Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Divulgativos

HISTORIAS DE GALICIA
Produción que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país.
O valor das letras
Recorda o documental sobre as "Historias de Galicia" que ata ben entrado o século XX a maioría dos galegos ou non fora nunca á escola ou só fora uns meses para aprender a escribir o seu nome e pouco máis. Así que durante séculos a educación de quen podía escolarizarse estivo monopolizada pola igrexa católica que transmitía coñecementos e tamén dogmas relixiosos, grazas ao cal o colexio dos Xesuítas de Monterrei (Lugo) foi un centro punteiro no século XVI. Xa en pleno XX, en Galicia tamén houbo escolas laicas, aínda que a maioría dos galegos aprendeu as primeiras letras nas chamadas escolas de ferrado.
O valor das letras
Recorda o documental sobre as "Historias de Galicia" que ata ben entrado o século XX a maioría dos galegos ou non fora nunca á escola ou só fora uns meses para aprender a escribir o seu nome e pouco máis. Así que durante séculos...
 19/02/2009 - 22:25 h. 
As causas das cousas
Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co desenvolvemento do país. Entre eles destacan Domingo Fontán, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres, e Cruz Gallástegui, que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas. Tamén houbo científicos que miraron máis ás estrelas que ao chan: é o caso do astrónomo Ramón María Aller, que descubriu varias parellas de estrelas dobres.
As causas das cousas
Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co ...
 12/02/2009 - 22:21 h. 
Da feira ao mercado global
O capítulo de 'Historias de Galicia' que a Galega emite esta noite regresa ao pasado para recordar como comerciaban os galegos nas feiras, pois ata hai moi pouco había tantas feiras en Galicia que os funcionarios do Estado non sabían como facer para poder cobrar tributos por esa actividade comercial. Pero os galegos comerciaban a grande escala cos seus produtos típicos, como son a carne, o peixe e o viño. O comercio sempre tivo as súas leis e foi unha cuestión de alta política do Estado, que establecía alianzas e declaraba inimizades que podían botar por terra calquera actividade comercial. Hoxe, no mercado global, o comercio segue a ter as súas leis e as súas trampas.
Da feira ao mercado global
O capítulo de 'Historias de Galicia' que a Galega emite esta noite regresa ao pasado para recordar como comerciaban os galegos nas feiras, pois ata hai moi pouco había tantas feiras en Galicia que os funcionari...
 05/02/2009 - 22:27 h. 
Sans e fortes
 29/01/2009 - 22:21 h. 
A industrialización de Galicia chegou tarde e supuxo transformacións que significaron beneficios para o país e tamén custos. A historia da industria está dirixida por homes cunha visión especial de futuro: o marqués de Sargadelos, que puxo en marcha os primeiros fornos altos de Galicia, ou Xosé Barreras, que deseñou e creou o primeiro motor de vapor para barcos construídos nos seus estaleiros de Vigo. Pero a industrialización de Galicia tamén requiriu alianzas entre banqueiros e empresarios que construíron encoros e crearon as hidroeléctricas: deforestación, asolagamento de pobos e terras de cultivo e contaminación son algúns dos prezos que pagamos polo desenvolvemento industrial.
A industrialización de Galicia chegou tarde e supuxo transformacións que significaron beneficios para o país e tamén custos. A historia da industria está dirixida por homes cunha visión especial de futuro: o marqués de Sargadelos, que puxo en marcha ...
 22/01/2009 - 22:21 h. 
As varas da xustiza
Xustiza é darlle a cadaquén o seu, pero iso só pode facelo un xuíz, alguén que reparte xustiza. O documental repasa no presente capítulo que historicamente quen tivo o poder tamén quixo impartir xustiza e o que hoxe consideramos dereitos inherentes á nosa condición de persoas foron en realidade conquistas históricas que custaron moitos sacrificios. O dereito á levar os apelidos paternos, o dereito á propiedade ou o dereito a pensar e a expresar libremente as ideas propias significaron loitas dirixidas en moitos casos por persoas anónimas.
As varas da xustiza
Xustiza é darlle a cadaquén o seu, pero iso só pode facelo un xuíz, alguén que reparte xustiza. O documental repasa no presente capítulo que historicamente quen tivo o poder tamén quixo impartir xustiza e o que hoxe consider...
 15/01/2009 - 22:26 h. 
NO NOME DE DEUS
NO NOME DE DEUS ...
