Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Culturais

ONDA CURTA
Onda curta amosa as curtametraxes e as creacións curtas, en xeral, dos cineastas galegos, con atención especial aos novos talentos. Cine en curtas, anuncios e vídeos para dar a coñecer os novos realizadores. Presenta Juanillo Esteban.
N/A
 14/12/2009 - 02:00 h. 
 07/12/2009 - 00:00 h. 
N/A
 30/11/2009 - 02:10 h. 
N/A
 23/11/2009 - 02:46 h. 
N/A
 16/11/2009 - 02:16 h. 
N/A
 09/11/2009 - 02:19 h. 
N/A
 02/11/2009 - 02:16 h. 
N/A
 26/10/2009 - 02:15 h. 
"Onda Curta", o programa que cada luns á noite dá conta das novidades principais do máis emerxente do mundo audiovisual galego, ofrece desta volta, como cada trimestre, unha suxestiva escolma de vídeos musicais de grupos galegos. Nesta edición poderanse ver as últimas pezas audiovisuais dos grupos Som do Galpóm (Santiago), Trasnos de Moscoso (Pazos de Borbén), 2US (Salvaterra do Miño), Wöyza (Vigo), Igloo (Caldas de Reis), Kastomä (Ordes) e o Safari Orquestra (Lugo).
"Onda Curta", o programa que cada luns á noite dá conta das novidades principais do máis emerxente do mundo audiovisual galego, ofrece desta volta, como cada trimestre, unha suxestiva escolma de vídeos musicais d...
 19/10/2009 - 02:25 h. 
"Onda Curta", o programa da Galega que cada luns á noite presenta o máis novo e fresco da produción audiovisual galega, estrea Ferro Ardendo, curtametraxe documental realizada por Miguel García e Jorge Saavedra e que nos mergulla de cheo nunha das rapas das bestas máis espectaculares e con máis tradición de cantas teñen lugar en Galicia: a do curro do Campo do Oso, no concello lugués de Mondoñedo, que se desenvolve cada última fin de semana de xuño. Cunha realización frenética e o testemuño dos seus protagonistas constitúe un exemplo singular de documental etnográfico.

O programa dá ademais cumprida conta da última edición do MIVICO, a Mostra de Vídeo Creacións do Condado que chegou xa á súa terceira edición e que converteu Ponteareas no gran referente da vídeo creación en Galicia. Coñeceremos o palmarés e falaremos co director convidado desta edición: Toño Chouza, do Cabo de Cruz, que está a completar os seus estudos de cine en Barcelona.

Por último a música virá da man do grupo 2US de Salvaterra do Miño, unha formación que mestura o jazz con outros ritmos e que gravou un vídeo musical durante un concerto que deu no interior da instalación Greenhouse do artista Peter Coffin no museo MARCO de Vigo.

"Onda Curta", o programa da Galega que cada luns á noite presenta o máis novo e fresco da produción audiovisual galega, estrea Ferro Ardendo, curtametraxe documental realizada por Miguel García e Jorge Saavedra e...
 12/10/2009 - 01:43 h. 
"Onda Curta" emite este luns a curtametraxe de animación en plastilina O Soldadiño de Chumbo, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. A curta, producida por Continental e Algarabía Animación, e con banda sonora do popular Emilio Aragón, adapta o conto clásico de Hans Christian Andersen, situando a acción no Museo do Xoguete de Allariz. A curta está a ter un percorrido de éxito por festivais de Galicia e Europa e foi seleccionada recentemente para as seccións oficiais de Animadrid, Curtocircuíto de Santiago, Festival Internacional de Cine de Ourense, Festival Internacional de Animación de Romanía, Festival Internacional de Animación de Córdoba (Arxentina), e o Capalbio Cine (Italia) , entre outros.

Ademais o programa pasou pola Semana Internacional do Cine de Lugo, que tivo lugar a semana pasada na cidade amurallada. O director da Mostra, Manuel Curiel, cóntanos as claves desta semana que cumpriu xa a súa 31 edición, apostando pola curtametraxe galega cunha interesante selección por temas.

Por último, a música virá da man do novo vídeo musical da Safari Orquestra, unha formación luguesa que aposta pola fusión entre a música electrónica ritmos como ska, soul ou reggae, e da que forman parte os ex-skornabois Xermán Viluba e Emilio López. O vídeo musical "Distancia", dirixido polo ribadense Urbano Álvarez Penedo, é un adianto do disco que teñen pensado editar este inverno.
"Onda Curta" emite este luns a curtametraxe de animación en plastilina O Soldadiño de Chumbo, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. A curta, producida por Continental e Algarabía ...
 05/10/2009 - 01:56 h. 
"Onda Curta", o programa de curtametraxes da Televisión de Galicia, emite este luns "A Pequena Serea", dirixida por Xosé Henrique Rivadulla Corcón, unha fermosa historia que mediante unha técnica pioneira en Galicia mestura imaxe real e animación. Producida por Ficción Producciones, a curtametraxe conta con Pepe Soto, Zezília Meléndrez e o neno Rubén Torres como protagonistas, mentres que a animación é obra de Juan Carlos Abraldes e Luís Faraón. "A pequena serea", rodada en Quilmes (Carnota), está baseada nun conto proveniente da tradición oral mariñeira galega.
Do mesmo xeito, o programa dará a coñecer mediante unha reportaxe o Festival de Animación on line Animacam. Esta experiencia que está na súa segunda edición conseguiu concitar o interese de animadores de todo o mundo, algúns deles cunha prestixiosa carreira ás súas costas. Todo isto argallado dende a produtora Limaia, situada nunha aldea do interior de Galicia, Sandiás (Ourense).
A parte musical virá da man dunha banda de rock con base en Caldas, Igloo, que acaban de sacar novo disco, ´La transición de Fase´. Presentan o vídeo musical do tema "El Pase de la Muerte".
"Onda Curta", o programa de curtametraxes da Televisión de Galicia, emite este luns "A Pequena Serea", dirixida por Xosé Henrique Rivadulla Corcón, unha fermosa historia que mediante unha técnica pione...
 28/09/2009 - 02:14 h. 
Onda Curta estrea este luns o documental París#1, do director Óliver Laxe, un dos filmes galegos máis salientables dos últimos anos que mereceu o recoñecemento da crítica europea con mencións entusiastas mesmo nos Cahiers du Cinema. Unha viaxe por Galicia que se constitúe nunha ollada singular e, ao mesmo tempo, "unha celebración da imaxe e da terra", rodada en 2007 nos Ancares, Muxía, Amil, e outros recunchos do país. Óliver Laxe, coruñés da Gaiteira nado na emigración francesa, reside actualmente en Tánxer, Marrocos.

O programa completarase coa emisión do vídeo musical "Vendrás detrás" de Woyza, unha das artistas senlleiras na cada vez máis puxante escena do hip hop vigués.
Onda Curta estrea este luns o documental París#1, do director Óliver Laxe, un dos filmes galegos máis salientables dos últimos anos que mereceu o recoñecemento da crítica europea con mencións en...
 21/09/2009 - 02:11 h. 
"Onda Curta" volve este luns de madrugada á grella da Televisión de Galicia. O programa que durante tres anos deu a coñecer a obra dos máis novos creadores audiovisuais de Galicia (máis de 250 curtas emitidas e máis de 140 vídeo musicais) inicia a súa cuarta temporada coa emisión da curtametraxe A Fábrica do director da Illa de Arousa Marcos Nine, un traballo documental que dá conta do esmorecemento da outrora puxante industria téxtil no concello de Boiro.

Ademais o programa, que muda o seu día de emisión dos domingos á noite aos luns á noite, ofrecerá tamén o vídeo musical A Infancia, do grupo de rock de Ordes Kastomä, que acaba de editar novo traballo: Almas da Noite. O vídeo foi realizado por Gaspar Broullón e Matías Tarrío.
"Onda Curta" volve este luns de madrugada á grella da Televisión de Galicia. O programa que durante tres anos deu a coñecer a obra dos máis novos creadores audiovisuais de Galicia (máis de 250 curtas emiti...
 14/09/2009 - 01:41 h. 
Este domingo Onda curta despídese da programación estival da Galega, pero xa prepara o seu retorno no mes de setembro. Vaino facer repasando a obra dun dos directores máis singulares do audiovisual galego: Antón Coucheiro "Cou", artista versátil: actor, clown, membro do circo galego Pistacatro... que ademais dirixiu dúas curtametraxes singulares e moi diferentes entre elas. Debutou hai tres anos coa sorprendente As carreiras secretas, rodada integramente en Río de Xaneiro con equipo brasileiro. A partir dun relato do arxentino Alejandro Dolina, é un divertido conto arredor do absurdo das supersticións humanas. Nun plano radicalmente diferente sitúase Katiuska, un fascinante poema visual no que conviven de xeito natural a danza, os malabares e a poesía visual. Rodado integramente na comarca da Ulloa, aos pés do Castelo de Pambre (Palas de Rei), conta entre outros con Branca Novoneira, Carol Fernández, Manu Lago ou a compañía de danza Pisando Ovos.

A música virá da man do vídeo musical De pie da banda ourensá Eco, proxecto paralelo dos Suaves Tino Mojón e Alberto Cereijo.
Este domingo Onda curta despídese da programación estival da Galega, pero xa prepara o seu retorno no mes de setembro. Vaino facer repasando a obra dun dos directores máis singulares do audiovisual galego: Antón Couchei...
 19/07/2009 - 03:02 h. 
Onda curta, o programa da Galega centrado na promoción dos novos valores do audiovisual galego, ofrece este domingo un programa especial no que se poderán ver oito vídeos musicais de grupos galegos que utilizan o galego nas súas composicións.

Deste xeito, poderanse ver pezas do cantautor ferrolán Roger de Flor ou do bluesman tamén ferrolán Víctor Aneiros, ao inclasificable artista coruñés Sr. Anido e o feliz encontro de Magín Blanco cos ourensáns Burgas Beat, o pop electrónico do pontevedrés Projecto Mourente e o hip hop dos Trasnos de Moscoso (de Pazos de Borbén), ademais dos últimos vídeos dos composteláns Ataque Escampe e Som do Galpóm.
Onda curta, o programa da Galega centrado na promoción dos novos valores do audiovisual galego, ofrece este domingo un programa especial no que se poderán ver oito vídeos musicais de grupos galegos que utilizan o galego nas s&uac...
 12/07/2009 - 01:43 h. 
Este domingo Onda Curta emite a curtametraxe Santiago de sangue, dirixida por Fran Calvelo e cun elenco encabezado polo popular actor madrileño Eloy Azorín e as actrices galegas Sheyla Fariña e Mar Sande. Unha historia fantástica na que Compostela se converte nun cárcere de vampiros, que teñen que agocharse entre as pedras e protexerse da chuvia. Entre eles destaca Gabriel (Eloy Azorín), ata o día en que coñece unha anxelical estudante(Sheyla Fariña) da que acabará namorado.

O suspense e a angustia definen outra curta que tamén se poderá ver no programa: Auga, dirixida por Ozo e que ten como protagonista o lugués Marcos PTT. Un rapaz entra nun coche para roubar e todo vai ben ata que decide saír del.

Por último, a música virá da man do grupo vigués Pacífico, do que se poderá ver o videoclip Las horas.
Este domingo Onda Curta emite a curtametraxe Santiago de sangue, dirixida por Fran Calvelo e cun elenco encabezado polo popular actor madrileño Eloy Azorín e as actrices galegas Sheyla Fariña e Mar Sande. Unha histo...
 05/07/2009 - 01:15 h. 
"Onda Curta" estrea este domingo a curtametraxe "Houston", dirixida por Jorge Saavedra e con Xosé Barato e Xabier Deive como protagonistas. Unha historia realizada co gallo do proxecto 303 do Festival de Cans. O resultado é unha curta de apenas cinco minutos pero de grande intensidade narrativa e interpretativa. Un atraco, unha traizón, un reencontro...

O programa ofrecerá tamén unha nova oportunidade para ver unha curtametraxe sorprendente de animación titulada "A Revolta dos Mouses", unha curiosa batalla entre o material de papelería tradicional e un implacable exército de ratos de ordenador. Esta historia foi realizada por David Gen e producida por José M. Abeleira.

A música virá da man do grupo santiagués Ataque Escampe, que acaban de rematar o seu segundo disco: "A grande evasión", e de presentar o seu novo vídeo musical "Criptozooloxía animal", que porá a guinda no programa.
"Onda Curta" estrea este domingo a curtametraxe "Houston", dirixida por Jorge Saavedra e con Xosé Barato e Xabier Deive como protagonistas. Unha historia realizada co gallo do proxecto 303 do Festival de Cans. O resu...
 28/06/2009 - 00:48 h. 
O programa da Televisión de Galicia "Onda Curta" estrea a curtametraxe X Nada, dirixida polo compostelán Dani de la Torre. A partir dun guión de Toni Veiga conta unha historia, baseada en feitos reais, sobre violencia xuvenil e a súa difusión a través dos teléfonos móbiles. Os mozos Carlos Fernández -a quen tamén puidemos ver na curtametraxe Norutol- e Miguel García, son os protagonistas da historia, apoiados por outros actores veteranos como Alfonso Agra, Xabi Deive, Evaristo Calvo ou Isabel Naveira entre outros. X Nada gañou o premio do xurado á mellor curta de ficción na última edición do Festival de Cans.

O programa ofrece tamén unha nova oportunidade para ver unha das grandes xoias da historia do audiovisual galego: a curta de animación Minotauromaquia, dirixida polo compostelán Juan P. Etcheverry, que con bonecos de plastilina reconstrúe o mundo pictórico de Pablo Picasso a xeito de labirinto. Producida por IB Cinema, esta curta acadou premios por todo o mundo e foi candidata nos Premios do Cine Europeo.

Por último a música virá da man dun dos grupos máis interesantes aparecidos recentemente en Galicia: os composteláns da Moniña Som do Galpom, gañadores da última edición do Nsaio no Camiño, que acaban de publicar o seu primeiro disco: Em terra de ninguém, e de estrear o seu primeiro vídeo musical, "Quedamos na praza", que poderemos ver no programa.
O programa da Televisión de Galicia "Onda Curta" estrea a curtametraxe X Nada, dirixida polo compostelán Dani de la Torre. A partir dun guión de Toni Veiga conta unha historia, baseada en feitos rea...
 21/06/2009 - 00:43 h. 
“Onda Curta”, que cada domingo procura dar a coñecer as novidades no mundo das curtas en Galicia, estrea este domingo dúas novas curtametraxes. Por unha banda, Entrevías, novo filme do realizador vigués Edu P. Lavandeira e con Fede P. Rei e Santi Jul como protagonistas, conta a historia curiosa dun limpador de lápidas (Fede), que a piques de suicidarse nas vías do tren recibe a visita abraiante dun vendedor de seguros (Santi). Unha historia divertida de final sorprendente.
A segunda estrea achegará Quietos, o debut na ficción da viguesa Beatriz Vázquez Campaña. Quietos sitúa a trama no encontro casual dun rapaz e dunha rapaza, cuxas idades andan pola trintena (Isabel Naveira e Carlos Sante), que non saben transmitir a simpatía que senten o un polo outro.
O programa ofrece tamén unha reportaxe sobre un singular festival irmandado co de Cans: o Festivalito de La Palma (Canarias) e o último vídeo musical do grupo de Baiona Niño y Pistola: “Gone to Liverpool”.
“Onda Curta”, que cada domingo procura dar a coñecer as novidades no mundo das curtas en Galicia, estrea este domingo dúas novas curtametraxes. Por unha banda, Entrevías, novo filme do realizador vigués Edu P. Lavandeira e con Fede P. R...
 14/06/2009 - 00:36 h. 
O programa da Galega “Onda Curta”, que cada domingo procura dar a coñecer as novidades no mundo da curtametraxe en Galicia, estrea desta volta Campás, a máis ambiciosa das curtas dirixidas ata o día de hoxe polo prometedor realizador compostelán Jairo Iglesias. Campás pecha unha triloxía sobre a guerra civil da que tamén forman parte Ribadeo 1936 e Cores, curtas que tamén se poderán ver no programa do domingo. Campás conta a historia de dous milicianos que van buscar un médico a unha aldea veciña para sandar os feridos nunha incursión recente. No seu camiño, terán que evitar a persecución dos inimigos do bando nacional e o hábito dun deles, Antón, que se emperra en guindar pedras contra os campanarios das igrexas para cumprir cunha promesa. O elenco está conformado por rostros moi coñecidos do noso audiovisual como Xosé Barato, Vicente de Souza, Fernando Morán, Carlos Sante, Isabel Blanco ou Belén Constenla. O programa ofrecerá tamén o último vídeo musical dunha das bandas máis importantes da escena alternativa do estado: “Sister”, dos vigueses residentes en Barcelona Catpeople.
O programa da Galega “Onda Curta”, que cada domingo procura dar a coñecer as novidades no mundo da curtametraxe en Galicia, estrea desta volta Campás, a máis ambiciosa das curtas dirixidas ata o día de hoxe polo prometedor realizador compostel...
 07/06/2009 - 00:28 h. 
Este domingo en “Onda Curta” teremos ocasión de ver a curtametraxe gañadora na última edición dos premios Mestre Mateo. Trátase de A Princesa Alegría, dirixida polo madrileño Dani Utrilla e o ferrolán Rubén Coca, producida por Ficción Producións e resultado do concurso Compostela Plató de guión da edición pasada de Curtocircuíto. Unha historia a xeito de conto infantil en que se mestura a imaxe real coa animación, cos nenos Álex Neira e Lourdes Sanmartín como protagonistas.
O programa ofrece, ademais, unha segunda oportunidade de ver A Xinecóloga, singular historia dirixida polo coruñés Alfonso Camarero e con Camila Bossa como protagonista, que conta a historia curiosa dunha xinecóloga que se interna nun proceso kafkiano dende o momento en que un varudo adolescente acode á súa consulta para falar dos seus problemas menstruais. Esta curta, que xa recolleu unha chea de premios por toda Europa, nomeadamente Italia, sumou un máis a semana pasada en Nova York: o premio do Xurado á mellor curta latina no Festival de Curtas New York City Downtown.
Por suposto, o programa pasou pola VI Edición do Festival de Cans, no Porriño. Alí coñecemos os Fillos de Cans, unha serie de directores que despois de ter presentado as súas curtas no festival, presentaron desta volta as súas novas longametraxes. Repasaremos, ademais, o palmarés final das curtas a concurso.
A música virá da man do grupo pontevedrés A Pedir de Milkhouse, que presenta o vídeo musical “Su Factura Caballero”, con Luís Zahera como protagonista, e incluído no seu último traballo Zenzano.
Este domingo en “Onda Curta” teremos ocasión de ver a curtametraxe gañadora na última edición dos premios Mestre Mateo. Trátase de A Princesa Alegría, dirixida polo madrileño Dani Utrilla e o ferrolán Rubén Coca, producida por Fi...
 31/05/2009 - 00:53 h. 
N/A
 24/05/2009 - 00:54 h. 
O programa da Televisión de Galicia que cada domingo dá a coñecer a actualidade do mundo das curtas no país, emite desta volta, co gallo das Letras Galegas, catro curtas de temática e estilo variado. Trátase de Galicia 2098, de Edu Pérez Lavandeira, unha apocalíptica alegoría sobre o posible futuro da lingua galega. Á porta dun museo un grupo de persoas fai cola para coñecer o último galegofalante; Z, de Xabier Marques, unha aceda e demoledora parodia sobre un coñecido grupo empresarial galego do téxtil; Sulfato, de Abelardo Rendo, un fermoso conto sobre a infancia e a memoria; e Poboación Cero, un documental breve e contundente que nos conta o progresivo abandono das aldeas do rural galego. Ademais o programa estivo en Ourense, cos alumnos de primeiro do Ciclo de Produción da Escola de Produción da Farixa, que se enfrontan á súa primeira curta rodada por profesionais do audiovisual. A música poñerana os Trasnos de Moscoso, banda de hip hop de Pazos de Borbén, que estrean o seu vídeo musical “Primavera”, realizado por Xavier Leiro.
O programa da Televisión de Galicia que cada domingo dá a coñecer a actualidade do mundo das curtas no país, emite desta volta, co gallo das Letras Galegas, catro curtas de temática e estilo variado. Trátase de Galicia 2098, de Edu Pérez Lavan...
 17/05/2009 - 01:35 h. 
N/A
 10/05/2009 - 01:01 h. 
O programa da Galega “Onda Curta”, que pretende dar a coñecer as novidades no mundo da curtametraxe galega, emite desta volta o filme Atma, dirixido polo compostelán Guillermo Maceiras, unha curtametraxe experimental que pescuda nos misterios da mente humana. Un curioso proxecto que nace a partir dunha experiencia de escrita automática.
O programa estivo tamén no Festival de Curtas Galegas de Sada, que pechou a fin de semana pasada a súa segunda edición. Repasamos o que aconteceu na vila das Mariñas e o palmarés da competición.
Por último, “Onda Curta” estreará o vídeo musical “Vai a modo”, do grupo pontevedrés de 'hip hop' Sucias Ratas, producido por Matriuska e realizado co gallo dunha campaña sobre seguridade viaria do concello de Pontevedra.
O programa da Galega “Onda Curta”, que pretende dar a coñecer as novidades no mundo da curtametraxe galega, emite desta volta o filme Atma, dirixido polo compostelán Guillermo Maceiras, unha curtametraxe experimental que pescuda nos mis...
 03/05/2009 - 00:50 h. 
N/A
 26/04/2009 - 00:57 h. 
"Onda Curta" estrea este domingo a curtametraxe 12007, un relato de ciencia ficción que adapta un conto de Rafael Dieste. Está dirixida polo pontevedrés Diego Torres e protagonizada por Xosé Manuel Esperante e "Tanas".
"12007" trata sobre un vagabundo que participa no experimento dun doutor que traballa nun laboratorio secreto. O vagabundo dorme durante 10.000 anos e, ao espertar, descobre que o mundo que coñecía desapareceu.

