Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.
television á carta
TIPO:

Divulgativos

PREESCOLAR NA CASA
Preescolar na casa é un programa de formación de pais e nais que intenta darlles seguridade ás familias na educación e crianza dos primeiros anos de vida dos fillos. Henriqueta Alonso presenta este espazo.
 06/02/2010 - 08:34 h. 
ENTREVISTA
Volve a estar connosco Rosaura Leis, pediatra e experta en nutrición, para seguir a falar de hábitos alimenticios saudables. Rosaura é autora de numerosos estudios sobre alimentación. Falaremos de educar en h...
 30/01/2010 - 08:36 h. 
ENTREVISTA
Rosaura Leis é pediatra e experta en nutrición, e autora de numerosos estudios sobre alimentación. Falaremos hoxe con ela sobre hábitos alimenticios saudables. Ter unha boa alimentación é b&aacu...
 23/01/2010 - 08:30 h. 
ENTREVISTA
Estará connosco Sagrario Maroto, oftalmóloga infantil, para falar da visión dos nenos e nenas. Debemos coidar con mimo os ollos dos máis pequenos, comezando pola súa alimentación e tendo moita p...
 16/01/2010 - 08:39 h. 
ENTREVISTA
Hoxe visita o noso plató Manuel Teira, polifacético artista, para falarnos de nenos e de arte. As mentes dos nenos e das nenas están nos primeiros anos abertas a todo tipo de propostas. A nosa misión como pai...
 09/01/2010 - 12:01 h. 
ENTREVISTA
Neste último programa do ano, e coincidindo coas festas do Nadal, falaremos dun tema ó que temos que estar moi atentos: a publicidade dirixida á infancia. Miguel Angel Arconada é profesor e un estudiosos do t...
 19/12/2009 - 08:27 h. 
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Ismael García, orientador e director da prestixiosa revista educativa "Padres y Maestros". Con el abordaremos o tema da implicación dos pais na educación dos fillos. Fam...
 12/12/2009 - 11:59 h. 


ENTREVISTA
Paula Carballeira é actriz e contocontos, e ven de recibir o III Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico. Hoxe estará no noso programa para falar de teatro e infancia. No teatro temos unha poderosa ferr...
 05/12/2009 - 08:27 h. 
ENTREVISTA
Cada 25 de Novembro celébrase o Día para a Erradicación da Violencia contra a Muller. Pero para acadar este obxectivo debemos incidir basicamente na educación. Educar a nenos e nenas na igualdade entre homes ...
 28/11/2009 - 08:31 h. 
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González. Falaremos con ela de como educar coeducando, é dicir, sen discriminar en función do sexo. A familia, a escola ...
 21/11/2009 - 08:30 h. 
No estudio de "Preescolar na Casa" estará como convidado Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, para conversar sobre os diferentes axentes educativos.
O equipo do programa achéga...
 14/11/2009 - 08:30 h. 
Na actualidade vivimos nun momento en que continuamente nos preguntamos o porqué de determinados comportamentos nas etapas da infancia e a xuventude. Posto que é un tema que preocupa, no programa desta semana de "Preescolar na c...
 07/11/2009 - 08:30 h. 
Nesta época en que vivimos, en que a maioría das familias ten que facer esforzos económicos para chegar a final de mes, cómpre pararse a pensar nos gastos e na forma de consumo que temos, así como educar os nenos pa...
 31/10/2009 - 08:36 h. 
O "Preescolar na casa" de hoxe, contará coa presenza de Miguel Ángel Arconada, profesor de secundaria e grande estudoso da igualdade. Ensinará a importancia de educar os nenos de forma que compartan as responsabilidades...
 24/10/2009 - 08:30 h. 
No "Preescolar na casa" desta semana, o programa que presenta Henriqueta Alonso, aprenderase aos pais a introducir os seus fillos na lectura, un hábito que lles abrirá moitas portas, entre elas as do marabilloso mundo d...
 17/10/2009 - 12:00 h. 