 23/03/2008 - 21:37 h. 
LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO
LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO...
 16/03/2008 - 21:41 h. 
A CASA E A FAMILIA
A CASA E A FAMILIA ...
 02/03/2008 - 21:41 h. 
A DESPENSA SALGADA
A DESPENSA SALGADA ...
 24/02/2008 - 21:40 h. 
FILLOS DA TERRA
FILLOS DA TERRA ...
 17/02/2008 - 21:39 h. 
ONDE O MUNDO SE CHAMA GALICIA
ONDE O MUNDO SE CHAMA GALICIA ...
 10/02/2008 - 21:42 h. 
NACIÓN DE BREOGÁN
NACIÓN DE BREOGÁN ...
 03/02/2008 - 21:41 h. 
ONDE A RAZÓN NON CHEGA
ONDE A RAZÓN NON CHEGA ...
 27/01/2008 - 21:40 h. 
OS CAMIÑOS DO PAÍS
OS CAMIÑOS DO PAÍS ...
 20/01/2008 - 21:41 h. 
A HISTORIA DE SER MULLERES
A HISTORIA DE SER MULLERES ...
 13/01/2008 - 21:40 h. 
SEMPRE EN GALICIA
SEMPRE EN GALICIA ...
 06/01/2008 - 21:39 h. 
O SON DAS ARMAS
O SON DAS ARMAS ...
 30/12/2007 - 21:40 h. 
NOBRES, FIDALGOS E CACIQUES
NOBRES, FIDALGOS E CACIQUES ...
 23/12/2007 - 21:39 h. 
NO NOME DE DEUS
NO NOME DE DEUS ...
 16/12/2007 - 21:41 h. 
LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO
LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO ...
 09/12/2007 - 21:41 h. 
A CASA E A FAMILIA
A CASA E A FAMILIA ...
 02/12/2007 - 21:40 h. 
A DESPENSA SALGADA
A DESPENSA SALGADA ...
 25/11/2007 - 21:39 h. 
"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas.
Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e da produción agrícola, que logo propiciaría nalgunhas comarcas a concentración parcelaria, xa na segunda metade do s. XX.
A proposta do goberno galego actual de crear un banco de terras parece a derradeira oportunidade para que as terras abandonadas recuperen a súa función produtiva e o seu valor.
"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competin...
 18/11/2007 - 21:40 h. 
Esta noite Historias de Galicia ofrece o capítulo "Onde o mundo se chama Galicia". Costa Anácara é unha macro urbanización construída nun espazo agrícola e forestal. A súa razón de ser non é atender as necesidades de vivenda da poboación da contorna; nunha altísima porcentaxe serán segundas residencias dos seus donos e noutros casos a compra terá fins especulativos.
Paralelamente en Galicia o número de aldeas que están quedando deshabitadas xa supera o millar. As dimensións e funcións das aldeas chocan coa lóxica económica e produtiva desta era. Sometidos a outra lóxica, a da romanización, tamén desapareceron os castros hai máis de mil cincocentos anos.
Os romanos trouxéronnos o nome, a lingua, o dereito e tamén unha nova forma de ocupar o territorio condicionada por unha nova traza de vías e camiños.
As cidades medievais levantáronse nos mesmos emprazamentos que ocupan hoxe as principais cidades galegas e comezaron a cumprir funcións moi semellantes ás das cidades modernas. Xa no século XVIII, erguéronse cidades de nova planta como é o caso de Ferrol. Levantouse cun deseño racional para atender as necesidades da industria naval militar.
Esta noite Historias de Galicia ofrece o capítulo "Onde o mundo se chama Galicia". Costa Anácara é unha macro urbanización construída nun espazo agrícola e forestal. A súa razón de ser non é atender as necesidades de vivenda da poboa...
 11/11/2007 - 21:30 h. 
Esta noite o espazo que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato, Historias de Galicia, afonda e percorre a historia do poder político en Galicia desde que fora un reino ata os nosos días. Galicia foi unha unidade política independente na Idade Media; era un reino con reis propios e cun territorio que abranguía parte do que hoxe é Portugal, Castela e León e Asturias.
Afonso Raimúndez foi coroado solemnemente Rei de Galicia polo arcebispo Xelmírez en 1110 na catedral de Santiago. Tras a derrota irmandiña e o sometemento posterior da nobreza galega polos Reis Católicos, simbolizado na execución do mariscal Pardo de Cela no 1453, Galicia nunca volveu ser independente nin contou, ata 1981, con institucións propias de autogoberno.
