Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Culturais

LIBRO ABERTO
Programa que nace para contribuír ao fomento da lectura e apoiar o traballo dos escritores e mais das editoriais galegas. Manolo Romón presenta este espazo.
No Círculo das Artes de Lugo, un dos espazos que aparece na novela, o programa de libros e literatura da Galega recibe o escritor e guionista Emilio Alonso, que acaba de presentar a obra Mercurio, coa que gañou o Premio N...
 15/12/2009 - 02:04 h. 
O espazo de libros e literatura da Galega recibe, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), a escritora viguesa María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida no mundo literario como An Alfaya que nos ...
 08/12/2009 - 01:26 h. 
Na rotativa do xornal "El Progreso", en Lugo, onde o autor traballou como xornalista durante varios anos, o programa de libros e literatura da Galega entrevista esta noite o escritor Manuel Darriba, nacido en Sarria, con quen falamos do seu...
 01/12/2009 - 01:07 h. 
Dende a súa casa en Pontevedra, o programa de libros e literatura da Galega falará co escritor e xornalista Luís Rei do seu último libro, "Monte Louro", unha obra de case 700 páxinas que nos leva dende a r...
 24/11/2009 - 02:41 h. 
Dende o Verbum de Vigo, o programa de libros e literatura da Galega falará hoxe co autor de "Felices e diferentes", o escritor Xavier Queipo, unha obra en que recompila as colaboracións que fixo nos último...
 17/11/2009 - 01:24 h. 
Dende o Faro de Fisterra, o programa de libros e literatura da Galega achégase esta noite á escritora e xornalista Rosa Aneiros, autora que nos vai presentar a súa nova novela "Sol de inverno", unha histor...
 10/11/2009 - 02:11 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe esta semana o científico e escritor Germán Sierra, que vén presentarnos a súa cuarta novela, "Intente usar otras palabras", en que o autor, pertencente á ...
 03/11/2009 - 01:57 h. 
Esta semana o programa de libros e literatura galega visita o autor e xornalista Xoán Abeleira, que nos presentará a nova edición corrixida e aumentada do seu libro de poemas "Animais, Animais", unha obra que trata do f...
 27/10/2009 - 01:49 h. 
O programa de libros e literatura da TVG recibe esta semana o escritor ourensán Rafael Laso, que falará da súa última obra, "O Trasmundo de Antioquía", en que relata a historia fantástica que se des...
 20/10/2009 - 02:23 h. 
Esta semana o programa de libros e literatura da Galega desprázase ata O Foxo (A Estrada), para falar co escritor Carlos Mella, dende o seu lugar de nacemento, da súa última obra, "Memorias dun ninguén"...
 13/10/2009 - 02:02 h. 
O programa de libros e literatura da Galega encontrarase esta noite na Illa de San Simón co investigador e escritor Luís Lamela, porque precisamente neste lugar se desenvolve parte da historia da súa primeira novela, "Escapa...
 06/10/2009 - 01:53 h. 
Dende a parroquia de Mandaio, o lugar ao que fan referencia algúns dos seus contos, o Libro Aberto desta noite preséntanos a obra de Tucho Calvo "Corazón entre desertos", unha reedición revisada e a...
 29/09/2009 - 01:57 h. 
O "Libro Aberto" desprázase ata A Pastoriza (Lugo), a terra natal do novelista Carlos Reigosa, que esta noite falará, na entrevista con Manolo Romón, da súa última obra, "A vida do outro"...
 22/09/2009 - 02:03 h. 
Despois das vacacións Libro Aberto volve esta temporada con novidades. Para comezar esta semana visita o programa o escritor de literatura infantil e xuvenil Agustín Fernández Paz.
O autor falaranos da súa última...
 15/09/2009 - 00:17 h. 
 24/06/2009 - 00:07 h. 
 17/06/2009 - 00:11 h. 
Esta semana visita o programa o novelista vigués Domingo Villar.
O autor falaranos do seu segundo libro "A praia dos afogados", unha novela policial da que é protagonista o inspector Leo Caldas. Estaremos con el no P...
 10/06/2009 - 00:07 h. 
En Libro Aberto entrevistaremos a Bernardo Atxaga, o escritor vasco de máis sona na actualidade.
