa 30 anos subido aos escenarios e que a próxima semana chega a Galicia.
 |
O programa "Miraxes" unirá hoxe arte e reciclaxe. Canto máis rica é a sociedade, máis refugallos se producen e a arte pode darlles unha segunda vida a esas cousas que deixan de ser útiles. Músicos, cineastas e creadores contaranlles aos espectadores ... |
|
17/01/2009 - 15:29 h.
|
Neste 2009 un dos mellores pintores galegos, Leopoldo Nóvoa, cumpre 90 anos. O programa "Miraxes" compartirá esta tarde uns intres con el para falar da súa longa traxectoria na arte e na vida. Nóvoa ofrece no seu traballo máis de 50 anos de pausada reflexión creativa.
O espazo da Galega tamén visitará na Laboral de Xixón a exposición "There is no road", unha mostra de creación contemporánea con pezas de imaxe en movemento e doutros medios, a cargo de 14 artistas internacionais. Os proxectos expostos rexistran ou evocan unha serie de viaxes, reais ou imaxinarias, pola paisaxe asturiana ou por terreos igualmente montañosos.
Susana Cendán, deterase na exposición coa que a Fundación Luís Seoane, na Coruña, intenta brindar unha pequena homenaxe a todo o que significou o Laboratorio de Formas e o traballo e esforzo de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para a recuperación da identidade cultural galega.
Tamén se falará da última proposta da parella máis descarada da escena galega: Pepa e Davide, que con "O negro vai con todo" exhiben a parte máis salvaxe da súa personalidade. Outro espectáculo que terá espazo no programa é "Unha primavera para Aldara", de Teatro do Atlántico, que será comentado por Antón Lopo.
No capítulo musical, o protagonista será hoxe o grupo Bonovo.
 |
Neste 2009 un dos mellores pintores galegos, Leopoldo Nóvoa, cumpre 90 anos. O programa "Miraxes" compartirá esta tarde uns intres con el para falar da súa longa traxectoria na arte e na vida. Nóvoa ofrece no seu traballo máis de 50 anos de pa... |
|
10/01/2009 - 15:28 h.
|
"Miraxes" comezará o ano co Himno da Alegría. A Real Filharmonía de Galicia tocouna este Nadal en Santiago e Bilbao. O programa acompañou os músicos á capital vasca.
Doutra banda, o espazo da Galega avanzará todas as conmemoracións do 2009, ano que se cumpren os 50 anos da morte do músico Andrés Gaos e do poeta cambadés Ramón Cabanillas. Neste ano tamén se conmemorarán os 30 anos da morte de Eduardo Blanco Amor e os 50 da publicación de "A Esmorga", os 100 anos do nacemento "con truco" de Maruja Mallo. Ademais, tamén será o ano de Ramón Piñeiro, ao que estarán dedicadas as Letras Galegas.
"Miraxes" proporá hoxe unha visita á exposición "O Caribe antes de Colón", na Fundación Caixa Galicia de Santiago, que percorre o mundo mítico e relixioso do Caribe precolombino a través de medio cento de pezas procedentes de tres museos.
Ademais, a colaboradora Susana Cendán ofrecerá a súa visión sobre a mostra "Afinidades selectivas", e Antón Lopo falará da montaxe "Frida Kahlo".
No "Miraxes" desta tarde tamén haberá, coma sempre, música, concretamente a do grupo lugués "Few days later", gañadores do primeiro concurso galego de maquetas, que andan a promover o seu primeiro traballo, titulado "Your voice is my intoxication", un álbum cun rexistro de punk-rock melódico.
 |
"Miraxes" comezará o ano co Himno da Alegría. A Real Filharmonía de Galicia tocouna este Nadal en Santiago e Bilbao. O programa acompañou os músicos á capital vasca.
Doutra banda, o espazo da Galega avanzará todas as conmemoracións do 2009, a... |
|
03/01/2009 - 15:29 h.
|
Neste último programa de 2008, "Miraxes" lembrará as mellores imaxes que tiraron os fotoxornalistas do país durante este ano. O certame "Galicia en Foco", que convoca cada ano o Club de Prensa de Ferrol, presenta unha exposición de máis de 40 fotos que están a percorrer as cidades e vilas de Galicia para dar testemuño de doce meses en imaxes.
O espazo da Galega tamén se achegará esta tarde no MACUF da Coruña a "Xenocidio, paisaxe e memoria", mostra das instantáneas do fotógrafo nixeriano Simon Norfolk, cuxo tema fundamental é as ruínas que quedan despois das batallas no Terceiro Mundo e que desenvolve unha técnica meticulosa baseada na cámara tradicional de placas.
Ademais, "Miraxes" visitará no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago, a retrospectiva de Jiri Kovanda, artista checo dono dunha prolífica produción minimalista e performática que desafía os canons convencionais da arte contemporánea.
No capítulo de espectáculos, o programa presentará á actriz Iria Pinheiro e á bailarina Blanca Novoneyra, que se unen en "Nexus 6", un espectáculo que recolle personaxes da película "Blade Runner" e tradúceas nun contexto diferente: o da prostitución e a inmigración. Pola súa parte, Antón Lopo comentará hoxe a obra "Lili Camaleón", creada e protagonizada por Blanca Cendán.
Para despedir o programa, "Miraxes" ofrecerá os 8 do 2008, unha selección dos 8 vídeos musicais do ano, todos eles de músicos galegos, de todos os estilos e para todos os públicos.
 |
Neste último programa de 2008, "Miraxes" lembrará as mellores imaxes que tiraron os fotoxornalistas do país durante este ano. O certame "Galicia en Foco", que convoca cada ano o Club de Prensa de Ferrol, presenta unha exposición de máis de 40 fotos q... |
|
27/12/2008 - 15:32 h.
|
"Miraxes" dedicará esta tarde boa parte do programa aos Premios GZ Crea, que premian a creatividade dos novos artistas galegos.
Ademais, o espazo da Galega presentará en sociedade os gañadores deste premio na categoría de música: Proxecto Trepia, que encarna a nova xeración da música tradicional. Entre o mundo da aldea e da cidade oscila o son dun grupo establecido na cidade de Pontevedra que busca e grava música polas aldeas galegas.
Por outra parte, o programa visitará na Fundación Luís Seoane da Coruña unha exposición de Juan Lesta e Belén Montero, alias DSK, pertencente ao proxecto Codecó, onde se xoga co concepto de analoxización e información codificada de xeito dixital, creada a partir de elementos da vida real, e recodificada outra vez no medio físico.
A comentarista de arte Susana Cendán falará hoxe da mostra "Historias de lúa", que José Freixanes presenta na galería viguesa PM8. O artista presenta nesta nova serie unha colección de obras creadas en torno á idea de globalización, en que a lúa é o elemento unificador.
 |
"Miraxes" dedicará esta tarde boa parte do programa aos Premios GZ Crea, que premian a creatividade dos novos artistas galegos.
Ademais, o espazo da Galega presentará en sociedade os gañadores deste premio na categoría de música: Proxecto Tre... |
|
20/12/2008 - 15:32 h.
|
"Miraxes" falará hoxe da súa presenza na feira Culturgal na procura das últimas novidades da cultura galega, que se deron cita na Coruña para darlle visibilidade á oferta cultural do país, nas súas diferentes versións, soportes e sectores.
O Nadal está á volta da esquina e o programa da TVG aproveitará a ocasión para realizar suxestións de agasallos para estas datas. Así, "Miraxes" recomendará música, imaxe e literatura, non só para os maiores senón para os máis pequenos.
Na páxina de espectáculos, "Miraxes" falará con Internacional Teatro, que deseña un novo retrato da pintora mexicana Frida Kahlo, xa que a compañía de Jorge Rey leva á escea a vida da pintora mexicana na súa última montaxe. Por outra parte, o comentarista de espectáculos do programa, Antón Lopo, analizará a proposta "Obra", incluída dentro dunha triloxía en que os membros de "Excéntricas" queren explorar formas teatrais mestizas e fronteirizas. O espectáculo está dirixido por Quico Cadaval e ten a Marcos Orsi, Víctor Mosqueira e Borja Fernández como protagonistas.
Ademais o programa de cultura da Galega presentará hoxe un novo valor do folk galego: Roi Casal, o arpista de Milladoiro, que lanza un novo disco con voz propia, "Lendas douradas", froito dun estudo coidado da música tradicional, medieval e da poesía galega.
 |
"Miraxes" falará hoxe da súa presenza na feira Culturgal na procura das últimas novidades da cultura galega, que se deron cita na Coruña para darlle visibilidade á oferta cultural do país, nas súas diferentes versións, soportes e sectores.
<... |
|
13/12/2008 - 15:30 h.
|
"Miraxes" retratará hoxe a vida e a obra de Carlos Maside, un home comprometido coa pintura, con Galicia e coa República, do que se cumpren os 50 anos da súa morte. Maside foi o pai da vangarda histórica de Galicia e tivo unha grande influencia nas novas correntes plásticas, ata el practicamente detidas na figuración e o folclorismo.
O programa da TVG viaxará tamén esta tarde a outro mundo pictórico: o que construíu o pintor Urbano Lugrís nuns bares da Coruña dunha época perdida no tempo. Na compaña dun sobriño seu, Manuel Lugrís, "Miraxes" buscará a pegada artística que deixou o pintor, incansable debuxante, nas tabernas da Coruña cando adoitaba xuntarse cos seus amigos.
Por outra parte o espazo presentado por Miguel Fernández visitará na Estación Marítima de Vigo a exposición que amosa restaurados os murais que colgaban das paredes da antiga sede do xornal "Faro de Vigo" a comezos do século pasado. Estes murais propóñenlle ao visitante unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida social e cultural de Vigo naquela época.
A colaboradora Susana Cendán tamén visitará hoxe outra exposición, neste caso "Debuxando a Laxeiro", unha mostra que acolle en Pontevedra cinco cadros orixinais do pintor canda as obras de 18 creadores de toda España, en que se poden observar confluencias co mestre galego.
 |
"Miraxes" retratará hoxe a vida e a obra de Carlos Maside, un home comprometido coa pintura, con Galicia e coa República, do que se cumpren os 50 anos da súa morte. Maside foi o pai da vangarda histórica de Galicia e tivo unha grande influenci... |
|
06/12/2008 - 15:39 h.
|
O programa "Miraxes" convida hoxe os espectadores da TVG a unha viaxe de norte a sur por Galicia a través da autoestrada do Atlántico, a AP-9, para encontrar de paso arte e reflexión en torno a unha infraestrutura que naceu con polémica pero cuxa influencia económica e social no territorio foi decisiva. "Miraxes" falará sobre a AP-9 co enxeñeiro de camiños Carlos Nárdiz, o arquitecto Iago Seara, o director Llorenç Soler, a arquitecta Myriam Goluboff e o vídeo creador Borja Muciente, algúns dos moitos creadores que se renderon á súa personalidade. Unha das cidades que atravesa a autoestrada é Vigo, onde se deterá "Miraxes" para visitar o museo Marco, contra o que o artista Suso Fandiño esnafrou uns coches da marca Citroën. Este proxecto, un xogo que busca a complicidade dos cidadáns, implica unha reflexión sobre o contexto da obra, do espectador, do espazo do museo e da cidade de Vigo, un de cuxos maiores símbolos é a fábrica de Citroën. Por outra parte a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, falará desde o Auditorio de Galicia da exposición "Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia". Integrada pola obra de 26 mulleres artistas cunha década de actividade e pertencentes ás novas xeracións, configura unha auténtica topografía artística de Galicia.
.
 |
O programa "Miraxes" convida hoxe os espectadores da TVG a unha viaxe de norte a sur por Galicia a través da autoestrada do Atlántico, a AP-9, para encontrar de paso arte e reflexión en torno a unha infraestrutura que naceu con polémica pero cuxa inf... |
|
29/11/2008 - 15:28 h.
|
A feira dixital Move, que reuniu música, arte, tecnoloxía e ciencia na Coruña, será hoxe protagonista en "Miraxes". Esta feira das artes dixitais, que reúne os nomes máis destacados do panorama nacional e internacional, é un espazo de creación, exhibición e interacción específico. A primeira edición deste festival tivo tres pés: a escena, a arte dixital e a música.
Un dos artistas que estivo presente en Move foi Javier Martín, artista e bailarín cunha ampla formación en distintas ramas. "Miraxes" presentará esta tarde unha das súas montaxes, Rizoma.
"Miraxes" tamén se fará hoxe eco da homenaxe aos logros do xénero feminino que terá lugar a vindeira semana en Expocoruña, onde actuarán Emma Pollock, ex de The Delgados; Lone, a cantante de Dead Pixels, ademais de grupos como Lucky Soul, Souvenir, ou os galegos Nadadora. O cine de Margarita Ledo, teatro e encontros cos artistas completarán este coro de voces pola igualdade.
Ademais, o programa da Galega visitará no CGAC a exposición de Clemens Von Wedemwyer. O centro compostelán presenta o seu cine a través de cinco proxectos que reflicten unha década de investigación por parte do artista alemán na historia e teoría do mundo cinematográfico.
 |
A feira dixital Move, que reuniu música, arte, tecnoloxía e ciencia na Coruña, será hoxe protagonista en "Miraxes". Esta feira das artes dixitais, que reúne os nomes máis destacados do panorama nacional e internacional, é un espazo de creación, exhib... |
|
22/11/2008 - 15:33 h.
|
O programa "Miraxes" falará esta tarde de arte e de guerra e fará a súa primeira parada na Casa das Artes de Vigo, que acolle unha exposición de Fernando Botero, un dos artistas latinoamericanos vivos máis importantes. Na serie "Abu Ghraib" o pintor, escultor e debuxante colombiano converte a indignación en arte e reflicte nos seus cadros as torturas cometidas polo exército estadounidense na prisión iraquí.
O espazo da Galega tamén falará hoxe da representación na arte dos horrores da guerra civil española. Os intelectuais galegos Luís Seoane e Castelao pintaron o horror da guerra para loitar contra ela cos seus pinceis. No Museo Nacional de Cataluña, "Miraxes" atopou un tesouro: pinturas e debuxos doutro artista galego comprometido coa República, Arturo Souto.
A arquitectura bélica tamén será protagonista no programa, que fará un percorrido polas ruínas militares das que está inzada Galicia e que aguantan estoicamente o paso do tempo.
A guerra tamén chega á banda deseñada. "Miraxes" falará con Fran Jaraba, un dos grandes ilustradores galegos, que acaba de publicar "Terra libre", o cómic co que pecha a súa triloxía sobre a Guerra de Cuba.
Neste programa sobre a guerra e a arte, as notas pacifistas poraas o cantautor Xoán Curiel, quen no seu primeiro disco, titulado "Nai", quere volver á natureza, ao espiritual e ao feminino.
 |
O programa "Miraxes" falará esta tarde de arte e de guerra e fará a súa primeira parada na Casa das Artes de Vigo, que acolle unha exposición de Fernando Botero, un dos artistas latinoamericanos vivos máis importantes. Na serie "Abu Ghraib" o ... |
|
15/11/2008 - 15:43 h.
|
O programa "Miraxes" repasará hoxe a súa presenza na Feira de Músicas do Mundo, que se celebrou en Sevilla e onde participaron Budiño, Narf e Mutenhroi. O Womex é o mercado internacional profesional de músicas de todas as clases do mundo máis importante. Esta feira internacional reúne a profesionais do mundo do folk, raíces e música tradicional e étnica e tamén inclúe concertos e conferencias.
O espazo da TVG tamén visitará no Centro Social Caixanova de Vigo a exposición "Galicia 25. Unha cultura para un novo século", organizada polo Consello da Cultura Galega, que, coincidindo co seu aniversario, percorre acontecementos deste último cuarto de século no panorama da cultura galega, o seu contexto, as súas políticas culturais e os seus logros principais.
 |
O programa "Miraxes" repasará hoxe a súa presenza na Feira de Músicas do Mundo, que se celebrou en Sevilla e onde participaron Budiño, Narf e Mutenhroi. O Womex é o mercado internacional profesional de músicas de to... |
|
08/11/2008 - 15:41 h.
|
O programa "Miraxes" achegarase hoxe a Vigo para visitar no Marco a exposición 7+1 Project Rooms, unha mostra distribuída en sete grandes salas para presentar a proposta dun artista diferente en cada unha delas. Mónica Bonvicini, Thomas Hirschhorn, Kennedy Geers e Jorge Perianes, entre outros, poñen as voces a este diálogo con obras creadas especificamente para a exposición.
O espazo da TVG tamén se fará eco na participación galega na feira Estampa, un encontro de arte contemporánea que se desenvolve estes días en Madrid. Tres galerías e un centro de gravado de Betanzos conforman a presenza galega na feira. Destaca a obra Eloxio da loucura, un gravado de máis de nove metros de longo inspirado no filósofo Erasmo de Rotterdam.
Tamén se falará esta tarde en "Miraxes" do espectáculo Obra, dirixido por Quico Cadaval e con tres obreiros como protagonistas (Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Borja Fernández) que comparten a súa vida, ao bordo do abismo, no alto dun rañaceos nas vésperas do crack do 29. A pesar de que a peza reflicte un ambiente de depresión económica, é ante todo unha comedia.
Pola súa parte, Antón Lopo falará no seu comentario de espectáculos de Bailadela da morte ditosa, unha proposta de Teatro de Ningures sobre o texto orixinal de Roberto Vidal Bolaño, unha traxicomedia que enlaza seis historias relacionadas coa morte.
 |
O programa "Miraxes" achegarase hoxe a Vigo para visitar no Marco a exposición 7+1 Project Rooms, unha mostra distribuída en sete grandes salas para presentar a proposta dun artista diferente en cada unha delas. Mónica Bonvicini, Thomas Hirschhorn, K... |
|
01/11/2008 - 15:40 h.
|
'Miraxes' abrirá hoxe o programa con deseño holandés, unha etiqueta que concede valor ao práctico e normal cun toque de austeridade elegante. A Fundación Barrié da Coruña amosa a exposición ¡Na rúa como na casa¡, unha ampla representación dos creadores holandeses máis modernos e innovadores, unha mostra que reúne as pezas máis significativas do deseño holandés actual e amosa o seu carácter innovador e vangardista.
O espazo tamén visitará no Marco de Vigo á XIX edición de Art Futura, o Festival de Arte Multimedia máis destacado de España. Pola súa parte, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, analizará na Galería Bacelos de Vigo a exposición deChema Alvargonzález, unha das figuras máis representativas no desenvolvemento das novas tecnoloxías. O Festival de Cine Amal, unha fiestra aberta ao mundo árabe, e a música de 2us, formación baixo a que o clarinetista Fernando Abreu e o guitarrista Pablo Carrera acaban de sacar o seu primeiro disco como parella artística, completan as propostas do 'Miraxes' desta tarde.
 |
'Miraxes' abrirá hoxe o programa con deseño holandés, unha etiqueta que concede valor ao práctico e normal cun toque de austeridade elegante. A Fundación Barrié da Coruña amosa a exposición ¡Na rúa como na casa¡, unha ampla representación dos creador... |
|
25/10/2008 - 15:39 h.
|
'Miraxes' aterrará esta tarde no Festival 981 da Coruña e falará con tres artistas que seleccionan imaxes en tempo real: Señor Pause, Nela Que e Miguel Seoane.Tamén será protagonista esta tarde no programa a Feira das Artes Escénicas, que esta semana se celebra en Santiago e que desenvolve instrumentos que faciliten a saída ao exterior das compañías galegas
Por outra parte, o comentarista de espectáculos, Antón Lopo, falará da obra infantil 'Game over', levada á escena por Cachuzo a partir do texto dramático gañador do II Premio Manuel María. Trátase dun espectáculo que reflicte o illamento ao que se someten na actualidade os adolescentes enganchados ao mundo das pantallas.