"Onda Curta" tamén atenderá á estrea no Teatro Principal de Santiago da curtametraxe X nada, dirixida por Dani de la Torre e Toni Veigas, unha historia de violencia entre adolescentes.
"Onda Curta" estrea este domingo a curtametraxe 12007, un relato de ciencia ficción que adapta un conto de Rafael Dieste. Está dirixida polo pontevedrés Diego Torres e protagonizada por Xosé Manuel Esperante e "Tanas".
 19/04/2009 - 01:08 h. 
Este domingo o programa da Galega “Onda Curta” ofrece outra oportunidade de volver ver O Cazador, filme dun dos creadores máis relevantes da nova produción audiovisual galega, o pontevedrés Ángel Santos Touza, que conta neste caso con actores como o cangués Lois Soaxe e a pontevedresa Marta Pazos. A curta é unha arriscada película que pescuda no proceso de adaptación dunha obra literaria ao cinema, neste caso a de Anton Chejov ‘O Cazador’. Como resultado deste experimento resulta unha obra de enorme calidade, que a xuízo dalgúns críticos e expertos, constitúe un dos filmes máis importantes do cinema galego nos últimos anos, debido á ollada singular e ao firme pulso narrativo do director. Na presente edición poderase ver tamén unha das pezas do traballo experimental ‘Nemo’, de Ariadna Camiño e Miguel Mariño, en que diferentes pintores do país se sitúan ante un lenzo en branco para expresar o que desexan. No programa desta semana tócalle a quenda ao pintor coruñés Jorge Cabezas. Por último, a música virá da man dunha das bandas míticas do punk galego: os cangueses Soak, dos que “Onda Curta” recupera o vídeo musical ‘Del Ganadero al Matadero’, extraído do seu último disco Banda Armada.
Este domingo o programa da Galega “Onda Curta” ofrece outra oportunidade de volver ver O Cazador, filme dun dos creadores máis relevantes da nova produción audiovisual galega, o pontevedrés Ángel Santos Touza, que conta neste caso con a...
 12/04/2009 - 01:14 h. 
Estrea de "Conciencias Tranquilas", dirixida pola santiaguesa Gael Herrera e que conta cun elenco encabezado por Pilar Pereira, Antón Coucheiro Cou, e Camila Bossa nos papeis principais. "Conciencias Tranquilas" é unha divertida e curiosa comedia sobre as contradicións e dúbidas que moitas veces percibimos arredor do tema da cooperación internacional.

Poderase ver tamén "Facenda somos (case) todos", unha nova peza da serie "Para Mariñeiros, Nós", con Suso Lista e Manolo Cobiñas como protagonistas e dirixida polo coruñés Omar Rabuñal.
Estrea de "Conciencias Tranquilas", dirixida pola santiaguesa Gael Herrera e que conta cun elenco encabezado por Pilar Pereira, Antón Coucheiro Cou, e Camila Bossa nos papeis principais. "Conciencias Tranquilas" é unha divertida ...
 05/04/2009 - 01:00 h. 
A actividade creativa máis importante do concello da Guarda na última década está realizada por un grupo de homes maiores. Eles son Os Señores do Vento, os responsables dunha instalación en que se combina a intervención na paisaxe (coma se fose unha obra de Land Art) e a arte cinética. Eles son os encargados de que o movemento das botellas non cese.. Así se nos presenta a curtametraxe do guardés Xurxo González que se poderá ver este domingo no programa da Galega "Onda Curta". Un documental impagable que con medios rudimentarios nos traslada á realidade máis próxima con respecto e unha ollada singular.
Será o prato principal dun programa que se establece no Baixo Miño aproveitando a celebración da V Edición do Festival Play Doc de Tui. Alí tivo ocasión de coñecer a Diana Gonçalves, tudense que presentou no Festival o documental Mulleres da Raia, despois de que o ano pasado participase no obradoiro X-pressate de creación de curtas documentais, do que saíra o traballo Trapicheras. Destes obradoiros, recuperamos unha das primeiras gañadoras: Fronteiras, dirixida por Rubén Pardiñas.
Por último, a parte musical virá da man de Niño y Pistola, grupo guardés que acaba de publicar novo disco: Culebra, e que gravaron co acordeonista Celeiro: A Tirana, para o filme Só Concertinas que dirixiu Víctor Coyote.
A actividade creativa máis importante do concello da Guarda na última década está realizada por un grupo de homes maiores. Eles son Os Señores do Vento, os responsables dunha instalación en que se combina a intervención na paisaxe (coma se fos...
 29/03/2009 - 00:58 h. 
Miguel Ángel Romero é un novo director vigués que en todos os seus traballos afonda na identidade da cidade de Vigo, cunha preocupación especial pola destrución do seu patrimonio por mor da presión e especulación inmobiliaria. Desta teima nacen as dúas curtas que veremos este domingo en "Onda Curta". Pilar e Alicia é un documental sobre dúas mulleres anciás que permanecen nos seus pisos da zona vella, que deveñen ruinosos por mor do abandono da Administración e ante os intereses especulativos do sector inmobiliario. Precisamente da historia dunha destas mulleres, Pilar, Romero rodou unha curta de ficción que, apegada á realidade devén nunha sorte de arrepiante terror inmobiliario.

A música virá da man dun grupo santiagués de metal que está a arrasar por Europa, Kathaarsys. Acaban de presentar o seu segundo disco Anonymous Ballad e unha xira que durante os dous próximos meses os levará por toda Europa. O vídeo musical, realizado por Abelardo Rendo, é do tema. "Darkness. Part five".
Miguel Ángel Romero é un novo director vigués que en todos os seus traballos afonda na identidade da cidade de Vigo, cunha preocupación especial pola destrución do seu patrimonio por mor da presión e especulación inmobiliaria. Desta teima nace...
 22/03/2009 - 01:08 h. 
Este domingo "Onda Curta" estrea a curtametraxe Kilo e Tres Cuartos, dirixida e protagonizada por tres rapaces de Ordes: Felipe González, Miguel Calvo e Manuel del Río. Unha historia divertida sobre un atraco perfecto? Os propios realizadores da curta quixeron realizar eles mesmos a reportaxe de presentación e non ten desperdicio. De visión obrigada para veciños de Ordes e comarca.
Outra curta que se estrea no programa do domingo é Que lle pasa a Pepe Pistola!, do realizador de Meira Andrés Goteira. Cunha estética moi peculiar conta a historia de dous irmáns enfrontados polo amor e o éxito. Foi unha das curtametraxes máis valoradas na edición pasada do Curtasnarede.
Por último, a parte musical virá da man dun grupo de Ribadeo Zora Gabbara, que estrea o seu primeiro vídeo musical, "The Honey Waltz".
Este domingo "Onda Curta" estrea a curtametraxe Kilo e Tres Cuartos, dirixida e protagonizada por tres rapaces de Ordes: Felipe González, Miguel Calvo e Manuel del Río. Unha historia divertida sobre un atraco perfecto? Os ...
 15/03/2009 - 01:25 h. 
Este domingo "Onda Curta" estrea Poboación Cero, curtametraxe documental das irmás Sonia e Miriam Albert Sobrino sobre o despoboamento do rural galego. A aldea de Prada, na provincia de Ourense, é un exemplo desta problemática. Sen auga, sen luz, agochada nun antigo glaciar, foi abandonada nos anos 70. A súa poboación é cero.

Como contrapunto, o programa emite tamén Entorrados, unha disparatada comedia arredor da Torre de Hércules co popular dúo cómico coruñés San&San como protagonista, que se disfraza dunha chea de personaxes, cada un máis singular co anterior, nesta curtametraxe que eles dirixiron xunto co realizador Germán Tejada.

"Onda Curta" pasou tamén pola primeira edición do Festival de Curtametraxes Madama de Sanxenxo, que se especializa pola ollada das mulleres no mundo das curtas. Alí estreouse a curtametraxe de Miguel Caruncho, Caracolas, estreada no propio festival.