Esta semana, o programa "Preescolar na casa", que presenta Henriqueta Alonso, leva por título "Os nenos e a poesía". Para falar deste tema, estará no programa Antonio García Teijeiro, mestre, escritor e...
 10/10/2009 - 08:30 h. 
Hoxe acompáñanos Manuel Veiga, responsable de formación da Cruz Vermella de Lugo, para tratar o importante tema da prevención dos accidentes que acontecen no fogar. Coñecer os riscos que hai nas casas e saber...
 03/10/2009 - 08:30 h. 
Estará connosco no programa Manuel Veiga, Responsable de Formación da Cruz Vermella de Lugo, para falarnos dun tema ben escabroso pero ben importante: os accidentes de tráfico. Saber como podemos evitar os accidentes de ci...
 26/09/2009 - 11:56 h. 
Beatriz Trueba é asesora do profesorado e unha recoñecida experta en educación infantil no ámbito internacional. Hoxe estará connosco no programa para falar dos distintos espazos próximos ao neno e tre...
 19/09/2009 - 08:30 h. 
Despedimos este curso con Xosé Neira Cruz, profesor de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e escritor. É autor dun fermoso conto titulado "Unha chea de familias". Con este conto de fondo, falaremos da i...
 27/06/2009 - 11:57 h. 
Hoxe estará no noso programa Ana Mª Vázquez Lorenzo, orientadora de Preescolar na Casa. Está connosco para presentarnos unha actividade especial da Fundación que leva o nome deste programa. Dende o mes de marzo do a...
 20/06/2009 - 11:56 h. 
Volve estar connosco Beatriz Trueba, asesora do profesorado, e recoñecida experta en educación infantil no ámbito internacional. Hoxe falaremos con ela do contorno máis próximo ao neno, o lugar onde se dan as...
 13/06/2009 - 08:30 h. 
Beatriz Trueba é asesora do profesorado, e unha recoñecida experta en educación infantil en todo o mundo. Hoxe estará connosco no programa para falar dos distintos espazos próximos ao neno e tremendamente necesarios para acadar un desenvolveme...
 06/06/2009 - 08:30 h. 
Volve estar connosco Rosalía Aranda, profesora do Departamento de Didáctica e Teoría da Educación da Universidade Autónoma de Madrid, para seguir falando de Atención Temperá. Ela foi a coordinadora dun libro titulado “Atención Temprana en Educ...
 30/05/2009 - 08:37 h. 
Rosalía Aranda, profesora do Departamento de Didáctica e Teoría da Educación da Universidade Autónoma de Madrid, está hoxe no noso programa para falarnos da Atención Temperá. A atención temperá naceu orientada a nenos e nenas discapacitados e ...
 23/05/2009 - 11:52 h. 
Rosa Mª Rivas é profesora na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e está hoxe con nós no programa para falar dun tema ben importante no desenvolvemento dos nenos e das nenas: a linguaxe. Ter actitudes positivas na...
 16/05/2009 - 11:59 h. 
Rosa Mª Rivas é profesora na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e está hoxe con nós no programa para falar dun tema ben importante no desenvolvemento dos nenos e das nenas: a linguaxe. Ter actitudes positivas na...
 09/05/2009 - 11:57 h. 
Pablo Vila e María Candal son pais de dous nenos concibidos mediante fecundación in vitro. Falaremos con eles sobre a súa experiencia.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
A medida que medra, o neno vai desenvolvendo a coordinación física,...
 02/05/2009 - 08:30 h. 
Hoxe temos no programa a Andrés Hernández, técnico da Fundación Meniños, para falar do proxecto “Facendo familias”, un material para traballar cos nenos de educación infantil para conciencialos de que eles mesmos teñen que ser protagonistas na...
 25/04/2009 - 08:30 h. 
No programa anterior estaba connosco Javier Rouco, mestre e Asesor do CEFORE (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) e hoxe repetirá para continuar co apaixonante tema que tiñamos entre mans, a aprendizaxe dos nenos e das nenas. Hoxe centraré...
