
CIENCIANOSA
O programa Ciencianosa busca a explicación a preguntas básicas como a de cantos anos podemos vivir, como vai ser Galicia co cambio climático, por que voan os avións, etc. coa axuda de persoal científico de Galicia.
|
Comeza "CienciaNosa" falando dun virus apegado ao calendario e que tantas baixas laborais ocasiona por estas datas, o da gripe; pero tamén se fai unha pregunta recorrente, como é se o ser humano está xa programado cando nace ou, pola contra, pode aprender a ser. Tamén descubrirá en que consisten os tantas veces citados "buratos negros" e, finalmente, analizará como afecta o cambio climático á produción de mexillóns.
Despois de deixar claro que o ser humano, dentro da súa programación xenética, tamén está suxeito ao libre albedrío sobre todo nos seus primeiros anos de vida, o programa de divulgación científica que dirixe Xosé Durán incidirá sobre un tema de gran preocupación social como son as influencias do cambio climático, neste caso na produción de mexillóns, pois se está a observar un incremento das mareas vermellas. Amais, o programa explicará como funciona o virus da gripe e como podemos combatelo poñendo medidas de prevención.
 |
Comeza "CienciaNosa" falando dun virus apegado ao calendario e que tantas baixas laborais ocasiona por estas datas, o da gripe; pero tamén se fai unha pregunta recorrente, como é se o ser humano está xa programado cando nace ou, pola contra, pode apr... |
|
16/11/2008 - 09:32 h.
|
A curiosidade dos galegos, as preguntas que poden xurdir sobre o mundo que os rodea, os grandes fitos no mundo da ciencia, as reflexións sobre os temas de saúde, ecoloxía, natureza, ou novas tecnoloxías, van ter unha resposta clara no programa.
 |
A curiosidade dos galegos, as preguntas que poden xurdir sobre o mundo que os rodea, os grandes fitos no mundo da ciencia, as reflexións sobre os temas de saúde, ecoloxía, natureza, ou novas tecnoloxías, van ter unha resposta clara no programa.... |
|
09/11/2008 - 09:33 h.
|
O programa de divulgación científica da Galega métese hoxe nas investigacións de antropoloxía forense que se realizan en Galicia, xa que son a estes especialistas a quen lles tocan os casos máis duros, tal como se pode ver a cotío nas ficcións televisivas: cadáveres calcinados, desmembrados ou restos óseos deteriorados que cómpre someter a técnicas especiais para determinar a causa da morte.
Doutro lado, o espazo que dirixe e presenta Xosé Durán falará precisamente dun dos seus principios como programa, a divulgación científica, pero neste caso na rúa, para todos os públicos, dando a coñecer en que consisten os Cafés científicos. Dentro da sección "Curioso mundo científico", o colaborador Jorge Mira explicará que os estudos con chimpancés revelan o grao de autocontrol que manifestan estes animais ante as tentacións, como por exemplo, da comida.
O científico e profesor na Facultade de Físicas compostelá Jorge Mira falará tamén da serie "Fibonacci", un conxunto de números que se obteñen sumando os dous procedentes, e que cando dividimos dous números consecutivos obtemos o número áureo.
 |
O programa de divulgación científica da Galega métese hoxe nas investigacións de antropoloxía forense que se realizan en Galicia, xa que son a estes especialistas a quen lles tocan os casos máis duros, tal como se pode ver a cotío nas ficcións televi... |
|
02/11/2008 - 09:33 h.
|
Que puido ocorrer na orixe do Universo? Nestas incógnitas anda o xénero humano e a preguntas coma esta intenta responder a ciencia, por iso o programa 'Ciencianosa' vai atender hoxe ao nacemento do Universo, ao Big Bang e aos experimentos con hadróns que se fan en Xenebra; pero tamén se ocupará doutros temas de interese como son a seguridade alimentaria ou curiosidades como as vantaxes dos velocistas de cen metros en relación coa numeroloxía.
 |
Que puido ocorrer na orixe do Universo? Nestas incógnitas anda o xénero humano e a preguntas coma esta intenta responder a ciencia, por iso o programa 'Ciencianosa' vai atender hoxe ao nacemento do Universo, ao Big Bang e aos experimentos con hadróns... |
|
26/10/2008 - 09:36 h.
|
A psicoloxía deportiva como arma de control para coñecer o estado de ánimo dos profesionais; alertar das consecuencias do consumo de marihuana entre a mocidade e da habelencia do sabio Cavendish para pesar o planeta Terra, son algúns dos temas centrais do programa de hoxe, que amais terá como protagonista o robot galego.
No curioso 'mundo científico' que presenta o colaborador do programa Jorge Mira vai alertar de que, segundo os estudos científicos, demóstrase que as chamadas drogas brandas, como a marihuana, son a ponte máis curta cara ás drogas duras, especialmente se se consume na adolescencia. Doutro lado, tamén vai amosar a vida e experimentos de Cavendish, un físico moi singular de finais do século XVIII, un sabio que para descubrir o peso da Terra recorreu á Lei da Gravitación Universal e a un experimento moi sofisticado
 |
A psicoloxía deportiva como arma de control para coñecer o estado de ánimo dos profesionais; alertar das consecuencias do consumo de marihuana entre a mocidade e da habelencia do sabio Cavendish para pesar o planeta Terra, son algúns dos temas centra... |
|
19/10/2008 - 09:31 h.
|
O programa de divulgación científica dedícalles hoxe atención preferente aos últimos estudos sobre a esperanza de vida nos casos de cancro de pulmón; pero tamén falará da aceptación da xerarquía por parte dos seres humanos e da crianza en batea de ourizos de mar. Respecto ao cancro de pulmón, o programa refírese aos últimos estudos sobre fármacos específicos para tratar a enfermidade que xa se comezan a perfilar en Galicia. Neste senso, son 50 os centros hospitalarios que están a poñer en marcha un estudo pioneiro en que o xene BRCA1 ten moita importancia e por tanto estanse a deseñar fármacos específicos para poder desactivalo. Noutro extremo o programa achégase a unha batea experimental con ourizos de mar onde a cría en catividade permite o consumo dun alimento que xa é un prato con moita sona dentro da gastronomía galega. O colaborador do programa e profesor de Física na USC Jorge Mira falará dentro da sección “Curioso mundo científico” de como o cerebro parece estar preparado para aceptar as xerarquías sociais e que mesmo lle interesa que nós ocupemos un lugar prominente na escala social. Doutro lado, explicará que os corredores das rúas oito dun estadio de atletismo saen máis lentos que os da rúa un, por unha cuestión de percepción sonora, pois reciben o son do disparo 25 milésimas de segundo despois, e se os récords mundiais de cen metros son cuestión de milésimas... pois xa se sabe.
 |
O programa de divulgación científica dedícalles hoxe atención preferente aos últimos estudos sobre a esperanza de vida nos casos de cancro de pulmón; pero tamén falará da aceptación da xerarquía por parte dos seres humanos e da crianza en batea de ou... |
|
12/10/2008 - 09:31 h.
|
O programa divulgativo CienciaNosa atende hoxe aos estudos sobre os efectos do alcohol nos universitarios; falará da obesidade preocupante no chamado primeiro mundo e tamén ensinará como se mide a audiencia dos programas de televisión, así como en que consiste a enerxía exotérmica que comeza a impoñerse en Galicia. Noutro plano, o programa analiza como en Galicia se está a impoñer un novo tipo de enerxía, que xa non é preciso extraer auga do solo nin buscar zonas quentes como as Burgas para a súa obtención, senón que cómpre con afondar varios metros na superficie para atopar zonas con maior enerxía que a que nos ofrece o exterior. É así como se obtén enerxía, por exemplo, no Parlamento de Galicia para a climatización do edificio. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, fíxase nunha cifra que se triplicou nos últimos vinte e cinco anos, a da obesidade, concluíndo que desde aquela aumentouse o consumo e cómese moito máis; doutro lado, explicará como se miden as audiencias en televisión e cal é o baseamento matemático dun método –usado por Sofres- que permite asegurar, por exemplo, que a cuarta parte da audiencia de televisión no día de hoxe está a ver CienciaNosa.
 |
O programa divulgativo CienciaNosa atende hoxe aos estudos sobre os efectos do alcohol nos universitarios; falará da obesidade preocupante no chamado primeiro mundo e tamén ensinará como se mide a audiencia dos programas de televisión, así com... |
|
05/10/2008 - 09:33 h.
|
Na súa reentré de outono, CienciaNosa, que dirixe e presenta Xosé Durán, arrinca a súa cuarta temporada falando da empresa galega de telecomunicacións R, a innovación tecnolóxica e a televisión do futuro, para pasar logo a un tema aparentemente máis lixeiro como é explicar por que, comunmente, o azul é a cor dos nenos e o rosa a cor adxudicada ás nenas. Tamén abordará que a realidade virtual está hoxe a suplir a experimentación, xa que a investigación científica usa, a cada volta, máis simuladores. No tocante á televisión do futuro, o programa analiza o traballo desenvolto polo único operador galego de fibra óptica, R, que amais dos servizos da internet e telefonía, está a traballar na chamada televisión do futuro. Respecto á realidade virtual o programa examina como está a substituír á investigación de campo ou de laboratorio, xa que permite a simulación de situacións reais e isto prodúcese nos eidos das telecomunicacións, da xestión de recursos naturais, da información xeográfica, dos recursos pesqueiros ou da medicina. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, amais de comentar as preferencias de cor segundo sexa home ou muller, lembrará cales foron as mulleres que acadaron o premio Nobel en disciplinas científicas.
 |
Na súa reentré de outono, CienciaNosa, que dirixe e presenta Xosé Durán, arrinca a súa cuarta temporada falando da empresa galega de telecomunicacións R, a innovación tecnolóxica e a televisión do futuro, para pasar logo a un tema aparentement... |
|
28/09/2008 - 09:31 h.
|
N/A
 |
|
|
21/09/2008 - 09:35 h.
|
N/A
 |
|
|
14/09/2008 - 09:33 h.
|
N/A
 |
|
|
29/06/2008 - 09:30 h.
|
Da pataca, máis concretamente do nematodo dourado da pataca, un parasito que diminúe a produción da mesma; das moitas investigacións que poden conducir á creación de empresas; das distintas razas de cans e da importancia da altura na velocidade da bóla de tenis, vai tratar hoxe unha nova edición do programa divulgativo da Galega. O nematodo dourado da pataca é un verme moi resistente que, unha vez no terreo, é difícil de erradicar pois ataca a raíz do tubérculo, por iso as investigacións realizadas pola Escola Politécnica de Lugo recomendan a solarización, a biofumigación ou as plantas trampa. Afondando na relación entre investigación e mundo empresarial o programa falará de UNIEMPRENDE, un proxecto universitario para crear empresas que poidan xurdir das investigacións que se realizan nos seus laboratorios. Neste senso, o proxecto da Universidade de Santiago recibiu o recoñecemento internacional, a norma SA, 8000, sendo a segunda universidade europea que se prestixia cun recoñecemento sobre a creación de empresas (19). O divulgador científico Jorge Mira explica que a diversidade de razas caninas se debe á man do home, pois nun cromosoma, o quince, aparecen as diferenzas entre as máis de catrocentas razas. Doutro lado, tamén explicará por que a bóla de tenis colle máis velocidade nas zonas de altura que nas de costa: un "canoneiro" como Roddick é máis efectivo co seu saque en altitude.
 |
Da pataca, máis concretamente do nematodo dourado da pataca, un parasito que diminúe a produción da mesma; das moitas investigacións que poden conducir á creación de empresas; das distintas razas de cans e da importancia da altura na velocidade da bó... |
|
22/06/2008 - 09:30 h.
|
O Ciencianosa de hoxe ármase de argumentos para explicar a percepción dos xuíces de liña, tanto en fútbol coma en tenis, pero tamén para analizar os riscos cardiovasculares e diabéticos que poden padecer as mulleres na pos menopausa; aclara en que consisten os oncoxenes e falará das pragas das lesmas e caracois. Un grupo de biólogos da Universidade de Santiago colocou 15 cámaras en diferentes cultivos de vide para comprobar como actúan as pragas das lesmas e caracois e poder alertar, con días de anticipación, da presenza dalgunha delas, que son moi voraces, especialmente cando atopan os gromos máis novos. Doutro lado, o programa analiza os riscos cardiovasculares e de diabetes que poden chegar a padecer as mulleres pos menopáusicas, polo aumento e acumulo de graxa no abdome e na cara. O colaborador científico do programa Jorge Mira explica os goles fantasmas, os fóra de xogo e outros erros que cometen os xuíces de liña no fútbol, pero tamén en que consiste o "ollo de falcón", un mecanismo que permite ver o bote das pelotas de tenis preto das liñas. Doutro lado, falará dos oncoxenes, que conteñen unha información para o desenvolvemento de tumores e que están latentes ata que, radiacións, tabaco ou outros axentes contaminantes, acaban por activalos.
 |
O Ciencianosa de hoxe ármase de argumentos para explicar a percepción dos xuíces de liña, tanto en fútbol coma en tenis, pero tamén para analizar os riscos cardiovasculares e diabéticos que poden padecer as mulleres na pos menopausa; aclara en... |
|
15/06/2008 - 09:32 h.
