ACTUALIZAD@S
N/A
|
 | Sagas familiares galegas O espazo da Galega "Actualizad@s analizará hoxe un novo tema desde a perspectiva da realidade cotiá e a dos seus protagonistas. Esta noite tócalles a quenda ás sagas familiares, un vehículo para manter vivos moitos dos oficios tradicionais en Galicia.
"Actualizad@s" visitará algunhas destas familias para coñecer as distintas xeracións que as compoñen. Neste "equipo de traballo familiar", a sabedoría da tradición pasa dos pais aos fillos, que achegan á súa vez a visión dos novos tempos. Gandeiros, hostaleiros, adegueiros, músicos... Os lazos familiares convértense nun valor engadido para moitas das familias galegas que loitan por manter vivas as tradicións.
|
 |
Sagas familiares galegas O espazo da Galega "Actualizad@s analizará hoxe un novo tema desde a perspectiva da realidade cotiá e a dos seus protagonistas. Esta noite tócalles a quenda ás sagas familiares, un v... |
|
28/08/2010 - 22:01 h.
|
|
|
LARPEIROS
Programa en que a comida se converte tamén nun pretexto para pasar na tele un tempo divertido igual que na vida cotiá.
|
 | Antes de pasar aos fogóns, a velada contará as fazañas do larpeiro itinerante Tomás Alonso, que se desprazará ata a Illa de Arousa para ver como se crían nunha batea os mellores mexillóns do mundo, os de Galicia; o bateeiro Ramón Otero amosaralle algúns segredos da cría deste molusco que, grazas ao bo facer dos traballadores do sector, converteu o noso país no segundo produtor do mundo. Tomás embarcará no peirao de Xofre, na Illa de Arousa, para desde alí ir con Ramón ás bateas para realizar tarefas propias, como levantar as cordas, sacar os mexillóns, limpalos, clasificalos e metelos en sacos...antes de ir ao mercado de Pontevedra a pola pescada e os mexillóns, pois os produtos coa denominación de Pescaderías serán as estrelas do prato que vai cociñar a campioa da cociña galega de 2008, Inés Abril, unha moza cociñeira que desenvolve a súa sabedoría culinaria nos fogóns do restaurante vigués "Maruja Limón". Con produtos das rías, pescada e mexillóns, Inés fará un prato que lle aprendeu a súa nai e que vai perdurando a través de varias xeracións, "A pescada rechea de mexillóns".
|
 |
Antes de pasar aos fogóns, a velada contará as fazañas do larpeiro itinerante Tomás Alonso, que se desprazará ata a Illa de Arousa para ver como se crían nunha batea os mellores mexillóns do mundo, os... |
|
17/06/2010 - 00:00 h.
|
|
|
VIVIR AQUÍ
N/A
|
 | Devotos da troula Cando está a rematar o mes de agosto e case o verán "Vivir Aquí" quixo vivir o ambiente festeiro deste mes en Galicia. Por iso ofrecerá algunhas das festas e romarías máis populares e con máis sona na comunidade, porque a troula se vive como unha devoción ás veces a santos e outras a lugares.
Esta viaxe pola esmorga irá desde a Romaría viquinga de Catoira ata rematar cos Caneiros de Betanzos, unha festa popular e familiar, que cada ano vai perdendo máis este ambiente para dar paso a grupos de mozos con ganas de beber. Entrementres, o programa pasará por dúas romarías con devoción relixiosa como a da Nosa Señora da Peneda, en Soutomaior e a da Nosa Señoras das Hermidas na Lama, onde acoden moitos fieis emigrantes procedentes de México.
Amais o programa achegouse ata a festa do polbo do Carballiño, onde se xuntan milleiros de persoas para renderlle tributo non só ao cefalópodo senón tamén á empanada e ao viño do ribeiro e á sardiñada popular de Sada que co paso do tempo conseguiu tanta popularidade que chega a congregar a máis de 3.000 persoas. |
 |
Devotos da troula Cando está a rematar o mes de agosto e case o verán "Vivir Aquí" quixo vivir o ambiente festeiro deste mes en Galicia. Por iso ofrecerá algunhas das festas e romarías m&a... |
|
29/08/2010 - 21:35 h.
|
|
|
|