Por último, a música virá da man dun grupo lugués de música electrónica experimental, Telémaco, que presenta o vídeo musical do seu tema "O Xadrez de Mr.Spock".
Este domingo "Onda Curta" estrea Poboación Cero, curtametraxe documental das irmás Sonia e Miriam Albert Sobrino sobre o despoboamento do rural galego. A aldea de Prada, na provincia de Ourense, é un exemplo desta problemática. Sen auga...
 08/03/2009 - 01:25 h. 
“Onda Curta”, o programa de curtametraxes da Televisión de Galicia, céntrase este domingo na figura dun dos creadores máis singulares do audiovisual galego, o arousán Pablo Millán, coa emisión das súas últimas dúas curtametraxes: A Meiga Chuchona e Longo Sendeiro de Pedra. A Meiga Chuchona é unha fermosa animación a partir dun conto tradicional, e Longo Sendeiro de Pedra unha fascinante curtametraxe experimental a xeito de sinfonía que fai un percorrido polos monumentos, oficios, xogos, paisaxes, tradicións, mitoloxía e poesía de Galicia coa pedra como eixo. Con esta curta, Pablo Millán recibiu o máximo galardón na última edición do Worldfest de Houston. Deste xeito pasou a engrosar a lista de gañadores do codiciado "Grand Remi", un premio que conta cun gran nivel de galardoados ao longo da súa historia, entre os que se atopan Walter Hill na edición do 2007 e Ridley Scott. A música virá da man do último vídeo musical do grupo galego-catalán Manos de Topo.
“Onda Curta”, o programa de curtametraxes da Televisión de Galicia, céntrase este domingo na figura dun dos creadores máis singulares do audiovisual galego, o arousán Pablo Millán, coa emisión das súas últimas dúas curtametraxes: A Meiga Ch...
 01/03/2009 - 00:48 h. 
Este domingo "Onda Curta" estrea a curtametraxe do coruñés Carlos Seijo Pode Ser, con Tonhito de Poi e Camila Bossa como protagonistas. Unha poética historia filmada no concello de Ribadeo que fala do amor e a eternidade de dous personaxes condenados a separarse por moito tempo; isto é, un mariñeiro a piques de embarcar, e a súa muller que quedará agardando en terra. A historia, producida por Mr. Misto, confirma a especial sensibilidade emocional e artística de Carlos Seijo, despois de Sen Escrúpulos, curta rodada un ano antes e que tamén se poderá ver previamente no programa.
O programa quixo asistir tamén a Formacción, as xornadas de Formación Audiovisual que tiveron lugar nas dúas últimas fins de semana no concello coruñés de Vedra. Diversos obradoiros relacionados co audiovisual de carácter teórico e sobre todo práctico, que estiveron acompañados por unha serie de proxeccións de curtametraxes.
A música virá da man do novo vídeo musical dun dos grupos máis potentes do panorama musical actual en Santiago de Compostela, os Hyde Casino.
Este domingo "Onda Curta" estrea a curtametraxe do coruñés Carlos Seijo Pode Ser, con Tonhito de Poi e Camila Bossa como protagonistas. Unha poética historia filmada no concello de Ribadeo que fala do amor e a eternidade de dous ...
 22/02/2009 - 01:18 h. 
Este domingo o programa da Galega "Onda Curta" estrea a nova curtametraxe de Susana Rei, Contrafilmes (I). Os Contrafilmes son, segundo a propia autora, contra olladas sobre diversos aspectos da vida unidos pola sensación de irrealidade dos tempos en que vivimos. Os Contrafilmes non son un traballo pechado, mais si un proceso que non pretende ter un inicio nin un remate predeterminados. Apuntamentos, ideas, imaxes que a autora recolle e comparte no seu devir cotián. De Susana Rei xa se puido ver noutras ocasións no programa a sucedida curtametraxe Cousas do Kulechov.
O programa estivo tamén nunha experiencia ben curiosa: a presentación da curtametraxe de Sepi Bazarra Cinco Pezas, curta de promoción a xeito de ¿precuela? dunha longa que inda está por facer. Un paso máis na loita en que Sepi anda embarcado para levar adiante a súa longametraxe Setembro. Cinco Pezas serve para presentarnos a xeito de gags algúns dos personaxes que aparecen no guión orixinal da película. Entre outros actores falamos con Xabi Deive, Mela Casal ou Tonhito de Poi.
A música virá da man do grupo pontevedrés The Dismal, co vídeo musical "Bajo mi piel", extraído do seu traballo discográfico Neptuno.
Este domingo o programa da Galega "Onda Curta" estrea a nova curtametraxe de Susana Rei, Contrafilmes (I). Os Contrafilmes son, segundo a propia autora, contra olladas sobre diversos aspectos da vida unidos pola sensación de irrealidade...
 15/02/2009 - 01:04 h. 
Esta noite Onda Curta emite a curtametraxe 'O Cheque' dirixida polo novo realizador boirense Estevo Silva. O filme é un frenético thriller non exento de humor onde un sicario implacable pretende acabar coa vida dun personaxe de mala vida, rodado entre a vila de Boiro e a parte vella de Compostela. 'O Cheque' conta entre os protagonista co debutante Paco Fernández, Toño Casais e Atilano Franco, quen finou esta semana por mor dunha grave enfermidade. É por iso que o programa quere homenaxear coa emisión desta curtametraxe a este grande actor a quen tamén se puido ver nas longametraxes de Mario Iglesias 'De Bares' e 'Cartas Italianas'. Ademais, poderase ver a peza do Proxecto Nemo en que traballa o pintor coruñés Alberto Carpo. Proxecto Nemo é unha proposta de Miguel Mariño e Ariadna Camiño que pretende enfrontar a varios pintores ante un lenzo en branco. A parte musical virá da man do bluesman ferrolán Víctor Aneiros, coa emisión do seu vídeo musical Soia.
Esta noite Onda Curta emite a curtametraxe 'O Cheque' dirixida polo novo realizador boirense Estevo Silva. O filme é un frenético thriller non exento de humor onde un sicario implacable pretende acabar coa vida dun personaxe de mala vida, roda...
 08/02/2009 - 01:09 h. 
O programa cultural de curtametraxes da galega, 'Onda Curta' emite este domingo o novo traballo do realizador Carlos Prado Pampín Vellas. A peza, que foi rodada na vila natal do director en Mogor (Pontevedra), é unha curta innovadora e singular en imaxe real que narra a historia de amor prohibido de dúas mulleres da terceira idade no medio rural galego. Nos papeis protagonistas están Amalia Touriño, avoa do director, e a súa veciña de sempre, Áurea García. A curta resultou ser unha das vencedoras da terceira edición do concurso ‘Curtas na rede’, onde acadou os premios de mellor director, mellor curta de ficción na temática de sexualidade, e o de mellor actriz para as dúas protagonistas. Ademais poderase ver tamén con motivo da celebración este domingo da entrega dos Premios Goya, a curta galega O ataque dos Kriters asasinos de Sam Ortí Martí, candidata á mellor curtametraxe de animación. A peza rodada pola produtora coruñesa IB cinema pretende ser unha parodia sobre o cinema de monstros de serie B, típico do cinema dos anos 80 e 90. O traballo xa recolleu diversos premios dende a súa presentación, como o galardón á mellor curta de animación no festival de cinema de Estepona, e participou ademais no festival de cinema de Elxe e na prestixiosa Semana de cinema fantástico de San Sebastián. A parte musical virá da man dun dos grupos galegos de rock cristián Los Santos, que nos presentan a súa nova vídeo creación ‘I wanna see your pussy under the moonligtht’ (Quero ver a túa perrecha baixo a luz da lúa). Estes músicos da vila mariñeira de Sada coñecéronse no seminario compostelán que pouco despois decidiron abandonar para formar este grupo actual de rock. Desde aquela contan xa ás súas costas coa fama da banda máis salvaxe e exquisita do underground galego que xa levou as súas cancións ata a MTV e que compartiu escenario con bandas coma The Meteors.
O programa cultural de curtametraxes da galega, 'Onda Curta' emite este domingo o novo traballo do realizador Carlos Prado Pampín Vellas. A peza, que foi rodada na vila natal do director en Mogor (Pontevedra), é unha curta innovadora e ...
 01/02/2009 - 01:09 h. 
'Onda Curta', o programa da Galega que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta o documental experimental Bata por fóra (muller por dentro), da realizadora viguesa Claudia Brenlla. Esta peza, que mestura elementos do máis variado, é un achegamento estético e sentimental a unha das pezas de vestir emblemáticas na nosa idiosincrasia cultural: a bata. Nun plano diferente sitúase a outra curta que se poderá ver no programa: O Camiño da Loureira, do director do Cabo de Cruz Toño Chouza. Un falso documental que con total verosimilitude explora nos planos da memoria individual e colectiva. A música virá da man da formación paralela dos Suaves, Tino Mojón e Alberto Cereijo, batería e guitarra respectivamente da banda ourensá. Con Eco, xunto con Diego Castro e Roberto Espinosa, pretenden pescudar un rock & roll afastado do que tradicionalmente se fai no estado español.
'Onda Curta', o programa da Galega que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta o documental experimental Bata por fóra (muller por dentro), da realizadora viguesa Claudia Brenlla. Es...
 25/01/2009 - 01:15 h. 
'Onda Curta' emite este domingo un programa que versará sobre o cine dentro do cine. Poderanse ver a curta Queres ser director de cine? do coruñés Senín Porto, con Alberto Rolán e Vicente de Souza como protagonistas, unha divertida comedia sobre as arelas de director dun mozo afeccionado ao cine que acabará batendo cun escuro personaxe como tantos outros que habitan ese mundo estraño do audiovisual; e Corten unha das primeiras curtametraxes do consagrado realizador pontevedrés Mario Iglesias, unha historia curiosa de monicreques que se rebelan á súa propia condición. Desta volta, a parte musical virá da man dun personaxe singular: o compostelán Sr. Anido que presenta o clip extraído da súa Maqueta nº 16.
'Onda Curta' emite este domingo un programa que versará sobre o cine dentro do cine. Poderanse ver a curta Queres ser director de cine? do coruñés Senín Porto, con Alberto Rolán e Vicente de Souza como protagonistas, unha ...
 18/01/2009 - 01:06 h. 
Este domingo en 'Onda Curta' poderase ver a nova curtametraxe do prolífico realizador ferrolán Rubén Coca. Titúlase Mínimo Común Múltiplo e está interpretada nos seus papeis protagonistas por Marta Larralde, Xoel Fernández, Rubén Riós e os nenos Álex Neira e Lourdes Sanmartín. Mínimo Común Múltiplo pretende dar unha explicación matemática do amor e pescudar sobre os amores platónicos e os reencontros das vellas relacións. Esta curtametraxe foi rodada integramente na cidade de Ferrol e foi estreada con grande éxito de público na apertura da última edición da Mostra de Videocreación do Condado (MÍVICO 08), en Ponteareas. Outra peza que se poderá ver será a que a pintora coruñesa Yolanda Dorda realizou para o Proxecto Nemo (dez pintores realizando cadansúa obra ante un lenzo transparente) de Ariadna Camiño e Miguel Mariño. O programa estivo tamén na Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que chegou este Nadal á súa oitava edición, da que se dá conta nunha reportaxe. Por último, outro ferrolán porá a guinda musical do programa. Trátase do bluesman Víctor Aneiros, que acaba de sacar o seu cuarto disco: Heroe Secreto, onde pairan os versos dunha chea de poetas galegos. Neste caso, poderemos ver o vídeo musical 'A Miña Bala Perdida', gravado no Teatro Jofre de Ferrol, e con fragmentos de poemas de Rosalía de Castro.
Este domingo en 'Onda Curta' poderase ver a nova curtametraxe do prolífico realizador ferrolán Rubén Coca. Titúlase Mínimo Común Múltiplo e está interpretada nos seus papeis protagonistas por Marta Larralde, Xoel Fernández, Rubén Riós e os nen...
 11/01/2009 - 01:03 h. 
N/A
 04/01/2009 - 00:44 h. 
'Onda Curta' emite este domingo a curtametraxe Mamasunción, do director xa finado de Forcarei Chano Piñeiro, e do que se cumpren vinte e cinco anos da súa rodaxe. Mamasunción constitúe un fito na historia do cinema galego. Recibiu o Gran Premio do Cine Español en Bilbao e foi premiada tamén en Oberhausen (Alemaña); Cracovia (Polonia); Clermont Ferrand (Francia), Edimburgo (Gran Bretaña), e Sydney (Australia). A partir desta curta, a primeira que Chano Piñeiro rodou en cine, o director de Forcarei constituíuse no director máis senlleiro do audiovisual galego recente, cuxa obra culminaría coa longametraxe Sempre Xonxa. Mamasunción é un relato de gran fondura lírica que nos achega en toda a súa crueza ao drama da emigración a partir da historia da muller protagonizada por Sunción Ogando Rodríguez, de rostro inesquecible pola súa inmensa expresividade. Durante corenta anos achégase cada día á oficina de correos na procura da carta de seu fillo emigrado. Un día, por fin, recibe a carta tan agardada, pero non sabe ler.
'Onda Curta' emite este domingo a curtametraxe Mamasunción, do director xa finado de Forcarei Chano Piñeiro, e do que se cumpren vinte e cinco anos da súa rodaxe. Mamasunción constitúe un fito na historia do cinema galego. Recibiu o Gran Premi...
 28/12/2008 - 00:41 h. 
O programa 'Onda Curta' emite este domingo un programa especial dedicado aos vídeos musicais, en que se poderán ver sete dos máis recentes de grupos galegos. Será a oportunidade de gozar cos vídeos dalgunhas bandas galegas de referencia no panorama da música independente española como os vigueses The Blows ou os galego e cataláns Manos de Topo, do punk-rok do Morrazo dos Soak, do blues coruñés de Carlos Childe, do pop comercial de Ragdog, do pop de autor dos vigueses Elodio y los Seres Queridos, e do pop-country do ferrolán .
O programa 'Onda Curta' emite este domingo un programa especial dedicado aos vídeos musicais, en que se poderán ver sete dos máis recentes de grupos galegos. Será a oportunidade de gozar cos vídeos dalgunhas bandas galegas de referencia no panorama ...
 21/12/2008 - 00:41 h. 
'Onda Curta', o programa da Galega que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos talentos do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe O Cerco, do director da Mariña Martiño Vázquez. A curta, de excepcional acabado técnico, reflexiona sobre o desacougo interior que provocan todas as guerras.
Poderemos ver tamén a gañadora do premio á mellor curta galega na edición pasada de Curtasnarede, Z, de Xabier Marqués, director de Vilagarcía de Arousa que propón unha historia divertida sobre a perda progresiva da identidade dun galego aparentemente normal. Na súa pescuda das causas acabará batendo cunha gran multinacional galega do sector téxtil.
A música virá da man da Banda de Poi, que acaba de reconverterse na Rasa Loba, e da que poderemos ver o vídeo musical Kommies, rodado no concello de Boiro, e realizado por Xabi Jácome, autor da popular curta Toxic Percebe da que hai xa uns anos o propio Tonhito de Poi fora o protagonista.
'Onda Curta', o programa da Galega que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos talentos do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe O Cerco, do director da Mariña Martiño Vázquez. A curta, de excepcional acabado técnico, refl...
 14/12/2008 - 00:38 h. 
'Onda Curta' ofrece este domingo a curtametraxe Making Son, realizada por alumnos do instituto do Porto do Son e co popular actor de Esteiro Victor Fábregas como protagonista. Esta curtametraxe é a segunda que se realiza neste centro de ensino no marco da actividade Son Cine e é unha historia divertida que pescuda nas propias claves da linguaxe cinematográfica.
Outro traballo que se poderá ver será a peza realizada polo pintor Jacobo Jaspe para o Proxecto Nemo, un proxecto audiovisual de Ariadna Camiño e Miguel Mariño, consistente en enfrontar a dez pintores ante un lenzo en branco.
O peche virá da man do vídeo musical “Gold For Love”, do bluesman da Coruña Carlos Childe, e que pertence ao seu último traballo discográfico Cooking Melodies.
'Onda Curta' ofrece este domingo a curtametraxe Making Son, realizada por alumnos do instituto do Porto do Son e co popular actor de Esteiro Victor Fábregas como protagonista. Esta curtametraxe é a segunda que se realiza neste centro de ensino...
 07/12/2008 - 00:43 h. 
"Onda Curta" emite este domingo A Revolta dos mouses, unha divertida e singular curta de animación en 3D dirixida por David Gen e producida por Theseus Films, que trata en ton de metáfora paródica a batalla desigual que se libra entre o mundo figurativo tradicional (representado por familiares trebellos de papelería), e a realidade virtual e dixital (representada polos terribles ratos de ordenador que todo o arrasan).
Poderase ver tamén unha das curtas premiadas na última edición do Festival Curtasnarede. Trátase de Galicia 2098, dirixida polo vigués Edu Pérez Lavandeira, e que prevé un futuro apocalíptico para a lingua galega, pois os seus falantes serán daquela pezas de museo.
A parte musical virá da man dun dos grupos galegos que están a arrasar, entre público e crítica, na escena independente española. Trátase dos galego -cataláns Manos de Topo, que presentan o seu novo vídeo musical "Es feo", digno sucesor do anterior vídeo musical: El Cartero, que xa se puido ver no programa e co que o seu realizador Kike Maíllo gañara os premios ao mellor vídeo musical no Festival Internacional de Cine de Málaga, e no Cinemad 07.
"Onda Curta" emite este domingo A Revolta dos mouses, unha divertida e singular curta de animación en 3D dirixida por David Gen e producida por Theseus Films, que trata en ton de metáfora paródica a batalla desigual que se lib...
 30/11/2008 - 00:34 h. 
"Onda Curta", o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe da directora ourensá Eva Quintas, Palíndromo, unha historia que como o seu propio nome indica, comeza igual que acaba. Ten como protagonista a nena Mariña Sampedro, acompañada no reparto por outros actores como o popular Luís Iglesia. ‘Palíndromo’ gañou dous premios na recente XVI Edición do Festival Gaztebideo de Gasteiz: o de mellor curtametraxe e o de mellor actriz para Mariña Sampedro.
Outra curta que se poderá ver no programa será Sulfato, do director de Vedra Abelardo Rendo. De Rendo xa se puido ver no programa a curtametraxe As Farolas, unha parodia sobre a política municipal galega en tempo preelectoral. Neste caso, Sulfato é un relato moito máis poético, a partir dun conto de Paula San Vicente, sobre os recordos de infancia e un agasallo para todas as nais do mundo.
"Onda Curta", o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe da directora ourensá Eva Quintas, Palíndromo, unha historia que como o seu propi...
 23/11/2008 - 00:42 h. 
Este domingo o programa da Galega "Onda Curta", que cada semana pretende dar a coñecer as novas promesas do audiovisual galego, emite a curtametraxe O Cazador, filme do pontevedrés Ángel Santos Touza, coa que se erixe nun dos creadores máis relevantes da nova produción audiovisual galega. O Cazador é unha arriscada película que pescuda no proceso de adaptación dunha obra literaria ao cinema, neste caso a de Anton Chejov O Cazador. O experimento resulta unha obra de enorme calidade, que a xuízo dalgúns críticos e expertos, constitúe un dos filmes máis importantes do cinema galego nos últimos anos grazas á ollada singular e ao pulso narrativo firme do director e ao traballo do cangués Lois Soaxe e da pontevedresa Marta Pazos.
Poderase ver tamén unha das pezas do traballo Nemo, de Ariadna Camiño e Miguel Mariño sitúan a varios pintores do país ante un lenzo en branco. Desta volta é a quenda do pintor coruñés Jorge Cabezas.
A parte musical virá da man dunha das bandas míticas do punk galego: os cangueses Soak, dos que recuperamos o vídeo musical Del Ganadero al Matadero, extraído do seu último disco Banda Armada.
Este domingo o programa da Galega "Onda Curta", que cada semana pretende dar a coñecer as novas promesas do audiovisual galego, emite a curtametraxe O Cazador, filme do pontevedrés Ángel Santos Touza, coa que se erixe nun dos creadores máis re...
 16/11/2008 - 00:47 h. 
"Onda Curta", o programa da Galega que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe "O máis rico (do cemiterio)", do vigués Jorge Fernández. Unha historia de intriga arredor do negocio da morte, co popular Avelino González como protagonista, e onde tamén aparecen en papeis secundarios rostros coñecidos como o de Luís Iglesia ou Anabel Gago.
O programa informará tamén do que aconteceu na entrega de premios da III edición do Festival Curtasnarede e máis na V Edición do Festival Acción! de Boiro, que este ano apostou decididamente polo audiovisual producido no propio concello. Ambos os dous eventos celebráronse a semana pasada.
Por último, a música virá da man de Apenino, o proxecto musical do compostelán residente en Vigo, Marco Maril. O clip será da canción “Días de Septiembre”, extraído do seu segundo disco Un Rayo de Sol.
"Onda Curta", o programa da Galega que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe "O máis rico (do cemiterio)", do vigués Jorge Fernández. Unha historia de intriga arredor do ne...
 09/11/2008 - 00:47 h. 
