Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:25 h.
Hoxe na TVG
Foto de Matalobos (22:25 h.) na TVG
Matalobos
Thriller policial que xira arredor dunha familia asentada na costa galega e dedicada, entre outros negocios, ao narcotráfico.
Saltan as alarmas na Sardiñeira cando aparece o cadáver de Arturo Campos e cando Carmelo descobre a traizón de Diego Dourado, o seu ata agora home de confianza, pois o asasinato do avogado implica que alguén quedou cos cartos destinados ao rescate de Iván Matalobos. Namentres, no cuartel da Garda Civil, aínda sospeitando que o móbil da desaparición de Arturo foi o diñeiro, non están moi certos sobre quen traizoou a quen. O que si é unha realidade é que o avogado foi asasinado e o asunto saltou aos medios de comunicación.

Doutro lado, Carmelo Matalobos iniciará unha operación de busca e captura para dar co paradoiro de Diego Dourado xa que necesita urxentemente recuperar o diñeiro do rescate para liberar a seu fillo. O sicario terá que recorrer a Adriana Calderón, doutro clan, para salvar a vida, pero na Sardiñeira ningunha axuda sae gratis. Pola súa parte, a Garda Civil avanza nas súas investigacións e cada vez está máis preto do lugar onde os colombianos agochan a Iván.
Publicidade
21:37 h.
Hoxe na TVG
Foto de Alalá (21:37 h.) na TVG
Alalá
A vida moderna conxugada co saber tradicional.
O gaiteiro de mirada tranquila que presenta esta noite "Alalá" fixo feliz a moita xente que o define como un "todoterreo", moi bo compañeiro, veciño e un home que se dedicou a unha morea de oficios pero cunha salvidade, non é como di o refrán "Mil oficios ten Xan e de ningún come pan", pois con Manuel Gende podería cambiarse o dito: "Mil oficios ten Manuel e de todos come ben".

A gaita sempre lle gustou a Gende e a súa aprendizaxe pasaba, como el di, "por estar arredor dos gaiteiros". Este grande home foi afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e enterrador -dezaoito anos- e hoxe descubriremos que é moi posible. Tamén é un gaiteiro que polo amor dos fillos tivo que volver da emigración porque non era capaz de estar sen eles e, unha vez aquí, os fillos quixeron tocar con papá e así estiveron uns doce ou trece anos.

A Gende gústalle compartir o que sabe, tanto é así que agora anda a aprenderlles á muller e a unha veciña algúns dos temas ...
06:00 h.
Hoxe na RG
Galicia por diante (06:00 h.) na Radio Galega
Galicia por diante
O programa preséntase como o gran vehículo das mañás na Radio Gale-ga, con letras maiúsculas, con plu-ralidade e con vocación de servizo.
Galicia por diante preséntase como o gran vehículo das mañás na radio pública galega, con letras maiúsculas, con pluralidade e con vocación de servizo. De 6 a 12 da mañá, Galicia por diante está disposto a liderar as primeiras horas do día no país, con micrófonos en todos os puntos e a garantía de que estará alá onde se produza a noticia. Durante as seis horas de radio en vivo, o gran programa das mañás da Radio Galega, baixo a dirección de Kiko Novoa, disporá das voces más sobranceiras do panorama político e social. Fernando Ónega, Xosé Luís Barreiro, Xaime Pita, María Antonia Iglesias e Camilo Nogueira son algunhas das firmas que compartirán a súa opinión cos oíntes para pechar o círculo informativo e de entretemento co que nace este gran proxecto.
Como a vida mesma, Galicia por diante trasladará as diversas dimensións da vida mesma: a cultura, a sociedade, o humor, a ciencia... Pero por riba de todo estás ti. Ti estás por diante.

Frecuencias Radio Galega

  Centros reemisores - A Coruña

ESTACIÓNS SITUACIÓN F.M.
CARIÑO-ORTIGUEIRA Monte Miranda 87.6
CARBALLO Monte NEME 88.5
SANTIAGO Monte Pedroso 96.2
A CORUÑA Penamoa 104.8
FERROL Monte Faro 103.9
CEE Alto das Penas 104.4
VIMIANZO Monte Sangue 104.6
MUROS A Forcada Serres 106.6
NOIA San Lois 90.3

  Centros reemisores - Lugo

ESTACIÓNS SITUACIÓN F.M.
NAVIA DE SUARNA Freixís 91.1
VILALBA O Xistral 98.3
LUGO Pena Rubia 94.1
FOLGOSO DO COUREL Alto do Boi 100.4
PEDRAFITA Alto do Poio 102.4
LOURENZÁ-FOZ Pena Corneira 103.3
VIVIEIRO O Castelo 103.5
SARRIA Monte Páramo 103.7
A PONTENOVA Picato-Vilarín 104.5
RIBADEO O Mondigo 105.2
XOVE-BURELA A Medela 106.6

  Centros reemisores - Ourense

ESTACIÓNS SITUACIÓN F.M.
VERÍN Alto de Fontefría 88.5
LOBIOS Santa Eufemia 92.7
OURENSE Seminario 98.3
O BARCO Santa Eulalia 101.2
MONTEDERRAMO - MEDA Monte Meda 104.8
VIANA DO BOLO San Bernabé 105.2

  Centros reemisores - Pontevedra

ESTACIÓNS

SITUACIÓN F.M.
A GUARDA Santa Tegra 91.0
A CUROTA A Curota 92.4
A CAÑIZA Monte Paradanta 93.5
PONTEVEDRA Tomba; 94.7
VIGO Lavadores 95.1
TUI Aloia 96
CUNTIS-CALDAS Xesteiras 100.9
REDONDELA-BUEU Domaio 102.3
LALÍN Monte Carrio 104.4
NIGRÁN 99.7

Frecuencias Radio Galega Música

RADIO GALEGA MÚSICA pode escoitarse tamén na canle 11 da radio dixital, en Internet e en FM nas seguintes frecuencias:

LOCALIDADE FRECUENCIA
SANTIAGO 104.2
FERROL 106.3
A CORUÑA 92.1
A COVA (centro.prov.Lugo) 96.6
OURENSE 95.6
LUGO (Capital) 106.2
PONTEVEDRA 101.4
VIGO(Domaio) 90.8
XIABRE(Noia, Cambados) 88.0
XISTRAL 100.2

Frecuencias Son Galicia Radio

Na canle 11 dos receptores de Radio Dixital e a través de Internet.