Falaremos con el da súa novela máis recente, "Sete casas en Francia", un texto que nos leva á Áfr...
 03/06/2009 - 00:46 h. 
Recibimos en Libro Aberto a polifacética Estíbaliz Espinosa. A poeta, actriz, blogueira e contacontos coruñesa falaranos sobre o seu libro de poemas máis recente "Zoommm". O libro, subtitulado "textos bi&oa...
 27/05/2009 - 00:37 h. 
Recibimos en Libro Aberto o escritor Xosé Fernández Ferreiro, un dos membros fundadores do grupo Brais Pinto. Falaremos con el da súa última novela "Tempo de Centeo". Estaremos na Fundación 10 de Marzo, en Santiago de Compostela.
...
 20/05/2009 - 00:34 h. 
En Libro Aberto celebramos o Día das Letras Galegas, recibindo o ensaísta Antón Baamonde. Falaremos con el da figura do homenaxeado deste ano, o filósofo e intelectual galeguista Ramón Piñeiro. Estaremos na Igrexa de San Domingos de Bonaval, ...
 13/05/2009 - 00:32 h. 
Recibimos en Libro Aberto a poetisa e xornalista Olalla Cociña Lozano. Falaremos con ela do seu terceiro libro de poemas “Libro de Alicia” co que gañou o premio Fiz Vergara Vilariño.
Na reportaxe semanal, faremos un repaso da obra “A E...
 06/05/2009 - 00:30 h. 
Recibimos en Libro Aberto o escritor ourensán Xosé Carlos Caneiro. Falaremos con el do seu último libro, "Blue Moon", unha novela publicada por Biblos Clube de lectura. Estaremos no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Na reportaxe sema...
 29/04/2009 - 00:42 h. 
Esta semana visita o programa o poeta, ensaísta e profesor lugués Claudio Rodríguez Fer. O autor falaranos do seu libro de poemas ‘Ámote vermella’. Estaremos con el no Centro Galego de Arte Contemporánea.
...
 22/04/2009 - 01:14 h. 
Esta semana recibimos en Libro Aberto a Marta Lemos Jorge, autora do libro "Unha paixón herdada. Obra ambiental de José María Castroviejo", que se centra na produción xornalística deste autor considerado un precursor do ecoloxismo. Estamos no...
 15/04/2009 - 01:37 h. 
Esta semana visita o programa o poeta, ensaísta e crítico de arte Xavier Seoane. O autor falaranos do seu libro de poemas máis recente "Do ventre da cóbrega". Estaremos con el na Imprenta Litonor, en Santi...
 08/04/2009 - 00:41 h. 
Esta semana recibimos en Libro Aberto a Xelís de Toro, autor da obra Riofero, novela coa que o escritor volve á narrativa. Estaremos na Fundación Torrente Ballester.

Na reportaxe semanal, atenderemos aos vencellos d...
 05/04/2009 - 01:29 h. 
Esta semana recibimos en Libro Aberto a Iolanda Zúñiga, autora da obra Amor amén, o primeiro libro de poemas da escritora. Estaremos na Fundación Torrente Ballester de Santiago.

Na reportaxe semanal, atendere...
 29/03/2009 - 01:26 h. 
Xosé Luís Martínez Pereiro, o último gañador do premio Repsol de narrativa breve, visita "Libro Aberto" para falar, desde o auditorio de Arteria Noroeste (Santiago de Compostela), da colección de relatos premiada A verdade como mal menor. Post...
 22/03/2009 - 01:45 h. 
"Libro Aberto", o programa da Galega que contribúe ao fomento da lectura e apoia o traballo dos escritores e editoriais galegas, contará no programa de hoxe coa presenza de Constantino Bértolo, autor da obra La cena de los notables. A entrevista que ...
 15/03/2009 - 01:53 h. 
O programa de libros e literatura converte este domingo en estudio de televisión os xulgados de Fontiñas, en Santiago, para recibir o decano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Narciso de Gabriel, que falará do seu...
 08/03/2009 - 01:59 h. 
O programa de libros e literatura da TVG estará esta noite envolto nunha atmosfera "maldita" e de terror. Na Sala Capitol de Santiago, o filólogo e poeta Gonzalo Navaza falará da súa tradución ao galego da obra As flores do mal, de Cha...