O sistema foral creou un binomio secular de señores e labregos que lastrou o desenvolvemento de novas clases coma a burguesía. O que puideron conservar as clases populares foi o idioma. A lingua foi o elemento crucial na toma de conciencia política do país no século XIX.
Esa conciencia expresouse primeiro como provincialismo, despois como rexionalismo e finalmente, a partir de 1916, como nacionalismo. O Partido Galeguista foi o impulsor do Estatuto de 1936 que foi aprobado en referendo o 28 de xuño daquel ano.
Esta noite o espazo que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato, Historias de Galicia, afonda e percorre a historia do poder político en Galicia desde que fora un reino ata os nosos días. Galicia foi unha unidade política independente n...
 04/11/2007 - 21:30 h. 
O ser dos galegos, como o de calquera pobo, non se configura só no pensamento racional. Hai unha parte de nós, íntima, que se move polo sentimento e por "outras razóns" e así o mostrará hoxe á noite o programa Historias de Galicia, que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato.
A saudade é un sentimento xurdido da vivencia íntima da propia soidade e da certeza da morte. Os dolmens son os primeiros símbolos da busca de transcendencia da vida e das fórmulas para superar a angustia existencial. O home comeza a darlle propiedades vivas e máxicas a realidades que o rodean: os penedos, a auga, as árbores.
Prisciliano no século IV enxertou na doutrina da igrexa o sentido panteísta dos galegos. Por iso foi perseguido e decapitado, pero iso non acabou co priscilianismo. Martiño Dumiense no século VI declarou anatema os vellos cultos e ritos. No lugar onde se celebraban eses rituais levantáronse ermidas.
Pero a pesar de séculos de loita eclesiástica por extirpar a raíz pagá das festas e romarías, a pedra de abalar ou o rito das nove ondas seguen a ter transcendencia para milleiros de galegos.
O ser dos galegos, como o de calquera pobo, non se configura só no pensamento racional. Hai unha parte de nós, íntima, que se move polo sentimento e por "outras razóns" e así o mostrará hoxe á noite o programa Historias de Galicia, q...
 28/10/2007 - 21:30 h. 
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece "Os camiños do país". Galicia segue á espera de poder comunicarse por tren de alta velocidade coas principais redes ferroviarias españolas, portuguesas e europeas, e esta desconexión é un lastre que dificulta o desenvolvemento das potencialidades produtivas do país. Sen embargo, hai dous mil anos os romanos construíron unha gran rede viaria na Gallaecia con fins comerciais e militares e abriron os portos ás rutas do océanos iluminados polo Faro de Hércules. Logo na Idade Media vai ser o Camiño de Santiago o factor de dinamización cultural e socioeconómico, dende os portos galegos saían barcos cargados con viño e peixe cara a outros países costeiros de Europa.
Pero Galicia tamén perdeu o mar no remate da Idade Media, xa que Isabel a Católica impediulle comerciar con América mentres que os Austrias prohibiron o comercio con Inglaterra. Finalmente, a excentricidade xeográfica, a falta de peso político e de interese empresarial fixeron que o ferrocarril chegase a Galicia en 1873, con 20 anos de atraso respecto a Cataluña ou o País Vasco, no medio xa de liortas políticas localistas entre A Coruña e Vigo. E outro dato, ata 1958 non se rematou de construír a vía férrea entre Sanabria e Ourense.
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece "Os camiños do país". Galicia segue á espera de poder comunicarse por tren de alta velocidade coas principais redes ferroviarias españolas, portug...
 21/10/2007 - 21:30 h. 
A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na actualidade, tanto a Xunta coma o Goberno central están a impulsar leis para tratar de poñerlle freo á violencia de xénero, mentres que outros textos lexislativos pretenden impoñer a paridade de sexos en determinados postos de representación pública... Pero historicamente a discriminación da muller foi unha constante que estivo na base do noso dereito e das nosas crenzas cristiás; de feito foi unha discriminación froito de mitos e forzas, a forza física, a forza da lei e a forza do costume.
Así, María Pita ou Isabel Barreto pasaron á historia de Galicia porque en determinadas circunstancias asumiron roles propios do varón. Por ignorancia, por medo e por presión dos dogmatismos, a muller galega aturou secularmente esta discriminación, ata que no século XIX Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán comezaron a chamarlle a esa indignidade polo seu nome...