O 'Miraxes' de hoxe despedirase coa música de Punks Jump Up, unha banda que chega de Londres e que actúa no Festival 981 da Coruña.
 |
'Miraxes' aterrará esta tarde no Festival 981 da Coruña e falará con tres artistas que seleccionan imaxes en tempo real: Señor Pause, Nela Que e Miguel Seoane.Tamén será protagonista esta tarde no programa a Feira das Artes Escénicas, q... |
|
18/10/2008 - 15:41 h.
|
Os espectadores da TVG poderán coñecer hoxe todos os detalles de PhotoGalicia. O programa Miraxes afondará neste festival, que, da man de PhotoEspaña e da Fundación Caixa Galicia, permítelle ao público achegarse ao traballo fotográfico de autores nacionais e internacionais, así como ao de figuras e momentos fundamentais da historia da fotografía. O espazo da Galega repasará algunhas das mostras máis importantes de PhotoGalicia, como “Neorrealismo, a nova imaxe de Italia”, que propón unha nova lectura na busca das raíces do neorrealismo desde a época en que Italia viviu baixo o dominio fascista; a exposición do norteamericano Eugene Smith, mestre do fotoxornalismo e do enfoque humanista sobre grandes conflitos do século XX; e a mostra “Intercity”, que propón unha síntese do traballo que Gabrielle Basilico desenvolveu durante os últimos anos fotografando a paisaxe urbana. Ademais, a comentarista Susana Cendán falará doutra exposición de PhotoGalicia, a de Victoria Diehl en Vigo. En “Frías, frágiles y durmientes”, a fotógrafa coruñesa amosa o seu traballo, un dos máis románticos da fotografía española actual, que está influenciado polo neoclasicismo e a escultura clásica. Por outra parte, Miraxes visitará a cita máis antiga da banda deseñada galega, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que este ano chegan á súa vixésima edición. Este ano as xornadas pretenden buscar a promoción dos autores emerxentes do país.
 |
Os espectadores da TVG poderán coñecer hoxe todos os detalles de PhotoGalicia. O programa Miraxes afondará neste festival, que, da man de PhotoEspaña e da Fundación Caixa Galicia, permítelle ao público achegarse ao traballo fotográfico de auto... |
|
11/10/2008 - 15:45 h.
|
Volve Fuxan os Ventos, o grupo que abandeirou a canción galega a finais dos anos 70. O programa Miraxes falará esta tarde cos compoñentes do grupo de Terra de soños, o espectáculo musical co que regresa a icona do rexurdimento da música galega. Por outra parte o programa da Galega visitará no Marco de Vigo a exposición colectiva "A gran transformación. Arte e maxia táctica", que pretende documentar o novo interese da produción artística contemporánea pola maxia e polo oculto e que reúne preto dunha trintena de pezas, entre fotografías, vídeos, películas, instalacións, pezas escultóricas e unha performance. Miraxes tamén falará hoxe da II Mostra Internacional de Videocreacións do Condado, Mivico, que se desenvolve esta fin de semana, coa participación de filmes procedentes de Arxentina, EUA, Noruega, Italia, Portugal e diversos puntos do Estado español. Ademais, Susana Cendán comentará a exposición "De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra", que reúne no Parlamento galego un total de 52 obras dos artistas plásticos máis relevantes da posguerra que compartiron época con Laxeiro. Mentres, Antón Lopo realizará unha crítica do espectáculo "Animales artifícales", unha montaxe dirixida por Ana Vallés. O Miraxes desta tarde despedirase con música. O espazo da TVG realizará un repaso da oferta musical das festas de San Froilán e fará a suxestión de escoitar a Canamé, unha das mellores voces do novo fado.
 |
Volve Fuxan os Ventos, o grupo que abandeirou a canción galega a finais dos anos 70. O programa Miraxes falará esta tarde cos compoñentes do grupo de Terra de soños, o espectáculo musical co que regresa a icona do rexurdimento da música galega... |
|
04/10/2008 - 15:40 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe de dúas vidas paralelas: a de Henrique Macías e Manuel Balboa, compositores, autodidactas, de vocación experimental e cuxo traballo se viu interrompido pola súa desaparición prematura. O espazo da Galega trazará un esbozo dos dous músicos galegos no 50 aniversario do seu nacemento. No apartado de artes plásticas, Miraxes achegarase a unha exposición que amosa na Fundación Luís Seoane da Coruña as esculturas do director de cine Fritz Lang, un dos realizadores máis influentes da historia e un grande escultor. O programa tamén visitará o Centro Galego de Arte Contemporánea para ver a exposición Máis lugares, de Waltercio Caldas, unha retrospectiva dun dos grandes artistas brasileiros. Caldas desafía os límites do espazo con complexas estruturas de gran carga estética e poética en que sintetiza as súas preocupacións pola transparencia, o equilibrio, o baleiro e a lixeireza. Pola súa parte, a comentarista Susana Cendán analizará a exposición de Neves Seara na galería Espacio 48 de Santiago, en que a artista ourensá recupera o mito hebreo de Sansón e Dalila. Ademais, Miraxes falará con Roger Vignoles, un dos mellores pianistas acompañantes do mundo e un dos músicos británicos máis destacados, que participa no IX Ciclo de Lied de Santiago, consagrado a este xénero particular da música culta. O programa da TVG despedirase tamén con música: a de The Cabriolets, liderado por Bimba Bosé, que anda de viaxe musical por Galicia.
 |
O programa Miraxes falará hoxe de dúas vidas paralelas: a de Henrique Macías e Manuel Balboa, compositores, autodidactas, de vocación experimental e cuxo traballo se viu interrompido pola súa desaparición prematura. O espazo da Galega trazará ... |
|
27/09/2008 - 15:42 h.
|
Miraxes ensinaralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia a morea de experiencias e accións artísticas que este outono invadirán as rúas, desde meninas que se instalan nun barrio, ata poetas que conducen os seus versos en camioneta, pasando por artistas pendurados dos balcóns e as fiestras. Por outra parte, o espazo da Galega buscará a simbiose entre a arte e a natureza en Aldeanova, o complexo de Narón onde a comezos deste mes tivo lugar un encontro internacional de Land Art, onde se reuniron creadores internacionais de arte contemporánea. Aldeanova converteuse nun museo ao aire libre, que tivo as portas abertas para que o público puidese observar in situ o proceso de creación dos traballos, ademais de falar cos autores. Ademais, Miraxes falará co fotógrafo Damián Ucieda, un autor que busca espazos de paso onde situar os seus personaxes: homes e mulleres en momentos de soidade, individuos na procura de si mesmos en terra de ningures. Na sección de arquitectura, o programa achegarase aos "barcos" que hai en Compostela, como son coñecidos popularmente os edificios que o arquitecto César Coll proxectou á entrada da cidade. E, na páxina de plástica, Susana Cendán falará da exposición da Fundación Granell "Susana Wald y Ludwig Zeller: diálogo", unha mostra conxunta de dúas personalidades do movemento surrealista. Outro dos protagonistas do Miraxes desta tarde será Marcos Teira, o abandeirado dos ritmos flamencos en Galicia.
 |
Miraxes ensinaralles hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia a morea de experiencias e accións artísticas que este outono invadirán as rúas, desde meninas que se instalan nun barrio, ata poetas que conducen os seus versos en camioneta, ... |
|
20/09/2008 - 15:40 h.
|
A estrea de "Tradicción", o novo espectáculo de Nova Galega de Danza, será protagonista esta tarde no programa Miraxes, que estudará as claves desta montaxe contemporánea baseada nas raíces de Galicia. Non será a única estrea do programa de hoxe. Logo de 80 anos desde que se estreou "O Mariscal" chega a ópera "O Arame", un título programado polo Festival de Ópera da Coruña. Juan Durán, un dos máis prestixiosos compositores actuais, e Manuel Lourenzo, o pai do teatro independente do noso país, uniron as súas forzas para presentar esta obra de cámara, que destaca pola beleza da súa escrita e polo seu contido dramático. Na páxina de plástica do programa, farase unha recensión da X Mostra Internacional Unión Fenosa, que se pode visitar no Macuf da Coruña. Trátase dunha selección das obras presentadas á décima convocatoria dos premios Unión Fenosa. Son 49 pezas que demostran a capacidade de adaptación da convocatoria artística, con dúas décadas de vida, e que serven de termómetro da arte contemporánea. A colaboradora de artes plásticas do programa, Susana Cendán, comentará nesta ocasión a proposta de Rita Rodríguez na Zona C de Santiago: "Stand by me". Ademais en Miraxes tamén haberá música. O espazo cultural da Galega falará de Odaiko, o grupo que está a renovar a música de percusión en Galicia.
 |
A estrea de "Tradicción", o novo espectáculo de Nova Galega de Danza, será protagonista esta tarde no programa Miraxes, que estudará as claves desta montaxe contemporánea baseada nas raíces de Galicia. Non será a única estrea do programa de ho... |
|
13/09/2008 - 15:37 h.
|
O programa Miraxes falará do 40 cumpreanos do reggae. É a relixión máis musical e reivindicativa do planeta. Da violencia e o sufrimento dunha illa paradisíaca xurdiu a primeira súper estrela do terceiro mundo: Bob Marley, cuxa vida e milagres repasará esta tarde o programa da Galega. A semente do reggae agromou tamén en Galicia, concretamente en Culleredo, onde hoxe se celebra a oitava edición do Foundation Reggae Festival, un proxecto único en Galicia, que conta cun cartel cheo de diferentes estilos musicais. Miraxes destacará a presenza no festival de Som do Galpom, un grupo que mestura funk, reggae e hip hop e de Kogito. Tamén visitará no Macuf da Coruña a exposición O xogo africano da arte contemporánea, que amosa que, máis aló da arte contemporánea tradicional, existe unha arte poscolonial que vota raíces da historia africana e que está en consonancia coas tendencias predominantes a nivel global. Miraxes achégase ao Marco de Vigo, onde se pode visitar a exposición O medio é o museo, un proxecto expositivo que reúne propostas de 20 artistas que enfocan o museo coma soporte e referente da obra de arte. Miraxes tamén falará de Crónicas de días enteiros, de noites enteiras, unha obra contemporánea de Xavier Durringer que remexe na vida de cinco personaxes, un proxecto en que colaboraron as compañías Factoría de Teatro e Disque Danza. Finalmente, na sección dedicada á arquitectura, o programa ficará nun novo espazo nas beiras do Miño, a estación termal de Outariz, que conxuga pedras, auga e repouso.
 |
O programa Miraxes falará do 40 cumpreanos do reggae. É a relixión máis musical e reivindicativa do planeta. Da violencia e o sufrimento dunha illa paradisíaca xurdiu a primeira súper estrela do terceiro mundo: Bob Marley, cuxa vida e milagres... |
|
06/09/2008 - 15:47 h.
|
O programa Miraxes achegarase hoxe ás tabernas de Salvaterra de Miño, onde atopará viños e versos. A semana que vén comeza o Festival de Poesía do Condado, un encontro que nacía en 1981 por vontade da Sociedade Cultural e Deportiva da comarca. Dende entón, pasaron por esta beira do Miño os mellores bardos da literatura galega contemporánea para participar nun festival que pretende servir de plataforma reivindicativa, ademais de literaria. Na sección dedicada á arquitectura, o espazo da Galega visitará no lugar de Leiro, na comarca do Ribeiro, a Bodega Viña Mein, unha explotación relacionada coa antiga casa grande, recuperada como adega e establecemento de turismo rural hai máis de dez anos nunha remodelación do arquitecto Fernando Blanco. Ademais o programa falará da iniciativa "Afurancharte", que este verán está a levar ás adegas e pendellos de Redondela obras propias dos museos ou as pinacotecas. Visitará a exposición "A sombra da historia", que xira arredor do tratamento e almacenaxe de información e convida a reflexionar sobre o arquivo e a súa relevancia na construción do pasado. Ademais a comentarista de arte Susana Cendán falará sobre a exposición "O espello do cotián", que presenta na Fundación Caixa Galicia de Pontevedra unha selección de obras centradas na representación da figura humana, desde diferentes perspectivas, obxectivos e linguaxes creativas.
 |
O programa Miraxes achegarase hoxe ás tabernas de Salvaterra de Miño, onde atopará viños e versos. A semana que vén comeza o Festival de Poesía do Condado, un encontro que nacía en 1981 por vontade da Sociedade Cultural e Deportiva da comarca.... |
|
30/08/2008 - 15:42 h.
|
Achégase hoxe á figura dun dos artistas máis importantes do século XX: o alemán Joseph Beuys. A exposición Múltiples repasa na Fundación Caixa Galicia de Santiago a súa complexa e extensa traxectoria artística. O espazo cultural da TVG achegarase tamén á reinterpretación que o venezolano Juan José Araujo realiza do Centro Galego de Arte Contemporánea. A exposición A través amosa un conxunto de obras inéditas inspiradas no edificio ideado por Álvaro Siza e no seu contorno. Outra das propostas de Miraxes será unha visita á exposición do artista Oliver Añón no Espazo Anexo do Marco de Vigo, unha mostra vídeo gráfica elaborada a partir da colaboración de sete supostos autores. Pola súa parte a colaboradora Susana Cendán fará un comentario sobre a exposición Museo del Prado. De Goya a Sorolla, que a Fundación Caixa Galicia ofrece na Coruña, composta por un total de 66 obras que testemuñan a importancia do xénero do retrato na pintura española do século XIX. Ademais, o programa deterá a súa ollada na arte das viaxes, retratada por dous fotógrafos moi distintos: Xulio Correa, que expón na galería Arte Imagen da Coruña e Manuel Martínez, que plasma as viaxes que levan a coñecer outras culturas en dous libros que acaba de publicar. O novo ciclo de baile e música tradicional Danza 3, que pretende dar a coñecer a riqueza e diversidade desta disciplina; e unha conversa cos compoñentes do grupo The Orange Soap, unha nova banda coruñesa de indie rock que chega á escena musical con moita enerxía, completarán hoxe a viaxe cultural de Miraxes.
 |
Achégase hoxe á figura dun dos artistas máis importantes do século XX: o alemán Joseph Beuys. A exposición Múltiples repasa na Fundación Caixa Galicia de Santiago a súa complexa e extensa traxectoria artística. O espazo cultural da TVG achegaras... |
|
23/08/2008 - 15:30 h.
|
Miraxes bota unha ollada á XI edición do salón Viñetas desde o Atlántico, que ofrece unha visión plural e didáctica do mundo do cómic. Entre as novidades que se presentan este ano está A conta atrás, a primeira novela gráfica galega, asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, inspirada no afundimento do Prestige. O programa falará cun dos novos valores do cómic que está a adquirir protagonismo na escena nacional: Martín Romero, un novo debuxante de Boiro, residente en Barcelona, que mereceu o Premio GZ Crea en banda deseñada polo conto titulado O home do saco. Por outra parte, Miraxes visitará na Fundación Luís Seoane a exposición Siluetas danzantes. As Miradas emerxentes que ofrece o Festival Olladas 08 será outra das propostas de Miraxes esta tarde. A exposición amosa a obra de novos fotógrafos e artistas galegos: Maribel Castro, Xosé Durán, Antía Moure, Alberte Peiteavel e Manuel Valcárcel. O programa tamén falará das outras mostras de Olladas: Espellismos. Antolóxica de Joan Fontcuberta e Hermanos Mayo na Guerra Civil. Outro dos protagonistas de hoxe en Miraxes será Iván Ferreiro, que segue coa construción diaria e constante en solitario. O programa da Galega falará co mentireiro maior da escena musical do país, que falará do seu novo traballo, Mentiroso mentiroso.
 |
Miraxes bota unha ollada á XI edición do salón Viñetas desde o Atlántico, que ofrece unha visión plural e didáctica do mundo do cómic. Entre as novidades que se presentan este ano está A conta atrás, a primeira novela gráfica galega, asinada p... |
|
16/08/2008 - 15:43 h.
|
A trixésima edición da Bienal de Pontevedra será hoxe protagonista no programa Miraxes, que visitará "Sen fronteiras: converxencias artísticas hispano magrebís", unha mostra que se descobre como un intento de derrubar as fronteiras e os prexuízos, en todos os sentidos, que adoitan imperar nas relacións entre as dúas beiras do Mediterráneo. O espazo da Galega falará tamén da nova proposta do proxecto "Situación", concibido para celebrar os 15 anos do CGAC. "Homes correndo… encaixar unha escultura", de Carlos Rodríguez-Méndez, propón nove accións posibles que culminan cun resultado escultórico: encaixar unha escultura de 30 metros de lonxitude nun espazo tres veces menor. Ademais, Miraxes entrará nos mundos virtuais de Urban Simulations, unha empresa coruñesa na vangarda da infoarquitectura mundial, que recibiu no ano 2004 un 3daward, o premio máis destacado neste eido. En Santiago comeza o Festival dos Abrazos, que engloba a oferta do Festival D´Gorra, o Festiclown, o Feitoamán e Curtocircuíto, que se veñen celebrando na cidade desde hai uns anos. Mentres, en Vigo celébrase esta fin de semana o Festival Marisquiño 08, que inclúe competicións de skate, BMX, wakeboard e break dance, todo aderezado coa mellor música hip-hop. O debut discográfico de Lizgairo será outro dos temas do programa desta tarde.
 |
A trixésima edición da Bienal de Pontevedra será hoxe protagonista no programa Miraxes, que visitará "Sen fronteiras: converxencias artísticas hispano magrebís", unha mostra que se descobre como un intento de derrubar as fronteiras e os prexuí... |
|
09/08/2008 - 15:38 h.
|
A piques de rematar a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Miraxes quere renderlle nesta edición unha homenaxe ao teatro. O programa visitou a vila de Ribadavia para celebrar a vixésimo cuarta edición da Mostra de Teatro. E, continuando co xénero teatral, Miraxes entrevistou a Manuel Lourenzo, actor, dramaturgo e desde xuño Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas; un premio para toda unha vida dedicada ao teatro. Durante a conversa que mantivo o programa, que presenta Miguel Fernández, Manuel Lourenzo falará dos comezos dunha aventura que toda estaba por construír. Galicia e o verán continúan sendo dous factores claves para os directores de cine. Este ano, a comunidade galega serviu de set cinematográfico para dúas longas: Al final del camino ,do director Roberto Santiago, e Pedro e o Capitán de Pablo Iglesias. Outro contido do programa será a visita á aldea ourensá de Bentraces para descubrir unha casa onde a luz e a natureza dan sentido á arquitectura, un espazo creado polos arquitectos Tomás Valente e Alfredo Freixedo. A crítica da semana dos colaboradores Antón Lopo e Susana Cendán; a axenda de espectáculos e concertos; o sorteo de entradas para os festivais de Creamfields de Vigo e para a cita de Paredes de Coura, en Portugal e o vídeo musical dos suecos Mando Diao, que abrirán o cartel do gran festival de Portugal pecharán o programa de hoxe.
 |
A piques de rematar a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Miraxes quere renderlle nesta edición unha homenaxe ao teatro. O programa visitou a vila de Ribadavia para celebrar a vixésimo cuarta edición da Mostra de Teatro. E, conti... |
|
26/07/2008 - 15:44 h.
|
A fotografía será a protagonista de hoxe. As primeiras instantáneas que ofrecerá o programa serán as de Paul Strand, unha mostra que se pode ver na Fundación Barrié de la Maza baixo o título Paul Strand: retrospectiva 1915–1976. Este artista captou o Manhattan daquel tempo, no que a cidade era o centro tecnolóxico e financeiro do mundo. Strand fascinado polos rañaceos, os grandes transatlánticos, as máquinas... amosa o movemento constante da cidade. E, da Fundación Barrié de la Maza as cámaras viaxaron ata o Auditorio de Galicia para amosarlles aos espectadores da Galega Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo; pintores cineastas, escritores ou músicos retratan a propia vida, o ambiente que os rodea. Miradas moi diversas, onde se cruzan os lugares e as persoas que rodean a cada autor: a xeración beat retratada por Alllen Ginsberg, a cidade de Nova York segundo Lou Reed ou as imaxes en clave neorrealista de Luchino Visconti. E a última cita da semana coa fotografía é Revela 08, unha iniciativa do Concello de Oleiros que lle dá pulo ao encontro entre a realidade social e a cidadanía a través da fotografía. Revela, entre outros obxectivos, promove a fotografía como acto de reflexión, difusión e debate. Por último, para pechar o tema central Miraxes ofrece unha lembranza a Virxilio Vieitez, o xenio de Terra de Montes. Unha previa da Mostra de Teatro de Ribadavia, a axenda de espectáculos e concertos, o comentario de Antón Lopo e o concurso para poder gañar entradas de balde para o concerto de Amaral que ofrecerá en Santiago de Compostela.
 |
A fotografía será a protagonista de hoxe. As primeiras instantáneas que ofrecerá o programa serán as de Paul Strand, unha mostra que se pode ver na Fundación Barrié de la Maza baixo o título Paul Strand: retrospectiva 1915–1976. Este artista captou o... |
|
19/07/2008 - 15:43 h.
|
O programa Miraxes sumarase hoxe á celebración dos 15 anos do Centro Galego de Arte Contemporánea, un espazo que axudou a normalizar a escena da plástica galega. Para celebrar este aniversario están previstas actividades festivas e de carácter reflexivo, das que o espazo da Galega falará co director do CGAC, Manuel Olveira. Unha das propostas do aniversario é a exposición "Situación", que reúne seis obras específicas de seis novos artistas galegos que residen fóra e que ofrecen a súa visión sobre a arte contemporánea en Galicia. Doutra banda, o espazo presentado por Miguel Fernández falará de "Aeroplanos", o novo espectáculo de Lagarta Lagarta, protagonizado por Ernesto Chao e Xosé Manuel Olveira "Pico". Outro dos protagonistas do Miraxes desta tarde será o Festival Cultura Quente, en Caldas de Reis, unha manifestación singular de expresión e compromiso que ten sempre presente na súa programación a idea de cultura comprometida, viva e participativa. Da man de Susana Cendán, o programa falará tamén dunha das propostas do festival: Kaldarte, un proxecto de experimentación artística sobre o espazo público de Caldas. Pola súa parte, o comentarista de espectáculos do programa, Antón Lopo, analizará "Flores migratorias", unha obra da compañía compostelá Teatro D2, que fala da insatisfacción coma unha sensación inherente ao ser humano.