|
Estudos xenéticos de investigadores galegos en torno á artrose e curiosidades do mundo científico, como as que aseguran que nacen máis nenos ca nenas ou por que o ceo é azul, forman parte do CienciaNosa de hoxe. Amais, o programa asegura que exércitos de medio mundo contan con todoterreos galegos da marca Urovesa. Se pasamos moito tempo de xeonllos, aumenta a probabilidade de padecer artrose nos xeonllos, pero se traballamos coas mans, a artrose localizarase nestas extremidades, así que os investigadores galegos están a extraer ADN da cartilaxe das articulacións para identificar os xenes responsables deste mal. Unha reportaxe sobre novas tecnoloxías porá o punto de mira sobre a empresa galega Urovesa, grazas á cal exércitos de medio mundo, equipos de rescate ou contra incendios de todos os continentes, contan nas súas frotas con todoterreos de fabricación galega. Un dos últimos encargos é un vehículo especial contra a guerra nuclear, bacteriolóxica e química. O colaborador e divulgador científico Jorge Mira explicará algunhas curiosidades como que hai maior número de fecundacións con resultado de embrións masculinos que femininos entre os mamíferos, pero tamén hai maior número de abortos naturais no caso de embrións machos, debido aos cromosomas. O "Telesabio" explicará que o Sol emite luz branca cun pequeno ton verde, pero, ao atravesar a atmosfera, fai que vexamos o ceo de cor azul.
 |
Estudos xenéticos de investigadores galegos en torno á artrose e curiosidades do mundo científico, como as que aseguran que nacen máis nenos ca nenas ou por que o ceo é azul, forman parte do CienciaNosa de hoxe. Amais, o programa asegura que e... |
|
08/06/2008 - 09:32 h.
|
Unha empresa matriz doutras varias, todas elas de biotecnoloxía, que "vende" investigación; a risoterapia como fonte de saúde ou a estación depuradora de augas residuais do futuro, son algúns dos temas que tocará hoxe o programa de divulgación científica da Galega, que dirixe e presenta Xosé Durán. Doutro lado, darase a coñecer o proxecto "Novedar-Consolider", pensado para depurar as augas residuais de compostos presentes nos fármacos e a posterior reutilización desas augas para regar, por exemplo. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, explica como está demostrado cientificamente que a risa é un factor moi saudable, xa que se a tensión aumenta a presión sanguínea, a risa diminúe esta presión e aumenta a liberación de endorfinas, que provocan benestar. Amais, aclara que a velocidade media non é a media das velocidades e que nunha recta dun quilómetro, onde hai un sinal de 50 km/h, ir a 100 km/h só nos fai gañar algo máis de medio minuto.
 |
Unha empresa matriz doutras varias, todas elas de biotecnoloxía, que "vende" investigación; a risoterapia como fonte de saúde ou a estación depuradora de augas residuais do futuro, son algúns dos temas que tocará hoxe o programa de divulgac... |
|
01/06/2008 - 09:31 h.
|
Comezando por unha planta invasora sudafricana, a unlla de gato, o programa de divulgación científica, que dirixe e presenta Xosé Durán, falará doutras particularidades descoñecidas como a análise xenética da homosexualidade ou as novas especies bacterianas que lles afectan ás ameixas galegas. Sobre a planta invasora, o programa incide en que a unlla de gato chegou aos xardíns pola súa beleza, pero que comezou a desprazar pouco a pouco ás especies autóctonas, entre elas á herba de namorar. Outro tema refírese ás investigacións de científicos galegos, que, empregando métodos propios de detección, descubriron novas especies bacterianas, como o anel marrón, que se converte nunha doenza das ameixas e que provoca gran mortaldade e baixa produción. A área de Patoloxía da USC está a detectar, con métodos moi eficaces, a presenza destes grupos bacterianos na poboación que se cultiva nos nosos areais. Jorge Mira falará de que as ondas electromagnéticas son un xeito de transmitir calor e que a temperatura do sol acada os 5500ºC, pero tamén de que o 20% dos casos de homosexualidade pode explicarse desde o punto de vista fisiolóxico e xenético.
 |
Comezando por unha planta invasora sudafricana, a unlla de gato, o programa de divulgación científica, que dirixe e presenta Xosé Durán, falará doutras particularidades descoñecidas como a análise xenética da homosexualidade ou as novas especies bact... |
|
25/05/2008 - 09:32 h.
|
O cada vez máis explorado cultivo das algas e os seus diversos e beneficiosos usos, algúns empregados para mellorar a saúde e, doutro lado, a nanotecnoloxía xénica, canto ao uso de material xenético para curar doenzas que chegan directamente a un órgano ou tecido viaxando nunha nanopartícula, serán os eixes principais de Ciencianosa para hoxe. De parte do "Mundo científico", o colaborador Jorge Mira explicará curiosidades tales como saber que os elefantes son quen de distinguir os sons dos elefantes coñecidos dos que emiten outros descoñecidos, pois poden notar as vibracións mesmo no chan. Noutro plano máis experimental, terase en conta que, amais da luz visible, existen outras ondas doutra frecuencia, como os raios infravermellos, que permiten tamén ver os obxectos, aínda que non se perciben directamente polo ollo, xa que a visión destes ten que ver coa temperatura que emiten.
 |
O cada vez máis explorado cultivo das algas e os seus diversos e beneficiosos usos, algúns empregados para mellorar a saúde e, doutro lado, a nanotecnoloxía xénica, canto ao uso de material xenético para curar doenzas que chegan directamente a un órg... |
|
18/05/2008 - 09:31 h.
|
Ciencianosa vai falar dun gran renovador da medicina, Nóvoa Santos, un coruñés que pasou á historia tamén como humanista, mestre, político e divulgador; noutros apartados tamén vai explicar que falar polo móbil, ademais de perigoso, enlentece o tráfico, e analizará o virus de enrolamento da vide. Considerado un gran renovador na súa disciplina, Roberto Nóvoa Santos foi a figura da medicina máis importante do primeiro terzo do século XX, tamén como humanista, mestre, político e divulgador, pois este coruñés é o autor do "Manual de Patología Xeral", o libro de texto imprescindible en todas as facultades de medicina de España. Desde as curiosidades que ofrece o mundo científico, o colaborador do programa Jorge Mira explicará os estudos realizados por un equipo de investigadores australianos sobre os perigos e consecuencias que afectan á condución mentres se está a falar polo móbil. Doutro lado, desde o "Telesabioquot;, Mira explicará cal é o punto máis occidental de Europa e como son os solpores en distintos ámbitos xeográficos, incluíndo o "Sol de Medianoite".
 |
Ciencianosa vai falar dun gran renovador da medicina, Nóvoa Santos, un coruñés que pasou á historia tamén como humanista, mestre, político e divulgador; noutros apartados tamén vai explicar que falar polo móbil, ademais de perigoso, enlentece ... |
|
11/05/2008 - 09:33 h.
|
N/A
 |
|
|
04/05/2008 - 09:32 h.
|
En Ciencianosa analízanse hoxe os estudos realizados por un equipo investigador sobre o ruído e a fala; pero tamén se ofrecen datos que permiten dicir que as persoas que dan cartos están máis cerca da felicidade, e falarase do solpor e da súa evolución ao longo do ano. En materia de prevención: o uso abusivo de antibióticos fai aumentar a resistencia bacteriana. Nos estudos realizados polos investigadores do ruído conclúese que para que unha voz se faga entender cómpre que o ruído que a envolve sexa inferior, cando menos, en 15 decibelios, un dato que vén orientar moi ben o relativo á convivencia e aos espazos de conversa para facerse escoitar. Outra investigación achega novos datos sobre os enzibióticos, proteínas dunha familia de virus que poden actuar como potentes axentes anti-microbianos e substituír deste xeito os antibióticos, que perden, paseniñamente, efectividade. En aspectos de curiosidade social, o colaborador científico do programa Jorge Mira ofrecerá datos para concluír que a xente máis feliz é a que reparte cartos. Mentres que desde o "Telesabio" referirase á teoría xeral da Relatividade, da que Albert Einstein é o pai, quen considerou, ademais das tres dimensións clásicas, unha nova, o tempo, que non transcorre igual para todos, senón que depende do movemento.
 |
En Ciencianosa analízanse hoxe os estudos realizados por un equipo investigador sobre o ruído e a fala; pero tamén se ofrecen datos que permiten dicir que as persoas que dan cartos están máis cerca da felicidade, e falarase do solpor e da súa ... |
|
27/04/2008 - 09:47 h.
|
O divulgativo científico explicará hoxe, entre outros asuntos curiosos, como é o día a día dunha xornada de traballo e convivencia nunha brigada antiincendios, para pasar de seguido a falar de como funcionan as barreiras contra a contaminación, pero tamén de como é a marca da aprendizaxe dos animais. Na chamada sección "Con-ciencia ecolóxica", o director e presentador do espazo, Xosé Durán, dará paso a unha reportaxe que desvelará como funcionan as barreiras flotantes como método anticontaminación, e desde o "Telesabio" o colaborador científico do programa Jorge Mira refírese hoxe ao sinal nos procesos de aprendizaxe dos animais, sobre todo á hora de que os bechos acabados de nacer poidan identificar os seus pais. Así, verase como os lumbrigantes adoitan fuxir dos compañeiros que están enfermos, como se sospeitasen que resultará máis doada a súa captura.
 |
O divulgativo científico explicará hoxe, entre outros asuntos curiosos, como é o día a día dunha xornada de traballo e convivencia nunha brigada antiincendios, para pasar de seguido a falar de como funcionan as barreiras contra a contaminación, pero ... |
|
20/04/2008 - 09:32 h.
|
O espazo científico achégase hoxe ás investigacións realizadas en Feiraco sobre os ácidos graxos naturais do leite, pero o director e presentador de Ciencianosa, Xosé Durán, tamén dará paso a outros asuntos, como os distintos intereses que explican o amor nas parellas e o deseño de fármacos a través da nanotecnoloxía. Para empezar, hai que saber que o leite da vacas non é igual todo o ano xa que depende dos nutrientes que consuman e así na primavera o leite presenta un perfil nutritivo máis saudable. Deste xeito imos ver como se consegue aumentar o contido en ácidos graxos de xeito natural no leite das vacas galegas. Cambiando de tema, o programa falará tamén do concepto de nanotecnoloxía nos fármacos, un método que revolucionará o xeito de administración de fármacos, pois pronto se subministrarán de xeito directo, a través dunha vía nasal ou oral que non supoña estragos do medicamento ou o emprego de doses elevadas nin o seu paso por órganos que mesmo poderían verse afectados pola súa presenza. Desde a plataforma do Telesabio, Jorge Mira achega os últimos datos para saber como nace o amor ou frechazo: aínda que as mulleres aseguran buscar seguranza económica na parella e os homes aceptan perseguir un ideal de beleza, á hora de formar parella as impresións a primeira vista son importantes. Doutro lado, fai referencia ao descubrimento de novas galaxias en 1925 polo astrónomo Hubble, que asegurou que o Universo non remataba, como se cría daquela, na Vía Láctea.
 |
O espazo científico achégase hoxe ás investigacións realizadas en Feiraco sobre os ácidos graxos naturais do leite, pero o director e presentador de Ciencianosa, Xosé Durán, tamén dará paso a outros asuntos, como os distintos intereses que exp... |
|
13/04/2008 - 09:32 h.
|
O programa Ciencianosa dará a coñecer, no tocante á batalla contra os incendios, as tarefas que milleiros de investigadores galegos están a desenvolver baixo o nome do "Grupo Thor" e que son as de prevención, extinción e recuperación, pois ata con tres días de antelación se poden prever os incendios e con tres meses anticipar se haberá ou non moitos deles. Nos aspectos das novas tecnoloxías, o director e presentador do programa Xosé Durán dará paso ao Centro de Supercomputación de Galicia, para coñecer polo miúdo o supercomputador galego "Finis Térrea", que ten dezanove mil veces máis memoria ca calquera ordenador persoal e que é o de maior memoria compartida de toda Europa. O seu uso é múltiple xa que se emprega para a predición meteorolóxica, para o deseño de novos fármacos ou para aumentar a seguridade dos automóbiles. No Telesabio, o colaborador científico do programa, Jorge Mira, explicará como se empregan as moscas para experimentar co alcol, a través da análise dos efectos que nelas causa, e logo se extrapola aos seres humanos: as moscas tamén sofren a síndrome de abstinencia.
 |
O programa Ciencianosa dará a coñecer, no tocante á batalla contra os incendios, as tarefas que milleiros de investigadores galegos están a desenvolver baixo o nome do "Grupo Thor" e que son as de prevención, extinción e recuperación... |
|
06/04/2008 - 09:32 h.
|
O programa comezará falando da hipodermose, unha doenza do gando vacún que impide o bo rendemento das vacas galegas, para continuar tratando sobre as consecuencias xenéticas dos matrimonios entre primos, así como explicar as últimas investigacións na procura de novas algas para a alimentación. Canto á hipodermose bovina, hai que explicar que a larva da mosca provoca nas vacas unha doenza chamada hipodermose, que impide o seu engorde e o seu rendemento cárnico e leiteiro. Investigadores do campus de Lugo están a buscar unha vacina que potencie o sistema inmune das vacas fronte a este parasito. Noutro plano, o colaborador científico do programa, Jorge Mira, explicará como as doenzas xenéticas que só se manifestan sendo recesivas teñen un potencial de aparición maior cando casan primos entre eles (como sucedeu historicamente cos matrimonios entre parentes nas diversas casas reais). As algas, futuro alimentario O programa dá conta das novas algas que se investigan para uso culinario e alimenticio, xa que das novecentas especies galegas hai moitas con propiedades nutritivas que aínda non se comercializan. Doutro lado, o sabio vai aprendérmonos máis sobre a paralaxe, desta volta aplicada á medición de distancias entre a Terra e os planetas ou entre a Terra e as estrelas. As cifras son tan grandes que cómpre falar de anos - luz.
 |
O programa comezará falando da hipodermose, unha doenza do gando vacún que impide o bo rendemento das vacas galegas, para continuar tratando sobre as consecuencias xenéticas dos matrimonios entre primos, así como explicar as últimas investigacións na... |
|
30/03/2008 - 09:30 h.
|
N/A
 |
|
|
23/03/2008 - 09:31 h.