A Constitución republicana de 1931 recoñeceu a igualdade de sexos no traballo, na política e ante a lei, pero o franquismo devolveuna á condición de tutelada polo home no "sacrosanto labor do coidado do fogar"... Ata o ano 1975 a muller non tivo en España a patria potestade sobre os seus fillos.
A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na ac...
 14/10/2007 - 21:38 h. 
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece esta noite "Sempre en Galicia". A emigración galega foi un fenómeno histórico que condicionou profundamente a nosa realidade; estivo motivado na maioría dos casos por un desaxuste entre a poboación e os recursos dispoñibles. Pero os recursos dun país están condicionados pola súa estrutura económica.
En Galicia non houbo unha burguesía que impulsase unha actividade industrial que absorbese o excedente agrario; o que houbo foi unha clase dirixente que preferiu seguir parasitando de privilexios anacrónicos -os foros- antes ca impulsar ningunha reforma. Como protesta os galegos emigraron masivamente: os dous millóns fóronse entre 1860 e 1970.
No século XIX os emigrados foron deixando este país, coma un exército de man de obra barata, sempre coa esperanza do retorno. Unha pequena porcentaxe deles fixo fortuna; algúns regresaron e buscaron o recoñecemento social no seu lugar de orixe. A Guerra Civil e o franquismo forzaron o exilio dos galegos máis preclaros e comprometidos coa Terra. Castelao ou Seoane simbolizan o que fixo a emigración pola identidade de Galicia.
A partir de 1960 a emigración galega ten como destino Europa Occidental e outras zonas do Estado español coma Cataluña, Euskadi e Madrid.
A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece esta noite "Sempre en Galicia". A emigración galega foi un fenómeno histórico que condicionou profundamente a nosa realidade; estivo motivado na m...
 07/10/2007 - 21:39 h. 
O 16 agosto de 2005 dez soldados galegos morrían en Afganistán ao caer ao chan por accidente do helicóptero militar que os transportaba, formando parte dunha forza internacional baixo o mandato da ONU. Dende a Guerra Civil, Galicia non é escenario de conflitos bélicos, pero na historia deste pobo foron moitos os caídos en combate. Así, aquí produciuse a primeira gran revolución social de Europa, a Revolta Irmandiña. A derrota dos irmandiños e os abusos da nobreza galega acabaron privando a Galicia das súas clases dirixentes e deixárona inerme fronte á expansión de Castela, momento en que en toda Europa se constituían os estados modernos.
Xa no século XIX Galicia foi escenario de enfrontamentos entre as tropas francesas e británicas na Batalla de Elviña: en Pontesampaio os galegos impedíronlle ao exército francés cruzar o río Verdugo cara a Vigo. Chegando á Guerra Civil, en territorio galego non houbo unha fronte bélica, pero o franquismo practicou unha represión brutal que deixou as cunetas cheas de cadáveres e decapitou, outra vez, a elite intelectual e política do país. Despois da derrota militar das forzas leais á República, a resistencia organizouse en grupos guerrilleiros liderados por xefes carismáticos, como "O Piloto" ou "Foucellas".
O 16 agosto de 2005 dez soldados galegos morrían en Afganistán ao caer ao chan por accidente do helicóptero militar que os transportaba, formando parte dunha forza internacional baixo o mandato da ONU. Dende a Guerra Civil, Galicia non é escenario de...
 30/09/2007 - 21:39 h. 
Case a totalidade dos galegos aínda teñen interiorizado que para aprobar unha oposición ou mellorar na vida tan ou máis importante có mérito é a capacidade de ter un padriño... Ese "valedor" e controlador social foi historicamente un intermediario que se serviu da estrutura administrativa do Estado e aproveitouse dela. Tomando de referencia as distintas etapas históricas, o documental viaxa ata a época en que, coa "doma e castración de Galicia" practicada polos Reis Católicos, o poder galego foise desnaturalizando e púxose ao servizo da lóxica do novo Estado.
Así, a nobreza de título fíxose cortesá e mesturouse coa española, que rematou engulindo as grandes liñaxes galegas: os nobres galegos seguiron cobrando foros e ademais dereitos señoriais e contra eles houbo numerosas revoltas campesiñas. Xa nos séculos XVI e XVII, a fidalguía foi a clase emerxente e conservou o seu poder ata comezos do século XX: estes eran medianeiros que, a cambio de sinecuras e prebendas, recadaban rendas e realizaban funcións burocráticas do Estado monárquico.