 |
O programa Miraxes sumarase hoxe á celebración dos 15 anos do Centro Galego de Arte Contemporánea, un espazo que axudou a normalizar a escena da plástica galega. Para celebrar este aniversario están previstas actividades festivas e de carácter... |
|
12/07/2008 - 15:40 h.
|
Miraxes somerxerase nos Mundos dixitais, o Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais e Videoxogos que se levará á Coruña estreas exclusivas e expertos do sector. O programa da Televisión de Galicia visitará tamén na Coruña a exposición Cousas da vida, que exhibe 175 debuxos orixinais de Castelao publicados nos anos 80 no xornal vigués "Galicia". A través da conxunción entre o debuxo e o texto, Castelao amosa a Galicia agraria, o caciquismo, o drama da emigración, a xente do campo, os cegos… cunha mestura de crítica á realidade do momento, tenrura e un fino trazo humorístico e satírico. Miraxes tamén falará hoxe da terceira edición do festival de música clásica Vía Stellae, que baixo a maxia do Camiño de Santiago reúne a directores, músicos e intérpretes de distintas nacionalidades en máis de 80 concertos. Sir John Eliot Gardiner, Mark Minkowski e Giovanni Antonini son algunhas das figuras recoñecidas que volven durante estas semanas a Galicia. Outro festival será o Festival de Ortigueira, que se converterá unha vez máis en plataforma de promoción para os novos creadores da música de raíz e que este ano celebra a súa 30ª edición. Ademais, tamén estarán presentes os colaboradores habituais. Susana Cendán analizará na Galería Espacio 48 de Santiago a exposición Suzhou, da fotógrafa Marta Moreiras; mentres que Antón Lopo comentará a última obra de Xerpo, Salpicados, unha montaxe de Irene Moreira que aborda os problemas da sociedade actual.
 |
Miraxes somerxerase nos Mundos dixitais, o Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais e Videoxogos que se levará á Coruña estreas exclusivas e expertos do sector. O programa da Televisión de Galicia visitará tamén na Coruña a ... |
|
05/07/2008 - 15:46 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe de distintas paixóns pola arte: a das coleccións privadas e a das coleccións públicas. O espazo da TVG visitará na Fundación Caixa Galicia da Coruña a exposición El retrato en el Prado. De Goya a Sorolla, composta por un total de 66 obras de autores como Goya, Vicente López, Madrazo ou Sorolla, que testemuñan a importancia do xénero do retrato na pintura española do século XIX. Tamén se achegará ata o Marco de Vigo, un museo que expón 115 obras que estaban en mans privadas. Pasiones privadas, visiones públicas presenta pinturas, esculturas, fotos, vídeos e maquetas, centradas na arte contemporánea. O Marco convértese así na primeira institución pública que elabora un discurso sobre o papel do coleccionista. O programa falará tamén das coleccións posmodernas. Un exemplo é o das bonecas Blythe, que naceron para acabar coa Barbie pero tiveron que pasar 30 anos para espertar unha auténtica febre en Internet. O MACUF da Coruña acolle unha exposición sobre os universos artificiais destas bonecas desproporcionadas que querían primar a intelixencia sobre o corpo. Outro dos temas será Mundos dixitais, que reunirá na Coruña do 1 ao 5 de xullo os profesionais máis destacados do mundo da animación dixital e os efectos visuais. A danza tamén será protagonista hoxe no programa, que dará conta do Festival Mov´s 2008, celebrado na illa de San Simón e que busca construír pontes de enlace entre os artistas, as organizacións de danza e as artes do movemento, establecer vías naturais de encontro e colaboración.
 |
O programa Miraxes falará hoxe de distintas paixóns pola arte: a das coleccións privadas e a das coleccións públicas. O espazo da TVG visitará na Fundación Caixa Galicia da Coruña a exposición El retrato en el Prado. De Goya a Sorolla, compost... |
|
28/06/2008 - 15:43 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe da chegada a Galicia dun dos músicos máis influentes da historia, Bob Dylan, que toca en Vigo a semana que vén. Dylan, que de moi novo comezou a soñar con que o mundo se podía cambiar con poesía e música, foi buscando o seu camiño guiado inicialmente polo country para pasar a ser co tempo unha das figuras máis importantes do rock no século XX. Por outra parte, o espazo da Galega achegarase ata a Fundación Caixa Galicia de Ferrol, que expón as obras máis destacadas de Carlos Alcolea, un dos artistas máis decisivos dentro do panorama da pintura española do terzo final do século XX. Ademais a comentarista de arte Susana Cendán visitará na Galería Ad Hoc de Vigo a primeira exposición individual do sevillano Miki Leal, un compendio de acuarelas realizadas en papel, que supera a simple representación para evocar momentos ou sensacións. Miraxes falará tamén de "O club da calceta", adaptación da novela de María Reimóndez a cargo de Teatro do Morcego. Ademais, Antón Lopo realizará esta tarde a súa crítica de espectáculos sobre "Accións ST", un ciclo do Centro Dramático Galego onde participaron cinco agrupacións artísticas. O programa despedirase coa música do grupo de hip hop portugués Dealema, que actúa en Vigo e que no seu último disco proclama a instauración do quinto imperio.
 |
O programa Miraxes falará hoxe da chegada a Galicia dun dos músicos máis influentes da historia, Bob Dylan, que toca en Vigo a semana que vén. Dylan, que de moi novo comezou a soñar con que o mundo se podía cambiar con poesía e música, foi bus... |
|
21/06/2008 - 15:41 h.
|
Miraxes ofrece hoxe un programa especial sobre os Premios Nacionais da Cultura Galega, que se entregarán esta noite nunha gala transmitida pola TVG. Con estes premios, Galicia recoñece a traxectoria e a obra de dez mulleres, homes, institucións e iniciativas. O programa falará cos premiados, repasará as súas biografías e analizará as súas obras. Todos os galardoados recibirán un premio deseñado polo escultor ourensán Ignacio Basallo, considerado un dos artistas en que se sustenta a renovación plástica galega a partir da década dos 80. O programa falará desta escultura, unha manda de dez paus, unidos por un anel de latón, que pretende ser un símbolo da singularidade dos premiados e da forza da cultura galega. A cerimonia de entrega dos premios celebrarase no Pazo de Congresos de Santiago, un espazo deseñado hai 13 anos polos arquitectos Noguerol e Díaz. Miraxes falará deste edificio composto por varios rectángulos concéntricos, que quixo ser un punto arquitectónico que saúda a quen chega a Santiago polo Camiño Francés. A axenda de espectáculos e de concertos completará un Miraxes centrado hoxe nos Premios Nacionais da Cultura Galega.
 |
Miraxes ofrece hoxe un programa especial sobre os Premios Nacionais da Cultura Galega, que se entregarán esta noite nunha gala transmitida pola TVG. Con estes premios, Galicia recoñece a traxectoria e a obra de dez mulleres, homes, institución... |
|
14/06/2008 - 15:44 h.
|
O programa Miraxes sairá hoxe ás rúas para interpretar o tecido urbano da cidade atlántica e reflexionará sobre o modelo de cidade onde queremos vivir, para o que falará cos arquitectos Santiago Cirujeda e Miguel Serrano, o artista Ignacio Pérez-Jofre e o biólogo Juan Freire. Ademais, o programa da TVG visitará no CGAC a exposición "Anatomía da melancolía", do artista arxentino Jorge Macchi, un dos “paseantes” máis interesantes da arte contemporánea, que deambula polas rúas de Bos Aires buscando o extraordinario no trivial e manipula mapas para inventar un mundo. Esta mostra é unha retrospectiva formada por máis de 40 pezas de diferentes formatos, realizadas desde principios da década dos 90 ata a actualidade. Pola súa parte, a colaboradora Susana Cendán achegarase ata a Galería Bacelos de Vigo, que expón a obra de Manuel Vilariño, un fotógrafo cuxa evolución se orientou cara á construción do seu propio universo artístico, outorgándolle gran transcendencia á subxectividade. Outro dos protagonistas do programa desta tarde será o compositor de rock arxentino Andrés Calamaro, que volve a Galicia para tocar en directo cancións do seu último disco, "La lengua popular". Miraxes falará cun músico coa lenda de maldito que resiste e aumenta co devalar dos anos a etiqueta de artista total cunha personalidade excéntrica. Doutra banda, o espazo da Galega falará do grupo Mayumaná, que, procedente de Israel, representa verdadeiros espectáculos de danza e percusión cos instrumentos máis curiosos. O ritmo de Mayumaná, que aterrará en Galicia para dar un único espectáculo, favoreceu o éxito da súa aparición televisiva da man da publicidade.
 |
O programa Miraxes sairá hoxe ás rúas para interpretar o tecido urbano da cidade atlántica e reflexionará sobre o modelo de cidade onde queremos vivir, para o que falará cos arquitectos Santiago Cirujeda e Miguel Serrano, o artista Ignacio Pér... |
|
07/06/2008 - 15:43 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe con Francisco Leiro, o escultor máis internacional de Galicia, que acaba de ser nomeado Premio Nacional da Cultura Galega. Leiro, que leva máis de 25 anos de carreira e xa armou todo un exército de personaxes, leva as súas criaturas ao Palau da Música de Barcelona, onde esculturas xigantes colgadas da fachada do edificio recrean personaxes insólitos. O escultor falará en Miraxes dos seus mundos acuáticos e aéreos, das bateas de Cambados e dos seus irónicos delirios artísticos. Por outra parte, o espazo cultural da Galega visitará a exposición do fotógrafo Ramón Masats na Galería Ana Vilaseco da Coruña. Pola súa parte, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, analizará desde o Centro Torrente Ballester de Ferrol a exposición "5 visións desde os 90", que acolle obras de escultores coma Caxigueiro, Díaz, Pazo, Balmaceda e De la Vega, herdeiros de "Atlántica", o grupo de artistas plásticos e visuais que traballou a comezos dos 80 con base en Vigo. No apartado de espectáculos Miraxes falará esta tarde de "Estigma", a última produción do Centro Dramático Galego. Outra das protagonistas do programa será Laurie Anderson, que pasou por Galicia para presentar o seu último disco, "Homeland".
 |
O programa Miraxes falará hoxe con Francisco Leiro, o escultor máis internacional de Galicia, que acaba de ser nomeado Premio Nacional da Cultura Galega. Leiro, que leva máis de 25 anos de carreira e xa armou todo un exército de personaxes, le... |
|
31/05/2008 - 17:27 h.
|
O Festival Mozart de música clásica será hoxe protagonista no programa Miraxes, que falará dos concertos, recitais e producións operísticas que encherán os teatros e auditorios da Coruña durante as vindeiras semanas. Seguindo coa música clásica, o espazo da Galega falará do centenario do nacemento de Herbert von Karajan, o director de orquestra máis popular do século pasado. Reverenciado e odiado no seu momento en doses similares, a súa versión de Beethoven marcaría un estilo e, sobre todo, faría que millóns de persoas en todo o mundo se achegaran á música clásica. Outro dos protagonistas do Miraxes desta tarde será Diego Anido, un dos creadores galegos máis relevantes da actualidade, cun discurso que racha totalmente coas fronteiras das disciplinas escénicas convencionais. Anido presenta en "Cascuda", a nova produción do Centro Dramático Galego, unha ollada experimental sobre este noxento insecto. Pola súa parte, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, visitará na Galería Marisa Marimón de Ourense a exposición "Entre a terra e o mar", que amosa a obra de Ramiro Fernández Saus. Ademais, Miraxes falará do Festival de Títeres de Redondela, que alcanza a súa novena edición cun evento que acollerá máis de 50 actuacións.
 |
O Festival Mozart de música clásica será hoxe protagonista no programa Miraxes, que falará dos concertos, recitais e producións operísticas que encherán os teatros e auditorios da Coruña durante as vindeiras semanas. Seguindo coa música c... |
|
24/05/2008 - 15:42 h.
|
Miraxes viaxa neste dezasete de maio a un recuncho da ría de Vigo para mergullarse na memoria dunha familia, a de Xosé María Álvarez Blázquez, intelectual e humanista ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Os seus fillos lembrarán no programa a seu pai, unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que chega desde a literatura ata a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e galeguista. O espazo da Galega falará tamén do disco Rosalía 21, un traballo en clave de jazz co que o músico Abe Rábade propón unha relectura de quen fundou a nosa literatura. As voces de Guadi Galego e de Anxo Angueira musican o pranto dos versos de Rosalía de Castro. O disco supón unha renovación estética da temática rosaliana adaptada aos novos tempos. Miraxes continuará coa música en galego dando a coñecer os novos discos de tres bandas cun denominador común: estaren cantados na lingua do país. O programa falará cos cantantes de The Homens, banda de power-pop cuxo último disco é Tres; de Ruxe Ruxe, banda compostelá que chega ao seu sexto disco con Xigantes; e Lamatumbá, que achega melodías festeiras en Paraugas universal. Ademais, o programa presentado por Miguel Fernández farase eco do nacemento dunha nova editorial dedicada á literatura fantástica: Urco e do Festival de Cans, que a próxima fin de semana alcanzará a súa quinta edición.
 |
Miraxes viaxa neste dezasete de maio a un recuncho da ría de Vigo para mergullarse na memoria dunha familia, a de Xosé María Álvarez Blázquez, intelectual e humanista ao que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Os seus fillos lembr... |
|
17/05/2008 - 15:41 h.
|
Miraxes adiantará hoxe as citas imprescindibles que os amantes da música teñen durante a temporada de concertos dos vindeiros meses, durante os cales pasarán por Galicia ilustres roqueiros, famosos cantantes, célebres solistas e grupos escandalosos. Lenny Kravitz, Rufus Wainwright, Andrés Calamaro, Marianne Faithfull, Juanes, Bob Dylan, Sex Pistol e Chemical Brothers son algúns dos artistas que nos visitarán proximamente. Pero a primeira gran cita coa música nesta temporada celébrase en Vilagarcía a vindeira fin de semana con grupos como Broken Social Scene ou 1990s. Miraxes falará da oitava edición do Festival do Norte. Ademais, o programa falará esta tarde cun dos mellores debuxantes do mundo, Carlos Giménez, que utiliza o lapis como unha espada, debuxando viñetas precisas e ben afiadas para relatar a súa propia vida en historietas que describen o mundo cruel e viciado dunha España negra. Miraxes tamén falará do premio que conseguiu "Fanzine enfermo", que foi elixido no Salón do Cómic de Barcelona como o mellor "fanzine". A revista "Retranca", que analiza a actualidade do país sen censuras e con conciencia crítica, foi elixida no mesmo salón como a mellor revista. Outro dos protagonistas do programa será o arquitecto e deseñador compostelán Jacobo Domínguez, que traballa para a marca BMW e deseña os automóbiles do futuro.
 |
Miraxes adiantará hoxe as citas imprescindibles que os amantes da música teñen durante a temporada de concertos dos vindeiros meses, durante os cales pasarán por Galicia ilustres roqueiros, famosos cantantes, célebres solistas e grupos escanda... |
|
10/05/2008 - 15:46 h.
|
A poesía é protagonista esta tarde en Miraxes. O programa ofrece o que aconteceu na I Semana de Poesía Salvaxe; os espazos públicos de Ferrol convertéronse en improvisados escenarios poéticos para A palabra encarnada de dez artistas como Víctor Díez, Guillerme Fernández, Karlotty, Lucía Aldao e Mónica Lado. Nos faros atlánticos as palabras tamén baten contra o mar co recital Luces no atlántico, o acordeón de Rómulo Sanjurjo e a voz de Lino Braxe únense neste espectáculo que percorrerá cinco faros da provincia da Coruña. No Centro Galego de Arte Contemporánea os espectadores de Miraxes percorrerán a obra de Guillaume Leblon; un artista que sempre modifica a arquitectura dos museos onde expón. E desde o MARCO de Vigo Próspera, da artista galega Carme Nogueira, o proxecto inclúese no conxunto de actividades artísticas e culturais organizadas polo Instituto Cervantes con motivo da celebración do Ano de España en China. A colaboradora e crítica Susana Cendán achega a obra de Xurxo Oro Claro; Maldita Europa é o título co que este artista expón na Fundación Granell as súas instantáneas onde aborda temas como a inmigración, a violencia de xénero e a violencia exercida contra a infancia. Miraxes tamén se detén nas vindeiras citas co compositor británico Michael Nyman, coa banda galega Combo Dinamo, a actuación da actriz Juliette Lewis e o seu grupo The Licks ou a brasileira Bebel Gilberto.
 |
A poesía é protagonista esta tarde en Miraxes. O programa ofrece o que aconteceu na I Semana de Poesía Salvaxe; os espazos públicos de Ferrol convertéronse en improvisados escenarios poéticos para A palabra encarnada de dez artistas como Vícto... |
|
03/05/2008 - 15:42 h.
|
Miraxes visitará hoxe o Museo Provincial de Lugo, que este ano celebra o seu 75 aniversario. É fillo da conciencia ilustrada da República e depositario dunha longa tradición cultural. Desde o Paleolítico ata os nosos días, as súas salas agochan auténticos tesouros, na procura dos cales andará esta tarde o programa cultural da Galega, coa axuda dos artistas lugueses Darío Xohán Cabana, Paco Pestana e Marta Prieto. O espazo presentado por Miguel Fernández repasará tamén os actos cos que a entidade luguesa quere celebrar os seus 75 anos dedicados á arte e á cultura deste país. Entre as actividades, atópanse exposicións, concertos, homenaxes, varias publicacións, recuperación de documentais e 75 festas, unha por cada ano de vida. E sen saír de Lugo, Miraxes falará tamén de arquitectura, neste caso da Biblioteca do Campus, unha obra de Santiago Catalán que enmarca un amplo espazo para a lectura preto da ribeira do Miño. No apartado da crítica de espectáculos, Antón Lopo falará nesta ocasión de "Valdemuller", unha montaxe arriscada e rompedora do Centro Dramático Galego. Ademais, o programa entrevistará o bluesman ferrolán Víctor Aneiros, que no seu novo disco lle dá outra oportunidade á música negra de alma galega. Miraxes presentará tamén o novo disco do grupo lugués Holywater, unha banda de rock clásico e puro.
 |
Miraxes visitará hoxe o Museo Provincial de Lugo, que este ano celebra o seu 75 aniversario. É fillo da conciencia ilustrada da República e depositario dunha longa tradición cultural. Desde o Paleolítico ata os nosos días, as súas salas agocha... |
|
26/04/2008 - 15:45 h.
|
Miraxes achegarase á arte das réplicas e renderase ao talento dos imitadores, artistas que se apropian dunha idea inicial para convertela nunha nova obra de arte. O programa visitará este universo de versións, pastiches, imitacións, fraudes e réplicas. O espazo da Galega achegarase tamén ao segundo encontro que o Proxecto Edición convocou en Pontevedra, a onde acudiron artistas, editores e xestores que traballan cun pé na creación orixinal e co outro na industria. Ademais, Miraxes falará do ciclo de música Espazos sonoros, organizado pola Consellería de Cultura, iniciativa que percorrerá distintas localidades galegas con máis de 60 concertos que se realizarán en ruínas, museos, catedrais e outros espazos históricos, xuntando música e patrimonio arquitectónico. Huun Huur é unha das formacións que se poderá escoitar neste ciclo. Outro dos protagonistas do programa desta tarde serán Los Lolos, unha formación composta por Iñaki López e Vanessa Castro, que teñen unha morea de alter egos artísticos e que se apropian de imaxes e melodías alleas para contar as súas propias ideas. Con eles "loleará" Miraxes na sala Alterarte de Ourense. Tamén haberá hoxe tempo para a arquitectura en Miraxes, que visitará as casas de cores de Mondego, un xogo cromático para unha arquitectura colectiva de Javier Martínez Morán e José Ramón Estévez.
 |
Miraxes achegarase á arte das réplicas e renderase ao talento dos imitadores, artistas que se apropian dunha idea inicial para convertela nunha nova obra de arte. O programa visitará este universo de versións, pastiches, imitacións, fraudes e ... |
|
19/04/2008 - 15:38 h.
|
Miraxes repasará hoxe a vida e obra de Laxeiro, o pintor universal de Lalín, o gran pintor do século XX en Galicia, do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento. Para conmemoralo, dúas exposicións amosan en Vigo e A Coruña o itinerario artístico deste innovador da plástica galega e achegan a fascinante iconografía dun artista que soubo crear unha estética propia a partir de diferentes elementos, como a mitoloxía popular ou a iconografía relixiosa do Románico. O programa falará tamén da estrea en Galicia de "Four walls", a coreografía de Mercé Cuningham para a música de John Cage. A compañía Music Walk atrévese cun clásico da experimentación do ano 1944 que arremete contra a familia americana. Nesta colaboración preténdese unir a danza e a música contemporáneas desde unha perspectiva actual e persoal. Ademais, o espazo da Galega entrevistará a Alberto Vázquez, que falará da súa presenza no Salón do Cómic de Barcelona, onde está seleccionado en catro categorías por "O Evanxeo de Xudas". Trátase dun recompilatorio de historias curtas onde están presentes a relixión, a dor e a procura da felicidade.