 22/02/2009 - 01:46 h. 
O escritor Xosé Ramón Pena visita Libro Aberto. Falaremos con el da súa última obra, A batalla do paraíso triste, unha novela ambientada na Lisboa dos anos corenta. A entrevista será no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compos...
 15/02/2009 - 01:37 h. 
A escritora Inma López Silva, gañadora do premio 'Blanco Amor' pola súa última obra, Memoria da cidade sen luz, visita o estudio de Libro Aberto instalado na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea, precisamente establecendo ...
 08/02/2009 - 01:46 h. 
Os gañadores do premio Xerais de Novela 2008 visitan o programa de literatura da Televisión de Galicia. Recibiremos, na Biblioteca Nacional de Galicia da Cidade da Cultura, o escritor Manuel Lourenzo González, que coa obra O xardín das pedr...
 01/02/2009 - 01:33 h. 
María López Sández, autora da obra Paisaxe e Nación. A creación discursiva do territorio, visita o programa de literatura da Televisión de Galicia, cunha obra que gañou o último premio 'Ramón Piñeiro' de ensaio, e farao tomando como escenario ...
 25/01/2009 - 01:46 h. 
Eduardo Estévez, o poeta desposuído do premio González Garcés, visita o programa para falar do seu libro de poemas 'Construcións', tendo como escenario a Cidade da Cultura e sendo recibido coma sempre por Manolo Romón. A primeira repor...
 18/01/2009 - 01:34 h. 
'Libro Aberto' recibe, na Facultade de Filoloxía de Santiago, a visita de Manuel Jorge Marmelo, autor portugués que falará da súa última obra, 'As Sereias do Mindelo'. Mentres que na sección de reportaxes, preguntarase cal é a presenza das let...
 11/01/2009 - 01:26 h. 
Xa estamos en 2009 e 'Libro Aberto' non abandona o seu compromiso de presentar o mellor das nosas letras na Televisión de Galicia, e faino con moita forza, adiantándose á celebración de Reis cun programa dedicado integramente á literatura infantil e ...
 04/01/2009 - 01:09 h. 
Continuamos co noso resumo ao mellor do ano nas letras galegas. No programa desta semana, comezamos repasando o máis destacado das entrevistas que tivemos con Herminio Barreiro, Antón Reixa, Miguel Anxo Fernández e Bieito Igle...
 28/12/2008 - 01:09 h. 
Mentres se acerca o final deste ano, aproveitamos para repasar o mellor que nos deixaron as letras galegas esta temporada. Dedicamos este primeiro tempo ás obras narrativas e ás traducións. Comezaremos o programa cun repaso aos mellores momentos das...
 21/12/2008 - 01:08 h. 
Cando un programa cultural chega ao seu número 100... hai algo que celebrar en televisión, e así o fai o programa de libros e literatura da Galega, 'Libro Aberto', con todos os seus seguidores, dous anos e medio despois do inicio da emisión, n...
 14/12/2008 - 01:06 h. 
A poetisa María do Cebreiro estará con todos os espectadores no próximo programa de Libro Aberto. Nesta ocasión, para falarnos do seu último libro de poemas, 'Cuarto de outono'. A conversa será no Museo Etnográfico Sotelo Blanco, en Santiago.<...
 07/12/2008 - 01:08 h. 
O espazo de libros e literatura recibe esta semana, no local de ensaio do grupo "Circo Nove", a Xabier Docampo, para falar do seu último traballo "O libro das viaxes imaxinarias", que como a maioría da súa obra apunta cara ao públ...
 30/11/2008 - 01:00 h. 
Miguelanxo Prado, o debuxante galego máis coñecido, visita o programa de libros e literatura da Galega, tendo como fondo a Sala Nasa de Santiago, para falar da súa última obra, ‘De Profundis’, álbum ilustrado que recolle o traballo deste autor...
 23/11/2008 - 01:11 h. 
"Libro Aberto" dedica o programa desta semana a lembrar a figura de Ramiro Fonte, poeta e narrador que deixa tras si unha obra inesquecible. Desde a Biblioteca América, en Compostela, o presentador Manolo Romón conversará con Manuel ...