"Onda Curta", o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer as novas promesas do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Trazos, dirixida polo coruñés Simón Casal, de quen xa se puidera ver no programa a súa anterior curta Panta Rei. Trazos é unha historia que nos conta dun xeito orixinal diversos retallos da relación entre os personaxes interpretados polo actor de Guitiriz, Xosé Barato, e a ourensá Ruth Sabucedo. Unha historia de amor rodada entre Sada e a cidade do Porto que fala das casualidades e do destino.
O programa estivo tamén presente na V edición do Festival de Curtas Curtocircuíto, que se desenvolveu durante a semana pasada en Santiago de Compostela e que se consolida ano tras ano como un dos festivais importantes do Estado. Os espectadores terán ocasión de ver fragmentos das curtas gañadoras e de coñecer a algúns dos directores das obras premiadas.
Por último, a música terá o seu lugar grazas á emisión do vídeo musical "Cantos de Serea", de Magín Blanco e Burgas Beat. O autor da Rúa e o veterano grupo ourensán xuntáronse este ano para a edición do disco CLIC, do que se extrae o tema deste vídeo, realizado por PAI Música.
"Onda Curta", o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer as novas promesas do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Trazos, dirixida polo coruñés Simón Casal, de quen xa se puidera ver no progra...
 02/11/2008 - 00:36 h. 
'Onda Curta'emite desta volta o filme 'Automóbil', dirixido polo compostelán Andrés Victorero e con Xabier Estévez como protagonista, un fachendoso executivo que descubrirá o pouco que valen o seu diñeiro e o seu poder cando queda pechado no seu coche nun aparcadoiro solitario.
'Onda Curta'emite desta volta o filme 'Automóbil', dirixido polo compostelán Andrés Victorero e con Xabier Estévez como protagonista, un fachendoso executivo que descubrirá o pouco que valen o seu diñeiro e o seu poder cando queda pecha...
 26/10/2008 - 00:40 h. 
Este domingo, o programa 'Onda Curta' emite Jedn, documental do realizador arousán Marcos Nine que recupera a figura dun dos grandes personaxes do cine afeccionado galego dos anos 50 e 60: o coruñés José Ernesto Díaz Noriega, máis coñecida polas siglas do seu nome, JEDN.
O documental reivindica a figura deste pioneiro do cinema dun agudo sentido do humor a través dun 'collage' onde se mesturan documentos recuperados en diversas filmotecas e testemuños de distintos coñecedores da súa obra.
Do mesmo xeito o programa estivo na Mostra Internacional de Vídeo creación do condado (MÍVICO 2008), que tivo lugar a semana pasada na vila de Ponteareas. Repasará distintas actividades que tiveron lugar durante o festival, como a presentación da nova curtametraxe de Rubén Coca: Mínimo Común Múltiplo.
Por último, 'Onda Curta', aínda coa resaca do San Froilán, mostrará o último vídeo musical dun dos grupos míticos da recente escena musical luguesa: Holywater.
Este domingo, o programa 'Onda Curta' emite Jedn, documental do realizador arousán Marcos Nine que recupera a figura dun dos grandes personaxes do cine afeccionado galego dos anos 50 e 60: o coruñés José Ernesto Díaz Noriega, máis coñecida pol...
 19/10/2008 - 00:44 h. 
N/A
 12/10/2008 - 00:36 h. 
N/A
 05/10/2008 - 00:59 h. 
Este domingo o programa da Galega Onda curta viaxa á provincia ourensá para coñecer de primeira man as novidades no ámbito das curtametraxes e dos vídeos musicais.
No tocante ás curtas, ofrece a derradeira creación do director do Carballiño Pachi Baranda, Etcétera, unha historia que conta un momento en que se atopan dúas persoas descolgadas da sociedade, dous seres que simplemente non encaixan co patrón establecido.
Entre estes dous personaxes, interpretados por Iria Sobrado e Xosé Pérez, créase unha empatía despois de que Sendeiro (Xosé Pérez) convenza a Candela (Iria Sobrado) para que non cometa un erro na azotea dun edificio en obras.
No panorama musical, escoitarase o country sureño do ourensán MCarballo, que presenta o vídeo musical do seu tema "On your pillow", editado no seu primeiro álbum en solitario.
E seguirase pintando sobre o lenzo coa peza audiovisual da pintora Isabel Rei e coa música de Fanny&Alexander incluída no proxecto experimental NEMO (Novo Entretemento Móbil), de Ariadna Camiño e Miguel Mariño. Isabel Rei é unha pintora moi relacionada ao mundo das curtas, pois foi protagonista da varias veces premiada Madres, de Mario Iglesias.
Este domingo o programa da Galega Onda curta viaxa á provincia ourensá para coñecer de primeira man as novidades no ámbito das curtametraxes e dos vídeos musicais.
No tocante ás curtas, ofrece a derradeira creación do director do Carballi...
 28/09/2008 - 01:03 h. 
O domingo o programa da Galega Onda curta trae unha oferta luminosa e vibrante, coa estrea da curtametraxe Luz, de Antonio Paz, e o ritmo dos vigueses Rag Dog. O director Antonio Paz abre as persianas da casa para ver a un home que busca respostas cando nin sequera sabe se existe. Os actores Marta Larralde e Mighello Blanco dan vida a este drama que analiza as dificultades que teñen as persoas para facer fronte aos propios sentimentos.
Tamén se verá ao pintor Manel Cráneo pintar unha das dez pezas de vídeo incluídas na curtametraxe experimental NEMO (Novo Entretemento Móbil), de Miguel Mariño e Ariadna Camiño. No derradeiro programa da temporada pasada Onda curta xa emitira a peza de Elena Corredoira acompañada da música de Fanny+Alexander.
O rock vigués está máis forte ca nunca e boa mostra diso é o grupo Rag Dog, unha das maiores promesas do panorama musical nacional. É un dos grupos que actuou no mes de xullo no Rock in Río Madrid e espera o seu primeiro disco para finais de setembro.
O domingo o programa da Galega Onda curta trae unha oferta luminosa e vibrante, coa estrea da curtametraxe Luz, de Antonio Paz, e o ritmo dos vigueses Rag Dog. O director Antonio Paz abre as persianas da casa para ver a un home que busca respo...
 21/09/2008 - 01:35 h. 
O programa da Galega Onda curta estrea esta noite a súa cuarta temporada co obxectivo de seguir dando a coñecer as novidades principais no mundo da curtametraxe en Galicia. Os espectadores terán hoxe a oportunidade de ver a derradeira creación da directora Cecilia Perolio, Bilingüe, que pescuda nas dificultades que ten a súa protagonista, Helena, por manifestar o que sente por Diego, o seu novo compañeiro de piso. Ademais de entrevistar a súa directora, Onda curta conversará cos actores que dan vida aos protagonistas do filme: Arantza Vilar, Marcos Correa e Marta Pazos.
O programa tamén asistirá á rodaxe da curtametraxe gañadora do concurso de guións do festival compostelán Curtocircuíto, A princesa alegría. O espazo da TVG falará co seu director, Daniel Utrilla, quen na rodaxe conta coa experiencia do director galego Rubén Coca, para coñecer de primeira man as peculiaridades desta curta que se estreará o vindeiro mes de outubro.
No apartado musical tamén hai novidades. Onda curta comezará esta nova andaina co tema que está dando a coñecer aos vigueses The Blows: a canción "Sin city lies", incorporada no seu primeiro álbum Upskirts. O grupo olívico non só está avalado polo número de visitas ao seu Myspace ou pola súa longa listaxe de concertos, senón que xa se escoitan os seus temas ao outro lado do Atlántico.
O programa da Galega Onda curta estrea esta noite a súa cuarta temporada co obxectivo de seguir dando a coñecer as novidades principais no mundo da curtametraxe en Galicia. Os espectadores terán hoxe a oportunidade de ver a derradeira creación...
 14/09/2008 - 01:31 h. 
O domingo o programa Onda Curta pecha a súa terceira temporada para volver tras as vacacións de verán. Faino, coma sempre, coa emisión dalgunhas das mellores novidades do ámbito das curtametraxes e dos vídeos musicais.
Despois do éxito do seu primeiro documental social Os dous lados da valla, Diego Méndez volve botar man dos bonecos de plastilina para contar a historia das persoas que non teñen un fogar onde vivir. O documental de plastilina consolídase con esta obra, que acaba de gañar o premio á mellor curtametraxe de animación do Certame de Curtametraxe Social de Vigo deste ano.
Este domingo tamén vos invitamos a coñecer o Proxecto Nemo, de Miguel Mariño e Ariadna Camiño, unha curtametraxe composta de dez obras de arte en que dez pintores crean as súas obras e onde se utiliza a pintura e a música como medios de expresión. No programa do domingo emitimos a obra de Elena Corredoira acompañada da música de Fanny+Alexander.
A temporada despídese cos ritmos musicais de Chotokoeu, un grupo de rapaces da Coruña que nos presenta o seu vídeo musical Co paso do tempo. A súa música próxima ao folk parte dunha óptica galega para abordar distintos estilos musicais, dende o reggae ata a música de autor, pasando pola rumba, o flamenco ou o swing.
O domingo o programa Onda Curta pecha a súa terceira temporada para volver tras as vacacións de verán. Faino, coma sempre, coa emisión dalgunhas das mellores novidades do ámbito das curtametraxes e dos vídeos musicais.
Despois do éxito do...
 29/06/2008 - 02:09 h. 
O programa da Galega Onda curta emite o documental experimental Longo Sendeiro de Pedra, do santiagués Pablo Millán, que recibiu o máximo galardón na última edición do Worldfest de Houston. Deste xeito pasou a engrosar a lista de gañadores do cobizado "Grand Remi", un premio que conta cun gran nivel de galardoados ao longo da súa historia, entre os que se atopan Walter Hill na edición de 2007 e Ridley Scott.
Esta curta fai un percorrido polos monumentos, oficios, xogos, paisaxes, tradicións, mitoloxía e poesía de Galicia coa pedra como eixe vertebrado e recolle imaxes e sons de distintos lugares galegos. Este domingo tamén teremos a oportunidade de coñecer as peculiaridades do Festival Shoot me da Haia en Holanda que, coma o festival galego de Cans, emite curtas en espazos non convencionais: barcos, bancos, sex shop ou o metro. A directora do festival Jolinde Den Haas estivo en Cans e acordou cos seus organizadores artellar unha asociación de festivais das mesmas características: o Anywhere Cinema. Ademais, o festival holandés celébrase precisamente esta fin de semana.
Chega o verán e con el o festival Curtocircuíto en Compostela. Míriam Rodríguez, responsable de prensa do festival, fala das novidades e o programa da V Edición que terá lugar a partir do verán.
O toque musical do programa é cousa do pontevedrés Projecto Mourente co vídeo musical do seu tema Os piores inimigos.
O programa da Galega Onda curta emite o documental experimental Longo Sendeiro de Pedra, do santiagués Pablo Millán, que recibiu o máximo galardón na última edición do Worldfest de Houston. Deste xeito pasou a engrosar a lista de gañadores do...
 22/06/2008 - 01:33 h. 
Este domingo Onda Curta cumpre 100 programas e celébrao cun programa especial en que fará un percorrido histórico por estes dous anos e medio nos que se puideron ver nada menos que 172 curtas galegas diferentes, entre elas 41 de animación, un sector cada día máis potente en Galicia, e 12 documentais. Ademais puidéronse ver os vídeos musicais de 95 grupos galegos de música, que demostran o momento espectacular de emerxencia da música no noso país.
O programa quixo celebrar data tan especial cos seus amigos, así que unha chea de compañeiros do audiovisual e da música deixarannos os seus parabéns co desexo de que estes 100 programas poidan ser outros cen, douscentos, mil ou un millón máis que sirvan como xanela para que o público descubra os novos valores do cine galego.
Este domingo Onda Curta cumpre 100 programas e celébrao cun programa especial en que fará un percorrido histórico por estes dous anos e medio nos que se puideron ver nada menos que 172 curtas galegas diferentes, entre elas 41 de animación, un ...
 15/06/2008 - 02:06 h. 
Este domingo, o programa da Galega Onda Curta emite unha das obras mestras da recente produción audiovisual galega. Trátase da curtametraxe Cousas do Kulechov, da realizadora pontevedresa Susana Rei. A través da montaxe, e con imaxes recollidas por todo o territorio galego nos últimos anos, consegue convencernos de que Galicia foi invadida e que está a vivir unha guerra terrible. Esta curta acaparou numerosos premios dentro e fóra do territorio nacional.
Ademais, outra curta que poderemos ver será Límite 12 Horas, do realizador da Illa de Arousa Marcos Nine. Esta curta naceu co gallo do concurso "A toda Mecha" de Ribadeo que esixía facer unha curta no tempo que durase o Festival. Nine conségueo con moito humor.
Por último, humor tampouco lles falta aos ourensáns Lamatumbá, que con nova formación, están a presentar o seu último disco Paraugas Universal. Dese disco extráese a vídeo creación da canción Camiños, que nos ofrece a posibilidade de ver cantar e bailar a un clásico da nosa televisión: Santiago Pemán.
Este domingo, o programa da Galega Onda Curta emite unha das obras mestras da recente produción audiovisual galega. Trátase da curtametraxe Cousas do Kulechov, da realizadora pontevedresa Susana Rei. A través da montaxe, e con imaxes recollida...
 08/06/2008 - 01:30 h. 
Este domingo o programa Onda Curta da Galega emite en exclusiva a curtametraxe Canción sen Emoción, do novo director vigués David Pardo. Unha historia, roldada entre Vigo e Santiago, sobre o amor, a través de dúas historias paralelas. A primeira, interpretada por Xosé Barato e Adela Somoza, e a segunda, con Rocío González e Xosé M. Esperante.
AdemaisOnda Curta trae toda a información do que aconteceu na quinta edición do Festival de Curtas de Cans, no concello do Porriño, unha cita que se converteu xa en ineludible para os amantes do cine de Galicia. Curtas e moita festa nun festival que medra cada ano que pasa e polo que este ano puidemos ver entre outros a Juanma Bajo Ulloa ou ao candidato aos Óscar, Nacho Vigalondo.
Por último, o programa péchase co último vídeo musical dun dos grupos máis potentes da escena musical coruñesa na actualidade. Trátase de Meu, que acaba de editar o seu segundo traballo: Did you hear? do que fixeron o vídeo musical Make it worst, ilustrado cuns fermosos debuxos de Manel Cráneo.
Este domingo o programa Onda Curta da Galega emite en exclusiva a curtametraxe Canción sen Emoción, do novo director vigués David Pardo. Unha historia, roldada entre Vigo e Santiago, sobre o amor, a través de dúas historias paralelas. A primei...
 01/06/2008 - 01:38 h. 
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe Ecos, un proxecto que xurde en 2006 da inquedanza de Rubén Coca por mostrar as diferentes situacións do ser humano como individuo ante a soidade e das reaccións que cadaquén ten ante a vida real, a morte e o mundo dos soños como camiño de liberación persoal. Trátase dun exercicio multidisciplinar: animación, vídeo creación, vídeo musical, etcétera, mestúranse nun proxecto, no que o realizador ferrolán quixo compartir experiencia co arxentino Álex García e con Álvaro León, e polo que foi candidato na pasada edición dos Mestre Mateo na categoría de mellor curta experimental ou interactiva, cuxo premio levou finalmente Susana Rei coas Cousas do Kulechov.
Outro proxecto peculiar que se poderá ver no programa deste domingo é Pinzas, experiencia de animación con pinzas, si, con ese obxecto que se utiliza para colgar a roupa, obra de dous populares clowns residentes en Barcelona: o lugués Marcos PTT e o seu compañeiro Ezra Moreno, tamén coñecidos como O retrete de Dorian Gray.
A música virá da man de Franc3s, un grupo formado por María e Alberto de Carballo e Patuki de Vilalba. Cun estilo post-punk na liña do shoegaze, estrean o vídeo creación: Como un caracol entre lobos. Franc3s levan unha carreira imparable desde que quedaran quintos no Proxecto Demo do FIB de Benicássim, entre máis de 1.200 grupos, e foron os encargados de abrir a última edición do Festival do Norte de Vilagarcía, que tivo lugar a pasada fin de semana.
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe Ecos, un proxecto que xurde en 2006 da inquedanza de Rubén Coca por mostrar as diferentes situacións do ser humano como individuo ante a soidade e das reaccións que cadaquén ten ante a vida real, a ...
 25/05/2008 - 01:57 h. 
O programa Onda Curta da Televisión de Galicia estrea este domingo a agardada nova curtametraxe de Fernando Cortizo, Leo. Trátase dunha historia de animación con bonecos de plastilina, coa particularidade de que os bonecos teñen os trazos físicos dos actores que lles poñen a voz: Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira Pico e Ernesto Chao. Leo é unha fermosa historia sobre un ventrílocuo na decadencia da súa carreira e o seu novo e ambicioso axudante e aprendiz, ambientado nun Lugo recreado espectacularmente grazas á mestría na creación de decorados. Con esta curta o autor Fernando Cortizo quixo homenaxear a cidade das murallas e en particular o antigo Gran Teatro, hai poucos anos derrubado por mor de intereses urbanísticos.
Aproveitando esta estrea, o programa ofrece tamén a anterior curta do director de Ribeira. Trátase do Ladrón de Bonecas, unha historia de misterio, tamén con bonecos de plastilina, ambientada na Compostela de principios de século.
A música virá da man dun grupo da Coruña: Combo Dinamo, formado por tres ex-membros da mítica banda coruñesa The Mistakens, e que co seu primeiro traballo: Decencia y buen gusto, está a ter magníficas críticas en toda España, salientando ter sido escollido como disco da semana no programa Satelitres de Radio 3. Emitirase a vídeo creación da canción "Más de lo mismo", realizada polo realizador do Courel Héctor Diéguez e o arxentino Pablo Goluboff.
O programa Onda Curta da Televisión de Galicia estrea este domingo a agardada nova curtametraxe de Fernando Cortizo, Leo. Trátase dunha historia de animación con bonecos de plastilina, coa particularidade de que os bonecos teñen os trazos físi...
 18/05/2008 - 00:31 h. 
O programa da Galega que cada domingo á noite procura dar a coñecer o máis innovador do panorama audiovisual galego emite desta volta a curtametraxe Perversa Lola, debut na dirección da ata agora máis coñecida como actriz Sonia Méndez (podemos vela na longametraxe Rafael ou na serie Os Atlánticos), e que conta a curiosa historia de Lola, unha muller, interpretada por Nuria Sanz, que levou moi mal a separación de seu marido polo que decide iniciar con el, Xabier Deive, un xogo perverso.
Poderemos ver tamén a curta Cores, do compostelán Jairo Iglesias, roldada en Boiro, en segunda emisión no programa despois de que nas últimas fins de semana acumulara os Premios do Público nos Festivais de Curtas de Redondela e Sada. Cores é unha historia ambientada na Guerra Civil, con Vicente de Souza e Alberto Rolán como protagonistas.
Como colofón, estrea en exclusiva da última vídeo creación dos "reis do power pop" galego, os composteláns The Homens. Trátase do vídeo da canción "Calamar", correspondente ao primeiro LP do grupo Tres, e que vén cun panciño debaixo do brazo pois foi finalista no prestixioso Festival Internacional de vídeos musicais Musiclip de Barcelona.
O programa da Galega que cada domingo á noite procura dar a coñecer o máis innovador do panorama audiovisual galego emite desta volta a curtametraxe Perversa Lola, debut na dirección da ata agora máis coñecida como actriz Sonia Méndez (podemos vela n...
 11/05/2008 - 01:46 h. 
Este domingo, o programa de Televisión de Galicia Onda Curta, que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite a curtametraxe Indixente, documental do realizador vigués Miguel Ángel Romero, que conta a historia e o día a día de tres homes condenados a vivir na rúa no contorno da viguesa Praza de Compostela. Miguel Ángel Romero é un dos representantes máis interesantes do documental independente en Galicia, e acumula unha chea de documentais en que os protagonistas principais son os habitantes da cidade viguesa.
Tamén vigués é o realizador Edu P. Lavandeira, director da curta de catro minutos Maitines, que tamén se poderá ver no programa.
O programa non quixo faltar á entrega de premios da cuarta edición do Festival de Curtas Redondela en Curto, na vila pontevedresa. Esta edición tivo unha grande afluencia de público e os dous premios principais foron: Premio do Xurado para a curta Dente por ollo do noruegués Elvind Holmboe, e o Premio do Público para unha curta que xa se puido ver no programa: Cores, do realizador santiagués Jairo Iglesias.
A parte musical virá da man dun grupo compostelán de Metal: Kathaarsys. Pouco coñecidos en Galicia, teñen porén unha chea de seguidores alén das nosas fronteiras e moitas visitas en MySpace. Presentan a vídeo creación do tema "...And all my existence in vain", do seu segundo disco Verses in vain.
Este domingo, o programa de Televisión de Galicia Onda Curta, que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite a curtametraxe Indixente, documental do realizador vigués Miguel Ángel Romero, que conta a hist...