 |
Miraxes repasará hoxe a vida e obra de Laxeiro, o pintor universal de Lalín, o gran pintor do século XX en Galicia, do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento. Para conmemoralo, dúas exposicións amosan en Vigo e A Coruña o itiner... |
|
12/04/2008 - 15:37 h.
|
O programa Miraxes estará dedicado hoxe ao jazz, unha música espontánea, individual, libre e inconformista, que nace nas mans e nas voces dos escravos e que reina entre os oídos máis esixentes do mundo enteiro. Miraxes achegarase ao Festival de Jazz que durante estas datas se celebra na Coruña e en Vigo e que alcanza a súa XIII edición. O certame pretende achegar a Galicia intérpretes clásicos, novidades e diferentes tendencias do panorama jazzístico actual. No ciclo estarán presentes algúns dos mellores intérpretes, como o acordeonista Richard Galliano ou o pianista Maccoy Tyner. Seguindo co jazz, o espazo da Galega entrevistará a Paco Charlín, contrabaixista e compositor galego que conta cunha longa e produtiva carreira musical, que o converteu nun dos máis activos na escena nacional. Doutra banda, Miraxes visitará no Marco de Vigo a exposición "Paraísos indómitos", que achega as visións de 20 creadores actuais encol da natureza, amosando como a visión do noso contorno mantén vixencia na creación artística. 46 obras, na súa maior parte fotografías e vídeos, exploran a relación dos artistas coa terra en que habitan. Pola súa parte, a comentarista Susana Cendán achegarase na Coruña ata o Macuf, que estes días amosa os fondos fotográficos da Colección Musac, onde o visitante pode percorrer os distintos xeitos de abordar a paisaxe mediante a comuñón do espazo e o ollo fotográfico.
 |
O programa Miraxes estará dedicado hoxe ao jazz, unha música espontánea, individual, libre e inconformista, que nace nas mans e nas voces dos escravos e que reina entre os oídos máis esixentes do mundo enteiro. Miraxes achegarase ao Fes... |
|
05/04/2008 - 15:44 h.
|
Miraxes regresará hoxe a vista atrás para ver con ollos do presente rebelións do pasado. O programa falará da fotografía do Ché Guevara realizada por Alberto Korda en 1960, a imaxe máis coñecida do planeta, que foi utilizada por artistas, publicistas e deseñadores de moda. Miraxes visitará na Fundación Luís Seoane da Coruña a exposición "Ché, revolución e mercado", que amosa como o mercado desmitificou a icona e converteu o heroe idealizado nun fetiche do consumo que adquiriu vida propia. O espazo tamén dará un paseo pola mostra "Do gaudeamus igitur ao venceremos nós", que repasa no Colexio Fonseca da Universidade de Santiago a aparición do compromiso social da emerxente clase universitaria e a acción política e militante na loita pola democracia. A exposición recolle carteis, xornais da época, revistas, fotografías de álbums e episodios históricos. Un dos moitos actores da rebelión do 68 en Santiago foi o cantante Luís Emilio Batallán. Anos despois comporía "Quen poidera namorala", una adaptación musical do poema de Álvaro Cunqueiro que agora se converteu na banda sonora da película "Pradolongo", de Ignacio Vilar. Ademais, o programa visitará na Coruña a exposición "Os rostros do fútbol", que amosa os retratos que dous fotógrafos suízos lles realizaron ás grandes estrelas do balón.
 |
Miraxes regresará hoxe a vista atrás para ver con ollos do presente rebelións do pasado. O programa falará da fotografía do Ché Guevara realizada por Alberto Korda en 1960, a imaxe máis coñecida do planeta, que foi utilizada por artistas, publ... |
|
29/03/2008 - 15:42 h.
|
O programa Miraxes visitará hoxe o Instituto Galego da Información, a única entidade de todo o entrañado de Sargadelos que aínda controla Isaac Díaz Pardo. O intelectual galego amosará esta tarde na TVG os tesouros que garda, recordos da súa vida que forman parte da historia de Galicia, de grande importancia histórica e cultural, para denunciar un conflito que aprisionou un valioso patrimonio. O espazo cultural da Galega tamén se achegará ao Auditorio de Galicia para coñecer a exposición "Historieta Galega", unha mostra retrospectiva da historia recente da banda deseñada, que pretende asentar unha visión cronolóxica e que fará que os afeccionados ao cómic poidan gozar das mellores creacións galegas dos últimos 35 anos. No apartado de plástica, Miraxes reseñará unha mostra que reúne na Fundación Feima de Madrid tres novos valores da plástica galega: Mar Vicente, Samuel Castro e Pablo Pérez Sanmartín. A exposición "Confluencias" é o resultado das bolsas que Feima e a Fundación Laxeiro lle dedican á creación. Pertencentes á mesma xeración, os tres artistas reúnense nun mesmo espazo, pero con discursos artísticos distantes e enfrontados. En vésperas do Día Internacional do Teatro, o programa estará hoxe cun dos grupos máis veteranos da escena galega, Tanxarina, que cumpre 25 anos creando ilusións. A formación, unha compañía autodidacta que está aberta á participación e que se alimenta da experiencia dos seus membros, continúa a visitar escenarios, participando en festivais por todo o mundo e producindo novas obras cada ano. Ademais, Miraxes tamén falará esta tarde de "O kiosco das almas perdidas", a nova proposta coa que o Centro Coreográfico Galego continúa de xira. Trátase dun espectáculo capaz de combinar danza contemporánea con baile tradicional galego.
 |
O programa Miraxes visitará hoxe o Instituto Galego da Información, a única entidade de todo o entrañado de Sargadelos que aínda controla Isaac Díaz Pardo. O intelectual galego amosará esta tarde na TVG os tesouros que garda, recordos da súa v... |
|
22/03/2008 - 15:37 h.
|
Miraxes proponlles aos espectadores da Galega unhas vacacións culturais. No programa de hoxe, veremos como o grupo Cobra desembarca no Centro Cultural Caixanova de Vigo; un grupo de artistas europeos que revolucionou a pintura na metade do século XX. Continuando en Vigo, as cámaras do espazo achéganse ata o museo MARCO onde se pode ver un mapamundi deseñado por diferentes personalidades de distintas culturas sobre conflitos; son xogos de sombras e cores, movementos imposibles, todo o que pode pasar nun debuxo animado. Miraxes tamén propón esta sobremesa unha semana de espectáculos como a actuación na Sala Nasa de Santiago do grupo Konic, un grupo de teatro contemporáneo que investiga, adapta e busca nas novas tecnoloxías outros camiños para a arte dramática. O humor do rei das cousas pequenas, Luís Piedrahita tamén está de viaxe por Galicia, é outra aposta do programa cultural da Galega que ademais ten entradas para ir velo de balde a Cangas. Para os amantes da música Miraxes ofrece a oportunidade de ver o grupo Pereza esta semana de paixón; a banda que foi número 1 do pop do noso país toca nas festas da Pascua de Padrón e o programa tamén dispón de entradas para repartir. Outras suxestións serán a última fornada do pop vigués, The Blows e o grupo Combo Dinamo da Coruña; un grupo que ofrece cancións sinxelas e moi dos anos sesenta na sala The Star de Carral.
 |
Miraxes proponlles aos espectadores da Galega unhas vacacións culturais. No programa de hoxe, veremos como o grupo Cobra desembarca no Centro Cultural Caixanova de Vigo; un grupo de artistas europeos que revolucionou a pintura na metade do séc... |
|
15/03/2008 - 15:41 h.
|
Neste 8 de marzo, Día da Muller, Miraxes ofrecerá hoxe un programa en que, sobre todo, van falar as mulleres, artistas, escritoras, arquitectas e mulleres da cultura. Unha delas será a cantante, instrumentista e compositora Mercedes Peón, que fixo a música da última estrea do Centro Coreográfico Galego, "O kiosco das almas perdidas". Este é o nome dun bar do Porto de Vigo e alí sitúase a acción desta obra dirixida por Roberto Oliván, que reúne danza, teatro, ilusionismo e vídeo creación. Ademais, neste día o programa lembrará a figura da escritora francesa Simone de Beauvoir, símbolo da muller contestataria e militante do movemento feminista. Cúmprense cen anos do seu nacemento e acaba de ser traducida ao galego a súa grande obra, "O segundo sexo". Miraxes tamén falará esta tarde doutra rebelde das letras, a fundadora da nosa literatura: Rosalía de Castro, que foi admirada e incomprendida no seu tempo e mitificada e quizais tamén incomprendida a día de hoxe. O programa intentará entrar na verdadeira dimensión da grande autora galega. Na páxina de espectáculos, volverase escoitar a voz das mulleres, neste caso a da protagonista de "Valdemuller", unha estrea do Centro Dramático Galego que conta o tránsito dunha moza que afirma a súa identidade feminina.
 |
Neste 8 de marzo, Día da Muller, Miraxes ofrecerá hoxe un programa en que, sobre todo, van falar as mulleres, artistas, escritoras, arquitectas e mulleres da cultura. Unha delas será a cantante, instrumentista e compositora Mercedes Peón, que ... |
|
08/03/2008 - 15:39 h.
|
Miraxes presentará esta tarde un programa cheo de sons e falará de arte sonora con dúas figuras internacionais, o americano Bill Fontana, un dos máximos expoñentes da arte sonora no mundo, que instala micrófonos e sensores para facer audible o que se nos escapa aos humanos; e o valenciano Llorenç Barber, outra das figuras máis destacadas neste eido. Ademais, o espazo da Galega presentará un novo instrumento, o aquófono, que nace de algo tan galego como é escoitar a chuvia caer e que presenta infinitas posibilidades musicais. Outro dos protagonistas do programa será o colectivo Escoitar, que naceu hai dous anos cun obxectivo claro: incorporar o son á historia e alertar de que o patrimonio sonoro tamén forma parte da identidade. Este colectivo está a recoller as vibracións sonoras de pedras, toxos, árbores e oficios. Miraxes sairá hoxe con eles na procura deses sons. Pola súa parte, a comentarista Susana Cendán falará da exposición do artista portugués André Guedes na Galería Trinta de Santiago. A mostra está constituída por unha obra central, "Documentando la vida de Eugenio", con materiais que recuperan e colocan en paralelo dúas historias relacionadas co monumento a Eugenio Montero Ríos e a relación que esta obra mantén coas institucións da cidade.
 |
Miraxes presentará esta tarde un programa cheo de sons e falará de arte sonora con dúas figuras internacionais, o americano Bill Fontana, un dos máximos expoñentes da arte sonora no mundo, que instala micrófonos e sensores para facer audible o... |
|
01/03/2008 - 15:43 h.
|
Miraxes ofrecerá hoxe o programa desde a Fundación Caixa Galicia da Coruña, onde a arte e a moda dialogan na exposición máis elegante da temporada. "Yves Saint Laurent. Diálogos coa arte" reúne modelos de pinturas, esculturas, augafortes ou litografías en que se inspirou o modisto francés. O espazo da Galega tamén se achegará ata o Centro Torrente Ballester de Ferrol, onde se pode visitar "I love you", un proxecto que toma como punto de partida o amor filtrado a través do ollo sempre implacable da cámara. O amor amósase en contextos creativos diferentes: o vídeo musical, a publicidade, o estilo de moda, a curta cinematográfica ou a vídeo creación.No apartado dedicado ás artes escénicas, Miraxes falará esta semana dunha obra que tamén fala do amor, pero de cando remata. Malasombra presenta un espectáculo pouco usual no teatro galego: unha comedia urbana que lembra a comedia de situación estadounidense. "Non é tan fácil" baséase en situacións que progresan cara ao absurdo e o humor branco, co tema das dificultades de romper unha relación como fondo. Outra das propostas será Alt 08. Máis de corenta espectáculos representaranse en espazos públicos e auditorios da cidade de Vigo durante dúas semanas. O festival inclúe teatro, danza, exposicións e música, pero todo coa etiqueta de alternativo. Miraxes despedirase presentando o último vídeo musical de Apenino.
 |
Miraxes ofrecerá hoxe o programa desde a Fundación Caixa Galicia da Coruña, onde a arte e a moda dialogan na exposición máis elegante da temporada. "Yves Saint Laurent. Diálogos coa arte" reúne modelos de pinturas, esculturas, augafo... |
|
23/02/2008 - 15:40 h.
|
O programa Miraxes visitará hoxe en Madrid Arco, a Feira de Arte Contemporánea, que este ano se abre á arte emerxente, aos novos talentos e ás propostas máis arriscadas. O programa andará na procura da presenza galega na feira. Miraxes falará con artistas, galerías, coleccionistas e compradores de Galicia. Ademais, a comentarista Susana Cendán falará de Brasil, o país invitado nesta vixésimo sétima edición de Arco, un certame que conta cunha crecente posición no panorama artístico internacional e que este ano renova o seu espazo e reestrutura o seu programa artístico. Por outra parte, o espazo da Galega falará dun dos artistas capitais da arte do noso tempo, Jannis Kounellis, un dos grandes nomes da arte pobre, aqueles que dixeron que buscar a beleza na arte era hipócrita e comezaron a traballar con materias orgánicas e industrias recicladas. Paneis de aceiro, barras de ferro, camas, mesas e cadeiras de madeira, teas, roupa e calzado son os materiais principais utilizados polo artista na mostra que se pode visitar na Fundación Caixa Galicia de Santiago. Ademais, Miraxes analizará esta tarde a nova proposta escénica da compañía Nut Teatro, "A mirada de Pier", unha obra que consolida a súa proposta de teatro contemporáneo e preformativo.
 |
O programa Miraxes visitará hoxe en Madrid Arco, a Feira de Arte Contemporánea, que este ano se abre á arte emerxente, aos novos talentos e ás propostas máis arriscadas. O programa andará na procura da presenza galega na feira. Miraxes ... |
|
16/02/2008 - 15:42 h.
|
O programa Miraxes convida hoxe os seus espectadores a dar un paseo polo Pazo de Oca, o exemplo máis representativo da arquitectura pacega tipicamente galega, un conxunto notable pola súa riqueza tanto arquitectónica coma botánica. Miguel Fernández presentará o programa desde o Pazo de Oca para falar de paisaxismo, da arte de organizar o espazo total da nosa vida e da creación de espazos para a convivencia e a contemplación. Miraxes amosará xardíns públicos e privados, espazos rupestres e innovadores proxectos de xardíns e mesmo como se estrutura e conserva a paisaxe dunha illa. Ademais, o espazo da Galega falará cos arquitectos paisaxistas Isabel Aguirre e José Crespí. Na sección de arquitectura, Miraxes analizará a rehabilitación e adaptación do Pazo de Lestrove, agora convertido en hotel pero que noutros tempos funcionaba como espazo de recreo dos arcebispos de Compostela. O programa falará co arquitecto Antonio Amado, encargado da rehabilitación deste conxunto de edificios. Por outra parte tamén se visitará na sede da Fundación Caixa Galicia de Ferrol a mostra "Sorolla e os seus contemporáneos", que reúne un conxunto de 60 obras de Sorolla, Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Cubells, entre outros. Esta colección pertence ao Museo de Belas Artes da Habana. Para finalizar, Miraxes falará de Ute Lemper, que volve traer o seu elegante cabaré a Galicia.
 |
O programa Miraxes convida hoxe os seus espectadores a dar un paseo polo Pazo de Oca, o exemplo máis representativo da arquitectura pacega tipicamente galega, un conxunto notable pola súa riqueza tanto arquitectónica coma botánica. Miguel... |
|
09/02/2008 - 15:44 h.
|
O programa Miraxes explorará esta tarde os camiños máis extravagantes da arte e falará con artistas diferentes empeñados en cuestionar os fundamentos mesmos da creación. Son anónimos, fillos do underground e inimigos do convencional. O espazo da Galega tamén falará da conexión galega da Patafísica, movemento cultural francés da segunda metade do século XX vinculado ao surrealismo. O Colexio de Patafísica, do que forma parte Fernando Arrabal, creouse en París como irónica contraposición ás academias de artes e ciencias. Por outra parte, Miraxes deterase na obra "Humor Neghro", o novo espectáculo do actor galego Carlos Blanco e do guineano Manecas Costa, que afonda no tema da emigración e da inmigración, asuntos sempre presentes tanto en Galicia coma en África. "Humor Neghro" xoga con razas, culturas, palabras e música. Na páxina de plástica, o programa falará de Antón Pulido, un pintor que racha o seu silencio artístico con unha exposición en Vigo, que amosa en primicia as últimas creacións do artista galego. Na exposición exhíbense 20 obras cargadas de intensidade e emoción, todas elas realizadas por Pulido durante o ano 2007. Ademais, a colaboradora Susana Cendán visitará a Galería Marisa Marimón de Ourense, que presenta nunha exposición colectiva a súa proposta particular para crear unha colección: artistas procedentes das máis diversas disciplinas.
 |
O programa Miraxes explorará esta tarde os camiños máis extravagantes da arte e falará con artistas diferentes empeñados en cuestionar os fundamentos mesmos da creación. Son anónimos, fillos do underground e inimigos do convencional. O espazo ... |
|
02/02/2008 - 15:39 h.
|
Miraxes vén este sábado cheo de música. O programa da TVG comezará hoxe en Moaña, a terra dun dos grandes gaiteiros do país, Xosé Manuel Budiño, que celebra os dez anos desde a publicación do seu primeiro disco cun novo traballo, "Home", o cuarto álbum da súa carreira. Budiño falará en Miraxes deste disco, en que colaboran Xoel López, Mercedes Peón e Kepa Junquera, que está inspirado nas viaxes do gaiteiro polo mundo e co que comezará unha viaxe musical que o subirá aos escenarios principais de Galicia. O espazo presentado por Miguel Fernández tamén falará do compositor galego residente en Estados Unidos Fernando Buide, que acaba de estrear coa Real Filharmonía de Galicia a obra "Tropos", unha creación contemporánea inspirada nas vellas estruturas da música medieval. Tamén chegará esta tarde a Miraxes a música de Sid Griffin, un dos innovadores do rock & roll dos 80 na Costa Oeste dos Estados Unidos, que tocará a semana que vén en Pontevedra. Trátase dunha ocasión única para escoitar a este talentoso compositor.
 |
Miraxes vén este sábado cheo de música. O programa da TVG comezará hoxe en Moaña, a terra dun dos grandes gaiteiros do país, Xosé Manuel Budiño, que celebra os dez anos desde a publicación do seu primeiro disco cun novo traballo, "Home&qu... |
|
26/01/2008 - 15:41 h.
|
Miraxes ofrecerase hoxe dende o Museo do Mar, en Vigo, que reabriu as súas portas en decembro. O programa da Galega convidará os seus espectadores a un paseo polos fondos desta antiga conserveira de Alcabre, que alberga agora os vestixios da milenaria cultura mariñeira de Galicia. A exposición permanente recolle as diferentes formas e tradicións coas que o pobo galego se relacionou co medio mariño. Miraxes falará co director do museo, Pablo Carrera, e con César Portela, o arquitecto que, xunto a Aldo Rossi, rescatou para a cultura do mar estas vellas naves industriais. Por outra parte, o espazo que presenta Miguel Fernández visitará no Centro Galego de Arte Contemporánea a exposición "Ficcións analóxicas", que revisa as obras de vídeo creación elaboradas por un elenco de artistas galegos durante a década dos 80 e que dotou o audiovisual da comunidade de voz propia no panorama nacional e internacional. Miraxes dialogará con dous dos autores que formaron parte desta xeración: Xavier Villaverde e Ignacio Pardo. Tamén están presentes na mostra traballos de Antón Reixa, Eloy Lozano, Antón Segade, Manuel Abad, Antón Caiero, Xosé Búa e Antón Mouzo.
 |
Miraxes ofrecerase hoxe dende o Museo do Mar, en Vigo, que reabriu as súas portas en decembro. O programa da Galega convidará os seus espectadores a un paseo polos fondos desta antiga conserveira de Alcabre, que alberga agora os vestixios da m... |
|
19/01/2008 - 15:44 h.