 16/11/2008 - 01:21 h. 
A Praza de Abastos de Santiago de Compostela foi o escenario escollido para a presentación de "Pan e coitelo", obra de Bieito Iglesias. Manolo Romón e o escritor, articulista e profesor de literatura conversaron sobre esta novela na que...
 09/11/2008 - 01:18 h. 
Esta semana visita o espazo cultural Libro Aberto o escritor Manuel Forcadela, para falar do seu último libro de poemas, ‘Música de cinza’, e farao no improvisado estudio de gravación do Conservatorio profesional de Santiago de Compostela, oca...
 02/11/2008 - 01:06 h. 
O Museo Pedagóxico Galego convertirase en estudio de gravación para acoller a Herminio Barreiro, profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. Manolo Romón conversará con el sobre o seu libro de memorias, "Recordar doe".
...
 26/10/2008 - 01:10 h. 
Esta noite Manolo Romón conversará con Luis Sepúlveda no Hotel AC Palacio del Carmen. O motivo, a publicación de " La lámpara de Aladino ", a última obra do escritor chileno....
 19/10/2008 - 01:11 h. 
No programa de literatura de hoxe Manolo Romón entrevistará a Carlos Portela trala publicación da primeira novela gráfica sobre o Prestige: " A conta atrás ". A cita tivo lugar no Auditorio do Instituto Galego de Información....
 12/10/2008 - 01:06 h. 
A aula de Anatomía da Facultade de Medicina de Santiago convertida en estudio de gravación serve de atmosfera perfecta a Libro Aberto para recibir o docente e investigador Miguel Anxo Fernández coa súa novela "Tres disparos e dous friames", a terceir...
 05/10/2008 - 01:22 h. 
Nove anos tiveron que transcorrer para poder reencontrarse cara a cara coa poesía da que nunca desertou Antón Reixa, a pesar das súas outras vidas á carón da televisión, do cine e a música. O ser máis intimista volve aflorar con Látigo de Algas, desp...
 28/09/2008 - 01:26 h. 
A cita, a mesma: o domingo pola noite; o presentador, tamén: o versátil escritor e actor Manolo Romón; pero o escenario e a presentación dos contidos supoñen un cambio radical para o regreso de Libro aberto, o programa cultural da Galega, que ...
 21/09/2008 - 02:09 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista o poeta e crítico literario e artístico Xulio Válcarcel, pola aparición do seu libro de poemas A melancolía dos corpos (Colección Esquío). Haberá tamén unha reportaxe sobre o ensaio c...
 22/06/2008 - 02:03 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor Francisco Fernández Naval, que presenta o libro Suso Espada. Istanbul e o cabaliño do demo (Everest), segunda novela co detective Suso Espada como protag...
 15/06/2008 - 01:58 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista á poetisa, artista e profesora Ánxeles Penas, con quen falará do seu libro de poemas máis recente, Amor deshabitado, aparecido na colección "Espiral Maior". A reportaxe de portada ve...
 08/06/2008 - 02:06 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor uruguaio Eduardo Galeano, por Espejos (una Historia casi universal), o seu libro máis recente, que coincide coa aparición da súa primeira obra traducida ...
 01/06/2008 - 02:08 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista a poetisa e profesora de latín Helena de Carlos, gañadora do Premio da Crítica Española na modalidade de poesía en lingua galega, por "Vigo", aparecido na colección "Do...
 25/05/2008 - 23:55 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor ourensán José María Pérez, por La soledad de las vocales, título co que gañou a última edición do premio "Bruguera", e haberá unha reportaxe so...
 18/05/2008 - 01:01 h. 
O programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, dedica a súa emisión de hoxe á figura de Xosé María Álvarez Blázquez, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. A súa vida e mais a súa obra serán revisadas nun faladoiro de Ro...
 11/05/2008 - 02:30 h. 
Manolo Romón recibirá á escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira, para falar do libro co que gañou o primeiro premio Manuel María de Teatro Infantil, "Boas noites" (Xerais); pero tamén se poderá ver unha montaxe desta obra realizad...
 04/05/2008 - 01:54 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista o escritor e físico coruñés Agustín Fernández Mallo, residente en Palma de Mallorca e autor de Nocilla Experience (Alfaguara), segunda novela de unha triloxía que coa súa primeira ent...