 04/05/2008 - 01:42 h. 
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual Galego, emite desta volta a curtametraxe A Torre Sábeo, dirixida por Germán Tejada, unha das catro curtas que conforman o proxecto colectivo Historias dunha Torre, pois é a Torre de Hércules o elemento de unión das catro historias, e do que xa se puideron ver previamente no programa as curtas Entorrados e Polo amor de Deus. Neste caso, A Torre Sábeo é un "thriller" debedor, segundo o seu director e realizador do guión, das "historias para televisión de Alfred Hitchcok". O argumento: un mozo celebra cos seus amigos o seu recente ascenso a director dunha sucursal bancaria. A celebración pode acabar converténdose nun terrible pesadelo. Nos papeis principais: Alejandro Albaiceta, Belén Dablanca e Juanma Tinaquero.
Emitirase tamén Somnium, unha vídeo creación do director de Boiro Toño Chouza, quen con esta curta gañou o primeiro premio no Festival Acción de Boiro 2007 e tivo un notable éxito de descargas na edición pasada do notodofilmfest. Ao final, unha suxestiva e fermosa homenaxe do autor á súa avoa Matilde.
O apartado musical permitiranos coñecer a unha nova banda de rock en galego que chega de Cerceda: Machina, que acaba de sacar o EP Acouga, do que se extrae o vídeo musical Quéimame.
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual Galego, emite desta volta a curtametraxe A Torre Sábeo, dirixida por Germán Tejada, unha das catro curtas que conforman o p...
 27/04/2008 - 01:52 h. 
O programa Onda Curta estivo este martes pasado en Ferrol na Gala dos Premios Mestre Mateo para dar conta dos gañadores nas distintas categorías de curtametraxes. Sendo así era inevitable non proxectar as dúas gañadoras: en animación: A Flor máis grande do Mundo do compostelán Juan Pablo Etcheverry e producida pola división de animación de Continental: animación en plastilina sobre fondos ilustrados por Diego Mallo a partir dun relato orixinal do nobel de literatura portugués José Saramago, quen participou activamente nesta adaptación poñendo a súa voz como narrador do relato.
Pola súa parte, na categoría de ficción, o gran gañador foi Rubén Riós, o popular actor (coñecido pola serie Libro de Familia ou pola longametraxe Pradolongo) quen se estreaba na dirección con esta historia ambientada en Edrada aldea da montaña ourensá, contando unha historia en que o drama e o fantástico se dan a man cun elenco onde participan entre outros o propio Rubén Riós, César Cambeiro, Mela Casal, Álex Neira, Mariana Carballal ou Elina Luaces.
Farase mención tamén a Cousas do Kulechov, da pontevedresa Susana Rei, que obtivo o Mestre Mateo na singular categoría de Obra Experimental ou Interactiva.
Por último, a música virá da man dun dos grupos míticos do rock en galego: os composteláns Ruxe Ruxe, que presentan a súa última vídeo creación: Xigantes, pertencente ao seu último traballo do mesmo nome.
O programa Onda Curta estivo este martes pasado en Ferrol na Gala dos Premios Mestre Mateo para dar conta dos gañadores nas distintas categorías de curtametraxes. Sendo así era inevitable non proxectar as dúas gañadoras: en animación: A Flor m...
 20/04/2008 - 01:34 h. 
O vídeo musical é un dos xéneros en auxe no audiovisual galego e dá a medida ademais, da poderosa emerxencia de grupos de todos os estilos na escena musical galega, máis vizosa que nunca. Por iso Onda Curta quere celebralo cun novo especial dedicado ao vídeo musical. Estarán Cornelius-Fool Forever, de Vilagarcía, que se asentan como unha das bandas principais de funk do país despois do seu último traballo discográfico Greatest Hits. Algo parecido se pode dicir dos Phantom Club, grupo formado por músicos de Vigo e Tui, que acaba de editar novo traballo Funksiona, un funki contundente e alegre que converte os Phantom nun dos grupos revelación da temporada.
Pasarase un bo momento tamén co provocador vídeo duns punkis da Estrada Os Esquíos, extraído do seu último disco: Tipo Normal. Pacífico, un grupo pop conformado por músicos veteranos procedentes das bandas máis míticas da escena musical viguesa, está chamado a dar o salto ás listas de éxitos do Estado despois da edición do seu disco: Radiografía de un soñador.
Inclúese neste programa a Álex Marzoa, curtametraxista vigués, autor de Temporada 92-93, unha das curtas galegas máis premiadas nos últimos anos, e a Rafa de los Arcos, a parte galega do cuarteto galego-catalán Manos de Topo, que está a arrasar na escena indie.
Completan esta edición, Triángulo de amor bizarro, trío de Boiro e un dos grandes protagonistas da escena indie española; The Ellas, grupo liderado por Luís Tosar, que fai versións de clásicos do rock interpretados por mulleres, e Ataque Escampe, banda santiaguesa de rock de serie B, que estrea en exclusiva o seu primeiro vídeo.
O vídeo musical é un dos xéneros en auxe no audiovisual galego e dá a medida ademais, da poderosa emerxencia de grupos de todos os estilos na escena musical galega, máis vizosa que nunca. Por iso Onda Curta quere celebralo cun novo especial de...
 13/04/2008 - 01:50 h. 
Onda Curta, o programa da Galega que cada domingo dá a coñecer o máis novo do audiovisual galego, emitirá este domingo unha das curtas candidatas aos Mestre Mateo de animación: Don Señor e o home do soño, dirixida polo vigués Nacho Abia. Unha curta plasticamente fascinante, cun personaxe de papel a desenvolverse nun mundo en 3D, nunha parábola sobre os desacougos da condición humana.
Teremos ocasión de ver tamén 1936. Ribadeo, dirixida polo compostelán Jairo Iglesias. Unha historia rodada en Ribadeo, ambientada durante a Guerra Civil e interpretada nos seus dous personaxes principais por Xosé Barato e Xaquín Domínguez.
A música virá da man dun grupo compostelán, Hyde Casino, que vén de debutar cun primeiro traballo realmente prometedor, Meeting Point. O clip realizouno a produtora compostelá Artefacto, e de feito aproveita fragmentos da curta de Fernando Cortizo, O ladrón de Bonecas, que xa se puido ver no programa e que conta a historia dun peculiar Dr.Hyde santiagués.
Onda Curta, o programa da Galega que cada domingo dá a coñecer o máis novo do audiovisual galego, emitirá este domingo unha das curtas candidatas aos Mestre Mateo de animación: Don Señor e o home do soño, dirixida polo vigués Nacho Abia. Unha ...
 06/04/2008 - 01:34 h. 
Onda Curta emite este domingo a obra de Lara Bacelo Territorios (I), vídeo creación realizado na feira da localidade ourensá de Vilanova dos Infantes e que retrata desde a montaxe e a visión singular da súa autora a tensión ou convivir entre tradición e modernidade.
Ademais recupérase unha curtametraxe de Quique Otero, Os Crebinsky, que ao xeito do cine mudo conta unha historia de crebas na costa da morte cos actores Miguel de Lira e Marcos PTT como protagonistas.
O programa estivo tamén no obradoiro de realización de documentais que ten lugar todos os anos na vila pontevedresa de Tui, no transcurso do cada vez máis consolidado festival de curtametraxes Play-Doc.
A música pona un dos grupos máis potentes da escena galega: Cornelius. Os de Vilagarcía son outro dos fitos que emerxen no eido do funk galego e a súa sona lévaos a actuar nas salas máis míticas do Estado español e a seren finalistas no histórico concurso musical Villa de Bilbao que se celebrará a finais do mes que vén.
Onda Curta emite este domingo a obra de Lara Bacelo Territorios (I), vídeo creación realizado na feira da localidade ourensá de Vilanova dos Infantes e que retrata desde a montaxe e a visión singular da súa autora a tensión ou convivir entre t...
 30/03/2008 - 02:07 h. 
N/A
 23/03/2008 - 01:28 h. 
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe do vigués José Angel Regueiro, Van de Sobra. Todo un personaxe. Unha homenaxe ao mundo do cómic a través dunha serie de personaxes arquetípicos da banda deseñada clásica: o detective privado, o científico tolo, o criado chepudo, etcétera, e cun elenco en que se poderán recoñecer entre outros actores como Evaristo Calvo, Morris, Alfredo Rodríguez, Iria Pinheiro ou Suso Cortegoso. Produce Ficción Producións.
Ademais será a ocasión de ver a arriscada curta do viveirense Miguel Abad: Pasa-lo tempo. Un documental de ficción que pescuda sobre as complexidades da condición humana a través das reflexións do propio autor e narrador.
A música virá da man dun dos grupos galegos máis importantes da escena musical española na actualidade. Trátase de Triángulo de Amor Bizarro, o trío de Boiro residente na Coruña que presenta o vídeo musical: "El Crimen: cómo ocurre y cómo remediarlo".
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe do vigués José Angel Regueiro, Van de Sobra. Todo un personaxe. Unha homenaxe ao mundo do cómic a través dunha serie de personaxes arquetípicos da banda deseñada clásica: o detective privado, o cien...
 16/03/2008 - 01:54 h. 
N/A
 09/03/2008 - 01:15 h. 
Onda Curta, o programa da Galega que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe Norutol, vía oral dirixida polos ourensáns Martín Cañedo e José Manuel Vázquez. Unha divertida peripecia por diversos xéneros de final inesperado cun elenco encabezado por Pilar Pereira, Blanca Cendán, Vicente de Souza e o mozo Carlos Fernández.
Ademais o programa recupera unha divertida curta que xa fora emitida nos albores do programa: A Crise da Pesca, de Omar Rabuñal e Luís Usón, que volven fornecerse dos seus actores fetiche: Suso Lista e Coviñas, ambos os dous mariñeiros de Corme, para outra historia disparatada e de final sorprendente.
Por último, a música virá da man dun dos grupos do momento: os vigueses Pacífico, que presentan o vídeo musical do seu sinxelo: "Las Horas", extraído do seu ultimo traballo discográfico: Radiografía de un soñador.
Onda Curta, o programa da Galega que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe Norutol, vía oral dirixida polos ourensáns Martín Cañedo e José Manuel Vázquez. Unha dive...
 02/03/2008 - 01:31 h. 
Este domingo en Onda Curta poderase ver a curtametraxe O Hospital do novo realizador compostelán Iván Seoane. A curta mestura acción e terror nunha desacougante historia gravada integramente no abandonado hospital vello de Galeras en Santiago de Compostela, e conta cun elenco de luxo con Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras, José Barato e Antonio Durán, Morris.
Nun rexistro diferente sitúase a outra curta que se poderá ver no programa: Emancipados, dirixida por Diego Basadre e con Xulio Abonjo e Ze Paredes de protagonistas. Trátase da divertida odisea de dous estudantes que pretenden poñer en marcha unha maldita lavadora.
A música virá da man do grupo compostelán Fannyalexander, co vídeo musical do seu tema "Danzarei para ti", do seu último disco Finais dos 70 s principios dos 80.
Este domingo en Onda Curta poderase ver a curtametraxe O Hospital do novo realizador compostelán Iván Seoane. A curta mestura acción e terror nunha desacougante historia gravada integramente no abandonado hospital vello de Galeras en Santiago ...
 24/02/2008 - 01:28 h. 
Miguel Ángel Romero é o director da curtametraxe documental Pilar e Alicia, a historia de dúas mulleres anciás no barrio vello de Vigo ameazadas pola intensa especulación urbanística no seu barrio mentres que as súas casas se viñan abaixo, e que xa se puido ver en Onda Curta a principios do mes pasado de decembro. Da historia dunha destas mulleres, Pilar, xa falecida, inspirouse Miguel Ángel Romero para roldar esta curta de ficción: Berros. Roldada dun xeito case documental, de estética totalmente verosímil, a curta acaba derivando de xeito abraiante nun desenlace propio dun filme de terror, terror que poderiamos rebautizar como terror inmobiliario.
Desconcertante é tamén a outra curta que se poderá ver no programa: A xinecóloga, dirixida polo coruñés Alfonso Camarero. A curta conta a historia dunha xinecóloga, interpretada por Camila Bossa, que ten que atender un día unha inesperada paciente: un adolescente interpretado por Esteban Yáñez.
A música virá da man do grupo de punk-rock da Estrada Os Esquíos, que gravaron o vídeo musical "Ondas Venenosas", a partir do tema pertencente ao seu último disco Tipo Normal.
Por último, o programa estivo o martes pasado na presentación da terceira edición do concurso Curtasnarede, promovido desde o Consello da Xuventude de Galicia, polo que nunha reportaxe intentaranse dar a coñecer as principais novidades da edición deste ano.
Miguel Ángel Romero é o director da curtametraxe documental Pilar e Alicia, a historia de dúas mulleres anciás no barrio vello de Vigo ameazadas pola intensa especulación urbanística no seu barrio mentres que as súas casas se viñan abaixo, e que xa s...
 17/02/2008 - 01:50 h. 
"Polo amor de Deus", unha curta integrada no proxecto colectivo "Historias dunha Torre", do que xa se puido ver no programa "Entorrados", é unha curtametraxe de Javier Cea que pretende contarnos a historia do amor, e das relacións sentimentais a través de tres parellas diferentes. A curta conta con un elenco entre o que salientan actores novos galegos como Germán Gundín, David Perdomo ou a popular Sara Casasnovas ("Amar en tiempos revueltos").
Pódese ver tamén "O gaiteiro toca", unha divertida comedia de apenas tres minutos realizada polo compostelán Andrés Victorero e co gaiteiro Manu Abraldes e o actor Fernando Morán como protagonistas.
Do mesmo xeito, pódese ver o vídeo musical "El himno de la bala", dun dos grupos galegos máis de moda: Triángulo de Amor Bizarro, cuxo último disco acaba de ser considerado o mellor de 2007 segundo os lectores da revista musical Sono-tome.
Nunha reportaxe coñeceranse casos diferentes de rapaces que traballan no eido da parodia e que atopan na rede unha vía de difusión dos seus traballos.
"Polo amor de Deus", unha curta integrada no proxecto colectivo "Historias dunha Torre", do que xa se puido ver no programa "Entorrados", é unha curtametraxe de Javier Cea que pretende contarnos a historia do amor, e das...
 10/02/2008 - 02:04 h. 
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe "O ataque dos Kriters asasinos" producida pola empresa coruñesa IB Cinema e dirixida por un dos mellores animadores do Estado, o valenciano Sam Ortí. Cunha animación en plastilina divertida e caricaturesca que lembra o estilo dos estudos Aardman (creadores dos míticos personaxes de Wallace & Groomit) para quen traballou o propio Sam, conta a historia de Luísa, unha ama de casa que se debate entre limpar a casa ante a inminente visita de súa sogra, ou estomballarse no sofá para ver o maratón da súa telenovela favorita. A decisión que tome finalmente fará que aparezan uns estraños personaxes: os kriters.
Nun plano moi diferente sitúase a curta de cinco minutos: Cores, que tamén se poderá ver no programa. Neste caso trátase dunha curta roldada en Boiro, no marco do Festival Acción! polo novísimo director compostelán Jairo Iglesias (precoz gañador do Mestre Mateo coa súa curta Cicatrices). Unha historia ambientada na Guerra Civil española.
Do mesmo xeito teremos oportunidade de asistir á rodaxe da primeira curta galega de vampiros: Santiago de sangue, producida por Perro Verde e dirixida por Fran Calvelo, que conta como protagonistas co madrileño Eloy Azorín e a actriz de Tordoia Sheila Fariña, ademais de ver o vídeo musical do grupo de funk de Vigo Phantom Club, que acaba de sacar novo disco: Funksiona.
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe "O ataque dos Kriters asasinos" producida pola empresa coruñesa IB Cinema e dirixida por un dos mellores animadores do Estado, o valenciano Sam Ortí. Cunha animación en plastilina divertid...
 03/02/2008 - 01:58 h. 
Este domingo Onda Curta adiántase á gala dos Goya da vindeira semana ofrecendo as dúas curtametraxes galegas candidatas na categoría de mellor curtametraxe de animación. Trátase, por unha banda, de "O bufón e a infanta" do cambadés Juan Galiñanes, producida pola empresa da Coruña Dygra Films; unha historia que acontece no interior do Museo do Prado e que conta como protagonistas con dous personaxes de cadros de Velázquez.
Por outra banda, veremos tamén a curtametraxe "A Flor máis grande do mundo", do compostelán Juan Pablo Etcheverry e producida pola división de animación de Continental. Unha adaptación do conto homónimo de José Saramago e que conta coa colaboración do propio nobel portugués na condición de narrador e do popular Emilio Aragón como compositor da banda sonora.
Outros dous candidatos aos Goya foron Luís Tosar e Piti Sanz na categoría de Mellor Canción Orixinal. A candidatura retiráronllela aos dous días alegando que o tema non era efectivamente orixinal. A acusación é falsa mais a Tosar e Piti Sanz non lles deron oportunidade de recorrer. Por iso o programa pretende desagravialos coa estrea en Galicia do vídeo musical do seu grupo The Ellas: My name is Luca.
Este domingo Onda Curta adiántase á gala dos Goya da vindeira semana ofrecendo as dúas curtametraxes galegas candidatas na categoría de mellor curtametraxe de animación. Trátase, por unha banda, de "O bufón e a infanta" do cambadés J...
 27/01/2008 - 01:38 h. 
Hoxe á noite poderemos ver en Onda Curta a estrea en televisión da curta Historia da arte, gañadora do Premio ao mellor guión no Festival Curtocircuíto de Santiago. En 12 minutos Javier Batanero opón dúas realidades diferentes, a arte contemporánea e a vida das clases sociais máis modestas; con Fely Manzano, Vicente Montoto, Luís Tosar, Luís Zahera, Lino Braxe e o propio Batanero como protagonistas.
O coruñés Omar Rabuñal presenta a súa curta A morte ten un prezo (200 euros), onde poderemos ver a parella de actores Suso Lista e Manolo Cobiñas traballando de enterradores. Esta curta foi realizada expresamente para a última edición do Festival Acción! de Boiro.
Por outro lado, unha reportaxe sobre a VII Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán. Mª Dolores Oruezabala, coordinadora da Mostra e membro da Xunta Directiva desta institución contaranos como se embarcou no proxecto e falaremos con dous ferroláns devotos desta mostra: Rubén Coca e Peque Varela.
Para rematar, NARF presenta un tema do seu último disco Totem. Onda Curta emite a estrea do ultimo vídeo musical do santiagués Fran Pérez, realizado por Xavier Belho, en que poderemos ver unha colaboración especial do popular actor Víctor Mosqueira.
Hoxe á noite poderemos ver en Onda Curta a estrea en televisión da curta Historia da arte, gañadora do Premio ao mellor guión no Festival Curtocircuíto de Santiago. En 12 minutos Javier Batanero opón dúas realidades diferentes, a arte contempo...
 20/01/2008 - 01:21 h. 
Onda Curta, o programa da TVG que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite esta noite un interesante documental histórico do xornalista coruñés Óscar Losada, Irene a Porteira, a historia dunha muller que entre os anos 20 e 30 destacou na Coruña por ser porteira de fútbol en equipos de homes e que mesmo chegou a ter o seu propio equipo: o Irene F.C. Unha lenda coruñesa da que apenas queda documentación gráfica ou escrita, pero si a memoria de quen a coñeceron. O documental conta cos testemuños de persoas senlleiras relacionadas co deporte coruñés como o mítico ex-porteiro do Deportivo Rodrigo Vizoso, o historiador Xosé Enrique Acuña ou a xornalista e ex-futbolista Lis Franco.
Os espectadores poderán ver tamén Gústache construír?, un novo microfundismo do director de Ortigueira Quique Otero. Os microfundismos son pequenas pezas que afondan na idiosincrasia peculiar do pobo galego. Neste caso, o afán construtivo dos seus habitantes exprésase en dous planos: o microconstrutor e o macroconstrutor.
A música virá da man dun grupo de rockabilly da Coruña: The Loveless Cousins, banda dos curmáns Néstor e Quique Pardo.
Onda Curta, o programa da TVG que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite esta noite un interesante documental histórico do xornalista coruñés Óscar Losada, Irene a Porteira, a historia dunha muller qu...
 13/01/2008 - 01:18 h. 
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos valores do noso audiovisual, emite desta volta a curtametraxe Auga, dirixida polo vigués Xosé Antón Perozo, Ozo. Unha desacougante curtametraxe de claustrofobia co actor lugués Marcos PTT como protagonista, que conta a historia dun home que pretende roubar un coche sen decatarse das terribles consecuencias que pode ter a súa acción.
Noutra clave diferente sitúase Encontros na terceira idade, do autor de Marín, Carlos Prado Pampín, quen pon a súa avoa Amalia Touriño como protagonista desta divertida historia sobre os misterios da rede para as persoas da terceira idade.
Do Porriño é o grupo Warnjan , que presenta no programa o vídeo musical Mary, realizado por Iago Fernández xunto con alumnos da Facultade de Publicidade de Pontevedra, e que forma parte da súa maqueta Sombras.