|
O programa Miraxes contaralles hoxe aos seus espectadores todo sobre a temporada que vén, sobre a cultura, a música e os espectáculos que se aveciñan os vindeiros meses. Coma sempre, o espazo da Galega dará cumprida conta cando se vaian producindo os acontecementos, pero esta tarde botaralle unha primeira ollada ao calendario cultural de 2008. Un dos eventos culturais que a bo seguro dará que falar durante o vindeiro ano é Algoritmi dixit, título da nova mostra de Darío Basso, composta por unha instalación no patio central da Fundación Luís Seoane e máis dous vídeos. Este proxecto, ambicioso en tamaño e concepto, pretende incidir nas correspondencias ao longo da historia entre artes, ciencias e culturas de Oriente e Occidente, dúas civilizacións dispares e antitéticas. Miraxes tamén falará esta tarde de O Profissional, que supón a terceira vez que Manuel Guede atende a chamada de Portugal e dirixe no país veciño un grupo de actores, desta vez, coa consolidada compañía de Teatro de Braga. Guede escolleu unha obra contemporánea do dramaturgo serbio Dusan Kovasevic, que transforma o dramatismo en humor negro para retratar a guerra, a crueldade humana, as políticas de identidade que procuran a supresión do diferente e o contraditorio das estruturas sociais.
 |
O programa Miraxes contaralles hoxe aos seus espectadores todo sobre a temporada que vén, sobre a cultura, a música e os espectáculos que se aveciñan os vindeiros meses. Coma sempre, o espazo da Galega dará cumprida conta cando se vaian produc... |
|
12/01/2008 - 15:29 h.
|
No seu primeiro programa de 2008, Miraxes realizará hoxe un repaso das conmemoracións, aniversarios e efemérides que marcarán a cultura galega neste novo ano, en que se celebrarán aniversarios importantes. Así, en 2008 farían cen anos Laxeiro, Manuel Lugrís, Bette Davis e Cartier Bresson. Nos vindeiros doce meses a RAG programará actos na honra de Curros Enríquez, do que se cumpre un século da súa morte. Pero o gran protagonista da cultura galega será Xosé María Álvarez Blázquez, o homenaxeado das letras galegas. Ademais cúmprense 40 anos de maio do 68 e do nacemento de Voces Ceibes, un fito da historia da música en galego, e xa hai 25 anos que nos deixaron Joan Miró e Luís Buñuel. Por outra parte Miraxes entrevistará a unha artista que está a expoñer a súa obra en Santiago, Marina Núñez, un dos nomes máis relevantes do panorama artístico contemporáneo, que reformula os discursos de xénero, cun tratamento especificamente moderno da imaxe, onde a figura da muller ocupa un espazo decisivo. Marina falará da súa exposición Reflejo, que é unha compilación de traballos realizados desde o ano 2000.
 |
No seu primeiro programa de 2008, Miraxes realizará hoxe un repaso das conmemoracións, aniversarios e efemérides que marcarán a cultura galega neste novo ano, en que se celebrarán aniversarios importantes. Así, en 2008 farían cen anos Laxeiro,... |
|
05/01/2008 - 15:41 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe dos premios Galicia Crea, uns galardóns que recoñecen os novos valores na arte, a música, o teatro ou a moda. Trátase de propostas moi distintas pero moi prometedoras e suxestivas. Para amosar os camiños que están a percorrer os artistas máis novos do país, Miraxes seleccionará algúns dos premiados. Así, falará con Iván Prieto, gañador do premio de Artes Plásticas; Silvia Rodríguez Pena, vencedora na categoría de graffiti; Mónica González, directora de Non si? teatro, que tamén un Galicia Crea; Carolina González, premio Tesoira deste ano. Neste último programa do ano farase un repaso dos recoñecementos que recibiu a cultura galega durante os últimos 365 días, en que moitos creadores viron recoñecido o seu traballo e traxectoria. Ademais, conseguíronse varios premios nacionais e a arte e a música galegas viaxaron a Venecia, Cannes e Berlín. Tamén revisarán o 2007 os colaboradores do programa, Susana Cendán e Antón Lopo. No apartado musical tamén haberá tempo para o balance. Miraxes apostará polos sete de 2007, unha selección de traballos, cantantes, temas e vídeos que pegaron forte este ano.
 |
O programa Miraxes falará hoxe dos premios Galicia Crea, uns galardóns que recoñecen os novos valores na arte, a música, o teatro ou a moda. Trátase de propostas moi distintas pero moi prometedoras e suxestivas. Para amosar os camiños que está... |
|
29/12/2007 - 15:40 h.
|
Nestas datas tan sinaladas, a época dos retornos, das boas intencións e das enchentas, Miraxes fará unha selección de grandes momentos do rock and roll, dende Los Beatles ata os Rolling Stones, pasando por Los Ramones, Queen e U2. O espazo cultural da Galega dedicará parte do seu tempo a un dos grandes pintores galegos do século XX, Xosé Lodeiro, cuxa obra é recorrida exhaustivamente nunha exposición do CGAC. A mostra retrospectiva reúne un cento de obras do artista, entre litografías, debuxos e pinturas e abarca desde os anos 70 ata a súa morte. Ademais, Miraxes botaralle esta tarde unha ollada á historia recente da arte en España visitando a exposición "Con mirada propia", que a Fundación María José Jove exhibe na Coruña. Trátase dunha selección de pinturas e esculturas de case medio cento de artistas españois dos século XIX e XX, como Maruja Mallo, Picasso, Castelao, Fortuna e Tápies. Outra das propostas de Miraxes será o II Circuíto Galego de Maxia, que levará durante o Nadal a 50 concellos galegos máis maxia cá propia destas datas. Vinte magos percorrerán Galicia para promover este xénero escénico a través da exhibición de diferentes técnicas como o ilusionismo, o escapismo e o mentalismo. O programa falará con Kiko Pastur e co Mago Romarís, que comentarán a época dourada que está vivindo a maxia en Galicia.
 |
Nestas datas tan sinaladas, a época dos retornos, das boas intencións e das enchentas, Miraxes fará unha selección de grandes momentos do rock and roll, dende Los Beatles ata os Rolling Stones, pasando por Los Ramones, Queen e U2. O espaz... |
|
22/12/2007 - 15:45 h.
|
Estamos ás portas do Nadal e a bo seguro que moitos aínda non saben con que agasallar os seus achegados. Miraxes permitirase esta tarde a licenza de lanzar para os seus espectadores algunhas suxestións para os agasallos de Nadal, presentes feitos todos en Galicia polos nosos artistas. Así, o programa da TVG elixirá algúns discos que acaban de saír ao mercado, de estilos moi distintos, pero que teñen en común o idioma. Miraxes falará con Baldo Martínez, de Projecto Miño; Efi Arias e Noel Feáns, de Fani + Alexander; e Fran Pérez, de "Narf". Aproveitando o rexurdimento da plástica galega, Miraxes recomendará tamén regalar arte. Grazas a "United Fiction", unha plataforma de Internet onde se comercializan obras de creadores galegos a moi bo prezo, estes agasallos pódense conseguir sen saír da casa. "United Fiction", creada por Jorge Martínez e Javier Garrido, é un exemplo de empresa cultural que aposta polos novos creadores e pola democratización da arte. Dado que Galicia ten unha industria editorial pioneira, internacional e moi premiada, Miraxes defenderá que o mellor agasallo para un neno é un libro galego. O programa seleccionará dúas obras que son exemplo de ben facer e falará co debuxante Pablo Otero e coa escritora Marisa Núñez.
 |
Estamos ás portas do Nadal e a bo seguro que moitos aínda non saben con que agasallar os seus achegados. Miraxes permitirase esta tarde a licenza de lanzar para os seus espectadores algunhas suxestións para os agasallos de Nadal, presentes fei... |
|
15/12/2007 - 15:40 h.
|
Miraxes cumpre hoxe 200 programas e para celebralo propón unha reflexión sobre unha difícil parella: a cultura e a televisión. Nun medio tan volátil como a televisión non sempre se cumpren 200 programas e case dous anos de emisión. E o programa da Galega faino cun reto: analizar as difíciles relacións entre estes dous elementos. Miraxes pescudará como se trata a cultura na televisión e como os artistas empregan a pequena pantalla para crear as súas obras. O espazo presentado por Miguel Fernández tamén se achegará ata o Centro Galego de Arte Contemporánea, onde está aberta a mostra "Información. Contrainformación", onde a obxectividade, a neutralidade e a imparcialidade, os grandes principios do xornalismo, son minados e torpedeados pola reflexión de once artistas.Xa no apartado dedicado ao comentario de artes, a cargo de Susana Cendán, falarase esta tarde sobre a exposición de Berta Cáccamo na Galería PM8 de Vigo, formada por debuxos e pinturas escollidos entre a súa recente produción. Tramas circulares e pintura vertida son os aspectos máis innovadores das pezas expostas. Na páxina de espectáculos será protagonista a nova proposta de Nove Dous Teatro, "Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas", unha obra en que os seres humanos se converten en pos humanizados. Como é habitual, a música poralle tamén o broche final a este Miraxes 200.
 |
Miraxes cumpre hoxe 200 programas e para celebralo propón unha reflexión sobre unha difícil parella: a cultura e a televisión. Nun medio tan volátil como a televisión non sempre se cumpren 200 programas e case dous anos de emisión. E o program... |
|
08/12/2007 - 15:46 h.
|
Miraxes fixará hoxe a súa ollada nun dos límites da xeografía galega, a Mariña lucense, foco cultural desde vello. O vento do nordés levará o programa ata unha terra chea de novos creadores, músicos, escultores ou fotógrafos que buscan na Mariña a razón de ser da súa obra. Así, no espazo cultural da Galega, a cantante Ugía Pedreira falará da súa música desde o centro de instrución e recreo de San Pedro de Benquerencia, unha ilusión arquitectónica de 1906 feita a iniciativa dos emigrantes, que trouxeron tamén moita música, uns ritmos americanos que axiña prenderon. Na Mariña, Miraxes atoparase tamén co ceramista e escultor Daniel Río, Caxigueiro, que converteu a súa paixón en oficio cando comezou a traballar en Sargadelos, importante foco cultural da comarca. Tamén serán protagonistas esta tarde Xermán Viluba, todo un activista cultural da zona e músico dos desaparecidos Skornabois que agora actúa baixo o alcume de Zimmer 103; e o fotógrafo Ignacio Castro, Náchok, que se move pola Mariña levando sempre a cámara consigo e aproveita calquera ocasión para fotografar o seu contorno. O urbanismo é unha das grandes preocupacións dos artistas da Mariña. Para comprobar como outra arquitectura é posible, o programa visitará a vivenda en Reinante de Carlos Quintáns.
 |
Miraxes fixará hoxe a súa ollada nun dos límites da xeografía galega, a Mariña lucense, foco cultural desde vello. O vento do nordés levará o programa ata unha terra chea de novos creadores, músicos, escultores ou fotógrafos que buscan na Mari... |
|
01/12/2007 - 15:51 h.
|
Miraxes chega hoxe á pantalla da Galega cun marcado acento musical e hipnotizado pola saudade. O programa comezará coa voz universal da cantante Cesaria Évora, que trouxo a Galicia as ondas do mar de Cabo Verde. A diva de pés descalzos, que lle pide ao océano polos emigrantes e pescadores no seu último disco, falou para Miraxes. As mareas atlánticas traerán tamén esta tarde ao programa outro canto: o fado. No marco da V Mostra Portuguesa que estes días se desenvolveu en Galicia, actuaron en Santiago Mariza e Canamé, dous dos grandes protagonistas da renovación musical e xeracional que vive o fado. Esta mostra fixo posible que moitos galegos se fixeran unha idea viva e real da gran creatividade exhibida pola cultura portuguesa actual. Miraxes falará con Mariza e Canamé, que, xunto a outros moitos fadistas, participan no último filme de Carlos Saura, que investiga as orixes e o futuro dunha música nacida na Lisboa do século XIX. Viaxando polos camiños da música, o espazo da TVG atoparase tamén con dous galegos residentes en Nova York: a gaiteira e pianista Cristina Pato e o compositor Octavio Vázquez, que acaban de estrear coa Sinfónica de Galicia un concerto para piano na Coruña. Doutra banda, Miraxes ollará para as grandes cidades desde o obxectivo do fotógrafo Manuel Vázquez, o único galego presente no festival Photogalicia.
 |
Miraxes chega hoxe á pantalla da Galega cun marcado acento musical e hipnotizado pola saudade. O programa comezará coa voz universal da cantante Cesaria Évora, que trouxo a Galicia as ondas do mar de Cabo Verde. A diva de pés descalzos, que ll... |
|
24/11/2007 - 15:43 h.
|
Grandes nomes da arquitectura mundial falarán hoxe para Miraxes. Nos últimos anos a arquitectura está a espertar un interese inusitado por parte da sociedade e dos medios de comunicación. O programa da TVG estivo nuns encontros que reuniron en Galicia grandes nomes da arquitectura mundial, como a iraquí Zaha Hadid, convertida en estrela mediática, coa que falará Miraxes, que tamén conversará con Thomas Herzog, pioneiro na investigación científica aplicada á arquitectura para reducir o consumo de enerxía fósil; e con Yung Ho Chang, que abriu o primeiro estudio privado de arquitectura en China. Ademais, o espazo presentado por Miguel Fernández entrevistará a un dos arquitectos de referencia da segunda metade do século XX, o galego Andrés Fernández-Albalat, un creador cun trazo construtivo moderno, racionalista e universal. Fernández-Albalat defínese como un construtor ilustrado que non só é arquitecto e escolle ideas para traballar coma o minimalismo, o racionalismo e a abstracción. No seu comentario habitual de arte, a colaboradora Susana Cendán falará da exposición de Luís Gordillo na Galería SCQ de Santiago. Este recoñecido pintor, que recibiu este ano o Premio Velázquez, presenta unha mostra heteroxénea tecnicamente pero cunha serie de eixes vertebrais, composta por grandes lenzos, papel, cartulina e foto intervida.
 |
Grandes nomes da arquitectura mundial falarán hoxe para Miraxes. Nos últimos anos a arquitectura está a espertar un interese inusitado por parte da sociedade e dos medios de comunicación. O programa da TVG estivo nuns encontros que reuniron en... |
|
17/11/2007 - 15:43 h.
|
Hoxe a fotografía será a protagonista en Miraxes, que comezará falando de retratos e de retratistas, de tres fotógrafos de distintas escolas que captan a esencia do ser humano nas súas obras. Así, o programa conversará con Victoria Diehl, que mestura a imaxe humana coa escultura e a vida coa morte; co coruñés Xoán Piñón, un claro exemplo de que na actualidade a estética publicitaria exerce unha grande influencia sobre a fotografía; e con José Caruncho, que percorre Galicia fotografando o que ve e realizando retratos directos e sinxelos. O espazo cultural da Galega tamén realizará unha parada no Outono Fotográfico de Ourense, que cumpre 25 anos. O certame preséntase nesta edición como un multitudinario punto de encontro para novos fotógrafos e profesionais de renome. O programa, que permitirá ver obras de medio millar de artistas nacionais e estranxeiros, consta de 82 mostras, máis de 100 actividades e 60 espazos expositivos en 27 localidades galegas. Tamén falará hoxe de fotografía a comentarista Susana Cendán, que visitará na Galería Bacelos de Vigo a exposición de Pablo Genovés "Viaxe interior", unha serie de fotografías onde modifica postais turísticas antigas, das que o autor é coleccionista.
 |
Hoxe a fotografía será a protagonista en Miraxes, que comezará falando de retratos e de retratistas, de tres fotógrafos de distintas escolas que captan a esencia do ser humano nas súas obras. Así, o programa conversará con Victoria Diehl, que ... |
|
10/11/2007 - 15:46 h.
|
O programa Miraxes moverase hoxe a ritmo de blues pola Coruña, a cidade que tinguen de azul tres bluesmen de distintos carismas. O espazo da Televisión de Galicia falará con Mikki Nervio, lendaria banda de blues galego que leva anos combinando o blues tradicional con temas propios; con Carlos Childe e con Cadelo Lunático.Ademais, o programa cultural presentado por Miguel Fernández entrevistará o poeta Carlos Oroza, que leva décadas paseando polas palabras e que acaba de presentar o libro "Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente", con ilustracións de Antón Lamazares. Outra das citas do Miraxes desta tarde será no CGAC de Santiago, onde se pode visitar a exposición "A batalla dos xéneros", un proxecto que trata de examinar as achegas do feminismo na década dos 70. A mostra exhibe producións artísticas realizadas por máis de 50 mulleres de todo o mundo que denunciaron a opresión sexista. Miraxes falará con tres delas: Martha Rosler, Sanjia Ivekovic e Ulrike Rosenbach.
 |
O programa Miraxes moverase hoxe a ritmo de blues pola Coruña, a cidade que tinguen de azul tres bluesmen de distintos carismas. O espazo da Televisión de Galicia falará con Mikki Nervio, lendaria banda de blues galego que leva anos combinando... |
|
03/11/2007 - 15:43 h.
|
Miraxes percorrerá esta tarde as grandes exposicións deste outono en Galicia. Fotografías, pinturas, esculturas...máis de catrocentas obras presentan na Fundación Caixa Galicia a un Man Ray "despreocupado mais non indiferente". A exposición arranca na primeira etapa deste artista como creador nos EUA e vai seguindo o percorrido vital de Man Ray polas cidades que fixeron a súa vida: Nova York, París e Os Ánxeles. Unha mirada ben distinta é a do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado. PhotoGalicia mostra en Santiago tres décadas de viaxe ao continente africano onde Salgado captou a natureza grandiosa, os problemas apremantes e as esperanzas necesarias de África. Picasso laboratorios de estilos é unha mostra dividida en dúas partes. A Fundación Barrié de Vigo e A Coruña mostran 89 obras do pintor malagueño, 38 delas nunca foran expostas. E o MARCO dálle tempo ao tempo. O museo de Arte Contemporánea de Vigo celebra o seu V aniversario reflexionando sobre o paso do tempo e faino a través desta exposición, "tempo ao tempo".
 |
Miraxes percorrerá esta tarde as grandes exposicións deste outono en Galicia. Fotografías, pinturas, esculturas...máis de catrocentas obras presentan na Fundación Caixa Galicia a un Man Ray "despreocupado mais non indiferente". A exp... |
|
27/10/2007 - 15:26 h.
|
Miraxes xogará esta tarde un partido de fútbol, xa que o programa reparará na literatura, a fotografía, o teatro e o cine que se crean arredor do deporte rei. O mundo da cultura non se resiste a saír ao campo para analizar, interpretar e retratar as experiencias que percorren o mundo en 90 minutos. O espazo cultural da Galega ofrecerá unha aliñación das últimas obras inspiradas no deporte rei, un deporte-espectáculo que concentra miradas persoais que dan pé á construción dun discurso artístico. Así, Miraxes lembrará a novela "Todo ben", coa que Manuel Rivas naceu para a literatura e que ten o fútbol como trama principal. Pero este deporte é tamén materia de inspiración para o cine. O novo realizador Álex Marzoa presentou este ano a súa curta "Temporada 92-93". O programa virará sobre as artes escénicas para falar de "Fóra de xogo", o obra coa que a compañía Nove/dous, teatro viaxa este ano por Galicia. Ademais, lembrarase a compañía "Teatro do aquí", que levara á escena en 1996 "Oé, oé, oé" e tamén o grupo Chévere, que fixera un espectáculo sobre fútbol e clown no ano 2000. Tamén se falará de arquitectura e fútbol, cunha visita ao campo de fútbol de Cabanas. Outro dos temas destacados que esta tarde tratará Miraxes é o festival de cine euroárabe de Compostela, AMAL, que pretende converterse nun espazo para o entendemento entre a cultura árabe e a española, unha oportunidade para achegar dous mundos distantes a través da linguaxe máis universal: o medio audiovisual. A quinta edición do certame ofreceralle ao público a cara máis oculta da sociedade e cultura árabes e aquela que non se dá a coñecer nos medios de comunicación. As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, a exposición do artista compostelán Santi Jiménez e a música de Diego el Cigala, que vén presentar á Coruña o seu último disco, "Lágrimas negras" terán tamén o seu sitio nesta nova edición de Miraxes.
 |
Miraxes xogará esta tarde un partido de fútbol, xa que o programa reparará na literatura, a fotografía, o teatro e o cine que se crean arredor do deporte rei. O mundo da cultura non se resiste a saír ao campo para analizar, interpretar e retra... |
|
20/10/2007 - 15:34 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe de pintura e poesía, dúas disciplinas artísticas que se entrelazan en tres libros singulares, tres obras de arte en que se pasa da palabra á plástica e viceversa. Trátase de "Un sentimento ingrávido", obra conxunta entre o poeta Carlos Oroza e o pintor Antón Lamazares; "Alén", que supón o encontro da obra de Leopoldo Nóvoa e a de José Ángel Valente; e "Albh", en que o editor e serígrafo Nelson Villalobos levou ata Armenteira a Méndez Ferrín. En resumo, tres obras que conteñen experiencias vitais e sorpresas debidas á conexión persoal e profesional entre varios dos creadores galegos máis relevantes. No espazo cultural da TVG tamén se falará hoxe de "Afinidades selectivas", unha experiencia conxunta entre profesores, alumnos e ex alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que se pode visitar na Casa das Artes de Vigo. Fusiónanse nesta exposición puntos de vista creativos complementarios. Os nove artistas reunidos buscan un contexto creativo predisposto a saír do seu ensimesmamento para mesturarse nun espazo desexoso de ser percibido de maneira non habitual. Doutra banda, Miraxes falará coa cantante coruñesa Silvia Penide, que, con só 28 anos, é unha das poucas artistas galegas que pode presumir de lanzar o seu terceiro disco ao mercado. Trátase de "Desafinante Crónica", o seu traballo máis elaborado ata o momento, en que fai unha viaxe polas rupturas da súa vida, e que a converte nunha das artistas máis descargadas na rede. No capítulo de espectáculos, o programa reparará esta tarde en "Pan", unha obra de Voltaedalle Teatro onde se ofrecen catro propostas arredor da malla, esa tradición perdida que simboliza a substitución do modo de vida rural pola economía capitalista de hábitat urbano. "Pan" é un proceso de creación colectiva que mestura o cómico e o tráxico, o surrealista, o satírico e o simbólico.
