Compañía de Radio-Televisió de Galicia
22:23 h.
Hoxe na TVG
Foto de Galegos no mundo (22:23 h.) na TVG
Galegos no mundo
Os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país.
Partindo de que o pobo galego non ten fronteiras nin se puxo límites á hora de partir, pódense atopar galegos polo mundo adiante -máis de 300.000-, nos recunchos máis afastados e atendendo as facetas máis diversas. Para reflectir esta realidade, "Galegos no mundo" achéganos as olladas de todos aqueles cidadáns que tomaron o mundo por bandeira, como os de hoxe, que atoparon unha vida nova na urbe das canles, das pontes e das bicicletas, na que conflúen sen conflito o gusto polo tradicional e polo moderno, Ámsterdam.

O equipo do programa estará hoxe acompañando a seis galegos que se estableceron na "Venecia do norte", internándose nas súas vidas e motivacións, como os casos de Fernando Sabajones, que nos amosa o seu restaurante galego, o primeiro da cidade, no barrio Vermello de Ámsterdam; Javier Paz, arquitecto de Sada que nos descobre a singularidade do urbanismo holandés; Lucía Cortiñás, unha ourensá que traballa de operadora de vídeos nunha televisión ...
Foto de Segredo no fondo do mar () na TVG
Segredo no fondo do mar
Miniserie francesa de suspense
19:05 h.
Hoxe na RG
Convivir en igualdade (19:05 h.) na Radio Galega
Convivir en igualdade
Clara de Saá conduce este programa de contido social en que se fala de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar.
Clara de Saá conduce Convivir en igualdade, un programa diario de carácter divulgativo e contido social en que se falará de temas relacionados con discapacidades, adopcións ou acollemento familiar. Ademais trataranse os asuntos que lles atinxen aos mozos e aos maiores e farase un seguimento ás accións do voluntariado. Cuestións relacionadas coa saúde, a inmigración e actualidade no campo social terán tamén cabida no programa, que contará ademais coa colaboración de expertos para explicar todas as dúbidas que demande a propia audiencia mediante chamadas, mensaxes, correo ordinario ou correo electrónico.
Compañia de Radio Televisión de Galicia
A Compañía de Radio-Televisión de Galicia é un ente público con personalidade xurídica propia creado pola Lei de Galicia 9/1984 de 11 de xullo. O seus obxectivos son a posta en funcionamento, xestión e explotación dos medios de comunicación públicos de Galicia. Con ese fin creáronse dúas sociedades anónimas: a Televisión de Galicia S.A. e a Radiotelevisión Galicia S.A. para contribuír á normalización lingüística e á cohesión do tecido social e xeográfico do país.

  Consello de Administración
  Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades
  Director Xeral

Consello de Administración

Está composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade. Na actualidade, o Consello de Administración está integrado por:


Bastida Domínguez
Bastida Domínguez,
María
PP
Iravedra Lestal
Iravedra Lestal,
Xosé Luís
PP
Jiménez Morán
Jiménez Morán,
Xoán Manuel
PP
Maneiro Vila
Maneiro Vila,
Arturo
PP
Meijide Gómez
Meijide Gómez,
Higinio
PP
Peón Pineiro
Peón Piñeiro,
Ana Isabel
PP
Araujo Rodríguez
Araújo Rodríguez,
Juan Carlos
PSdeG-PSOE
Cid González
Cid González,
Roberto
PSdeG-PSOE
Fernández Vázquez
Fernández Vázquez,
Adriana
PSdeG-PSOE
Rodríguez Calvo
Rodríguez Calvo,
Carlos Alberto
PSdeG-PSOE
Antelo Pazos
Antelo Pazos,
Manuel
BNG
Prado Cores
Prado Cores,
Montserrat
BNG

Novas do Consello de Administraci&ocute;n

XORNADAS SOBRE A TDT EN GALICIA
ORGANIZADAS POLO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA CRTVG

Obxectivo:
Coñecer de forma directa os prazos de implantación da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, así como as consecuencias do novo panorama tecnolóxico na difusión de TVG, S.A.
Data:
Día 26 de novembro de 2009, a partir das 10:00 horas.
Lugar:
Sé do Consello de Administración da CRTVG, Centro Emisor de San Marcos, sen úmero.
Desenvolvemento:
10.00 horas: Inauguración.
Don Alfonso Cabaleiro Durán, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia:
Panorama xeral das políticas da Xunta de Galicia en materia de TDT.

11.00 horas: Primeira sesión:
Don Ignacio Otero López, subdirector xeral de Enxeñería e Planificación de Telecomunicacións, Radio, Televisión e Multimedia:
Programa de desenvolvemento da cobertura da TDT en Galicia. Mapa da cobertura actual; previsións de futuro, prazos para a cobertura total de Galicia.

12.00 horas: Segunda sesión:
Don Javier Esteban Lapeña, directivo de Televés:
As posibilidades técnicas da TDT, desenvolvemento de receptores e descodificadores en Galicia.

13.00 horas: Terceira sesión:
Don Fernando Rodríguez Ojea. director de Comunicación e Relacións Externas da CRTVG e as súas sociedades.
Accións previstas ou en fase de desenvolvemento por parte de TVG, S.A. para promover as súas canles diante do “apagón analóxico”.

14.00. Clausura.

(*) As intervencións durarán entre 30 e 45 minutos.
Asistentes:
As xornadas están dirixidas aos membros do Consello de Administración da CRTVG, aos directivos e técnicos de TVG, S.A., así como aos representantes do sector audiovisual interesados.

Consello asesor

As dúas sociedades da Compañía de Radio-Televisión de Galicia contan cun consello asesor. Aínda que este organismo non ten competencias decisorias, asesora emitindo opinión ou ditame cando lle sexa requirido sobre a programación.

O Director Xeral é o responsable executivo da CRTVG, nomeado polo Goberno de Galicia. A duración do seu mandato coincide coa da lexislatura do Parlamento. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.

  Biografía do Director Xeral da CRTVG

Director xeral

ALFONSO SÁNCHEZ IZQUIERDO


1973. Titulado en Xornalismo na Escola de Xornalismo da Igrexa en Madrid

1978. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid

1983. Director Xeral do xornal “La Región”, de Ourense

1987 Conselleiro delegado do xornal “Atlántico Diario”, de Vigo

1990 Conselleiro delegado da Axencia Galega de Noticias

1998 Profesor asociado de Xestión de Empresa Informativa na Universidade de Santiago de Compostela

2001 Presidente e conselleiro delegado de Telemiño,S. A.

2008 Profesor de Programación e Técnicas de Relacións Públicas na Universidade de Vigo

2008 Socio conselleiro de Acioavia Wises, S.L.

2008 Presidente da Asociación Galega de Xestión da Comunicación

Outros datos de interese

-Premio “Diego Bernal” 2005 da Asociación de Periodistas de Galicia

Sociedades

A CRTVG está formada polas sociedades Televisión de Galicia e a Radio Galega, que chegan co seu sinal a todo o territorio de Galicia e alcanzan tamén o Norte de Portugal e zonas occidentais de Asturias e Castela e León. O obxectivo das dúas sociedades é ofrecer programacións en galego onde teñan cabida todos os gustos e intereses das audiencias, fomentando así a difusión da lingua e da cultura de Galicia. A Televisión de Galicia e a Radio Galega iniciaron as súas emisións en 1985. Foron o primeiro medio audiovisual e o primeiro medio radiofónico da historia en emitir toda a súa programación en lingua galega.