Por último, o programa pasou polo Morrazo, en concreto por Cangas, para asistir á entrega de premios GZCREA 2007. Coñeceremos algo máis sobre os gañadores na categoría de Audiovisual (Helena Louro, 3º premio por Sinfonía humana; Raúl García e Martina Pérez, 2º premio por O crilo; e Sabela Pernas e Nuria Castro, 1º premio por Ciclo Combinado) e Música (1º Premio para os santiagueses Ataque Escampe).

Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os novos valores do noso audiovisual, emite desta volta a curtametraxe Auga, dirixida polo vigués Xosé Antón Perozo, Ozo. Unha desacougante curtame...
 06/01/2008 - 01:26 h. 
Onda Curta despide o ano cun especial sobre vídeos musicais galegos. Repasaranse algúns dos mellores vídeos que se puideron ver ao longo dos 75 programas de Onda Curta emitidos ata o de agora, elaborando finalmente unha escolma que representa o bo estado de saúde da música do noso país.
Así poderanse ver: Girls, girls, girls, de Quant, un dos grupos xurdidos en Ferrol nos últimos anos, que realiza un pop de melodías pegadizas en inglés e un dos vídeos esteticamente máis alucinantes que se puideron ver ata agora no programa, realizado por Álvaro León e o baixista do grupo Rubén Coca; Tú y cuantos como tú, de Nadadora (O Grove), un dos grupos galegos con maior repercusión hoxe en día alén do Miño e do Padornelo; Quero ser tambor, de Narf, co santiagués Fran Pérez, ex da Psicofónica de Conxo, e un dos artistas galegos máis singulares na actualidade, enmarcado no ámbito lusófono; Astro, de Ectoplasma (Vigo), que arrasou o ano pasado no Felipop de ilustres do pop galego como o cantante Nico Pastoriza ou o guitarrista e realizador do vídeo Paco Serén, ex dos Piratas; Wretch wash your hair, de Meu (A Coruña), outro dos grupos galegos que empeza a petar cada vez con máis forza polo mundo adiante, con compoñentes veteranos de míticas bandas da escena coruñesa como Elephant Band ou Deluxe.
Onda Curta despide o ano cun especial sobre vídeos musicais galegos. Repasaranse algúns dos mellores vídeos que se puideron ver ao longo dos 75 programas de Onda Curta emitidos ata o de agora, elaborando finalmente unha escolma que repr...
 30/12/2007 - 01:52 h. 
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego emite este domingo a curtametraxe Mala Herba, do santiagués Mariano Casas, que adapta ao cine o seu cómic homónimo, unha historia na que a "herba" determina a vida de tres personaxes, unha metáfora sobre o choque entre o urbano e o rural, que protagonizan Sebasanxo Rozas, Ana Elisa Piñeiro e Recaredo Vega, e cunha fermosa banda sonora de Carlos Fernández.
Poderase ver tamén Notamotof, breve curta dirixida polo ferrolán Rubén Coca, de grande éxito por Europa adiante e que conta cun reparto encabezado pola popular Ruth Núñez, coñecida polo seu personaxe de Bea na serie "Yo soy Bea".
Ademais, unha reportaxe sobre o Festival de Noia, que tivo lugar recentemente, para coñecer as curtas gañadoras e un vídeo musical dun dos grupos de moda no país: os santiagueses Fanny Alexander, que presentan o seu video musical "Amei-te tanto", pop electrónico para acompañar un poema da cullerdense Pilar Pallarés.
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego emite este domingo a curtametraxe Mala Herba, do santiagués Mariano Casas, que adapta ao cine o seu cómic homónimo, unha historia...
 23/12/2007 - 01:43 h. 
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer os valores principais do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Domingo hai Cocido, dirixida polo realizador de Matamá (Vigo), Carlos Davila. Unha xornada da súa avoa facendo un cocido convértese nunha peza estimulante entre o vídeo musical, o documental e o gore, de estimulante acabado estético e beleza formal.
Outra proposta moi interesante é a do coruñés Carlos Seijo, con Sen Escrúpulos, obra gañadora do concurso On / Off que tivo lugar este verán na vila de Ribadeo.
Por se hai dúbidas do talento que agroma no audiovisual galego coñeceremos a dous galegos que optan ao Goya á mellor curtametraxe de animación. Trátase de Juan Pablo Etcheverry, santiagués de quen xa se puido ver no programa a curta pola que agora opta ao Goya, "A Flor máis Grande do Mundo", baseada nun conto de José Saramago, narrador ademais do filme, e con banda sonora de Emilio Aragón. E de Juan Galiñanes, cambadés, que despois de sorprender cunha curta con actores, Incomunicados, que tamén se puido ver xa en Onda Curta, opta agora ao Goya cunha curta de animación producida por Dygra Films, O Bufón e a Infanta, unha divertida e fermosa achega ao universo pictórico de Velázquez.
A música vén da man dun grupo de Vilagarcía de Arousa, Salida de Emergencia, que presenta o vídeo musical "Un día más".
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer os valores principais do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Domingo hai Cocido, dirixida polo realizador de Matamá (Vigo), Carlos Davila. Unha xornad...
 16/12/2007 - 01:31 h. 
N/A
 09/12/2007 - 01:24 h. 
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os principais valores do audiovisual galego, emite desta volta o documental Pilar e Alicia do vigués Miguel Ángel Romero, un documental de catorce minutos que conta a historia de dúas mulleres, Pilar e Alicia, residentes na zona vella da cidade olívica que se ven forzadas a abandonar os seus fogares por mor da especulación urbanística.
Nun plano diferente sitúase a peza curta O Crilo, animación de dous minutos realizada por Martina Pérez e Raúl García. Un grilo, unha vía do tren e... o tren nunha desacougante historia en que destaca a calidade da animación en 3D.
Por outra parte, o programa solidarízase coa plataforma de curtametraxistas indignad@s tras a decisión da Academia do Cine español de retirar a entrega dos Premios á mellor curtametraxe da Gala dos Goya. Un grupo de autores e actores galegos, asinantes do manifesto da Plataforma criticarán nunha reportaxe a decisión da Academia do Cine español e farán un alegación na defensa do formato curto.
Para rematar, un vídeo musical dunha veterana banda de rock da Coruña: Colorado.
Onda Curta, o programa da Televisión de Galicia que cada domingo á noite pretende dar a coñecer os principais valores do audiovisual galego, emite desta volta o documental Pilar e Alicia do vigués Miguel Ángel Romero, un documental de catorce ...
 02/12/2007 - 01:13 h. 
Onda Curta, o programa da Galega que explora entre os novos talentos do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe O Elixido, dirixida pola nova realizadora María González Salvatierra, do concello de Cervo. Alí trasladou esta historia que supón unha parodia dos reality shows televisivos. Unhas beatas acérrimas quedan sen párroco, e de contado deciden reparar a situación convocando unha proba de selección á que se presentan catro personaxes do máis variado. Finalmente, só pode quedar un.
O humor é tamén o elemento central da peza curta Fuuuu, obra doutro novísimo realizador, neste caso santiagués, de nome Diego Aliño, recentemente galardoado na pasada edición do Festival Curtasnarede. Diego converte a súa nai na protagonista desta historia que acaba converténdose nunha apaixonante loita entre unha nai e a súa aspiradora.
O programa estivo tamén en Boiro, para dar conta da última edición do Festival Acción! de Boiro de cinema novo, unha cita que cada ano consegue dar a coñecer máis talentos prometedores no mundo da curta. Coñeceranse os gañadores do concurso, e algunhas das pezas de produción propia nadas ao abeiro do propio festival.
Por último, a música virá da man dun grupo vigués, Moon Cresta, que presentan o vídeo musical do seu tema "Five Versus the Shadows". Unha estética próxima á película Pleasantville para un dos grupos emerxentes do panorama musical do país.
Onda Curta, o programa da Galega que explora entre os novos talentos do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe O Elixido, dirixida pola nova realizadora María González Salvatierra, do concello de Cervo. Alí trasladou esta histor...
 25/11/2007 - 01:56 h. 
O programa Onda Curta emite este domingo unha das curtas galegas máis divertidas dos últimos anos: Entorrados, dirixida por Germán Tejada e o popular dúo cómico San e San, que se caracterizan de máis de 30 personaxes diferentes para unha sucesión de gags disparatados, mais non exentos de poesía, no entorno singular da Torre de Hércules e con banda sonora doutro coruñés singular: Pulpiño Viascón.
Tamén na cidade da Coruña foi gravada a peza curta Cafés de Papel, do director de Bueu Manuel Macou quen con esta peza foi premiado na pasada edición do Festival Curtasnarede. Unha visión do mundo da inmigración protagonizada por Maguet, unha moza senegalesa que acaba de chegar á Coruña.
Na reportaxe, o programa pásase polo Festival Amal de cinema euro-árabe que tivo lugar recentemente na cidade de Santiago, para coñecer algo máis sobre as curtas que se fan no mundo árabe, un exemplo dos máis diversos xéneros, estilos e temáticas, en moitos casos dende unha modernidade extraordinaria , para rachar cos clixés sociais e culturais sobre esta parte do mundo.
Por último, a música chegará en forma de vídeo musical cun grupo vigués de hardcore: Ofensiva, que presenta o seu tema "Contra ti".
O programa Onda Curta emite este domingo unha das curtas galegas máis divertidas dos últimos anos: Entorrados, dirixida por Germán Tejada e o popular dúo cómico San e San, que se caracterizan de máis de 30 personaxes diferentes para unha suces...
 18/11/2007 - 01:56 h. 
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe Formularios Truculentos de José Díaz, unha comedia en que se mesturan varios e variados xéneros, desde o cine negro ata o musical. Unha historia divertida roldada nun escenario especialmente acaído, o antigo edificio de Correos de Santiago, que recrea á perfección o ambiente do cine dos 40-50 que se pretende evocar na curta. Tendo a Borja Fernández, Antón Coucheiro "Cou", Marta Pazos, Manolo Cortés e Xesús Ron como protagonistas, Formularios Truculentos constitúe un novo e acertado intento do director José Díaz por explorar nas claves dos distintos xéneros cinematográficos.
Nun rexistro moi diferente está a peza de animación que tamén se poderá ver no programa: Que fai un envase coma ti nun sitio como este? do novo realizador de Coristanco Marcos Atán. Unha mensaxe para a reciclaxe a través duns curiosos envases animados.
Por outra banda, o programa estivo tamén na clausura dun dos festivais de curtas máis importantes de Galicia, o Curtocircuíto de Santiago. Coñeceremos os traballos premiados e algúns dos seus autores.
Por último, a música pona a cantautora coruñesa Silvia Penide, que está en plena promoción polo Estado do seu novo traballo discográfico Desafinante Crónica, e que a partir de xaneiro comezará a dalo a coñecer por Galiza adiante. O tema do vídeo musical chámase Reventaba.
Onda Curta emite este domingo a curtametraxe Formularios Truculentos de José Díaz, unha comedia en que se mesturan varios e variados xéneros, desde o cine negro ata o musical. Unha historia divertida roldada nun escenario especialmente acaído,...
 11/11/2007 - 02:20 h. 
Nesta edición de Onda Curta poderase ver Cartoons, a visión singular sobre o mundo da infancia da directora compostelá Giselle Llanio co neno Daniel Neira como protagonista. Unha curta visual e de especial factura técnica, de estética inspirada polos debuxos animados, nomeadamente os do Correcamiños.
Nun plano totalmente diferente sitúase a peza curta O Humanoide do vilagarcián Fran Estévez, realizador e contorsionista que nos recreará dun xeito tan gráfico coma orixinal un dos procesos gástricos inevitables en calquera persoa humana.
O programa quixo asistir tamén á entrega de premios da II Edición de Curtasnarede, certame que na súa segunda edición é xa un referente en canto á creación audiovisual afeccionada en Galicia. Tivo lugar no Teatro Colón da Coruña, por onde pasaron os gañadores dos distintos premios, moitos de cuxos traballos poderanse ver proximamente no programa. A parte musical, en forma de vídeo, correspóndelle ao grupo ferrolán Quant cunha versión musical e fílmica dun clásico da música galega: Andrés Dobarro. O grupo de Rubén Coca e compañía apaña un camión para dar un paseo por Ferrol mentres interpreta Pois eu, tema que forma parte do disco colectivo de homenaxe a Dobarro: Manifesto Dobarrista.
Nesta edición de Onda Curta poderase ver Cartoons, a visión singular sobre o mundo da infancia da directora compostelá Giselle Llanio co neno Daniel Neira como protagonista. Unha curta visual e de especial factura técnica, de estética inspirad...
 04/11/2007 - 01:32 h. 
O programa Onda Curta, da Galega, que pretende darlles difusión aos traballos dos novos creadores do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Sen Rumbo, dirixida polo realizador vigués debutante José Brea, e que conta cun reparto encabezado por Avelino González, Mónica Caamaño e Marta Lado. A historia comeza cando un home atopa na praia unha botella cunha mensaxe, no seu interior hai escritos uns números estraños. A curiosidade converterá o resto do filme nun periplo desacougante de final sorprendente.
O programa contará tamén cunha peza curta de animación do popular debuxante santiagués Mariano Casas, que presenta a súa obra Coches. Do mesmo xeito, Onda Curta estivo presente nun festival que acaba de nacer: O Mívico (Mostra Internacional de Vídeo creacións do Condado). Coñeceremos algúns dos traballos gañadores e o ambiente que se respiraba en Ponteareas durante o desenvolvemento deste novo certame.
Por último, a música virá da man dunha veterana banda de rock ourensá: Mitocondrias, que presentan o vídeo musical dun dos seus temas máis coñecidos.
O programa Onda Curta, da Galega, que pretende darlles difusión aos traballos dos novos creadores do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Sen Rumbo, dirixida polo realizador vigués debutante José Brea, e que conta cun reparto ...
 28/10/2007 - 01:22 h. 
Esta semana en Onda Curta poderase ver A Meiga Chuchona, unha curta de animación do arousán Pablo Millán, singular creador que bebe das técnicas da animación clásica e do imaxinario popular das tradicións galegas. Unha pequena obra mestra que está a ser seleccionada nalgúns dos festivais principais de animación do Reino Unido.
Do imaxinario popular bebe tamén o artista O Pastor, quen presenta na peza curta Almanaque Agrícola, unha serie de divertidos espazos a partir de anuncios reais recollidos en publicacións de temática agrícola.
O programa, fiel á súa cita cos principais festivais de curtametraxes que hai ao longo do país, non podía deixar de asistir ao máis veterano de todos: a mostra do Liceo Casino de Vilagarcía, que vai xa pola súa trixésimo quinta edición. Coñeceremos o fundamental do festival e unha iniciativa moi orixinal: a edición dun disco non venal onde once bandas da vila arousá fan versións, cada unha co seu estilo, de cancións míticas da historia do cine.
Por último, Onda Curta olla cara a música fronteiriza galego - portuguesa cun vídeo musical en que o creador de Tui Víctor Coyote xunta a un dos grupos emerxentes do pop galego: Niño y Pistola, cun dos máis importantes acordeonistas tradicionais da outra marxe do Miño: José Celeiro.
Esta semana en Onda Curta poderase ver A Meiga Chuchona, unha curta de animación do arousán Pablo Millán, singular creador que bebe das técnicas da animación clásica e do imaxinario popular das tradicións galegas. Unha pequena obra mestra que ...
 21/10/2007 - 01:11 h. 
Álber Ponte é o realizador galego de curtametraxes máis prolífico, e seica que polas súas 39 curtas o terceiro do mundo. Desta volta presenta en exclusiva no programa Onda Curta a primeira das súas curtas rodada orixinalmente en galego: A Raza Palleira, unha comedia delirante sobre un secuestro frustrado cun elenco encabezado por Fran Grela, o popular deseñador coruñés: Antón Lezcano e Orlando Villasenín, acompañados por unha estrela revelación: o can Beto, cun papel protagonista no filme. A música é dos míticos Jarbanzo nejro e o propio Pulpiño Viascon fai un cameo.
Ademais no programa deste domingo haberá ocasión de coñecer a un prometedor rapaz de Celanova: Bruno Nieto, quen acompañado apenas polas súas amigas e actrices: Lara, Alba e Vanessa, roldou nada menos que unha serie de dez capítulos que foron colgados con éxito notable en Internet (o cuarto capítulo –o último da primeira tempada- tivo ata 10.000 descargas). A serie chámase Nada es lo que parece, e segundo o seu creador naceu despois de engancharse á serie Motivos persoais.
Quique Otero volverá amosar un dos seus microfundismos -pezas curtas que afondan con ironía no carácter e identidade peculiares dos galegos. Desta volta coa peza Bailas? Unha regueifa de sedución con Pepe Penabade e Comba Campoy como protagonistas.
A música pona unha banda do Morrazo: El Yuyo encabezada polo mítico Suso (líder de Soak) e en que conflúen membros dos grupos de rock principais do Morrazo. A canción chámase Ni puto kaso, e o vídeo musical foi realizado polo arxentino Federico Marcello, quen no seu país xa realizara musicais, entre outros, para os míticos Bersuit.
Álber Ponte é o realizador galego de curtametraxes máis prolífico, e seica que polas súas 39 curtas o terceiro do mundo. Desta volta presenta en exclusiva no programa Onda Curta a primeira das súas curtas rodada orixinalmente en galego: A Raza...
 14/10/2007 - 00:57 h. 
Onda Curta emite este domingo unha das curtametraxes galegas de maior proxección internacional nos últimos anos: A Flor máis grande do mundo, unha produción da división de animación de Continental que xuntou o talento de tres xenios no mundo da arte: por unha banda o escritor portugués e premio Nobel José Saramago, autor do conto orixinal e narrador da curta; o compositor Emilio Aragón, coñecido pola súa ampla traxectoria no mundo da televisión; e na dirección, o compostelán Juan Pablo Etcheverry. Unha fermosa curta de animación en plastilina e fondos ilustrados por Diego Mallo.
Ademais haberá ocasión de pescudar no mundo dos festivais de curtas. As cámaras de Onda Curta falaron con distintos organizadores de festivais galegos. Saberemos un pouco máis polo miúdo como se organiza un evento destas características con Moisés Álvarez, do Festival de Cans; Sara García, do Play Doc de Tui; Moncho Vidal do Festival de Noia; Cuchi Carreira de Redondelaencurto e Cuco Pino do Mivico que está a ter lugar esta semana nas terras do Condado.
Para despedir a edición desta noite de Onda Curta o vídeo musical do grupo do Grove Nadadora, un dos referentes do pop galego actual, e a curta Pinzas, unha curiosa animación do lugués Marcos PTT.
Onda Curta emite este domingo unha das curtametraxes galegas de maior proxección internacional nos últimos anos: A Flor máis grande do mundo, unha produción da división de animación de Continental que xuntou o talento de tres xenios no mundo d...
 07/10/2007 - 01:08 h. 
 30/09/2007 - 00:53 h. 
 23/09/2007 - 00:53 h. 
O programa de curtametraxes Onda Curta volve esta noite á grella da Televisión de Galicia para comezar a súa terceira temporada. O espazo regresa con algunhas novidades, a mais salientable é que agora o programa non terá presentador, o cal lle permitirá ter un formato máis áxil, e pouco a pouco irá incorporando novas seccións, como unha dedicada a todas as noticias recentes arredor do mundo da curtametraxe.
Para este primeiro programa despois das vacacións, Onda Curta dará a coñecer a Juan-Chis Lee, un peculiar director ourensán que fai curtametraxes de acción, e a quen algúns xa bautizaron como "o Van Danme galego". Onda Curta estivo con Juan-Chis Lee na rodaxe de "Enemicíssimo", a súa última curta, en que participan Luís Tosar e Isabel Blanco, entre outros.
Este domingo emitirase tamén a curtametraxe de animación "Carne de Canón", unha magnífica curta que ten ademais a peculiaridade de ser concibida e dirixida por Xosé Enrique Fernández e Darío Fernández, pai e fillo. Para deseñar os debuxos da curta inspiráronse na liña estética de Luís Seoane e das Cerámicas do Castro.
No espazo tamén se poderán coñecer os novos directores da Escola de Cine de Vigo, que recentemente estrearon os seus primeiros traballos, e a música do día virá da man de "Manos de Topo", un grupo formado en Barcelona por dous vigueses que presentarán o seu primeiro clip no programa
O programa de curtametraxes Onda Curta volve esta noite á grella da Televisión de Galicia para comezar a súa terceira temporada. O espazo regresa con algunhas novidades, a mais salientable é que agora o programa non terá presentador, o cal lle...
 16/09/2007 - 00:53 h. 
O programa da Galega que presenta Juanillo Esteban despídese ata a volta do verán coa emisión da curta Adeus Edrada?, dirixida e protagonizada polo popular actor Rubén Riós, a quen coñecemos pola serie Libro de Familia. Adeus Edrada é unha historia ambientada no rural galego, rodada na aldea da Edrada no concello ourensán de Vilariño de Conso, e pretende converterse nunha homenaxe ao mundo rural, a pervivencia das súas tradicións e unha chamada contra o seu despoboamento sistemático. Xunto a Rubén Riós, protagonizan a curta Mariana Carballal, César Cambeiro, o neno Álex Neira e Elina Luaces entre outros.
Rubén Riós é un moi novo director, pero máis novos son aínda os rapaces do C.E.I.P. de Castrelo, en Cambados, que participaron nun obradoiro para facer Curtas con móbiles organizado polo Consorcio Audiovisual.
Antes de marchar de vacacións, o programa preguntoulles a unha serie de populares personaxes do noso país (Luís Tosar, Javier Gutiérrez, Tristán Ulloa, Isabel Blanco, Antón Reixa) tres preguntas moi concretas: Que é unha curta?, Que curta farías sen pensalo? Cal non farías nin borracho?
O programa da Galega que presenta Juanillo Esteban despídese ata a volta do verán coa emisión da curta Adeus Edrada?, dirixida e protagonizada polo popular actor Rubén Riós, a quen coñecemos pola serie Libro de Familia. Adeus Edrada é unha hi...
 24/06/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa da Galega presentado por Juanillo Esteban que cada domingo presenta o máis novo da produción de curtametraxes do país, emite desta vez “Premio”, unha curta da ourensá Eva Quintas Froufe, alumna da Facultade de Comunicación de Pontevedra. Narrada ao xeito dun documental, conta a curiosa historia de Tim, un rapaz que vive dos premios de todo tipo de concursos, promocións, etcétera. Conta cun reparto coral de actores amadores acompañados por coñecidos veteranos xa do noso cine, como Luís Iglesia, Xulio Abonjo, Anabel Gago, Marian Bañobre...
Coñeceremos ademais a familia Cortizo Rey, unha estirpe dedicada de cheo ao mundo do audiovisual, dende o avó Jacobo Rey, protagonista da nova longametraxe de Mario Iglesias "Catalina", ata o pai Fernando Cortizo: director de curtas de animación: "Promesa", "Ladrón de Bonecas"..., Isabel Rey, protagonista da curta "Madres", e os fillos Parru e Martín, que participaron tamén nesta curta.
Como peza curta, coñeceremos unha das pezas que o director de Cedeira, Quique Otero, preparou para o traballo "Microfundismos", incluído no espectáculo integral "A Cultura Circula" que percorreu Galicia o verán pasado. Trátase de Tecnosaching.
Por último, a música vén da man do grupo vigués Aphonnic, que presenta o vídeo musical Hugo Box, do seu traballo recente Foolproof!, realizado polo lugués Jorge Coira.
Onda Curta, o programa da Galega presentado por Juanillo Esteban que cada domingo presenta o máis novo da produción de curtametraxes do país, emite desta vez “Premio”, unha curta da ourensá Eva Quintas Froufe, alumna da Facultade de Comunicaci...
 17/06/2007 - 00:53 h. 
Os populares realizadores de curtametraxes Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga, convocados aos Óscar, son dous dos protagonistas de Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta o actor Juanillo Esteban. O cántabro Vigalondo e o vasco Cobeaga impartiron en Santiago de Compostela un obradoiro con realizadores de curtametraxes galegos baixo o título de "Como se fai unha curtametraxe" e o programa fíxolles unha reportaxe.
Ademais poderase ver a curta Unha Nova Vida, do director Héctor Diéguez. Gravada no Courel está baseada nun relato xornalístico de Carlos Casares, conta a historia dun circo de moinantes que chega a unha pequena aldea do rural. A fascinación dun neno pola xente do circo e unha historia de amor que paira ao longo de toda a historia son os dous eixes principais desta curta que conta cun elenco encabezado por Carlos Sante, Isabel Naveira, Artur Trillo, Teresa Horro e Bruno Botana.
Previamente poderemos ver a curta de animación Encerrados, realizada por alumnos do Máster de Comunicación dixital da Coruña. Por último, a música terá tamén o seu oco no programa cun vídeo musical do grupo de Ponteareas, Colectivo Oruga.
Os populares realizadores de curtametraxes Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga, convocados aos Óscar, son dous dos protagonistas de Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta o actor Juanillo Esteban. O cántabro Vigalondo e o vasco C...
 10/06/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta estivo a fin de semana pasada no Festival de Cans, no Porriño, para coñecer o palmarés definitivo desta edición pero tamén para saber a que se dedican os curtametraxistas e faranduleiros varios en Cans cando non están a ver curtas.
Desta volta, ademais, inclúese unha reportaxe, dado o seu interese entre o público obxectivo do programa: un repaso ás distintas axudas ou premios que parten das administracións públicas, aos que poden acceder os autores galegos de curtas: é o caso das subvencións da Xunta, as axudas do ICAA ou concursos como curtasnarede e GZ Crea.
Para os que estean famentos de curtas emitirase Unha nova vida, dirixida polo monfortino Héctor J.Diéguez, unha fermosa historia que adapta un pequeno relato xornalístico de Carlos Casares. Un circo de artistas moinantes chega a unha pequena aldea do Courel e trastornará a vida dos veciños, especialmente a do neno protagonista. Reparto coral con protagonistas como Carlos Sante, Bruno Botana, Isabel Naveira, Teresa Horro ou Artur Trillo.
A parte musical desta vez ten moito que ver co cine, pois é o vídeo musical de Víctor Coyote, Pablo Novoa, Julián Hernández e os Bravos de Sao Vicente de Arcos de Valdevez (Portugal) que forma parte do documental Só Concertinas estreado en Cans e que proximamente poderemos ver na Galega. Gravado na Ponte Internacional de Eiffel de Tui, no río Miño.
Onda Curta estivo a fin de semana pasada no Festival de Cans, no Porriño, para coñecer o palmarés definitivo desta edición pero tamén para saber a que se dedican os curtametraxistas e faranduleiros varios en Cans cando non están a ver curtas.<...
 03/06/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa que presenta Juanillo Esteban e nos dá conta das novidades que acontecen no mundo das curtas, presenta desta vez: Meniña, curtametraxe de Dani Domínguez, unha historia que afonda nas tensas relacións entre unha nai e unha filla interpretadas pola veterana e recoñecida Mela Casal e a debutante Adela Somoza, nun fermoso duelo interpretativo apoiado no papel de pai polo redondelán Tatán.
O programa bota ademais unha peza curta de tres minutos de Esther Carrodeguas, Ring. Un home deixa o seu teléfono ciscado polas rúas coa esperanza de que o chamen.
As cámaras do programa tamén pasaron pola última edición dos Premios Mestre Mateo. Malia a ser candidato e vir de balde, o programa elaborou unha reportaxe para informar de todo o que aconteceu entre os curtametraxistas candidatos, tanto na categoría de ficción coma na de animación.
Por último, como colofón musical veremos un vídeo musical do grupo Austria, pop electrónico de Pontevedra.
Onda Curta, o programa que presenta Juanillo Esteban e nos dá conta das novidades que acontecen no mundo das curtas, presenta desta vez: Meniña, curtametraxe de Dani Domínguez, unha historia que afonda nas tensas relacións entre unha nai e unh...
 20/05/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta súmase ás celebracións do Día das Letras cun programa especial no que poderemos ver ata tres curtas que tratan desde distintos puntos de vista o tema da lingua galega.
O Legado de Alfonso X, do coruñés Pablo Penedo Naveira, é unha delirante comedia ao xeito dos Monthy Python na que o rei Afonso X, autor das Cantigas de Santa María, se lles aparece na actualidade a un grupo de personaxes que estaban a recoller fungos.
Por outra banda, De Aldeanos, de Edu Pérez Lavandeira, que se move na ambigüidade entre a ficción e o documental, pretende ser unha parodia sobre as actitudes prexuizosas que moitas veces se escoitan sobre o galego, sobre todo entre a xente das cidades.