 21/04/2008 - 00:47 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co debuxante de cómic e ilustrador vigués Jacobo Fernández, pola edición de Aventuras de Cacauequi (El Patito Editorial), obra coa que gañou a última edición do Prem...
 14/04/2008 - 00:25 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista ao escritor lugués Paco Martín, pola recente aparición da novela Das novas cousas de Ramón Lamote (Galaxia), coa que os seus lectores van reencontrarse co mestre de Chairego e debuxa...
 07/04/2008 - 00:55 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co poeta, ensaísta, dramaturgo e narrador Xosé Vázquez Pintor, que presenta o libro co que gañou o último premio Vicente Risco de novela, Para dicir abril (Sotelo Bl...
 31/03/2008 - 00:26 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista a ensinante e escritora Marisa Núñez, por Chocolata (OQO editora), un volume para primeiros lectores ilustrado por Helga Bansch e recoñecido co premio internacional da fundación suíza...
 24/03/2008 - 00:24 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor Xavier Alcalá, que presenta a novela Unha falsa luz, coa que pecha a triloxía Evanxélica memoria, aparecida en Galaxia. Haberá tamén unha reportaxe sobre...
 17/03/2008 - 00:45 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista o filólogo e profesor da Universidade da Coruña Carlos Paulo Martínez Pereiro, polo volume Querer ver entrever ("Aliovento"), onde reúne ensaios literarios dos últimos dez ...
 10/03/2008 - 00:31 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor Xesús Constela, que presenta a súa primeira novela, aparecida na colección "Costa Oeste" da editorial Galaxia, O libro das alquimias, e haberá ...
 03/03/2008 - 00:47 h. 
 25/02/2008 - 00:48 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co poeta e narrador Xesús Rábade Paredes, pola aparición de Mentres a herba medra (Galaxia), libro co que gañou a última edición do Premio Blanco Amor.
Haberá a...
 18/02/2008 - 00:30 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista hoxe ao poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello, de quen acaba de aparecer unha antoloxía editada polo PEN club da súa traxectoria anterior, e o libro de poemas inédito Dicionario do ...
 11/02/2008 - 00:32 h. 
No programa de literatura da TVG, que presenta Manolo Romón cada luns pola noite, a entrevista do día é coa narradora Anxos Sumai, pola aparición de Así nacen as baleas (Galaxia), libro co que gañou a última edición do Premio Repsol de novela curta. ...
 04/02/2008 - 00:32 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista hoxe a Gonzalo Moure, un valenciano de orixe galega e residente en Asturias que acaba de dar ao prelo A noite d O Risón, unha historia para o publico infantil e xuvenil ambientada na ...
 28/01/2008 - 00:40 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co poeta, narrador e actual director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa, Ramiro Fonte, por "As pontes no ceo", o volume co que pecha a súa triloxía...
 21/01/2008 - 00:29 h. 
O programa Libro Aberto entrevistará hoxe a Félix Villares pola recente edición dunha antoloxía de poesía en galego, escrita por autores que teñen como común denominador o seu paso como internos polo seminario de Mondoñedo, do que o propio Vil...
 14/01/2008 - 00:31 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor Agustín Fernández Paz, o autor galego vivo máis vendido, que presenta o seu último libro, de relatos, O único que queda é o amor. Haberá ademais unha rep...
 07/01/2008 - 00:28 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista hoxe á escritora do Incio Marica Campo, pola recente edición dun volume co que reaparece a colección Leliadoura da editorial Sotelo Blanco, Sextinario: trinta e seis + tres, un poemar...
 17/12/2007 - 02:06 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor e xornalista Alfonso Armada, que presenta o libro co que pechou sete anos de residencia en Nova York, onde traballou como delegado do ABC. Titulado Nueva...
 10/12/2007 - 01:36 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista hoxe o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago, José Carlos Bermejo, pola recente edición dun volume que recolle ensaios previamente aparecidos en revistas especial...
 03/12/2007 - 01:37 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co escritor Juan Gómez-Jurado, un madrileño de trinta anos que desde Compostela, onde vive, converteuse nun dos autores españois máis demandados en todo o mundo. Jur...