 |
O programa Miraxes falará hoxe de pintura e poesía, dúas disciplinas artísticas que se entrelazan en tres libros singulares, tres obras de arte en que se pasa da palabra á plástica e viceversa. Trátase de "Un sentimento ingrávido", o... |
|
13/10/2007 - 15:47 h.
|
O Centro Dramático Galego descubrirá hoxe en Miraxes o Shakespeare máis delirante e humorístico. O programa da Galega falará da produción coa que a compañía inicia a temporada, "Noite de reis. Ou o que queirades", unha adaptación da obra do escritor inglés. A montaxe, dirixida por Quico Cadaval, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor. Cadaval, un dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, explicará en Miraxes as claves da obra. O programa presentado por Miguel Fernández achegarase a unha illa chea de historia, San Simón, onde a finais do mes pasado tivo lugar a experiencia "Fronteiras", que reuniu a varios creadores internacionais de diferentes disciplinas, cuxo resultado é unha mostra colectiva dos traballos, de carácter itinerante. "Miraxes" recabou as impresións dalgúns destes artistas, entre os que estaban Azul Blaseotto, Mona Higuchi, Richard Lerman e Carlos Suárez.Doutra banda, Miraxes ofrecerá unha entrevista coa fotógrafa norteamericana de orixe húngara Sylvia Plachy, que, tras o seu paso polo festival PhotoEspaña, repite en PhotoGalicia cunha retrospectiva do seu traballo. O título da mostra, "De esguello", resume moi ben o seu xeito de abordar a fotografía, baseado en imaxes onde priman as escenas a medio discorrer, creando unha tensión misteriosa. No capítulo musical, o espazo cultural da TVG falará de GalegoZ, un colectivo festeiro e reivindicativo, composto por nove músicos, que pretenden facer a revolución do dance no seu último traballo. Miraxes tamén repasará as grandes citas musicais da semana, que terán lugar no San Froilán, que converte a Lugo durante estes días na capital musical do Noroeste.
 |
O Centro Dramático Galego descubrirá hoxe en Miraxes o Shakespeare máis delirante e humorístico. O programa da Galega falará da produción coa que a compañía inicia a temporada, "Noite de reis. Ou o que queirades", unha adaptación da ... |
|
06/10/2007 - 15:46 h.
|
O programa Miraxes acompañará hoxe os músicos galegos que participaron no Popkomm, a cita referencial para a industria musical internacional, que se desenvolveu en Berlín co propósito firme de loitar contra a pirataría en Internet e con maior presenza internacional ca nunca. O espazo da TVG falará con Xoel López, Berrogüeto, Lamatumbá, Faltriqueira e Catpeople, que estiveron presentes na gran feira da música mundial, amosándolle ao mundo a música que se desenvolve en Galicia. Doutra banda, Miraxes revisará na Fundación Caixa Galicia de Pontevedra a exposición "Tres vídeos tristes", en que, a través de tres producións audiovisuais e 22 fotografías en diferentes formatos, Alberto García Álix realiza unha intensa mirada cara ao seu interior. A través da imaxe, o texto e o son, o artista mantén un diálogo aberto e sincero co espectador. A fotografía tamén será protagonista do comentario da semana da colaboradora Susana Cendán, que falará de "Mellor en casa que en ningunha parte", unha exposición da Galería María Prego en que se une a obra de dous fotógrafos emerxentes do panorama nacional: Maribel Castro e Javier Fernández Pérez de Lis. Trátase de dous novos fotógrafos e de dúas formas moi distintas de entender a fotografía, pero con moitos puntos en común. Miraxes amosará tamén outras fotografías, as que Joaquín del Palacio, Kindel, lles realizou a casas, edificios, bares e interiores nos anos 50 e 60 en España e que permanecen expostas na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia, na Coruña. Ademais, na sección de plástica, o programa deterase no traballo do vigués Darío Basso, un dos pintores galegos máis destacados dos últimos anos. O artista falará sobre a influencia da enerxía e a terra na súa pintura, caracterizada por obras atemporais que lle renden tributo á persoa do seu tempo. A axenda cultural, de espectáculos e de concertos e a música dos suecos The Mari Onnetes poranlle hoxe o peche a Miraxes.
 |
O programa Miraxes acompañará hoxe os músicos galegos que participaron no Popkomm, a cita referencial para a industria musical internacional, que se desenvolveu en Berlín co propósito firme de loitar contra a pirataría en Internet e con maior ... |
|
29/09/2007 - 15:36 h.
|
O programa Miraxes concentrará a partir desta semana o seu repaso á oferta cultural galega os sábados á tarde, cando se ofrecerá un programa de media hora de duración. Na súa edición de hoxe, o espazo da TVG mergullarase na rentrée e botará unha ollada ao que vai vir, a algúns dos grandes acontecementos culturais dos vindeiros meses. Deste xeito, os espectadores da Galega poderán tomar nota das exposicións e espectáculos que se van celebrar este outono, dende a fotografía de Man Ray ata a pintura de Picasso. Unha das citas importantes do outono, en que Miraxes afondará, está no Centro Galego de Arte Contemporánea, que, con "A batalla dos xéneros", recolle o traballo de máis de 50 artistas que fixeron das demandas feministas a razón de ser da súa obra. Este proxecto trata de examinar as achegas do feminismo na década dos 70, que permitiu darlle visibilidade e serviu de lanzamento a unha serie de presentacións sen as que non se pode comprender a sociedade contemporánea. No Miraxes desta tarde tamén se falará de arquitectura. Neste comezo de curso, o programa achegouse a unha biblioteca singular, a que crearon no campus de Ourense os arquitectos Galo Zayas e Xesús Llamazares. O 15º aniversario da Sala Nasa é outro dos asuntos dos que hoxe se ocupará o espazo da Televisión de Galicia presentado por Miguel Fernández. A Sala Nasa é desde 1992 unha porta aberta á creación e ao encontro de artistas de espectadores, un centro de recursos artísticos independente, accesible a artistas novos e consagrados. Hoxe, 15 anos despois do seu nacemento, Miraxes entrevistará enriba do tellado da Nasa a tres dos seus comandantes: Miguel de Lira, Xesús Ron e Patricia de Lorenzo, artífices deste proxecto e da compañía de teatro Chévere. A páxina musical do programa comezará esta tarde cunha voz única, a de María Callas, que hai 30 anos morreu en París, un aniversario que se lembra con novas edicións dos seus discos e recitais. Despois de tres décadas sen ela, o mundo da ópera réndelle homenaxe á máis divina das súas voces. O repaso da axenda cultural e de concertos e a música de Triángulo de Amor Bizarro, o grupo sorpresa deste ano, servirán hoxe como despedida de Miraxes.
 |
O programa Miraxes concentrará a partir desta semana o seu repaso á oferta cultural galega os sábados á tarde, cando se ofrecerá un programa de media hora de duración. Na súa edición de hoxe, o espazo da TVG mergullarase na rentrée e botará un... |
|
22/09/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes, o espazo cultural da TVG, falará hoxe da compañía Galitoon, que acaba de conseguir un grande éxito na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo. A compañía logrou o primeiro premio coa súa obra "Golulá", espectáculo de técnica mixta que mestura teatro de actor cos monicreques, body poppets e teatro negro, ademais da musicalidade, o coidado deseño de efectos sonoros e visuais e dun ritmo trepidante. Da man desta obra máxica cargada de fantasía, os espectadores da Galega viaxarán a un mundo misterioso, un país onde todo pode ser: a risa, o medo, a intriga, a amizade, a aventura, a loita cos pecados capitais e as tentacións. Ademais da historia de "Golulá", Miraxes achegarase á de Galitoon e o seu esforzo por converterse nunha auténtica fábrica de soños. O programa visitará a súa factoría, de apenas tres anos de vida, para coñecer un pouco do seu traballo e falará coa directora de "Golulá", Andrea Bayer; co director artístico de Galitoon, Santiago Alonso; e co produtor executivo, Chisco Casteleiro. Doutra banda, Susana Cendán falará do humor e da ironía na arte contemporánea. A comentarista desprazouse ao MACUF da Coruña para visitar a mostra "Isto non é unha broma", un conxunto de seis exposicións individuais, que coinciden no uso do humor ou a ironía como estratexia conceptual ou artística, sempre como punto de partida para analizar problemas sociais ou culturais que definen o noso presente. Coma sempre, a axenda cultural para a semana que vén e a música porán o broche final ao programa, que se despedirá co novo vídeo musical da banda coruñesa Grasa. "Karthikeyan" é un vídeo en que se mesturan imaxes de animación con imaxe real e está dedicado ao primeiro piloto indio en chegar aos grandes circuítos.
 |
Miraxes, o espazo cultural da TVG, falará hoxe da compañía Galitoon, que acaba de conseguir un grande éxito na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo. A compañía logrou o primeiro premio coa súa obra "Golulá", espectáculo de técnica mixta... |
|
16/09/2007 - 15:54 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe co actor Pedro Alonso, que se transforma en Juanito Pelighro para repasar a vida uns segundos antes de morrer. Os actores saen á rúa para celebrar os 125 anos de teatro en galego. Un deles é Pedro Alonso, actor vigués cunha sólida carreira no cine, que leva un monólogo de Bernard Marie Koltés ás lonxas e prazas de abastos do país. Interpreta a Juanito Pelighro, un home que quere axustar contas con todos e consigo mesmo. No Miraxes desta tarde falarase tamén de arquitectura, concretamente da proposta de Emilio Rodríguez para unha casa no rural de Rianxo, baseada no aproveitamento do solo, materiais baratos e aposta polo aforro enerxético. Esta casa xorde cunha caixa de formigón como esqueleto e recubrimento de madeira tratada. Como é habitual, o programa cultural da Galega repasará a axenda cultural e de concertos para esta fin de semana. O último vídeo musical de Massive Attack, que actúa estes días en Barcelona e O Porto, poralle o punto e final ao programa. Considerados os pais do trip-hop, o seu estilo pode clasificarse como música electrónica, aínda que combina elementos do jazz, rap e outros xéneros, contando tamén cunha potente influencia do rock.
 |
O programa Miraxes falará hoxe co actor Pedro Alonso, que se transforma en Juanito Pelighro para repasar a vida uns segundos antes de morrer. Os actores saen á rúa para celebrar os 125 anos de teatro en galego. Un deles é Pedro Alonso, actor v... |
|
15/09/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe da viaxe musical por Galicia da Orquestra de Cámara Galega para divulgar a música clásica de compositores galegos. Fundada en 1995, pretende estallar a nosa cultura musical e presenta un repertorio que abarca diferentes épocas e estilos, dende o barroco temperán ata a actualidade, teimando especialmente nos novos autores. Hoxe en Ponteareas, a vila onde naceu o compositor galego e director da orquestra, Roxelio Groba, a formación dará un concerto para homenaxear a música clásica galega. O espazo da TVG presentado por Xandra Tedín e Miguel Fernández achegarase tamén a "Ricos modernos", o primeiro traballo musical de Colectivo Oruga, un grupo de Ponteareas que mestura a música electrónica coa vídeo creación. Neste disco debut demostran un dominio absoluto do pop electrónico en todas as súas vertentes, facendo incursións no trip-hop e reivindicando tamén a pista de baile. Tres membros de Colectivo Oruga, que se autodefinen como bio-músicos, explicarán no programa en que consiste este proxecto musical aberto e innovador. A vídeo creación será tamén a protagonista a comezos de outubro da primeira edición de Mivico, un festival en que o Colectivo Oruga colabora de cheo. A I Mostra Internacional de Videocreacións do Condado é un evento cultural que trata de achegar a vídeo creación galega e internacional a terras do Condado. Iniciativas máis alá da música que sitúan Ponteareas no mapa da experimentación audiovisual. Miraxes despedirase esta tarde co concerto da gaiteira Cristina Pato e o grupo Mutenrohi, dous vellos coñecidos enriba dun escenario, que con "Misturados" escenifican o reencontro entre a compositora e un dos grupos da súa vida.
 |
O programa Miraxes falará hoxe da viaxe musical por Galicia da Orquestra de Cámara Galega para divulgar a música clásica de compositores galegos. Fundada en 1995, pretende estallar a nosa cultura musical e presenta un repertorio que abarca dif... |
|
09/09/2007 - 15:55 h.
|
A arte xeracional será hoxe protagonista en Miraxes, que se achegará ao CGAC para visitar a exposición "Cuestión Xeracional", unha mostra de preto de 30 pezas e unha ducia de vídeos procedentes da colección PECAR de artistas contemporáneos. Trátase de artistas tanto nacionais coma estranxeiros, nados na súa maioría na década dos 60. As fotografías, óleos e esculturas que compoñen a exposición propoñen a busca dunha estética xeracional, a de artistas de distintas procedencias con referentes compartidos que reflicten a cultura do noso tempo. Doutra banda, a comentarista do programa, Susana Cendán, desentrañará a obra de Mateo Maté na mostra "Thanksgiving Turkey", que se pode visitar na Galería Trinta de Santiago. A mostra está artellada en torno a dous bloques de obras: a serie "Paisaxes uniformadas", que recompón obras artísticas orixinais coas texturas dos uniformes de diferentes exércitos do mundo; e a instalación "Thanksgiving Turkey", que amosa como o concepto de camuflaxe se incorporou a case todas as actividades sociais da nosa época. Unha vez máis, o artista pon o acento no que el considera a proclividade xeneralizada na nosa sociedade cara a o sometemento das nosas liberdades. Como é habitual, Miraxes adiantará o máis destacado da axenda cultural e de concertos para a semana que vén. O programa despedirase cunha novidade musical que se prepara para finais deste mes: a aparición do disco de Carlos Childe e a súa troupe, "Cooking melodies", unha proposta de blues con certo pouso de swing...
 |
A arte xeracional será hoxe protagonista en Miraxes, que se achegará ao CGAC para visitar a exposición "Cuestión Xeracional", unha mostra de preto de 30 pezas e unha ducia de vídeos procedentes da colección PECAR de artistas contempo... |
|
08/09/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes cruza hoxe a raia cara a Portugal para falar da XIV Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira, unha pequena e fronteiriza vila portuguesa. Titulada como "As novas cruzadas", esta bienal cumpre 30 anos de existencia e reflexiona este ano sobre o choque cultural entre Occidente e Oriente Medio e sobre a súa condición de periferia artística. Nesta edición continúa a afirmar tamén a súa identidade como evento, sen preconcepcións e reflectindo as preocupacións e propostas dos creadores da época. A ampla reportaxe que ofrecerá Miraxes achegará unha visión global desta mostra. Ademais, a crítica de arte Susana Cendán ofrecerá a súa versión sobre este evento artístico. O programa da Galega rematará co vídeo musical titulado "Son puro", do grupo de rap portugués Da Weasel
 |
O programa Miraxes cruza hoxe a raia cara a Portugal para falar da XIV Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira, unha pequena e fronteiriza vila portuguesa. Titulada como "As novas cruzadas", esta bienal cumpre 30 anos de... |
|
02/09/2007 - 15:48 h.
|
O programa Miraxes desembarca hoxe no Val Miñor para falar do nacemento da produtora musical "Licorkafe". A idea foi concibida polo rapeiro e produtor musical vigués El Puto Coke e ten como obxectivo a divulgación da cultura hip-hop e a publicación de traballos musicais de artistas emerxentes ligados á escena rap. "Licorkafe" presenta no seu primeiro lanzamento a cantante de hip-hop-sou Wöyza, o traballo do dúo 0´40 e as rimas da moza Aid. O espazo da Galega tamén falará esta tarde do Festival de ópera da Coruña, que chega á súa 55 edición cun cartel que combina as interpretacións de grandes artistas internacionais coa participación de noveis. Unha reportaxe descubriralles aos espectadores a preparación e ensaios da montaxe de "La Boheme", de Giacomo Puccini, dirixida por Emilio Sagi e que conta no reparto con dúas voces galegas, os barítonos Borja Quiza e Xavier Franco. Miraxes rematará anunciando a celebración en Culleredo do Foundation Reggae Festival, que chega á súa sétima edición cun cartel cheo de estilos musicais diferentes, todos eles relacionados coa música reggae. O programa despedirase coa actuación en directo dunha das lendas do reggae, Don Carlos.O programa Miraxes desembarca hoxe no Val Miñor para falar do nacemento da produtora musical "Licorkafe". A idea foi concibida polo rapeiro e produtor musical vigués El Puto Coke e ten como obxectivo a divulgación da cultura hip-hop e a publicación de traballos musicais de artistas emerxentes ligados á escena rap. "Licorkafe" presenta no seu primeiro lanzamento a cantante de hip-hop-sou Wöyza, o traballo do dúo 0´40 e as rimas da moza Aid. O espazo da Galega tamén falará esta tarde do Festival de ópera da Coruña, que chega á súa 55 edición cun cartel que combina as interpretacións de grandes artistas internacionais coa participación de noveis. Unha reportaxe descubriralles aos espectadores a preparación e ensaios da montaxe de "La Boheme", de Giacomo Puccini, dirixida por Emilio Sagi e que conta no reparto con dúas voces galegas, os barítonos Borja Quiza e Xavier Franco. Miraxes rematará anunciando a celebración en Culleredo do Foundation Reggae Festival, que chega á súa sétima edición cun cartel cheo de estilos musicais diferentes, todos eles relacionados coa música reggae. O programa despedirase coa actuación en directo dunha das lendas do reggae, Don Carlos.
 |
O programa Miraxes desembarca hoxe no Val Miñor para falar do nacemento da produtora musical "Licorkafe". A idea foi concibida polo rapeiro e produtor musical vigués El Puto Coke e ten como obxectivo a divulgación da cultura hip-hop ... |
|
01/09/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes viaxará hoxe a Salvaterra do Miño para falar do Festival de poesía do condado, que chega á súa XXI edición. Este encontro cultural reúne unha escolma de poetas galegos e de fóra de Galicia e preséntase este ano evocando a recuperación da memoria histórica da loita antifascista. O programa está repleto de actuacións, recitais poéticos e multitude de actividades paralelas, como exposicións ou proxeccións de audiovisuais. Tamén haberá espazo esta tarde en Miraxes para a arte en acción. O ciclo de performance "Arte no parque", que acontece no mes de agosto en Santiago de Compostela, é unha das citas anuais para ver arte en vivo e en directo. Trátase dun programa de verán que pretende dinamizar a relación do CGAC co seu contorno máis próximo e subliñar a interacción entre diversas prácticas artísticas mediante actividades e exposicións. Ademais, como é habitual, farase un repaso aos festivais e concertos do verán en Galicia. O programa porá o peche co vídeo musical do grupo francés Air titulado "Once upon a time".
 |
Miraxes viaxará hoxe a Salvaterra do Miño para falar do Festival de poesía do condado, que chega á súa XXI edición. Este encontro cultural reúne unha escolma de poetas galegos e de fóra de Galicia e preséntase este ano evocando a recuperación ... |
|
26/08/2007 - 15:54 h.
|
Miraxes falará no programa de hoxe de arquitectura, da Casa da Tellada, do arquitecto Xosé Manuel Rosales, un exemplo de arquitectura privada integrada na paisaxe. Trátase dunha vivenda unifamiliar fabricada con madeira e situada harmonicamente nunha fraga da aldea da Tellada, no concello de Betanzos. O arquitecto explicará as características desta vivenda singular. Ademais, a comentarista de arte do programa, Susana Cendán, realizará a crítica da exposición "Avance dunha continxencia", unha mostra que reúne no CGAC obras e proxectos arquitectónicos contemporáneos feitos en Galicia e que delata un fenómeno imparable de desenvolvemento de novas linguaxes e propostas arquitectónicas. O programa da Galega abrirá tamén unha pequena fiestra para o novo circo co festival D Gorra, que durante estes días enche de actuacións as rúas de Santiago. Artistas de todos os recunchos do mundo exhiben as súas habilidades e reivindican o valor do escenario urbano reservado á arte popular. O festival cumpre a súa cuarta edición e pecha esta fin de semana en Compostela con actuacións de pallasos, malabares e acróbatas nas prazas da zona vella. Miraxes pecharase co último vídeo musical do grupo catalán Mendetz, que esta noite tocará no Festival Dolorock de Meis.