|
O programa de divulgación científica achégase hoxe ao gran centro investigador de produtos do mar en Galicia, CECOPESCA, para logo anunciar os problemas cardíacos que xera o fútbol e dar paso ao Centro Técnico AIMEN, do Porriño, onde se fabrican materiais lixeiros que se empregan na fabricación da fuselaxe dos avións. Somos quen de diferenciar unha lura dunha pota ou dun polbo? Claro que si, agás se están en conserva, en cachiños. O estudo xenético dos cefalópodos que se fai en CECOPESCA permite resolver asuntos coma este xa que é o maior centro investigador de produtos do mar que hai en España. Doutro lado, o Centro Tecnolóxico AIMEN, un centro privado de investigación e desenvolvemento que dá servizo a centos de empresas, traballa arestora na aliaxe de aluminio para conseguir fuselaxe para os avións. O centro porriñés, que está especializado nas tecnoloxías de unión, emprega o láser e soldadura por fricción para a obtención de materiais lixeiros e moi resistentes. Na sección do "Telesabio", o colaborador científico do programa Jorge Mira vai ensinar a calcular as distancias a través do método da paralaxe, para o cal cómpre coñecer regras de tres e lonxitudes da circunferencia.
 |
O programa de divulgación científica achégase hoxe ao gran centro investigador de produtos do mar en Galicia, CECOPESCA, para logo anunciar os problemas cardíacos que xera o fútbol e dar paso ao Centro Técnico AIMEN, do Porriño, onde se fabrican mate... |
|
16/03/2008 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega aborda hoxe as posibles especies ameazadas en Galicia, pero tamén os experimentos cos que se pretenden reproducir as condicións da vida na Terra e a máis punteira tecnoloxía en telefonía dual, SIM. O tema da ameaza que están a padecer especies de pequenos animais en Galicia, como as tartarugas, as píntegas ou as libélulas, sitúanos en Lourizán, Pontevedra, onde os científicos están a analizar o comportamento dalgunhas destas especies. Confluíndo con este tema, o colaborador científico do programa Jorge Mira explicará o comportamento sexual nas diversas especies, comportamento que pode conducir á homosexualidade e que polo tanto pode ser identificada. Amais, o sabio vai explicar como se pode reproducir unha serie de experimentos para que xurda a vida tal e como sucedeu hai millóns de anos nos albores da Terra. En temas máis tecnolóxicos, falarase da dualidade dos terminais telefónicos móbiles, xa que en Galicia se comercializa o único sistema europeo que permite o emprego de dúas tarxetas telefónicas nun mesmo terminal.
 |
O programa científico da Galega aborda hoxe as posibles especies ameazadas en Galicia, pero tamén os experimentos cos que se pretenden reproducir as condicións da vida na Terra e a máis punteira tecnoloxía en telefonía dual, SIM. O tema da ameaza que... |
|
09/03/2008 - 10:00 h.
|
O programa científico da Galega comeza hoxe referíndose á hidroterapia como tratamento de doenzas a base de augas termais, para falar logo do aproveitamento necesario dos residuos pesqueiros e, dende o curioso mundo científico, descubrir certas particularidades do esperma dos cervos. Unha das prácticas máis habituais dos últimos tempos en torno a problemas de saúde ten que ver cos tratamentos termais, dos que dará conta o programa para despexar dúbidas ou falsas crenzas e abordar o tema co máximo rigor. O certo é que os peloides son barros ou lodos que se mesturan coas augas mineiras e medicinais (termais) ou con auga do mar para aplicar sobre o corpo e que serven para a curación ou cando menos para o alivio de certas doenzas. Un tema controvertido do medio refírese ao necesario aproveitamento dos residuos pesqueiros, é dicir, eses descartes de pesca (moitas toneladas) que se producen cada vez máis en cada saída ao mar e que traen consecuencias negativas para a saúde do mar. Polo tanto falarase de que unha posible solución sería aproveitar estes residuos para crear xelatinas e coláxenos de alto valor engadido na industria alimentaria, na cosmética ou na farmacéutica.
 |
O programa científico da Galega comeza hoxe referíndose á hidroterapia como tratamento de doenzas a base de augas termais, para falar logo do aproveitamento necesario dos residuos pesqueiros e, dende o curioso mundo científico, descubrir certas parti... |
|
02/03/2008 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega comeza coa referencia ao planeta Marte e á carreira espacial, para presentar logo a diferente esperanza de vida dos escultores e dos pintores e falar tamén do efecto fotoeléctrico e do Museo do Mar de Vigo. Respecto á conquista de Marte, despois de máis de corenta anos de achegamento a este cada vez menos descoñecido planeta, despois de tomar mostras e de buscar auga, cómpre pensar xa na posibilidade de enviar unha nave tripulada ao planeta vermello. Doutro lado, vaise facer un achegamento ao que representa o Museo do Mar de Vigo, que, amais de explicar a relación de Galicia co mar, axuda a responder a cuestións como a formación das rías ou a cor do mar. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, vai intentar explicar as diferenzas de esperanza de vida que acontecen en colectivos semellantes, como por exemplo por que viven máis os escultores que os pintores? ou por que viven máis os revisores que os condutores de autobús? Doutro lado, o sabio científico tamén vai explicar o efecto fotoeléctrico: como é posible que algúns aparellos funcionen sen baterías, pilas ou sen conexión á rede eléctrica?
 |
O programa científico da Galega comeza coa referencia ao planeta Marte e á carreira espacial, para presentar logo a diferente esperanza de vida dos escultores e dos pintores e falar tamén do efecto fotoeléctrico e do Museo do Mar de Vigo. Respec... |
|
24/02/2008 - 09:31 h.
|
Xosé Durán, director e presentador, inicia hoxe o programa científico da Galega cun descoñecido tema sobre os posibles riscos dos raios cósmicos que veñen do espazo, analizándose se son beneficiosos como potente fonte enerxética ou se, pola contra, este mesmo exceso de enerxía podería provocar probables mutacións. No programa tamén se vai facer alusión á intelixencia dos elefantes e ao aproveitamento das proteínas do estómago dos búfalos. Outros aspectos serán introducidos polo "Telesabio", que falará dalgunhas propiedades descoñecidas da luz. Respecto a diversos estudos sobre proteínas, unha investigación recente que analiza as proteínas que o búfalo ten no seu estómago conclúe que as quimosinas deste animal permiten coagular o queixo. A sección do Telesabio de Jorge Mira, colaborador científico do programa, vai explicar que a luz ten unha dualidade de comportamento, como onda e como corpúsculo (ten cantidade de movemento).
 |
Xosé Durán, director e presentador, inicia hoxe o programa científico da Galega cun descoñecido tema sobre os posibles riscos dos raios cósmicos que veñen do espazo, analizándose se son beneficiosos como potente fonte enerxética ou se, pola contra, e... |
|
17/02/2008 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega introdúcese hoxe no mundo do recentemente creado laboratorio de Bioloxía e ADN da policía científica, pero tamén se vai falar da fertilidade das mulleres e como os varóns detectan os ciclos menstruais de forma inconsciente; dos números, especialmente dos números diferentes: irracionais, nº pi, número e; para finalmente analizar a calidade do aire que respiramos. Canto á policía científica, cada pelo, cada escama, os restos de sangue ou fluídos presentes nunha escena dun crime, son hoxe en día as pistas para o descubrimento do culpable, por iso o programa se mete no recentemente estreado na Coruña Laboratorio de ADN da policía científica. Noutra reportaxe, falarase da rede galega de aerobioloxía en relación á calidade do aire que respiramos, xa que hai uns 360 alérxicos ao pole en Galicia e unha minuciosa análise a través das recollidas que se fan en distintos puntos permite alertar cando aumentan os niveis ata valores extremos. Noutro plano, o colaborador científico do programa Jorge Mira explica un experimento de investigadores norteamericanos con bailarinas de streaptease, para demostrar que os homes decátanse, sequera inconscientemente, dos períodos fértiles polos que atravesan as mulleres. Doutro lado, o sabio vai explicar que os números teñen un sentido práctico, mesmo aqueles que parecen máis estraños.
 |
O programa científico da Galega introdúcese hoxe no mundo do recentemente creado laboratorio de Bioloxía e ADN da policía científica, pero tamén se vai falar da fertilidade das mulleres e como os varóns detectan os ciclos menstruais de forma inconsci... |
|
10/02/2008 - 09:30 h.
|
O programa científico de hoxe vai estar centrado no deseño industrial desenvolto no campus de Ferrol, mentres que no "Curioso Mundo" falarase da pouca saúde que teñen os norteamericanos en comparanza cos británicos e o "Telesabio" fará un experimento con imáns para confirmar que o magnetismo permite serrar electricidade. Doutro lado, Xosé Durán, director e presentador, dará paso á reportaxe sobre as novas técnicas cirúrxicas utilizadas en traumatoloxía que empregan células nai do propio paciente. O deseño industrial estase a revelar como un sector en plena revolución, e como mostra están os enxeñeiros do campus ferrolán, que son quen de deseñar dende automóbiles ata mobles de futuro, dende electrodomésticos ata produtos informáticos que nos próximos anos veremos sen dúbida no mercado. En canto a avances médicos daranse a coñecer as novas técnicas cirúrxicas realizadas no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), como son o emprego de células nai óseas maduras dun paciente para rexenerar o seu propio tecido óseo e sen necesidade de colocar enxertos. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, vai explicar nesta ocasión como funciona o freo eléctrico, por exemplo nos coches ou nas montañas rusas. Cun imán e cun metal non condutor, caso do aluminio, conséguese que a corrente inducida polo imán acabe por frear a ese metal.
 |
O programa científico de hoxe vai estar centrado no deseño industrial desenvolto no campus de Ferrol, mentres que no "Curioso Mundo" falarase da pouca saúde que teñen os norteamericanos en comparanza cos británicos e o "Telesabio"... |
|
03/02/2008 - 09:31 h.
|
A recuperación da fauna salvaxe en Galicia; os problemas de integración da inmigración adolescente e mesmo curiosidades científicas como falar de que as columnas vertebrais das mulleres evolucionaron de xeito distinto ás dos homes, forman parte do menú científico que prepara CienciaNosa desta mañá de domingo. A reportaxe sobre a recuperación da fauna salvaxe está feita no Centro de Recuperación de Coutorredondo, onde se cura desde curuxas ata xenetas, partindo do dato de que ás veces detrás dun animal ferido está a man do home pero tamén detrás da curación xorde o labor solidario dos veterinarios. Os animais salvaxes están sometidos a tensións por mor da actuación do home sobre o seu hábitat. Os adolescentes procedentes da inmigración teñen problemas de integración social relacionados con elementos de discriminación, xa que son os que maiores dificultades posúen para adaptarse á sociedade galega e senten o rexeitamento moito máis cós adultos e cós nenos pequenos, que conseguen unha adaptación aceptable á escola nos primeiros anos. O programa entra en contacto co grupo Udipré da facultade de Psicoloxía de Santiago para tratar de analizar estes problemas de conduta. Noutros aspectos máis curiosos da ciencia, o colaborador científico Jorge Mira explicará os estudos que amosan a evolución diferente das columnas vertebrais de homes e mulleres.
 |
A recuperación da fauna salvaxe en Galicia; os problemas de integración da inmigración adolescente e mesmo curiosidades científicas como falar de que as columnas vertebrais das mulleres evolucionaron de xeito distinto ás dos homes, forman parte do me... |
|
27/01/2008 - 09:31 h.
|
Nas novas adiccións que padece a xente moza na actualidade centran un dos temas que o programa científico da Galega, Ciencianosa, tratará hoxe, especialmente as novas tecnoloxías; pero tamén se falará da previsión de futuro dos primates, que gardan ferramentas para un uso posterior, e tamén dos novos fármacos dos que se está a investigar na universidade galega. Canto ás novas adiccións, móbiles e Internet, falarase de como conseguir diminuír o tempo de exposición a móbiles, videoxogos e Internet e de como controlar os impulsos compulsivos sobre as compras, que son algunhas das adiccións do século XXI. Doutro lado, o colaborador científico do programa, Jorge Mira, explicará o comportamento dos primates, capaces de gardar ferramentas un tempo para logo usalas na obtención de comida, e tamén falará de como determinou Galileo Galilei cal era a velocidade da luz, nun tempo en que non había aparellos de medición. Xosé Durán, director e presentador do programa, dará paso a unha reportaxe sobre a medicación á carta, non soamente a axeitada para cada doente, senón tamén para saber a dose precisa. Neste senso, imos coñecer o grupo de Biofarma da Universidade de Compostela, que está na procura de novos fármacos.
 |
Nas novas adiccións que padece a xente moza na actualidade centran un dos temas que o programa científico da Galega, Ciencianosa, tratará hoxe, especialmente as novas tecnoloxías; pero tamén se falará da previsión de futuro dos primates, que gardan f... |
|
20/01/2008 - 09:31 h.
|
O programa Ciencianosa vai versar hoxe sobre as posibilidades de curación das doenzas hereditarias, unha vez que se coñece o xenoma humano. Así, o espazo da Galega presentado por Xosé Durán ofrecerá unha reportaxe sobre a Fundación Pública de Medicina Xenómica, que ten un catálogo de probas moi completo para determinar as doenzas con base xenética. Algunhas destas mutacións teñen a súa orixe en Galicia e logo foron espallándose por todo o planeta. Ciencianosa tamén falará hoxe da capacidade de determinados paxaros para agochar a comida e mesmo cambiala de sitio se sospeitan que outro paxaro estaba a axexar. Jorge Mira explicará o comportamento dos gaios, uns paxariños que adoitan agochar a comida para tempos difíciles. Os competidores vixían e rouban a comida, polo que os gaios, se se saben axexados, regresan cando non hai ninguén e vólvena cambiar de sitio. No tempo do Telesabio, os espectadores da Galega descubrirán como se pode saber sempre a localización en calquera punto da superficie terrestre, a través de paralelos e meridianos. Ademais, María Solar falará dos cogomelos e das novas especies que están a agromar en Galicia e que poden ter ampla aplicación en alimentación e medicina. Unha experta, María Castro, recoñece que o cambio climático implica a aparición de novas especias na nosa terra.