 26/11/2007 - 01:34 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista hoxe a un clásico das nosas letras, Xosé Neira Vilas, pola recente edición dun volume onde recolle un cento de artigos previamente aparecidos na prensa escrita, Arredor do mundo (Xera...
 19/11/2007 - 01:06 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é coa escritora Rexina Vega, que presenta o libro co que gañou o último premio Xerais de novela, Cardume (Xerais). A entrevista inclué tamén as preguntas que á xornali...
 12/11/2007 - 01:16 h. 
No programa de libros e literatura da TVG, Manolo Romón entrevista ao escritor, músico e xornalista, actual xefe de programas da Radio Galega, Xurxo Souto, pola reedición do seu libro Contos da Coruña (Xerais). A Souto trasládalle tamén as súas pregu...
 05/11/2007 - 01:07 h. 
No programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, a entrevista do día é co narrador Xabier López López, que presenta o seu último libro, Trinta e dous dentes (Galaxia), co que resultou finalista do premio Torrente Ballester. Haberá tamén...
 29/10/2007 - 01:07 h. 
O programa de libros e literatura deste luns está dedicado en boa parte á poesía, un xénero en constante renovación, e para falar das novas canles da poesía contemporánea visitará o plató a poetisa Marilar Aleixandre, unha autora que naceu en Madrid ...
 22/10/2007 - 01:05 h. 
O programa de libros e literatura da Galega terá como convidado o pintor coruñés Xavier Correa Corredoira, autor do libro "Pintor por Italia" do que falará polo miúdo na entrevista de hoxe co presentador, Manolo Romón. "Pintor por Ita...
 15/10/2007 - 01:05 h. 
O programa de libros e literatura da TVG Libro Aberto que acaba de renovar as súas seccións introducindo máis novidades e un concurso para o espectador cuxo premio é un lote de libros, entrevista hoxe ao dramaturgo Gustavo Pernas, quen reuniu ...
 08/10/2007 - 00:43 h. 
O programa de literatura da TVG, presentado por Manolo Romón, renova na súa emisión de hoxe os seus contidos, con novas seccións, máis vídeos, máis autores e novidades, e mesmo un concurso entre os espectadores, cuxo premio consistirá nun lote de lib...
 01/10/2007 - 00:42 h. 
O programa de libros e literatura da TVG terá hoxe como convidada á escritora mindoniense Marina Mayoral, que falará da súa novela Case perfecto (Xerais), en que narra a historia dunha novelista que a través dunha longa carta rebate ao seu fillo pequ...
 24/09/2007 - 00:42 h. 
De volta das vacacións de verán, Manolo Romón entrevistará no programa desta noite de Libro Aberto a escritora María Xosé Queizán, polo seu libro de poemas Cólera (Xerais), un testemuño persoal sobre a loita contra a ditadura franquista duran...
 17/09/2007 - 00:42 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista o escritor Xurxó Borrazás polo seu libro Arte e parte, unha reflexión persoal sobre o estado da literatura galega actual e sobre o traballo dos escritores, editada por Galaxia dentro da súa colección de en...
 25/06/2007 - 00:42 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista ao polifacético escritor brasileiro Ferreira Gullar, un dos poetas que marcaron o rumbo da poesía do Brasil, desde a súa irrupción no panorama literario na segunda metade do século XX. Ferreira fala con Ro...
 18/06/2007 - 00:42 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista ao escritor Marcos Calveiro polo seu libro Rinocerontes e quimeras, editado por Tambre dentro da súa colección xuvenil. Ambientada en Nova Inglaterra a finais do século XIX, esta obra é unha novela que tom...
 11/06/2007 - 00:43 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista a Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, polo seu libro Los mitos del Apóstol Santiago, coeditado por Nigratrea e o Consorcio de Santiago. O estudo ...
 04/06/2007 - 00:42 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista ao escritor portugués Sérgio Luis de Carvalho, pola publicación da súa novela Peregrinos sen fe, que aparece simultaneamente en portugués, editada por Campo das Letras, e en galego, por Biblos.
Recoñe...