Finalmente, o derrubamento social da fidalguía coincide coa eliminación do sistema foral, e paralelamente un novo poder social emerxe en Galicia ligado ao amaño dos procesos electorais no século XIX: o cacique, unha figura que aínda está a perdurar...
Case a totalidade dos galegos aínda teñen interiorizado que para aprobar unha oposición ou mellorar na vida tan ou máis importante có mérito é a capacidade de ter un padriño... Ese "valedor" e controlador social foi historicamente un interm...
 08/04/2007 - 21:39 h. 
A última visita do Papa a Santiago reuniu no Monte do Gozo medio millón de mozos procedentes dos cinco continentes. A serie documental Historias de Galicia parte deste dato para analizar que, amais de seguir tendo unha gran capacidade de convocatoria, a Igrexa Católica foi un poder que tutelou a vida pública e privada en Galicia durante séculos. O descubrimento do Sepulcro de Santiago no ano 813 serviu para que, arredor del, nacese un templo e unha cidade que foi ata a época moderna a capital dun señorío eclesiástico, hexemónico, económica e politicamente.
No repaso histórico polo poder eclesiástico que fai a serie documental, dirixida por Xosé M. Vega e presentada por Xosé Barato, dúas figuras ilustran o seu asentamento no vértice da pirámide social, por un lado o arcebispo Xelmírez, "patriarca de Occidente", que coroou a Afonso Raimúndez como rei de Galicia en 1110 na Catedral de Santiago, e por outro Alonso de Fonseca, que tivo tres séculos máis tarde a arte política de aliarse cos Reis Católicos, en contra da nobreza galega.
Pero a figura de Santiago atraía tamén a Compostela desde o medievo a millóns de peregrinos, converténdose o Camiño na vía dun fecundo intercambio comercial e cultural que integrou Galicia na cultura europea, ademais de traer a arte románica. Así, levantáronse numerosos mosteiros, que foron centros de poder, de saber e de riqueza, aínda que logo a desamortización de Mendizábal significou o abandono da maioría deles.
A última visita do Papa a Santiago reuniu no Monte do Gozo medio millón de mozos procedentes dos cinco continentes. A serie documental Historias de Galicia parte deste dato para analizar que, amais de seguir tendo unha gran capacidade de convo...
 01/04/2007 - 21:39 h. 
O rei Xoán Carlos diríxese en galego ao Apóstolo Santiago na Ofrenda do 25 de xullo, na Catedral de Santiago. Oito séculos antes, Afonso X escoitaba na Corte de Castela unha das cantigas que el compuxera, interpretadas por un xograr, xa que o monarca viña de asinar a orde que lle daba ao castelán o rango de lingua oficial da Corte. Este novo documental de Historias de Galicia, que dirixe Xosé M. Vega e presenta Xosé Barato, fai unha retrospectiva desde a Idade Media e ata o século XIX, tempo durante o cal o galego foi só unha lingua de labregos e mariñeiros, perseguida polo poder centralizador, desprezada polas clases dirixentes e identificada co atraso.
O rexurdir literario do idioma a partir da segunda metade do XIX estivo na base dunha nova conciencia de país, que identificou a lingua como o principal sinal de identidade do pobo. A fundación das Irmandades da Fala significou a superación da indefinición ideolóxica do nacionalismo e o desenvolvemento pleno do concepto de Galicia como nación. Pero a insurrección fascista do 36 e a instauración da Ditadura significou a uniformización política e lingüística do Estado español pola forza e o galego pasou a ter a consideración de dialecto.
Hoxe o galego é, co castelán, lingua oficial de Galicia; é un patrimonio que aínda se comparte cos veciños dos territorios que un día conformaron o Reino de Galicia.
O rei Xoán Carlos diríxese en galego ao Apóstolo Santiago na Ofrenda do 25 de xullo, na Catedral de Santiago. Oito séculos antes, Afonso X escoitaba na Corte de Castela unha das cantigas que el compuxera, interpretadas por un xograr, xa que o monarca...
 25/03/2007 - 21:39 h. 