 |
O programa Ciencianosa vai versar hoxe sobre as posibilidades de curación das doenzas hereditarias, unha vez que se coñece o xenoma humano. Así, o espazo da Galega presentado por Xosé Durán ofrecerá unha reportaxe sobre a Fundación Pública de ... |
|
13/01/2008 - 09:31 h.
|
O programa Ciencianosa falará hoxe das proteínas que activan as plaquetas, responsables dos trombos que poden causar infartos cerebrais ou de miocardio. O espazo da TVG analizará as investigacións que se están a facer en Galicia sobre este tema. Outro dos temas que abordará o espazo presentado por Xosé Durán será o ruxerruxe, o vilipendio das persoas. Jorge Mira explicará por que os humanos lles facemos caso aos comentarios negativos que emiten sobre os coñecidos, aínda sabendo que poden ser falsos. Ademais, Mira falará da Teoría dos Xogos, coa que exporá o dilema do prisioneiro que non sabe se é mellor confesar ou quedar calado. Por outra parte nunha reportaxe de María Solar sobre epidemioloxía psiquiátrica en Galicia, presentaranse as investigacións que realizan os psiquiatras galegos coa xente da terceira idade, grupo en que unha de cada catro persoas ten algún problema psiquiátrico.
 |
O programa Ciencianosa falará hoxe das proteínas que activan as plaquetas, responsables dos trombos que poden causar infartos cerebrais ou de miocardio. O espazo da TVG analizará as investigacións que se están a facer en Galicia sobre este te... |
|
06/01/2008 - 09:30 h.
|
N/A
 |
|
|
30/12/2007 - 09:30 h.
|
Moitos seres das nosas rías, especialmente os gasterópodos, vense sometidos a substancias contaminantes como o fuel (como o Prestige) ou as toxinas que libera o microplácton, substancias químicas que provocan cambios na estrutura do ADN, que, de non seren reparados polo propio organismo, acaban converténdose en mutacións xenéticas, unha preocupación da que se falará hoxe en CienciaNosa. O programa falará do valor mundial da pedra galega explicando por que o granito do Porriño é o de máis calidade do mundo e poñendo de releve datos como que Galicia é a primeira produtora de lousa do mundo e a terceira de granito, sendo o rosa Porriño o máis apreciado de todos. Os enxeñeiros detectan as zonas de maior valor e indican cal é a maneira máis segura de explotar os xacementos. Asemade os enxeñeiros de minas de Vigo están a preparar un proxecto para explicar polo miúdo os efectos dos tremores en Galicia. Desde outra perspectiva, o colaborador científico Jorge Mira explicará que a identidade sexual está no cerebro e non nos xenitais, como se demostrou tras alterar o cerebro dun verme e ver como cambia de hábitos sexuais. Mira tamén vai aclarar por que existen estacións que son distintas nos hemisferios norte e sur e por que cambiamos a hora.
 |
Moitos seres das nosas rías, especialmente os gasterópodos, vense sometidos a substancias contaminantes como o fuel (como o Prestige) ou as toxinas que libera o microplácton, substancias químicas que provocan cambios na estrutura do ADN, que, de non ... |
|
23/12/2007 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega vai ofrecer hoxe unha referencia á realidade virtual, que se está a investigar na facultade de Telecomunicacións de Vigo, presentándose as técnicas que axudan a crear imaxes en tres dimensións e coas que podemos interactuar e introducirnos nelas como se se tratase dun mundo real. Doutro lado, dende o curioso mundo científico, o colaborador do programa Jorge Mira vai explicar o funcionamento das feromonas que secretamos e que buscan despertar a atracción sexual, pero que non son exclusivas dos seres humanos. O director e presentador do programa, José Durán, dará conta no apartado de experimentos dalgunhas novas da actualidade científica, como por exempo que o desxeo dos polos pode causar graves asolagamentos en distintos países de Europa, Asia e América, e isto pode ocorrer en menos de sesenta e cinco anos: daquela, as inundacións provocarían a desaparición dun terzo das especies, a desaparición de cidades enterias e cambios profundos nos cultivos e na pesca. Doutro lado, de pouco serviría a pílula para evitar o envellecemento que se está a experimentar con ratos en Gran Bretaña, xa que segundo os investigadores a vida media do ser humano pode chegar aos 90 anos. E tamén descubriremos como detectar o autismo en nenos.
 |
O programa científico da Galega vai ofrecer hoxe unha referencia á realidade virtual, que se está a investigar na facultade de Telecomunicacións de Vigo, presentándose as técnicas que axudan a crear imaxes en tres dimensións e coas que podemos intera... |
|
16/12/2007 - 09:30 h.
|
A presenza de mamíferos mariños nas costas galegas; como se regula o apetito na especie humana e o por que da obesidade, e tamén como os presos recuperan a autoestima responsabilizándose de cans, son algunhas das propostas do Ciencianosa de hoxe, un espazo científico divulgativo que dirixe e presenta Xosé Durán . O programa dará conta de Galicia como vía de paso para os mamíferos mariños, golfiños e arroaces que viven nas nosas costas, pero que tamén nos visitan moitas outras especies que están de paso, estimándose que nun ano prodúcense uns 250 encallamentos de mamíferos. O colaborador científico do programa, Jorge Mira explicará que a hormona leptina é a responsable de regular o apetito, xa que cando o tecido graxo a libera no sangue é a encargada de avisar o sistema nervioso de que xa ten enerxía dabondo, e así a leptina aplaca a fame. Doutro lado, ofrecerase unha reportaxe con algúns internos do cárcere de "Pereiro de Aguiar", con problemas de autoestima, comunicación, sociabilidade e depresión, a quen responsabilizan do coidado de cans da raza Goleen Retriever para lograr un equilibrio emocional e psicolóxico que lles permita afrontar con maior fortaleza a súa estadía no cárcere.
 |
A presenza de mamíferos mariños nas costas galegas; como se regula o apetito na especie humana e o por que da obesidade, e tamén como os presos recuperan a autoestima responsabilizándose de cans, son algunhas das propostas do Ciencianosa de ho... |
|
09/12/2007 - 09:31 h.
|
A contaminación fluvial dos ríos coñecida polos insectos acuáticos e a compostaxe como forma de previr os incendios serán dous dos temas que analice hoxe o espazo científico da Galega, Ciencianosa, que dirixe e presenta José Durán, xunto ás seccións de María Solar e do científico Jorge Mira co seu Telesabio. A contaminación dos ríos será analizada aquí dende o punto de vista da catalogación dos insectos acuáticos que neles viven e que serve para determinar o grao de contaminación dos mesmos. Estes insectos sofren respostas morfolóxicas por produtos tóxicos. Doutro lado analizarase a compostaxe e o coidado dos montes como xeito de prevención, e neste senso destácanse as actividades realizadas por un grupo de científicos da universidade de Vigo nos montes do Val Miñor para a recuperación da masa forestal e a prevención de incendios. O colaborador científico Jorge Mira explicará que relación pode haber entre a obtención dun Óscar e o número de fillos que teñen os premiados, xa que parece demostrado que existe unha relación directa entre o premio cinematográfico e o aumento dos nenos. Na sección do Telesabio do programa explicará que os electróns, á parte de teren carga, teñen tamén un pequeno imán, polo que poden sentir a atracción dun metal imantado. Dese xeito, pódese aumentar a resistencia dun cable eléctrico ao paso da corrente con só imantalo.
 |
A contaminación fluvial dos ríos coñecida polos insectos acuáticos e a compostaxe como forma de previr os incendios serán dous dos temas que analice hoxe o espazo científico da Galega, Ciencianosa, que dirixe e presenta José Durán, xunto ás se... |
|
02/12/2007 - 09:32 h.
|
O programa científico de hoxe da Galega vai facer referencia ás habelencias dos nenos en canto á fala, expoñendo que os rapaces bilingües constrúen antes frases e dispoñen de máis vocabulario. Doutro lado, Xosé Durán –director e presentador do espazo- porá sobre a mesa os datos sobre as evidencias do cambio climático en Galicia e a explicación de como reaccionan os ricos e os pobres ante unha moeda de pouco valor... Nun estudo galego descubriron as habelencias comunicativas dos nenos galegos e que a comprensión destes é sempre superior á súa capacidade de expresión. Asemade, os nenos bilingües constrúen frases máis longas e complexas cós monolingües. En canto a ciencia ecolóxica, darase conta de cales son as probas que permiten asegurar que Galicia está inmersa nun cambio climático, como son o aumento da temperatura, adianto da maduración de froitos (por exemplo da vide) e a chegada das aves migratorias moito antes do habitual. Xosé Durán dará paso ao seu colaborador científico Jorge Mira para que explique a valoración diferente que fan dos cartos as persoas segundo teñan máis ou menos ingresos, no sentido de que non só valoran máis os cartos a xente máis desfavorecida economicamente, senón que está disposta a aprender máis se hai cartos de por medio.
 |
O programa científico de hoxe da Galega vai facer referencia ás habelencias dos nenos en canto á fala, expoñendo que os rapaces bilingües constrúen antes frases e dispoñen de máis vocabulario. Doutro lado, Xosé Durán –director e presentador do espazo... |
|
25/11/2007 - 09:38 h.
|
O programa científico vai facer hoxe fincapé na dieta atlántica, como un estilo de vida e de alimentación que axuda a prolongar a vida dos galegos, mentres que no curioso mundo científico vaise tratar da preferencia dos chimpancés machos novos polas femias máis vellas, en troques das novas. No apartado de "Telesabio" descubriremos o mundo dos lóstregos, como se orixinan e como se propagan e aprenderemos a medir a distancia á que caen de nós. O programa rematará falando da gripe aviaria, un mal latente que pode afectar aos seres humanos nos próximos anos. Unha reportaxe explicará en que consiste a dieta atlántica que propugna unha Fundación Galega que está a investigar e recompilar datos sobre os produtos da devandita dieta, baseada na mediterránea pero con menos frituras, máis produtos mariños, principalmente peixe, e maior variación de vexetais. Mentres que o colaborador científico do programa, o profesor Jorge Mira explicará porque os monos novos prefiren ás monas máis maduras, partindo de que na especie humana adoita suceder o contrario. Doutro lado, tamén falará da natureza eléctrica dos lóstregos, descuberta por Benxamín Franklin coa súa cometa que actuou de paralóstregos. Por último, se o rotavirus da gripe aviaria está a mutar e a afectar ás aves, no momento en que consiga unha mutación que poida instalarse na especie humana estaremos expostos a unha pandemia.
 |
O programa científico vai facer hoxe fincapé na dieta atlántica, como un estilo de vida e de alimentación que axuda a prolongar a vida dos galegos, mentres que no curioso mundo científico vaise tratar da preferencia dos chimpancés machos novos polas ... |
|
18/11/2007 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega comeza o seu tempo de hoxe facendo referencia a un inventor galego que conseguiu maior rendemento dos vehículos a motor e de barcos. Neste sentido explicarase que o uso do teflón, ata agora complicado o seu uso en aceites de motor e combustibles, pode disolverse perfectamente no aceite do motor ou nos carburantes e así conseguir un maior rendemento e prolongar a vida dos autos. Hoxe, os espectadores tamén descubrirán a capacidade de imitación selectiva que teñen os cans, sempre que lles supoña un beneficio na súa relacións cos humanos e tamén coñecerán en que consiste a tristura do pemento e como se pode mellorar o millo. E por último, o colaborador Jorge Mira explicará en que consiste a Fisión Nuclear e como todos os átomos que coñecemos proceden do po estelar.
 |
O programa científico da Galega comeza o seu tempo de hoxe facendo referencia a un inventor galego que conseguiu maior rendemento dos vehículos a motor e de barcos. Neste sentido explicarase que o uso do teflón, ata agora complicado o seu uso en acei... |
|
11/11/2007 - 09:30 h.
|
O programa científico da TVG, que dirixe Xosé Durán, comeza hoxe falando da infertilidade masculina, para explicar logo o xogo de damas no "Curioso Mundo Científico" e analizar tamén como responden as persoas ao consumo de alcol en función da súa herdanza xenética, seguindo as últimas investigacións realizadas en Galicia sobre dependencia a esta substancia. A infertilidade do home está directamente relacionada coa calidade do seme, xa que no 60% dos casos en que non se produce o embarazo o causante é o home; pero resulta que o seme estase a degradar por mor do tipo de vida que levamos hoxe en día e porén científicos, como o profesor de Harvard Xoán Álvarez estudan e aseguran que existe tratamento para mellorar a calidade do seme. O outro tema suxeito á análise parte dunha realidade: que dez de cada cen galegos teñen problemas co alcol, pero en Galicia os investigadores descubriron que non todos responden do mesmo xeito ao alcol e á súa dependencia, pois segundo funcionen a dopamina e a serotonina no cerebro, así responderá o individuo ao líquido e por tanto será máis ou menos doado desengancharse en función das características xenéticas.
 |
O programa científico da TVG, que dirixe Xosé Durán, comeza hoxe falando da infertilidade masculina, para explicar logo o xogo de damas no "Curioso Mundo Científico" e analizar tamén como responden as persoas ao consumo de alcol en función ... |
|
04/11/2007 - 09:30 h.