Por último Fronteiras, de Rubén Pardiñas, é un documental que nos sitúa na raia entre Galiza e Asturias, unha separación administrativa na que as diferenzas lingüísticas son moito máis sutís.
Pero ademais Onda Curta mergúllase na rede para saber o que se move en galego no audiovisual que cada vez máis se colga na rede. E descubrimos entre outras cousas a primeira TV en galego en internet: Komunikando TV, a canle televisiva do Portal do Consello da Cultura Galega, ou a xa popular teutubo TV, á que podemos acceder desde o portal da axencia audiovisual galega. Para contarnos un pouquiño máis valémonos do coñecemento experto da xornalista María Yáñez.

Onda Curta súmase ás celebracións do Día das Letras cun programa especial no que poderemos ver ata tres curtas que tratan desde distintos puntos de vista o tema da lingua galega.
O Legado de Alfonso X, do coruñés Pablo Penedo Naveira, é u...
 13/05/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite dá conta das novidades do xénero curto do noso audiovisual, emite desta volta a curta As Farolas, de Abelardo Rendo. Unha curta feita pola xente do Grupo de Teatro Papaventos, do concello de Vedra, e que é unha aceda parodia sobre o reparto municipal de puntos de luz nos concellos, tema moi acaído neste mes de comicios municipais. Ademais dos distintos actores do grupo de teatro, entre eles a protagonista María Munín, poderanse ver outras caras coñecidas como Miguel de Lira, Pepe Penabade, Luis Zahera ou Comba Campoy.
Pero ademais verase tamén Sanatorio, unha curta dirixida por Jacobo Paz. Esta é unha curta especial por canto nace das actividades dos rapaces de Aspronaga, unha institución coruñesa para rapaces con discapacidade mental, como Samuel Pérez, o protagonista desta historia de suspense e ciencia ficción.
A reportaxe dá conta do recente festival de curtas de Redondela, Redondelaencurto, no que a gran gañadora foi a curta Temporada 92-93 do vigués Álex Marzoa, protagonizada por Miguel de Lira e Carlos Blanco e que gañou os premios do xurado e do público.
Por último, ofrecerase o vídeo musical dun grupo novo de Pontevedra, Drama, que presentan o seu tema "Last Days".
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite dá conta das novidades do xénero curto do noso audiovisual, emite desta volta a curta As Farolas, de Abelardo Rendo. Unha curta feita pola xente do Grupo de Teatro Papaventos, do concello de Vedr...
 06/05/2007 - 00:53 h. 
Ostenta o título de realizador de curtametraxes máis prolífico de España, e ocupa o terceiro lugar no ámbito europeo, tras un finés e un islandés. Alber Ponte afronta agora a rodaxe de dúas curtas, coas que alcanzará un total de 39 pezas producidas, ademais de dúas longas. Despois de los Tesoros de los Caracoles, Raza Palleira será a súa primeira curta en galego. O director de curtas como Pernambuco ou Atlántico Express, tamén é coñecido pola súa faceta como actor en series de televisión como Al Salir de Clase ou Motivos Personales. Tamén ten feito publicidade e vídeos musicais.
O programa que presenta Juanillo Esteban amosará amais Currículo, de Edu Lavandeira. Desde un enfoque realista e descarnado, Lavandeira desvela o tratamento que as empresas lles dan aos currículos. Os peores presaxios confírmanse na peza curta Currículo. Con esta peza, o director vigués foi premiado na edición pasada do certame "Curtas na Rede".
Por outra banda, Álvaro Otero fala do imprevisible que é o xénero humano en Inestable. Esta película de ciencia ficción, dirixida por este debutante coloca o espectador ante un debate case filosófico entre o real e o ficticio. Na pel do protagonista atractivo e superficial atopa a Joaquín Domínguez (Rías Baixas). Pola súa parte, Olaia Salgado e Cristina Ramallal encarnan dous tipos de muller moi diferentes, ás que se terá que enfrontar o protagonista. A sorpresa vén da man de Lino Braxe no papel dun sombrío inspector de policía.
Amais e aproveitando a chegada do bo tempo, os ferroláns de Todo el Largo Verano, traen Días, vídeo musical do álbum Popstales. A peza forma parte do proxecto experimental Ecos que Rubén Coca presentará proximamente, e que se basea na recollida de instantáneas en movemento do cotián dos galegos. Todo el Largo Verano conxuga agora a preparación de novos temas coa participación no disco homenaxe a Andrés do Barro, interpretando unha versión de "Casa en el Cielo".
Ostenta o título de realizador de curtametraxes máis prolífico de España, e ocupa o terceiro lugar no ámbito europeo, tras un finés e un islandés. Alber Ponte afronta agora a rodaxe de dúas curtas, coas que alcanzará un total de 39 pezas producidas, ...
 29/04/2007 - 00:53 h. 
Esta semana, o programa de curtas que presenta Juanillo Esteban, faise eco da tensión vivida no lugar pontevedrés de Paredes entre os oriúndos do lugar e a comunidade musulmá. A raíz do problema foi a demanda de terreos para construír unha mesquita que o colectivo magrebí lle presentou ó Concello, a comezos de 2006. En Vilaboa Mirando á Meca, un equipo de alumnos de Comunicación Audiovisual, dirixidos por Álvaro Gago e Manuel García, procuran facer unha radiografía social recollendo a cara máis dura da integración.
A reportaxe da semana lévanos ata Tui. Onda Curta estivo no obradoiro Xpréssate organizado no marco do Festival Play-doc de Documentais da cidade fronteiriza. Alí coñecemos os cinco seleccionados que asumiron o reto de facer unha curta documental encol do tema das "fronteiras", en tan só tres días de rodaxe en Tui. Como veremos, non escatimaron esforzos para conseguir o premio final... poder rodar a súa propia longa documental.
Pablo Millán sérvenos a peza curta da semana. Baixo o título de O Conxuro, o director vilagarcián traslada ó espectador ata a vida dun pintor novo para quen a creación pasa, inevitablemente, por un estado "etílico" de inspiración. Con esta conxunción de imaxe real e animación, Millán recolleu o premio á Creatividade do certame Curtas na Rede 06. Tamén foi recoñecida con senllos galardóns no Xapón e en Gran Bretaña.
E para rematar con bo sabor de boca, contamos con Zënzar. Os veteranos de Cerceda volven darnos unha lección de rock galego "en galego". Sigue e dálle foi gravado, en Nigrán, no estudio de Javier Abreu e está incluído no cuarto disco da banda cercedense. Despois de 19 anos tocando xuntos, seguen dando guerra. Xunto coas numerosas actuacións previstas para os vindeiros meses, Zënzar prepara unha nova iniciativa...un disco de narcocorrido a proposta dun selo discográfico colombiano.
No tocante á música que esta semana acompaña as nosas reportaxes, contamos cun tema dos baioneses Niño y Pistola e, dende Compostela, escoitaremos unha peza do primeiro traballo de Ataque Escampe.
Esta semana, o programa de curtas que presenta Juanillo Esteban, faise eco da tensión vivida no lugar pontevedrés de Paredes entre os oriúndos do lugar e a comunidade musulmá. A raíz do problema foi a demanda de terreos para construír unha mesquita q...
 15/04/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban e que pretende dar a coñecer as novidades no mundo das curtas galegas, cumpre 50 emisións, e celebrouno acudindo á presentación da agardada nova curtametraxe de Juan Pablo Etcheverry: "A flor máis grande do mundo", no teatro Jofre de Ferrol. A curta está feita en plastilina mediante a técnica stop motion e como fondo utilizáronse as ilustracións de Diego Mallo. Ao acto acudiron dous nomes senlleiros relacionados directamente con esta curta producida pola división de animación de Continental: o novel portugués José Saramago, autor do conto en que se baseou a curta e narrador da curta, e Emilio Aragón, quen nunha das súas moitas facetas públicas, compuxo a banda sonora da película.
Outra agardada curta que se poderá ver no programa é "Sen Chumbo", a nova obra de Jorge Saavedra, quen impactara coa súa anterior curta: "Servicio a Domicilio". Desta volta, conta a historia dun atraco a unha gasolineira e das reaccións dos distintos personaxes atrapados nesta situación límite. Conta cun reparto de luxo con: Xulio Abonjo, Vicente de Souza, Cristina Castaño, Isabel Naveira e Ricardo de Barreiro entre outros.
Por último, poderase ver tamén o filme de animación en flash Cazador de Mariano Casas e o vídeo musical "Hortera na pel" do grupo pontevedrés Fervellasverzas.
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban e que pretende dar a coñecer as novidades no mundo das curtas galegas, cumpre 50 emisións, e celebrouno acudindo á presentación da agardada nova curtametraxe de Juan Pab...
 08/04/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta atracou esta semana en Vigo para asistir á festa da Première das curtas 2005-06 da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (Egaci). Coincidindo ademais co quinto aniversario deste centro, coñecerase a valoración dos traballos que fai a directora da Egaci, Virginia Fernández, e os protagonistas do evento: directores prometedores como Óscar Galansky (Héroes), Miguel Romero (A cidade Perdida) ou Beatriz Vázquez (Un metro cadrado). Tamén terán a palabra actores como Fernando Morán (As leis de Celavella) e Rosa Puga (Amelia e as Sereas).
Esta semana na folla de ruta do programa que presenta Juanillo Esteban, poderase ver tamén: Vertical, con Omar Rabuñal como protagonista. Máis coñecido pola súa faceta como director (O Intruso, Matreros de Medianoite), o coruñés interpreta o papel dun mozo habilidoso no seu traballo, malia a vertixe que o asedia no seu día a día. Acaban de abandonar os manuais de Comunicación Audiovisual e presentan a súa opera prima, Verónica Moreno e Beatriz Fojo son as armadanzas desta forma singular de tratar o "pánico ás alturas".
Onda Curta atracou esta semana en Vigo para asistir á festa da Première das curtas 2005-06 da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (Egaci). Coincidindo ademais co quinto aniversario deste centro, coñecerase a valoración dos tra...
 01/04/2007 - 00:53 h. 
Coa difusión de curtas do país por bandeira, o programa Onda Curta que presenta Juanillo Esteban trae a última curta do director de Lobos, Dani de la Torre. En Bos Días, Xosé Barato métese na pel de Ramón, un amante dos coches potentes e, sobre todo, do xénero feminino. Os seus esquemas cambiarán ao namorarse de Ledicia Sola, no papel dunha afable recepcionista de hotel. A partir de aquí a historia de amor promete dar moito de si. Entre as caras coñecidas do reparto tamén está Maxo Barjas, coñecida polas súas interpretacións en series como Rías Baixas ou Maridos e Mulleres, así coma o versátil Ricardo de Barreiro.
A reportaxe da semana leva aos espectadores ata o País Vasco. O espazo falará co coordinador do programa de promoción de curtametraxes Kimuak. Pioneira en España, a iniciativa do Goberno éuscaro selecciona, desde 1998, as seis ou sete mellores curtas do ano para a súa difusión no mercado internacional. Boa proba do éxito foi a candidatura ao Óscar 2007 acadada por Éramos Pocos de Borja Cobeaga, curta incluída no catálogo Kimuak 2005. Previamente tamén pisara a alfombra vermella, 07:35 de la mañana de Nacho Vigalondo.
A peza Diminuta da semana a trae o veterano Mariano Casas. O filmiño Mordiscos ensinará a desconfiar do que cremos ver, pois non sempre é o que parece. Mediante unha animación en 2D feita en Flash Casas amosa os perigos do mar.
E en Onda Clip falarase dunha interesante innovación no eido publicitario que consiste en conxugar teatro e videoclip. A fórmula tena Fran Pedreira, da produtora compostelá NBEK. Pedreira foi o artífice do clip de promoción da obra de teatro Charlie´s Angels´ Sex da compañía de teatro Cachuzo. Trátase dunha invitación orixinal para ir ver as aventuras de tres mozas intrépidas ao servizo do descoñecido multimillonario coruñés, Charlie.
Coa difusión de curtas do país por bandeira, o programa Onda Curta que presenta Juanillo Esteban trae a última curta do director de Lobos, Dani de la Torre. En Bos Días, Xosé Barato métese na pel de Ramón, un amante dos coches potentes e, sobr...
 25/03/2007 - 00:53 h. 
 18/03/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa que cada domingo presenta Juanillo Esteban, emite desta volta a curtametraxe Amigos Invisibles, dirixida por Pedro Alonso, coñecido actor galego (Maridos e Mulleres, MIR) que debuta na dirección con esta curta. Para iso rodeouse dun reparto de luxo, con Morris e o neno Darío Loureiro (Valderrei, Maridos e Mulleres) nos papeis protagonistas xunto con Fernando Acebal e o neno Rodrigo Flieller (Maridos e Mulleres). Unha curta sobre o acoso escolar e cunha relación moi especial entre profesor e alumno.
Previamente, como aperitivo, poderase ver tamén unha breve curta de animación: O pesadelo de Florián, dirixida por José Ramón Puente. Florián é un esquío que vive feliz ata que un incendio forestal arrasa o monte onde vive.

Coñecerase tamén a un grupo de cidadáns estranxeiros que atopou en Galicia o país ideal para dedicarse ao mundo das curtas. É o caso da xenovesa Margheritta Morello, da que xa se puido ver no programa a curta "Flavia Sándalo", e que acaba de rematar a súa segunda: A Familia. Italiano é tamén Simona Negrin, de Turín, actor e cómico a quen se puido ver como actor na curta Coco e Bobo. Un inglés de Plymouth, Ben Carter, acaba de montar con socios galegos a produtora Sr. Mundo, coa que xa realizaron curtas como Stephanie ou Sinceramente. Mentres que se poderá coñecer tamén a outro inglés: John Eastham, quen realizou a curta Máis Madeira.
Por último, Onda Curta ofrece o videoclip We don´t Mind da banda coruñesa Steelwood. O vídeo musical foi gravado en León e realizado por Juan Margot.

Onda Curta, o programa que cada domingo presenta Juanillo Esteban, emite desta volta a curtametraxe Amigos Invisibles, dirixida por Pedro Alonso, coñecido actor galego (Maridos e Mulleres, MIR) que debuta na dirección con esta curta. Para iso ...
 11/03/2007 - 00:59 h. 
O programa de curtas galegas que presenta Juanillo Esteban conversa esta semana cos organizadores da segunda edición do certame Curtas na Rede. A iniciativa, que trata de promover a creación audiovisual facendo da Internet o seu principal escaparate, reparte ata 25.000 euros en premios, en distintas categorías, algunhas delas novas con respecto á edición anterior. Nesta reportaxe terase ocasión de coñecer a algúns dos gañadores do ano pasado.
Tamén se poderá ver Alma Esquecida, unha curta baseada en feitos acontecidos na aldea luguesa de Negreira de Muñiz, dirixida por Clara Nieto e con guión de Luís Río. Ambientada na Guerra Civil, coñecerase a historia de Manuel, un combatente galego do bando republicano, que trala caída da fronte de Asturias decide volver a Galicia. No papel protagonista encóntrase Manu Fernández, actor coñecido polos seus papeis en series da Galega coma Libro de Familia. Completan o reparto Carlos Díaz, Carmina García, Paco Campos e Manuel Lourenzo.
Onda Curta tamén emitirá Morte na bañeira, un drama baseado nos malos tratos, dirixido por Xosel Díez. Gravada no propio cuarto de baño do director, estes catro intensos minutos de narración teñen como protagonistas a Helena Varela e a Fernando Tato, estudantes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
E ata Onda Clip achegaranse esta semana os vigueses de Kogito. Estes filósofos do ska, traen o tema If you love me, unha peza do xénero "bucólico-pastoril" gravada nas leiras e praias do Porto do Son. O grupo segue a promover o seu primeiro traballo, Kogito, mentres preparan os temas para o disco que sacarán a finais deste ano.
O programa de curtas galegas que presenta Juanillo Esteban conversa esta semana cos organizadores da segunda edición do certame Curtas na Rede. A iniciativa, que trata de promover a creación audiovisual facendo da Internet o seu principal escaparate,...
 04/03/2007 - 01:13 h. 
O programa de curtas galegas que presenta Juanillo Esteban emite Incomunicados, peza curta producida e guionizada por Érica Esmorís, unha veterinaria que, por vocación, deixou atrás botas de goma e vacas para dedicarse ao audiovisual. Dirixida por Juan Galiñanes, Incomunicados representa un singular equívoco no que se mesturan o humor e as galletas de chocolate. Rodada integramente nun tren na estación da Coruña, esta comedia reúne a Victoria Pérez, Pedro Brandariz e un enervado Luís Zahera, protagonistas definitivamente condenados a non entenderse.
Pero iso non é todo, pois en Onda Curta tamén se poderá ver unha reportaxe na que os veciños portugueses nos desvelan os segredos da boa marcha do sector das curtas e en particular da animación. Produtores, organizadores de festivais e programadores farán unha radiografía da situación actual.
Buda, o comezo, o primeiro episodio da que promete ser unha serie de seis entregas interpretadas e dirixidas por Dani Viqueira. Esta aventura singular na busca de Floppy, o can perdido, foi elaborada empregando a técnica do "stop motion". Viqueira consegue imitar o movemento mediante a utilización de preto de 2800 fotogramas.
E esta semana encárganse de poñer o peche musical Robin de Los Estercoleros e a súa alegre banda de Patphísicos. Inspirados nos poemas Rimbaud, a banda da Estrada tráenos o vídeo musical A Peixeira, un exemplo de rock feito en galego.
O programa de curtas galegas que presenta Juanillo Esteban emite Incomunicados, peza curta producida e guionizada por Érica Esmorís, unha veterinaria que, por vocación, deixou atrás botas de goma e vacas para dedicarse ao audiovisual. Dirixida por Ju...
 25/02/2007 - 00:58 h. 
No programa deste domingo tamén se poderá ver Bechos Raros, o resultado do guión gañador do Festival Internacional Curtocircuíto 06, así como E sacaranche os ollos, obra das "mozas de ouro" de Ourense.
O espazo da Galega dedicado á difusión de curtas do país, traspasa fronteiras para cumprir coa súa encomenda. Este domingo, Onda Curta achégase ata a cidade francesa de Clermont-Ferrand, onde se celebrou o mercado de curtas máis importante do mundo. O programa fixo un seguimento intensivo dos galegos, para ver como estableceron contactos con compradores, distribuidores e mesmo como acordaron colaboracións futuras con profesionais estranxeiros.
Xunto con outras sete comunidades autónomas, Galicia contou cunha caseta propia onde se deron a coñecer os proxectos que forman parte do catálogo Curtas 06 do Consorcio Audiovisual.
Amais disto, no programa que presenta Juanillo Esteban tamén se emitirán: Bechos Raros, peza curta dirixida polas madrileñas Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes. Repleta de personaxes tan excéntricos coma propios da sociedade actual, a curta foi rodada en Santiago e supón a materialización do guión gañador do certame Curtocircuíto 06. Entre a serie de Bechos Raros que intentan adaptarse ao medio onde lles tocou vivir, verase a Xulio Abonjo, Camila Bossa, Nekane Fernández, Tamara Canosa, Evaristo Calvo e Mónica García, entre outros.
Xa na sección de diminutos, Onda Curta proxectará "E sacaranche os ollos". O audiovisual non ten idade, boa proba disto é esta peza na que os protagonistas son tres ourensás maiores de 60 anos que a simple vista ofrecen unha visión crítica da mocidade .. ou non. Dirixida por Irene Crespo, a curta resultou gañadora do certame Curtas na Rede no 2006.
E para rematar cunha pincelada musical, o programa estreará o vídeo musical dos pontevedreses The Dismal. O tema "Que más da" é un anticipo de Neptuno, o cuarto traballo que están a punto de presentar.
No programa deste domingo tamén se poderá ver Bechos Raros, o resultado do guión gañador do Festival Internacional Curtocircuíto 06, así como E sacaranche os ollos, obra das "mozas de ouro" de Ourense.
O espazo da Galega dedicado á di...
 18/02/2007 - 00:39 h. 
Onda Curta emite este domingo unha reportaxe para dar a coñecer un avance da nova fornada de curtas que agarda para 2007. Manolo González, director da Axencia Galega do Audiovisual, é a única persoa que puido ver rematadas as 67 curtas que recibiron axudas da Xunta, na última concesión de subvencións;por iso adianta en liñas xerais o que nos agarda. Poderanse ver ademais en exclusiva imaxes dalgunhas destas curtas para saber un pouco máis o que se poderá ver este ano.