 18/04/2009 - 08:30 h. 
Javier Rouco é mestre e asesor do CEFORE (Centro de Formación e Recursos do Profesorado) e estará hoxe no programa para falar sobre un tema ben interesante: a aprendizaxe dos nenos e das nenas. Saber que aprenden os nenos nos primeiros anos se...
 04/04/2009 - 11:57 h. 
"Preescolar na Casa" está de parabéns, pois tras case vinte anos de emisión, o programa que a canle autonómica realiza conxuntamente coa fundación "Preescolar na casa. Educación en Familia" establecida en 1977-, chega este sábado á emisión do seu pro...
 28/03/2009 - 08:30 h. 
Isidoro Rodríguez é o un dos primeiros homes solteiros en adoptar en Galicia. Isidoro vén ao noso programa contar a súa experiencia persoal, dende o momento en que pensou en ter un fillo, cun proceso e un camiño cheo de atrancos, e o propio fe...
 21/03/2009 - 11:57 h. 
Hoxe volve estar no programa Ana Gago, psiquiatra da Unidade Infantil e Xuvenil do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Hoxe falaremos das enfermidades mentais máis habituais na infancia, como son o trastorno por hiperacti...
 14/03/2009 - 08:32 h. 
Ana Gago é psiquiatra da Unidade Infantil e Xuvenil do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Ana estará connosco no programa para falar de saúde mental infantil. A saúde mental dos nosos nenos e nenas é motivo de preocupaci...
 07/03/2009 - 11:59 h. 
Hoxe repetirá no noso estudio de gravación David Otero, mestre, escritor e animador á lectura. Falaremos hoxe da creatividade, esa capacidade do individuo para xerar ideas e produtos con características únicas. A capacidade que debemos ter as ...
 28/02/2009 - 08:30 h. 
David Otero estará hoxe connosco para falar deses nenos con altas capacidades, nenos con necesidades específicas de apoio educativo. David Otero é mestre, escritor e animador á lectura. Falaremos desas necesidades e de como poden ser cubertas....
 21/02/2009 - 08:30 h. 
Hoxe estará no noso programa Almudena Janeiro, Mestra de Música e autora dun bonito traballo: “Contos en Cantos”. Almudena intenta chegar ao corazón dos máis pequenos mesturando música e contos. Da importancia da música e da importancia dos co...
 14/02/2009 - 08:30 h. 
Estará connosco no programa Xosé Neira Cruz, escritor e Profesor na Facultade de Xornalismo da USC. Neira Cruz acaba de escribir un libro titulado 'Unha chea de familias', onde, en forma de conto, fai un fermoso repaso pola variedade de famili...
 07/02/2009 - 08:29 h. 
Don Federico Mayor Zaragoza é Presidente da Fundación Cultura de Paz, e dispón dun amplo currículo. Foi Presidente da UNESCO, Ministro de Educación, catedrático da Universidade, presidente do CSIF, parlamentario nas Cortes e no Parlamento Euro...
 31/01/2009 - 11:56 h. 
Eduard Estivill é pediatra e neurofisiólogo, e é ben coñecido no mundo da educación infantil polo seu método para durmir, o 'Método Estivill', non exento de polémica. Hoxe estará connosco no programa con motivo da publicación do seu último lib...
 24/01/2009 - 08:30 h. 
Manuel Olveira é o Director do Centro de Arte Contemporánea de Galicia, e estará hoxe no noso programa para falar de educación artística. Os primeiros anos son un bo momento para introducir os nenos na arte. O gusto pola arte e pola estética d...
 17/01/2009 - 08:30 h. 
Neste primeiro programa do ano queremos resaltar a importancia da educación, sobre todo infantil e sobre todo, na familia. Para isto estará hoxe connosco no programa Ermitas Fernández, Directora da Fundación Preescolar na Casa, para recalcar a...
 10/01/2009 - 08:30 h. 