|
O programa científico da Galega que dirixe Xosé Durán comezará hoxe falando de lobos, o lobo ibérico en Galicia, da súa existencia e do seu comportamento no macizo central ourensán, na Serra do Invernadeiro; pero tamén explicará dentro do "Curioso mundo científico" a relación entre intelixencia e cartos, relación que non é directamente proporcional, e no "Telesabio" falarase das ondas de radio e das ondas sonoras que, a diferenza das ondas de luz, sofren difracción e por iso se escoltan malia que haxa obstáculos. Doutro lado, analizarase a incidencia do cancro colorrectal en Galicia e o risco xenético de padecelo.
 |
O programa científico da Galega que dirixe Xosé Durán comezará hoxe falando de lobos, o lobo ibérico en Galicia, da súa existencia e do seu comportamento no macizo central ourensán, na Serra do Invernadeiro; pero tamén explicará dentro do "Curio... |
|
28/10/2007 - 09:30 h.
|
N/A
 |
|
|
21/10/2007 - 09:30 h.
|
 |
|
|
14/10/2007 - 09:31 h.
|
 |
|
|
07/10/2007 - 09:38 h.
|
 |
|
|
30/09/2007 - 09:32 h.
|
Unha pantalla virtual, onde se poden ver imaxes de cabalos e de ponis, enfoca o tema central do Ciencianosa de hoxe, unha reportaxe en que se explicarán cales son as investigacións que se seguen en Galicia con respeto á reprodución dos équidos. Noutro plano, o científico e colaborador do programa, Jorge Mira, falará dos papeis que xogan os machos e as femias na reprodución, observando que nas especies máis avanzadas os machos adoitan ser máis promiscuos pero que en certas aves e insectos o papel das femias é máis activo có do macho. Noutro traballo, o programa indagará no cultivo de navallas e longueiróns desenvolvido en Ribadeo, xa que ata o da agora cómpre desenterralos da área das rías pero estanse dando pasos para poder cultivalos en catividade. Ademais de dar a coñecer o traballo dun novo investigador galego, dentro da sección "Xente in-nova", o programa amosará un experimento de Jorge Mira no estudio de gravación para abordar o tema da densidade, partindo de que a auga doce é menos densa cá salgada e isto explica porqué os corpos flotan mellor no mar.
 |
Unha pantalla virtual, onde se poden ver imaxes de cabalos e de ponis, enfoca o tema central do Ciencianosa de hoxe, unha reportaxe en que se explicarán cales son as investigacións que se seguen en Galicia con respeto á reprodución dos équidos... |
|
23/09/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
16/09/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
09/09/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
24/06/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
17/06/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
10/06/2007 - 09:32 h.
|
As novas tecnoloxías aplicadas ao estudo, e como exemplo de vangarda o colexio da Pastoriza de Arteixo (A Coruña), serán o centro de atención dun novo CienciaNosa, que partirá de que o uso dos ordenadores nas clases mellora o rendemento escolar en materias como matemáticas e ciencias, e mesmo reduce o absentismo escolar. De feito, varios alumnos conflitivos acabaron por variar a súa conduta co uso continuado dos ordenadores nas clases. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, vai explicar cal é a motivación dos seres humanos á hora de comprar, partindo de que cando vemos un produto de consumo analizamos o prezo e comparamos se nos doe máis desfacernos dos cartos que satisfacción nos produce a posesión do obxecto; pero tamén podemos pensar que por eses mesmos cartos poderiamos mercar outro produto máis interesante. Neste programa tamén se darán a coñecer os avances veterinarios no tocante a vacinas animais. "CZ Veterinaria" é unha empresa que fabrica vacinas para animais de produción, e así para a brucelose ou para a lingua azul xa se fabrican vacinas que están a seren empregadas en diversos países do mundo.
 |
As novas tecnoloxías aplicadas ao estudo, e como exemplo de vangarda o colexio da Pastoriza de Arteixo (A Coruña), serán o centro de atención dun novo CienciaNosa, que partirá de que o uso dos ordenadores nas clases mellora o rendemento escola... |
|
03/06/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
27/05/2007 - 09:32 h.
|
Ciencianosa tratará hoxe de explicar a adaptación das especies arbóreas ao solo e ao clima galegos e o estudo xenético que explica cales son as mellores variedades para reforestar Galicia. Pero tamén falará sobre as bateas do futuro, a batea somerxible, xa que hai un prototipo da empresa galega Extremar –que xa vai ser empregada en Venezuela e Marrocos-, que permite evitar o temporal, a pegada das ondas e acada un maior rendemento á hora de cultivar mexillón. Xosé Durán tamén dará paso ao "telesabio" Jorge Mira, colaborador científico do programa, para que fale da relación entre a alimentación e a posibilidade de parto de xemelgos, xa que, ademais dos tratamentos de fertilidade, e segundo estudos norteamericanos, unha dieta rica en carne, ovos e leite aumenta a posibilidade de partos múltiples. Noutro tipo de curiosidades científicas, Jorge Mira, moi acostumado a facer lóxica con calquera asunto cotián, formulará a pregunta "que pesa máis se un quilo de ferro ou un quilo de madeira..?" Para contestala, lembrará o principio de Arquímedes e verase unha balanza virtual: se a pesada se fai nun lugar con aire, pesarán igual, pero se se tapa a balanza cunha campá onde se extrae o aire e se pesa en baleiro, a madeira pesará uns 2,5 gramos máis ca o ferro, porque ocupa maior volume.
 |
Ciencianosa tratará hoxe de explicar a adaptación das especies arbóreas ao solo e ao clima galegos e o estudo xenético que explica cales son as mellores variedades para reforestar Galicia. Pero tamén falará sobre as bateas do futuro, a batea s... |
|
20/05/2007 - 09:32 h.
|
O programa de ciencia da Galega ten como un dos seus cometidos para hoxe explicar onde se atoparía a Atapuerca galega e como serían os galegos de hai un millón de anos.... Sábese que os nosos devanceiros do Paleolítico eran moi altos (ao redor de 1,80) e moi corpulentos, pero que tiñan menor capacidade cranial que os galegos actuais. O colaborador científico do programa falará dos últimos estudos realizados sobre o comportamento dos chimpancés, xa que sorprende que sexan intelixentes, que amosen tantas habelencias e que aprendan certos hábitos sociais que corresponden ao que agardariamos dos seres humanos. Así, por exemplo, imitan aos seus líderes da manada, aínda que non reciban beneficio a cambio. Sen embargo, o que non teñen, a diferenza dos humanos, é o trazo da solidariedade. En materia de concienciación ecolóxica, o programa falará da contaminación na ría de Arousa, a partir das análises realizadas pola profesora Pilar Bermejo sobre o arsénico e o antimonio, dous poderosos semimetais contaminantes, que demostran que a ría e os moluscos que nela viven aínda non acadaron cifras de alerta vermella, se ben cómpre manter o control sobre as augas no futuro inmediato. Noutro apartado, Jorge Mira falará da Teoría da Relatividade e de por que se mantén constante a velocidade da luz, malia que nos acheguemos ao foco emisor. Aparecerá o tempo como nova dimensión, para coñecer que non é un factor invariable, senón que depende do estado de movemento. Así, dúas persoas en situacións diferentes de movemento medirán tempos distintos, como aclarou Albert Einstein coa súa teoría da relatividade.
 |
O programa de ciencia da Galega ten como un dos seus cometidos para hoxe explicar onde se atoparía a Atapuerca galega e como serían os galegos de hai un millón de anos.... Sábese que os nosos devanceiros do Paleolítico eran moi altos (ao redor de 1,... |
|
13/05/2007 - 09:32 h.
|
Porque están a investigar sobre a cría de mexillóns fóra das bateas, a través da semente, mesmo en terra, con auga mariña, o programa científico desprázase hoxe ata o Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoán (Vilagarcía) onde están realizando actualmente estas análises, e así mesmo tamén analizan as toxinas das vieiras e o seu control. O director e presentador do espazo, Xosé Durán, abordará a actualidade do cancro de mama, para o cal o programa púxose en contacto co doutor galego García-Caballero, que investiga a eficacia do tratamento con fármacos específicos deste tipo de cancro, coñecido como HER2+, moi agresivo. Os investigadores galegos foron quen de atopar o mecanismo de actuación do fármaco contra este cancro e de saber que ese medicamento específico tamén evita a metástase. O colaborador científico do programa, Jorge Mira, falará da regulación da apetencia sexual dos humanos a través de determinados xenes e así responder ao porque a libido non é igual para todos, xa que un 25% da poboación ten unha maior libido debido á presenza de determinados xenes característicos.
 |
Porque están a investigar sobre a cría de mexillóns fóra das bateas, a través da semente, mesmo en terra, con auga mariña, o programa científico desprázase hoxe ata o Centro de Investigacións Mariñas de Vilaxoán (Vilagarcía) onde están realizando act... |
|
06/05/2007 - 09:32 h.
|
Porque un de cada mil nenos galegos padece ao nacer algún tipo de doenza endócrina ou metabólica, normalmente asociadas a unha orixe xenética, o programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán falará hoxe da detección precoz de doenzas dos acabados de nacer, xa que se non se tratan a tempo poden causar danos cerebrais e mesmo a morte. O equipo do doutor Xosé María Fraga traballa na prevención e tratamento destas enfermidades. As enerxías renovables (parques eólicos) e a obtención de hidróxeno como fonte alternativa de enerxía será outro dos temas do programa, porque Galicia está á cabeza da produción mundial da enerxía eólica, que é máis limpa e que pode axudar a combater o cambio climático que tanto acentúa outras enerxías. Como dependemos de que sopre vento e da demanda que haxa na industria e nos fogares, xa se pensa en almacenar a enerxía eólica en forma de hidróxeno. Pasando a outro tema, obsérvanse unha serie de correlacións entre a música e o nivel de vida; entre a música e a educación e entre a música e os estudos, xa que segundo un estudo británico asegura que o 8,5% dos amantes da música clásica teñen o doutoramento fronte ao 1,4% dos amantes da música disco; e ao mesmo tempo os que prefiren a música clásica gañan un 50% máis ca os que adoran a música pop.
 |
Porque un de cada mil nenos galegos padece ao nacer algún tipo de doenza endócrina ou metabólica, normalmente asociadas a unha orixe xenética, o programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán falará hoxe da detección precoz de doenzas dos acaba... |
|
29/04/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
22/04/2007 - 09:32 h.
|
No plano da análise dos produtos de calidade galega o programa científico Ciencianosa destaca hoxe os valores gastronómicos excepcionais dos grelos galegos, un produto de temporada que agora, segundo os últimos estudos feitos no departamento de Tecnoloxía dos Alimentos do campus de Lugo, pode ser obxecto de conxelación. Na reportaxe tamén se descubrirá que os grelos teñen distinto sabor segundo a súa procedencia xeográfica e que hai catadores expertos de grelos. Noutro plano, o colaborador científico do programa, Jorge Mira, explicará a intelixencia dos elefantes, habida conta de que hai pouco descubriuse que son quen de se recoñecer cando se miran a un espello, e que con esta propia conciencia o mamífero tamén amosa que pode entender a morte dun semellante e mesmo velar os cadáveres dos membros da súa camada. Noutra temática, o programa que dirixe e presenta Xosé Durán, xunto a María Solar e Jorge Mira, falará dun problema ecolóxico que xurdiu cando non se controlaban os compoñentes químicos das pinturas navais, o que provocaba o cambio de sexo, a masculinización, de certas especies de molusco... Por sorte, non se ven afectadas as especies comestibles.
 |
No plano da análise dos produtos de calidade galega o programa científico Ciencianosa destaca hoxe os valores gastronómicos excepcionais dos grelos galegos, un produto de temporada que agora, segundo os últimos estudos feitos no departamento d... |
|
15/04/2007 - 09:32 h.
|
 |
|
|
08/04/2007 - 09:32 h.
|
O programa de divulgación científica que dirixe e presenta Xosé Durán non pasará por alto un tema de máxima actualidade e preocupación social como son os danos que está a producir o consumo de alcol nos mozos galegos no consumo das fins de semana. Doutro lado, tamén se presentarán as investigacións galegas realizadas sobre as estrelas para afondar no coñecemento do Universo, xa que a partir dos recursos que ofrecen as tecnoloxías novas pódense desentrañar algúns dos misterios que agochan as estrelas. A súa composición química e a orixe do Universo tamén poden ser detectados polos investigadores da Universidade de Vigo. Noutro tipo de temáticas, o colaborador científico Jorge Mira falará nesta ocasión dunha curiosidade científica observada pola influencia de hormonas masculinas no feto e a súa relación coa homosexualidade, xa que segundo un estudo os dedos da man poden indicar a tendencia homosexual dunha persoa. En relación cun elemento tan doméstico e cotiá como a radio, Jorge Mira analiza este aparato desde a conversión de voz en corrente eléctrica, e viceversa, así como o funcionamento das antenas.
 |
O programa de divulgación científica que dirixe e presenta Xosé Durán non pasará por alto un tema de máxima actualidade e preocupación social como son os danos que está a producir o consumo de alcol nos mozos galegos no consumo das fins de semana. Do... |
|
01/04/2007 - 09:32 h.
|
Para saber todo sobre os beneficios das algas galegas, xa que Galicia posúe 600 especies diferentes, o programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán falará hoxe de todo o referente ao seu uso como alimentos, como medicamentos ou mesmo en cosmética, posto que as algas teñen proteínas, fibras, vitaminas e oligoelementos. Doutro lado, da man do seu colaborador científico Jorge Mira, o programa vai explicar por que os cans son tan listos, malia que non están considerados á altura dos simios: os cans son os animais que mellor comprenden os humanos e obedecen as súas ordes; son quen de coñecer os seus amos mesmo por fotografías ou pola voz, algo que por certo non fan os simios. Noutra temática, o Ciencianosa vai presentar o caso das migrañas en Galicia, xa que un de cada dez galegos ten dor de cabeza con certa frecuencia e algúns deles acordan medicarse sen acudir ao especialista, polo que os investigadores galegos sospeitan da existencia dunha base xenética na dor de cabeza. Por último, Jorge Mira explicará en que consisten as ondas e como se propagan, para saber, por exemplo, que os sons resultan máis agudos para as persoas que está máis achegadas á fonte que os emite cós que están máis afastados.