Por outra banda, o programa que presenta Juanillo Esteban, ofrece dúas curtametraxes moi diferentes. Por unha banda Expedición a Marte, do santiagués Mariano Casas. Unha breve e curiosa animación en flash, baseada nunha das súas historias en banda deseñada, que procura desmentir o mito de que os nenos veñen de París.
Pola outra, verase Xinetes na Tormenta, curta dirixida por Ricardo Llovo a partir dun conto de Manuel Rivas. Unha historia mariñeira ambientada nun barco que vai ao Gran Sol, e cun reparto de luxo dirixido entre outros por Luís Iglesia, César Cambeiro, Xosé Manuel Olveira "Pico", Laura Ponte e Antón Cancelas.
O vídeoclip desta semana será Funkatronic, da banda viguesa Moon Cresta. O clip pretende evocar a estética das películas de atracos dos anos 70 e foi realizado por Miguel de la Peña.

Onda Curta emite este domingo unha reportaxe para dar a coñecer un avance da nova fornada de curtas que agarda para 2007. Manolo González, director da Axencia Galega do Audiovisual, é a única persoa que puido ver rematadas as 67 curtas que rec...
 04/02/2007 - 00:40 h. 
Onda Curta presenta este domingo unha rareza dentro do noso audiovisual, a curtametraxe Flavia Sándalo, a primeira massala movie (produción de Bollywood) galega, rodada en Galicia e en galego. Flavia Sándalo é un personaxe de cabaré da actriz de Bueu, Paula Sanmartín que dá o salto ao cine grazas á directora italiana residente en Santiago Margheritta Morello. Flavia Sándalo viaxa á India na procura do seu gurú, interpretado polo polifacético Antón Coucheiro "Cou", e o resultado é a curta que se poderá ver o domingo no programa da Galega que presenta Juanillo Esteban. Non faltarán os típicos números musicais e as coreografías propias deste tipo de producións.
Nun plano radicalmente diferente sitúase Porcototal, unha peza curta dirixida por Xosé González. Porcototal é unha interpretación en clave pop da matanza do porco debedora, segundo o autor, do cine entre outros de Chris Marker.
No programa tamén se terá ocasión de coñecer a tres autores de curtas que están a punto de cumprir co seu soño: rodar a súa primeira longametraxe. Son tres directores dos que xa se puideron ver en Onda Curta algunhas das súas curtametraxes: o lalinense Álex Sampayo, o noiés Luis Avilés e o monfortino Dani de la Torre.
Por último, Onda Curta non esquece a música emerxente dos grupos galegos coa emisión semanal dun vídeo clip. Desta volta é a quenda de Igloo, unha formación de Caldas de Reis, que presenta o clip do seu tema "Y todo lo demás".
Onda Curta presenta este domingo unha rareza dentro do noso audiovisual, a curtametraxe Flavia Sándalo, a primeira massala movie (produción de Bollywood) galega, rodada en Galicia e en galego. Flavia Sándalo é un personaxe de cabaré da actriz ...
 28/01/2007 - 00:48 h. 
Despois de cumprir un ano, o programa Onda Curta, presentado por Juanillo Esteban, volve con folgos renovados para difundir o traballo dos creadores de curtametraxes e de grupos musicais do país. Así, este domingo poderase ver unha reportaxe sobre a insólita curta Katiusca, dirixida por Antón Coucheiro "Cou". Rodada en invernadoiros e leiras de nabizas de Palas de Rei, os protagonistas son actores e bailaríns da compañía Pisando ovos.
A primeira curta da noite será Trampitán. Unha peza realizada por varios alumnos de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. É un micro documental sobre a vida do xenial ourensán, Xan da Cova, o inventor da peculiar lingua denominada Trampitán.
A continuación emitirase Inútil, unha curtametraxe dirixida polo experimentado Paco Rañal, o creador de Coruña Imposible. Con Xosé Manuel Esperante, Fran Grela e o incombustible Ricardo de Barreiro como protagonistas, Inútil representa a vida de moitos estudantes universitarios que non atopan un lugar na sociedade.
Como non podía ser doutro xeito, o punto final porano os rapaces de Jabón Blue co vídeo clip "O home do saco". Aproveitando o parón dos Herdeiros da Crus, Javi Maneiro atrévese agora coas letras en castelán para intentar dar o salto ao mercado nacional.
Despois de cumprir un ano, o programa Onda Curta, presentado por Juanillo Esteban, volve con folgos renovados para difundir o traballo dos creadores de curtametraxes e de grupos musicais do país. Así, este domingo poderase ver unha reportaxe...
 21/01/2007 - 00:50 h. 
Onda Curta, o programa de curtas da Galega que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban, cumpre un ano e celébrao ofrecendo unha escolma dalgunhas das mellores pezas de animación que se puideron ver no programa neste o seu primeiro ano de vida. Deste xeito poderase ver Minotauromaquia, de Juan Pablo Etcheverry, tal vez a curta máis premiada do Historia do Audiovisual galego, seleccionada en festivais de medio mundo e nominada aos Goya e aos premios da Academia do Cine Europeo.
Outro director moi premiado é Mario Iglesias, quen este ano vén de presentar con éxito a súa primeira longametraxe, "Nais". Deste pontevedrés profesor de Belas Artes poderase ver unha pequena peza que mestura animación e realidade e que leva por título "Corten".
Neste primeiro ano de vida, Onda Curta emitiu 78 curtametraxes galegas e 39 vídeo clips de bandas do país e espera seguir dando conta de canto acontece no mundiño dos que están a dar os seus primeiros pasos no mundo audiovisual.
Onda Curta, o programa de curtas da Galega que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban, cumpre un ano e celébrao ofrecendo unha escolma dalgunhas das mellores pezas de animación que se puideron ver no programa neste o seu primeiro ano d...
 14/01/2007 - 00:50 h. 
Onda Curta, o programa de curtas da Galega que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban, cumpre un ano e celébrao ofrecendo unha escolma dalgunhas das mellores pezas de animación que se puideron ver no programa neste o seu primeiro ano de vida. Deste xeito poderase ver Minotauromaquia, de Juan Pablo Etcheverry, tal vez a curta máis premiada do Historia do Audiovisual galego, seleccionada en festivais de medio mundo e nominada aos Goya e aos premios da Academia do Cine Europeo.
Outro director moi premiado é Mario Iglesias, quen este ano vén de presentar con éxito a súa primeira longametraxe, ‘Nais’. Deste pontevedrés profesor de Belas Artes poderase ver unha pequena peza que mestura animación e realidade e que leva por título "Corten".
Nunha estética diferente sitúase a terceira das pezas que se poderán ver neste programa especial de aniversario. Trátase de Ladróns de Cadáveres contra o Ku Kux Klan, de Manel Craneo e Xurxo García, dous autores procedentes do mundo da banda deseñada.
Ademais, Onda Curta completa o programa cunha reportaxe da entrega de premios do Festival GZ Crea, que tivo lugar recentemente en Vigo, e cun vídeo clip dunha banda rockeira da Pobra do Caramiñal: Forraje.
Neste primeiro ano de vida, Onda Curta emitiu 78 curtametraxes galegas e 39 vídeo clips de bandas do país e espera seguir dando conta de canto acontece no mundiño dos que están a dar os seus primeiros pasos no mundo audiovisual.
Onda Curta, o programa de curtas da Galega que cada domingo á noite presenta Juanillo Esteban, cumpre un ano e celébrao ofrecendo unha escolma dalgunhas das mellores pezas de animación que se puideron ver no programa neste o seu primeiro ano d...
 07/01/2007 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa da Galega que todos os domingos conduce Juanillo Esteban, presenta este domingo a curtametraxe El Nunca o faría, protagonizada polo coñecido actor de Corme Víctor Mosqueira, quen interpreta un dos papeis máis estraños da súa carreira: un can, que entra na vida da outra protagonista, a debutante Mar Sande. A curta foi dirixida por Javier Cea e é unha historia de humor que propón unha nova caste de interpretación das relacións sentimentais entre homes e mulleres.
Ademais, como complemento, o programa ofrece unha peza curta de temática moi diferente: Currículo, dirixida polo novo realizador vigués, Edu P. Lavandeira, de quen xa se puideron ver outros traballos no programa. A curta aborda con ironía qué se fai cos currículos que miles de mozos lles envían diariamente ás empresas na procura de traballo.
Onda Curta asistiu tamén á presentación ao público dunha das primeiras curtas xa realizadas da fornada que recibiu subvención da Xunta na última concesión de axudas: Sen Chumbo, que xa foi seleccionada para a sección oficial da Mostra de Curtas de Noia. Dirixida por Javier Saavedra coa colaboración inestimable de Xulio L. Noche, conta cun reparto encabezado, entre outros, por actores como Xulio Abonjo, Vicente de Souza, Cristina Castaño, Vicente de Souza ou Isabel Naveira.
Por último, como colofón, poderase ver o videoclip Quero ser tambor, de Fran Pérez, "Narf". O videoclip recolle momentos da estadía deste músico e compositor santiagués na capital de Mozambique, Maputo.
Onda Curta, o programa da Galega que todos os domingos conduce Juanillo Esteban, presenta este domingo a curtametraxe El Nunca o faría, protagonizada polo coñecido actor de Corme Víctor Mosqueira, quen interpreta un dos papeis máis estraños da...
 17/12/2006 - 01:10 h. 
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta na Galega Juanillo Esteban, achegouse á Mostra de curtas de Noia, un dos festivais máis veteranos de Galicia nisto do xénero curto, para asistir á cerimonia de clausura e, ao mesmo tempo, trasladarlles aos espectadores o glamour e bo facer desta cita que cumpre xa a súa oitava edición.
Será o aperitivo dun porgrama que, ademais emite dúas curtas moi diferentes: Rosas, do realizador vasco afincado en Galicia, Mikel Fuentes, que conta unha dramática historia co trasfondo do alzheimer. Os protagonistas da curta son a parella formada por Fely Manzano e Tucho Lagares, marido e muller na vida real, e Isabel Blanco. Esta curta foi nominada na última edición dos Premios Mestre Mateo.
Previamente poderase ver unha curta de animación de Mariano Casas: "O Amor non dura Sempre", adaptación á pantalla dunha das moitas minihistorias realizadas por este autor de Banda Deseñada santiagués, que pretende levar ao cine todas as súas "Historias de Mariano".
Como punto e final do programa, Onda Curta emitirá o videoclip INEM, dun dos grupos máis veteranos do rock galego: Ruxe ruxe. Os da aldea compostelana de Aríns ofrecen o seu último videoclip realizado por Yolanda del Campo e Alex Rules.
Onda Curta, o programa que cada domingo á noite presenta na Galega Juanillo Esteban, achegouse á Mostra de curtas de Noia, un dos festivais máis veteranos de Galicia nisto do xénero curto, para asistir á cerimonia de clausura e, ao mesmo tempo...
 10/12/2006 - 00:53 h. 
Onda Curta, o programa que presenta Juanillo Esteban e que cada domingo á noite trata o mundo da curtametraxe galega e emitirá O Derradeiro Grolo, gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor curta no ano 2004. Celso Bugallo, gañador dun Goya e o popular actor Saturnino García protagonizan esta curtametraxe sobre a amizade, coa especulación inmobiliaria como fondo da fita que dirixe Olalla Piñeiro, directora ourensá establecida no Brasil.
Outra curta que se poderá ver é Morte na Bañeira, de Xosel Díez, que aborda con crueza o tema dos malos tratos.
O programa do domingo ofrecerá tamén unha reportaxe sobre unha serie de debuxantes galegos de banda deseñada que decidiron dar o paso ao cinema de animación. É o caso, entre outros, de David Rubín, Mariano Casas, Manel Craneo ou Xurxo García, que falarán das semellanzas e diferenzas entre os dous xéneros.
A parte musical vén desta volta duns veteranos do pop español, os ferroláns Limones acompañados de Antonio Vega. No programa poderemos ver o vídeo musical "Acelerado" realizado por Román Gutiérrez.
Onda Curta, o programa que presenta Juanillo Esteban e que cada domingo á noite trata o mundo da curtametraxe galega e emitirá O Derradeiro Grolo, gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor curta no ano 2004. Celso Bugallo, gañador dun Goya e o ...
 03/12/2006 - 00:53 h. 
O programa Onda Curta que todos os domingos á noite presenta Juanillo Esteban, ofrece esta semana unha curiosa curtametraxe: "As Carreiras Secretas", rodada en Río de Janeiro mais dirixida por un galego, o clown Antón Coucheiro "Cou" quen acabou dirixindo esta divertida comedia durante a súa estadía en Río co gallo dun curso de circo. A curta está baseada nun conto do popular escritor arxentino Alejandro Dolina e fala desas pequenas manías e supersticións que teñen as persoas.
Ademais poderase ver outra curta de menor duración: Revelado, unha historia intrigante rodada en Barcelona por un equipo galego dirixido por Ghaleb Jaber.
Completa a oferta do programa un videoclip dun dos grupos de hip hop máis veteranos do país: os pontevedreses De la Hoja. Desta volta presentan o clip "Dios no me dió ningún don", dirixido por dous irmáns de quen xa se puideron ver outros traballos no programa: Manu e Dani Viqueira.
A reportaxe coa que se abre cada semana Onda Curta trata esta semana dun tipo de persoas moi especiais: os produtores de curtas. Catro persoas con varias curtas xa producidas no seu haber intentan explicar cales son as súas motivacións para meterse a producir curtas e cales son as dificultades e satisfaccións que se atopan.
O programa Onda Curta que todos os domingos á noite presenta Juanillo Esteban, ofrece esta semana unha curiosa curtametraxe: "As Carreiras Secretas", rodada en Río de Janeiro mais dirixida por un galego, o clown Antón Coucheiro "...
 26/11/2006 - 01:24 h. 
Onda Curta, o programa da Galega que todos os domingos á noite presenta Juanillo Esteban, emite desta vez unha curta sobre o crecemento urbanístico e a perda do rural. "O home Pensativo", dirixida polo vigués Xabier Alonso, conta unha historia real: a desaparición do mundo rural no concello de Vigo ante a implacable chegada dos intereses inmobiliarios, en forma de grandes edificios ou de centros comerciais.
O programa conta ademais cunha exclusiva: o vídeo musical ‘Madrefango’ do grupo Transportes Hernández y Sanjurjo –conformado polo ex compoñente de Siniestro Total, Julián Hernández, e Rómulo Sanjurjo, ex compoñente dos Diplomáticos- que veñen de sacar o seu primeiro e agardado álbum: "Vista Alegre". O santiagués Nico Campos realizou o vídeo musical.
A peza curta da semana dirixiuna un rapaz de Marín, Fernando Pazos, quen con "Curriculum Vitae" gañou un dos premios do recente festival "curtasnarede". Esta curta é unha desoladora e intimista demostración do complicado que é o mundo laboral para a xente máis nova que vén de rematar os seus estudos e pretende vivir do seu traballo.
Pero para non desesperar, os que intentan vivir do seu son un grupo de mozos de Boiro. O programa estivo nesta vila da Barbanza durante o certame Acción 2006, para coñecer a acción que desde o asociacionismo xuvenil e cultural deste concello se está a tomar en apoio do sector audiovisual, coa produción de curtas, a celebración dun festival e, como colofón, a creación dunha empresa de servizos audiovisuais para xerar emprego para a xente da comarca neste sector.
Onda Curta, o programa da Galega que todos os domingos á noite presenta Juanillo Esteban, emite desta vez unha curta sobre o crecemento urbanístico e a perda do rural. "O home Pensativo", dirixida polo vigués Xabier Alonso, conta unh...
 19/11/2006 - 01:02 h. 
O programa Onda Curta, que presenta todos os domingos na Galega o actor Juanillo Esteban, emitirá hoxe Minotauromaquia, a curtametraxe galega máis recoñecida internacionalmente. Dirixida polo santiagués Juan Pablo Etxeverry, esta curta de animación chegou a estar nominada hai dous anos, na súa modalidade, como finalista dos Premios do Cine Europeo.
Esta curta que levou premios no Xapón, Francia e Inglaterra, foi proxectada incluso no Moma de Nova York. Feita con bonecos de plastilina, narra o proceso de creación de Pablo Picasso e plasma de xeito sorprendente todo o seu universo de minotauros, arlequíns ou pombas.
Ademais desta curtametraxe de animación, Onda Curtaemitirá tamén unha reportaxe do primeiro mercado internacional de curtametraxes que se celebrou en Galicia, no marco do festival Curtocircuíto, en Santiago. Nesta reportaxe falarán compradores dos Estados Unidos, o Xapón ou Portugal, amais de diversas partes do Estado, que se interesaron polas curtametraxes feitas en Galicia.
Outros contidos do programa serán a peza curta "De palabras e xestos", unha irónica reflexión sobre a historia da comunicación que fai o coruñés Pablo Penedo, e un vídeo musical de Ectoplasma, grupo vigués que acaba de sacar o seu primeiro disco. Paco Serén, músico da banda e realizador do vídeo, presentará o vídeo. Este artista é ademais un dos realizadores de vídeos máis prolíficos que hai en Galicia, e ten feito traballos para Los Piratas, Iván Ferreiro, Ariel Rot ou La Barbería del Sur.
O programa Onda Curta, que presenta todos os domingos na Galega o actor Juanillo Esteban, emitirá hoxe Minotauromaquia, a curtametraxe galega máis recoñecida internacionalmente. Dirixida polo santiagués Juan Pablo Etxeverry, esta curta de anim...
 12/11/2006 - 01:22 h. 
 05/11/2006 - 01:23 h. 
O programa Onda Curta, que presenta Juanillo Esteban e cada domingo á noite ofrece o máis novidoso no mundo das curtas e dos videoclips feitos en Galicia, estivo na gala de premios do Festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela, un festival que cada ano adquire maior relevancia internacional e maior respaldo de público. Ofrecerase unha completa reportaxe do que foi a gala, conducida polo grupo Chévere, e no que se puideron ver a moitos rostros coñecidos do noso audiovisual.
Ademais poderase ver a curta "A teoría do Espello", producida por Xosé Zapata e dirixida por Pedro Corredoira. Trátase dunha curta fantástica premiada no Festival de Canarias de Cine Histórico. Protagonizada polo popular Luís Iglesia, é unha fábula de estética futurista sobre o paso do tempo e as consecuencias imprevisibles dun suposto: e se nun determinado momento o tempo decide volver cara atrás?
De temática radicalmente diferente é a peza curta da semana: De Aldeanos, do vigués Edu P. Lavandeira. Unha aceda reflexión sobre o idioma. Unha rapaza responde con total honestidade a unha serie de preguntas sobre o galego. As respostas deixan o desacougo de se o que se está a ver é unha peza de ficción ou se realmente se trata dun demoledor documental.
Para pechar o programa, Onda Curta emite o último videoclip do grupo de Cerceda Zënzar, "O Padriño", tema do álbum Sigue e Dalle. Zënzar é unha veterana banda de rock dunha das comarcas máis activas, na actualidade, canto a rock feito en Galicia e en galego.
O programa Onda Curta, que presenta Juanillo Esteban e cada domingo á noite ofrece o máis novidoso no mundo das curtas e dos videoclips feitos en Galicia, estivo na gala de premios do Festival Curtocircuíto de Santiago de Compostela, un festiv...
 29/10/2006 - 01:26 h.