 |
Miraxes falará no programa de hoxe de arquitectura, da Casa da Tellada, do arquitecto Xosé Manuel Rosales, un exemplo de arquitectura privada integrada na paisaxe. Trátase dunha vivenda unifamiliar fabricada con madeira e situada harmonicament... |
|
25/08/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes entra na Fundación Luís Seoane da Coruña para falar da exposición "How soon is now", un conxunto de obras relacionadas entre si polo seu carácter "cinemático". Esta mostra, que presenta pezas de artistas como Mathias Poledna, Mario García Torres ou Jenny Perlin, pretende afondar na comprensión dos relatos cos que construímos as nosas nocións do tempo. Tamén na Fundación Luís Seoane, Miraxes fixará a súa atención na mostra "A Cousa", un proxecto de novela gráfica do artista catalán Francesc Ruiz. "A Cousa" é un diario construído durante corenta días que o autor realizou na Coruña durante o verán de 2006. Este traballo inclúese dentro do "Proxecto Edición", unha tentativa de valorar aqueles rexistros gráficos e de deseño que aparecen ao noso arredor. Ademais, os espectadores da Galega coñecerán o primeiro traballo musical do grupo coruñés Nouvelle Cuisine, que titulou "Autodictado", en que plasma as súas variadas experiencias musicais, como a bossa-nova brasileira, o pop británico, a nouvelle chanson francesa e o indie-pop español. Miraxes repasará tamén os concertos e eventos culturais da semana que vai vir e despedirase co vídeo musical do grupo vigués Aphonnic titulado "Hugo Box".
 |
Miraxes entra na Fundación Luís Seoane da Coruña para falar da exposición "How soon is now", un conxunto de obras relacionadas entre si polo seu carácter "cinemático". Esta mostra, que presenta pezas de artistas como Mathia... |
|
19/08/2007 - 15:52 h.
|
Miraxes levará hoxe á portada do programa a décima edición do salón do cómic "Viñetas desde o Atlántico", un dos festivais máis importantes do panorama nacional, que cada mes de agosto converte A Coruña en centro de atención para afeccionados á historieta de distintas partes do mundo. Esta cita cultural, que dirixe o debuxante galego Miguelanxo Prado, é xa un clásico do verán en Galicia. Este ano "Viñetas" convidou por vez primeira a un autor xaponés, Yoshiriro Tatsumi. Na reportaxe sobre o salón, os espectadores da Galega poderán ver a obra deste autor nipón e tamén a do debuxante estadounidense de historieta de superheroes Tim Sale. Nesta ampla ollada, tamén terán cabida os autores galegos. Miraxes falará co creador vigués Jacobo Fernández, autor da obra "As aventuras de Cacauequi", que gañou este ano a III edición do Premio Castelao de banda deseñada con esta obra. O programa cultural da TVG tamén visitará o Museo de Belas Artes da Coruña, onde a comentarista de arte de Miraxes, Susana Cendán, revisará os fondos deste museo. E, como é habitual, o programa fará recomendacións culturais e repasará os concertos desta fin de semana. O vídeo musical "The Sound", do grupo aragonés Telephunken, pechará esta tarde o programa.
 |
Miraxes levará hoxe á portada do programa a décima edición do salón do cómic "Viñetas desde o Atlántico", un dos festivais máis importantes do panorama nacional, que cada mes de agosto converte A Coruña en centro de atención para afe... |
|
18/08/2007 - 15:35 h.
|
Este domingo Miraxes achega a programación cultural e musical de Galicia desde a praza do humor da Coruña; un lugar clave hai 125 anos porque alí naceu o teatro galego coa representación da "Fonte do xuramento" de Francisco de la Iglesia. Para conmemorar este aniversario, os escenarios de Galicia acollen unha programación especial pensada para todos os públicos; 25 compañías percorrerán Galicia para achegar o mellor teatro galego a través de 125 representacións. Entre as obras están Psicose 4.48 da novísima Nut Teatro; o espectáculo de monicreques de Artello Teatro ou o clásico Romeo e Julieta, de Noroeste Teatro. A crítica de arte, Susana Cendán, visita na Fundación Caixa Galicia de Ferrol a mostra Non hai arte sen obsesión; unha exposición integrada por fondos da prestixiosa colección Pilar Citoler. En canto á axenda musical, dúas importantes citas en Portugal, Paredes de Coura e Vilanova de Gaia. En Paredes de Coura actuará, entre outros, a banda de rock independente "Architecture in Helsinki".
 |
Este domingo Miraxes achega a programación cultural e musical de Galicia desde a praza do humor da Coruña; un lugar clave hai 125 anos porque alí naceu o teatro galego coa representación da "Fonte do xuramento" de Francisco de la Igl... |
|
12/08/2007 - 15:53 h.
|
Esta tarde o espazo cultural Miraxes formulará a pregunta Hai lugar para o humor na arte? a resposta é que seis artistas contemporáneos opinan que si, pero máis alá do sorriso vén a reflexión. Isto non é unha broma é a exposición que ofrece o Macuf da Coruña. Tamén desde o Macuf, as cámaras do programa, que presenta Miguel Fernández, ofrecen imaxes doutra exposición, unha mostra onde dezasete fotógrafos botan unha ollada sobre o corpo humano. Un percorrido por instantáneas de corpos, pasos e miradas...que mostran todo un experimento sobre a anatomía e a alma. A axenda de concertos, e o vídeo musical de Chemical Brothers; grupo para o que hai posibilidades de conseguir sete entradas de balde para o seu concerto en Vilanova de Gaia, pecharán o tempo cultural desta sobremesa.
 |
Esta tarde o espazo cultural Miraxes formulará a pregunta Hai lugar para o humor na arte? a resposta é que seis artistas contemporáneos opinan que si, pero máis alá do sorriso vén a reflexión. Isto non é unha broma é a exposición que ofrece o ... |
|
11/08/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes estará hoxe na universidade laboral de Xixón, convertida agora nun centro de artes e de creación industrial. Este centro ten preparada unha exposición en que se formulan dúas interrogantes: que é fermoso? e pode a beleza da arte facer sentir mellor ao espectador? Cinco artistas intentan materializar a beleza, unha vez perdidas as regras académicas; entre eles está o tailandés Surasi Kusolwong que recupera un dos motivos satíricos usados por Goya, o burro, para relacionar beleza e política, beleza e xustiza. As cámaras do programa cultural tamén estiveron no peirao de transatlánticos da Coruña, onde está instalada unha carpa tecnolóxica deseñada por Qim Guixá, responsable dos elementos de escenografía de La Fura dels Baus ou Els Comediants. A programación de teatro e a axenda de concertos pecharán o tempo do Miraxes de hoxe. Entre as recomendacións teatrais está a proposta de varios grupos de teatro vigueses que ofrecen as súas representacións na Praza do Rei da cidade olívica. E, en canto aos concertos, agosto é o mes dos festivais ArteNativa de Valga; Son e Arte de Viveiro; Laiosasoa 2007, do Incio e o Festival Alternativo de Xinzo.
 |
Miraxes estará hoxe na universidade laboral de Xixón, convertida agora nun centro de artes e de creación industrial. Este centro ten preparada unha exposición en que se formulan dúas interrogantes: que é fermoso? e pode a beleza da arte facer ... |
|
05/08/2007 - 16:05 h.
|
As cidades de Sintra e Lisboa serán hoxe as referencias xeográficas do programa cultural de Televisión de Galicia Miraxes xa que é alí onde a cantante galega Uxía preparou o seu novo disco. Catorce temas en que Uxía se embarca nas correntes musicais que unen Galicia con África, América e Portugal; un disco con fados, mornas e alalás. Por outra parte, o programa que presenta Xandra Tedín na canle galega paseará polas rúas de Santiago, onde o "Festiclown", o festival dos pallasos campa ás súas anchas, con 120 actuacións, 45 compañías e 13 cursos, e onde a catalá Pepa Plana andará á procura da identidade pallasa feminina, segundo ela obviada ao longo da historia. No espazo reservado para a axenda falarase dunha exposición do Macuf, onde seis artistas galegos, portugueses e brasileiros utilizan o humor como recurso para falar da vida e a arte contemporánea; a actuación de "El Brujo" no Barco de Valdeorras e o Festival de Pardiñas, entre outros acontecementos culturais de interese. Miraxes visitará finalmente a estación marítima de Vigo, onde o cantante de orixe galega Manu Chao chega cun barco repleto de ritmos mestizos e comprometidos.
 |
As cidades de Sintra e Lisboa serán hoxe as referencias xeográficas do programa cultural de Televisión de Galicia Miraxes xa que é alí onde a cantante galega Uxía preparou o seu novo disco. Catorce temas en que Uxía se embarca nas correntes mu... |
|
04/08/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes arranca hoxe a súa variada axenda cultural con sete propostas doutros tantos xornalistas especializados, que achegarán ao espectador as mellores suxestións da actualidade en diferentes campos culturais. Anxo Suances, do programa da TVG Planeta Cine, Iago Martínez, de Tempos Novos; Camilo Franco, de Libro Aberto; Carlos Portela, de Viñetas do Atlántico; Ana Romaní, do Diario Cultural da Radio Galega, e Daniel Salgado, do xornal El Pais, falarán de diferentes alternativas culturais para o verán. Para os que estean dispostos a viaxar, Miraxes achega as propostas do Museo MARCO de Vigo, con itinerarios suxeridos por diferentes videocreadores sobre o propio concepto de viaxe, dos que fala Xoán Anleo, artista partícipe na mostra. Unha reportaxe sobre o debuxante Mariano Casas, creador do seu propio universo multicolor, con historia cotiás, delirios surrealistas e "filmiños" animados para ser vistos na Rede, e a axenda do día, na que destaca o comezo do Noroeste Pop Rock, que este anos conta cunha morea de grupo, como "Dover", "Danza Invisible", "Triángulo de Amor Bizarro", "Nacha Pop" ou "Toreros Muertos", entre os máis coñecidos, completará a oferta cultural do programa de hoxe.
 |
Miraxes arranca hoxe a súa variada axenda cultural con sete propostas doutros tantos xornalistas especializados, que achegarán ao espectador as mellores suxestións da actualidade en diferentes campos culturais. Anxo Suances, do programa da TVG... |
|
29/07/2007 - 16:01 h.
|
Baixo o suxerente parágrafo "Un verán de Cine", o programa Miraxes achegará hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia a actualidade do cinema en Galicia, cunha entrevista a Tim Redford, director de "Curtocircuíto na Rúa" - unha proposta que está a converter varias prazas e rúas compostelás en salas de cinema para a proxección de curtametraxes innovadoras-, e a Antón Lezcano, de "Lente Negra", un concurso atípico de falsos trailers de falsas películas. Por outra parte, no programa que presenta Xandra Tedín na TVG, tamén se falará do "III Festival On & Off" de Ribadeo, que se celebrará entre os vindeiros 1 e 5 de agosto, o "Iº Premio Lente Negra", da fundación Luís Seoane, da Coruña, e dos filme "A Mariñeira" e "O Tesouro" que se están estes días a gravar na Costa da Morte e na vila coruñesa de Bares respectivamente. A música de cámara conforme hoxe a segunda proposta de Miraxes cunha entrevista ao prestixioso clarinetista Jose Luís Estellés, director artístico de "Cameralia 07", o Primeiro Festival de Música de Cámara de Galicia, que inclúe cursos, clases maxistrais e dous ciclos de concertos, un que se desenvolve en Santiago e outro por diversas vilas e cidades galegas. O obxectivo non é outro que o de asentar un público entusiasta co que crear vínculos e consolidar os grupos de cámara.
 |
Baixo o suxerente parágrafo "Un verán de Cine", o programa Miraxes achegará hoxe aos espectadores da Televisión de Galicia a actualidade do cinema en Galicia, cunha entrevista a Tim Redford, director de "Curtocircuíto na Rúa&q... |
|
28/07/2007 - 15:32 h.
|
Nesta sobremesa, o programa Miraxes leva aos espectadores a un mundo de peregrinacións onde achegará a cultura das viaxes a Santiago. Continuará ofrecendo Teatro no camiño; onde a compañía Gavela reproduce os vellos entremeses do século de ouro e tamén haberá tempo para os Orishas que traerán o hip hop havaneiro ás festas do apóstolo. Todos estes contidos serán ofrecidos polas cámaras de Miraxes desde os tellados da Catedral de Santiago, e desde alí albiscar a cultura que se achega a Galicia polos distintos camiños. A continuación, o teatro da Gavela que nos monta no carro da historia para carrexarnos ao século dezasete, percorre o camiño recuperando a tradición dos espectáculos itinerantes. O programa tamén ofrece unha reportaxe sobre unha artista que pinta pedras do camiño de Santiago, ás veces axudada por enfermos. A axenda de Miraxes, un repaso polos concertos e festivais para esta semana, as festas do Apóstolo e o hip hop do grupo cubano, Orishas completarán os contidos do espazo cultural da Galega.
 |
Nesta sobremesa, o programa Miraxes leva aos espectadores a un mundo de peregrinacións onde achegará a cultura das viaxes a Santiago. Continuará ofrecendo Teatro no camiño; onde a compañía Gavela reproduce os vellos entremeses do século de our... |
|
22/07/2007 - 15:37 h.
|
O programa Miraxes achégase a Mostra de teatro de Ribadavia, considerada unha das máis veteranas e onde se dan cita desde hai 23 anos o teatro galego e o internacional. O teatro galego cumpre 125 anos enriba dos escenarios, e nesta pequena historia, a mostra de Ribadavia foi a responsable de que as compañías galegas se profesionalizasen. Nesta edición, a mostra ten como obxectivo principal atraer ao público infantil con títeres e animación de rúa. As cámaras do programa tamén fan un percorrido para mostrar aos espectadores a zona dos Chancís, no concello de Sober, onde os labregos de antano acondicionaron un traxecto de dous quilómetros, que remata nos canóns do Sil. E alí mesmo un grupo de desempregados, liderados polo arquitecto Antonio Taboada, rehabilitan un conxunto de muíños nos canóns do Sil. O arquitecto recupera este espazo cunha fórmula de traballo foi sinxela: utilizar o que hai.
Despois deste percorrido polo Val do Sil, da mostra de teatro, o programa continúa coa festa nas rúas de Ribadavia co Festival Arteficial; dous días de obradoiros, curtametraxes, fotografía e intercambio cultural, onde non faltara a música. A axenda de Miraxes ten cita co consolidado Festival de Jazz e Blues de Pontevedra; coa actualidade dos concertos desta temporada como os Via Stellae, Paulina Rubio na Coruña, e Fito e os Fitipaldis xunto a Calamaro en Santiago de Compostela.
 |
O programa Miraxes achégase a Mostra de teatro de Ribadavia, considerada unha das máis veteranas e onde se dan cita desde hai 23 anos o teatro galego e o internacional. O teatro galego cumpre 125 anos enriba dos escenarios, e nesta pequena his... |
|
21/07/2007 - 15:37 h.
|
O programa Miraxes achegarase hoxe ao Centro Galego de Arte Contemporánea, que, coa exposición "Avance dunha continxencia", propón un extenso paseo pola arquitectura galega dos últimos 30 anos. Coa intención de reflexionar por que Galicia se converteu nun territorio de proxección referencial para a arquitectura contemporánea, o CGAC ofrécelle ao público a posibilidade de reflexionar acerca deste fenómeno e recolle nesta exposición un conxunto de proxectos de máis de 80 arquitectos. O espazo cultural da Galega tamén falará esta tarde de Fía na Roca, uns veteranos do folk que chegan con novo disco e novas ideas. Levan preto de 15 anos inmersos no folk galego, con catro discos que avalan a súa carreira. Agora o grupo presenta novo traballo, "Vente vindo", que pretende romper coa imaxe típica da música tradicional. Xa no tempo dedicado á axenda, Miraxes falará do ciclo do CGAC "Arte no parque", que inclúe performances e proxeccións; do Salón do Cómic de Cangas, que chega á súa undécima edición; e do musical "Fama", que, despois de representarse en todos os continentes, chega a semana que vén a Vigo.
 |
O programa Miraxes achegarase hoxe ao Centro Galego de Arte Contemporánea, que, coa exposición "Avance dunha continxencia", propón un extenso paseo pola arquitectura galega dos últimos 30 anos. Coa intención de reflexionar por que Ga... |
|
15/07/2007 - 15:40 h.
|
O programa Miraxes viaxará hoxe ao Marco de Vigo para ser testemuña dunha dobre realidade, a da exposición "Doppelgänger" ("O dobre da realidade"), que trata sobre o problema de rexistro da realidade dende diferentes puntos de vista, así como a sustitución do acontecemento "real" mediante a súa deformación. A mostra presenta unha reflexión sobre o problema da orixe e o resultado. Outro dos puntos de atención do espazo da Galega será o Festival Cultura Quente, en Caldas de Reis, que este ano chega á súa décima edición co espírito de continuar sendo un espazo alternativo para promover a idea de cultura viva, comprometida e participativa, onde a tradición e os novos territorios da cultura se comprometan. Miraxes repasará os concertos máis destacados do cartel de Cultura Quente. Ademais, a axenda do programa reparará no Festival Vía Stellae, que durante este mes de xullo está levando xoias da música antiga e barroca a Santiago e distintas localidades; na programación de verán do Marco de Vigo; e no musical "Cabaret", que esta noite chega a Vilagarcía. Miraxes despedirase falando dun dos grandes concertos do verán, o de Artic Monkeys, que actuán o próximo xoves en Vigo.
 |
O programa Miraxes viaxará hoxe ao Marco de Vigo para ser testemuña dunha dobre realidade, a da exposición "Doppelgänger" ("O dobre da realidade"), que trata sobre o problema de rexistro da realidade dende diferentes puntos... |
|
14/07/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes falará hoxe de gaitas e guitarras, de pandeiretas e hip hop, de galegos, andaluces, cubanos, brasileiros… O último experimento de Casa Limón, "A terra da auga", é un proxecto artístico onde músicos de diferentes culturas se unen para profundizar nas raíces da música galega e atopar así novos camiños de expresión. Da man de Javier Limón, o último experimento deste selo discográfico ten como estrelas ao gaiteiro Budiño, a cantante Uxía e as Leilía. Outros dos protagonistas do programa desta tarde serán Manolo Romón e Julián Hernández, que levan anos perdidos polos versos da poesía barata. Ambos os dous presentan un traballo poético e musical que ten tres décadas de investigación ás costas, "Música barata para poesía barata". Ademais, á axenda de Miraxes chegarán hoxe a exposición da Fundación Luís Seoane da Coruña "How soon is now"; o "Grease Tour", que aterrizará en Pontevedra e A Coruña; e a Semana Ecocultural Latina do Carballiño. O espazo da Galega despedirase coa música de Nortec Collective, uns artistas do norte de México, de Tijuana, onde se cruzan o primeiro e o terceiro mundo.
 |
O programa Miraxes falará hoxe de gaitas e guitarras, de pandeiretas e hip hop, de galegos, andaluces, cubanos, brasileiros… O último experimento de Casa Limón, "A terra da auga", é un proxecto artístico onde músicos de diferentes cu... |
|
08/07/2007 - 15:33 h.
|
O programa Miraxes achegarase hoxe aos Mundos Dixitais da Coruña, un encontro no que se dan cita os profesionais máis destacados da creación dixital, o cinema de animación e efectos especiais, os videoxogos e a infoarquitectura. "Mundos dixitais" é unha xuntanza con vontade de unir diferentes culturas arredor dunha práctica común: a de crear novos mundos a partir da sucesión de imaxes deseñadas por computador con técnicas dixitais. O programa da Galega falará tamén dun dos produtos que se presentou en "Mundos dixitais", o primeiro videoxogo en galego. Trátase de E.L.E (Evento Ligado á Extinción, un traballo futurista de estratexia e combate desenvolto nun proxecto consunto da coruñesa Continental e a viguesa Alía 3D. Outro dos protagonistas do Miraxes desta tarde é John Pizzarelli, que dedica a súa vida e obra a homenaxear a Frank Sinatra. Fillo dunha das lendas da era do swing, o guitarrista Bucky Pizzarelli, da súa admiración pola voz o seu último traballo, "Dear Mr. Sinatra". A axenda de Miraxes chega hoxe con "A frauta máxica", ópera coa que se clausura esta ano o Festival Mozart; a I Festa de Narración Oral, no Concello do Pino; e o Festival Via Stellae, en Santiago.
 |
O programa Miraxes achegarase hoxe aos Mundos Dixitais da Coruña, un encontro no que se dan cita os profesionais máis destacados da creación dixital, o cinema de animación e efectos especiais, os videoxogos e a infoarquitectura. "Mundos d... |
|
07/07/2007 - 15:38 h.
|
A cantante portuguesa Teresa Salgueiro falará hoxe en Miraxes do seu novo disco en solitario. A voz de "Madredeus", o grupo máis internacional da música lusa, viaxa a Brasil para reencontrarse coa música que ama dende pequena. Salgueiro anda de viaxe por todo o mundo co espectáculo "Voçe e eu", co que sorprende dende a afecto brasileiro, arrimándose á samba, á bossa e a outros ritmos e aires distintos aos que nos tiña acostumados con "Madredeus".