 |
Para saber todo sobre os beneficios das algas galegas, xa que Galicia posúe 600 especies diferentes, o programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán falará hoxe de todo o referente ao seu uso como alimentos, como medicamentos ou mesmo en cosmé... |
|
25/03/2007 - 11:26 h.
|
Un menú variado baralla Ciencianosa para este domingo de, no que o seu director e presentador, Xosé Durán, xunto aos seus colaboradores Jorge Mira e María Solar, van estudar temas como o das especies invasoras, partindo da alarma creada en torno a especies de raizame galego que están a desaparecer por mor da acción, voluntaria ou non, dalgunhas persoas. Así, o cangrexo autóctono é unha especie de bivalvo que acaba de colonizar o río Verdugo, na ría de Vigo, impedindo que medren os nosos mexillóns; noutros casos fálase dos visóns e algunhas especies vexetais como os eucaliptos ou as mimosas... Doutro lado, o físico Jorge Mira explicará no atril a simetría corporal, xa que temos dúas mans e dúas pernas, pero a proporción de quen emprega unha articulación ou outra non é do 50%; así, á hora de bicar, gañan os que bican ladeando a cabeza á dereita. O científico tamén explicará en que consiste a atmosfera e o funcionamento dun barómetro, segundo as ensinanzas do físico Torricelli. Noutro tipo de temas, o programa falará das técnicas precursoras do cine, sabendo que desde hai séculos empregáronse aparellos ópticos que se poden considerar precursores do proxector cinematográfico, como a cámara escura ou a lanterna máxica, aparellos que servían principalmente para a divulgación da ciencia nos séculos XVII e XVIII, pero que hoxe en día son o cine e os medios audiovisuais os que se relacionan intimamente coas técnicas científicas.
 |
Un menú variado baralla Ciencianosa para este domingo de, no que o seu director e presentador, Xosé Durán, xunto aos seus colaboradores Jorge Mira e María Solar, van estudar temas como o das especies invasoras, partindo da alarma creada en tor... |
|
18/03/2007 - 11:31 h.
|
O programa de ciencia e investigación da TVG, que dedicará especialmente o espazo de hoxe á muller investigadora, ofrecerá unha reportaxe de análise do "corpus da fala" dos nenos, pois as investigadoras galegas aseguran que desde os seis meses e ata que os nenos "saben falar" os sons que emiten teñen sentido e mesmo se trata de frases que constitúen unha forma de fala infantil, que xa se está a descodificar. Noutro tipo de temas, o programa, axudado polo seu colaborador Jorge Mira, explicará a base xenética que fai distinguir os homes das mulleres, para concluír que as doenzas asociadas ao cromosoma X adoitan padecelas maiormente os homes. Tamén Jorge Mira explicará en que consiste o daltonismo, que basicamente é confundir as cores azul e verde, pois están regulados por xenes do cromosoma X e aféctalles sobre todo aos homes. Outro asunto do que se ocupará o programa, que dirixe e presenta Xosé Durán, é o tratamento dos parasitos da auga, expoñendo as conclusións dunha investigadora galega que é pioneira no estudo dos microorganismos patóxenos que poden resultar moi prexudiciais para o ser humano.
 |
O programa de ciencia e investigación da TVG, que dedicará especialmente o espazo de hoxe á muller investigadora, ofrecerá unha reportaxe de análise do "corpus da fala" dos nenos, pois as investigadoras galegas aseguran que desde os seis m... |
|
11/03/2007 - 11:34 h.
|
 |
|
|
04/03/2007 - 09:32 h.
|
O programa científico, que dirixe e presenta Xosé Durán, falará hoxe en primeiro plano da obesidade masculina e feminina, xa que a importancia das hormonas á hora de regular o apetito está a ser investigada en Galicia por varios grupos, ante o aumento de peso da poboación galega. Sábese que máis da metade dos habitantes de Galicia teñen sobrepeso, o que implica, non só unha cuestión estética, senón principalmente un risco para a saúde, porque trala obesidade agóchanse numerosas doenzas. Sobre este asunto, os investigadores galegos estudan diferenzas entre homes e mulleres na resposta á obesidade, xa que son as hormonas e as encimas as que máis inflúen nela e cómpre investigar fármacos diferentes para cada xénero. Noutro tipo de temas, o colaborador científico do programa Jorge Mira explicará o pouco tratado "humor no traballo", xa que ata o de agora pensábase que o bo humor melloraba o rendemento, pero os últimos estudos indican que a euforia, cando se precisa concentración e control de datos, pode resultar un problema. Ciencianosa tamén falará de nanotecnoloxía, como un mundo novo que se abre á investigación científica, xa que ata o de agora os estudosos coñecían o comportamento da materia nas dimensións habituais, pero este mesmo nos ámbitos atómico e molecular resulta sorprendente e ás veces moi eficaz desde o punto de vista das características físico-químicas.
 |
O programa científico, que dirixe e presenta Xosé Durán, falará hoxe en primeiro plano da obesidade masculina e feminina, xa que a importancia das hormonas á hora de regular o apetito está a ser investigada en Galicia por varios grupos, ante o aument... |
|
25/02/2007 - 11:37 h.
|
 |
|
|
18/02/2007 - 11:31 h.
|
 |
|
|
11/02/2007 - 11:37 h.
|
O programa científico da Galega, que dirixe e presenta Xosé Durán, achégase aos estudos recentes dun grupo de investigadoras da Universidade da Coruña. Analizou as modificacións xenéticas que sufriron varias persoas que traballaron recollendo chapapote, cando ocorreu o naufraxio do Prestige, e chegou á conclusión que se produciron algunhas alteracións xenéticas polas toxinas, pero que estes efectos non son irreversibles, xa que o propio organismo é quen de reparalas. Tamén este grupo de investigación asegura que a roupa e os protectores utilizados non resultaron moi eficaces. Outro tema do programa vai ser a conquista espacial, o que supón un repaso á historia dos primeiros pioneiros do espazo. A carreira que levaron os soviéticos e os norteamericanos, desde os anos cincuenta do século pasado, para chegar primeiros ao espazo exterior. Os rusos foron os primeiros en poñer un ser humano en órbita e os americanos replicaron pisando a lúa a finais dos anos sesenta. Noutro apartado, o colaborador do programa Jorge Mira explicará o comportamento "tolo" dos papagaios en catividade, xa que segundo diversos estudos, estes animais tan intelixentes tamén sofren desordes de comportamento, como nos ocorre aos humanos. E canto máis próximos a unha porta estean, maior grao de descontrol manifestan.
 |
O programa científico da Galega, que dirixe e presenta Xosé Durán, achégase aos estudos recentes dun grupo de investigadoras da Universidade da Coruña. Analizou as modificacións xenéticas que sufriron varias persoas que traballaron recollendo chapapo... |
|
04/02/2007 - 12:00 h.
|
O Ciencianosa de hoxe, que dirixe e presenta Xosé Durán, comeza centrando unha reportaxe sobre a demencia, a partir de que esta enfermidade lles afecta en Galicia a unhas 25.000 persoas e que non hai só un tipo de demencia. Para chegar a saber cal é cómpre facer unhas probas que despois permitan un tratamento específico, segundo as respostas obtidas. De paso farase unha achega ao funcionamento do cerebro humano. Noutros aspectos do programa de investigación, darase paso a un experimento de Jorge Mira, colaborador científico, sobre as operacións delicadas e a oración: se un enfermo sabe que están a rezar por el cando se somete a unha operación delicada, empeora. O programa tamén dará a coñecer as capacidades artísticas dos robots, xa que na Universidade da Coruña o profesor Alejandro Pazos consegue que os robots pinten cadros e compoñan música, quizais como un anticipo do que nos agarda no futuro con respecto ás intelixencias artificiais. No apartado dedicado á "Xente in-nova" coñeceranse as investigacións que sobre o xenoma humano realiza Carolina Bartolomé dentro do proxecto "Parga Pondal".
 |
O Ciencianosa de hoxe, que dirixe e presenta Xosé Durán, comeza centrando unha reportaxe sobre a demencia, a partir de que esta enfermidade lles afecta en Galicia a unhas 25.000 persoas e que non hai só un tipo de demencia. Para chegar a saber... |
|
28/01/2007 - 11:45 h.
|
A cría de caracois como recurso gastronómico será hoxe a protagonista no programa Ciencianosa. O espazo divulgativo da Galega explicará cómo os investigadores galegos estudan os ciclos biolóxicos dos caracois e das babosas para potenciar a súa cría ou para atacalos cando se converten en pragas. Noutra reportaxe relacionada coas novas tecnoloxías, o programa dará a coñecer o proxecto do xeo radar e como se está a traballar con el en diversos campos, especialmente na detección de corpos humanos soterrados e de restos arqueolóxicos. Por outra parte, na sección "Curioso mundo científico", farase un experimento sobre lencería para demostrar que os homes con moita testosterona, difíciles de enganar en cuestións económicas, relaxan a súa atención cando se atopan con mulleres lixeiras de roupa. Ademais, tamén se falará das características da electricidade e da súa relación co magnetismo, unha relación que no seu día significou unha revolución no comportamento da materia e que aínda serve para explicar a actuación de determinados materiais.
 |
A cría de caracois como recurso gastronómico será hoxe a protagonista no programa Ciencianosa. O espazo divulgativo da Galega explicará cómo os investigadores galegos estudan os ciclos biolóxicos dos caracois e das babosas para potenciar a súa... |
|
21/01/2007 - 11:30 h.
|
A empresa de novas tecnoloxías Blusens será hoxe unha das protagonistas do programa Ciencianosa.O espazo da TVG presentado por Xosé Durán ofrecerá unha reportaxe sobre esta empresa galega, que se está a converter en líder de fabricación e venda de aparellos MP3 e MP4 no noso país. O seu último produto consiste nun reprodutor MP3 con WIFI, de xeito que un mesmo grupo de persoas que están xuntas poden escoitar a mesma música ao mesmo tempo, sen conexións entre elas. Doutra banda, Ciencianosa explicará en que consiste o "Proxecto Rosita", unha proba de test que se utiliza para a detección de drogas nos condutores, algo semellante aos alcoholímetros. Os investigadores galegos entenden, e así llo fixeron saber á Unión Europea, que os aparellos que se fabrican actualmente non son fiables na detección de drogas, pero agardan que nun futuro inmediato se fabriquen aparellos que permitan detectar correctamente as drogas nos condutores. Pola súa parte, Jorge Mira achegará hoxe novas curiosidades científicas. Así, explicará cal é a relación entre o baile e o namoramento, dado que o baile non é senón unha representación das danzas nupciais ou cortellos, que se desenvolven en moitas especies animais. Mira referirase tamén ao paradoxo de Aquiles e a tartaruga, que axuda a comprender o concepto do infindo, un paradoxo que tivo que agardar ata a Idade Moderna para ser resolto.
 |
A empresa de novas tecnoloxías Blusens será hoxe unha das protagonistas do programa Ciencianosa.O espazo da TVG presentado por Xosé Durán ofrecerá unha reportaxe sobre esta empresa galega, que se está a converter en líder de fabricación e vend... |
|
14/01/2007 - 11:30 h.
|
O programa Ciencianosa, que hoxe se ofrecerá de xeito íntegro tamén na linguaxe de xordos, nunha iniciativa pioneira, dará a coñecer o sistema Ensigna, que permite que a lingua de signos se poida transmitir de mestres a alumnos en tempo real con soamente unha conexión a Internet e unha cámara web. As cámaras permiten a celebración de "chats" en linguaxe de signos entre o profesor e os alumnos, que fan os exercicios en vivo. Trátase dunha maneira rápida e cómoda de aprender a lingua de signos e de corrixir sobre a marcha os exercicios. Ademais, o espazo divulgativo da Galega ofrecerá unha reportaxe sobre os océanos e o cambio climático, na que se explicará que se non fose polos mares o cambio climático e o efecto invernadoiro aínda serían máis acusados. Pero un exceso de dióxido de carbono no mar pode acidificar as augas e provocar a morte de moitos seres mariños. Na sección "Curioso mundo científico", Jorge Mira explicará en que consiste o fóra de xogo no fútbol e as apreciacións dun xuíz de liña e explicará cales son os erros máis habituais dun árbitro asistente. Ademais, o colaborador de Ciencianosa falará dos tres estados da auga e as rarezas do H2O.
 |
O programa Ciencianosa, que hoxe se ofrecerá de xeito íntegro tamén na linguaxe de xordos, nunha iniciativa pioneira, dará a coñecer o sistema Ensigna, que permite que a lingua de signos se poida transmitir de mestres a alumnos en tempo real c... |
|
07/01/2007 - 11:30 h.
|
 |
|
|
23/12/2006 - 15:30 h.
|
¿Existe a posibilidade de que o cancro sexa hereditario? O programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán, que tenta dar resposta a esta inquedanza, púxose en contacto co Hospital Clínico de Compostela, onde se leva a cabo un estudo xenético daquelas familias que se considera que teñen risco de herdar a enfermidade. Desde outras perspectivas do programa, do lado do "curioso mundo científico", o colaborador Jorge Mira tentará explicar se existe posibilidade de vida extraterrestre, partindo de que a inmensidade do universo dá para pensar que haxa máis dunha civilización semellante ou diferente á nosa. Do lado das novas tecnoloxías, Durán presenta a reportaxe sobre o Spam, ou correo lixo, postos en contacto cun investigador do Campus de Ourense, que creou un sistema anti-spam que permite discriminar aqueles correos non desexados e que arestora circulan pola rede a milleiros.No apartado dedicado á "Xente in-nova", o programa achegarase a Ernesto Estrada, un químico cubano único investigador en Galicia dos sistemas complexos de redes (redes proteínicas, sociais e tróficas), un avance para poder descubrir os puntos clave dunha rede.