O programa pedagóxico da Galega reflexiona nestas datas sobre o consumismo, precisamente na época do ano en que se adquiren máis produtos. Por iso Mª Xosé Teijeiro, xerente do Instituto Galego do Consumo organismo da Xunta de Galicia encargado...
 20/12/2008 - 11:58 h. 
O programa pedagóxico da Galega entrevista hoxe a Luís Toirán, un mestre que desenvolve o seu traballo nunha zona da montaña luguesa que vive un progresivo despoboamento. O invitado contará cales son as vicisitudes do seu traballo e incidirá n...
 13/12/2008 - 11:55 h. 
O programa pedagóxico da Galega contará hoxe coa presenza de Xoán Costa, o presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para falar sobre a evolución da actividade educativa durante os trinta anos da súa traxectoria como docente. A formaci...
 06/12/2008 - 08:30 h. 
O programa pedagóxico da Galega, "Preescolar na Casa", prestará atención na súa entrevista de hoxe á necesidade de previr mediante a educación unha das lacras da nosa sociedade: a violencia de xénero. Ana L. Bouza Santiago, directora...
 29/11/2008 - 08:32 h. 
O programa pedagóxico da TVG, "Preescolar na Casa", presta atención na súa entrevista de hoxe á coeducación dos nenos como forma de loita contra a educación sexista. Para conversar sobre un tema de grande importancia e actualidade como este, o progra...
 22/11/2008 - 08:36 h. 
"Preescolar na casa", o programa pedagóxico da Televisión de Galicia, intentará introducir os nenos no mundo da ciencia. Con este fin contará hoxe coa presenza da mestra, bióloga e condutora de "Ciencianosa", María Solar. Porque todo é ciencia...
 15/11/2008 - 08:35 h. 
Volve estar connosco no programa Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, para falar sobre os conflitos. Os conflitos son inevitables, e moitas veces ata necesarios para avanzar e desenvolvernos. Por iso, prepararno...
 08/11/2008 - 08:35 h. 
Hoxe estará no noso programa Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, para falarnos da tan traída e tan levada Educación para a Cidadanía. Veremos que hai de verdade nas polémicas derivadas desa materia. AS COUSIÑ...
 01/11/2008 - 08:33 h. 
Teremos connosco a Manuel Castro Santamariña, mestre e presidente do IESCHA, Instituto de Estudos Chairegos. Con este mestre queremos falar sobre o noso país e sobre a nosa lingua, sobre a nosa terra e a nosa cultura, sobre o presente, e tamén...
 25/10/2008 - 08:30 h. 
Dentro das actividades de cada día, o programa achégase ata a Feira do Páramo, no corazón da provincia de Lugo, un lugar de encontros propio da cultura galega, onde hai compras e vendas, palabras e intercambios. Esta experiencia para compartir cos ne...
 18/10/2008 - 08:32 h. 
Preescolar na Casa comeza o programa falando co mestre e orientador Juan Antonio Pinto Antón, para reflexionar sobre os horarios dos nenos e da familia, sobre o tempo que hai que dedicar aos fillos, as horas de sono e o tempo que se debe pasar...
 11/10/2008 - 08:33 h. 
Diario dun pai acabado de nacer
ENTREVISTA
Henrique Alvarellos estará no programa para falar da paternidade. Henrique acaba de sacar un libro titulado "Diario dun pai acabado de nacer", en que reflexiona a xeito de diario s...
 04/10/2008 - 08:30 h. 
Fin Curso 2007/2008
ENTREVISTA
No derradeiro programa deste curso 2007/2008, agradecemos aos distintos convidados que pasaron polo noso plató a súa colaboración. Hoxe fixemos unha escolma das súas conversas.
AS COUSIÑAS DE CADA ...
 28/06/2008 - 08:33 h. 
Diario dun pai acabado de nacer
ENTREVISTA
Teremos connosco a Henrique Alvarellos, editor, xornalista e escritor. Henrique acaba de sacar un libro titulado Diario dun pai acabado de nacer, en que reflexiona a xeito de diario sobre o...
 21/06/2008 - 08:32 h. 