Miraxes falará tamén do Festival de Ortigueira, que dentro duns días abre as súas portas con moita música galega e estrelas internacionais como os irlandeses Flook e os polacos Kroke. O gran festival da música celta pescuda este ano as últimas tendencias musicais e dálles cabida aos mestres da tradición. Deste xeito, converterase nun auténtico escaparate do folk do país, coas actuacións de Milladoiro, Pepe Bahamonde, e Mercedes Peón. Pola súa parte, a comentarista Susana Cendán interpretará esta tarde a exposición conxunta de Santi Jiménez e Elena Gómez Dahlgren na Galería PM8 de Vigo. En "Tres son multitude", Dahlgren presenta dúas series de esculturas coas que reflexiona sobre a construción da identidade e a relación entre a arte e o xogo, mentres que Jiménez exhibe unha serie de debuxos limpos no seu perfil que converten a súa obra nun caderno de notas biográficas. A axenda dará hoxe conta do segundo festival de música de Compostela, que comeza cun recital de Simone Kermes acompañada pola Real Filharmonía de Galicia; a exposición de Rafael Canogar en Vigo; e as exposicións da Fundación Luís Seoane "How soon is now" e "Paperback, edicións baratas".
 |
A cantante portuguesa Teresa Salgueiro falará hoxe en Miraxes do seu novo disco en solitario. A voz de "Madredeus", o grupo máis internacional da música lusa, viaxa a Brasil para reencontrarse coa música que ama dende pequena. Salgue... |
|
01/07/2007 - 15:29 h.
|
 |
|
|
30/06/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes entrevista hoxe a Manolo Paz, un dos mellores escultores do país e ademais un mestre da pedra, coa que establece un diálogo íntimo que sorprende e emociona pola intensidade dos seus resultados. Paz falará das cualidades estéticas do granito galego, das súas influencias artísticas, do futuro dos artesáns da pedra e do seu museo ao aire libre, construído ao carón do seu obradoiro, en Cambados, onde se espallan algunhas das pezas máis representativas da súa traxectoria. Ademais, no programa desta noite, Miraxes seguirá afondando nos xeitos de traballar a pedra no século XXI, a onde tamén chega a tradición dos canteiros e dos artistas galegos que levan milenios a loitar contra este material, que permanece como símbolo de identidade e como medio poderoso de expresión artística. O espazo da Galega falará con algúns destes artesáns, como Enrique Velasco, Xosé Manuel Castro, Aurora Santos e Marcos Juncal. Outro dos temas que hoxe abordará Miraxes será a Documenta de Kassel, o encontro de arte contemporánea máis importante do mundo, que ata o 23 de setembro amosará a obra de 113 expositores, na súa maioría descoñecidos polo gran público. A Documenta, que se celebra cada cinco anos en Alemaña, consagrou nesta edición un espazo para a alta cociña cun chef de luxo, o catalán Ferrán Adriá. Pola súa parte, o comentarista de espectáculos do programa, Antón Lopo, falará nesta ocasión de "Kamikaze", a última estrea do Centro Dramático Galego en colaboración co colectivo Pista Catro, un espectáculo cómico dirixido a todos os públicos en que tamén hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Lopo dará tamén algunhas pistas do que vai acontecer nos escenarios galegos durante o verán. E Miraxes rematará, como non podía ser doutro xeito, con fotografías de pedreiros e canteiros, coas da serie realizada por Conchi Díaz, en que amosa a paciente loita do home contra a pedra.
 |
O programa Miraxes entrevista hoxe a Manolo Paz, un dos mellores escultores do país e ademais un mestre da pedra, coa que establece un diálogo íntimo que sorprende e emociona pola intensidade dos seus resultados. Paz falará das cualidades esté... |
|
25/06/2007 - 01:20 h.
|
Este domingo de San Xoán Miraxes falará de pedras, da súa arte e da súa maxia. O programa da Galega amosará o traballo de artistas que escollen a pedra como medio de expresión, un oficio que vén dos canteiros e que bate nos novos creadores. E a pedra será tamén protagonista da sección de arquitectura de Miraxes. O programa dará conta do premio que recibiron os arquitectos Elisabeth Abalo e Gonzalo Alonso pola restauración de Ponte Ledesma. Miraxes tamén se fará eco do novo disco de Fía na Roca, "Vente vindo", o quinto traballo duns veteranos do folk que levan xa unha década de compromiso coa música galega. Presentan 14 temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a traballos anteriores. Xa na sección da axenda, o espazo presentado por Xandra Tedín e Miguel Fernández falará do festival internacional de danza "En pé de pedra", que se desenvolve polas rúas de Santiago; da actuación de María Lavalle na Coruña, un espectáculo no que fusiona o fado e o tango cos ritmos flamencos e a canción francesa; e a ollada divertida sobre o amor de Els Comediants, que chegará a Pontevedra e a Ourense. O programa desta tarde rematará cunha montaxe sorprendente de imaxes e sons que recrean o "tecnosaching", unha vídeo creación de Control Z.
 |
Este domingo de San Xoán Miraxes falará de pedras, da súa arte e da súa maxia. O programa da Galega amosará o traballo de artistas que escollen a pedra como medio de expresión, un oficio que vén dos canteiros e que bate nos novos creadores. E ... |
|
24/06/2007 - 15:36 h.
|
Miraxes falará esta tarde cunha das mellores voces da nova música galega, Xabier Díaz, que saca novo disco, "Coplas para Icía", que reúne cancións recollidas nas aldeas pero reinterpretadas con elegancia e delicadeza. O traballo xurdiu do frutífero encontro de Díaz, a voz de Nova Galega de Danza, co percusionista e gaiteiro Pedro Lamas e co acordeonista Suso Iglesias, que pretenden deseñar un novo medio para a música tradicional. Doutra banda, a comentarista Susana Cendán falará da exposición individual do recoñecido artista lucense Xesús Otero-Yglesias na Fundación Granell de Santiago. Trátase dunha mostra que reinterpreta dende unha óptica contemporánea a poética do obxecto surrealista. Otero-Yglesias atopa un novo valor estético para obxectos comúns como botellas de gasosa, balóns vellos e envases de cartón, que reúne e asocia con outros obxectos industriais para crear pezas con contido poético. Na axenda de Miraxes, haberá lugar hoxe para "O superbarbeiro de Sevilla", a nova versión da ópera de Rossini que Tricicle presenta na Coruña; a exposición "Destino a liberdade", que percorre en Ourense a evolución da pintura española da ditadura á democracia; e "En pé de pedra", o festival internacional de danza que cada ano chega ás rúas de Compostela. O programa despedirase cunha viaxe aos felices anos 60 da man do vigués Juan Rivas, que, acompañado de Massiel, recrea o mundo marabilloso daqueles veráns de cócteles e coros eurovisivos.
 |
Miraxes falará esta tarde cunha das mellores voces da nova música galega, Xabier Díaz, que saca novo disco, "Coplas para Icía", que reúne cancións recollidas nas aldeas pero reinterpretadas con elegancia e delicadeza. O traballo xurd... |
|
23/06/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes recibe esta noite á actriz María Bouzas, que falará do seu primeiro papel protagonista no cine español con "Unha muller invisible". A actriz fará tamén balance do seu magnífico ano, xa que participou ademais en "Atlas de xeografía humana" e está a punto de estrearse "Abrígate", película na que interpreta a unha peiteadora. Ademais, Bouzas lembrará a súa participación na serie da TVG Terra de Miranda e falará da situación actual do cine galego. Despois do avance de onte, o programa, que viaxou a Venecia, ofrecerá hoxe todo sobre a bienal de arte máis importante do mundo. Miraxes destacará a presenza no pavillón español, comisariado polo galego Alberto Ruíz de Samaniego, dos artistas galegos Rubén Ramos e Manuel Vilariño, que están presentes en "O paraíso fragmentado" imaxinado por Samaniego. Ademais, o espazo da Galega realizará un repaso do máis importante desta 52ª edición da bienal internacional, que quere levar a emoción á arte. Doutra banda, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver en Miraxes as mellores imaxes de Photoespaña, o Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais, que cada ano converte a Madrid na capital mundial da fotografía. O certame celebra o seu décimo aniversario con máis de 60 exposicións, que reúnen os traballos de fotógrafos de máis de 30 países. Ademais, Miraxes destacará a presenza en Photoespaña do mestre Sebastiao Salgado.
 |
O programa Miraxes recibe esta noite á actriz María Bouzas, que falará do seu primeiro papel protagonista no cine español con "Unha muller invisible". A actriz fará tamén balance do seu magnífico ano, xa que participou ademais en &qu... |
|
18/06/2007 - 01:20 h.
|
O programa Miraxes acode hoxe á bienal de arte máis importante do mundo, a de Venecia, que chega á súa 52ª edición. España levou alí un paraíso fragmentado, unha homenaxe á cidade que sempre se afunde. O programa falará cos protagonistas dese paraíso: o comisario, Alberto Ruiz de Samaniego, e os artistas galegos Rubén Ramos e Manuel Vilariño. A outra protagonista do Miraxes desta tarde será a maga do son Hanne Hukkelberg. O programa falou con esta cantante norueguesa que descobre a música no máis familiar dos ruídos. Hukkelberg sitúase nun terreo de misterio e encanto e nun terreo sonoro con boas doses de pop e electrónica, que achegan un son onírico, fráxil e absorbente. A axenda para a semana que vén dará conta da actuación de Jan Garbarek en Vigo; de "Despedida e peche", a obra coa que Moncho Borrajo lle di adeus ao teatro, que chega tamén a Vigo; e de "En pé de pedra", o festival internacional de danza que cada ano chega ás rúas de Compostela. As notas musicais da despedida correrán a cargo do grupo Blasted Mechanism.
 |
O programa Miraxes acode hoxe á bienal de arte máis importante do mundo, a de Venecia, que chega á súa 52ª edición. España levou alí un paraíso fragmentado, unha homenaxe á cidade que sempre se afunde. O programa falará cos protagonistas dese ... |
|
17/06/2007 - 15:37 h.
|
O Miraxes de hoxe estará centrado no circo e no teatro, que fan equilibrios na nova montaxe de Pista Catro para o Centro Dramático Galego. "Kamikaze", creación colectiva con dirección de Hernán Gené, é un espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, no que tamén hai ilusionismo e música en directo. Pista Catro quixo reflectir nesta peza a súa propia experiencia no teatro e no circo, nos que é vital arriscarse polos soños. Por outra parte a colaboradora Susana Cendán introducirá os espectadores da Galega no sofisticado mundo de Tamara de Lempicka, cuxa exposición, unha das máis importantes e de máis éxito da temporada, continúa aberta en Vigo. A mostra ofrece contidos inéditos e unha montaxe espectacular sobre esta figura emblemática da estética moderna, grande inspiradora do mundo da moda, a publicidade e o grafismo. Na axenda de Miraxes, haberá tempo esta tarde para a exposición "Tras dos agros", unha retrospectiva en clave silenciosa e intimista de Xavier Toubes que se pode visitar no CGAC; a actuación do Coro da Cámara de Praga na Coruña; e "As misións pedagóxicas", unha mostra que homenaxea no Kiosko Afonso da Coruña o inxente proxecto cultural da II República. O programa marchará hoxe co son de Manchester trasladado á Coruña, onde a vindeira semana actuán os Happy Mondays.
 |
O Miraxes de hoxe estará centrado no circo e no teatro, que fan equilibrios na nova montaxe de Pista Catro para o Centro Dramático Galego. "Kamikaze", creación colectiva con dirección de Hernán Gené, é un espectáculo cómico, dirixido... |
|
16/06/2007 - 15:32 h.
|
O programa Miraxes recibe esta noite á actriz María Bouzas, que falará do seu primeiro papel protagonista no cine español con "Unha muller invisible". A actriz fará tamén balance do seu magnífico ano, xa que participou ademais en "Atlas de xeografía humana" e está a punto de estrearse "Abrígate", película na que interpreta a unha peiteadora. Ademais, Bouzas lembrará a súa participación na serie da TVG Terra de Miranda e falará da situación actual do cine galego. Despois do avance de onte, o programa, que viaxou a Venecia, ofrecerá hoxe todo sobre a bienal de arte máis importante do mundo. Miraxes destacará a presenza no pavillón español, comisariado polo galego Alberto Ruíz de Samaniego, dos artistas galegos Rubén Ramos e Manuel Vilariño, que están presentes en "O paraíso fragmentado" imaxinado por Samaniego. Ademais, o espazo da Galega realizará un repaso do máis importante desta 52ª edición da bienal internacional, que quere levar a emoción á arte. Doutra banda, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver en Miraxes as mellores imaxes de Photoespaña, o Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais, que cada ano converte a Madrid na capital mundial da fotografía. O certame celebra o seu décimo aniversario con máis de 60 exposicións, que reúnen os traballos de fotógrafos de máis de 30 países. Ademais, Miraxes destacará a presenza en Photoespaña do mestre Sebastiao Salgado.
 |
O programa Miraxes recibe esta noite á actriz María Bouzas, que falará do seu primeiro papel protagonista no cine español con "Unha muller invisible". A actriz fará tamén balance do seu magnífico ano, xa que participou ademais en &qu... |
|
11/06/2007 - 01:20 h.
|
Miraxes buscará hoxe en Barcelona os novos valores da cultura galega en Cataluña, unha fornada de artistas e creadores que están a revolucionar a cultura da emigración. O programa desprazarase á cidade condal na procura desta nova diáspora artística, que aposta por unha arte comprometida e loita contra os tópicos do emigrante galego. Doutra banda, Susana Cendán comentará a mostra de Suso Fandiño no Espazo C de Santiago, un proxecto de minuciosa recompilación a partir de fotografías amateur, que pretenden xerar un gran retrato social. Este fresco reflexiona sobre o acceso democrático á representación e ao retrato social por parte dunha boa mostra da sociedade desde a recente aparición das cámaras dixitais ou dos teléfonos con cámara integrada. Ademais, a axenda de Miraxes dará conta da actuación do violinista Peter Zimmermann en Santiago; da mostra que reúne en Vigo obras das estrelas do pop art; e da volta de Fura dels Baus coa innovadora proposta “Imperium”. O programa rematará nesta ocasión coa música do escocés Paolo Nuttini, un cantante cheo de marcha, estilo e sinceridade.
 |
Miraxes buscará hoxe en Barcelona os novos valores da cultura galega en Cataluña, unha fornada de artistas e creadores que están a revolucionar a cultura da emigración. O programa desprazarase á cidade condal na procura desta nova diáspora art... |
|
10/06/2007 - 15:38 h.
|
O programa Miraxes esbozará esta tarde algúns trazos da nova cultura francesa. O país galo está a vivir unha época de cambios sociais, políticos e culturais e os seus artistas non permanecen alleos a estas circunstancias. O museo Marco de Vigo reúne na mostra "Novos horizontes" a 19 artistas franceses que nos últimos anos comezaron a despuntar na escena artística internacional e que reflexionan sobre a actualidade en diferentes soportes. O obxectivo da exposición é ofrecerlle ao público unha panorámica o máis completa posible da escena artística actual en Francia. O espazo da Galega falará tamén de Arik Levy, un deseñador israelí establecido en París que compartiu as súas experiencias no Marco de Vigo con novos creadores. Levy realiza proxectos de deseño industrial, interiorismo e deseño gráfico para o mercado europeo e internacional, un traballo creativo baseado na experimentación e a simplicidade. Xa no tempo dedicado á axenda, Miraxes destacará a actuación de Ainhoa Arteta na Coruña; as pinturas de Miguel Ivorra na tenda compostelá Zurich-SCQ; e o Festival de Música Cidade de Lugo. O programa, que comezou cos novos horizontes da arte francesa, rematará co último disco do cantante Dominique A., que leva unha década conquistando o trono da nova chançom francesa.
 |
O programa Miraxes esbozará esta tarde algúns trazos da nova cultura francesa. O país galo está a vivir unha época de cambios sociais, políticos e culturais e os seus artistas non permanecen alleos a estas circunstancias. O museo Marco de Vigo... |
|
09/06/2007 - 15:32 h.
|
Miraxes fixará esta noite a súa atención nas artes gráficas e exploraraas dende distintas perspectivas. Así, falará dunha exposición que repasa en Santiago a historia da edición e da fotografía no século XX. A mostra amosa en 250 pezas as claves da difusión da fotografía en Galicia. A seguinte parada do programa da Galega será en Vigo, onde unha mostra reúne 100 carteis de grandes artistas, dende Toulouse Lautrec ata Andy Warhol. A exposición plasma de xeito cronolóxico o auxe deste xénero artístico, xurdido a finais do século XIX, e tamén o seu ocaso como medio de comunicación. Ademais, Miraxes deterase na exposición "Memoria das paredes", que se pode visitar na Coruña. Trátase dunha ampla mostra de carteis impresos na provincia da Coruña dende 1958 ata a actualidade, unha etapa moi ampla na que terán lugar procesos históricos importantes. Doutra banda, o espazo cultural da TVG falará de "Ouvirnos", unha editora preocupada polo patrimonio sonoro do país, co seu director, Xosé Manuel Aldea, que explicará as súas orixes, falará da colección de xoias da música galega "A Tiracolo", reflexionará sobre os tesouros sonoros que quedan por descubrir e adiantará os próximos proxectos da editorial. Na mesa de tendencias de Miraxes, o protagonismo será hoxe para "Fania All Star", un dos selos máis importantes da música latina, que está de actualidade porque acaba de aparecer un recompilatorio e dez dos discos máis recoñecidos do seu catálogo. Nesta edición dedicada ás artes gráficas, o programa non se despedirá sen ofrecer unha mostra do traballo gráfico que se está a facer en Galicia, para o que elixiu os deseños do estudio Bunker Graphics.
 |
Miraxes fixará esta noite a súa atención nas artes gráficas e exploraraas dende distintas perspectivas. Así, falará dunha exposición que repasa en Santiago a historia da edición e da fotografía no século XX. A mostra amosa en 250 pezas as clav... |
|
04/06/2007 - 01:15 h.
|
O programa Miraxes falará esta tarde da última sensación da música galega, o grupo Loretta Martin. Estes coruñeses, unha das sorpresas do ano, enriqueceron o mercado musical con "Paraíso distante" o seu primeiro traballo discográfico. Miraxes falará cos compoñentes do grupo, que conseguiron un son difícil de definir que aposta pola fusión de estilos: rock, acid jazz ou música brasileira, cun notable gusto polo funk que une os membros da banda. Outra das propostas culturais na que deterá a súa ollada Miraxes será a exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea "Saír a", en Santiago. A mostra amosa propostas específicas de varios artistas sobre as sensacións que pode suscitar a paisaxe da Ribeira Sacra, entendida como o punto onde conflúen a natureza, a historia, a tradición e a arte. Na axenda, falarase da versión teatral de "El túnel", con Héctor Alterio como protagonista, que chega estes días a varias cidades galegas; da exposición "Humo" na Galería Prego de Vigo, formada por cadros do artista andaluz José María Baez; e da actuación da Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta do director holandés Frans Brüggen. O programa despedirase coa música de Hanne Hukkelberg, a nova meiga da música escandinava, que se sitúa nun terreo de misterio e encanto.
 |
O programa Miraxes falará esta tarde da última sensación da música galega, o grupo Loretta Martin. Estes coruñeses, unha das sorpresas do ano, enriqueceron o mercado musical con "Paraíso distante" o seu primeiro traballo discográfico... |
|
03/06/2007 - 15:43 h.
|
O Miraxes deste sábado vai falar de arquitectura, dos grandes espazos da Casa Abeijón, unha vivenda localizada no barrio coruñés da Zapateira. O programa falará cos dous arquitectos autores do proxecto, Xosé Abeijón e Miguel Fernández, que explicarán as claves desta casa de espazos grandes, liñas sinxelas e moita luminosidade, unha vivenda onde os arquitectos xogaron cos espazos como se de bonecas rusas se tratase. Doutra banda, a comentarista de arte de Miraxes, Susana Cendán, visitará no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición "Da casa do futuro á casa de hoxe", dedicada á parella de arquitectos Alison e Peter Smithson, pegada sen a que non se entendería a arquitectura contemporánea. A súa obra marcou a evolución da arquitectura do movemento moderno despois da II Guerra Mundial. A axenda de Miraxes falará esta tarde da obra "Ao pé da letra", que o grupo madrileño Cambaleo Teatro presenta en Vigo; da última proposta escénica do colectivo catalán Erre que erre, "Deberían chover cristais", que se presenta en Santiago; e da exposición de vídeocreación do lugués Ignacio Pardo no CGAC. O programa de | | |