 |
¿Existe a posibilidade de que o cancro sexa hereditario? O programa científico que dirixe e presenta Xosé Durán, que tenta dar resposta a esta inquedanza, púxose en contacto co Hospital Clínico de Compostela, onde se leva a cabo un estudo xenético da... |
|
16/12/2006 - 15:30 h.
|
O programa de divulgación científica da TVG que dirixe e presenta Xosé Durán tratará temas tan diversos como o espécime de galiña "piñeira", ou as estrelas de Van Gogh e as propiedades curativas do termalismo. En ciencia ecolóxica, María Solar explicará a recuperación da galiña Piñeira, unha especie autóctona galega que se intenta recuperar xeneticamente. Hai granxas en Galicia que buscan a pureza desta raza, cuxa carne ten un gusto entre polo e perdís. Doutro lado ofrecerase unha reportaxe sobre o termalismo para internarase no coñecemento das augas caldas galegas, que son as mellores cualitativamente do mundo e que serven para aliviar todo tipo de doenzas como a reuma, artrose, circulación arterial, problemas de pel... O científico colaborador do programa Jorge Mira explicará que hai de ciencia nos cadros de Van Gogh, pois a súa pintura é cósmica e as estrelas que pinta semellan as que se ven a través do telescopio espacial Hubble. Tamén falará da lei de arrefriamento de Newton, xa que segundo Mira se temos un café negro moi quente e queremos botarlle leite para enfrialo é mellor deixalo repousar un par de minutos e logo botarlle o leite, unha demostación ao alcance de calquera. Ademais, na sección de "Xente in-nova" coñecerase ao investigador da Universidade da Coruña José Luis Barriada.
 |
O programa de divulgación científica da TVG que dirixe e presenta Xosé Durán tratará temas tan diversos como o espécime de galiña "piñeira", ou as estrelas de Van Gogh e as propiedades curativas do termalismo. En ciencia ecolóxica, María So... |
|
09/12/2006 - 15:30 h.
|
A reportaxe central do programa de ciencia e investigación vai ocuparse dun tema moi preocupante hoxe en día para a saúde, como é a hipertensión arterial, xa que é un dos males que máis afecta aos galegos. Investigadores de Galicia, dirixidos polo doutor Carlos Calvo, atoparon unha relación temporal entre o subministro dun medicamento contra a hipertensión e os seus efectos no organismo e chamáronlle "cronoterapia". A "cronoterapia" consiste en administrar os medicamentos a cada doente segundo a hora do día en que lle fagan máis efecto. Noutro tipo de materias, ofrecerase unha reportaxe sobre herbicidas, xa que os investigadores da Universidade de Santiago conseguiron obter herbicidas selectivos capaces de atacar exclusivamente as malas herbas e preservar os cultivos. Trátase de herbicidas naturais porque cortan a función clorofílica da planta que acaba morrendo de fame. Dentro da sección para observar as curiosidades do mundo científico, o colaborador Jorge Mira explicará nesta ocasión a relación entre dedos e penes, xa que segundo os investigadores a reprodución sexual con penes xurdiu no momento en que os seres vivos abandonaron a auga para se converter en terrestres, de xeito que se desenvolveron os penes e as extremidades ao mesmo tempo; de aí que exista unha vinculación xenética entre ambos os dous.No apartado dedicado á "xente in-nova" estará Natalia Vilariño, investigadora de toxinas mariñas na facultade de Veterinaria de Lugo.
 |
A reportaxe central do programa de ciencia e investigación vai ocuparse dun tema moi preocupante hoxe en día para a saúde, como é a hipertensión arterial, xa que é un dos males que máis afecta aos galegos. Investigadores de Galicia, dirixidos polo do... |
|
02/12/2006 - 15:30 h.
|
O espazo de divulgación científica que dirixe e presenta Xosé Durán realizará hoxe unha recreación histórica sobre a erradicación da varíola, lembrando a expedición do doutor Balmis en 1803, que partiu con doce nenos dun orfanato da Coruña e cinco dun de Madrid para trasladar a vacina da varíola a América, primeiro, e dando a volta ao mundo despois, ata que esa enfermidade puido ser erradicada no século XX. Doutro lado, introducirase o tema da ergonomía en relación á saúde laboral, e tomando como exemplo o centro de automoción do Porriño, onde para facer o deseño dos asentos dos automóbiles teñen en conta as posturas dos condutores. Na sección "Curioso Mundo Científico", Jorge Mira, físico e colaborador do programa, explicará que é iso das "moscas borrachas" e porque o alcohol fai máis efecto coas altas temperaturas que coas baixas. Tamén falará das distancias entre a Terra e a Lúa e entre a Terra e o Sol, seguindo os razoamentos de Aristarco de Samos hai 2300 anos. Antonio Salas, un investigador de xenética, ocupará o apartado dedicado á "Xente in-nova".
 |
O espazo de divulgación científica que dirixe e presenta Xosé Durán realizará hoxe unha recreación histórica sobre a erradicación da varíola, lembrando a expedición do doutor Balmis en 1803, que partiu con doce nenos dun orfanato da Coruña e cinco du... |
|
25/11/2006 - 15:30 h.
|
Coa pretensión de abrir novos campos e de indagar nos conceptos científicos de todos os terreos, tanto do universo como da vida cotiá, o espazo divulgativo que dirixe e presenta Xosé Durán dá entrada a novos programas que perseguen, coma sempre, interesar, motivar e espertar a curiosidade de todo tipo de público. Nos contidos de hoxe analizaranse dúas cuestións de importancia actual: a problemática dos nenos superdotados galegos e a obesidade dos adultos, como eixe central deste espazo de interese científico. Isto, xunto ás súas máis peculiares e ilustrativas seccións, como "Galiciencia", "Curioso mundo científico" ou as instrucións do "Telesabio", a cargo do colaborador Jorge Mira, quen explicará a medición do diámetro e do tamaño da lúa hai 2300 anos por Aristarco de Samos. A reportaxe dos nenos superdotados partirá do dato estatístico de que hai entre un 2% e un 3 % de casos entre a poboación galega, e tamén se explicarán as probas que se lles fan para detectalos. Noutra reportaxe, daranse a coñecer as investigacións sobre a obesidade en Galicia, que é unha das grandes lacras do s.XXI, e entrevistarase ao profesor Felipe Casanueva, o científico galego que mellor coñece os mecanismos de actuación das hormonas da obesidade. Doutro lado, ocupará a sección "Xente in-nova" a investigadora Carme Vale. Un dos elementos científicos curiosos que van ser explicados por Jorge Mira, cunha almofía diante, é o efecto Mcbecht: segundo os investigadores, se lavamos as mans, lavamos a conciencia...
 |
Coa pretensión de abrir novos campos e de indagar nos conceptos científicos de todos os terreos, tanto do universo como da vida cotiá, o espazo divulgativo que dirixe e presenta Xosé Durán dá entrada a novos programas que perseguen, coma sempre, inte... |
|
18/11/2006 - 15:30 h.
|
 |
|
|
11/11/2006 - 15:30 h.
|
No novo programa de Ciencianosa especificaranse cales son os síntomas do cambio climático en Galicia e cal pode ser a situación dentro de setenta anos. Expertos galegos aseguran que o clima da Rías Baixas poderá asemellarse ao de Valencia, con subas do nivel do mar, alternancia de períodos secos e moi chuviosos e cun aumento das temperaturas extremas. Nunha primeira intervención, Jorge Mira explicará cal é a mellor maneira de golpear un balón de fútbol para que percorra a máxima distancia. Demostrará o científico galego que non se trata unicamente de forza bruta. O programa falará tamén cos investigadores do Centro de Innovación Tecnológica da Coruña (CITEEC), cos que mostrará como se levan a cabo as grandes obras da enxeñería civil. A reprodución das ondas do mar ou de río nun laboratorio, a reprodución de presas e encoros dos ríos e mesmo como poden supera-las barreiras artificiais os peixes coma o salmón ou a troita, forman parte do traballo dos enxeñeiros coruñeses. Na súa segunda intervención, Jorge Mira falará da cuarta dimensión, o tempo. Darase a coñecer se son posibles as viaxes cara o futuro ou cara atrás no tempo, ou se se trata de mera ficción científica. Como é habitual no programa coñecerase a un investigador galego, no programa de hoxe tócalle a Frank Rivadulla, un dos investigadores mozos máis premiados polos seus traballos no campo da Química-Física.
 |
No novo programa de Ciencianosa especificaranse cales son os síntomas do cambio climático en Galicia e cal pode ser a situación dentro de setenta anos. Expertos galegos aseguran que o clima da Rías Baixas poderá asemellarse ao de Valencia, con... |
|
04/11/2006 - 15:30 h.
|
O colaborador do programa Jorge Mira métese nesta ocasión no interior dos miolos dos homes para explicar en que se fixan cando escollen parella, para o cal contará e explicará diversos estudos científicos onde se deduce que os homes prefiren ou se fixan máis na anatomía feminina. No espazo dedicado aos científicos galegos estará con enxeñeiros do CITEEC, considerados entre os mellores do mundo na disciplina aerolástica das pontes, isto é, a resistencia que presentan a diversos fenómenos coma os fortes ventos, e coma se deseñan para soportalos e permanecer en pé. Jorge Mira tampouco perderá a ocasión de explicar dun xeito divulgativo en que consiste a fisión nuclear, a enerxía que libera un átomo cando se racha o seu núcleo, unha enorme enerxía máis coñecida polo seu uso maligno na formación de bombas atómicas. Cambiando cara un tema máis cercano, coñecerase que Galicia produce o 60% do rodaballo europeo, e por iso o programa fala cos investigadores do centro do Instituto Oceanográfico de Vigo que explicarán coma modificando as condicións de temperatura conseguen obter rodaballos femias, e modificando as da luz que se reproduzan todo o ano.
 |
O colaborador do programa Jorge Mira métese nesta ocasión no interior dos miolos dos homes para explicar en que se fixan cando escollen parella, para o cal contará e explicará diversos estudos científicos onde se deduce que os homes prefiren ou se fi... |
|
28/10/2006 - 15:30 h.
|
Están os nenos galegos mal alimentados?, comen máis do necesario A súa dieta non está equilibrada? A preguntas coma esta responderán no programa Ciencianosa expertos galegos en nutrición infantil, os doutores Tojo Sierra e Rosaura Leis, quen aseguran que xa hai un 15% de nenos galegos que se poden cualificar de obesos e que o sobrepeso afecta a case un terzo dos rapaces. Xunto á mala alimentación, a falta de exercicio físico e o exceso de xogos virtuais conducen á obesidade infantil, ademais de que un neno obeso pode sufrir rexeitamento social, mal rendemento escolar e mesmo doenzas graves cando chegue a adulto. Ademais do perigo de obesidade infantil, no curioso mundo científico, o colaborador Jorge Mira informará da beleza dos seres vivos e qué buscan estes de cada sexo no oposto para a reprodución. O espazo científico tamén se achegará ó banco de tecidos óseos que existe en Galicia.
 |
Están os nenos galegos mal alimentados?, comen máis do necesario A súa dieta non está equilibrada? A preguntas coma esta responderán no programa Ciencianosa expertos galegos en nutrición infantil, os doutores Tojo Sierra e Rosaura Leis, quen ... |
|
21/10/2006 - 15:30 h.
|
Nesta nova edición de Ciencianosa afróntase a explicación do cambio climático que se produce no mundo. A súa evolución imparable e as súas consecuencias, tales coma o aumento da temperatura e o nivel do mar, a modificación da liña de costa que isto vai supoñer e a emigración das especies pesqueiras cara outros litorais, serán desglosados grazas aos análises dos científicos e especialistas que acompañan a Xosé Durán. Outro especialista, neste caso en temas e asuntos cardíacos, o doutor Juanatey, será visitado polo equipo de Ciencianosa para coñecer o traballo feito polo seu equipo en Galicia, considerado un dos máis importantes de Europa no que se refire ás técnicas pioneiras no tratamento do órgano principal. O colaborador do programa, Jorge Mira, explicará a relación que existe entre a música e a personalidade, analizado dende unha perspectiva científica, e tamén falará sobre a inercia e como un obxecto de pequenas dimensións chega a converterse nun proxectil de cen quilos de peso, polo que hai que ter precaucións cos obxectos que vaian soltos dentro dun coche á hora de conducir.
 |
Nesta nova edición de Ciencianosa afróntase a explicación do cambio climático que se produce no mundo. A súa evolución imparable e as súas consecuencias, tales coma o aumento da temperatura e o nivel do mar, a modificación da liña de costa que... |
|
14/10/2006 - 15:30 h.
|
O segundo programa de Ciencianosa tentará explicar ao público galego en que consiste o Xenoma Humano e para que serven os xenes e o ADN que encerran no seu interior que permiten coñecer cal é o aspecto humano, as doenzas e o desenvolvemento futuro do mesmo. Este tema será analizado polos xenetistas galegos, que tentarán ofrecer unha explicación de como funciona este micromundo. Doutro lado, coñecerase coma investiga Eddy Sotelo, científico galego de orixe cubana, que traballa na procura de novos fármacos para o tratamento dos cancros. Verase da súa man que a profesión de científico non sempre está ben retribuída e recoñecida, e aínda así como non cunde o desánimo e os seus experimentos seguen a abrir liñas destacadas de investigación. Continuando co corpo humano, desta volta centrarase no ollo, concretamente no fondo do mesmo, na retina: sábese que cada un ten unha retina diferente, semellante a unha pegada dixital, o que permite, ou permitiría, autentificar persoas. A posible existencia dun ser coma King Kong e o seu hipotético aspecto plantexa unha cuestión que explicará un dos asesores do programa, Jorge Mira: grazas aos efectos gráficos ofrecerase unha versión de coma podería ser un King Kong de verdade. Outra curiosidade que satisfará o programa é a de saber coma flotan os barcos.