Atención ao parto
ENTREVISTA
Iñigo M. Montesino Semper é xinecólogo e coordinador da Guía de atención ao parto normal, puerperio e lactación materna do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller (PAISM) e estará hoxe no programa par...
 14/06/2008 - 08:33 h. 
Inmigrantes en Galicia
ENTREVISTA
Hoxe falaremos de inmigración con Antonina Semedo, membro da Asociación Caboverdiana da Mariña. Antonina, caboverdiana residente en Galicia, contaranos as súas vivencias como inmigrante, os seus prob...
 07/06/2008 - 08:31 h. 
Atención a inmigrantes
ENTREVISTA
Concepción Pernas é técnica dos Servizos Sociais do concello de Burela, e está hoxe no noso programa para falar da Atención a inmigrantes. O concello de Burela é un concello da Mariña luguesa onde co...
 31/05/2008 - 08:35 h. 
Concertos para bebés
ENTREVISTA
A música exerce desde os primeiros anos unha grande influencia nos nenos e nenas. Xa antes de nacer, os nenos e nenas escoitan, reaccionan, …, os compases e o ritmo da música contribúen a que se sintan...
 24/05/2008 - 08:33 h. 
O galego
ENTREVISTA
Paula Carballeira é escritora, actriz e dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral. Todo en galego. Por iso nos parece que se trata dunha persoa idónea para falar hoxe, no Día das Letras Galegas, do e...
 17/05/2008 - 08:32 h. 
Importancia da familia
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco José Manuel Suárez, Presidente da Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia. Falaremos da importancia da familia como primeira e principal educadora dos nenos. A implic...
 10/05/2008 - 08:32 h. 
Publicidade e infancia
ENTREVISTA
José Manuel Suárez, presidente da Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia, estará no programa para falar de publicidade e infancia. Nesta sociedade de consumo, o bombardeo brutal da publicidad...
 03/05/2008 - 08:35 h. 
Xogo tradicional
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Antón Cortizas, mestre e escritor, para falar do xogo tradicional. Os xogos tradicionais representan un entretemento variado, benefician a calidade da sociedade e da comunidade...
 26/04/2008 - 08:31 h. 
Importancia da lectura

ENTREVISTA
A importancia da lectura. Nesta semana en que celebramos o Día do Libro, estará no noso programa Antón Cortizas, mestre e escritor, para falar da importancia da lectura na vida das persoas. Non podemos ...

 19/04/2008 - 08:30 h. 
Lactancia artificial
ENTREVISTA
Lactación artificial. Neste programa volvemos ter connosco a José Manuel Martín, pediatra do hospital do Barbanza e membro da Comisión da Lactación Materna da Asociación Española de Pediatría, para fal...
 12/04/2008 - 08:30 h. 
Lactancia materna
ENTREVISTA
Neste programa que queremos dedicar ao Día Mundial da Saúde, estará connosco José Manuel Martín, pediatra do hospital do Barbanza e membro da Comisión da Lactación Materna da Asociación Española de Pediat...
 05/04/2008 - 08:29 h. 
Prevención de accidentes
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco José Manuel Martín, pediatra do hospital do Barbanza, para falar dun tema que lles preocupa a todos os pais, a prevención de accidentes infantís. Falaremos dos accidentes máis c...
 29/03/2008 - 08:31 h. 
Adopcións especiais
ENTREVISTA
Hoxe falaremos con Ángel Martínez, responsable da Fundación Arela, para falar das adopcións especiais. A adopción é un proceso legal, dirixido a proporcionarlles un fogar permanente aos nenos que se ato...
 15/03/2008 - 08:34 h. 
Progreso para a infancia
ENTREVISTA
Estará connosco no programa Manuel Sández, presidente de Unicef Galicia, para falar do informe anual da súa organización.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Hoxe toca ir ao pediatra. Ao longo dos p...
 08/03/2008 - 08:25 h. 