A casa é a familia son argumentos que cambiaron moito co paso do tempo. Para falar destes feitos, viaxando desde o presente ao pasado, o documental histórico que dirixe Xosé M. Vega constata que en Galicia xa hai ducias de parellas homosexuais casadas, e algunhas delas adoptaron fillos conxuntamente, e que a reforma do Código Civil de abril de 2005 supuxo unha novidade histórica no modelo tradicional de familia que, sobre todo na Galicia rural, sempre estivo ligado ao concepto de casa, entendida como unha unidade produtiva e reprodutiva.
A familia galega foi unha institución rexida secularmente polo Dereito Romano, que se foi adaptando ás circunstancias históricas que viviu o país, e esa realidade evolutiva xerou primeiro costumes e despois un Dereito Civil propio, que segue a rexer as relacións entre as persoas e os vínculos de propiedade.
Volvendo ao pasado, na Idade Media un foreiro non podía ser dono da casa e precisaba do permiso do señor para fundar unha familia, que tamén lle pertencía ao señor; e no Antigo Réxime as familias nobres galegas buscaron matrimonios de comenencia coa nobreza castelá para conservar o rango social e político. No campesiñado libre, cando a división da propiedade xa era un imposible, creouse a figura da mellora e do testamento mancomunado.

Ao longo dos séculos, a casa, a propiedade e a familia formaron un universo único no que se nacía e se morría e no que todos tiñan unha función. Hoxe en día os vellos non teñen a quen mellorar e van morrer a unha residencia...

A casa é a familia son argumentos que cambiaron moito co paso do tempo. Para falar destes feitos, viaxando desde o presente ao pasado, o documental histórico que dirixe Xosé M. Vega constata que en Galicia xa hai ducias de parellas homosexuais casada...
 18/03/2007 - 21:39 h. 
A serie divulgativa da historia de Galicia quere poñer hoxe o acento sobre o feito de que a comunidade galega estea considerada A Despensa Salgada. Así, o porto de Vigo é líder mundial na descarga de peixe para o consumo humano, pois Galicia tivo sempre un litoral privilexiado para as actividades pesqueira e marisqueira. Ademais posúe unhas frotas de altura e grande altura dotadas dunhas infraestruturas e medios técnicos que a sitúan na vangarda mundial. O documental significa que esta frota moderna segue a convivir cun sector artesanal de grande importancia social e historia secular.
Na Idade Media os pescadores galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. Xa no século XVIII, o coñecido como conflito da "xávega" simbolizou a chegada de novas técnicas de captura traídas polos cataláns, impulsores da industria conserveira. Ademais, a pesca sempre xerou actividades asociadas, como o tecido e a reparación de redes e a carpintería de ribeira.
Os grandes barcos pesqueiros, conxeladores de grande altura, son base fundamental da industria naval actual, e nos últimos anos a acuicultura de peixe en granxas litorais xa é sobranceira no mundo e ten grandes posibilidades de expansión.
A serie divulgativa da historia de Galicia quere poñer hoxe o acento sobre o feito de que a comunidade galega estea considerada A Despensa Salgada. Así, o porto de Vigo é líder mundial na descarga de peixe para o consumo humano, pois Galicia tivo sem...
 11/03/2007 - 21:56 h. 
"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas.
Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX, comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e da produción agrícola, que logo propiciaría nalgunhas comarcas a concentración parcelaria, xa na segunda metade do s.XX.
A proposta do goberno galego actual de crear un banco de terras parece a derradeira oportunidade para que as terras abandonadas recuperen a súa función produtiva e o seu valor.
A serie documental Historias de Galicia estreouse o domingo pasado na Galega, e está dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Xosé Barato.
"Véndese casa rural en Galicia", un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competin...
 04/03/2007 - 21:53 h. 
Quen podería renunciar a entenderse a si mesmo e a escribir a súa historia? O director da nova serie documental Historias de Galicia, Xosé Manuel Vega, entendeu que si é posible e puxo en marcha esta produción que hoxe estrea a TVG, dirixida a todos os públicos, que ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país. "Fíxose unha selección daquelas constantes que sempre determinan e expresan a historia de calquera pobo", di Vega.
Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico, e nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie terá unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.
Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intereses xerais do país e á vida dos galegos, polo que interesa coñecer o pasado usando un método expositivo que permita relacionar os feitos pretéritos coa actualidade.
Quen podería renunciar a entenderse a si mesmo e a escribir a súa historia? O director da nova serie documental Historias de Galicia, Xosé Manuel Vega, entendeu que si é posible e puxo en marcha esta produción que hoxe estrea a TVG, dirixida a...
 25/02/2007 - 21:15 h.