 28/05/2007 - 00:42 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista ao escritor Xoán Babarro, pola publicación do seu relato O misterio do príncipe pastor (Tambre). Recoñecido como un dos piares da literatura infantil e xuvenil galega, Babarro viaxa na súa nova obra ás ave...
 21/05/2007 - 00:42 h. 
O programa de libros e literatura da Galega dedica hoxe monograficamente o seu tempo á figura de María Mariño, a autora de Palabra no tempo e Verba que comenza, a quen a Real Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2007. O equipo do p...
 14/05/2007 - 00:42 h. 
O programa que a TVG dedica aos libros e á literatura recibe hoxe a visita da escritora pontevedresa Fina Casalderrey, con quen Manolo Romón falará do seu último libro A pomba e o Degolado (Xerais), unha novela xuvenil que ten como pano de fondo o ac...
 07/05/2007 - 00:42 h. 
O programa de libros e literatura da Galega conta hoxe coa presenza do escritor ourensán-barcelonés Silverio Cerradelo, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre a novela que lle valeu o premio "Terra de Melide", Os paxaros tamén m...
 30/04/2007 - 00:42 h. 
O programa de libros e literatura da Galega, que cambia o seu día de emisión para o luns á noite, conta hoxe coa presenza do escritor caraqueño-vigués Xurxo Sierra Veloso, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre a novela que lle valeu o pr...
 23/04/2007 - 00:42 h. 
O programa de libros e literatura da Galega conta hoxe coa presenza do escritor, director e actor teatral Rubén Ruibal, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre o libro co que gañou o premio Álvaro Cunqueiro de literatura dramática, Limpeza...
 18/04/2007 - 01:21 h. 
O programa de libros e literatura da Galega conta hoxe coa presenza do escritor e académico Xesús Alonso Montero, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre os seus dous últimos libros, Os escritores galegos ante a Guerra Civil Española (Gala...
 11/04/2007 - 00:35 h. 
O programa de libros e literatura da Galega conta hoxe coa presenza do xornalista e escritor vigués Eduardo Rolland, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre o seu último libro, Galicia en guerra, unha obra de divulgación histórica que con...
 04/04/2007 - 00:46 h. 
 28/03/2007 - 00:46 h. 
O programa de libros e literatura da Galega celebra hoxe o Día Mundial da Poesía recibindo a un poeta, Manuel Vilanova, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre o seu último libro, Esmeralda branca (Libros da frouma), unha obra de preto de ...
 21/03/2007 - 01:03 h. 
O programa de libros e literatura da Galega conta hoxe coa presenza do escritor, xornalista e crítico teatral Camilo Franco, con quen o presentador, Manolo Romón, falará sobre o seu último libro, Palabras contadas; unha obra de relatos breves nos que...
 14/03/2007 - 00:34 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe a Manuel Janeiro (Madrid, 1951), coñecido no mundo editorial polo seu traballo como deseñador de libros, fundamentalmente na editorial Galaxia. Escritor de obra escasa, e ata agora só poética, a...
 07/03/2007 - 01:13 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe ao escritor chairego, e membro da Real Academia Galega, Darío Xohán Cabana, con quen Manolo Romón falará do seu libro de poemas Cabalgada na brétema (Galaxia), o agardado reencontro do autor co ...
 28/02/2007 - 01:43 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe á poeta, e ex presentadora de televisión, Eva Veiga, con quen Manolo Romón falará dos seus libros A luz e as súas cicatrices (Colección Esquío) e Desconcerto (Biblos), dous títulos nos que a eum...
 21/02/2007 - 01:58 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe á escritora, actriz e contacontos Paula Carballeira, con quen Manolo Romón falará do seu libro Smara (Kalandraka), unha historia onde ten un peso fundamental a oralidade, e que mereceu o Premio ...
 14/02/2007 - 01:03 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe a viguesa An Alfaya, con quen Manolo Romón falara da súa novela máis recente, A sombra descalza (Xerais), premio Lazarillo 2006 e Premio Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, unha histor...
 07/02/2007 - 01:08 h. 
O programa de libros e literatura da Galega recibe hoxe ao monfortino Manuel Veiga, con quen Manolo Romón falará da súa novela máis recente, Lois e Helena buscándose un día de tormenta (Galaxia), premio "García Barros", unha historia de des...
 31/01/2007 - 00:59 h. 