Psicomotricidade II
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco Cristina López, Profesora da Universidade de Vigo e especialista en psicomotricidade, para seguir falando de nenos e de movemento. Hoxe falaremos de conceptos como o ton muscu...
 01/03/2008 - 08:29 h. 
Psicomotricidade I
ENTREVISTA
Hoxe está connosco Cristina López, Profesora da Universidade de Vigo e especialista en psicomotricidade, para falar de nenos e de movemento. A psicomotricidade é a actividade motriz da persoa, observada ...
 23/02/2008 - 08:30 h. 
Ecoloxía para os máis pequenos
ENTREVISTA
Hoxe está connosco Anxo Moure. Vai falar connosco de ecoloxía, de educación ambiental. Ecoloxía para os máis pequenos.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Crecemos cos outros, medramos xuntos. ...
 16/02/2008 - 08:30 h. 
Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade
ENTREVISTA
Hoxe teremos no programa a Carmen Salgado, psicopedagoga e colaboradora da Asociación Bule-Bule, Asociación de familias con nenos con Déficit de Atención e Hiperactividad...
 09/02/2008 - 08:31 h. 
Educación viaria
ENTREVISTA
Hoxe está connosco Pedro J. Pastor del Castillo, Xefe Provincial de Tráfico da provincia da Coruña. Falaremos de educación viaria.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
A conquista da linguaxe. A linguaxe fai...
 02/02/2008 - 08:30 h. 
A educación, un dereito
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco no programa Jesús Rodríguez, vicedecano de Educación, Director da Revista Galega de Educación e membro de Nova Escola Galega. Jesús falará hoxe do estado da educación en Galicia...
 26/01/2008 - 08:30 h. 
Familias e medio rural
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco no programa Diego Rodríguez, Técnico do Concello de Cerdido e colaborador de varias ONGs para darnos as claves do rural galego. Preescolar na Casa acaba de celebrar o seu 30 aniv...
 19/01/2008 - 08:30 h. 
Servizos de Orientación a familias
ENTREVISTA
Falaremos con José Torres, Orientador de Preescolar na Casa sobre a apaixonante tarefa de orientar as familias na educación de seus fillos.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Vivir no r...
 12/01/2008 - 08:30 h. 
O botellón
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco o alcalde de Lugo, o señor López Orozco, para falar dun tema que lles preocupa a todos os pais, de nenos pequenos e non tan pequenos: o fenómeno do botellón.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
 15/12/2007 - 08:36 h. 
Servizos de Atención Temperá
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco no programa Xaime Ponte, médico e Presidente da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). O obxectivo da Atención Temperá é favorecer o desenvolvemento e o benesta...
 08/12/2007 - 08:30 h. 
Atención Temperá
ENTREVISTA
Falaremos no programa con Xaime Ponte, médico e Presidente da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT). Os obxectivos da Atención Temperá son favorecer o desenvolvemento e o benestar do neno e da súa f...
 01/12/2007 - 07:57 h. 
Violencia de xénero
ENTREVISTA
Falaremos no programa con Carmen Díaz Simón, orientadora do Instituto Lucus Augusti de Lugo, sobre as vítimas en feminino, sobre a violencia sexista tan presente na nosa sociedade.
AS COUSIÑAS DE ...
 24/11/2007 - 08:06 h. 
Sexismo e coeducación
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco no programa Carmen Díaz Simón, orientadora do Instituto Lucus Augusti de Lugo. Falaremos con Carmen de sexismo e coeducación.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
O neno xa ten dous...
 17/11/2007 - 08:04 h. 
Convivencia e conflito
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco Jesús R. Jares, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Educación da Universidade da Coruña, e Presidente da Asociación Galego Portuguesa pola Paz. F...
 10/11/2007 - 08:30 h. 
Pedagoxía da convivencia
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Jesús R. Jares, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Educación da Universidade da Coruña, e Presidente da Asociación Galego Portuguesa pola...
 03/11/2007 - 08:30 h. 