 |
O segundo programa de Ciencianosa tentará explicar ao público galego en que consiste o Xenoma Humano e para que serven os xenes e o ADN que encerran no seu interior que permiten coñecer cal é o aspecto humano, as doenzas e o desenvolvemento fu... |
|
07/10/2006 - 15:30 h.
|
Hoxe ofrécese un programa especial dedicado aos investigadores galegos, moi en particular a aqueles que investigan no mundo do mar, a partir dunha iniciativa da Comisión Europea, que vén de celebrar en puntos seleccionados do continente a chamada "Noite dos Investigadores". Baixo o título "Mergúllate na Ciencia", Galicia foi escollida para celebrar este acontecemento que tiña como principal misión dar a coñecer o labor dos investigadores e atraer aos mozos e mozas a un mundo apaixonante, o da investigación científica. En Galicia, o porto de Celeiro, A Coruña e Vigo foron escollidos por ser localidades que concentran os maiores recursos da investigación no eido mariño. Non se debe esquecer que en Galicia existen uns 130 grupos, principalmente vencellados á universidade, que investigan sobre o mar e os seus recursos. O programa de hoxe comezará por achegarse ao porto vigués, onde estivo María Solar, que descobre o espazo científico Ciencianosa, como traballan os biólogos, os oceanógrafos e os licenciados en Ciencias do Mar; como as modificacións na atmósfera de envasado dos mexillóns, por exemplo, permite a súa comercialización durante un maior período de tempo; cal é o sexo dos peixes, ou cales son os perigos que afectan ós mamíferos mariños que se achegan ás nosas costas. Na Coruña, os investigadores faranlles ver aos máis pequenos os perigos dunha sobreexplotación e tamén aprenderán a mergullarse ou a ver a través das lupas e microscopios os equinodermos, os crustáceos e os moluscos, para os distinguir perfectamente. Xa no porto de Celeiro, darase a coñecer a trazabilidade, isto é, o seguimento e control de calquera produto mariño desde a súa pesca ata a súa comercialización; o uso dos aparellos propios do laboratorio por parte do publico en xeral, e o uso de novas fontes de enerxía como o hidróxeno para mover vehículos, centrará o interese dos cidadáns que tiveron, nesta noite europea, a posibilidade de descubrir que tanto a ciencia coma os que traballan nela resultan sorprendentemente divertidos.
 |
Hoxe ofrécese un programa especial dedicado aos investigadores galegos, moi en particular a aqueles que investigan no mundo do mar, a partir dunha iniciativa da Comisión Europea, que vén de celebrar en puntos seleccionados do continente a chamada &qu... |
|
30/09/2006 - 15:30 h.
|
Os científicos son moi meticulosos nas súas liñas de investigación e mesmo non anuncian os seus descubrimentos ata que están ben contrastados. Pero houbo, na historia da ciencia, algúns fraudes que tardaron en ser descubertos, xa que hai supostos investigadores que se inventan directamente os datos e que os publican inclusive nas revistas máis prestixiosas. No programa falarase do caso máis coñecido, o dun doutor surcoreano que aseguraba que tiña clonado embrións humanos. Xunto a estes tramposos están os pseudocientíficos e os ilusionistas, como Uri Geler, que aseguraba que podía dobrar culleres. Afortunadamente a meirande parte deles son desenmascarados. No espazo tamén haberá tempo para falar da seguridade alimentaria en Galicia. Na facultade de Veterinaria de Lugo está o LHICA, o laboratorio de inspección, hixiene e control alimentario, que garante a calidade dos produtos galegos. Segundo o seu director, Alberto Cepeda, nos anos vindeiros cada un consumirá os alimentos á carta, en función das necesidades nutricionais propias. Noutra temática, no plató poderá verse actuar ao zapateiro, un insecto que vive nos ríos galegos e que "anda" por riba da auga, sen nadar, e que, igual que unha agulla que se pousa paseniñamente na auga, flota, non se afunde. Finalmente, o asesor científico Jorge Mira vai explicar a través dun experimento en que consiste a tensión superficial nos líquidos.
 |
Os científicos son moi meticulosos nas súas liñas de investigación e mesmo non anuncian os seus descubrimentos ata que están ben contrastados. Pero houbo, na historia da ciencia, algúns fraudes que tardaron en ser descubertos, xa que hai supostos inv... |
|
23/09/2006 - 15:30 h.
|
Algunhas series de televisión xa amosan o funcionamento da xenética forense. Para o descubrimento dun asasino ou dun violador cómpre a recollida de mostras que permitan a análise do ADN, e con que un asasino colla un arma durante uns segundos xa deixa pistas abondo para a súa identificación. Pero a xenética forense serve tamén, entre outras cousas, para confirmar onde está sepultado Cristóbal Colón ou para o recoñecemento dos restos soterrados dos que foron asasinados na Guerra Civil. En Galicia, o profesor Carracedo é unha autoridade mundial recoñecida desde hai moitos anos, e con el falarase no programa de hoxe. Outro tema desta edición é a función dos cooperantes. ¿Somos cooperantes, gústalles aos galegos contribuír co seu esforzo ao ben común? Segundo demostra o profesor e colaborador do programa Jorge Mira, no seu "Curioso Mundo Científico", hai algúns individuos que parasitan aos demais e fan que a maioría prefira certos tipos de represión para evitar que gañen os que viven a costa dos demais. O espazo tamén visitará a Facultade de Veterinaria de Lugo, onde o profesor Luís Botana dirixe as investigacións máis avanzadas do mundo na obtención de probas ou tests de determinación das toxinas que afectan aos moluscos. Tamén coñecerase algo máis sobre a investigación das alerxias que se realiza no departamento de Farmacoloxía. Así mesmo o programa contactará cunha investigadora do Campus de Ferrol, María Xosé Tobar.
 |
Algunhas series de televisión xa amosan o funcionamento da xenética forense. Para o descubrimento dun asasino ou dun violador cómpre a recollida de mostras que permitan a análise do ADN, e con que un asasino colla un arma durante uns segundos xa deix... |
|
16/09/2006 - 15:30 h.
|
O mundo da IA (Intelixencia Artificial), que asemella tan afastado, ocupará o contido principal do programa que dirixe e presenta Xosé Durán. Os avances que se están a facer cun pequeno robot de orixe xaponesa en Ferrol, así coma os seus métodos de aprendizaxe resultan realmente curiosos. Paseniñamente o robot vai aprendendo, coma se dun neno se tratase, cousas novas e mesmo recibindo premios polos seus acertos. Os robots non soamente axudarán a resolver complicados problemas de enxeñería e matemáticas senón que tamén axudarán a realizar traballos físicos imposibles ou moi difíciles para o home. No curioso mundo científico, Jorge Mira vai explicar se existen na natureza comportamentos sexuais distintos do maioritario, e dicir, se existen parellas homosexuais nas distintas especies animais. O programa dará a coñecer como é o clima galego na actualidade, como se miden as condicións climáticas ou como se fan as predicións desde Meteogalicia. Coas explicacións dos meteorólogos entenderase o comportamento do clima e saberanse as posibilidades que teñen as distintas zonas de Galicia desde o punto de vista agrícola, gandeiro ou turístico. Tamén visitará o programa Dolores Cortina, investigadora que estuda como obter elementos químicos a partir doutros máis abundantes. Finalmente analizarase a relación que poden ter Roberto Carlos ou Beckam coa física.
 |
O mundo da IA (Intelixencia Artificial), que asemella tan afastado, ocupará o contido principal do programa que dirixe e presenta Xosé Durán. Os avances que se están a facer cun pequeno robot de orixe xaponesa en Ferrol, así coma os seus métodos de a... |
|
09/09/2006 - 15:30 h.
|
Nunha nova edición de Ciencianosa descubrirase Galicia coma terceira potencia mundial, en proporción de centenarios, despois dunha illa xaponesa e a italiana Cerdeña,. Explicarase que realmente se debería dicir centenarias porque na súa maioría trátase de mulleres, que viven moito máis que os homes. E aproveitando o tema, o programa para presentar as novas tecnoloxías coma pulseiras que controlan a tensión arterial ou as videoconferencias, aparellos que definen as condicións de saúde dos maiores de forma máis estrita. Trinidad de Miguel presentará ante as cámaras do programa o seu traballo con bacterias que comen o chapapote. Trátase dun bo remedio para evitar a contaminación por hidrocarburos aromáticos á entrada das granxas de peixes e das depuradoras. Jorge Mira romperá un mito sobre os posibilidades que hai de acertar nun xogo de azar. Analizará as posibilidades que existen de que nos toque algún xogo de azar, desde o mais sinxelo coma a ruleta ata un dos máis complicados coma a primitiva. Tentará deixar claro que se se soubese o complicado que é acertar, abofé que non se xogaría tanto.O programa científico da TVG analizará amais se a personalidade ten que ver coa nacionalidade. Nin todos os alemáns son traballadores e fríos, nin todos os latinos alegres e relaxados. Xa por último, verase coma os liques, unha simbiose entre fungo e alga, son capaces de apoderarse e colonizar mesmo as pedras dos monumentos. Estarán nesta edición con expertos galegos que reparan e limpan as pedras dos principais monumentos de Galicia.
 |
Nunha nova edición de Ciencianosa descubrirase Galicia coma terceira potencia mundial, en proporción de centenarios, despois dunha illa xaponesa e a italiana Cerdeña,. Explicarase que realmente se debería dicir centenarias porque na súa maiorí... |
|
02/09/2006 - 15:30 h.
|
No novo programa de Ciencianosa especificaranse cales son os síntomas do cambio climático en Galicia e cal pode ser a situación dentro de setenta anos. Expertos galegos aseguran que o clima da Rías Baixas poderá asemellarse ao de Valencia, con subas do nivel do mar, alternancia de períodos secos e moi chuviosos e cun aumento das temperaturas extremas. Nunha primeira intervención, Jorge Mira explicará cal é a mellor maneira de golpear un balón de fútbol para que percorra a máxima distancia. Demostrará o científico galego que non se trata unicamente de forza bruta. O programa falará tamén cos investigadores do Centro de Innovación Tecnológica da Coruña (CITEEC), cos que mostrará como se levan a cabo as grandes obras da enxeñería civil. A reprodución das ondas do mar ou de río nun laboratorio, a reprodución de presas e encoros dos ríos e mesmo como poden supera-las barreiras artificiais os peixes coma o salmón ou a troita, forman parte do traballo dos enxeñeiros coruñeses.
 |
No novo programa de Ciencianosa especificaranse cales son os síntomas do cambio climático en Galicia e cal pode ser a situación dentro de setenta anos. Expertos galegos aseguran que o clima da Rías Baixas poderá asemellarse ao de Valencia, con... |
|
26/08/2006 - 15:30 h.
|
Na presente edición de Ciencianosa visitarase o equipo do Centro de Enxeñería Mecánica e de Automoción de Vigo (CIMA) para tentar reconstruír os accidentes de tráfico, a partir da análise das súas causas e dos procesos que se realizan para evitalos. Doutro lado, Jorge Mira, asesor científico do espazo, dará a coñecer un estudo feito con simios, no que se demostra que as imaxes de carácter sexual son preferidas polos machos antes que a comida. Tamén coñeceranse as investigacións de Xavier Pontevedra sobre o cambio climático en Galicia. Desde outra perspectiva, o espazo tentará reforzar a conciencia ecolóxica cunha reportaxe que destaca a importancia da compostaxe da materia orgánica, que pode ser utilizada coma abono no canto de ser incinerada. Traballos de investigación coma estes son desenvolvidos pola Universidade de Vigo. Xa para completar o programa, explicarase a base científica do funcionamento do botafumeiro, que a pesar de funcionar coma un péndulo, está adaptado para espallar o fume do incenso por toda a catedral sen risco de que rache a corda.
 |
Na presente edición de Ciencianosa visitarase o equipo do Centro de Enxeñería Mecánica e de Automoción de Vigo (CIMA) para tentar reconstruír os accidentes de tráfico, a partir da análise das súas causas e dos procesos que se realizan para evi... |
|
19/08/2006 - 15:30 h.
|
É coñecido e sabido por todos que hai experimentos realizados por científicos en laboratorios que supoñen unha ameaza para a humanidade. O colaborador do programa Jorge Mira, experto científico, romperá este mito e explicará que é mais probable que o mundo se destrúa por unha catástrofe natural que pola elaboración dun experimento extremo. O programa de hoxe visitará o Centro Oceanográfico de Vigo para ver "in situ" como se consegue realizar a difícil tarefa da cría de polbos en catividade, onde Galicia está considerada unha potencia mundial. Son moitos os laboratorios que seguen os métodos empregados e estudados por científicos galegos, pois a consecución do ciclo reprodutor desta especie conseguiuse por primeira vez neste centro do sur de Galicia. Doutro lado, tocarase o tema da doazón de sangue, unha actividade que asemella tan cotiá pero que resulta máis complexa do que se cre, e hoxendía, a través de aférese, podemos doar soamente glóbulos vermellos, plaquetas ou mesmo soro. O programa descubrirá ademais a utilidade de doar cordón umbilical ou médula osea.
 |
É coñecido e sabido por todos que hai experimentos realizados por científicos en laboratorios que supoñen unha ameaza para a humanidade. O colaborador do programa Jorge Mira, experto científico, romperá este mito e explicará que é mais probable que o... |
|
12/08/2006 - 15:30 h.
|
|
|
|