Libro Aberto dedícalle hoxe o seu tempo de entrevista ao poeta coruñés Xavier Seoane, que acaba de publicar o libro Para unha luz ausente, galardoado co último premio Espiral Maior, concedido pola editorial do mesmo nome. Na conversa co prese...
 24/01/2007 - 00:52 h. 
O programa dedicado aos libros e á literatura na TVG recibe hoxe a un dos narradores que se incorporaron ao panorama literario galego na derradeira década do século XX: o vigués Fran Alonso, con quen o presentador de Libro Aberto, Manolo Romón...
 17/01/2007 - 01:02 h. 
O programa de libros e literatura da TVG dedica a súa primeira parte de hoxe a un histórico do teatro galego, Manuel Lourenzo, con quen o presentador do programa, Manolo Romón, fala das tres pezas reunidas en Eclipses (Laiovento edicións). Lourenzo r...
 10/01/2007 - 00:59 h. 
 03/01/2007 - 00:50 h. 
 27/12/2006 - 00:55 h. 
O programa de literatura e libros da Galega recibe hoxe á noite á compostelá Inma López Silva para falar da súa novela Non quero ser Doris Day, editada por Biblos. A obra narra a experiencia dunha muller nova en París, a onde chega logo dunha ruptura...
 06/12/2006 - 00:44 h. 
O Libro Aberto desta noite dedica o seu tempo a un dos autores chamados a renovar o panorama da narrativa en lingua galega, Diego Ameixeiras, con quen o presentador do programa, Manolo Romón, fala da novela que lle valeu para gañar a edición d...
 29/11/2006 - 00:41 h. 
O programa de libros da TVG dedica hoxe o seu tempo á mindoniense Marina Mayoral, unha das grandes narradoras galegas do presente, e mais ao arxentino Julio Cortázar, un dos referentes da literatura hispanoamericana do século XX.
Mayoral estará ...
 22/11/2006 - 00:53 h. 
O programa de literatura e libros da TVG recibe hoxe o eumés (actual director do Instituto Cervantes en Lisboa) Ramiro Fonte, para falar do seu poemario A rocha dos proscritos e dos dous primeiros volumes das súas memorias de infancia: Os meus ollos ...
 15/11/2006 - 00:42 h. 
O programa de literatura da TVG achégase hoxe á nova xeración de narradores, coa presenza no plató do vigués Francisco Castro, último gañador do premio Blanco Amor de novela, por Spam (Galaxia).
O presentador de Libro Aberto, Manolo Romó...
 08/11/2006 - 01:27 h. 
O programa de libros e literatura da TVG recibe hoxe a un dos escritores galegos máis coñecidos, o coruñés Manuel Rivas, con quen o presentador do espazo, Manolo Romón, dialogará sobre a súa última novela, Os libros arden mal (Xerais), que estes días...
 01/11/2006 - 00:31 h. 
No programa de hoxe, Manolo Romón entrevista á escritora Fina Casalderrey, un dos piares da literatura infantil e xuvenil galega, para falar da publicación da súa novela Isha, nacida do corazón (Rodeira). Premio Nacional en 1996 por O misterio dos fi...
 25/10/2006 - 00:34 h. 
O programa de libros da TVG, que presenta Manolo Romón, dedica hoxe a metade do seu tempo a falar da nova novela de Carlos G. Reigosa, Pepa A Loba (Xerais), unha obra de aventuras e amor sobre a máis famosa bandoleira galega do século XIX, definida p...
 18/10/2006 - 01:26 h. 
O programa que a Televisión de Galicia dedica aos libros e á literatura recibe hoxe a visita do escritor lugués Paco Martín, co que Manolo Romón, presentador do espazo, falará do seu último libro, A bisneta lercha (Galaxia), unha colección de catro c...
 11/10/2006 - 00:27 h. 
A entrevista que centrará hoxe o espazo dedicado á literatura, Libro Aberto, vai ser co escritor Xosé Antonio Perozo, co quen falará Manolo Romón do seu último libro "Espérame", editado en Xerais; trátase dunha novela ambientada nos ...
 04/10/2006 - 01:36 h. 
 27/09/2006 - 01:35 h. 
 20/09/2006 - 01:19 h.