Formación de pais
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco no programa Lois Ferradás Blanco, decano da Facultade de C.C. da Educación, para falar da importancia da formación dos pais na educación dos nenos.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
 27/10/2007 - 08:30 h. 
Preescolar na casa, un servizo de calidade
ENTREVISTA
Hoxe estará no programa Lois Ferradás Blanco, decano da Facultade de C.C. da Educación, para falar de educación e de servizos educativos. Concretamente, falaremos do noso progra...
 20/10/2007 - 08:30 h. 
Convivir coa televisión
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Juan Antonio Pinto Antón, mestre e realizador de guións deste programa para falar da convivencia en familia co televisor.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Os nenos e as...
 13/10/2007 - 08:23 h. 
Educando o afecto
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Pepa Horno Goycoechea, psicóloga e Coordinadora da Organización Save the Children, para falar da educación afectiva. As relacións afectivas son un proceso que lles dá ás perso...
 06/10/2007 - 08:30 h. 
Escolma curso 06/07
ENTREVISTA
Rematamos o curso agradecéndolles a todos os entrevistados que pasaron polo programa a súa colaboración. Máis de 30 invitados que nos fixeron partícipes do seu saber e do seu incrible respecto pola infa...
 30/06/2007 - 08:30 h. 
Enfermidades que non teñen vacina
ENTREVISTA
Hoxe volve estar connosco Federico Martinón, pediatra da UCI do Hospital Universitario de Santiago de Compostela. Falaremos das enfermidades contra as que non hai vacina, e falaremos con e...
 23/06/2007 - 08:30 h. 
As vacinas
ENTREVISTA
Federico Martinón é pediatra da UCI do Hospital Universitario de Santiago de Compostela. Falaremos das vacinas no primeiro ano de vida do neno que teñen como obxectivo protexer de enfermidades graves. Provocan n...
 16/06/2007 - 08:30 h. 
Discapacidade visual II
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Rosa Pérez, educadora da ONCE, desde onde facemos o programa. Falaremos con Rosa de como hai que traballar con nenos con discapacidade visual, e verémola a ela traballan...
 09/06/2007 - 08:30 h. 
Discapacidade visual
ENTREVISTA
Hoxe estará no noso programa Mª José Losada, psicóloga, para falarnos da discapacidade visual e do traballo dos servizos educativos da ONCE. Falaremos de integración, de barreiras, de satisfaccións, e ...
 02/06/2007 - 08:30 h. 
Ven e xoga connosco
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco Mª José Castro Girona, mestra do Colexio Díaz Morenos de Baralla. Mª José acaba de ser premiada pola Consellería de Educación por un Proxecto de Recuperación de Xogos tradicionais e...
 26/05/2007 - 08:30 h. 
O galego
ENTREVISTA
Hoxe estará connosco no noso programa Rosario Álvarez, membro da Real Academia Galega e Directora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, para falar de galego, da súa situación e d...
 19/05/2007 - 08:30 h. 
Nenos xordos II
ENTREVISTA
Nenos xordos II. Hoxe volve estar connosco no noso programa Mercedes Varea, orientadora do Colexio Nosa Señora do Rosario da Coruña. Hoxe falaremos de como integrar e como escolarizar estes nenos.
AS C...
 12/05/2007 - 08:30 h. 
Nenos xordos I
ENTREVISTA
Nenos xordos. Hoxe estará no noso programa Mercedes Varea, orientadora do Colexio Nosa Señora do Rosario da Coruña. Neste colexio trabállase con nenos xordos, e ten unha ampla experiencia neste campo.
A...
 05/05/2007 - 08:30 h. 
Educando o afecto
ENTREVISTA
Educando o afecto. Hoxe volve estar no noso programa Pepa Horno Goycoechea, psicóloga e coordinadora da Organización Save the Children, para falar da educación afectiva. O afecto edúcase, foméntase, const...
 28/04/2007 - 08:30 h. 
O castigo físico
ENTREVISTA
O castigo físico. Hoxe estará connosco Pepa Horno Goycoechea, psicóloga e coordinadora da Organización Save the Children, para falar do castigo físico. Co lema "Corrixir non é pegar", preténdese ...
 21/04/2007 - 08:30 h. 
Os Dereitos dos Nenos e das Nenas
ENTREVISTA
Os dereitos do nenos e das nenas. Hoxe estará connosco Andrés Fariña, ex Presidente de UNICEF Galicia. A Fundación Preescolar na Casa e UNICEF, a través deste programa de TV, daranlles a c...
 14/04/2007 - 08:30 h. 
Saúde mental infantil
ENTREVISTA
Saúde mental infantil. Hoxe estará connosco Mª Dolores Domínguez, psiquiatra e profesora da USC, para falar da saúde mental dos nosos nenos. Moitos nenos levan unha vida propia de adultos, que lles es...
 31/03/2007 - 08:30 h. 
Contos para nenos
ENTREVISTA
Os Bolechas, contos para nenos. Hoxe estará connosco Pepe Carreiro, artista e creador dos Bolechas. Con el falaremos do poder do conto, da literatura e do debuxo para aprender.
AS COUSIÑAS DE CADA D...
 24/03/2007 - 08:30 h. 
Implicación dos pais na educación
ENTREVISTA
Implicación dos pais na educación. Falaremos con José Fernández López, psicólogo e Presidente da Asociación Vagalume do Barco de Valdeorras, do importante que é a implicación dos pais e da...
 17/03/2007 - 08:30 h. 
Nenos prematuros
ENTREVISTA
Nenos prematuros. Hoxe falaremos con Javier Cairo Antelo, xefe da Unidade de Atención Temperá e Rehabilitación do complexo hospitalario Juan Canalejo dos nenos prematuros e os coidados especiais que requir...
 10/03/2007 - 08:30 h. 
Atención temperá
ENTREVISTA
Atención temperá no Teresa Herrera, Premio Reina Sofía. Esta sección do complexo hospitalario Juan Canalejo acaba de recibir este prestixioso premio pola axeitada asistencia aos nenos en situación de risco...
 03/03/2007 - 08:30 h. 
30 anos de Preescolar na Casa
ENTREVISTA
Preescolar na Casa celebra neste ano 2007 o seu 30 aniversario. Hoxe está connosco Alejandro Fernández Pumariño, Presidente da Fundación Preescolar na Casa para facer un percorrido polos 30 ...
 17/02/2007 - 08:30 h. 
Educar na diversidade
ENTREVISTA
Educar na diversidade. Jurjo Torres, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña falará do que significa educar na diversidade, entendendo as características individuais,...
 10/02/2007 - 08:30 h. 
Educar hoxe
ENTREVISTA
Educar hoxe. Entrevistaremos a Jurjo Torres, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña, para falar do que significa educar na realidade que vivimos.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA<...
 03/02/2007 - 08:24 h. 
Hábitos saudables
ENTREVISTA
Hábitos saudables. Hoxe teremos no programa a Ramón Medina, Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, para tratar un tema de sumo interese para as familias con nenos pequenos: educar en hábitos...
 27/01/2007 - 08:00 h. 
Educar en valores
ENTREVISTA
Educar en valores. Hoxe volve estar no programa Ánxela Loureiro, mestra e escritora, para falar de valores. Diálogo, respecto aos demais, esforzo... son imprescindibles para acadar unha sociedade libre e...
 20/01/2007 - 08:00 h. 
Xoguetes musicais
ENTREVISTA
Hoxe está connosco Ánxela Loureiro, mestra e escritora. Con Ánxela falaremos da importancia da música e do xogo.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Museo étnico Casa do Patrón. No lugar de Codeseda, na pa...
 13/01/2007 - 08:30 h. 
Consumo e consumismo
ENTREVISTA
Hoxe teremos no programa a Mª Xosé Teijeiro, xerente do Instituto Galego do Consumo. Está connosco porque estamos na época do ano onde máis se consome, e cómpre facer un chamamento a non perder a cabez...
 23/12/2006 - 08:00 h.